Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-04-29_Ordinaria. Acta de sesión 2005/04/29_Ordinaria
Acta de sesión 2005/04/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/2.2005-04-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/04/29_Ordinaria
Data(s) 2005-04-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e nove de abril do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.12977.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de abril de 2005. ------ Folla: 2.12978.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 2005 Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica, e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de 72.000,00 euros na partida 05/711.711.779.02 do vixente Presuposto provincial, segundo retención de crédito número 200500034733; visto así mesmo o Dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 20 de abril de 2005 dictaminadas favorablemente, acórdase por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras de Axudas ás Embarcacións Tradicionais. Ditas bases son como seguen: "BASES DE AXUDAS ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 2005 PRIMEIRA. Obxecto: Subvención de investimentos realizados para a recuperación patrimonial e a construción de réplicas de embarcacións tradicionais para uso en actividades de promoción sociocultural, con base nos portos da provincia de Pontevedra, así como inversións de mantemento das embarcacións, necesarias para o seu uso en actividades culturais. Neste programa concederanse axudas económicas cun crédito inicial de SETENTA E DOS MIL EUROS (72.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 05/711.711.779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, de acordo coas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión. SEGUNDA. Tipos de investimentos que poderán acceder a unha axuda: 2.1.- Poderase subvencionar a recuperación e a construción de réplicas de embarcacións tradicionais de pesca para o uso en actividades de promoción cultural. As ditas axudas son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura, e con calquera das axudas incluídas no programa comunitario ou autonómico de construción e modernización de embarcacións pesqueiras. 2.2.- Poderase solicitar axudas para todos aqueles accesorios e materiais de mantemento das embarcacións tradicionais, que sexan de inversión e necesarios para o seu uso en actividades culturais (velas, remolques, reparacións da cuberta, obra morta, arboradura, etc.). 2.3.- As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 80% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos e os proxectos presentados e cunha contía máxima de 6.000,00 euros. TERCEIRA.- Beneficiarios. 3.1.- Poderán solicitar as axudas, as Confrarías de Pescadores e as entidades de carácter social e cultural sen fins de lucro, que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento do patrimonio marítimo galego, e que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda. Todos os beneficiarios das axudas deberán ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, debendo cumprir có establecido no artigo 14, referente ás obrigas dos beneficiarios, da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 3.2.- As axudas corresponderán a investimentos realizados no presente exercicio económico de 2005, debendo estar xustificadas como data límite o 31 de marzo do ano 2006. 3.3.- Os beneficiarios de axuda non poderán transferir a propiedade nin ceder as embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación. 3.4.- Para as axudas de proxectos de mais de un ano de duración ou polo seu elevado custo, poderase efectuar por fases, efectuándose as solicitudes de axuda económica para as diferentes fases que comprenden o proxecto así como a xustificación das mesmas. CUARTA. - Presentación de solicitudes. 4.1.- As solicitudes de axudas, axustaranse ó modelo que figura no anexo, debendo ser presentadas no rexistro da Deputación de Pontevedra, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte: A) Memoria da actividade a desenvolver. B) Presuposto do investimento. C) Fotocopia compulsada dos estatutos da persoa xurídica ou sociedade. D) Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. E) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal. F) Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscrición no rexistro de asociacións. G) Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda H) Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. I) Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación, ou acreditación da cesión dela. A documentación sinalada nos apartados C, E, e F, non terá que ser presentada se xa obra na Deputación. No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e non transferencia ou cesión da embarcación. QUINTA.- Valoración do proxecto. 5.1.- Os proxectos serán valorados polo Órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - nº de socios da Asociación ata un máximo de 10 puntos. - Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos 5.2.- Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse cumprindo có disposto no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas, mediante presentación de facturas orixinais ou fotocopias compulsadas, pagándose ata ó 80% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figurar o aceptado, conforme é recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servizo Agrario, informarán sobre a realidade do investimento. 5.3.- Estas axudas serán compatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración. SEXTA.- Prazo de presentación. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. SÉTIMA.- Responsabilidades. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. OITAVA.- Control e seguimento das subvencións. Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velaran porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. NOVENA.- Para o non previsto nas presentes bases, contemplarase o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE núm. 276, de 18-11-2003)." ------ Folla: 3.12979.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2005 Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica, e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de 240.000,00 euros na partida 05/711.711.779.02 do vixente Presuposto provincial, segundo retención de crédito número 200500034732; visto así mesmo o Dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 20 de abril de 2005 dictaminadas favorablemente, acórdase por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras de Axudas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías da provincia de Pontevedra. Ditas bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DE AXUDAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2005 1.- Principios xerais A Deputación de Pontevedra, co fin de apoiar as Confrarías de Pescadores da provincia no sostemento dos gastos derivados do desenvolvemento das súas funcións, convoca o presente programa de subvencións, conforme ó disposto na Lei 7/1985 de Bases de Réxime Local e na Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 2.- Obxecto Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión de subvencións que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 05/711.711.779.02, para axudas ás Confrarías de Pescadores, cun crédito inicial de DOUSCENTOS CORENTA MIL EUROS. (240.000,00 ¤). 3.- Actuacións susceptibles de axudas e contía da subvención As axudas a conceder para infraestructuras e equipamento, poderán ser referidas ás seguintes materias: a) Equipamento para a execución das labores de vixilancia, b) Equipamento das lonxas, varadoiros, puntos de control, etc. c) Reparación e Acondicionamento dos edificios sociais. d) Outras inversións relativas á seguridade, hixiene e saúde no traballo. As axudas económicas poderán acadar o 75% do investimento realizado, cun máximo de TRINTA MIL EUROS (30.000,00 ¤). O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderán concederse dándolle conta despois á Comisión. 4.- Beneficiarios Poderán optar as axudas contidas na presente convocatoria as Confrarías de Pescadores, Federación Provincial de Confrarías, e Asociacións de Confrarías da provincia de Pontevedra, que deberán cumprir có establecido no artigo 14, referente ás obrigas dos beneficiarios, da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 5.- Formalización das solicitudes As solicitudes asinadas polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade solicitante dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra segundo o modelo que se adxunta, achegándose tamén a seguinte documentación: a) Memoria explicativa do investimento que se vai realizar, que fará mención ás persoas beneficiadas directa ou indirectamente pola axuda e o calendario fixado. b) Especificacións técnicas dos investimentos que se prevea realizar, así como presuposto desagregado dos mesmos. c) Certificación dos datos bancarios da entidade. d) Fotocopia da tarxeta do CIF da entidade. e) Certificacións de estar ó corrente de pagamento coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais ou autonómicas. A documentación que se entregue en fotocopia debe de vir debidamente compulsada. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base 5 deberá ser emendado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar aclaracións ou ampliacións de información, así como propor que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 6.- Prazo de presentación de solicitudes As axudas suxeitas á presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais presentándose no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. 7.- Valoración dos investimentos As actuacións serán valoradas polos Servizos Técnicos da Deputación unha vez vistas as solicitudes correspondentes, tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Número de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos. - Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As Confrarías beneficiadas deberán facer constar a colaboración da Deputación Provincial en todas as actuacións ou adquisicións que realicen. 8.- Xustificación e aboamento Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, os beneficiarios deberán cumprir có establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, relativo á xustificacións das subvencións públicas, debendo presentar na Deputación Provincial os seguintes documentos: - Facturas orixinais, ou fotocopia compulsada das mesmas, dos investimentos realizados, na que deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade, coa data do día no que se presente dita xustificación. - Certificación oficial, expedida polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade, na que conste se obtivo ou solicitou axudas para estes investimentos a outras Administracións Públicas e a súa contía en relación co presuposto total do investimento Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade das actuacións. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial. No obstante, despois de solicitude razoada do beneficiario da subvención poderá autorizarse o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou presuposto da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención. Esta solicitude deberá presentarse antes dos tres meses do fin de prazo inicial de xustificación. Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos. 9.- Prazo de xustificación A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase antes do 31 de marzo de 2006. 10.- Control e seguimento das subvencións Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente os investimentos previstos, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 11.- Responsabilidades O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 12.- Para o non previsto nas presentes bases contemplarase o establecido na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. (BOE núm. 276, de 18-11-2003)." ------ Folla: 4.12980.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTES PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vistos os informes favorables emitidos por Asesoría Xurídica, e o de Intervención no que certifica a existencia de consignación por importe de 160.000,00 euros na partida 05/711.711.479.01 do vixente Presuposto provincial, segundo retención de crédito número 200500034799; visto así mesmo o Dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 20 de abril de 2005 dictaminadas favorablemente por unanimidade, acordase por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras de Axudas para adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. Ditas bases son como seguen: "BASES REGULADORAS DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE PARA REXENERACIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PRIMEIRA.- Principios xerais. A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia que o marisqueo ten dentro da actividade económica galega, propiciada polas excepcionais condicións naturais que concorren nas rías e augas marítimas interiores, establece axudas económicas para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra, que se rexerán polas presentes bases. SEGUNDA.- Obxecto da convocatoria. Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de CENTO SESENTA MIL EUROS (160.000,00 ¤), con cargo á partida orzamentaria 05/711.711.479.01, para a adquisición de semente para a rexeneración dos bancos marisqueiros da provincia de Pontevedra. TERCEIRA.- Actuacións susceptibles de axuda e contía da subvención. As axudas destinaranse á adquisición de semente, de tamaño preferente de 12-15 mm de lonxitude para a rexeneración dos bancos marisqueiros, podendo acadar ata o 50% da axuda solicitada. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión de estas axudas, de acordo coas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión. CUARTA.- Beneficiarios. Poderá solicitar a axuda as Confrarías de Pescadores e Asociacións de Confrarías da provincia de Pontevedra, que cumpran coas obrigas dispostas no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo ás obrigas dos beneficiarios. QUINTA.- Formalización de solicitudes. As solicitudes asinadas polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación: - Copia do plan de explotación marisqueira para o ano 2005. - Memoria explicativa das accións de rexeneración a desenvolver no ano 2005 nos bancos marisqueiros do ámbito territorial da Confraría ou entidade, cos obxectivos, cronograma e accións de seguimento, segundo o Anexo I asinado polo Biólogo. - Presuposto da empresa que subministra a semente. - Certificación dos datos bancarios da entidade. - Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade. - Certificacións de estar ó corrente de pagamento coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. SEXTA.- Prazo de presentación de solicitudes. As axudas suxeitas á presente convocatoria poderanse solicitar desde o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia durante 30 días naturais, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. SÉTIMA.- Valoración do proxecto. Os proxectos serán valorados polos Servizos Técnicos da Deputación unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - Nº de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos. - Características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos OITAVA.- Xustificación e pagamento das subvencións. Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación das accións de rexeneración, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas, e mediante presentación de facturas orixinais ou fotocopia compulsada das mesmas. Nesta mesma factura deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo Patrón Maior da Confraría ou Presidente da entidade coa data do día no que se presente dita xustificación. Así mesmo, deberán presentar unha certificación do Biólogo da Confraría ou entidade, conforme as accións foron realizadas e unha declaración expedida polo Patrón Maior ou Presidente, no que conste se se solicitaron e/ou obtiveron axudas para estas actuacións doutras Administracións Públicas, e a súa contía con respecto ó gasto total realizado. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade das accións. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase antes do 31 de marzo do 2006, se ben antes de finalizar o prazo, poderá ampliarse solicitando prórroga pola entidade interesada. Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos. NOVENA.- Control e seguimento das subvencións. Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. DÉCIMA.- Responsabilidades. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ONCEAVA.- No non previsto nestas bases estarase ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións." ------ Folla: 5.12981.- AXUDAS A CONCELLOS PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS 2005 Vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario e de Intervención en relación ó reparto de axudas para dotación de servizos básicos a praias, acórdase por unanimidade a aprobación das axudas, condicionadas a que por parte dos concellos se complete a documentación requirida no informe de Intervención de data 22-04-05, por un importe global de cincocentos setenta e dous mil oitocentos euros (572.800,00 ¤), con cargo á partida 711.442.762.82, segundo a distribución que se xunta. CONCELLO ORZAMENTO AXUDA FINALIDADE DE OBRA CAMBADOS 4.880,22 ¤ 3.100,00 euros Rexeneración praia de San Sadurniño VILABOA 40.445,68 ¤ 21.000,00 euros Limpeza e recup. de praias: Deilán, Pousada e Paredes, POIO 35.921,09 ¤ 26.900,00 euros Construción de pasarela en Sinas e equip. para outras praias. MOAÑA 117.123,03 ¤ 28.000,00 euros Equipamento de diversas praias do municipio: O Can, Canabal, Sobreira... REDONDELA41.595,16 ¤ 27.000,00 euros Equipamento da praia Arealonga SOUTOMAIOR5.771,00 ¤ 3.700,00 euros Equipamento da praia do Porto de Arcade MARÍN I 47.425,44 ¤ 27.000,00 euros Equipamento das praias do municipio: accesos, lavapés, papeleiras, bancos... CANGAS I 28.100,48 ¤ 20.000,00 euros Acceso á praia de Francón CANGAS II 14.202,58 ¤ 10.000,00 euros Acondicionamento de accesos e urbanización de Areacova CANGAS III108.225,16 ¤ 34.700,00 euros Acondicionamento de accesos e urbanización de Nerga A ILLA 168.584,42 ¤ 24.000,00 euros Colocación de 4 accesos da senda peatonal á praia de Area de Secada. SANXENXO I18.472,34 ¤ 10.000,00 euros Dotación de servizos á praia de Foxos SANXENXO II48.081,33 ¤ 30.000,00 euros Equipamento das praias do municipio: paneis informativos, papeleiras, accesos SANXENXO III26.368,53 ¤ 17.000,00 euros Varandilla peatonal na praia de A Granxa de Abaixo (Dorrón). VIGO I 55.309,68 ¤ 30.000,00 euros Rehabilitación da praia do Vao. VIGO III 65.912,34 ¤ 30.000,00 euros Mellora de accesos á praia de Teis. VIGO V 46.980,00 ¤ 30.000,00 euros Adquisición de equipos de limpeza de praias. BUEU 41.545,40 ¤ 30.000,00 euros Equipamento das praias do municipio: papeleiras, bancos, parque infantil. VILAGARCÍA35.369,00 ¤ 24.000,00 euros Equipamento das praias do municipio: papeleiras, carteis inf.., mesas-merendero... A GUARDA 60.303,99 ¤ 24.000,00 euros Equipamento da praia O Muíño: pasarela, paneis, limpiapraias. O GROVE 36.061,01 ¤ 27.000,00 euros Accesibilidade á praia de Area Grande. NIGRÁN 73.301,18 ¤ 36.000,00 euros Equipamentos para praias: duchas, paneis inf. e módulo de protección civil. O ROSAL 3.842,00 ¤ 2.400,00 euros Adquisición de maquinaria para limpeza de praias. BAIONA II 28.800,48 ¤ 17.000,00 euros Equipamento da praia de "Os Frailes" BAIONA III47.785,04 ¤ 30.000,00 euros Equipamento da praia de Ladeira BAIONA IV17.879,52 ¤ 10.000,00 euros Equipamento da praia de Santa Marta ------ Folla: 6.12982.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: DIBEKA MUSIC, S.L. * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de mil catrocentos corenta euros (1.440,00 ¤), para responder da realización dun "concerto dentro da Gala VII da LII Festa do Viño Albariño", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26-08-2004, segundo núm.200400062281 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ESTRATEXIA PLUS, S.L. * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder da contratación da realización dun "estudo base do emprego definitivo e actualizado, análise da información obtida a través de expertos, obtención de conclusións e propostas de mellora", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03-08-2004, segundo núm.200400054993 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF. A36001063) * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de seis mil douscentos oitenta e cinco euros con sesenta céntimos (6.285,60 ¤), para responder de: "Renovación rodadura E.P. 2601 Mos-Puxeiros P.K.1240-5870 (Mos)", pertencentes o P.P.C.2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-10-2003, segundo núm.200300077038 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES OBRAS E VIAIS,S.A. (COVSA) (NIF. A36008886) * A constituída en valores,mediante aval de Sogarpo, por importe de seis mil oitocentos noventa y sete euros con corenta e catro céntimos (6.897,44 ¤), para responder de: "EP 5303 Pedrosa-Ameixeiras (Creciente)", pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-01-2003, segundo núm.200300001395 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval do Caixanova, por importe de mil novecentos setenta e nove euros con noventa e seis céntimos (1.979,96 ¤), para responder de: "Eliminación punto negro en medialdea (Baiona)", pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-08-2003, segundo núm.200300061252 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Mapfre, por importe de seis mil douscentos euros con oitenta céntimos (6.200,80 ¤), para responder de: "Renovación rodadura EP 5005 Cañiza-Creciente e outras", pertencentes a Fondos Propios 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2002, segundo núm.200200103060 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de ACC, por importe de catro mil setecentos sesenta y nove con setenta e sete céntimos (4.769,77), para responder de: "Terminación de EP a Lama-PonteVerdugo e intersección acceso a Centro penitenciario", pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-05-2002, segundo núm.200200041437 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CARRO, S.L. (NIF. B36010700) * A constituída en valores,mediante aval do Caixanova, por importe de catro mil catrocentos setenta e seis euros con trinta e cinco céntimos (4.476,35 ¤), para responder de: "Ampliación da plataforma e mellora da rasante PK. 0,400 E.P. Amoedo-Os Valos (Pazos de Borbén)", pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05-06-2003, segundo núm.200300040775 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de mil seiscentos euros con seis céntimos (1.600,06 ¤), para responder de: "Urbanización E.P. Beade-Carneiras, Zona Escolar de Carneiras (Vigo), pertencentes a Fondos Propios de 2002", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-01-2003, segundo núm.200300001568 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. SEBAGASA, S.A. (NIF. B36861714) * A constituída en valores,mediante aval de Crédito e Caución, por importe de mil oitocentos oitenta e cinco euros con cincuenta e tres céntimos (1.885,53 ¤), para responder de: "Señalización vertical E.P. Salceda-Picoña e E.P. Ponteverdugo-Cambeses (Salceda-A Lama)", pertencentes a Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico de 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-08-2003, segundo núm.200300056544 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Crédito e Caución, por importe de mil oitocentos cincuenta e catro con dezasete céntimos (1.854,17 ¤), para responder de: "Señalización horizontal CC.PP. Comarca Condado e Vigo", pertencentes a Convenio coa Dirección Xeral de Tráfico-2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01-08-2003, segundo núm.200300056546 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. PAVILLÓN LEIRADO U.T.E. (NIF. G36404762) * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de dezaoito mil setecentos corenta e oito euros con trinta e seis céntimos (18.748,36 ¤), para responder de: "Obras do Pavillón Polideportivo en Leirado (Salvatierra)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22-02-2002, segundo núm.200200014878 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de tres mil setecentos trinta euros con oitenta e sete céntimos (3.730,87 ¤), para responder de: "Obras de pavillón Polideportivo en Leirado (Salvatierra), proxecto modificado", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-07-2002, segundo núm.200200062554 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de mil setecentos dezanove euros con vintenove céntimos (1.719,29 ¤), para responder de: "obras de reinversión da baixa no pavillón polideportivo en Leirado (Salvaterra)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-07-2002, segundo núm.200200057005 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Banco Pastor, por importe de mil novecentos sesenta e catro euros (1.964,00 ¤), para responder de: "obras complementarias do pavillón Polideportivo en Leirado (Salvatierra)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-10-2003, segundo núm.200300077585 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. OBREAL, S.L. (NIF G36420388). * A constituída en valores,mediante aval do Banco Pastor, por importe de dous mil dezanove euros con vintedous céntimos (2.019,22 ¤),para responder de: "Proxecto reformado de renovación paseo de Madorra, E.P.2104 Panxón-Patos (Nigrán), pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27-10-2003, segundo núm.200300077584 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. * A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de dez mil douscentos sesenta e sete euros con vinte céntimos (10.267,20 ¤), para responder de: "Proxecto reformado de renovación paseo de Madorra, E.P.2104 Panxón-Patos (Nigrán), pertencentes a Fondos Propios de 2002, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08-10-02, segundo núm.200200086083 de operación, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 7.12983.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE FEIRA-CABRAL (VIGO), 1ª FASE Visto o informe favorable de fiscalización do expediente de contratación da obra "Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral (Vigo)", con presuposto de 331.511,34 ¤, emitido polo Sr. Interventor; vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno en sesións de 19 de novembro e 3 de decembro de 2004 e 4 de marzo de 2005, polos que se modifica o presuposto de dita obra quedando fixado na suma de 181.783,96 ¤, dividíndose o proxecto inicial en tres fases, sendo o importe da primeira fase que se pretende contratar de 158.697,55 ¤; e, visto o informe emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra "Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral (Vigo)", 1ª fase, con presuposto de 158.697,55 ¤, IVE incluído. A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 05/911.911.662.00.2004. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no BOP e no DOG. Os gastos de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta do adxudicatario. Dito prego de cláusulas económico-administrativas é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO DA OBRA " CENTRO SOCIO-CULTURAL DE FEIRA-CABRAL (VIGO) 1ª FASE" 1ª. Obxecto: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra con suxeición ás prescricións técnicas e demais documentos que integran o proxecto. 2ª. Financiamento das obras. A obra financiarase con cargo á partida 05/911.911.662.00.2004. 3ª. Presuposto tipo de licitación. O presuposto tipo de licitación é de 158.697,55 ¤, IVE incluído, entendéndose comprendidos neste todo xénero de gastos, incluída a dirección técnica das obras, que será do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, que se considera incluída dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles será retida. Así mesmo, reteráselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. 4ª. Prazo de execución. O prazo para a executar e rematar todas as obras incluídas no proxecto será de nove meses, contados a partir da comprobación do replanteo. 5ª. Prazo de garantía. Establécese un prazo de garantía dun ano, como mínimo, contado a partir do remate e recepción destas. 6ª. Fianzas. Definitiva por un importe do 4% do tipo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos das Administracións Públicas, que se depositará na caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario o de compañía de seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 7ª. Forma de pagamento. O pagamento efectuarao a Tesourería provincial, previa aprobación e tramitación regulamentaria das certificacións de obra expedidas polo técnico director destas e á certificación-liquidación deberá achegarse a acta de recepción se as obras remataron no prazo sinalado, indicando, no seu caso, a sanción que corresponda impoñerlle ó contratista por incumprimento dos prazos establecidos no prego, de acordo co previsto no art. 95 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. En todo caso, a certificación-liquidación non poderá ser inferior ó 10 % do total da obra. Os honorarios de dirección das obras serán do 4 % do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se presten en obras provinciais aprobada polo Pleno da Deputación Provincial, na sesión do 27-02-98, e considéranse incluídos dentro dos gastos xerais, sendo por conta dos adxudicatarios, ós que lles serán retidos. Así mesmo, retíraselle ó adxudicatario o 0,5 % do presuposto de execución material, correspondente á coordinación de seguridade e saúde da obra. A todas as certificacións de obra xuntarase a factura correspondente, e na certificación-liquidación figurarán como anexo, no seu caso, as melloras ofertadas, xustificándose así a súa realización ou subministro. 8ª. Proposicións. O prazo para presentar as ofertas será de vinte e seis días, contados desde o seguinte ó da inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro xeral desta Deputación, en horario de 9.00 a 13.00 horas. Se o derradeiro día do prazo cadrase en festivo, este rematará ó día seguinte. Os licitadores deberán presentar as plicas debidamente pechadas e poderán presentar proposicións polo presuposto tipo de licitación ou ben con tipo inferior a este, expresando en letra e número a cantidade exacta pola que se comprometen a executar as obras. 9ª. Documentación. Os contratistas interesados na contratación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre núm. 1: denominado proposición económica. Presentarase pechado e lacrado contendo a oferta económica, axustada ó modelo de proposición inserto no prego, e todos aqueles documentos que permitan avaliar os criterios de selección da cláusula 12. Os documentos que se achegan á proposición económica haberán de ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que están cotexadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderá presentar varias o mesmo licitador, en caso de concorrencia de varias obras, sen necesidade de achegar a documentación xeral e facendo referencia a que se une a outra proposición. Sobre núm. 2: documentación xeral. Este sobre, que se achegará á proposición económica e referencias técnicas, conterá os seguintes documentos: 1) Documento Nacional de Identidade, cando se trate de empresarios individuais ou copia autenticada. 2) Declaración responsable de non estar comprendido en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade previstos no art. 20 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 3) Poder debidamente bastanteado, se non se actúa en nome propio. 4) Escritura inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade mercantil. 5) Acreditación da capacidade e solvencia económico-financeira e técnica polos medios establecidos nos artigos 15 e seguintes do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 6) Documento no que a empresa se compromete a ter como delegado de obra, con capacidade suficiente para representala en todo canto afecta á súa execución, a un técnico competente con responsabilidade plena durante o tempo de realización desta, sendo ademais responsable en materia de prevención de riscos laborais por parte do contratista. 7) Os licitadores que concursen deberán achegar unha certificación expedida polo organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial, que será: grupo C, subgrupos 2, categoría d. Quedan exentos de achegaren a documentación todos aqueles contratistas que xa o fixesen a concursos ou poxas de obras desta Deputación nos derradeiros doce meses, presentando unicamente a certificación da clasificación empresarial. Se dous ou máis licitadores concorren ó concurso constituíndose en Unión Temporal de Empresas, por calquera dos medios admitidos en Dereito, deberán cumprir para a súa admisión todos os requisitos esixidos na vixente lexislación aplicable a esta licitación. Así mesmo, os adxudicatarios achegarán, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co organismo provincial. 10ª. Mesa de contratación. Comporase de: PRESIDENTE: o titular da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: - o secretario - o interventor - o vicesecretario - o viceinterventor - o arquitecto provincial SECRETARIO: o xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio da Corporación. 11ª. Cualificación da documentación xeral e apertura de proposicións. O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 11.00 horas do mércores da semana seguinte á do día en que remate o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas terá lugar na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 12ª. Criterios de valoración 1.- Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .. ata 6 puntos. 2.- Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado ....... ata 4 puntos. 3.- Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora disporao a dirección de obra, previa autorización do órgano de contratación ....................... ata 2 puntos. 4.- Período de mantemento da obra pola empresa adxudicataria e condicións desta, non devolvéndose fianza definitiva en tanto non expire o período de mantemento ofertado ............................................. ata 2 puntos. 5.- Plan de control de calidade da obra, que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto ... ata 1 punto. O concurso adxudicarase a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presente unha oferta económica que se encontre situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. Para os efectos do parágrafo anterior consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades, polo menos, da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. 13ª. Adxudicación definitiva. O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico desta, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, notificáraselles ós participantes na licitación e publicarase no BOP dentro dos 48 días seguintes a esta. Ó practicar a notificación ó adxudicatario do contrato, requirirase para que constitúa a garantía definitiva, na contía e na forma establecidas na cláusula 6ª. 14ª. Gastos a cargo do adxudicatario. Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación Provincial e que se colocarán no lugar que lles indique a dirección de obra. 15ª. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocaren toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade. Sen estes requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 16ª. Demora na execución. Cando o contratista, por causas imputables a este, incorrese en demora respecto do cumprimento do prazo ofertado, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades diarias na proporción de 0,12 ¤ por cada 601,01 ¤ do prezo do contrato. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5 % do prezo contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 17ª. Modelo de proposición D./Dª ... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI núm. ... , en nome propio (ou en representación de ...), con domicilio (para efectos de notificacións) en ..., sabedor da decisión da Deputación Provincial de Pontevedra, de executar as obras de .... segundo o anuncio publicado no BOP núm. ..., con data ..., comprométese a executar as obras comprendidas no proxecto de ..., polo prezo de ... (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: O período de mantemento será de: (Data e sinatura do propoñente) 18ª. Información pública e convocatoria do concurso. O precedente prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación, publicándose a convocatoria do concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 19ª. Réxime xurídico aplicable. En todo o non previsto neste prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da lei de contratos das Administracións Públicas e restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, de dereito privado." ------ Folla: 8.12984.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA CONSTRUCIÓN DUN PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN MEAÑO Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación da obra "construción dun pavillón polideportivo en Meaño", visto o informe emitido polo Arquitecto Técnico Provincial, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade adxudicar a OPAIN, S.L. a referida obra na suma de 553.482,42 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras por importe de 21.000,00 ¤ e un período de mantemento de trinta e seis meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da L.c.a.p., toda vez que, aínda que alcanza a máxima puntuación aplicando os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 288,28 ¤, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG. Contra este acordo que pon fin a vías administrativa poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta notificación (arts. 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, ou ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos arts. 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e todo eso no prazo establecido no art. 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 9.12985.- PRÓRROGA DO CONTRATO DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL Visto que o contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF A-36615763) para prestación do servizo de limpeza no Pazo Provincial finaliza o día 30 de abril de 2005 e ante a imposibilidade de que o novo concurso convocado para prestación de dito servizo, publicado no Boletín Oficial da Provincia nº77 de data 22 de abril e no Diario Oficial de Galicia nº 79 de data 26 de abril de 2005, poida ser adxudicado con anterioridade ó día 1 de maio de 2005, data en que debería empezar a prestar o servizo a empresa adxudicataria do mesmo e co obxecto de non deixar en descuberto a prestación do mencionado servizo de limpeza do Pazo Provincial. Acórdase por unanimidade: 1. Prorrogar por un mes a duración do contrato formalizado coa empresa CLARO SOL, S.A. (CIF A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, con efectos desde o día 1 de maio de 2005 ata o 31 de maio de 2005, ambos incluídos, ó prezo que actualmente ven prestando ó servizo de 8.691,80 euros/mes, IVE incluído. 2. Autorizar o gasto por importe de 8.691,80 euros, con cargo á partida 05/121.121.227.00 do vixente Presuposto provincial. ------ Folla: 10.12986.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Vistos os proxectos, que máis adiante se detallan, relativos a obras a executar mediante convenio con diversos concellos, acórdase por unanimidade prestar aprobación ós seguintes: 1.- "Renovación rodadura e dotación de servizos EP Gondomar-Peitieiros (Gondomar)", con presuposto de execución por contrata de 712.990,44 ¤, IVE incluído. 2.- "Urbanización c/Concepción Arenal (A Guarda)", con presuposto de 486.284,01 ¤, IVE incluído. 3.- "Renovación rodadura EP Parada-Ramallosa (Nigrán)", con presuposto de 110.000,00, IVE incluído. 4.- "Mellora de trazado e servizos EP 2105 Panxón-Nigrán (Panxón-Monteferro) (Nigrán)", con presuposto de execución por contrata de 357.483,07 ¤, IVE incluído. 5.- "Beirarrúas e dotación de servizos rúa Padres Franciscanos (Nigrán)", con presuposto de 495.376,50 ¤, IVE incluído. 6.- "Mellora de rodadura e dotación de servizos EP acceso a Cean (Nigrán)", con presuposto de 1.130.689,20 ¤, IVE incluído. 7.- "Remodelación total do terreo de xogo do Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía)", por importe de 291.191,65 ¤, IVE incluído, desagregado en presuposto de contrata por importe de 281.722,16 ¤ e honorarios de redacción de proxecto por importe de 9.469,49 ¤. 8.- "Urbanización en Moraña" por importe de 300.506,05 ¤, IVE incluído. 9.- "Protección vial e servizos en EP Portela-Souto de Vea (A Estrada)", por importe de 450.000,00 ¤, IVE incluído. 10.- "Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas en EP 9802 das Aceñas (Illa de Arousa)", por importe de 605.767,43 ¤, IVE incluído. 11.- Anteproxecto de "Abastecemento, saneamento e pavimentación da Avda. Peirao Besada en Lourido-San Salvador (Poio), por importe de 338.780,07 ¤, IVE incluído. 12.- "Urbanización, dotación de servizos e acondicionamento de diversas estradas (Cambados)", por importe de 593,315,21 ¤, IVE incluído. ------ Folla: 11.12987.- BASES DO PREMIO ENTRECULTURAS 2005 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de Bases do "Premio Entreculturas 2005", que son do seguinte teor: "BASES DO PREMIO ENTRECULTURAS-2005 Primeira.- A Deputación Provincial de Pontevedra co obxecto de dar unha nova dimensión a súa tradicional celebración do día da Hispanidade, convoca o premio "Entreculturas 2005", dotado coa contía de 12.000,00 ¤, con cargo á partida 05/451.451.481.01 do vixente presuposto. Segunda.- Con este galardón a Deputación pretende subliñar o papel da provincia de Pontevedra como ponte entre Portugal e Galicia, Galicia e España e España e o mundo hispánico. Así mesmo, conmemorar o encontro "entreculturas" que supuxo a xesta de Colón, na que participou activamente a nosa provincia, axeitando a tradicional celebración do 12 de outubro á nova realidade social de Pontevedra, Galicia e España como terra de acollida, de converxencia de culturas e de integración de emigrantes retornados. Terceira.- Obxecto e contía do premio: 1º Dotado con 6.000,00 ¤ para reforzar lazos de irmandade entre os pobos, premiar un labor altruista, significado ou relevante dunha persoa ou entidade do mundo hispánico e da emigración. 2º Dotado con 6.000,00 ¤ para fomentar a solidariedade, a integración, o intercambio, a profundización do mutuo coñecemento e o mutuo apoio entre os pobos, a unha persoa ou entidade de ámbito pontevedrés ou galego. Cuarta.- A designación ó premio determinarase por unha candidatura, que poderá ser feita: - Polo presidente da Deputación provincial. - Polo Corpo Consular acreditado na provincia. - Polo mesmo xurado, xa constituído. Quinta.- A presentación de candidatos/as ó premio será formulada nun escrito ó presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando os seguintes documentos: - Biografía da persoa que aspira ó premio ou, no seu caso, a traxectoria da Entidade. - Documentos e antecedentes que se consideren de interese para o mellor coñecemento do candidato. Sexta.- O prazo de presentación de candidatos/as realizarase a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP, ata o 1 de setembro do 2005. Sétima.- Xurado: para adxudicar o premio ó que se refire esta convocatoria, constituirase un xurado integrado do xeito seguinte: - Presidente: O presidente da Deputación ou deputado en quen delegue. - Vocais: Presidente da Comisión Informativa de Cultura. Presidente da Comisión Informativa de Servizos Sociais. Un representante da Consellería de Emigración. O decano do Corpo Consular ou persoa en quen delegue. Tres persoas de recoñecido prestixio que nomeará a propia Corporación Provincial. - Secretario: O titular da Deputación Provincial ou funcionario en quen delegue. Oitava.- Da decisión do xurado e da adxudicación do premio redactarase unha acta detallada que, asinada por todos os membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente da Deputación de Pontevedra, ou o órgano competente en quen delegue, para prestarlle a súa conformidade. Novena.- A entrega do premio realizarase o día 12 de outubro, Día da Hispanidade, nun acto solemne e coa asistencia dos membros do xurado, así como personalidades do corpo consular, asociacións de emigrantes e da sociedade civil." ------ Folla: 12.12988.- BASES DOS PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2005 De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de Bases de "Premios á Investigación 2005", que son do seguinte teor: "BASES DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2005 Primeira.-A convocatoria ten por obxecto conceder os seguintes premios: a) Un de 3.000 ¤ para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 3.000 ¤ para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 6.000 ¤ para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 1.500 ¤ para teses de doutoramento sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.500 ¤ para teses de doutoramento sobre Humanidades e Ciencias Sociais. e) Un de 1.200 ¤ para proxectos de fin de carreira sobre Ciencias e Tecnoloxía e outro de 1.200 ¤ para teses de licenciatura (tesinas) ou proxectos de fin de carreira sobre Humanidades e Ciencias Sociais. As teses e proxectos presentados nos apartados d) e mais e) tiveron que ser defendidos nos anos 2004/05 en calquera dos campus das universidades galegas, ou noutras universidades, por licenciados desta institución galega, sempre que versasen sobre temáticas galegas, acreditándose dita circunstancia coa correspondente certificación académica. XOVES INVESTIGADORES a) Un de 1.500 ¤ para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 1.500 ¤ para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como xove investigador todo concursante que na data da conclusión do prazo desta convocatoria non supere a idade de 26 anos. Os citados premios financiaranse con cargo á partida 05/451.451.481.01 do vixente presuposto provincial. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais vixentes na Comunidade Autónoma galega. Presentaranse por triplicado, xunto cun resumo de 20 folios como máximo, e a máquina ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tese de licenciatura, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse "baixo un lema" sen que conste a identificación do seu autor. As teses, teses de licenciatura e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal, xunto cun resumo de 20 folios como máximo. Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 31 de outubro de 2005, especificando o premio ó que se opta. Cuarta.- A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado en quen delegue. Vocais: O presidente da Comisión Informativa de Cultura. Tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. Un representante da UNED. Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. Un representante da Real Academia Galega de Ciencias. Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia. Quinta.- O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica e propoñendo o seu veredicto para a súa ratificación por parte do Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente en quen delegue. Sexta.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados desde a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas." ------ Folla: 13.12989.- BASES DO V CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Cultura, acórdase por unanimidade aprobar a proposta de Bases do V Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", que son do seguinte teor: "BASES V CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" PRIMEIRA.- O V Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: * Sección especial: 4 bandas participantes de 80 a 115 músicos * Sección primeira: 6 bandas participantes de 60 a 80 músicos * Sección segunda: 6 bandas participantes de 45 a 60 músicos * Sección terceira: 10 bandas participantes de 35 a 45 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de catro instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará au
Ãrea de notas
Nota