Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2005-08-26_Ordinaria. Acta de sesión 2005/08/26_Ordinaria
Acta de sesión 2005/08/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.372/3.2005-08-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2005/08/26_Ordinaria
Data(s) 2005-08-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e seis de agosto do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. Alfredo Rodríguez Millares Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.13282.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 19 de agosto de 2005. ------ Folla: 2.13283.- SUBVENCIÓNS PARA "ASOCIACIÓNS DE MULLERES" ANO 2005 Habéndose aprobado polo Pleno desta Excma. Deputación Provincial de 27-04-05, as Bases Reguladoras das subvencións para Asociacións de Mulleres ano 2005, e á vista do Documento RC nº 200500077650 emitido por Intervención o 10-08-05, así como do informe de 19 de agosto de 2005 da Xefa de Servicio de Acción Social, acórdase por unanimidade a concesión de subvencións para Asociacións de Mulleres-ano 2005, por importe de 42.510,00¤ para un total de 34 Asociacións, segundo detalle de identificación, concello ó que pertenzan, actividades a desenvolver, duración das mesmas e contías que figuran na táboa de selección obrante no expediente administrativo da súa razón, quedando pendente a Sociedade Cultural "Nautilus" por non estar completo o expediente, e achegándose os listado seguintes: 1.- Proposta de subvencións de Asociacións de Mulleres Rurais-ano 2005. 2.- Asociacións de Mulleres Rurais, desestimadas por estar fora de prazo. 3.- Asociacións de Mulleres Rurais, desestimadas por non axustarse ás Bases. ASOCIACIONS MULLERES RURAIS 2005 CONCELLO/Nº/ASOCIACIÓN/ACTIVIDAD/Nºh H/S/Eur/OBSERV.: *BAIONA 1 Asoc. de Viudas Mercedes de la Escalera" CURSO DE INFORMÁTICA 40 -1 400 *CALDAS DE REIS 2 Asoc. Axentes de Igualdad Oportunid. Gal ESTUDO DE REPARTO DE FUNCIÓNS FAMIL 104 3.000 Asoc. Aquis Celenis CURSO DE ATENCIÓN Ó PACIENTE XERIATRICO 60 -1 600 *CANGAS 2 Asoc. MM. Escola Vella do Hio CURSO DE COCIÑA 104 -1 1.040 Asoc. FF. Monoparentais "Emprendedora" CURSO DE INFORMATICA 40 0 450 *ESTRADA, A 2 Asoc. MM.RR. "Paradela" CURSO DE RESTAURACIÓN 100 -1 1.000 Asoc. MM.RR."Santa María de Rubín" PROGR. DE FOMENTO DE NUEVAS ACTIV. SOCIOEC 100 1 1.200 *GROVE, O 1 Asoc. MM.RR. "A Lagoa" CURSO DE GASTRONOMIA GALEGA 100 0 1.100 *LALÍN 1 Asoc. MM.RR. "Deza" CURSO DE XARDINERIA 250 0 2.700 *MARÍN 1 Asoc. "Rexurdir" XORNADAS ADICCIÓNS E MALTRATO 20 2.000 *MEAÑO 1 Asoc. MM.RR. "San Miguel de Lores" CURSO DE CORTE Y CONFECCIÓN 125 -1 1.250 *MEIS 1 Asoc. MM. RR. "San José obrero" CURSO DE COSTURA 51 -1 510 *PONTEVEDRA 2 CC.OO. "Secretaría da Muller" PROBLEMÁTICAS DAS M. NO MUNDO LABORAL 16 2.000 Asoc. VV. "Santa María" INICIACIÓN Ó ENCAIXE GALEGO 200 -1 2.000 *REDONDELA 1 Asoc. MM. "Arela" CUSO DE CONSERVAC. EXCEDENTES AGRICOLAS 40 400 *SANXENXO 1 Asoc. MM.RR." A Candelaria" CURSO DE MANUALIDADES E RESTAURACIÓN 130 0 1.400 *SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Asoc. MM. Nacionalistas Galegas CURSO DE INICIAC. ÁS NTICS 40 -1 400 *VIGO 6 Asoc. VV. "Candean" CURSO DE OFIMÁTICA 45 -1 450 Asoc. VV. "Cristo de la Victoria" CURSO INFORMATICA E INTERNET 42 -1 420 Asoc." Doctor Jose Casa de la Villa Bouzas" C. DE FOMENTO DE ACCIÓNS LOCAIS SOCIO C. 120 -1 1.200 Asoc. VV. "San Xurxo" XORNADA A MULLER E O MEDIO AMBIENT 16 850 Segundo presup. Fundación Secretariado Gitano MUJERES EN MARCHA 75 -1 2000 Asoc. Mujeres "Concepción Arenal" CURSO DE CONOCIMIENTO CONVIVENCIA INTERC 100 1 1.200 *VILA DE CRUCES 2 Asoc. VV. "Santa Margarita de Loño" CURSO DE AXUDA A DOMICILIO 285 1 3.150 Asoc. VV. "San Pedro de Cumeiro" CURSO DE AXUDA A DOMICILIO 285 1 3.150 *VILAGARCÍA 7 Asoc. MM.RR. "Saraiba" CURSO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES 40 -1 400 Asoc. MM.RR. "A Canteira" CURSO DE TAPICERÍA 138 -1 1.380 Asoc. MM.RR. "Xiabre de Guillán" CURSO DE CONFECCIÓN INDUSTRIAL 200 0 2.100 Asoc. MM.RR. "O Magnolio" CURSO PERFECC. ENCAIXE CAMARIÑAS 96 -1 960 Asoc. MM.RR. "Illa de Cortegada" CURSO DE NOVAS TECNOLOXIAS 40 -1 400 Asoc. MM.RR. "Anduriña de Sobradelo" C. DE ESMALTE EN FRIO E REPUXADO EN ESTAÑO 120 -1 1.200 Asoc. Amas de Casa "O Noso Lar" CURSO DE INFORMÁTICA 120 0 1.300 *VILABOA 1 Asoc. MM.RR. "Boa Vila" CURSO DE COSTURA E BORDADOS 48 -1 480 *VILANOVA 1 Cofrad. Pescadores " A Pastoriza" CURSO ORIENTADOS A TECNICAS SANITAR 42 -1 420 TOTAL ASOCIACIONS: 34 TOTAL: 42.510 Euros ------ Folla: 3.13284.- AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2005/2006 Acórdase por unanimidade, de conformidade coas Bases publicadas no BOP nº 72 do 15 de abril sobre as axudas para adquisición de Libros de Texto, curso 2005-06, conceder as axudas coas observacións sinaladas ós beneficiarios que se relacionan en documento adxunto por importe de 61.789,99 euros (sesenta e un mil setecentos oitenta e nove euros con noventa e nove céntimos) e con cargo á partida 05/313.313.462.05 nº de Operación 200500055085. Ditas axudas son como seguen: "SUBVENCIÓNS ÓS CONCELLOS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO - PROPOSTA DE RESOLUCIÓN -CURSO 2005-06 CONCELLO % ACHEGA DEPUTAC ACHEGA CONTÍA GLOBAL CONCELLO OBSERVACIÓNS AGOLADA 30 672,31 201,69 874,00 BARRO 30 829,23 248,77 1.078,00 Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de libros de texto BUEU 50 540,00 270,00 810,00 CALDAS DE 40 2.280,00 912,00 3.192,00 REIS 1. Aprobar a maior achega do Concello2. Solc. 5 (Mª Carmen Alfonso Fontán): correspóndenlle 150euros e non de 240 pola gratuidade de L.T. CAMBADOS 50 1.512,00 756,00 2.268,00 1. Solc. 5 (Sara López Chaves): correspóndenlle 90euros e non 52 por estudar 1º E.P.2. Solc. 11: correspóndenlle 90 euros porque Martín Blanco Landa ten os libros gratuitos (6ºE.P.)3. Solc. 14: Denegar a axuda a Begoña Suárez Glez por ter os libros gratuitos ( 3ºE.P). CAMPO LAM. 30 224,62 67,38 292,00 CANGAS 70 3.717,65 2.602,35 6.320,00 1. Aprobar a maior achega do Concello.2. Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de libros de texto e por superar os límites de ingresos. CATOIRA 30 956,92 287,08 1.244,00 Aprobar as propostas negativas do Concello por incumprimento de requisitos. CERDEDO 30 484,62 145,38 630,00 Denegar solicitude de Roberto Cerviño Miranda por ter libros gratuitos (3º E.P.) COTOBADE 30 743,08 222,92 966,00 CUNTIS 40 888,57 355,43 1.244,00 Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto. ESTRADA, A 70 3.352,94 2.347,06 5.700,00 1. Aprobar a maior achega do Concello2. Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto e por non cumprir requisitos. FORCAREI 30 304,62 91,38 396,00 FORNELOS 30 340,00 102,00 442,00 Solc. 2: Denegar a axuda a Rebeca Estremera Lostau por ter libros gratuitos (2º ESO). GUARDA, A 50 633,33 316,67 950,00 LALÍN 70 3.440,00 2.408,00 5.848,00 1. Aprobar a maior achega do Concello.2. Aporbar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto e por non cumprir requisitos.3. Aprobar a axuda a Máximo Echevarría Moreno (solc. 13) por cursar 3º ESO LAMA, A 30 115,38 34,62 150,00 Aprobar a denegación do Concello pola renuncia presentada polo solicitante. MEAÑO 40 588,57 235,43 824,00 1. Solc. 2: Denegar a axuda a Luis Fraga Martínez por cursar 4º E.P. (libros gratuitos).2. Solic. 5: Correspóndenlle 150 euros e non 240, porque sólo reúne requisitos unha solicitude da ESO MEIS 40 1.477,14 590,86 2.068,00 1. Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto e as que non cumpren requisitos.2. Denegar as axudas para as seguintes solicitudes por gratuidade de libros de texto:- Estela del Carmen Moraña Argibay- Oscar Moraña Argibay- Daniel Neira Bemposta MOAÑA 50 1.257,33 628,67 1.886,00 MONDARIZ40 1.731,43 692,57 2.424,00 MONDARIZ B30 40,00 12,00 52,00 MORAÑA 30 109,23 32,77 142,00 MOS 50 1.406,67 703,33 2.110,00 NIGRÁN 50 1.362,67 681,33 2.044,00 1. Denegar as axudas para as seguintes solicitudes por gratuidade Libros de Texto:- Jonathan Agulla Pregal (3ºE.P.)- Damián Pérez Pereira (4ºE.P.)- Patricia Rial Martínez (3ºE.P)- Benjamín Zapata Marcos (3ºE.P.)- Teresa Martínez Costas (3ºE.P.)- Tania González Domínguez (4ºE.P.) OIA 30 149,23 44,77 194,00 Aprobar a proposta negativa do Concello para Martiño Garrido Fagúndez pola gratuidade de Libros de Texto. PAZOS DE B.30 690,77 207,23 898,00 Aprobar a proposta negativa do Concello (solic. nº. 7) por superar límite de ingresos. POIO 50 2.604,00 1.302,00 3.906,00 1. Aprobar a maior achega do Concello. 2. Solic. 16: Sofía Torres Burgos; correspóndenlle 104 euros e non 142 porque ambos irmáns cursan E.I. PONTE CALDELAS 40 994,29 397,71 1.392,00 Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto e por non cumprir requisitos. PONTEAREAS 70 2.462,35 1.723,65 4.186,00 PONTECESURES 30 2.241,54 672,46 2.914,00 1. Aprobar a maior achega do Concello.Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto. PORTAS 30 961,54 288,46 1.250,00 PORRIÑO50 4.152,00 2.076,00 6.228,00 1. Aprobar a proposta negativa do Concello pola gratuidade de Libros de Texto REDONDELA 70 3.097,65 2.168,35 5.266,00 Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto e aquelas que non cumpren todos os requisitos necesarios. RIBADUMIA 30 673,85 202,15 876,00 Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto. RODEIRO 30 0,00 0,00 0,00 Aprobar a proposta negativa do Concello da única solicitude que presenta por gratuidade de Libros de Texto (4ºE.P. e 2º E.S.O.) ROSAL, O 40 814,29 325,71 1.140,00 SALCEDA DE C. 40 1.451,43 580,57 2.032,00 Aprobar a proposta negativa do Concello por superar límite de ingresos. SALVATERRA MIÑO 40 1.097,14 438,86 1.536,00 Aprobar a proposta negativa do Concello por non cumprir requisitos. SANXENXO 50 1.392,00 696,00 2.088,00 Denegar as axudas presentadas por Mª Pilar Torres Bea por superar límite de ingresos SOUTOMAIOR 40 1.541,43 616,57 2.158,00 TOMIÑO 50 1.324,00 662,00 1.986,00 Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto. TUI 50 2.998,67 1.499,33 4.498,00 Aprobar a maior aportación do Concello. VILA CRUCES 40 904,29 361,71 1.266,00 1. Aprobar as propostas negativas do Concello pola gratuidade de Libros de Texto.2. Denegar solicitudes 4 e 7 (Mª Cristina Gómez Soares) por superar límite de ingresos. VILABOA 40 2.468,57 987,43 3.456,00 1. Aprobar a maior achega do Concello.2. Denegar as axudas para as seguintes solicitudes por gratuidade de libros de texto:- Chaima Fahmi (3ºE.P.)- Mohamed Fahmi (3ºE.P.)- J. Antonio Nogueora Riabo (3ºE.P.)- Celeste Gómez Gómez (3ºE.P.)- Melisa Veras (3ºE.P.)- Mª Soledad Gómez Gómez (4ºE.P.)- Jessica Giráldez Pereira (4ºE.P.) VILANOVA 50 762,67 381,33 1.144,00 1. Solicitude Fora de Prazo. Aprobar a solicitude por contar con crédito suficiente.2. Aprobar a proposta negativa do Concello pola gratuidade de Libros de Texto (3ºE.P.)3. Denegar a solicitude de Mª Florencia Vera Sainz por superar límite de ingresos. ACHEGA DA DEPUTACIÓN ÓS CONCELLOS: ------------- 61.789,99 euros Achega dos Concellos: -------------------------------------------- 30.578,01 euros CONTÍA GLOBAL INVERTIDA EN AXUDAS: 92.368,00 euros" ------ Folla: 4.13285.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ANTAR, TALLER DE ESTRATEGIAS CREATIVAS, S.L. (CIF B82949769) - A constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 ¤), para responder dun estudo de marcas e sistemas de calidade no emprego, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 24-09-2004, núm. de operación 200400068002, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PASCUAL MARTÍNEZ, S.L. (CIF B15047392) - A constituída en valores, mediante aval de Santander Central Hispano, por importe de tres mil oitocentos cincuenta euros (3.850,00 ¤), para responder da "modificación de instalación de ventilación a un sistema de captación e filtración de polbo en talleres da Escola de Canteiros", e que foi depositado na Tesourería Provincial o 09-02-2004, núm. de operación 200400008494, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 5.13286.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE "SEDE COMARCAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO" Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión de 19-06-2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. o concurso convocado para a "Redacción do proxecto e execución da obra do Parque Comarcal de Bombeiros de O Morrazo" na suma de 451.000,00 ¤, I.V.E. incluído, redactándose o correspondente proxecto con presuposto de 451.000,00 ¤, desagregado en presuposto de execución por contrata de 436.333,33 ¤ e honorarios de redacción por importe de 14.666,67 ¤; e visto o proxecto modificado a cero de dita obra, cuxo importe ascende á suma de 451.000,00 ¤, desagregado en presuposto de execución por contrata de 436.333,33 ¤ e honorarios de redacción por importe de 14.666,67 ¤, que non supón aumento sobre o presuposto inicial da obra, redactado como consecuencia de que durante a execución da obra, e có fin de lograr un aproveitamento óptimo das instalacións, producíronse algúns cambios nas medicións que non significan modificación orzamentaria e que afectan á cuberta, albanelería, instalación eléctrica, aparatos sanitarios, urbanización, etc., e ó que prestou conformidade a empresa adxudicataria, acórdase por unanimidade prestar aprobación o "Proxecto Modificado a Cero do de Sede Comarcal Contraincendios e Salvamento da Comarca do Morrazo" por importe de 451.000,00 ¤, desagregado en presuposto de execución por contrata de 436.333,33 ¤ e honorarios de redacción por importe de 14.666,67 ¤, toda vez que non se varía o presuposto inicial da obra e manténdose o importe de adxudicación efectuada no seu día a favor de "Construcciones Fernández Sarmiento S.A." ------ Folla: 6.13287.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR, MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE + Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta da Directora Xerente do Proxecto Cidade + para a contratación do deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para inmigrante e emigrantes retornados. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno acorda aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante Concurso, procedemento aberto, o deseño e elaboración dunha guía de información e recursos para inmigrantes e emigrantes retornados no marco do proxecto Cidade +, por un tipo máximo de licitación de Corenta e dous mil euros (42.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo acórdase por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no do Diario Oficial de Galicia Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE + 1.- OBXECTO.-A iniciativa comunitaria Interreg III-A, subprograma Galicia-Norte de Portugal, desenvolve un programa denominado Cidade +. Este proxecto pretende mellorar o sistema de atención e información ós inmigrantes e emigrantes retornados na cidade de Pontevedra e Melgaço. Coa finalidade de cubrir as necesidades de información e orientación que os emigrantes retornados, os seus descendentes e inmigrantes poidan ter a súa chegada a España, preténdese elaborar unha guía de información e recursos que resulte de utilidade ós beneficiarios do Proxecto cidade +. Polo exposto resulta necesaria a CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE RECURSOS E INFORMACIÓN, que se estructurará en dous volúmenes diferenciados: · Guía de Información, que se dividirá a súa vez en dous apartados: a) Información de carácter legal. b) Información para o emprego. · Guía de Recursos (servizos, axudas, subvencións...) No Prego de Prescricións Técnicas que se une como anexo, se recolle de forma máis detallada os obxectivos do Proxecto Cidade +, así como o contido da guía e demais consideracións técnicas. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, con arranxo ó seguinte esquema: · 50% do importe total á entrega do modelo de ambas guías listo para ser editado. · 50% restante unha vez realizada a edición dunha tirada de 1.000 exemplares de ambas guías. 4.-PRAZO.-O desenvolvemento dos traballos será dun prazo máximo de catro meses ou no prazo de entrega que oferte o adxudicatario. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fixase na cantidade máxima de CORENTA E DOUS MIL EUROS (42.000,00 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estivesen incursas en algunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro do Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE + Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.-Descrición da metodoloxía de traballo e dos contidos. 3.-Proxecto do deseño gráfico e estructura a empregar nas guías. 4.-Prazo de entrega. 5.-Outras melloras plantexadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, CONTRATACIÓN DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE + Dicho sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en festivo ou en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Proposta metodolóxica e de contidos, ata 3 puntos. 2. Deseño gráfico e estructura pedagóxica, ata 2 puntos. 3. Menor prezo ofertado, ata 2 puntos. 4. Prazo de entrega, ata 2 puntos. 5. Outras melloras, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requeriraselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documentos administrativos, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DEL ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente, que se orzamentan tan na contía máxima de 600 Euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista no terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativas que resulte de aplicación. 18.-XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de Contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso?Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdicción. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DO DESEÑO E ELABORACIÓN DUNHA GUÍA DE INFORMACIÓN E RECURSOS PARA EMIGRANTES RETORNADOS NO MARCO DO PROXECTO CIDADE +, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas: · Por lo prezo máximo de ...........................................Euros, IVE incluído. · O Prazo máximo de entrega será de.............................................. · Ofertase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) (Data e sinatura do propoñente)." ------ Folla: 7.13288.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR, MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE + Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta da Directora Xerente do Proxecto Cidade+ para a contratación da Asistencia Técnica co fin de crear un portal de información do Proxecto Cidade+. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación de asistencia técnica, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Acórdase por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante Concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para crear un portal de información para o proxecto Cidade+, por un tipo máximo de licitación de oitenta e un mil cincocentos euros (81.500,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, acórdase por unanimidade: - Autorizar dito gasto á partida 05/422.323.227.02 do vixente Presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contado a partir do día seguinte á ultima publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE + 1.- OBXECTO.-A iniciativa comunitaria Interreg III-A, subprograma Galicia-Norte de Portugal, desenvolve un programa denominado Cidade +. Este proxecto pretende mellorar o sistema de atención e información ós inmigrantes e emigrantes retornados na cidade de Pontevedra e Melgaço. Para facilitar e mellorar este acceso á información ós usuarios sobre materia de inmigración, formación, políticas activas de emprego, así como a recollida de datos e demandas de información, proxectos empresariais, consultas, etc., resulta necesario dotar a este proxecto dunha plataforma interactiva válida. Có obxecto de dotar de contidos a esta plataforma interactiva, faise necesaria a CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE +, cuxos contidos mínimos serán os seguintes: · Información básica á chegada a un país. · Información sobre o emprego no territorio de actuación. · Servizo de acceso a axudas a emigrantes retornados e inmigrantes. · Boletín Dixital de axuda á integración. · Directorio de formación. · Orientación ó emprego / xacemento de emprego. · Oportunidades de negocio / autoemprego. · Sistema de Asesoramento Virtual Empresarial / Centro Virtual do Emprendedor e Empresario. · Desenvolvemento dos servizos de información da Deputación de Pontevedra que prestan apoio colateral ó colectivo beneficiario do proxecto. · Outros servizos No Prego de Prescricións Técnicas recóllese de forma máis detallada os obxectivos do Proxecto Cidade +, así como o contido do portal anteriormente enumerado. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato se financiarase con cargo á partida 05/422.323.227.02 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PRAZOS.- O desenvolvemento do Portal de Información levarase a cabo cumprindo có seguinte calendario: · Fase I: A entregar en 15 días dende a adxudicación do contrato. -Deseño do portal de información · Fase II: 2 meses dende a adxudicación do contrato. -Información básica de carácter xeral para emigrantes retornados e inmigrantes. -Información sobre o emprego na provincia de Pontevedra. -Boletín Dixital de Emprego. -Outros servizos. · Fase III: 3 semanas dende a fase II -Sistema de Asesoramento Virtual Empresarial/Centro Virtual do Emprendedor e Empresario. -Directorio de Formación. · Fase IV:3 semanas dende a fase III -Oportunidades de negocio/autoemprego. -Orientación ó emprego/xacementos de emprego. -Servizo de acceso a axudas. · Fase V: dende fase IV ata a finalización do contrato que terá como data límite o 31 de decembro de 2005. -Corrección de errores, mantemento e melloras no sistema 4.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra la presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial con arranxo ó seguinte esquema: · 25% ó finalizar a fase I. · 50% ó finalizar a fase II, III y IV. · 25% ó finalizar a fase V. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación se fixa na cantidade máxima de OITENTA E UN MIL CINCOCENTOS EUROS (81.500,00 ¤), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos ternos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estivesen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que formalizase a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa có obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en festivo, se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax o telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR AL CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE +. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica. Que axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.-Descrición da metodoloxía de traballo e contidos. 3.-Proxecto do deseño gráfico e funcionalidade. 4.-Outras melloras plantexadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE +. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º del T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". SECRETARIO: O Xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DE LA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA LA ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1. Proposta metodolóxica e de contidos, ata 3 puntos. 2. Deseño gráfico e funcionalidade, ata 3 puntos. 3. Menor prezo, ata 2 puntos. 4. Outras melloras, ata 2 puntos. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes o acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requerirásello para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documentos administrativos, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 14.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 600 Euros. 15.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista no terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á administración. 16.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.-RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativas que resulte de aplicación. 18.-XURISDICCIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos dos contratos serán resoltas polo Órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía Contencioso?Administrativa, a teor da Lei de dita xurisdicción. 19.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ....................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio , para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente á CONTRATACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA CREAR UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA O PROXECTO CIDADE +, comprométese a realizalo con suxeición o prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo máximo de ...............................................................Euros, IVE incluído. (Data e sinatura do propoñente)." ------ Folla: 8.13289.- SUBVENCIÓN PARA A OBRA "ADQUISICIÓN DUN TRACTOR E DESBROZADORA", DO CONCELLO DE CUNTIS, CON CARGO Ó PAM/2005 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente acórdase por unanimidade conceder o Concello de Cuntis unha subvención po importe de sesenta e seis mil trescentos setenta e un euros con vinte e seis céntimos (66.371,26 ¤), con cargo o Programa de Acción Municipal 2005, Partida 05/911.911.762.45 para financiar a obra: Adquisición Tractor de Desbrozadora, co núm. 294/543 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estrictamente ás Bases Reguladoras que rexeron na súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do I.V.E. na facturas e certificacións, as Normas que son de aplicación, evitando con isto as devolucións conseguintes. f) O pago da subvención, so se efectuará unha vez comprobado non ter débedas con esta Deputación. ------ Folla: 9.13290.- INFORME EN RELACIÓN Á MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 3 DO PXOM DO CONCELLO DE TOMIÑO RELATIVA Á CREACIÓN DUN NOVO ÁMBITO DE SOLO URBANIZABLE DELIMITADO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Tomiño, de data 3 de agosto de 2005 (rexistro de entrada núm. 024969, de data 08-08-05), pola que se remite documentación referente a la modificación puntual nº 3 do PXOM, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 19 de agosto de 2005, que literalmente dí: "Habiendo recibido para informe la "MODIFICACIÓN Nº3 DO P.X.O.M. DE TOMIÑO" y una vez estudiado el expediente, se constata que en la memoria expositiva del mismo y en lo que hace referencia a la afección, directa o indirecta, sobre la Red Viaria, figura la Carretera Provincial 3102 (Tomiño-Sabarís) por lo que, si bien la misma cuenta con capacidad suficiente para absorber el tráfico existente en este momento, se deberán hacer la previsiones pertinentes sobre la misma, a fin de poder absorber sin dificultad el tráfico incluido motivado por la modificación que se plantea. En fase de Proyecto se deberá determinar con suficiente exactitud la I.M.D. previsible a los efectos anteriormente mencionados. Consecuentemente se emite informe positivo." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Tomiño. ------ Folla: 10.13291.- INFORME EN RELACIÓN Ó EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DO CONCELLO DE MARÍN RELATIVA Á DELIMITACIÓN DE NÚCLEOS RURAIS E ZONAS DE EXPANSIÓN Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Marín, de data 29 de xullo de 2005 (rexistro de entrada núm. 024317, de data 29-07-05), pola que se remite documentación relativa á delimitación de núcleos rurais e zonas de expansión de Marín, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 19 de agosto de 2005, que literalmente di: "...todo lo concerniente a las afecciones y demás consideraciones recogidas en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, se encuentra reflejado en el Artículo 14 del mencionado expediente de modificación. Como quiera que el mencionado artículo 14 se establece el trámite para la conformación de cualquier actuación en las zonas afectadas por la existencia de la Red Provincial, se emite informe FAVORABLE." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Marín. ------ Folla: 11.13292.- INFORME EN RELACIÓN Ó PLAN PARCIAL DO CONCELLO DE MEIS PARA O DESENVOLVEMENTO DE SOLO URBANIZABLE INDUSTRIAL (SUI-3) Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Meis, de data 8 de agosto de 2005 (rexistro de entrada núm. 025159, de data 10-08-05), pola que se remite documentación relativa ó Plan Parcial para o desenvolvemento de solo urbanizable industrial (SUI-3), a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 18 de agosto de 2005, que literalmente di: "... 1.- El acceso al Polígono Industrial se realiza desde la E.P. 9508 Lois - A Goulla, siendo el tramo en el que se va crear esta intersección un tramo con visibilidad y que dispone actualmente de raya discontinua en el eje " 2.- En el plano nº 0.3 "Red Viaria, alineación, sección tipo" se observa que a lo ancho del vial del Polígono en la intersección con la Carretera Provincial es de 7 m. entre bordillos. Teniendo en cuenta el tráfico pesado previsto y el ángulo que forman las dos alineaciones (90º aproximadamente), sería conveniente dar más anchura al Vial en este punto dotando a la interesección de un abanico suficiente. En todo caso esto se detallará en el Proyecto de urbanización en su momento. 3.- La pendiente del Vial del Polígono en el tramo que accede a la Carretera Provincial es de 7,2% (según deduce de los perfiles longitudinales del plano 1.5). Teniendo en cuenta el Tráfico pesado previsto y en aras a permitir una cómoda incorporación a la Carretera Provincial, se debería dotar al Vial de acuerdo vertical convexo necesario para permitir la citada incorporación de la manera más rápida y segura posible. En todo caso este acuero podrá definirse cuando se realice el Proyecto de Urbanización." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Meis. ------ Folla: 12.13293.- INFORME EN RELACIÓN Ó PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TUI Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Tui, de data 4 de agosto de 2005 (rexistro de entrada núm. 025109, de data 09-08-05), pola que se remite documentación relativa ó Plan Xeral, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 19 de agosto de 2005, que literalmente di: "Recibido para informe el "PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TUI" y una vez examinado el mismo, por parte de este Servicio se informa que, dado que todo lo concerniente a la Red Provincial de Carreteras se encuentra desarrollado ampliamente en el Artículo 4.3.4., por parte de este Servicio se emite informe FAVORABLE." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ilmo. Concello de Tui. ------ Folla: 13.13294.- INFORME EN RELACIÓN CO PLAN GALICIA: PROXECTO DE TRAZADO E CONSTRUCIÓN DA VÍA DE ALTA CAPACIDADE; TUI (INCLUÍDO ENLACE AUTOVÍA PORTUGAL) - A GUARDA Dada conta da comunicación do Director Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia, (rexistro de entrada núm. 024648, de data 03-08-05), pola que se remite memoria e planos do proxecto, a efectos de informe dentro do ámbito das competencias por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 19 de agosto de 2005, que literalmente di: "... Recibido para informe el "PLAN GALICIA: PROXECTO DE TRAZADO E CONSTRUCCIÓN DA VIA DE ALTA CAPACIDADE: TUI (INCLUIDO ENLACE AUTOVIA PORTUGAL) - A GUARDA" y examinado el mismo, cabe hacer la consideración que en las intersecciones que se produzcan a distinto nivel con Carreteras pertenecientes a la Red Provincial, deberá establecerse una sección de 12 mts en horizontal, tal y como se exige en las obras de estas características cuando interfieren con alguna de las Carreteras de Red Provincial, concretamente en los siguientes puntos: Intersección con la C.P. 3003 Areas- Pexegueiro, (Tuy), en el P.km 2+400. Intersección con la C.P. 3302 Tabagón - Rosal, en el P.km 21+200." E visto informe da Técnica de Medio Ambiente desta Deputación de data 8 de agosto de 2005, que literalmente di: "... El nuevo trazado afecta en menor medida a la zona de la ribera del Miño y se ajusta más a las prescripciones efectuadas por la Dirección Xeral de Conservación de la Naturaleza, por lo que el informe es favorable." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ós citados informes, e acorda a súa remisión á Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda. ------ Folla: 14.13295.- ASISTENCIA A CURSOS Visto o escrito presentado no rexistro xeral desta Excma. Deputación Provincial do 28 de Xullo de 2005, polo cal o Xefe do Servicio Agrario solicita permiso e axuda económica para que a funcionaria interina Dona Olga Aguín Casal, poida inscribirse no IV Congreso Forestal Español que terá lugar os próximos días 26 ó 30 de Setembro en Zaragoza, como requisito necesario para que os diversos traballos efectuados pola Estación Fitopatolóxica sexan publicados, Acórdase por unanimidade conceder a Dona Olga Aguín Casal o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 350,00 ¤ Os gastos derivados da inscrición a este Congreso ascenden a 350,00 ¤ importe que será imputado con cargo á partida 05/122.314.162.00 de formación e perfeccionamento. ------ Folla: 15.13296.- COMUNICACIÓNS Quedou enterada da remisión do proxecto de construción da nova ponte sobre o río Umia (Vte. Ponte Arnelas), por parte do Director Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, redactado ó abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Política territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 16.13297.- CORRECCIÓN DE ERRO ARITMÉTICO NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 18 DE MARZO DE 2005, EN RELACIÓN COA CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA, PARA A OBRA "REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA R/BENITO VIGO", INCLUÍDA NO PAM/05, CO NÚM. 62/36 Habéndose producido erro mecanográfico na transcrición da cantidade da subvención concedida para a obra "rede abastecemento de auga r/ Benito Vigo", acordo nº 3596 da Xunta de Goberno de data 18 de marzo de 2005, acórdase por unanimidade corrixir a mesma, debendo dicir "81.393,01 ¤", onde dicía "81.393,11 ¤". ------ Folla: 17.13298.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA CONSULTORÍA E ASISTENCIA TÉCNICA PARA REALIZAR UNHA CAMPAÑA DE PUBLICIDADE DO PROXECTO CIDADE+ Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, 17 de xuño de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da Consultoría e Asistencia Técnica para realizar unha campaña de publicidade do Proxecto Cidade +, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 131, 08-07-05) e no DOGA (nº 132, 11-07-05). Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 28 de xullo de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe da Directora de Xestión do Proxecto Cidade + e a proposta da Mesa de Contratación, de data 25 de agosto do ano en curso, acórdase por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica para realizar unha campaña de publicidade do Proxecto Cidade +, á empresa Publitia S.L. (C.I.F. B- 36.903.037), polo prezo ofertado de cincuenta e nove mil seiscentos cincuenta euros (59.650,00 ¤), IVE incluído. O pago da asistencia efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida, 05/422.323.227.02 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.386 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por cause imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de douscentos noventa e oito euros con sesenta e catro céntimos (298,64 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (93,89 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (204,75 ¤). ------ Folla: 18.13299.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE TRINTA ORDENADORES Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 17 de xuño de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do subministro de trinta ordenadores, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 136, 15-07-05/) e no DOGA (nº 136, 15-07-05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 3 de agosto de 2005, deuse traslado ós técnicos para seu informe. Visto o informe do Xefe do Servizo de Proceso de Datos e a proposta da Mesa de Contratación, de data 25 de agosto do ano en curso, acórdase por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro de trinta ordenadores á empresas Dell Computer, S.A. (C.I.F. A- 80.022.734), polo prezo total ofertado de trinta e dous mil novecentos dez euros (32.910,00 ¤), IVE, incluído, en función de 1.097,00 ¤ /ordenador, IVE incluído. O pago do subministro efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/132.121.626.01 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 1.316,40 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas prevista no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. En caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos vinte euros con oitenta e nove euros (320,89 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (121,89 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (199,00 ¤). ------ Folla: 19.13300.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DOUS VEHÍCULOS DE RECOLECCIÓN DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DE 16 M³ DE CAPACIDADE PARA PRESTAR O SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 8 de Xullo de 2005, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do subministro de dous vehículos de recolección de residuos sólidos, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 139,20-07-05) e no DOGA (nº140, 21-07-05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 8 de agosto de 2005, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Xefe do Servicio de Proceso de Datos e a proposta da Mesa de Contratación, acórdase por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación do subministro de dous vehículos de recolección de residuos sólidos urbanos de 16 m³ de capacidade para prestar o servizo de recollida de lixos á empresa VIP Galicia, S.A. (C.I.F. A-36.857.332), polo prezo total ofertado de douscentos trinta e nove mil euros (239.000 ¤), IVE incluído, en función de cento dezanove mil cincocentos euros por vehículo de recolección (119.500,00 ¤/vehículo), IVE incluído e matriculado. O adxudicatario deberá de presentar unha factura individualizada para cada vehículo, efectuándose no seu día o pago con cargo á partida 05/911.911.662.00 do vixente Presuposto Provincial, e sendo financiado un dos vehículos a subministra polo Programa Operativo Local (POL), anualidade 2005. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 9.560,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de trescentos cincuenta e oito euros con setenta e oito céntimos (358,78 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (95,53 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (263,25 ¤). ------ Folla: 20.13301.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS DO POL E PPC 2005" Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 19 dos correntes, pol
Ãrea de notas
Nota