ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/10/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-10-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/10/28_Ordinaria

  • Data(s) 2005-10-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 42 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e oito de outubro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 42 1.13432.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día vinte e un de outubro de 2005. ------ Folla: 42,44 2.13433.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE FABRICANTES DE CONSERVAS (ANFACO) PARA A REALIZACIÓN DO "ESTUDO DE DETECCIÓN E DIFERENCIACIÓN DE RESTOS DE ANIMAIS TERRESTRES NAS FARIÑAS DE PESCADO POR PCR" Resultando que con data 2 de febreiro de 2005, ten entrada no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación, Convenio de Colaboración entre a Excma Deputación de Pontevedra e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), para a realización do traballo denominado "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres nas fariñas de pescado por PCR". Vistos os informes do Secretario Acctal. de 3 de outubro de 2005, do Interventor Acctal. de 21 de outubro de 2005 con retención de crédito número 200500096936 por importe de 15.0000, 00 ¤ e con cargo á partida 05/711.711.479.01 e o do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de 20 de outubro de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO), para a realización do traballo denominado "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres nas fariñas de pescado por PCR". Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN NACIONAL DE FABRICANTES DE CONSERVAS (ANFACO), PARA A REALIZACIÓN DO TRABALLO DENOMINADO "ESTUDO DE DETECCIÓN E DIFERENCIACIÓN DE RESTOS DE ANIMAIES TERRESTRES NAS FARIÑAS DE PESCADO POR PCR" REUNIDOS Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, como PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, de acordo coas competencias que a lei outorga segundo o artigo 105,1,a da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. E por outra, D. Juan M. Vieítes Baptista de Sousa, Secretario Xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO) INTERVEÑEN Ámbalas partes no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos que constan neste documento. MANIFESTAN Que o sector pesqueiro e marisqueiro é un sector estratéxico para Galicia, pola súa achega económica e número de traballadores. Sen embargo, a relevancia da pesca non é tanta pola súa facturación, senón pola súa capacidade de xerar emprego e pola grande actividade industrial que xera coa transformación dos seus productos. Que a industria conserveira ten unha importancia capital na nosa provincia, derivada da importancia do correspondente sector pesqueiro que é o motor da mesma, representando as conserveiras galegas o 73% da producción española de conservas e semiconservas de pescados e mariscos. Que o aparecemento da encefalopatía esponxiforme bovina obrigou a tomar unha serie de medidas a nivel europeo para o control desta enfermidade dexenerativa, incluído a prohibición de utilización de fariñas de peixe para a alimentación de rumiantes. Que a importancia do sector dedicado tanto á elaboración de conservas como á propia elaboración de fariñas na provincia de Pontevedra, amosa o interese deste proxecto no que se fará un estudo no que se aplicarán técnicas da bioloxía molecular e da xenética para a detección de restos de animais terrestres nas fariñas de peixe da provincia de Pontevedra. Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do disposto no artigo 109, 1d, da Lei 5/97, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. Que entre as prioridades de actuación da Excma. Deputación está a mellora da competitividade do mencionado sector e a súa comercialización, cara á súa permanencia nun mercado cada día máis aberto. Que neste marco de actuación se encadran como obxectivos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra o fomento e mellora da capacidade productiva do sector productor e transformador dos recursos pesqueiros e marisqueiros así como o apoio á innovación tecnolóxica que permita melloras na súa comercialización. Que a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO) ten entre os seus fins levar a cabo as accións tecnolóxicas, de formación, de investigación, promoción dos productos e en xeral as de mellora do sector de transformación dos productos da pesca e o marisqueo, precisas para o progreso do sector. Que para o desenvolvemento destes fins dispón de persoal cualificado, laboratorios e instalacións propias e medios tecnolóxicos, en especial os correspondentes ó Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos da Pesca (CECOPESCA) Que parece conveniente, co fin dunha optimización na utilización dos recursos tanto humanos como materiais e económicos de ámbalas dúas Institucións, realizar actuacións conxuntas para cubrir aqueles obxectivos comúns, e por todo isto as dúas partes subscriben o presente Convenio, conforme coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio ten por obxecto a acción conxunta para levar a cabo un traballo de investigación e desenvolvemento tecnolóxico denominado "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres nas fariñas de pescado" SEGUNDA.- A Deputación comprométese a: 1- O financiamento do traballo de investigación denominado "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres nas fariñas de pescado", por valor de QUINCE MIL (15.000,00.-) EUROS. 2- Unha vez asinado o Convenio, a Deputación Provincial de Pontevedra realizará os pagamentos con cargo á partida 711-711-489.01 do vixente orzamento provincial, previa presentación do traballo e conforme o disposto no artigo 30 da Lei Xeral de Subvencións. 3- O pagamento será efectuado a favor da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO), previa expedición de certificación de conformidade expedida polo Director responsable do seguimento do traballo nomeado pola Deputación de Pontevedra. TERCEIRA.- A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (ANFACO), comprométese a : 1- Executar as accións previstas no traballo de investigación denominado "Estudo de detección e diferenciación de restos de animais terrestres nas fariñas de pescado", de acordo coas estipulacións técnicas recollidas na memoria, achegando o persoal e medios técnicos necesarios para a realización do traballo de investigación. 2- Por en coñecemento da Deputación as incidencias que lle afecten ó mencionado traballo. CUARTA.- A vixencia do presente Convenio establécese, dende a sinatura do mesmo ata o 31 de decembro do presente ano. Se, rematado o período de cooperación, as accións obxecto deste Convenio non estivesen rematadas, o referido período de cooperación poderá ser prorrogado mediante Acta complementaria, asinada por ámbalas partes. QUINTA. - O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. SEXTA.- O presente Convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas dúas partes suxeitas á Xurisdicción do Contencioso Administrativo para a resolución de calquera conflicto que puidera xurdir na aplicación do mesmo. Como proba de conformidade e para a debida constancia do convido, ámbalas partes outorgantes subscriben este documento que se asina en Pontevedra, o día ..............................................do dous mil cinco. O PRESIDENTE DA EXCMA.DEPUTACIÓNPROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal O SECRETARIO XERAL DAASOCIACIÓN NACIONAL DEFABRICANTES DE CONSERVAS DE PELXES E MARISCOS (ANFACO) Asdo. ....................................... ------ Folla: 44 3.13434.- AXUDAS ECONÓMICAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS Resultando que a Xunta de Goberno de data 29 de abril de 2005 aproba as Bases Reguladoras de axudas económicas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías. Vistos os informes emitidos por Intervención de data 5 de abril de 2005, o da Bióloga da Sección de Pesca do Servizo Agrario de 17 de outubro de 2005 e o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de outubro de 2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de axudas económicas ás Confrarías de Pescadores que figuran no listado adxunto por importe de 228.500¤ e con cargo á partida 05/711.711.779.01 Ditas axudas son como seguen: CONFRARÍA OBXECTO AXUDA FEDERACIÓN Acondicionamento sede social 9.800 ILLA Circuíto Vixilancia 4.600 Caixas Lonxa 1.900 ARCADE Remolque 1.500 Equipamento embarcac. Vixilancia (motor) 3.300 PONTEVEDRA Equipamento casetas control (básculas, calibradora de moluscos) 11.000 Obras (Sede Social) 6.000 CANGAS Reforma oficina 3.900 Equipamento embarcación vixilancia (GPS , sonda) 3.700 Equipamento lonxa (etiquetadoras, básculas, SAI) 6.500 Caixas lonxa 4.100 CARRIL Embarcación bancos marisqueiro 14.900 Reforma embarcación Vixilancia 1.900 O GROVE Equipamento lonxa (etiquetadoras, básculas, SAI) 9.600 ASOC. CONFRARIAS RÍA DE VIGO Embarcación vixilancia 15.700 Vehículo vixilancia 14.300 A GUARDA Acondicionamento lonxa rexistro sanitario 1.700 Mellora local pensionistas (cadeiras) 1.200 VILANOVA Vehículo vixilancia 18.900 Equipamento Lonxa (losetas chan, cesto, contedores) 2.500 REDONDELA Equipamento embarcación vixilancia (radar) 1.300 Equipamento bancos marisqueiros (etiquetadoras, básculas) 2.800 BUEU Caixas lonxa 9.400 Equipamento embarcación vixilancia (motor) 9.800 Equipamento varadero (hidrolavadoras, gatos hidráulicos, apoios...) 6.000 RAXÓ Obras sede social (ampliación local, fiestras...) 6.500 Equipamento Embarcación vixilancia (Radar, VHF, Sonda...) 4.100 ALDÁN Caixas lonxa 2.000 Cámara de frío 8.300 CAMBADOS Caixas lonxa 1.600 Equipamento embarcación vixilancia (motor) 17.000 Vehículo vixilancia 9.400 BAIONA Equipamento vixilancia (motor) 5.000 Equipamento sede social (cadeiras e mesa aula de formación) 1.700 Equipamento lonxa (vestiarios, caixas) 6.600 TOTAL 228.500 ------ Folla: 45 4.13435.- AXUDAS ECONÓMICAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES PARA A REXENERACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Resultando que a Xunta de Goberno de data 29 de abril de 2005 aproba as Bases Reguladoras de axudas económicas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías. Vistos os informes emitidos por Intervención de data 5 de abril de 2005, o da Bióloga da Sección de Pesca do Servizo Agrario de 17 de outubro de 2005 e o dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 19 de outubro de 2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a concesión de axudas económicas ás Confrarías de Pescadores que figuran no listado adxunto por importe de 160.000 ¤ e con cargo á partida 05/711.711.479.01 Ditas axudas son como seguen: CONFRARÍA AXUDA ILLA 17.000 O GROVE 16.500 RÍA DE VIGO 16.000 CAMBADOS 16.000 REDONDELA 16.000 VILANOVA 16.000 MOAÑA 17.000 VILAXOÁN 14.000 ARCADE 10.000 ALDÁN 10.000 CARRIL 6.000 RAXÓ 4.000 BAIONA 1.500 TOTAL..............160.000 ------ Folla: 45,48 5.13436.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, UNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN DUN ESTUDO MEDIOAMBIENTAL SOBRE OS VERTIDOS DO RÍO UMIA DESDE O MUNICIPIO DE CALDAS DE REIS ATA A SÚA DESEMBOCADURA Vistos os cuantiosos danos sufridos nas especies piscícolas do río Umia, preténdese a contratación dun exhaustivo estudo sobre os puntos de suciedade identificando os vertidos existentes na zona e os suxeitos causantes dos mesmos, cuxo custo estímase en 50.000 Euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a realización dun estudo medioambiental sobre os vertidos do río Umia dende o municipio de Caldas de Reis ata a súa desembocadura, por un tipo máximo de licitación de cincuenta mil euros (50.000,00) , IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: · Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/711.442.227.06 do vixente orzamento provincial. · Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas que rexerán o concurso como lei fundamental. · Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A ELABORACIÓN DUN ESTUDO MEDIO AMBIENTAL SOBRE OS VERTIDOS DO RÍO UMIA DENDE O MUNICIPIO DE CALDAS DE REIS ATA A SÚA DESEMBOCADURA 1.- Obxecto.- O Río Umia, que nace no municipio de Forcarei e recorre diversos concellos, é unha das paraxes naturais máis destacadas da provincia de Pontevedra formando parte da vida cotiá dos seus habitantes e sendo un punto de interese turístico destes municipios. Na actualidade, o Umia padece os efectos do que podería ser un vertido que está causando cuantiosos danos nas especies piscícolas que se atopan nel. Coa finalidade de conservar e mellorar o medio ambiente fluvial deste río, que constitúe un elemento clave para contribuír á mellora da calidade de vida dos veciños da súa área de influencia, a Deputación, como institución á que lle corresponde o goberno da provincia, pretende a contratación dun exhaustivo estudo sobre os puntos de suciedade identificando os vertidos existentes na zona e os suxeitos causantes dos mesmos. O estudo deberá comprender os seguintes aspectos: - Identificación dos vertidos - Definición do sistema de vertidos: tubo, canle, etc. - Natureza e cuantificación do mesmo. - Orixe ou presunto responsable do mesmo. - Localización (coordenadas UTM). - Reportaxe fotográfico. De cada un dos vertidos deberá realizarse unha ficha diferenciada. 2.- Financiamento.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/711.442.227.06, do vixente Orzamento provincial. 3.- Pagamento.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez presentado o estudo e dada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- Prazo.- O estudo deberá ser entregado no prazo máximo de tres meses a contar dende o día seguinte ó da súa notificación de adxudicación. 5.- Tipo de licitación.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de cincuenta mil euros (50.000,00), IVE incluído. 6.- Capacidade para contratar.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizara a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- Garantía definitiva.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 8.- Presentación de proposicións: lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación.- 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9:00 a 13:00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido a cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ELABORACIÓN DUN ESTUDO MEDIOAMBIENTAL SOBRE OS VERTIDOS DO RÍO UMIA DENDE O MUNICIPIO DE CALDAS DE REIS ATA A SÚA DESEMBOCADURA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1- Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2- Descrición da metodoloxía de traballo e dos contidos. 3- Prazo de entrega. 4- Outras melloras plantexadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS", deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ELABORACIÓN DUN ESTUDO MEDIOAMBIENTAL SOBRE OS VERTIDOS DO RIO UMIA DENDE O MUNICIPIO DE CALDAS DE REIS ATA A SÚA DESEMBOCADURA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición, e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o art.79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o promedio anual de persoal e plantilla de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9 .- Mesa de contratación.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- Cualificación da documentación e apertura de plicas.- A Mesa de Contratación ás 10:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Proposta metodolóxica e contidos: ata 4 puntos. 2) Outras melloras: ata 2 puntos. 3) Prazo de entrega: ata 2 puntos. 4) Menor prezo ofertado: ata 2 puntos. 12.- Adxudicación.- O órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- Formalidades do contrato.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- Gastos a cargo do adxudicatario.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamenten na contía máxima de seiscentos euros (600,00 ¤). 15.- Indemnización ó contratista.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 16.- Resolución do contrato.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.- Réxime xurídico.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- Xurisdición competente.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso administrativa, a teor da Lei de dita xurisdición. 19.- Modelo de proposición.- D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . .. . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio (ou en representación de . . . . . . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . ., teléfono ................ segundo acredito con poder bastanteado), sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á "Contratación da elaboración dun estudo medioambiental sobre os vertidos no Río Umia dende o municipio de Caldas de Reis ata a súa desembocadura, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas e particulares e de prescricións técnicas: · polo prezo máximo de .............. euros, IVE incluído. · O prazo máximo de entrega será de ...................... · Ofértase como melloras os contidos expostos no prego de condicións: (enumerar) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 49,52 6.13437. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, UNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A REALIZACIÓN DUN ESTUDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN CIRCUÍTO DE VELOCIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a crecente demanda e interese espertado na nosa sociedade sobre os deportes do mundo do motor acentúa a necesidade de contar coas instalacións apropiadas para levar a cabo a práctica deste tipo de deporte na nosa provincia, por dito motivo preténdese a contratación dun estudo sobre a implantación dun circuíto de velocidade, cuxo custo se estima en 50.000 Euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, a asistencia técnica para a realización dun estudo sobre a implantación dun circuíto de velocidade na provincia de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de cincuenta mil euros (50.000) , IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: · Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/451.452.227.06 do vixente Orzamento provincial. · Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas que rexerán o concurso como lei fundamental. · Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE IMPLANTACIÓN DUN CIRCUITO DE VELOCIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. 1.- Obxecto.- A crecente demanda e interese despertado na nosa sociedade sobre os deportes do mundo do motor acentúa a necesidade de contar coas instalacións apropiadas para levar a cabo a práctica deste tipo de deporte na nosa provincia. A construción dun circuíto de velocidade que permita levar a cabo competicións, entrenamentos de equipos, probas e presentación de vehículos, cursos de conducción e seguridade vial, etc., require unha obra de enxeñería de gran complexidade que esixe a realización dun exhaustivo estudo previo. Con tal motivo, resulta necesaria a contratación dunha asistencia técnica para a realización dun estudo de viabilidade sobre a implantación dun circuíto de velocidade no entorno dos municipios de Mondariz e Pazos de Borbén, que deberá contemplar os seguintes aspectos: - Análises do terreo máis adecuado e opcións sobre o que se poida asentar o circuíto. - Estudo do terreo con prospeccións xeotécnicas, hidrolóxicos, topográficos, metereolóxicos, etc. - Tipo de asfalto a utilizar. - Deseño e dimensións do trazado. - Capacidade de drenaxe. - Conservación e mantemento. - Seguridade do público e participantes. - Accesos ó circuíto. No prego de prescricións técnicas que se une como anexo, recóllese de forma máis detallada os obxectivos deste contrato de consultoría e asistencia técnica. 2.- Financiamento.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/451.452.227.06, do vixente Orzamento provincial. 3.- Pagamento.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez presentado o estudo e dada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- Prazo.- O estudo deberá ser entregado no prazo máximo de tres meses a contar desde o día seguinte ó da súa notificación de adxudicación. 5.- Tipo de licitación.- O orzamento que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima cincuenta mil euros (50.000,00), IVE incluído. 6.- Capacidade para contratar.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizara a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- Garantía definitiva.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 8.- Presentación de proposicións: lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación.- 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9:00 a 13:00 horas, durante os 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e máis a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN CIRCUITO DE VELOCIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Descrición da metodoloxía de traballo e dos contidos. 3.- Prazo de entrega. 4.- Outras melloras plantexadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS", expresará a inscrición de: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DA ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DUN CIRCUITO DE VELOCIDADE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición, e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o art.79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os tres últimos anos. d) Declaración de material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. f) Relación dos principais traballos realizados nos tres últimos anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos. 9 .- Mesa de contratación.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral da Corporación. O interventor da Corporación. O enxeñeiro director do Servizo de Vías e Obras. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas.- A Mesa de Contratación ás 10:00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado se realizará o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- Criterios base para a adxudicación.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Proposta metodolóxica e contidos: ata 4 puntos. 2) Outras melloras: ata 2 puntos. 3) Prazo de entrega: ata 2 puntos. 4) Menor prezo ofertado: ata 2 puntos. 12.- Adxudicación.- O órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e elaborados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7ª. 13.- Formalidades do contrato.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- Gastos a cargo do adxudicatario.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de seiscentos euros (600,00 ¤). 15.- Indemnización ó contratista.- O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 16.- Resolución do contrato.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 17.- Réxime xurídico.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l.- 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 18.- Xurisdición competente.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa e abrirán a vía contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 19.- Modelo de proposición.- D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . .. . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio (ou en representación de . . . . . . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . ., teléfono ........., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado). Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á "Contratación da elaboración dun estudo sobre a implantación dun circuito de velocidade na provincia de Pontevedra", comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas: · Polo prezo máximo de .............. euros, IVE incluído. · O prazo máximo de entrega será de ...................... · Ofértase como melloras ós contidos expostos no prego de condicións: (enumerar) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 52,53 7.13438.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MOBILIARIO PARA VARIOS LABORATORIOS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, tomado en sesión de 2 de setembro do presente ano, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, do subministro de mobiliario para varios laboratorios da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 178, 15/9/05) e no DOGA (nº179, 16/09/05). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 5 de outubro de 2005, deuse traslado ó servizo técnico correspondente para o seu informe. Visto o informe do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario, así como, a proposta da Mesa de Contratación, de data 25 de outubro do ano en curso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro de mobiliario para varios laboratorios da estación fitopatolóxica de Areeiro, ás seguintes empresas en correlación co número de lote: · Lote nº 1 Mobiliario para o Laboratorio de Fruticultura e Ornamentais: Adxudícase á empresa Neurtek, S.A. (C.I.F. A-20.086.724) polo prezo de corenta mil trescentos vinte euros (40.320 ¤), IVE incluído. · Lote nº 2 Mobiliario para o Laboratorio de Edafoloxía: Adxudícase á empresa Neurtek S.A. (C.I.F. A-20.086.724) polo prezo cincuenta e oito mil cincocentos setenta euros (58.570 ¤), IVE incluído. · Lote nº 3 Mobiliario feito a medida: Adxudícase á empresa Planitec, S.L. (C.I.F. B-36.621.050) polo prezo de vinte mil cento trinta e nove euros con cinco céntimos (20.139,05¤), IVE incluído. · Lote nº 4 Mobiliario de oficina: Adxudícase á empresa Planitec, S.L. (C.I.F. B-36.621.050) polo prezo de oito mil douscentos noventa e tres euros con doce céntimos. (8.293,12 ¤), IVE incluído. O pago dos subministros efectuarase no seu día ós adxudicatarios con cargo á partida 05/711.711.625.01 do vixente Orzamento provincial. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación do seu lote, polos seguintes importes: · Lote nº1: mil seiscentos doce euros con oitenta céntimos (1.612,80 ¤). · Lote nº2: dous mil trescentos corenta e dous euros con oitenta céntimos (2.342,80 ¤). · Lote nº3: Oitocentos cinco euros con cincuenta e seis céntimos (805,56¤). · Lote nº4: trescentos trinta e un euros con setenta e dous céntimos (331,72 ¤). Ditos importes ingresaranse na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberán ingresar, cada un dos adxudicatarios, na Caixa desta Deputación a cantidade de cento oitenta e tres euros con setenta e catro céntimos (183,74 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (98,83 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (268,65 ¤). ------ Folla: 53,54 8.13439.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN E ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUCTURA E EQUIPAMENTOS LOCAIS 2005 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 23 de setembro de 2005 polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do servizo de actualización do sistema de información e asistencia técnica para a elaboración da enquisa de infraestructura e equipamentos locais 2005, por un tipo de licitación máximo de 166.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do servizo de actualización do sistema de información e asistencia técnica para a elaboración da enquisa de infraestructura e equipamentos locais 2005, foi publicado no B.O.P número, 191 e no DOGA número 192 de datas 4 e 5 de outubro de 2005, respectivamente. Resultando que o acto de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 24 de outubro de 2005, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura da única plica presentada pola empresa, Centro de Observación e Teledetección Espacial, S.A. (COTESA), a cal foi admitida ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Servizo de Cooperación desta Deputación. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 25 de outubro de 2005 para que se lle adxudique o concurso á empresa, Centro de Observación e Teledetección espacial, S.A. (COTESA), por resultar a única empresa presentada e admitida ó concurso e reunir os requisitos esixidos no mesmo, tal como consta no informe emitido polo Sr. Xefe do Servizo de Cooperación, de data 24 de outubro de 2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa, Centro de Observación e Teledetección Espacial, S.A. (COTESA) (C.I.F A - 47461066), o concurso convocado para a contratación dos servizos de actualización do sistema de información e asistencia técnica para a elaboración da enquisa de infraestructura e equipamentos locais 2005, polo prezo ofertado de cento sesenta e dous mil catrocentos euros (162.400,00), IVE incluído. A adxudicación a favor da empresa , Centro de Observación e Teledetección Espacial, S.A. (COTESA), motívase por resultar a única empresa presentada e admitida ó concurso e reunir os requisitos esixidos no mesmo. O pago do prezo do contrato será librado no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/911.911227.06, do vixente Orzamento Provincial, prevía presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación Provincial e da seguinte forma: · 64.960,00 euros que corresponden ó 40% do importe do contrato á finalización da actualización do sistema de información. · 64.960,00 euros que corresponden ó 40% do importe do contrato á finalización da asistencia técnica. · 32.480,00 euros que corresponden ó 20% do importe do contrato á recepción definitiva dos traballos por parte da Deputación incluíndo a aceptación dos datos por parte do Ministerio de Administracións Públicas. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 6.496,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contado dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A fianza provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constituíse a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 116,95 euros e 288,55 (total 405,50 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 54 9.13440.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e ter cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: GERIATROS, S.L. (C.I.F. B36780245) - A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento cincuenta mil euros (150.000,00 ¤), para responder da posta en funcionamento da residencia da terceira idade, construída na Finca Premediño, no termo municipal de Ribadumia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/06/2002, núm. de operación 200200049722, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RESARTE, C.B. (NIF E36495786) - A constituída en metálico, por importe de oitocentos corenta euros (840,00 ¤), para responder do servizo de restauración do retablo de Santa María de Xeve, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/09/2005, núm. de operación 2005000085643, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 54 10.13441.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE ESTUDO DE INVESTIGACIÓN PARA A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA De conformidade co establecido nas bases da convocatoria dunha bolsa de estudo de investigación para a Misión Biolóxica de Galicia, cuxa adxudicación foi publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 213 de data 4 de novembro de 2003, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, a proposta do Xefe do Servizo Agrario, prorrogar esta bolsa de estudos a Dona Marlene Pérez Barbeito, con efectos 1 de novembro de 2005 e ata o 31 de outubro de 2006. A dotación económica desta bolsa de estudos ascende a 841, 41 ¤/mes o que supón un custo, a efectos económicos e para este exercicio 2005 dun total de 1.682,82 ¤, cantidade que se imputará á partida 05/711.711.481.02 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 54,55 11.13442.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS A) Dada conta da sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 177/ 2005, promovidos por Dª María Pilar Carrera García contra expediente sancionador por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, cunha sanción de multa de 900,00 € e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, e na que se estima dito recurso anulando a sanción imposta, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade tomar coñecemento da mesma, ordenando o cumprimento nos seus propios termos. Así mesmo, e posto que a demandante, sen prexuízo da interposición do recurso, fixo efectivo o importe da multa de 900,00 ¤, segundo xustificante que obra no expediente de data 2 de maio de 2005, acórdase a devolución do citado importe, para o que se dará traslado ó Servizo de Vías e Obras, á Intervención e á Tesourería, xunto con copia da sentenza. Dita sentenza deriva dun procedemento administrativo seguido polo Servizo de Vías e Obras, ostentando a defensa en xuízo os Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación. B) A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 117/ 2005 promovidos pola entidade mercantil FLORINSA GALICIA, S.L., e na que se desestima a reclamación de indemnización por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 8001, Km. 3,500, termo municipal de Caldas de Reis, concretados en 3.012,25 €, como consecuencia da invasión na calzada dunha manada de cabalos salvaxes que colisionaron co vehículo matrícula 0780 BND propiedade da demandante, na que se absolve a este organismo de toda responsabilidade no accidente ó entender o xulgador que téndose por probado que o paso de animais soltos pola zona non é habitual, non pode aceptarse a alegación do demandante da inexistencia de sinais de perigo por dita circunstancia, e, consecuentemente a Deputación non pode convertirse en aseguradora universal dos eventos danosos que se deriven da utilización das vías provinciais. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación C) A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en autos de recurso contencioso-administrativo nº 4848/ 2005, promovido por D. José Manuel Abal Vila contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial de Lantañón a Caldas de Reis o día 25 de decembro de 2000, valorados en 4.898,90 €, e na que se exonera de toda responsabilidade a esta Deputación ó non terse probado a relación de causalidade entre o estado da vía e o accidente con resultado lesivo. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva dun procedemento administrativo seguido polos Servizos Xurídicos da Deputación, ostentando a defensa en xuízo os letrados da aseguradora Axa Aurora Ibérica de Seguros, S.A. ------ Folla: 55 12.13443.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 55,58 13.13444.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A OBRA SOCIAL DE CAIXAGALICIA PARA CANALIZACIÓN DOS MICROCRÉDITOS DE CARÁCTER SOCIAL ÓS EMPRENDEDORES Como queira que polos responsables de Cidade +, elaborouse un borrador de Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixa Galicia (Obra Social), para a canalización dos microcréditos de carácter social ós emprendedores e dado que con datas 3 e 13 de outubro do presente ano, emitíronse sendos informes polo Sr Secretario Xeral Accidental e polo Sr. Interventor Accidental no senso de manifestar que o Convenio é correcto xuridicamente para os fins propostos, e que non supón desembolso económico ningún para esta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Caixa Galicia ós efectos de canalización dos microcréditos de carácter social a emprendedores; que ten por obxecto financiar os proxectos viables que fomenten o autoemprego; sendo os seus beneficiarios, as persoas con desemprego de longa duración, as persoas con emprego precario, os inmigrantes, os emigrantes retornados, os discapacitados, os exreclusos e os exdrogodependentes, e as mulleres con cargas familiares non compartidas. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A OBRA SOCIAL DE CAIXAGALICIA PARA A CANALIZACIÓN DE MICROCRÉDITOS DE CARÁCTER SOCIAL A EMPRENDEDORES Na Coruña, a ___de _____ de 2005 REUNIDOS Dunha parte, a Sra. _______, en calidade de _____ de _____ (en adiante __), que comparece en nome e representación desta Entidade, cuxo domicilio radica na cidade de _______. Doutra parte, a Sra. Dª. _________, __________ de CAJA DE AHORROS DE GALICIA (en adiante, Caixa Galicia), que comparece en nome e representación desta Entidade, actuando a mesma no ámbito da súa Obra Benéfico-Social, cuxo domicilio radica na cidade da Coruña, Rúa Nova, 30. No concepto no que interveñen, ambas partes recoñécense, mutua e reciprocamente, a capacidade legal necesaria e representación bastante para asinar o presente convenio de colaboración, e, ó efecto, EXPOÑEN I. - Que CAIXA GALICIA, de acordo co disposto no ordenamento xurídico, realiza as actividades correspondentes ó ámbito da súa obra benéfico-social inherente á súa mesma natureza, por medio de obras benéfico-sociais concretas, propias ou en colaboración, entre as que está a denominada "Socialia", aprobada pola súa asemblea xeral de data 27 de xuño de 2001. Un dos obxectivos de Socialia é o de fomentar a cohesión social a través do apoio a entidades e a realización de proxectos que persigan como obxectivo o fomento da igualdade de oportunidades para a plena integración social, económica e cultural de colectivos vulnerables ou no risco de exclusión. II.- Que CAIXA GALICIA é consciente da conveniencia de poñer en marcha, experimentar e avaliar fórmulas innovadoras de intervención, co fin de poñer a disposición dos axentes sociais novas ferramentas de apoio á inserción socioeconómica cunha alta sostenibilidade financeira e capacidade de reutilización dos recursos sociais. Así mesmo, considera que o acceso ó financiamento por parte daquelas persoas máis desfavorecidas, con dificultades de acceso ó financiamento bancario e promotoras de proxectos viables de autoemprego, pode ser unha medida que, complementada con outras actuacións, permita a estes colectivos autoempregarse e crear postos de traballo, á vez que posibilite a consolidación de pequenas empresas. III.- Que, de acordo co reseñado no expositivo anterior, CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico - social, puxo en marcha un Programa Piloto de Microcréditos destinado a apoiar iniciativas de autoemprego e a creación de microempresas promovidas por colectivos con dificultades de acceso ó financiamento bancario. IV.- Que a Comisión Delegada da Obra Social de Caixa Galicia, na súa reunión do 19 de xuño de 2003, acordou a sinatura de convenios de colaboración con entidades colaboradoras para a execución do Programa ó que fai referencia o expositivo anterior. V. Que a ENTIDADE COLABORADORA _____ ten entre os seus fins institucionais: § § § § VI.- Que neste contexto de colaboración entre institucións para avanzar na inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades, ambos comparecentes, na condición no que respectivamente comparecen, subscriben o presente convenio de colaboración de acordo ás seguintes CLÁUSULAS I. - OBXECTO O obxecto do presente convenio é definir os termos e condicións de colaboración entre ENTIDADE COLABORADORA e CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico-social, no marco do Programa Piloto de Microcréditos de forma que permita o financiamento daqueles proxectos viables que conduzan ó autoemprego e á creación de microempresas, promovidos por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, con dificultades de acceso ó financiamento bancario por carecer de garantías e avales. II. - CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA PILOTO DE MICROCRÉDITOS As características básicas deste programa de microcréditos son as seguintes: § Beneficiarios Finais: Serán considerados Beneficiarios Finais con carácter xeral as persoas pertencentes a colectivos vulnerables con dificultades de acceso ó financiamento bancario por carecer de garantías ou avales. Terán a consideración de grupos beneficiarios sen carácter exhaustivo: os desempregados de longa duración ou persoas con emprego precario, mulleres con cargas familiares non compartidas, inmigrantes, emigrantes retornados, persoas discapacitadas sen recursos, ex-reclusos e ex- drogodependentes. § Finalidade: O financiamento concedido a través do Programa Piloto de Microcréditos será destinado ó fomento do autoemprego e/ou microempresas. § Condicións dos microcréditos: Serán as establecidas no anexo I, que se incorpora a este convenio como parte integrante do mesmo. § Forma xurídica: O financiamento de cada proxecto efectuarase baixo a fórmula dun contrato formalizado entre CAIXA GALICIA, actuando no ámbito da súa obra benéfico - social, e cada beneficiario final. III.- ACTUACIÓNS DA ENTIDADE COLABORADORA 3.1.- ENTIDADE COLABORADORA realizará as seguintes actuacións: § Actuar de interlocutora entre CAIXA GALICIA e o solicitante durante a tramitación e resolución da solicitude. § Certificar a pertenza do solicitante ós colectivos ós que fai referencia a cláusula segunda do presente convenio de colaboración. § Levar a cabo o análise de viabilidade de proxectos, prestando especial atención ó plan de negocio, o estudo do impacto local do proxecto na área no que vai a ter lugar e se o medio ambiente é favorable para o desenvolvemento do proxecto. § Enviar os proxectos viables, baixo os seus criterios, a CAIXA GALICIA. § Proporcionar asesoramento e asistencia técnica ós Beneficiarios Finais. § Elaborar informes de seguimento para presentalos a CAIXA GALICIA. 3.2.- ENTIDADE COLABORADORA determinará a idoneidade ou non do solicitante, segundo o seu bo criterio, baseándose no cumprimento da definición que de Beneficiario Final proporcionase na cláusula segunda do presente convenio de colaboración. 3.3.- ENTIDADE COLABORADORA estudiará a viabilidade e garantía de éxito do proxecto, facilitando asistencia técnica ó solicitante para a elaboración da súa solicitude que constará dos documentos que se achegan como anexos ó presente convenio e que son: Anexo II: Formulario de Solicitude. Anexo III: Plan de Empresa. Anexo IV: Solicitude de C.I.R. Unha vez determinada a viabilidade do proxecto, ENTIDADE COLABORADORA presentará a CAIXA GALICIA o expediente de solicitude integrado polos anexos ós que fai referencia o parágrafo anterior, acompañándoo dunha comunicación na que fará constar o seu visto bo ó solicitante e ó proxecto. Esta comunicación asinada pola ENTIDADE COLABORADORA, servirá de testemuño sobre a confianza no cumprimento das obrigas financeiras que asumirá o Beneficiario Final. Esta documentación poderá ir acompañada de calquera outra que a ENTIDADE COLABORADORA considere de interese para o apoio da solicitude. IV.- ACTUACIÓNS DE CAIXA GALICIA 4.1.- CAIXA GALICIA asumirá ó financiamento dos microcréditos que sexan concedidos ó amparo do presente convenio de colaboración con cargo á dotación orzamentaria asignada pola Obra Social de Caixa Galicia ó Programa Piloto de Microcréditos e co límite establecido na mesma. 4.2.- CAIXA GALICIA actuando no ámbito da súa obra benéfico-social recibirá as solicitudes de financiamento presentadas pola ENTIDADE COLABORADORA, analizará a operación financeira proposta e decidirá en consecuencia

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición