ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2005/12/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/1.2005-12-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2005/12/29_Ordinaria

  • Data(s) 2005-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 185 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e cincuenta minutos do día vinte e nove de decembro do ano dous mil cinco, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 185 1.13618.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día vinte e un de decembro de 2005. ------ Folla: 185 2.13619.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "ADRO VELLO" DO GROVE, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005 Aprobándose pola Xunta de Goberno desa Excma. Deputación Provincial de 22/07/05, a concesión de subvención para "curso de informática" (40h) a favor da Asociación de MM. RR. "Adro Vello" do Grove, por importe total de 400,00 euros e como queira que o 16/12/05 recibiuse neste Departamento de Acción Social comunicación de renuncia á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a concesión de subvención de 400,00 euros, para "curso de informática" (40h) a favor da Asociación de MM. RR. "Adro Vello" do Grove, por renuncia expresa da mesma á subvención no seu día concedida por acordo da Xunta de Goberno de 22/07/05 e con cargo á partida 05/313.313.480.02. ------ Folla: 185 3.13620.- ADXUDICACIÓN DA OBRA CAMPO DE FÚTBOL E GRADAS EN VALGA (REINVERSIÓN DA BAIXA) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 27/03/2003, polo que se adxudicou a Obreal, S.L. a obra de "instalación de rego e peche de campo de fútbol de campaña (Valga)" na suma de 79.917,71 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 05/09/2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto de campo de fútbol y gradas en Valga (reinversión da baixa), por importe de 4.206,18 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ó proxecto de revisión da baixa; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto de obras complementarias é inferior ó 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Obreal S.L. a obra "campo de fútbol e gradas en Valga (revisión da baixa)" na suma de 4.206,18 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/123.452.622.01.2003. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato ------ Folla: 185,186 4.13621.- ADXUDICACIÓN DA OBRA POLIDEPORTIVO EN VALGA (REIVERSIÓN Á BAIXA) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 27/03/2003, polo que se adxudicou á Ute Obreal, S.L.-Construcciones Fernández Sarmiento, S.A. a obra de "Ampliación e reforma de pavillón polideportivo de Beiro (Valga)" na suma de 123.708,85 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 05/09/2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Polideportivo en Valga (reinversión da baixa)" por importe de 7.199,97 ¤; visto o escrito da Ute adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ó proxecto de reinserción á baixa; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral, en cuanto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto de obras complementarias é inferior ó 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Pabellón Beiro Ute a obra "Polideportivo en Valga (reinversión da baixa)por importe de 7.199,97 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/123.452.622.01.2003. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 186 5.13622.- ADXUDICACIÓN DA OBRA RELATIVA Ó PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE MELLORA E.P. 2202 BAIONA-ROSAL (BAIONA-OIA) Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 03/07/2003, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A. a obra de Mellora E.P. 2202 Baiona-Rosal (Baiona-Oia) na suma de 673.890,00 ¤, IVE incluído; visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18/11/2005, polo que se prestou aprobación ó referido proxecto modificado nº 1 por importe de 132.839,17 ¤; visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade ó proxecto modificado; visto o informe favorable emitido polo Sr. Secretario Xeral, en cuanto ó procedemento a utilizar para a adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146.3 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto de obras complementarias é inferior ó 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Construcciones Crespo, S.A. a obra do Proxecto Modificado nº1 de "Mellora E.P. 2202 Baiona-Rosal (Baiona-Oia)" por importe de 132.839,17 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 05/511.511.612.02. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lcap, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 186,187 6.13623.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, DO SUBMINISTRO DE DIVERSO MATERIAL NÁUTICO DEPORTIVO "Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, tomado en sesión de 25 de novembro do presente año, aprobando o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, trámite de urxencia, do subministro de diverso material náutico deportivo, cuxo anuncio foi publicado no BOP (nº 238, 14/12/05) e no DOGA (nº 234, 07/12/05) Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 26 de decembro de 2005, deuse traslado ó servizo técnico correspondente para o seu informe. Visto o informe do Servizo de Cultura e Deportes, así como, a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: ADXUDICAR O CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITE DE URXENCIA, DO SUBMINISTRO DE DIVERSO MATERIAL NÁUTICO DEPORTIVO Á EMPRESA ELIO MI CANOA, S.L. (C.I.F. B-36.862.258) polo prezo máximo de DOUSCENTOS VINTE E OITO MIL SEISCENTOS CORENTA E CATRO EUROS (228.644,00 ¤), IVE incluído, de conformidade cos seguintes prezos unitarios: Cantidade Descrición Prezo Unitario PrezoTotal 2 Embarcación de escola de vela lixeira con carro de varada, modelo Omega, preparada para navegar. 8.145,00 16.290,0000 10 Embarcación de competición de vela tipo Optimist con carro de varada, preparada para navegar. 1.895,00 18.950,00 2 Embarcación pneumática de 4,5 m de eslora, equipada con motor fóra borda de 4 T e 25 C.V. de potencia 7.100,00 14.200,00 1 Embarcación remo olímpico oito con (8 +) 29.696,00 29.696,00 1 Embarcación remo olímpico catro sen (4-) 17.980,00 17.980,00 3 Embarcación remo olímpico dous sen (2-) 13.340,00 40.020,00 3 Embarcación remo olímpico dobre scull (2x) 14.268,00 42.804,00 2 Embarcación remo olímpico skiff (1x) 9.512,00 19.024,00 27 Remos competición carbono 340,00 9.180,00 5 Ergómetros adestramento xeral 1.300,00 6.500,00 3 Bicicleta estática 500,00 1.500,00 2 Cintas de correr 2.950,00 5.900,00 3 Máquinas de remo 2.200,00 6.600,00 O pago da asistencia efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 05/451.452.668.00 do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de nove mil cento corenta e cinco euros con setenta y seis céntimos (9.145,76 ¤), que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados desde a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén se deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de douscentos oitenta y seis euros con sesenta e tres céntimos (286,63 ¤) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia (37,88 ¤) e no Diario Oficial de Galicia (248,75 ¤)." ------ Folla: 187,190 7.13624.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE TRINTA E DOUS ORDENADORES E DOUS EQUIPOS MULTIFUNCIÓN PARA O PROXECTO CIDADE+ Visto o escrito da directora xerente do Proxecto Cidade+ e a xefa de Acción Social participando que para levar a cabo as accións formativas incluídas no Proxecto é necesario adquirir equipamento informático, cuxo custo estímase en 50.000,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Accidental sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de trinta e dous ordenadores e dous equipos multifunción para o proxecto Cidade+, por un tipo máximo de licitación de cincuenta mil euros (50.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/422.323.626.01 do vixente Presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE TRINTA E DOUS ORDENADORES E DOUS EQUIPOS MULTIFUNCIÓN PARA O PROXECTO CIDADE +. 1.- Obxecto.- A adquisición de trinta e dous ordenadores e equipos multifunción para as aulas multimedia do proxecto Cidade+, que teñen como obxecto impartir formación no área de TIC´S e ofimática para o colectivo de emigrantes retornados, os seus descendentes e inmigrantes. As características dos equipos a subministrar encóntranse detallados no prego de prescricións técnicas que se une como anexo. 2.- Financiamento.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/422.323.626.01, do vixente Presuposto provincial. 3.- Pagamento.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez efectuado o subministro e instalación e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- Prazo e lugar de entrega.- Deberase realizar a entrega e instalación dos equipos informáticos no prazo máximo de trinta días a contar desde o día seguinte a que a Deputación comunique ó adxudicatario nas aulas do proxecto Cidade+ na cidade de Pontevedra. 5.- Tipo de licitación.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima cincuenta mil euros (50.000,00 ¤), IVE incluído. 6.- Capacidade para contratar.- Están capacitadas para contrataren as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 desta norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa con obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- Garantía definitiva.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- Presentación de proposicións: lugar e prazo de presentación, formalidades e documentación.- 8.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do último anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións cadrase en festivo, prorrogarase o prazo deica o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderán presentarse por calquera dos procedementos que se establecen nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administración Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e mais a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. a) SOBRE A, denominado "PROPOSTA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSTA PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE TRINTA E DOUS ORDENADORES E DOUS EQUIPOS MULTIFUNCIÓN PARA O PROXECTO CIDADE+. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposta económica Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2- Breve descrición do producto a subministrar. 3- Extensións á garantía. 4- Prazo de entrega. B) SOBRE B denominado de DOCUMENTOS, deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE TRINTA E DOUS ORDENADORES E DOUS EQUIPOS MULTIFUNCIÓN PARA O PROXECTO CIDADE+ Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición, e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial Administrativa. Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 da Lei de contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de estar o corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a.- Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, o seguro de indemnización por riscos profesionais. b.- Para as sociedades, balances ou extractos de balances. c.- Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d.- Declaracións do material, instalación e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9 .- Mesa de contratación.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario Xeral da Corporación O interventor da Corporación A xerente do Proxecto Cidade+. A directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" O xefe do Servizo de Proceso de Datos SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10 .- Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas.- A Mesa de Contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá en acto público á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- Criterios base para a adxudicación. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Melloras ás características: ata 6 puntos. 2) Menor prezo ofertado: ata 2 puntos. 3) Extensións á garantía, ata 1 punto. 4) Prazo de entrega, ata 1 punto. 12.- Adxudicación O órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes do concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, este será requirido para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 7. 13.- Formalización do contrato. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; este documento é título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- Gastos a cargo do adxudicatario Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamenten na contía máxima de seiscentos euros (600,00 ¤). Así mesmo, tamén farase cargo dos gastos de transporte, entrega e instalación dos productos subministrados ata os diferentes concellos da provincia de Pontevedra que sinale a Deputación. 15 .- Prazo de garantía.- Establécese como prazo de garantía un mínimo de dous anos. 16.- Indemnización ó contratista.- O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías ou prexuízos nos bens obxecto do contrato con anterioridade o acto de entrega, salvo que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 17.- Resolución do contrato.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 18.- Réxime xurídico.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- Xurisdicción competente.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdicción. 20.- Modelo de proposición.- D. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., maior de idade, veciño de. . . .. . . . . . . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ., titular do DNI núm . . . . . . . . . . . . . . . . , expedido na data . . . . . . . . . . . . . . , actuando en nome propio ou en representación de . . . . . . . . . . .. . . . . . ., con enderezo en . . . . . . . . . . . . . . . ., conforme acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó subministro de trinta e dous ordenadores e dous equipos multifunción para o Proxecto Cidade+, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, coas particularidades que se detallan a continuación: - Polo prezo máximo total de Euros. - O prazo de entrega dos equipos será de días. - A extensión á garantía é de - As melloras ás características son (enumerar) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 190,195 8.13625.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DE DESEÑO, FABRICACIÓN, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DA SINALIZACIÓN TURÍSTICA PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vista a necesidade de informar e orientar ós visitantes cun correcto direccionamento cara os principais recursos e equipamentos turísticos da provincia e aumentar a calidade do destino turístico das Rías Baixas, preténdese adquirir e instalar sinais indicativas cun deseño propio e exclusivo cuxo custo estímase en 500.000,00 euros. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o deseño, fabricación, subministro e instalación da sinalización turística para a provincia de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de cincocentos mil euros (500.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 05/451.751.623.03 do vixente Presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, publicándose o anuncio do mesmo no Boletín Oficial da Comunidade Europea, cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN O CONCURSO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO DESEÑO, FABRICACIÓN, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A contratación do deseño, fabricación, subministro e instalación de sinalización turística para a provincia de Pontevedra, de acordo co Prego de Prescricións Técnicas que se achega como anexo, en base a dúas fases: a) Presentación do deseño de paneis, carteis e indicadores. Selección de entre os diferentes proxectos de deseño de paneis, carteis e indicadores de sinalización turística presentados da proposta que resulte máis idónea desde o punto de vista estético e funcional. Os deseños deberán permitir a identificación plena da Deputación Provincial de Pontevedra e/ou Turismo Rías Baixas, sen que poida haber lugar á confusión con outra entidade, empresa ou organismo. b) Subministro e instalación As distintas sinais deberán adaptarse ás características técnicas que se recollen no prego de condicións particulares técnicas que se une como anexo a este prego. O número a subministrar estaría en función do deseño elixido e con arranxo ás ofertas presentadas, sen que poida superar a oferta o prezo por unidade estimado que se recolle no prego anexo. Sendo potestade de Turismo Rías Baixas definir as unidades totais e parciais a subministrar. Turismo Rías Baixas indicará o lugar dos seus asentamentos sempre dentro da provincia de Pontevedra. A empresa adxudicataria deberá realizar as obras de infraestructura necesarias para o ancoraxe e colocación dos distintos puntos de información, carteis, indicadores de sinalización turística en estradas. 2.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que serve de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima de CINCOCENTOS MIL EUROS (500.000,00 ¤)(IVE incluído), de acordo cos prezos máximos unitarios que se establecen de seguido: CONCEPTO PREZO(IVE incluído) M2 Cartel de lamas de aluminio con decorado en impresión de vinilo RFT. HI, incluído parte proporcional de postes e colocación 469,03 M2 Cartel frecha con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 900,43 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 3.000 mm de lonxitude e 3.075 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 5.471,84 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 1.200 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 1.799,14 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 1.200 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 1.499,28 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 800 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 1.199,43 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 650 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 1.130,46 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 500 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 993,26 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 400 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 794,60 Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 300 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI 595,95 Punto de información de 1.800 mm. de lonxitude e 1.200 mm de altura con decorado a dobre cara, incluída colocación 3.569,03 Soporte de 168x12 mm + 140x5 mm de 5 m de altura, incluída colocación 2.094,09 Soporte de 90x5 mm de 3,5 m de altura, incluída colocación 405,45 3.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 05/451.751.623.03 do vixente Presuposto da Deputación de Pontevedra. 4.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase unha vez presentada polo contratista a correspondente factura e se teñan cumprimentados os demais trámites regulamentarios, unha vez efectuado o subministro e instalación contemplado no proxecto e ofertado polo contratista e formalizada a acta de recepción, na que non conste ningún reparo, ou de existir algún, o obxecto do mesmo fora adecuadamente corrixido polo contratista, previo os trámites establecidos nas disposicións vixentes. 5.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O adxudicatario deberá realizar as entregas no prazo que resulte da oferta presentada e coa frecuencia que marque Turismo Rías Baixas. En todo caso o prazo máximo será de 30 días contados a partir do seguinte ó da petición do subministro. As entregas realizaranse no lugar que indique Turismo Rías Baixas, sendo por parte do adxudicatario os gastos de entrega e transporte dos bens obxecto do subministro. A Administración resérvase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade adecuadas, debendo o adxudicatario facilitar material gráfico dixital comprobante do subministro. O adxudicatario entenderase incurso en mora polo transcurso do prazo do contrato, non sendo precisa comunicación a este respecto. Cando, por algunha das causas de forza maior recoñecidas na lexislación vixente, o Órgano de Contratación acorde prorrogar o prazo sinalado, a mora empezaría a computarse tras o transcurso da prórroga. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten solvencia económica, profesional e técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 19 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato, e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materias suficientes para a debida execución do contrato, debendo acreditar estar en posesión da clasificación G-5-F. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.-Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ingresarse exclusivamente na Caixa de Turismo "Rías Baixas". O incumprimento deste requisito será causa de exclusión deste concurso. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do Prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva, ingresada na Caixa de Turismo Rías Baixas, deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes á notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo que non poderá ser inferior a cincuenta e dous días naturais, a partir da data do envío do anuncio do concurso á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o derradeiro día de presentación de plicas coincidira en festivo, prorrogarase a presentación o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento Administrativo común e na forma establecida no art. 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase o modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado e deberá conter a seguinte inscrición: "Proposición Económica e Proxecto de Deseño para optar ó concurso relativo á CONTRATACIÓN DO DESEÑO, FABRICACIÓN, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE PANEIS DE LOCALIZACIÓN, CARTEIS E INDICADORES DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Dito sobre debe conter a seguinte documentación: 1. Proxecto de deseño: - Memoria descritiva das solucións presentadas. - Catálogos, debuxos, folletos,… etc, relativos ás propostas. 2. Referencias técnicas: - Características técnicas do paneis de localización, carteis e indicadores de sinalización turística a subministrar (que deberán adaptarse ó prego de condicións técnicas particulares que se une como anexo a este prego). 3. Proposición económica, que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "Documentos Xerais para o Concurso relativo á CONTRATACIÓN DO DESEÑO, FABRICACIÓN, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación públicas administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non está incursa nalgunha das prohibicións para contratar que conten o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º b) do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas RDL 2/2000 de 16 de xuño, de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Asemade, deberá acreditar non ter débedas pendentes a favor da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, técnica e facultativa: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos traballos realizados nos tres últimos exercicios. d) Descrición do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e) Certificados de calidade especificados no prego técnico. 10.-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Deputación e de Turismo Rías Baixas ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O secretario de Turismo Rías Baixas. -O interventor-Delegado de Turismo Rías Baixas. -O enxeñeiro-Director do Servizo de Vías e Obras da Deputación de Pontevedra. -O director de Turismo Rías Baixas. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Valoracións estéticas e calidades dos deseños presentados, ata 50 puntos. 2) Reducción do prazo de entrega do material, ata 25 puntos 3) Menor prezo ofertado, ata 15 puntos. 4) Outras melloras propostas, ata 10 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos dous meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 15.-DIRECCIÓN TÉCNICA.- A Deputación reservase o dereito de designar a un técnico facultativo que levará a cabo a dirección, control e seguimento do subministro e instalación das sinais. 16.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outro que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 1.500,00 euros. 17.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA .- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produza nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, agás que a Administración incorrese en mora ó recibilos. 18.- REVISIÓN DE PREZOS.- Os prezos de contratación dos subministros comprendidos neste contrato, considerando o seu prazo de entrega, non poderán ser obxecto de revisión en ningún caso e, polo tanto, non se aplicará fórmula algunha de revisión. 19.- GARANTÍA.- O prazo de garantía será dun ano, a contar desde a conformidade de Turismo Rías Baixas trala finalización da instalación dos paneis, carteis e indicadores de sinalización turística. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 22.- XURISDICCIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación. As súas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdicción, 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI/NIF Nº..................,expedido en data………………, en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ............................., teléfono.............., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do concurso, mediante procedemento aberto, para a CONTRATACIÓN DO DESEÑO, FABRICACIÓN, SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SINALIZACIÓN TURÍSTICA PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA comprométese a cumprilo, con suxeición ós Pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e a realizar o subministro con arranxo ós seguintes prezos por unidade: CONCEPTO PREZO(IVE incluído) M2 Cartel de lamas de aluminio con decorado en impresión de vinilo RFT. HI, incluído parte proporcional de postes e colocación - ¤ M2 Cartel frecha con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 3.000 mm de lonxitude e 3.075 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 1.200 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 1.200 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 800 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 650 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 500 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 400 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Indicador de aluminio (caixón pechado) de 2.200 mm de lonxitude e 300 mm de altura con decorado en impresión de vinilo RFT. HI - ¤ Punto de información de 1.800 mm. de lonxitude e 1.200 mm de altura con decorado a dobre cara, incluída colocación - ¤ Soporte de 168x12 mm + 140x5 mm de 5 m de altura, incluída colocación - ¤ Soporte de 90x5 mm de 3,5 m de altura, incluída colocación - ¤ (Data e sinatura do propoñente). * Os prezos dos distintos productos solicitados non poderán superar ós prezos máximos unitarios estimados na cláusula segunda deste Prego de Condicións." ------ Folla: 195 9.13626.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA. Vistos os proxectos redactados polo Servizo de Vías e Obras que se detallan, e vistos os documentos RC emitidos por Intervención nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto modificado nº1 de mellora de trazado E.P. 3001 Tui-Rebordans (Tui), por importe de 114.703,48 euros, IVE incluído. ------ Folla: 195,196 10.13627.- APROBACIÓN DA PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE PONTEVEDRA SOBRE A COOPERACIÓN ECONÓMICA PARA O FINANCIAMENTO DE DIVERSAS OBRAS, FINANCIADO CON CARGO A PARTIDA 05/911.911.762.45.2004 DO ORZAMENTO PROVINCIAL, ASÍ COMO DA SOLICITUDE DE APLICACIÓN DE REMANENTES PRODUCIDOS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello de Pontevedra, pola que interesa a concesión dunha prórroga para execución das obras obxecto do Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Excmo. Concello de Pontevedra sobre Cooperación Económica, para o financiamento de diversas obras, de conformidade co estipulado na cláusula oitava. A subvención da Deputación ascende á cantidade de 600.000,00 Euros, con cargo á partida 05/911.911.762.45.2004. Esta prórroga concédese ata o 31 de decembro de 2006. Así mesmo, tamén se aproba o financiamento das obras de ensanche e pavimentación de camiños de Quinteiro de Abaixo, en Fragoso, cun presuposto global contractual de 188.500,00 Euros e ensanche e afirmado do camiño de Muiños-Banqueira. Campañó, cun presuposto global contractual de 99.500,00 euros, con cargo ós remanentes producidos na execución das obras obxecto do Convenio, sempre e cando se xustifique documentalmente a existencia das baixas producidas nas adxudicacións. ------ Folla: 196 11.13628.- APROBACIÓN DAS BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2005- GALA DO DEPORTE 2005 De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de bases de concesión de premios a deportistas 2005 - Gala do Deporte 2005, que son do seguinte teor: "BASES DE CONCESIÓN DE PREMIOS A DEPORTISTAS 2005 PRIMEIRA Cada Delegación Provincial das distintas Federacións Deportivas Galegas, ou, no seu caso, as propias Federacións ou Clubs, proporán ós/ás dous/dúas candidatos/as que, ó seu criterio, sexan acredores da distinción a nivel provincial. Á proposta achegarán unha memoria explicativa dos méritos deportivos, valores humanos e outros de interese, que concorran en cada candidato/a, e todas aquelas outras circunstancias que, a nivel deportivo ou persoal, aconsellen efectuar a mesma. SEGUNDA: Poderán ser propostos/as, como candidatos/as, tódolos/tódalas deportistas naturais da provincia de Pontevedra. Os/as candidatos/as poderán ser tanto persoas físicas como Clubs. TERCEIRA: As distintas Delegacións Provinciais, ou no seu caso as Federacións ou Clubs, presentarán no Rexistro Xeral da Deputación, ata o día 28 de febreiro do 2006, a proposta dos/as candidatos/as, xunto co currículo de méritos de cada un deles/as e a memoria explicativa no que basee a súa proposta. CUARTA: Para designar ó/á Deportista máis destacado/a, nomearase un Xurado que estará integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado no que delegue. Vocais: Oito representantes da Asociación de Prensa Deportiva. Seis Deputados/as provinciais, en representación dos Grupos da Corporación, na seguinte proporción: tres do Partido Popular, dous/dúas do PSOE e un/unha do BNG. Un/unha representante da Unión de Federacións Deportivas. Un/unha representante da Dirección Xeral para o Deporte na provincia de Pontevedra. Un/unha representante do Servizo de Deportes da Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario/a en quen delegue. A resolución do Xurado, así como a composición das persoas que o integran, farase público o mesmo día da súa celebración, darase a coñecer a través dos medios de comunicación social e participaráselles ás diversas Federacións, ós/ás candidatos/as e ós/ás deportistas premiados/as. QUINTA: Á parte das nominacións formuladas polas Federación e Clubs, o Xurado terá a facultade de propoñer nominacións. SEXTA: O Xurado designará, así mesmo, de entre os/as deportistas seleccionados/as ó que, polos seus méritos, considere como máis destacado/a do ano 2005, nomeándoo/a "Deportista Provincial do Ano" SÉTIMA: O Xurado designará "un premio especial" á Entidade ou Empresa que pola súa colaboración e axuda á promoción do deporte provincial sexa merecedora do mesmo. OITAVA: A entrega de distincións efectuarase no transcurso da "Festa Provincial do Deporte", que, a tal fin, organizará a Deputación Provincial de Pontevedra, facéndose público, durante a mesma, o nome dos/as premiados/as." ------ Folla: 196,,197 12.13629.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 20 de decembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polo Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500001269 e que conten cento corenta e sete facturas, sendo a primeira de Neumáticos Fayfer, S.L. por importe de 2.108,27 ¤ e a última de José Rubén Rozados e Hijos, S.L. por importe de 3.711,07 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 94.993,93 ¤ Descontos do IRPF 513,00 ¤ Descontos do Ive soportado deducible 850,13 ¤ Total líquido 95.331,06 ¤ B) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de decembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a declaración de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500001282 e que conten oitenta e sete facturas, sendo a primeira Obras y Construcciones Dios, S.A. por importe de 905,73 ¤ e a última de Carpintería Metálica Jesús A. Maquieira por importe de 31,90 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 100.163,44 ¤ Descontos do IRPF 530,25 ¤ Descontos do Ive soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 99.633,19 ¤ C) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de decembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a declaración de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500001298 e que conten noventa e catro facturas, sendo a primeira de OPAGRAF, S.L.por importe de 1.144,30 ¤ e a última de Faro de Vigo S.A. por importe de 505,76 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 55.953,91 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do Ive soportado deducible 615,96 ¤ Total líquido 56.569,87 ¤ D) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de decembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a declaración de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500001311 e que conten unha factura, correspondente a Asociación Socio-Cultural Malvela por importe de 2.900,00 ¤ , obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 2.900,00 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do Ive soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 2.900,00 ¤ E) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de decembro de 2005, para o recoñecemento extraxudicial de obrigas de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a declaración de aboamento: - A relación de facturas, que figuran ca referencia 200500001313 e que conten catro facturas, sendo a primeira de Xuncoga S.C.L.por importe de 434,10 ¤ e a última de Xagema S.L. por importe de 10.455,58 ¤,, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 12.074,70 ¤ Descontos do IRPF 0,00 ¤ Descontos do Ive soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 12.074,70 ¤ ------ Folla: 197,198 13.13630.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR MVA SEGUROS, POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO NA PISTA VECIÑAL QUE VAI DA ESTRADA PO-531 A MARISMAS-ALBA (PONTEVEDRA) Dada conta que con data de rexistro 16/12/2005 (rex. nº 037527) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por MVA SEGUROS, con enderezo en Avda. Camelias, 29 de Vigo por danos padecidos en automóbil matrícula 4196CYB, na pista veciñal que vai da estrada PO-531 a Marismas-Alba (Pontevedra) o día 02/12/2005. Resultando.- Que con data 20/12/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 22/12/2005 co seguinte contido: "... pongo en su conocimiento que el vial PO-531 Marismas-Alba (Pontevedra) no pertenece a la red de carreteras provinciales." Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valora-las circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 198 14.13631.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS A) A Xunta de Goberno queda enterada da sentenza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como recaída en autos de recurso contencioso-administrativo nº 02/ 5414/ 2002, promovido por Dª María José Pichel Barreiro contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP 2003, A Estrada-Forcarei o día 29 de outubro de 2000, valorados en 4.136,98¤, e na que se exonera a esta Deputación ó non terse probado a relación de causalidade entre o estado da vía e o accidente con resultado lesivo. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva dun procedemento administrativo seguido polos Servizos Xurídicos da Deputación, ostentando a defensa en xuízo os letrados da aseguradora Axa Aurora Ibérica de Seguros, S.A. B) A Xunta de Goberno queda enterada de sentenza do Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de Xuizo Verbal 592/ 2005, derivados de accidente de tráfico no que se viu involucrado o vehículo matrícula 4325-BRJ, propiedade desta Deputación e adscrito ó Parque Móbil Provincial. Na devandita sentenza dáse por probado que o funcionario conductor do automóbil non actuou con neglixencia na conducción e, en consecuencia, non tivo responsabilidade ningunha no accidente, desestimándose a demanda respecto do mesmo. A defensa e asistencia en xuízo foi levada a cabo polos servizos xurídicos da aseguradora do vehículo, AXA Seguros. C) Dada conta da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado núm. 275/ 2005, promovidos por Dª María del Carmen Costal Filgueira contra expediente sancionador por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, cunha sanción de multa de 1.200,00 ¤ e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, desestimando dito recurso e confirmando a Resolución sancionadora nos seus propios termos, a Xunta de Goberno toma coñecemento da mesma, ordenando o traslado do presente acordo, xunto con copia da sentenza, ó Servizo de Vías e Obras ós efectos oportunos, sen prexuízo de que, contra a mesma, cabe recurso de apelación, polo que a súa execución debe entenderse sometida á condición do transcurso do prazo para, no seu caso, interpoñer recurso. Dita sentenza deriva dun procedemento administrativo seguido, incluso a defensa en xuízo, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral desta Deputación. ------ Folla: 199 15.13632.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 199 16.13633.- RENUNCIA DE CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (C.I.G.) Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NA XUNTA DE GOBERNO DE 22 DE XULLO DE 2005 Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 22/07/05, a concesión de subvención para "Curso de axuda a domicilio" (50h) a favor da Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) de Pontevedra, por importe total de 500,00 euros e como queira que o 06/09/05 recibiuse neste Departamento de Acción Social comunicación de renuncia á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a concesión de subvención de 500,00 euros, para "Curso de axuda a domicilio" (50h) a favor da Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) de Pontevedra, por renuncia expresa da mesma á subvención no seu día concedida polo acordo da Xunta de Goberno de 22/07/05 e con cargo á partida 05/313.313.480.02. ------ Folla: 199 17.13634.- CORRECCIÓN DE ERRO ARITMÉTICO EN ACORDO ADOPTADO O 16 DE DECEMBRO DE 2005, NÚMERO 14.13575, RELATIVO A RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO FORMULADA POR DONA ABIGAIL POMBAL GARCÍA Resultando que con data 16 de decembro de 2005 a Xunta de Goberno adoptou acordo polo que se desestima reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Dona Abigail Pombal García, por danos en accidente de tráfico na estrada que une Moaña e Cangas, pasando por Abelendo. Resultando que no devandito acordo figura, por erro, a cantidade de 266,657¤ como valoración dos danos reclamados, cando en realidade a cantidade reclamada é de 1.602,64 ¤. Resultando que debe adoptarse acordo corrixindo o erro aritmético padecido. Considerando o disposto no art. 105,2 da Lei 30/92 de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, Rectificar o acordo número 14.13575, adoptado na sesión da Xunta de Goberno de 16 de decembro de 2005, relativo a reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico formulada por Dona Abigail Pombal García, no sentido seguinte: Onde di: "...e que individualiza economicamente en 266.657 ¤" Debe dicir: "...e que individualiza economicamente en 1.602,64 ¤" ------ Folla: 199 18.13635.- APROBACIÓN DO PROXECTO COMPLEMENTARIO DE "REFORMA E ACONDICIOAMENTO INTERIOR DE INSTALACIÓNS PARA IMPLANTACIÓN DE CIDADE+ Visto o proxecto complementario de "Reforma e acondicionamento interior de instalacións para implantación de CIDADE+", cuxo importe ascende á suma de 132.600,00 ¤, redactado polo arquitecto director da obra inicial como consecuencia de detallar e valorar as obras necesarias nas melloras das canalizacións xerais da rede existente de calefacción e instalación sanitarias e de electricidade, non orzamentadas no proxecto orixinal dado que se descoñecían as deficiencias encontradas nestes servizos ó discorrer por tramos ocultos; e, visto o documento RC no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 05/422.323.622.03, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto complementario de "Reforma e acondicionamento interior de instalacións para implantación de CIDADE+" ------ Folla: 199 19.13636.- COMUNICA

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición