Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-01-04_Ordinaria. Acta de sesión 2006/01/04_Ordinaria
Acta de sesión 2006/01/04_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-01-04_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/01/04_Ordinaria
Data(s) 2006-01-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 1 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día catro de xaneiro do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Sr. D. José Juan Duran Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13638.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de decembro de 2005. ------ Folla: 1,2 2.13639.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 07/10/05, DENTRO DA CONVOCATORIA DIRIXIDA A ASOCIACIÓNS ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS Concedéndose pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 7 de outubro de 2005, subvención por importe de 4.275,00 ¤, a favor da Asociación para o Tratamento do Autismo "BATA", para un Programa de Emprego con apoio de máis de 300 horas, e solicitándose o 23/12/05 pola presidenta de tal Asociación, prórroga respecto á referida subvención por non ser posible completar o programa subvencionado por falta material de tempo, e á vista do informe emitido o 27/12/05 pola Traballadora Social deste Servizo, María Jesús Santos Santos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder á Asociación para o Tratamento do Autismo "BATA" prórroga ata o 31/03/06, para xustificar a subvención que no seu día lle foi concedida por Xunta de Goberno de 07/10/05, para un Programa de Emprego con apoio de máis de 300 horas. ------ Folla: 2,3 3.13640.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL ÁLVAREZ ARAUJO VECIÑO DE VIGO, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA DE PORTO (VIGO) Dada conta que con data de Rexistro 02/12/2005 (rex. nº 036059) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Álvarez Araujo con enderezo de notificacións en rúa López de Neira nº 22 -1º de Vigo por danos padecidos en vehículo matrícula PO-3796-AV o día 7 de decembro de 2004, e que individualiza economicamente en 412,31 ¤. Resultando.- Que con data 07/12/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 16/12/2005 co seguinte contido: "a) La que denominan carretera de Porto en dirección al Alto de la Garrida en Vigo, es un tramo de la carretera provincial Calvario-La Garrida. b) No se tiene conocimiento de la existencia de ese accidente en las fechas señaladas. En todo caso consideramos necesario resaltar que la zona donde se produjo el accidente es bajo el viaducto del llamado 2ª Cinturón de Vigo que cruza la carretera provincial Calvario -La Garrida, vial sobre el que pasaban, de uno a otro lado de la obra, camiones de gran tonelaje, cargados de material procedente de las distintas excavaciones llevadas a cabo y que, por su reiterada incidencia sobre el pavimento, provocaron deformaciones del mismo. Advertida la deficiencia por personal de vigilancia del Servicio de Vías e Obras, se requirió verbalmente, en dos o tres ocasiones a lo largo de una semana, a la empresa constructora U.T.E. Segundo Cinturón Vigo, formado por Cimsa -San José- ACS, para que procediera a su reparación, recibiendo siempre la contestación de que lo harían de inmediato. A la vista de que no atendían el requerimiento, con fecha 24 de enero de 2005 se formula denuncia, cuya fotocopia adjuntamos. Desde el comienzo del verano, aproximadamente, estimamos que el pavimento está correctamente reparado. c) Por último cabe señalar que el pasado 31 de octubre de 2005 tuvo entrada en el Registro General de esta Administración escrito relativo a una reclamación de responsabilidad patrimonial formulada por D. Alberto Viejo Puga, en nombre y representación de Codes e Hijos, S.L. y de Winterthur S.A., por daños sufridos en accidente de tráfico, el 4 de enero de 2005, en la carretera Porto en Beade, Vigo, vial cuya nomenclatura correcta, como ya se informó el pasado 14 de Noviembre de 2005, sería carretera provincial Calvario -La Garrida, donde también ha tenido lugar el accidente objeto del presente informe" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto da lectura detida do expediente dedúcense os seguintes feitos obxectivamente acreditados: a) Na data de 24 de xaneiro de 2005 a Deputación denunciou á UTE segundo cinturón de Vigo (CIMSA-SAN JOSÉ -ACS) por "reposición defectuosa dun corte transversal e deterioro do pavimento da estrada producido polo cruce de maquinaria pesada", co que a Deputación fixo todo o que legalmente na súa man se atopaba para evitar danos á súa titularidade de demanial. b) O feito denunciado resulta apoiado polo informe do Enxeñeiro Xefe da zona sur, que claramente atribúe a responsabilidade dos feitos a camións de gran tonelaxe da empresa que deformaron, por reiteración no paso, o firme, e non debe esquecerse que este informe goza de valor probatorio público pola natureza do documento ó estar investido das características de neutralidade, obxectividade, imparcialidade e especialidade técnica. c) Que o propio reclamante recoñece que a estrada se atopaba en boas condicións (......) descoñecemos a existencia de sinalización, o que claramente remite a neglixencia pois a sinalización non pode pasar inadvertida ós propios conductores so pena de incorrer en neglixencia e ter que soportar ás súas expensas os gastos causados. d) Que Don Abraham Vila Troncoso, que era o copiloto, recoñece na resposta 12 ó TAX do Concello de Vigo que "....sabía que se están a realizar obras no lugar, que non sabe a empresa pero que era pola circunvalación nova". e) Que Dona Tania Rodríguez Rodríguez, que ía no asento traseiro, recoñece igualmente ó TAX do Concello de Vigo que ".... si sabía que se estaban a realizar obras". Todos feitos acreditados conducen a dúas últimas conclusións, a saber: a primeira, que a responsabilidade dun suposto mal estado da estrada é da empresa construtora, pois fixo a Deputación todo o que no seu ámbito de xestión, incluída a potestade primitiva, se atopaba, sendo aplicable, pois, entre o reclamante e a empresa o artigo 1.902 do código civil, e segunda, que se deduce claramente do actuado que a velocidade non era a axeitada, incumprindo o condutor o artigo 45 e 46 do R.d. 1428/2003 que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación "....Se circulará a velocidad moderada y, si fuera preciso, se detendrá el vehículo cuando las circunstancias lo exijan, especialmente en los casos siguientes: .... cuando pueda salpicarse o proyectarse gravilla...". A maiores, o atestado da Policía Local de Vigo resulta clarificador: ".... la señalización en el lugar del accidente consiste en : señal de peligro obras, prohibido circular a más de 40, atención estrechamiento y prohibido el adelantamiento." Nestas circunstancias, presentar a reclamación é inútil, posto que debe ser desestimada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 3 4.13641.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ CARLOS PENEDO HERMIDA VECIÑO DE NIGRÁN, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA EP 2201 (BAIONA) Dada conta que con data de Rexistro 14/11/2005 (rex. nº 034102) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. José Carlos Penedo Hermida con enderezo en rúa Francisca Lago, nº 38 (La Ramallosa) por danos padecidos na súa motocicleta matrícula 1755-DNC o día 1 de setembro, e que individualiza economicamente en 538,88 ¤. Resultando.- Que con data 15/12/2005 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 16/12/2005 co seguinte contido: " 1. Se trata de la C.P. 2201 (Baiona-Baiña-Fontes). 2. En este Servicio, no tenemos constancia de que el día 01 de septiembre de 2005, fecha señalada por el interesado, ya que entendemos que la que figura en el apartado b) de la solicitud de informe (1 de diciembre de 2005) es un error de trascripción, existiese accidente alguno o deficiencias en la carretera. 3. En cualquier caso, en esa carretera, se están realizando obras de alcantarillado, para las que se ha solicitado la correspondiente autorización de esta Excma. Diputación (se adjunta copia), en la que se reflejan las condiciones bajo las que deberán realizarse las mismas." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto a estrada atopábase en obras, para o que foi solicitada autorización á Excma. Deputación Provincial, que a cursou co núm. 1.366, en data 13/12/05, número de rexistro 17.475, na que, na súa condición 5ª, establécese, literalmente o seguinte: "... Durante el tiempo que dure la ejecución de las obras, se colocarán las señales necesarias de acuerdo con el Reglamento General de Circulación, debiendo disponer de elementos luminosos durante las obras nocturnas. A estos efectos se podrá solicitar al Servicio de Vías y Obras la información necesaria par el cumplimiento de esta condición." O exposto unido ó dictado do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas ("será obligación del contratista indemnizar todos lo perjuicios que se causen a terceros como consecuencias de las operaciones que requiera la ejecución del contrato") é cohonestado con este conduce, de xeito inapelable, a desestimación da reclamación, que en todo caso, de probarse a relación de causalidade, debe dirixirse á empresa constructora. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 4 5.13642.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 4 6.13643.- TRANSFERENCIA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DO CENTRO EDUCATIVO "FOGAR PROVINCIAL PRÍNCIPE FELIPE" Queda enterada a Xunta de Goberno de que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión celebrada o día 29 do pasado mes de decembro, prestou aprobación ó Decreto polo que se asumen as funcións transferidas pola Deputación Provincial de Pontevedra sobre o Centro Educativo "Fogar Provincial Príncipe Felipe". En consecuencia, quedan traspasadas á Comunidade Autónoma tales funcións, así como o persoal, bens inmobles, dereitos e medios materiais adscritos a este centro, tal e como se recollen no Convenio de Cooperación asinado a tal fin entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra con data 29 de xullo de 2005. O Diario Oficial de Galicia do día 30 de decembro de 2005 publica o Decreto 569/2005 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza polo que se asume a transferencia deste centro con efectos do día 1 de xaneiro do ano 2006. ------ Folla: 4,5 7.13644.- INFORME EN RELACIÓN COA REDUCCIÓN DA LIÑA DA EDIFICACIÓN EN SOLO NON URBANO PARA O PROXECTO DA CENTRAL DE FRIEIRA CAUDAL ECOLÓXICO, REMITIDO POLO MINISTERIO DE FOMENTO Dada conta da comunicación do Director da división de regulación, inspección e normativa do transporte ferroviario do Ministerio de Fomento, de data 9 de decembro de 2005 (rexistro de entrada núm. 037526, de data 16/12/05), pola que se remite expediente da solicitude presentada por Generación Peninsular S.L., para a reducción da liña límite da edificación no solo non urbano para o Proxecto da Central Caudal Ecolóxico, a efectos de informe por parte desta Deputación, e: Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur de Vías e Obras, de data 29 de decembro de 2005, que literalmente di: "... OBJETO El presente informe tiene por objeto emitir una declaración de juicio sobre la solicitud presentada por Generación Peninsular S.L. para la reducción de la línea límite de edificación en suelo no urbano derivada del Proyecto de la Central de Frieira Caudal Ecológico y que ha sido remitida al Servicio de Vías y Obras mediante nota de régimen interno por el Secretario General de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, con fecha 20 de diciembre de 2005, para la elaboración del informe correspondiente, en unión con los antecedentes necesarios. ANTECEDENTES DE HECHO Con fecha 16 de diciembre de 2005 tiene entrada, en el Registro General de esta Administración, escrito del Ministerio de Fomento en el que se solicita, de la Excma. Diputación de Pontevedra, la emisión del oportuno informe respecto a la solicitud presentada por Generación Peninsular S.L. sobre reducción de la línea límite de edificación en suelo no urbano derivada del Proyecto de la Central de Frieira Caudal Ecológico. Como quiera que la Carretera Provincial 5302 "Acceso Puente Frieira" se encuentra en las proximidades del lugar donde se pretende emplazar la nueva central de Caudal Ecológico de Frieira, la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra ostenta la condición de interesado en procedimiento. Examinada la documentación enviada, el técnico que suscribe entiende que de modo alguno la actividad que se pretende establecer afectará a la zona de influencia de la citada carretera provincial. FUNDAMENTOS JURÍDICOS Considerando que, de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 31 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra ostenta la condición de interesado en el procedimiento. Considerando que de acuerdo con lo dispuesto en el párrafo 2º del artículo 35 del Real Decreto 2387/2004, de 30 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento del Sector Ferroviario, en el procedimiento para la determinación de la línea límite de edificación, " La Dirección General de Ferrocarriles remitirá el correspondiente estudio de determinación a las Entidades Locales y Comunidades Autónomas afectadas, con objeto de que, en el plazo de un mes, informen sobre si la determinación propuesta es la más adecuada para el interés general y para los intereses que representan" Considerando que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 35 de la Ley 4/1994, de 14 de Septiembre, de Estradas de Galicia, y en el artículo 10 de la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales.... la línea límite de edificación se situará a las distancias que se indican a continuación, medidas horizontalmente a partir de la arista exterior de la explanación correspondiente a las calzadas previstas y a sus elementos funcionales y perpendicularmente al eje de la calzada más próxima: -Carreteras de la red primaria: nueve metros y medio. -Resto de carreteras: siete metros. Considerando que el artículo 8 de la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, delimita una zona de afección, en las carreteras provinciales, de treinta metros medidos en horizontal desde la arista exterior de la explanación. Considerando que según dispone el artículo 6 de la Ley 7/1985, de 2 de abril Reguladora de las Bases de Régimen Local, "Las Entidades Locales sirven con objetividad los intereses públicos que le están encomendados...". CONCLUSIÓN A la vista de los antecedentes de hecho y fundamentos jurídicos mencionados, el Servicio de Vías y Obras tiene a bien informar que en modo alguno las obras de la nueva central de Caudal Ecológico de Frieira, ubicada en el estribo derecho de la presa existente en Frieira, tendrán repercusión en la zona de influencia de la Carretera Provincial 5302 "Acceso a Puente Frieira", y en consecuencia no procede realizar ningún tipo de alegación al respecto." A Xunta de Goberno por unanimidade presta conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Ministerio de Fomento. ------ Folla: 5 8.13645.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE O PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO DO NÚCLEO P23-3 POUSADOURO-REBOREDA DO CONCELLO DE REDONDELA. Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde do Concello de Redondela, de data 14 de decembro de 2005 (rexistro de entrada núm. 037906, de data 20/12/05), pola que se remite copia de exemplar do proxecto da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do núcleo P23-3 Pousadouro-Reboreda do Concello de Redondela. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 30 de decembro de 2005, que literalmente di: "En relación con la petición de informe del Proyecto de Modificación Puntual de las Normas Subsidiarias de Planeamiento del núcleo P-23-3 Pousadouro-Reboreda del Concello de Redondela, examinando el mismo y comprobando que se encuentra en las inmediaciones de la Crta. Redondela- Ventosela y dado que de acuerdo con la propuesta el ámbito de la modificación responde a las características de un suelo urbano a través de la mencionada modificación puntual de las Normas Subsidiarias, deberá preverse la dimensión suficiente para el vial anteriormente mencionado, dado que, si bien como norma se estará a lo que marque el Planeamiento, por ser suelo urbano, de acuerdo con la Normativa a aplicar en estos casos los viales que se configuren en tramos de Vía Provincial que discurran por suelo urbano deberán tener un ancho mínimo de 14 m. A estos efectos los retranqueos, y provisión de cesiones, deberán ajustarse a lo anteriormente señalado." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó concello de Redondela. ------ Folla: 5 9.13646.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota