Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-03-31_Ordinaria. Acta de sesión 2006/03/31_Ordinaria
Acta de sesión 2006/03/31_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/2.2006-03-31_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/03/31_Ordinaria
Data(s) 2006-03-31 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 259 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día trinta e un de marzo do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, , D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona María Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13845.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de marzo de 2006. ------ Folla: 259 2.13846.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN "AVANTE" DE PORTONOVO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 07/10/05 PARA CURSO DE "XARDINERÍA" Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 7 de outubro de 2005, a concesión dunha subvención por importe de 4.425,00 euros para "Curso de formación Xardinería" a favor da Asoc. de Prev. e Loita Contra a Droga "Avante"de Sanxenxo, e como fora que con data de 27 de outubro de 2005, comunícase por dita Asociación a renuncia da mesma a subvención sinalada por decisión propia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade quedar enterada da citada renuncia á subvención para "Curso de formación Xardinería" por importe de 4.425,00 euros que lle foi concedida á Asociación de Prev. e Loita Contra a Droga "Avante" de Sanxenxo, pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial o 7 de outubro de 2006. ------ Folla: 259 3.13847.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN "ARTE ABERTA" DE VIGO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 07/10/05, PARA "ACTIVIDADES DE ANIMACIÓNS ARTÍSTICAS E PLÁSTICAS PARA XÓVENES EN EXCLUSIÓN" Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 7 de outubro de 2005, a concesión dunha subvención por importe de 1.617,00 euros para "Curso de Animacións Art. e Plástica Xóvenes en Exclusión" a favor da Asoc. Cultural, Asistencial "Arte Aberta" de Vigo e como fora que con data de 12 de xaneiro de 2006 comunícase por dita Asociación a renuncia da mesma subvención sinalada por decisión propia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade quedar enterada da citada renuncia á subvención para "Curso de Animacións Art. e Plástica Xóvenes en Exclusión", por importe de 1.617,00 euros que lle foi concedida á Asociación Cultural, Asistencial "Arte Aberta" de Vigo, pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial o 7 de outubro de 2006. ------ Folla: 259 4.13848.- RENUNCIA DA ASOCIACIÓN "AMAS DE CASA" DE MARÍN, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA EN XUNTA DE GOBERNO DE 22/07/05, PARA CURSO DE "NOVAS TECNOLOXÍAS" Aprobándose pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 22 de xullo de 2005, a concesión dunha subvención por importe de 1.250,00 euros para "Curso de novas tecnoloxías" a favor de Asoc. Cosum. "E.I.S. Amas de Casa" de Marín e como fora que con data de 21 de marzo de 2006 comunícase por dita Asociación a renuncia da mesma á subvención sinalada por decisión propia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade quedar enterada da citada renuncia á subvención para "Curso de novas tecnoloxías" por importe de 1.250,00 euros que lle foi concedida á Asociación de Consum. "E.I.S. Amas de Casa" de Marín, pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial o 22 de xullo de 2006. ------ Folla: 259,261 5.13849.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA-OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA "SEN VIOLENCIA CONVIVENCIA" ANO 2006 Ó abeiro das competencias recoñecidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, Lei 4/1993, de servizos sociais de Galicia e Real decreto 2219/1996, de 11 de outubro, de Ordenamento de Cruz Vermella Española, a Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella (Oficina Provincial de Pontevedra) teñen intención de subscribir un Convenio de Colaboración para a realización do Programa "Sen Violencia-Convivencia, ano 2006", encamiñado á educación e formación de alumnos/as de 2º e 3º da ESO, pais, nais, docentes e alumnos de 5º e 6º de primaria, na non violencia, na convivencia pacífica, e a vista dos informes respectivos, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e Sr. Interventor Accidental desta Deputación Provincial e pola Xefa do Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella (Oficina Provincial de Pontevedra) para o desenvolvemento do Programa "Sen Violencia-Convivencia, ano 2006" cunha achega económica desta Deputación Provincial de 45.000,00 euros na partida 06/313.413.480.02 do vixente Orzamento provincial. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CRUZ VERMELLA, OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA "SEN VIOLENCIA-CONVIVENCIA" ANO 2006 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense o de de 2006, D. Rafael Louzán Abal en calidade de Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, e coas competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril Reguladoras de Bases de Réxime Local e D. Jorge Araujo Cortegoso, como Presidente Provincial da Cruz Vermella- Oficina Provincial de Pontevedra con CIF Q 2866001-G. Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As Institucións asinantes do presente Convenio co fin de favorecer o desenvolvemento integral do/a neno/a e adolescente, consideran fundamental a posta en marcha dun Programa de intervención educativo con mozos dirixido á promoción de actitudes positivas para a prevención de condutas violentas, consistindo o mesmo, por unha banda, na realización de obradoiros en centros escolares e por outra, na intervención directa co alumnado, pais, nais e docentes. Asumindo as competencias previstas no artigo 36.1 da Lei 7/85 de bases de réxime local, nos artigos do 22 ó 25 da Lei 4/93 dos servizos sociais da Comunidade Autónoma Galega e ó amparo do Real decreto 415/96, de 1 de marzo, coas modificacións introducidas no mesmo polo R.d. 2219/96, de 11 de outubro, sobre o ordenamento da Cruz Vermella Española, e en cumprimento da Recomendación (R85) 9 a 21 de xuño, do Consello de Ministros do Consello de Europa, sobre o traballo voluntario en actividades sociais, as partes asinantes consideran que Cruz Vermella- Oficina Provincial de Pontevedra, é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da proposta do presente Convenio. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan establecer o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA . Obxecto. As Institucións asinantes, Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Cruz Vermella- Oficina Provincial de Pontevedra, levarán a cabo de mutuo acordo o Programa "Sen violencia- convivencia" ano 2006, cos obxectivos seguintes, segundo ANEXO adxunto: · Desenrolar a intervención do programa a nivel provincial á maior cantidade de centros posibles. · Ampliar e mellorar a calidade das intervencións e facilitarlle o acceso ás mesmas os/as destinatarios/as (alumnos/as, familias e docentes) · Favorecer a creación de recursos propios nos centros que posibiliten a mellora da convivencia unha vez que a intervención finalice. · Previr a aparición de condutas violentas en nenos e nenas dende idades máis temperás baseándose na educación en valores. · Converter este programa nun programa de referencia e orientación a nivel provincial sobre a prevención de condutas violentas. · Incidir na formación específica do profesorado como vehículo para a prevención de condutas violentas nos mozos. · Sensibilizar e informar á poboación xeral sobre as causas, consecuencias e formas de violencia. Para a consecución óptima destes obxectivos desenrolaranse as seguintes intervencións: o Para o desenrolo óptimo do programa faise indispensable a labor do voluntario polo que se continúa coa formación de novos voluntarios que posteriormente desenrolarán a súa actividade no programa. o Crearase un "equipo de traballo" formado por voluntarios/as do programa con ampla experiencia e os técnicos de cada unha das Asembleas Comarcais. o Este ano engadirase un novo contido a traballar nas aulas: o bullying. o Poranse en marcha 5 novos Grupos de Convivencia. o Ampliarase a intervención co profesorado coa realización de tres novos cursos homologados pola Consellería de Educación. SEGUNDA . Destinatarios Continuando co traballo levado a cabo en pasados anos, este proxecto levarase a cabo no ano 2006 en 20 centros educativos de ensino secundario da Provincia e irá dirixido a: ü Alumnado de 2º e 3º da ESO ü Pais e nais do alumnado ü Educadores/as e persoal dos centros ü Grupos de Convivencia ü Aulas de 5º e 6º de primaria de 6 centros da provincia nos que se traballará co material editado: Caderniño de Fichas didácticas e Guía do monitor/a e ü Comunidade educativa da provincia de Pontevedra. TERCEIRA . Duración e financiamento O presente convenio entrará en vigor dende o día 1 de xaneiro de 2006 e rematará o 31 de Decembro do mesmo ano. A achega económica por parte da Deputación para o Programa Sen Violencia- Convivencia será como máximo de 45.000,00 euros consignados na partida 06/313.413.480.02 e se contraerá a obriga de pagamento ata o 31 de decembro de 2006 en que se rematará o pago total. Dita contía aboarase en mensualidades unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin. CUARTA . Participación da Cruz Vermella A participación da Cruz Vermella- Oficina Provincial de Pontevedra, concrétase nas actividades previstas no Programa e ANEXO, captación e emprego de recursos voluntarios, selección e contratación de persoal e xestión do Programa. Ademais, proporcionará un seguro de cobertura de accidentes para os voluntarios do mesmo durante o desenvolvemento da actividade. QUINTA . Comisión de seguimento A Comisión de Seguimento terá as seguintes funcións: seguimento técnico das actuacións e evolución do proceso e remate do Programa. Dita Comisión estará formada por parte da Deputación pola Xefa de Servizo de Acción Social e dúas Traballadoras Sociais actuando unha delas como secretaria da Comisión e por parte da Cruz Vermella, pola Secretaria Provincial ou a persoa en quen delegue, a Directora de Actividades e Servizos e o Técnico do Proxecto. As reunións da Comisión de Seguimento serán bimensuais ou antes si os membros que a forman o consideran necesario. SEXTA . Publicidade A Cruz Vermella se compromete a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, Área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabore sobre o Proxecto. Estando as partes conformes co censo deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTA CIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O PRESIDENTE DA CRUZ VERMELLA OFICINA PCIAL . DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Jorge E. Araujo Cortegoso" ------ Folla: 261,264 6.13850.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA-OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A POSTA EN MARCHA DO PROXECTO DE "RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA" ANO 2006 A Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella-Oficina Provincial de Pontevedra ó abeiro das competencias que lles recoñece a lexislación vixente pretenden formalizar un convenio de colaboración para a posta en marcha do proxecto de "respiro e animación Hospitalaria" ano 2006, cuxa finalidade é favorecer as relacións persoais dos nenos e nenas hospitalizados por medio ou longo prazo no Hospital Provincial (Servizo de Pediatría), e así mesmo facilitar as súas familias a conciliación da vida familiar e laboral, a través de obradoiros de manualidades, animación á lectura, conta-contos, xogos, etc., sendo a achega económica por parte da Deputación para a realización do citado programa será como máximo de 18.000,00 euros, consignados na partida 06/313.413.480.02, e a vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor e a Xefa do Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella-Oficina Provincial de Pontevedra para a realización do proxecto de "Respiro e animación hospitalaria" ano 2006. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA POÑER EN MARCHA O PROXECTO DE RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA ANO 2006 Reunidos No pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o ----de ---- 2006, por parte da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, como presidente, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85, de 2 abril e D. Jorge Araújo Cortegoso, como Presidente Provincial de Cruz Vermella, Oficina Provincial de Pontevedra con CIF: Q-2866001-G. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración de acordo cos seguintes Antecedentes As institucións asinantes do presente convenio, pretenden favorecer o desenvolvemento integral e as relacións persoais do neno e do seu entorno, cando este sofre enfermidades de media ou longa duración hospitalizado, xa que estiman que para calquera menor o feito de permanecer ingresado nun hospital, aínda que por pouco tempo, é un proceso desintegrador, provocando cambios na súa vida cotiá: abandono da casa, escola, contactos reducidos coa familia e os amigos, exceso de protección ... a isto hai que engadir que, debido á súa situación de malestar e ó ambiente do centro, el ou a paciente pode tender ó illamento. Por iso consideran necesario a posta en marcha dun programa de respiro e de animación hospitalaria con nenos e mozas orientado por unha banda a complementar os servizos que ofrecen os centros sanitarios, a transformar o tempo libre e desocupado dos menores nun tempo creativo, potenciar as actitudes de relación e creativas, e doutra banda establécese o servizo de respiro dirixido ós pais, nais ou coidadores destes nenos e mozas de tal forma que as familias poidan atender os seus asuntos persoais sen preocuparse de que o menor quede sen compañía. A animación hospitalaria consiste na realización de actividades lúdicas cos nenos e mozas ingresados no Hospital Provincial de Pontevedra. Asumindo as competencias previstas nos artigos 36 da Lei 7/85 de bases de réxime local, e 22 da Lei 4/93 dos servizos sociais da Comunidade Autónoma Galega e ó amparo do Real decreto 415/96, de 1 de marzo, coas modificacións introducidas neste polo R.d. 2219/96, de 11 de outubro, sobre o ordenamento da Cruz Vermella Española, e en cumprimento da Recomendación R (85) de 9 a 21 de xuño, do Consello de Ministros do Consello de Europa, sobre o traballo voluntario en actividades sociais, as partes asinantes consideran que Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da proposta do presente Convenio. En base ás anteriores consideracións as dúas partes acordan establecer o presente convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto: As institucións asinantes, Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, levarán a cabo de mutuo acordo o contido das prestacións especificadas no programa de Respiro e de Animación Hospitalaria, obxecto deste convenio. Obxectivo xeral: - Complementar os servizos que ofrece o hospital incidindo principalmente nas relacións persoais e no desenvolvemento integral. Obxectivos específicos: - Paliar a ruptura co medio social que padece o/a menor durante o seu ingreso, facilitando a estancia do/a neno/a no centro hospitalario. - Desenvolver no hospital un clima rico en relacións humanas entre os/as pacientes evitando situacións de illamento e soidade do/a neno/a. - Asegurar unha oferta plural de actividades lúdicas: xogos, actividades manuais, cancións, conta-contos. - Desenvolver a creatividade e sensibilidade no/a neno/a sobre temas e actividades realizadas nun espazo lúdico e educativo. - Ofrecernos como un recurso estable de apoio ás familias con menores hospitalizados. Accións: As accións principais que se levarán a cabo dende o programa consistirán en: - Ludotecas e aula de xogos. Con actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, préstamo de xoguetes, animación á lectura e conta-contos, visualización de películas, apoio escolar... - En habitación: acompañamento en habitación, actividades de lecer e tempo libre en habitación, servizo de biblioteca, préstamos de xogos, xoguetes, etc. apoio escolar, servizo de soporte e respiro a familias e acompañantes. As actividades terán sempre unha mesma estrutura, que se poderá variar en función das demandas dos usuarios/as e das avaliacións; agora ben os contidos de devanditas actividades si variarán ó longo das semanas. O desenvolvemento das actividades farase tanto de forma individual coma en grupo. Isto é, sempre que sexa posible involucrará a amigos, familiares, do neno ou nena na dinámica. Formación: ó comezo da tempada realizarase un curso para voluntariado no que se impartirán os fundamentos básicos do programa, intervención no hospital, técnicas de animación e manexo de grupos, planificación de actividades e características da etapa infantil. Ó longo do ano realizaranse monográficos de reciclaxe sobre a temática do programa. Recursos Humanos: 1) Técnico. Monitor de lecer e tempo libre, 20 horas semanais. Funcións: -Captación de voluntarios/as. -Seguimento das diferentes fases e avaliación do proxecto. -Organización da formación e actividades. -Facilitar e desenvolver o programa e o ambiente de grupo de traballo entre o equipo de monitores. 2) Equipo de 8 monitores voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella Xuventude formados nas áreas de lecer e de tempo libre e vinculados directamente a este programa. Funcións: -Participar na formación, información, programación, intervención, seguimento e avaliación. -Participar e colaborar na programación das actividades -Traballo en equipo e coordinado co responsable e mais o hospital Recursos materiais: O programa conta coa infraestrutura de Cruz Vermella Pontevedra, que inclúe: -Aulas para formación e reunións. -Almacén para o material. -Oficina dotada de material diverso, como un ordenador con impresora, máquina de escribir, teléfono... -Material bibliográfico. -Material de papelería. -Material lúdico... -Tamén é necesaria a utilización de diverso material funxible para os talleres de manualidades. Na memoria xustificativa (anexo I) descríbense as respectivas constitucións e competencias de cada unha de devanditas institucións, así como a xustificación, os obxectivos para cubrir, as achegas materiais e en recursos humanos dos fins propostos e a avaliación. SEGUNDA. Destinatarios: O perfil dos destinatarios deste proxecto serían: Nenos, nenas e mozos de entre 0 e 18 anos con enfermidades de media e longa duración hospitalizados ou en situación de convalecencia domiciliaria. Os menores poden estar situados na planta de pediatría ou noutra zona do hospital. As patoloxías que poden sufrir estes nenos e nenas poden ser de diversa índole: óseas, musculares, intestinais, respiratorias, renais, politraumatismos, etc. O número estimado de beneficiarios e beneficiarias durante o período de permanencia do proxecto será de 60 menores. TERCEIRA. Duración e financiamento: O presente convenio entrará en vigor dende a data en que sexa asinado no 2006 e finalizará o 31 de decembro do mesmo ano, podendo prorrogarse sempre que se acorde con dous meses de antelación. A prórroga terá que ser expresa, e non poderán exceder incluído o Convenio os catro anos. A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente convenio será como máximo de 18.000,00 ¤ consignados na partida 06/313.413.480.02 e contraerase a obrigación de pago ata o 31/12/06 en que se terminará o pagamento total. A devandita contía aboarase en mensualidades unha vez xustificados os gastos, ata alcanzar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin. CUARTA. Participación de Cruz Vermella A achega da Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, concrétase nas actividades previstas no programa, captación e emprego de recursos voluntarios, selección e contratación de persoal e xestión do programa. Ademais proporciónaselles un seguro de cobertura de accidentes e de responsabilidade civil ós voluntarios durante o desempeño da actividade. Os menores ingresados no hospital contarán co seguro habitual do complexo hospitalario. Durante o transcurso do programa Cruz Vermella non manexará datos persoais dos menores ingresados, a non ser os meramente identificativos a nivel estatístico como son o número de nenos atendidos, franxa de idade e sexo. QUINTA. Comisión de seguimento: Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico - formada por representantes de ambas institucións - consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación do proceso e a finalización do programa. Esta comisión estará formada por parte da Deputación por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de Cruz Vermella, pola secretaria provincial ou a persoa en quen delegue, e o técnico do programa de Cruz Vermella, e mais por un responsable do Hospital que actúe como enlace entre este e a coordinación do proxecto. As reunións da comisión de seguimento serán bimensuais ou antes se os membros que a forman o consideran necesario. Estimamos que para a correcta marcha do programa é imprescindible que o Hospital designe a un responsable que actúe como enlace entre a coordinación do proxecto e o Hospital, que conviría participase nas reunións. SEXTA. Ámbito de aplicación: O ámbito de aplicación do presente convenio é o Hospital Provincial de Pontevedra, desenvolvéndose a través da asemblea comarcal de Cruz Vermella Española en Pontevedra. SÉTIMA. Publicidade Cruz Vermella Española comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabore sobre o programa. Estando as partes conformes co sentido deste documento, asínano no Pazo da Deputación Provincial na data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTA CIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O PRESIDENTE DE CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA DE PONTEVEDRA Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Jorge Araujo Cortegoso" ------ Folla: 264,265 7.13851.- RATIFICACIÓN DA SINATURA DO ILMO. SR. PRESIDENTE NA PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A FEMP E O INSERSO PARA O PROGRAMA DE "TELEASISTENCIA DOMICILIARIA ANO 2006" Subscrito o 30 de decembro de 2005, entre a FEMP, o IMSERSO e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a prorroga do Convenio de Colaboración entre as tres mencionadas institucións, para o desenvolvemento do Programa de Teleasistencia Domiciliaria, en relación coa anualidade 2006, cunha participación respecto ó custo total para o devandito exercicio (423.271,68 euros) dun 65% para FEMP/IMSERSO, dun 15% da Xunta de Galicia e dun 20% da Deputación de Pontevedra, e a vista do informe emitido polo Sr. Interventor Accidental, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a sinatura do Ilmo. Sr. Presidente na devandita prorroga do Convenio de Colaboración entre a FEMP o IMSERSO, e esta Deputación para o programa de Teleasistencia Domiciliaria, unha dotación orzamentaria de 100.000,00 euros na partida orzamentaria 06/313.313.227.20 do vixente Orzamento provincial. Dita prórroga é como segue: "PRÓRROGA DE CONVENIO E COLABORACIÓN ASINADO O 1 DE XULLO DE 1998 ENTRE O INSTITUTO DE MAIORES E SERVIZOS SOCIAIS (IMSERSO), A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEMP) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DURANTE O EXERCICIO ECONÓMICO DO ANO 2006 Cláusula 1ª Segundo se establece na cláusula décimo primeira do Convenio de colaboración subscrito o 1 de xullo de 1998 coa FEMP e a Deputación Provincial de Pontevedra, acórdase prorrogar a vixencia do mencionado convenio durante o exercicio económico de 2006, de acordo coas seguintes previsións en canto ó volume de usuarios e custo do servizo: Prezo máximo do servizo mensual sen unidade móbil: 1. Usuario titular 22,24 ¤ O número total de usuarios ó finalizar o exercicio económico estímase que acadará a cifra de 1.971. Cláusula 2ª O custo máximo do proxecto no exercicio económico de 2006 será de 423.271,68 ¤, de acordo coas previsións económicas que se achegan como Anexo I a este instrumento de prórroga. O IMSERSO achegará ó proxecto neste exercicio, como máximo, a cantidade de douscentos setenta e cinco mil cento vinte e seis euros con cincuenta e nove céntimos (275.126,59 ¤), equivalente ó 65%. Cláusula 3ª A supervisión e seguimento directo do proxecto e o control da calidade dos servizos que se prestan serán competencias dos Servizos Sociais da Entidade Local. Así mesmo, o IMSERSO e a FEMP, mediante actuación conxunta, levarán a cabo, sempre que o estimen conveniente, a supervisión das instalacións de teleasistencia da empresa contratada, con obxecto de comprobar que a entidade adxudicataria cumpre cos compromisos estipulados. Cláusula 4ª En calquera difusión que se realice do presente proxecto, para coñecemento da poboación en xeral e dos posibles usuarios en particular, deberán figurar os Entes concertantes. Cláusula 5ª Continuará sendo de aplicación o contido do convenio de colaboración asinado o 1 de xullo de 1998 en aqueles aspectos que non foran modificados polo presente documento de prórroga. Cláusula 6ª Non obstante, quedará condicionada a validez e eficacia do presente Acordo á existencia de crédito adecuado e suficiente nos Orzamentos respectivos de Gastos e Dotacións para o exercicio económico do 2006. POLA FEMPO SECRETARIO XERAL Julio Alberto Torres Pérez POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA POLO IMSERSO O DIRECTOR XERAL Ángel Rodríguez Castedo" ------ Folla: 265 8.13852.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE LALÍN DE DOAZÓN DE DÚAS XOVENCAS E TRES LOTES DE EMBRIÓNS PARA A XXII FEIRADEZA Con número de Rexistro de Entrada 006652 de data 7 de marzo de 2006, Don José Iglesias Rodríguez, Concelleiro Delegado de Agricultura do Concello de Lalín, solicita para sortear na XXII Feiradeza dúas xovencas e tres lotes de embrións. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Directo do Servizo Agrario de data 8 de marzo de 2006 e o ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de 22 de marzo de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade doar dúas xovencas e tres lotes de embrións ó Concello de Lalín, para sortear na XXII Feiradeza. ------ Folla: 265,266 9.13853.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO SR. CONCELLEIRO-DELEGADO DE MEDIO AMBIENTE DO CONCELLO DE VIGO PARA A XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS 2005 Dada conta do escrito formulada por D. José Manuel Figueroa Vila, Concelleiro-Delegado de Medio Ambiente do Concello de Vigo, polo que solicita unha prórroga para a xustificación das tres axudas concedidas para dotación de servizos básicos a praias-2005. Resultando que a Xunta de Goberno de data 29 de abril de 2005 acorda entre outros a concesión dunha axuda económica ó Concello de Vigo, por importe total de 90.000,00 ¤ (30.000,00 ¤ cada unha). Visto o informe emitido pola Técnica da Sección de Medio Ambiente pertencente ó Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á concesión dunha prórroga de dous meses, ata o 31 de maio de 2006, para a xustificación de ditas axudas. ------ Folla: 266 10.13854.- PRÓRROGA DO CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE UNIPERSOAL SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE (SANOR) Dada conta da petición de prórroga do contrato de Prestación de Servizos formulada pola empresa Seguridad Alimentaria do Noroeste. Resultando que a Xunta de Goberno de data 23 de setembro de 2005 aproba o contrato de prestación de servizos entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Sociedade Unipersoal Seguridad Alimentaria del Noroeste (SANOR). Resultando que a Xunta de Goberno de data 27 de xaneiro de 2006 aproba prorrogar o contrato de Prestación de Servizos (Sanor) ata o 31 de marzo de 2006. Visto o informe emitido polo Sr. Enxeñeiro Director do Servizo Agrario de 15 de marzo de 2006 e o ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería de data 22 de marzo de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á prórroga do contrato de prestación de servizos para a recollida de mostras de materias primas para alimentación animal en diferentes Portos de Galicia, por un período de duración ata o 30 de xuño de 2006. ------ Folla: 266,267 11.13855.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ACQUARIUM PUNTA MOREIRA, S.L. PARA REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL CONSISTENTE EN VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESTUDANTES Seguindo a practica de anos anteriores para contribuír á realización dun programa educativo sobre o medio mariño, dirixido a estudantes de 3º e 4º de Educación Secundaria e 1º e 2º de Bacharelato, da provincia de Pontevedra. Visto os informes emitidos pola Secretaría Xeral, Intervención e a Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños do Servizo Agrario e o ditame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de data 22 de marzo de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó Convenio de Colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a empresa Aquarium Punta Moreiras, S.L., para a realización dun programa de educación ambiental consistente en visitas didácticas para estudantes por importe de 18.000,00¤. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A EMPRESA ACQUARIUM PUNTA MOREIRAS, S.L., PARA A REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL CONSISTENTE EN VISITAS DIDÁCTICAS PARA ESTUDANTES REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1, b) da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Doutra D. Alfredo Fernández Prieto, xerente e conselleiro delegado da empresa Acquarium Punta Moreiras S.L. INTERVEÑEN Ambas partes, no exercicio das competencias que lle están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade xurídica suficiente para subscribiren o presente Convenio. EXPOÑEN A Deputación de Pontevedra e a empresa Acquarium Punta Moreiras S.L. colaborarán na realización dun programa educativo sobre o medio mariño, dirixido a estudantes de 3º e 4º de Educación Secundaria e mais 1º e 2º de Bacharelato, todos eles pertencentes a centros da provincia de Pontevedra, polo que acordan subscribir este Convenio, que se rexerá polas seguintes CLAÚSULAS PRIMEIRA: O programa divídese en tres proxectos, que son os seguintes: q Programa A: visita ó Acquarium Punta Moreiras (1h) e excursión no catamarán "VISIÓN UN" pola ría de Arousa. q Programa B: visita ó Acquarium Punta Moreiras (1 h) e realización dun taller de salgadura. q Programa C: Visita ó Acquarium Punta Moreiras (1h) e viaxe no motoveleiro "NAUJA" pola ría de Arousa (2 h). SEGUNDA: En cada viaxe do catamarán e do barco NAUJA, ademais da tripulación necesaria para o seu despacho, segundo a normativa en vigor, incluirá como mínimo un monitor, que lles explicará ós participantes o que observan e mais contestará as preguntas que lle poidan formular. Durante a visita o persoal guía acompañará os estudantes para mostrarlles os acuarios representativos dos distintos ecosistemas de Galicia, explicando as especies e hábitats que se observan, ademais dunha pequena práctica na granxa mariña. No caso de que as condicións meteorolóxicas desaconsellen a saída do barco Acquarium Punta Moreiras S.L. facilitaralles ós estudantes talleres ocupacionais relacionados co mundo do mar nas súas instalacions. TERCEIRA: Entregaráselle a cada Centro unha carpeta de unidades didácticas e a cada participante documentación e un recordo onde figure un adhesivo do programa e o patrocinio da Deputación de Pontevedra. CUARTA: As visitas realizaranse segundo se especifica na memoria adxunta. QUINTA: A achega da Deputación de Pontevedra ascende á cantidade de dezaoito mil (18.000,00) euros, con cargo á partida orzamentaria 711.711.479.01. Dita achega corresponde ás visitas e viaxes de 3.000 participantes cun custo de seis (6,00) euros por persoa, impostos incluídos, que lle serán aboados á empresa Acquarium Punta Moreiras S.L., previa certificación do xerente da realización das visitas e viaxes, e expedición da correspondente factura, así como documento acreditativo da realización da actividade conformado pola persoa responsable do colexio que a efectuou. SEXTA: O aboamento poderase realizar, a petición de Acquarium Punta Moreiras S.L., en tres pagamentos parciais nas condicións fixadas na cláusula anterior (6,00 ¤/persoa), por un importe máximo, cada un deles, de seis mil euros (6.000,00 ¤) ó realizaren as visitas e/as viaxes mil (1.000) participantes. SÉTIMA: O número total de participantes, tres mil (3.000), será contabilizado de maneira global, podendo participar calquera programa no cómputo global. OITAVA: O presente Convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2006, entrando en vigor o mesmo día da súa sinatura por parte dos representantes legais de ambas entidades. Pontevedra, de de 2006 Pola Deputación de Pontevedra, Por Acquarium Punta Moreiras S.L., Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Alfredo Fernández Prieto" ------ Folla: 267,269 12.13856.- APROBACIÓN DO CONVENIO ESPECÍFICO PARA O DESENVOLVEMENTO DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO Dada conta do Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo remitido polo centro educativo IES Ricardo Mella de Vigo. Resultando que o convenio consiste nun Programa Formativo no centro de traballo dirixido ó alumnado de Formación Profesional específica das alumnas Dona María del Carmen Grangel Guerra e Dona Tania María Laiño Castro. Resultando que á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra non lle representa ningún desembolso, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade que Dona María del Carmen Grangel Guerra y Dona Tania María Laiño Castro, poidan realizar prácticas dende o día 3 de abril ata o 23 de xuño de 2006. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO ESPECÍFICO PARA O DESENVOLVEMENTO DA FORMACIÓN EN CENTRO DE TRABALLO Convenio número 36017430-CS19002-061-003 Dunha parte D. Manuel García Freire con DNI. 36011975R como director/a do centro educativo IES Ricardo Mella , código de centro 36017430 localizado en Vigo provincia de Pontevedra, Avda. de Madrid 177, código postal 36214, código de identificación fiscal Q8655619H, Teléfono 986253711, Fax 986260726. E doutra D. Rafael Louzán Abal con DNI 35451643H como representante legal do centro de traballo Estación Fitopatolóxica Areeiro da empresa Deputación Provincial de Pontevedra localizado en Pontevedra provincia de Pontevedra Rúa Subida á Robleda s/n, código postal 36153, código de identificación fiscal P3600000H, Teléfono 986841491, Fax 986864291. EXPOÑEN Que ámbalas dúas partes recoñecen capacidade e lexitimidade para acordar. Que o obxectivo do presente Convenio é a colaboración entre ás que representan para o desenvolvemento dun Programa Formativo de formación en centros de traballo, dirixido ó alumnado de formación profesional específica. Que esta colaboración se fundamenta xuridicamente no artigo 34, punto 2, da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE). ACORDAN Subscribir o presente Convenio de colaboración para o desenvolvemento da formación en centro de traballo, de acordo coa normativa vixente emitida pola Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para o curso escolar 2005/06, por parte dos/as alumnos/as e correspondente as ensinanzas recollidos a continuación, que ámbalas dúas partes coñecen e acatan, e de conformidade coas cláusulas que figuran no dorso deste documento. DENOMINACIÓN DA ENSINANZA Saúde ambiental CÓDIGO CS 19002TITOR DO CENTRO EDUCATIVO D/Dª CARMEN JULIA MERA GONZÁLEZ APELIDOS E NOME DNI NúmeroHORAS PERÍODO DE REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS DATA DE INICIO DATA FINALIZACIÓN GRANGEL GUERRA, Mª DEL CARMEN 44083100 N 380 03/04/2006 23/06/2006 LAIÑO CASTRO, TANIA MARÍA 77410650 X 380 03/04/2006 23/06/2006 O presente convenio incorporase a programación de actividades formativas (anexo1) para desenvolver polos/as alumnos nos centros de traballo e os documentos que faciliten o seguimento e a avaliación destes. En Vigo 22 de marzo de 2006 O/A DIRECTOR/A DO CENTRO EDUCATIVOAsdo . Manuel García Freire O/A REPRESENTANTE DO CENTRO DE TRABALLOAsdo. Rafael Louzán Abal" CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O alumnado que figura no presente convenio desenvolverá as actividades formativas programadas (anexo II), nos locais do centro de traballo, ou, se é o caso, naqueles lugares nos que a empresa titular do centro de traballos desenvolve a súa actividade produtiva, sen que isto implique ningunha relación laboral coa empresa. SEGUNDA.- A entidade comprométese ó cumprimento da programación de actividades formativas, que previamente foran acordadas co centro educativo, a realizar o seu seguimento e a valoración do progreso do alumnado, e, xunto co/a titor/a do centro educativo, á revisión da programación, se unha vez iniciado o período de prácticas, e á vista dos resultados, fose necesario. TERCEIRA.- Cada alumno/a disporá dun documento de seguimento e avaliación das actividades realizadas, que será supervisado polo responsable da empresa en colaboración co titor/a do centro educativo. Neste documento figurarán as actividades formativas máis significativas realizadas na empresa, con rexistro de data e dos resultados semanais, estes resultados semanais reflectiranse nunha ficha de seguimento e avaliación, que cubrirá o responsable na empresa. CUARTA.- A empresa nomeará unha persoa para a coordinación das actividades formativas que se realizarán no centro de traballo, que garantirá a orientación e consulta do alumnado, facilitará as relacións co profesorado-titor do centro educativo e achegará os informes valorativos que contribúan á avaliación. A tal fin, facilitará o profesorado-titor do centro educativo o acceso ó centro de traballo e as actuacións de valoración e supervisión do proceso. QUINTA.- A empresa ou entidade colaboradora non poderá cubrir, nin sequera con caracter interino, ningún posto de traballo do cadro de persoal co alumnado que realice actividades formativas na empresa, salvo que se estableza para o efecto unha relación laboral de contraprestación económica por servizos contratados, neste caso, considérase que o/a alumno/a abandona o programa formativo no centro de traballo debendo comunicar este feito a empresa ou institución colaboradora ó/á director/a do centro escolar, quen o comunicará á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. SEXTA.- O alumnado non percibirá do centro de traballo ningunha cantidade pola realización das actividades formativas. SÉTIMA.- O presente convenio poderase extinguir por expiración do tempo convido e poderá ser rescindido por calquera das partes, mediante denuncia dalgunha delas, que será comunicada á outra cunha antelación mínima de cinco días e baseada nalgunha das seguintes causas: a) Cesamento de actividades do centro docente, da empresa ou institución colaboradora. b) Forza maior que imposibilite o desenvolvemento das actividades programadas. c) Incumprimento das cláusulas establecidas no convenio específico de colaboración, inadecuación pedagóxica das prácticas formativas, ou vulneración das normas que, en relación coa realización das actividades programadas, estean en cada caso vixentes. d) Mutuo acordo entre o centro docente, adoptado polo director do centro e a empresa ou institución colaboradora. Igualmente, poderase rescindir para un determinado alumno/a ou grupo de alumnos/as, por calquera das partes asinantes, e ser excluído da súa participación no convenio por decisión unilateral do centro, da empresa ou institución colaboradora, ou conxunta de ámbolos dous, nos seguintes casos: e) Faltas repetidas de asistencia e/ou puntualidade non xustificadas. f) Actitude incorrecta ou falta de aproveitamento, previa audiencia ó interesado En calquera caso, o centro docente deberá informar a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da extinción ou rescisión dos convenio específicos de colaboración en calquera dos casos, e esta, á súa vez, o comunicará a Inspección de Traballo Provincial. Así mesmo, os representantes dos traballadores dos centros de traballo serán informados do contido deste convenio de colaboración. OITAVA.- Calquera eventualidade de accidente que puidera producirse será contemplada a teor do seguro escolar, de acordo coa regulamentación establecida polo Decreto 2078/71, do 13 de agosto (BOE do 13 de setembro). Todo iso sen prexuízo da póliza que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poida subscribir como seguro adicional para mellorar indemnización, cubrir danos a terceiros ou responsabilidade civil. NOVENA.- En todo momento, o alumnado irá provisto do DNI. DÉCIMA.- As delegacións provinciais da Consellería de educación e Ordenación Universitaria remitirán ás Inspeccións de Traballo unha copia do presente convenio. DECIMO PRIMEIRA.- A duración deste convenio é a prevista no período de realización das prácticas, considerándose improrrogable. ------ Folla: 269 13.13857.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: EDITORIAL COMPOSTELA, S.A. (CIF A-15.000.391) - A Constituída en metálico, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00¤), para responder dos servizos de publicidade no periódico Correo Galego, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 10/06/2005, núm. de operación 200500060820, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. - A Constituída en metálico, por importe de novecentos sesenta euros (960,00¤), para responder dos servizos de publicidade no periódico Correo Galego sobre actuacións realizadas pola Deputación durante o ano 2005, e que foi depositado na Tesourería Provincial o 28/12/2005, núm. de operación 200500117391, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 269,273 14.13858.- APROBACIÓN DAS BASES DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA". De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra", que son do seguinte teor: "BASES DO VI CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" PRIMEIRA.- O VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" terá lugar os días 6, 7 e 8 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: * Sección especial: 4 bandas participantes de 80 a 115 músicos * Sección primeira: 6 bandas participantes de 60 a 80 músicos * Sección segunda: 6 bandas participantes de 45 a 60 músicos * Sección terceira: 10 bandas participantes de 35 a 45 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de catro instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público. Cada banda de música interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación Provincial de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección especial: 20 ± 5 minutos Sección primeira: 20 ± 5 minutos Sección segunda: 15 ± 5 minutos Sección terceira: 10 ± 5minutos O exceso será penalizado na puntuación do xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúen este comité. SEXTA.- O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música como vocais, o presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). Os membros do xurado percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta, segundo establece o R.d. 462/2002 , de 24 de maio, e as actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A. Fíxanse para este fin no orzamento provincial as partidas 06/451.451.230.02, 06/451.451.231.02 e 06/451.451.232.00 En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado, estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. SÉTIMA.- As bandas de música terán dereito a percibir con cargo á partida 06/451.451.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección especial: 3.600 ¤ Sección primeira: 3.000 ¤ Sección segunda: 2.400 ¤ Sección terceira: 1.800 ¤ OITAVA.- Concederanse os seguintes premios: Primeiro premio: ás bandas de música que obteñan de 341 a 400 puntos Segundo premio: ás bandas de música que obteñan de 291 a 340 puntos Terceiro premio: ás bandas de música que obteñan de 221 a 290 puntos Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame por cada un dos seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do Presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a mención especial e con cargo á partida 06/451.451.481.06, os seguintes premios: Sección especial: 5.700 ¤ Sección primeira: 4.800 ¤ Sección segunda: 3.900 ¤ Sección terceira: 3.000 ¤ A Deputación Provincial establece con cargo á partida 06/451.451.481.06 o Premio "Manuel Quiroga", para a totalidade dos directores das bandas participantes, no que se premiará a mellor labor de dirección dotado coas seguintes cantidades: Sección especial: 600 ¤ Sección primeira: 500 ¤ Sección segunda: 400 ¤ Sección terceira: 300 ¤ A Federación Galega de Bandas de Música Populares, recoñecerá o traballo realizado na interpretación das obras (máxima puntuación acadada) por parte das bandas de música federadas que participen no certame cos seguintes premios, quedando excluídas as que acaden a mención especial citada na base anterior. O empate implica que han de repartir o premio. Sección especial: 600 ¤ Sección primeira: 500 ¤ Sección segunda: 400 ¤ Sección terceira: 300 ¤ Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan a mención de honra, por importe de: Sección especial: 1.500 ¤ Sección primeira: 1.200 ¤ Sección segunda: 1.050 ¤ Sección terceira: 900 ¤ DÉCIMO PRIMEIRA.- As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección especial: Lembranzas dun longo camiño José Laguarta Gracia Sección primeira: Na Picoña (Momentos) Luis Carro Martínez Sección segunda: Andaina Delfín Alvarez Martínez Sección terceira: Soños Pablo Beltrán Sobrado DÉCIMO SEGUNDA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra. Durante o período de inscrición, e no Servizo de Cultura, estarán a disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMO TERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas de música participantes a orde de actuación realizarase un sorteo público no Pazo provincial, sede da Deputación, ante o presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. DÉCIMO CUARTA.- O comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música, a súa foto e mailo currículo do director, así como CINCO exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame. DÉCIMO QUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécense os seguintes puntos: 1.- Constitúese unha comisión de control que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial. Esta comisión poderá delegar o control de sinaturas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións incluídos nos plans culturais da Deputación Provincial así como os que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións, sexan ou non federadas, o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares que estea vixente na data límite de presentación de listados que para a presente edición será o 1 de setembro de 2006. 2.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo, achegarán os seguintes listados: 2.1. Para as agrupacións integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte segundo o modelo de listado oficial que poderán obter na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares: www.fgbmp.org. 2.2. Para as agrupacións non integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal certificada dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte, expedida polo secretario da banda de música e co visto e prace do presidente, na que conste unha declaración de pertenza ininterrompida e efectiva do músico á agrupación durante os dous últimos anos, lugar e data de nacemento e enderezo actual. 3.- Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO SEXTA.- O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. No desenvolvemento da actividade organizativa e formando parte do comité organizador do evento, o presidente designará a persoa que ha de asumir a dirección técnica, que será retribuída polos servizos prestados. A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveranse, en cada caso, de maneira irrevogable polo propio comité. A sede oficial do comité organizador do certame será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO SÉTIMA.- O comité organizador do VI Certame Provincial de Bandas de Música "Deputación Provincial de Pontevedra" estará constituído da seguinte maneira: Presidente: o Ilmo. Sr Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vocais: - dous representantes da Deputación Provincial de Pontevedra - un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares - un representante da empresa adxudicataria da organización do evento - o director técnico do certame Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue Os membros do comité percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A. Fíxanse para este fin no orzamento provincial as partidas 06/451.451.230.02, 06/451.451.231.02 e 06/451.451.232.00 ------ Folla: 273 15.13859.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a intervención desta Deputación de data 27 de marzo de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores de Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200600000268 e que conten dezasete facturas, sendo a primeira de Viajes Marsans por importe de 387,80€ e a derradeira de Uniprex SA Ondacero por importe de 1.200,00€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 38.598,38 ¤ Descontos do IRPF 117,20 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 38.481,18 ¤ 16.13860.- RECOÑECEMENTO DE CRÉDITO a) Vistos os expedientes de persoal tramitados por diferentes conceptos fóra do prazo establecido por falta de presentación das solicitudes en tempo en forma, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do disposto no art. 176 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, recoñecer crédito para o aboo dos seguintes gastos de persoal con cargo ás correspondentes partidas do Orzamento provincial: A.- Indemnización por asistencia a tribunais:Convocatoria dunha praza de Telefonista (28 de outubro, 7, 11 e 14 de novembro de 2005) - Arévalo Gómez, Nidia (Deputada) ................. 159,12 ¤ - Mateos Escudero, Sonia (Directora de Gestión C.I.) ................. 159,12 ¤ - Canal Gómez, Francisca (Deputada) ................. 146,88 ¤ - Núñez Sestelo, Manuel (Deputado) ................. 146,88 ¤ - Arosa Ramírez, Manuel (Funcionario da Xunta) ................. 146,88 ¤ - Monteagudo Gil, José R. (Jefe Manten. C. Infantil) ................. 146,88 ¤ - Pérez Simal, Ana Isabel (En repres. Xunta de Persoal) ................. 146,88 ¤ TOTAL 1.052,64 ¤ Partida orzamentaria 06/122.121.232.02 B.- Gastos de material: - Planitec: Facturas: E/05 10256 (30.11.05) E/05 10583 (05.12.05) E/ 05 10584 (05.12.05) E/05 10619 (15.12.05) ................. 668,65 ¤ - Montes Papelería: Factura: 4.515 de data 30.11.05 ................. 58,07 ¤ TOTAL 726,72 ¤ Partida orzamentaria 06/122.121.220.00 b) Visto o expediente de persoal tramitado fora do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do disposto no art. 176 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, recoñecer crédito para o aboamento do seguinte gasto de persoal con cargo á correspondente partida do Orzamento provincial: A-DESPRAZAMENTOS: PERSOAL DE EMPLEOCITIES Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Orzamentaria 11356 Otero Serrano, David Pazo 103,20 ¤ 06/711.711.231.01 IMPORTE TOTAL: 103,20 ¤ Partida orzamentaria: 06/711.711.231.01 B- DIETAS: PERSOAL DE EMPLEOCITIES Código Apelidos e Nome Centro Importe Partida Orzamentaria 11356 Otero Serrano, David Pazo 156,26¤ 06/711.711.230.01 IMPORTE TOTAL: 156,26 ¤ Partida orzamentaria: 06/711.711.230.01 ------ Folla: 273,274 17.13861.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO POLÍGONO 1 DO SECTOR B-2/ A PARDA DO CONCELLO DE PONTEVEDRA Dada conta da comunicación do Concello de Pontevedra, de data 2 de marzo de 2006 (Rexistro de entrada núm. 6920, de data 08/03/06), sobre Proxecto de Urbanización do Polígono 1 do sector B-2/A Parda do Concello de Pontevedra, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Resultando que o citado proxecto, remítese polo Concello con data 15 de marzo de 2006 (Rexistro de entrada 8457, de 22/03/06), e Resultado que Xunta de Goberno informou favorablemente mediante acordo de 12 de novembro de 2004, ó proxecto de Plan Parcial en desenvolvemento das previsións do Plan Xeral de Ordenación Urbana, no sector B-2, en solo urbanizable do Concello de Pontevedra, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona, de data 27 de marzo de 2006, que literalmente di: "... examinado el mismo, se constata que el ancho de las calles que circundan el mencionado Plan Parcial, supera los mínimos establecidos en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales. Independientemente de esto, y dado que el mencionado Plan Parcial se ajusta a las directrices marcadas en el Plan General vigente en Pontevedra, por parte de este Servicio, se emite informe positivo." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Pontevedra. ------ Folla: 274 18.13862.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MARÍN Dada conta da comunicación do Concello de Marín, de data 3 de marzo de 2006 (Rexistro de entrada núm. 6587, de data 06/03/06), sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Marín, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 28 de marzo de 2006, que literalmente di: "...examinada la documentación remitida, dado que en lo referente a las carreteras provinciales, el Plan General remite de manera explícita a la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de la Carreteras Provinciales, por parte de este servicio se emite informe favorable." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Marín. ------ Folla: 274,275
Ãrea de notas
Nota