Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-04-07_Ordinaria. Acta de sesión 2006/04/07_Ordinaria
Acta de sesión 2006/04/07_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-04-07_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/04/07_Ordinaria
Data(s) 2006-04-07 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 1 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día sete de abril do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13871.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de marzo de 2006. ------ Folla: 1,3 2.13872.- APROBACIÓN DE CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E VARIAS COOPERATIVAS AGRARIAS PARA O ANO 2006 Seguindo a práctica de anos anteriores para contribuír á realización, entre outros, de análises de silos, pensos e materias primas no laboratorio da Finca Mouriscade, propiedade da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral e o Enxeñeiro Director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós contratos de prestación de servizos entre a Excma. Deputación de Pontevedra e as cooperativas que se relacionan a continuación: COOP.DE PRODUCTORES DO CAMPO DA CAPELA, S.C.G. COOP.EL PLANTEL COMARCAL DE BETANZOS COOP.XIÁN, S.C.G. COOP.PIENSOS ALBORES, S.C.G. COOP.SAN MAMED DE NODAR, S.C.G. COOP.COEPLÁN, S.C.G. COOP.COREBER, S.C.G. COOP.COPAGRO, S.C.G. COOP.AGRIS, S.C.G. COOP.COGA DE VALES, S.C.G. COOP.ICOS, S.C.G. COOP.LEMOS, S.C.G. COOP.OS IRMANDIÑOS, S.C.G. COOP.PICO SACRO, S.C.G. COOP.XALLAS, S.C.G. Dito contrato é como segue: "CONTRATO ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A COOPERATIVA .............................. S.C.G. Reunidos dunha parte D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, no seu nome e representación en virtude das facultades que ostenta segundo o art. 34.1.b) da Lei 7/85, de 2 de abril, de bases de réxime local, e de outra parte D. ............ con DNI número ............ como ............. da cooperativa de ............. S. C. G., con enderezo en ............., poboación ..............., provincia de ............. e NIF ................ Ambas partes recoñécense con capacidade legal suficiente para contratar. MANIFESTAN a) Que a Excma. Deputación dispón dun laboratorio de análises, acreditado por ENAC (LE 478/1082), que entre outras actividades efectúa análises de silos, pensos e materias primas, que está dotado de equipos, instalacións e persoal cualificado, que lle capacita para actuar como laboratorio de respaldo dos fabricantes de pensos compostos e premesturas, ós efectos previstos no anexo 3, capítulo 1, punto 4 (control de calidade) do Regulamento 1191/1998, de 12 de xuño. b) Que cooperativa ........................ desexa establecer coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra un contrato de servizos, de forma que o Laboratorio de Mouriscade lle dea a cobertura técnico-analítica para o coñecemento dos parámetros de calidade de materias primas para a alimentación animal que poidan realizarse no Laboratorio de Mouriscade. CLÁUSULAS I.- A Excma. Deputación de Pontevedra a través do Laboratorio de Mouriscade, pertencente ó Servizo Agrario, como laboratorio de análises, efectuará a cobertura técnica-analítica para os produtos terminados e materias primas que poidan determinarse no laboratorio e que se concretan en : Hª Czs Pb Gb Fb Almidón Microbioloxía Minerais Cereais MAIZ SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional CEBADA SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional TRIGO SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional Subprodutos de cereais GLUTEN FEED SI SI SI SI SI Opcional Opcional FATY SI SI SI SI SI Opcional Opcional Oleaxinosas e leguminosas SOJA-44 SI SI SI Opcional Opcional SOJA INTEGRAL SI SI SI Opcional Opcional ALTRAMUZ SI SI SI Opcional Opcional SEMENTE ALGODÓN SI SI SI Opcional Opcional XIRASOL SI SI SI SI Opcional Opcional PALMISTE SI SI SI SI Opcional Opcional Produtos fibrosos ALFALFA PELET SI SI SI SI Opcional Opcional POLPA REMOLACHA SI SI SI SI Opcional Opcional CASCARILLA SOJA SI SI SI SI Opcional Opcional Varios MELAZA SI SI Opcional Opcional XABÓN CÁLCICO SI SI Opcional Opcional SORO DOCE SI SI Opcional Opcional Produto Terminado PENSOS SI SI SI SI SI SI Opcional Opcional Estas determinacións realizaranse de acordo ós procedementos de ensaio vixentes no laboratorio aprobados por Enac e outros baseándose no BOE número 52 de 1995, que recolle o Real Decreto 2257/1994, de 25 de novembro, polo que se aproban os métodos oficiais de análises de pensos ou alimentos para animais e as súas materias primas. II.- As análises efectuaranse polo Laboratorio de Mouriscade sobre as mostras que debidamente acondicionadas, sexan remitidas por cooperativa ..................... III.- Como contraprestación ós servizos efectuados polo laboratorio, obrígase ó pagamento das análises por cooperativa ........................., que se facturen no mes correspondente como un único cargo que englobe todas as análises. IV.- O prezo das análises será de acordo ás tarifas publicadas no BOP vixente no período en curso. V.- A responsabilidade do laboratorio concrétase e limita de modo exclusivo ás determinacións analíticas citadas no punto I, podendo verse incrementadas ou suprimidas previo acordo de ambas partes. VI.- Se os prezos establecidos se modificasen, publicándose no BOP, automaticamente este contrato queda modificado axustándose sempre ó publicado no BOP. VII.- O presente contrato de servizos empezará a producir o seu efecto a partir da data da súa sinatura e terá unha duración dun ano, podéndose prorrogalo por acordo de ambas parte por un ano mais. VIII.- O presente contrato poderá denunciarse por calquera das partes por incumprimento das obrigas e con previo aviso dun mes. Como proba de conformidade asinan o presente contrato, en todas as follas, no lugar e data indicada. Pontevedra a ............ de marzo de 2006 Pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Pola Cooperativa ..................................Asdo.: D. ....................................." ------ Folla: 3,5 3.13873.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: DITEM, S.L. (NIF. B36823359) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, S.A, por importe de mil setecentos setenta e sete euros con oitenta e dous céntimos (1.777,82 ¤), para responder de "Mellora da seguridade vial Ponte Tea (Mondariz)" (Fondos Propios-2004)",e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/12/2004 segundo núm.de operación 200400086799, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. DRAGADOS, S.A. (NIF. A15139314) - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de"Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055019 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055022 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055023 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de"Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055048 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055087 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil douscentos trinta e un euros con oitenta e nove céntimos (100.231,89 ¤), para responder de "Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/08/2004, segundo núm.200400055200 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055122 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do BANESTO, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Acopios de maquinaria da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/08/2004, segundo núm.200400055123 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do CAIXAGALICIA 147019, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Materiais acopiados da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086053 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa - A constituída en valores, mediante aval do CAIXAGALICIA 147018, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Materiais acopiados da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086054 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do CAIXAGALICIA 147017, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Materiais acopiados da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086055 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do CAIXAGALICIA 147016, por importe de cen mil euros (100.000,00 ¤), para responder de "Materiais acopiados da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086056 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores, mediante aval do CAIXAGALICIA 147033, por importe de trinta e seis mil cento oitenta e tres euros con vinte e tres céntimos (36.183,23 ¤), para responder de "Materiais acopiados da obra do Museo Provincial de Pontevedra", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/12/2004, segundo núm.200400086058 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L. (NIF. B15614696) - A constituída en metálico, por importe de seiscentos setenta e catro euros con oitenta céntimos (674,80 ¤), para responder de "Plan agrupado de formación para persoal Funcionario e Laboral "Zona Salnés Este", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2005, segundo núm.200500072981 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en metálico, por importe de novecentos noventa e cinco euros con noventa e dous céntimos (995,92 ¤), para responder de "Plan agrupado de formación para persoal Funcionario e Laboral "Zona Salnés Oeste", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2005, segundo núm.200500072979 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. MARKETING THAT WORKS (NIF. B82356460) - A constituída en metálico, por importe de novecentos doce euros (912,00 ¤), para responder de "Plan agrupado de formación para persoal Funcionario e Laboral "Zona Norte", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2005, segundo núm.200500072978 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. RENAULT TRUCKS ESPAÑA, S.L. - A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, S.A., por importe de catro mil cincocentos trinta e cinco euros con sesenta céntimos (4.535,60 ¤), para responder de "Subministro dun vehículo recolector de 14 m3", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/03/2004, segundo núm.200400024645 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 5,6 4.13874.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS CONSTITUÍDAS PARA RESPONDER DO PAGAMENTO DE ACOPIOS CORRESPONDENTES Ó SUBMINISTRO DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO "PROXECTO DEPUTRÁNS 2004-2005" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA) (C.I.F.- A-3688931), o concurso para a contratación do subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto "Deputrans 2004-2005", por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu a efectuar o día 30 de marzo de 2005, entre outras, a recepción das plantas depuradoras FACET tipo STP-50 número de serie: 9314-241416; 9315-241416; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418 e FACET tipo STP-25 número de serie: 9311-241415, que quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria, de conformidade co estipulado nos pregos de condicións que rexeron no concurso. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figura a seguinte cláusula en relación á forma de pagamento: "Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pagamento das provisións éste realizarase polas unidades almacenadas nese momento e có aval bancario para cada unha das plantas, aboándose ó 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta". Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA), para que se procedera o pagamento da factura número 1580505 de data 11/05/2005, por importe de 1.920.136,46 euros, que corresponde ó 85% del total do prezo correspondente á entrega das 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 2 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25 , que quedaron acopiadas nas instalacións da empresa FACET IBÉRICA, S.A., presentou, entre outros, unha serie de avais bancarios que foron depositados na Tesourería desta Deputación, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras citadas. Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA), tal como figura nos respectivos informes do Sr. Enxeñeiro de Vías e Obras, de data 24 de marzo de 2006, procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: q A planta 9314-241416 no municipio de Mos, núcleo de Petelos. q A planta 9315-241416 no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Viladesuso. q A planta 9319-241417 no municipio de Arbo, núcleo de Arbo. q A planta 9320-241417 no municipio de Salvaterra de Miño, núcleo de Dextros. q A planta 9321-241418 no municipio de A Cañiza, núcleo de Valeixe. q A planta 9322-241418 no municipio de A Cañiza, núcleo de Achas. q A planta 9311-241415 no municipio de Arbo, núcleo de Rozas-Selas. Vistos os informes de Intervención de data 3 de abril de 2006, para devolución das fianzas constituídas para responder do 75% do importe certificado e aboando polas plantas depuradoras, FACET tipo STP-50 número de serie: 9314-241416; 9315-241416; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418 e FACET tipo STP-25 número de serie: 9311-241415 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A devolución á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, (SMA), das seguintes garantías constituídas para responder do 75% do importe certificado e aboado polas plantas depuradoras, FACET tipo STP-50 número de serie: 9314-241416; 9315-241416; 9319-241417; 9320-241417; 9321-241418; 9322-241418 e FACET tipo STP-25 número de serie: 9311-241415. · A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9314/241416 que queda instalada no municipio de Mos, núcleo de Petelos, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500050727, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. · A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9315/241416 que queda instalada no municipio de Santa María de Oia, núcleo de Viladesuso, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial el 13/05/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500050729, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. · A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9319/241417 que queda instalada no municipio de Arbo, núcleo de Arbo, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500050734, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. · A constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9320/241417 que queda instalada no municipio de Salvaterra de Miño, núcleo de Dextros, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial el 13/05/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500050735, sendo indispensable para retirala la presentación da carta de pagamento orixinal. · A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9321/241418 que queda instalada no municipio de A Cañiza, núcleo de Valeixe, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110096, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. · A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9322/241418 que queda instalada no municipio de A Cañiza, núcleo de Achas, no lugar habilitado o efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110098, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. · La constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de sesenta e seis mil cincocentos cincuenta e cinco euros (66.555,00 ¤), para garantir a planta depuradora número de serie 9311/241415 que queda instalada no municipio de Arbo, núcleo de Rozas-Selas, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/12/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500110094, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. ------ Folla: 6,7 5.13875.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2006 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca do Salnés, pola que interesa se procede ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 123.293,78 ¤ para gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2006, e o informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a cantidade de 123.293,78 ¤ pola Xunta de Goberno, como achega da Deputación para o ano 2006 ó Consorcio durante o primeiro trimestre. 2. Declarar de aboo a favor do Consorcio a cantidade de 123.293,78 ¤, con cargo á partida 06/911.223.467.01 ------ Folla: 7,10 6.13876.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS, PARA A URBANIZACIÓN DA AVDA. DE MARÍN EN CANGAS A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar o "Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cangas para a urbanización da Avda. de Marín en Cangas", estimando o seu orzamento total en 550.000,00 euros. O obxecto deste Convenio é establecer as bases de colaboración técnica e económica entre a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o concello de Cangas de Morrazo que permitan acometer e incorporar ó patrimonio público municipal as obras de "Urbanización da Avda. de Marín en Cangas". A Deputación comprométese a levar a cabo o financiamento parcial da execución das obras segundo o proxecto, destinado para iso ata un máximo de cento oitenta e tres mil trescentos trinta e tres euros (183.333,00 euros), con cargo á partida orzamentaria 06/911.911.762.10 do vixente Orzamento Provincial, distribuído do seguinte xeito: 2005 91.667,00 euros 2006 91.666,00 euros Para ese fin, a Deputación realizará as correspondentes transferencias de capital ó Concello de Cangas do Morrazo. Son compromisos do Concello de Cangas, entre outros: a realización das obras e das pertinentes xestións (permisos, licenzas, etc.), financiar unha parte das mesmas, o que supoñen 183.334,00 euros, e contratar, dirixir, controlar, formalizar os actos de recepción e asumir as obrigas económicas que excedan do importe consignado (que ascende a 550.000,00 euros). Por outra banda a Consellería comprométese a achegar un máximo de 183.333,00 ¤. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO PARA A URBANIZACIÓN DA AVENIDA DE MARÍN EN CANGAS Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil cinco. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Alberto Núñez Feijoo, Vicepresidente Primeiro, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, facultado para a formalización deste convenio pola Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Doutra parte, o Sr. Don José Enrique Sotelo Villar, na súa condición de alcalde-presidente do concello de Cangas do Morrazo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. As partes recoñécense mutuamente na calidade en que interveñen con capacidade legal necesaria e EXPOÑEN A urbanización da avda. de Marín supón un acceso ó centro da vila canalizando os tráficos que acceden dende as estradas autonómicas, que pola súa situación xeográfica e intensa urbanización require comunicacións que presenten niveis de seguridade vial axeitados. O Concello de Cangas do Morrazo, ten a necesidade de afrontar a demanda dunha mellora na deficitaria infraestrutura viaria existente que provoca importantes carencias na seguridade vial, no desenvolvemento do municipio e no benestar dos seus habitantes. O concello de Cangas pretende levar a cabo a urbanización da avda. de Marín. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivendas ten entre os seus obxectivos a ordenación do territorio, para o cal é necesario, entre outras cousas, ter unha eficaz e segura rede de infraestruturas de comunicación. Neste contexto, a Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra e co Concello de Cangas do Morrazo, trata de fomentar aqueles investimentos que resolvan problemas nas comunicacións, achegando unha maior calidade de vida ós seus cidadáns. En concreto a urbanización da avda. de Marín supón unha mellora na seguridade vial. Constatadas as carencias que neste sentido ten o municipio de Cangas do Morrazo e a necesidade de levar a cabo ditas obras, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas do Morrazo deciden levar a cabo as obras de: "Urbanización da avda. de Marín en Cangas" Á vista de regular a colaboración entre as Administracións, para o fin mencionado, formalízase o presente convenio con suxeición ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. OBXECTO.- O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración técnica e económica ente a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cangas do Morrazo que permitan acometer e incorporar ó patrimonio público municipal as obras de "Urbanización da avda. de Marín en Cangas". O orzamento de execución das obras estímase en cincocentos cincuenta mil euros (550.000,00 euros). SEGUNDA. COMPROMISOS DO CONCELLO.- O Concello de Cangas do Morrazo obrígase a: 1. Achegar o documento técnico necesario, de acordo coa normativa, para acometer as obras previstas obxecto do presente convenio, que deberá ser aprobado pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. 2. Asumir a realización das xestións pertinentes ante os organismos que correspondan para a obtención dos permisos, licenzas e autorizacións regulamentarias. 3. Financiar unha parte da execución das obras estimada en 183.334,00 euros e levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección e control das obras descritas no proxecto de urbanización da avda. de Marín e formalizar os actos de recepción das mesmas así como asumir as obrigas económicas que excedan do importe consignado na cláusula primeira. As actuacións expresadas deberán desenvolverse respectando os principios de acorda coas prescricións establecidas na lexislación de contratos das Administracións Públicas. 4. Constatar a previa dispoñibilidade dos terreos necesarios para o cumprimento dos obxectivos deste convenio. 5. Comunicar a Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra a data de recepción das obras de urbanización da avda. de Marín para o efecto de que envíen un representante se así o estiman oportuno. 6. A tenor do disposto no artigo 29.5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións o concello asume, na súa condición de beneficiario, a total responsabilidade das execucións das obras de urbanización da avda. de Marín ante a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Tamén comprométense a establecerlle ó contratista, encargado de executar as obras, a obriga de colaboración, para o exercicio das funcións de control previstas no artigo 46 da citada Lei. 7. Realizar ante a Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Publicas e Vivenda e Deputación Provincial de Pontevedra a correspondente rendición da conta xustificativa do cumprimento das condicións e consecución dos obxectivos da axuda, presentando para iso a seguinte documentación: "Copia compulsada dos xustificantes de gasto, certificacións ou calquera outro documento con validez xurídica que permita a acreditación do cumprimento da finalidade da subvención. A este documento deberase unir tamén a certificación ou acto de aprobación/conformidade do órgano municipal que corresponda. Esta documentación inclúe as actas de recepción unha vez finalizadas as obras" 8. Facilitarlle, se fose o caso, toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas de Galicia, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas obxecto do presente acordo. 9. Comunicarlle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, se fose o caso, as alteracións nas condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto do presente acordo e en todo caso a obtención concorrente de subvención ou axudas outorgadas por outras administracións, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais ós efectos de propoñer, se procedera, a modificación das condicións establecidas neste Convenio. 10. Reintegrar á Comunidade Autónoma ou Deputación de Pontevedra no seu caso, de acordo co artigo 78.10 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, a cantidade total ou parcial da axuda establecida, e dos xuros de demora devengados dende o momento de seu pagamento, neste Convenio para o caso de incumprimento das condicións nel establecidas. 11. Asumir, pola súa consideración de beneficiario segundo o artigo 78.4 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, tódalas obrigas que, para ó mesmo, establece o citado artigo. Os carteis das obras obxecto deste convenio farán mención á colaboración entre as tres Administracións. TERCEIRA.- COMPROMISOS DA XUNTA DE GALICIA.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, asume a obriga de levar a cabo o financiamento parcial da execución da obra de urbanización da avda. de Marín en Cangas segundo o proxecto, destinando para elo, a cargo do concepto 06.03.413B760.0, número de proxecto 1999-06714, ata un máximo de cento oitenta e tres mil trescentos trinta e tres euros (183.333,00 euros), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma distribuídos nas seguintes anualidades: 2005 91.667,00 euros 2006 91.666,00 euros Para tal fin, esta Consellería realizará as correspondentes transferencias de capital ó Concello de Cangas do Morrazo. Ditas transferencias realizaranse no marco da anualidade programada cando sexan solicitadas pola entidade local coa documentación á que se fixo referencia no apartado 7 da cláusula segunda. Os libramentos parciais terán a condición de aboamentos a boa conta e, por iso, supeditados a acreditación do cumprimento da finalidade da axuda. Esta achega financiará só as obras que se realicen, non incluíndo a taxa de dirección da obra. Esta achega declárase compatible, no seu caso, con outras achegas, axudas ou subvencións que a entidade beneficiaria destine a execución das actuacións que se describen na cláusula primeira. Non obstante, a suma total de todas elas non poderá superar o 100% do orzamento total que require a actuación. Neste caso a axuda establecida neste convenio reducirase ata acadar o cumprimento establecido anteriormente. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda reservarase o dereito de inspeccionar as obras, tanto durante a súa execución como ó seu remate. CUARTA.- COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.- A Deputación de Pontevedra asume os seguintes compromisos: Levar a cabo o financiamento parcial da execución das obras segundo o proxecto, destinado para elo un máximo de cento oitenta e tres mil trescentos trinta e tres euros (183.333,00 euros), con cargo á partida orzamentaria..., distribuído do seguinte xeito: 2005 91.667,00 euros 2006 91.666,00 euros Para tal fin, a Deputación realizará as correspondentes transferencias de capital ó Concello de Cangas do Morrazo. Ditas transferencias realizaranse no marco da anualidade programada cando sexan solicitadas pola entidade local coa documentación á que se fixo referencia no apartado 7 da cláusula segunda. Os libramentos parciais terán a condición de aboamentos a boa conta e, por iso, supeditados a acreditación do cumprimento da finalidade da axuda. CUARTA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO.- Para o impulso e cumprimento do presente convenio constituirase unha Comisión de Seguimento formada polo subdirector xeral de estradas en representación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, un representante da Deputación de Pontevedra e un representante do Concello de Cangas do Morrazo, que resolverá as controversias que resulten da súa execución. En todo caso, a solución das incidencias estará condicionada polas limitacións orzamentarias indicadas anteriormente. QUINTA.- INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS.- O desenvolvemento dos compromisos, obrigas e demais actuacións contidas no presente convenio rexeranse polo establecido nas cláusulas do mesmo e, para o non establecido nelas, seralle de aplicación o réxime xurídico do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, DOG nº 238 do 11 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 1.- As dúbidas que se presenten na súa interpretación, caso de discrepancias serán resoltas, visto o informe da comisión de seguimento, polo Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, poñendo así fin á vía administrativa. 2.- O incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio constituirá causa suficiente de rescisión do mesmo. 3.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdición contencioso-administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. 4.- En todo caso, a contribución financeira da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda non implicará subrogación desta en ningún dereito nin obriga que se deriven da titularidade da obra, que corresponderá ó Concello de Cangas do Morrazo. En consecuencia a colaboración que se pacta é unicamente económica, quedando exoneradas a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación de Pontevedra de toda responsabilidade dimanante da execución das obras, que corresponderá ó Concello de Cangas do Morrazo. 5.- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda limitará, en todo caso, a súa achega económica ó pactado no presente convenio, polo que non asumirá os aumentos que se produzan por modificados ou complementarios. SEXTA. OBRIGAS TRIBUTARIAS E DE ORDE SOCIAL.- Pola natureza das actuacións subvencionables e o destinatario da mesma, de acordo co apartado 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o artigo 41 da Lei 13/2004, de 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2005, a entidade local queda exenta da obriga de presentar o xustificante de atoparse ó corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma. SÉTIMA.- VIXENCIA DO CONVENIO.- A vixencia deste convenio manterase ata a entrega das obras no prazo sinalado no proxecto ou non que por motivos debidamente xustificado poida este Consellería, a Deputación e o Concello acordar a prórroga tras a correspondente solicitude a través da Comisión de Seguimento citada na cláusula cuarta, e en todo caso ata o 31 de decembro de 2006. Non obstante seguirá xurdindo efectos en tanto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. O presente convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado, someténdose as partes ó acordado en todas as estipulacións. Así o outorgan no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por cuadriplicado exemplar. O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO E CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA Asdo.: Alberto Núñez Feijóo O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo : Rafael Louzán Abal O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO Asdo.: José Enrique Sotelo Villar" ------ Folla: 10,13 7.13877.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CAIXANOVA EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (PLAN CULTURAL 2006 E ACTIVIDADES SOCIO CULTURAIS) Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova, en materia de obra benéfico social, en base ó cal se efectuará unha achega económica, por parte de Caixanova, de 300.000,00 ¤ distribuíndo 150.000,00 ¤ para o Plan Cultural 2006, e os restantes 150.000,00 ¤ para o desenvolvemento doutras actividades socioculturais, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACION ENTRE A EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A "CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA -CAIXANOVA-", EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL. Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000H e sede social en Pontevedra, c/Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra parte, D. Julio Fernández Gayoso, Director Xeral da "Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova", con C.I.F. G-36600369, domiciliada en Vigo, c/García Barbón 1-3, actuando en nome e representación de dita entidade. E X P O Ñ E N 1.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra, en adiante, tamén, a Deputación, é unha entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, cun ámbito de actuación determinado pola agrupación dos municipios da provincia de Pontevedra, que ten encomendada, en base á normativa vixente, o goberno e a administración, con carácter autónomo, desta provincia. Entre outros, é o seu obxectivo xeral o servizo de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, para satisfacer os intereses xerais e para dinamizar e modernizar a sociedade e as administracións locais que dela dependen. Entre moitas das súas competencias do seu ámbito territorial de actuación, encóntranse o desenvolvemento de actividades socio culturais, a promoción do deporte, o apoio ás actividades turísticas e o fomento de actividades de carácter formativo entre o colectivo de funcionarios da Administración Pública adscritos a esta Deputación e ós Concellos integrados na mesma. Tamén forma parte das súas competencias o impulso e fomento da cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, co desenvolvemento de actuacións, xa sexa organizadas dende a propia Deputación ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas. 2.- Que Caixanova é a entidade financeira líder na provincia de Pontevedra, ámbito no que desenvolve unha importantísima actividade financeira e unha ampla contribución social, tendo o desenvolvemento integral desta provincia, historicamente, como un dos seus primordiais obxectivos. Esta consideración por parte de Caixanova estendeuse ó longo do tempo á práctica totalidade dos sectores e axentes institucionais, económicos, empresariais e sociais da provincia de Pontevedra, a través de actuacións financeiras e de accións de obra socio cultural, de toda índole e magnitude, que se dirixiron a potenciar a expansión e a salvagardar a viabilidade das empresas, a promover o desenvolvemento de infraestruturas urbanísticas e sociais, a fomentar o turismo e o comercio, a facilitar a aplicación das novas tecnoloxías, a potenciar a formación do capital humano nos seus diferentes graos, a difundir e alentar a cultura, ou a axudar ós menos favorecidos, entre outras finalidades que tiveron como obxectivo común o impulsar a puxanza da provincia de Pontevedra e mellorar o nivel de vida dos seus cidadáns 3.- Que, así mesmo, a actividade financeira de Caixanova foi de vital transcendencia para o impulso da economía e o benestar da provincia de Pontevedra, a través de accións tales como as axudas prestadas a importantes empresas da provincia, o financiamento da construción de numerosos núcleos de vivendas, o apoio o desenvolvemento da rede de comunicacións viarias, a promoción de infraestruturas sociais, …, ademais de ter participado de forma destacada nos procesos de compra-venda ou privatización de empresas da provincia, e de ter constituído unha importante carteira de participacións no capital de sociedades encadradas en sectores estratéxicos, que se estenden a empresas con sede en Galicia ou que teñen en nosa Comunidade unha presenza relevante. 4.- Que, adicionalmente, Caixanova, exerce unha destacada actividade cultural, formativa, social e asistencial orientada á mellora de calidade de vida de todos os galegos. Neste sentido, e para o desenvolvemento dos seus proxectos, leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións. 5.- Que, nesta traxectoria de Caixanova, foron múltiples e notorias as mostras de exitosa colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra -en manifestacións culturais, artísticas, recreativas, sociais e de apoio os sectores produtivos-, que se demostraron de total transcendencia para o progreso da provincia. 6.- Que é intención de Caixanova manter o elevado grao de compromiso co progreso económico e a mellora social da provincia de Pontevedra, que esta entidade veu acreditando historicamente, reforzando en particular a súa atención de cara a todos aqueles proxectos que con eses obxectivos poida plantexar la Deputación, contemplándose no só a axuda financeira e social, senón tamén a súa colaboración en materias formativas e de asesoramento, ou calquera outro medio que estea ó alcance de Caixanova. 7.- Que é intención compartida pola Excma. Deputación de Pontevedra e por Caixanova o fomentar e canalizar a involucración, na liña de colaboración que orienta o presente convenio, de todos os axentes económicos e sociais cuxos intereses conflúan na mesma finalidade de contribución o desenvolvemento socio-económico, con especial consideración das Administracións Públicas, Autonómicas e Estatais, en canto a potencial elemento clave para o bo fin das iniciativas que poidan acometerse ó amparo deste acordo. 8.- Que ambas partes consideran que existen aspectos de carácter cultural, formativo e social cuxo desenvolvemento pode seguir realizándose de maneira conxunta, e, en base ó labor que as dúas institucións teñen encomendada, acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, e ó efecto A C O R D A N Primeiro.- No marco desta longa e frutífera colaboración histórica entre ambas entidades, e ó obxecto de dar continuidade á mesma, a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixanova considéranse mutuamente socios estratéxicos a efectos de contemplar a súa participación e colaboración en todos aqueles proxectos de potencial impacto relevante no desenvolvemento da provincia de Pontevedra que teñan repercusión socio cultural ou ben incidan nos ámbitos abarcados pola acción social de Caixanova, así como en calquera outros que ambas partes xulguen de interese. Adicionalmente, a esta manifesta vontade que ten o carácter de longo prazo, o presente convenio, ten por obxecto regular as colaboracións de Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia de achegas de Caixanova con cargo á súa Obra Social para o presente exercicio 2006. Segundo.- Con cargo ó orzamento da obra social de Caixanova, esta realiza unha dotación orzamentaria global por un importe máximo de ata 300.000,00 euros (trescentos mil euros), cuxa disposición regularase polo expresado no presente convenio, incluíndose aspectos de carácter asistencial, formativo, cultural, social, apoio ó deporte base e protección do medio-ambiente. Terceiro.- Aspectos específicos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter Xeral: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio, unha partida orzamentaria total de 300.000,00 ¤ (trescentos mil euros), que fará efectiva mediante consumos de carácter trimestral e contra solicitude expresa da Deputación, o vencemento de cada período. En concreto, é interese de ambas partes que o destino dos fondos mencionados neste capítulo teñan como destino preferente: · O copatrocinio da programación cultural realizada baixo a denominación "Plan Cultural 2006", promovido polo Servizo de Cultura e Deportes da Deputación, que contempla o desenvolvemento de actividades culturais nos diferentes municipios da provincia, por parte de bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, rondallas, grupos de ballet, de danza, de teatro, de música clásica ou tradicional, etc. Para este capítulo resérvase unha dotación orzamentaria de 150.000,00 ¤ (cento cincuenta mil euros). Neste capítulo, Caixanova resérvase a posibilidade de propoñer, cun mes de anticipación, a realización de actos en colaboración coa Deputación, con cargo a este orzamento, a desenvolver nos diferentes municipios da provincia e que poderá integrar na súa programación cultural. · O desenvolvemento de outras actividades socio culturais, como as enumeradas seguidamente, para o cal Caixanova destina unha partida global conxunta de 150.000,00 ¤ (cento cincuenta mil euros) : ü O mantemento e desenvolvemento de actividades por parte do "Museo Provincial de Pontevedra" (Bienal Internacional de Arte), cunha dotación de 60.000 ¤ (sesenta mil euros). ü El desenvolvemento de actividades de carácter cultural e científico, como o denominado "Día da ciencia na rúa", nas que asuman un especial protagonismo os escolares da provincia. ü El desenvolvemento de actividades que teñan como obxectivo fundamental a promoción do deporte, e, en especial, o deporte destinado ós máis mozos. ü Colaboración coa "Escola de Canteiros", para a promoción e formación dos mozos no oficio de "canteiro". ü A dotación de infraestruturas para as instalacións deportivas, co obxectivo de apoio específico ó deporte base. ü Colaboracións de carácter Editorial. ü Promoción turística da provincia ü O desenvolvemento das Aulas Virtuais da Escola para as Administracións Públicas de Caixanova, cunha dotación de 30.000,00¤. ü E en xeral, todas aquelas outras actividades que, de mutuo acordo, se consideren de interese desenvolver. A execución desta partida farase mediante acordos ou convenios que se refiran ás diversas actividades aquí indicadas e que especificarán o importe outorgado e o perceptor ou perceptores do seu aboo, e nos que intervirán, ó menos, a Deputación de Pontevedra e Caixanova. · A Deputación comprométese a que nos programas ou catálogos comunicativos que se elaboren para a súa difusión e distribución, xa sexa en actividades propias ou realizadas en colaboración con outras entidades públicas ou privadas, fágase constar o mecenazgo de Caixanova. Por outra parte, Caixanova poderá facer a publicidade que considere conveniente sobre os eventos a desenvolver, pero facendo constar que o é en colaboración coa Deputación. Cuarto.- Caixanova atenderá, de forma prioritaria e personalizada, as solicitudes de asesoramento e apoio que se realicen dende a Excma. Deputación de Pontevedra, en apoio ós proxectos e planteamentos que se realicen a través da mesma. Pola súa parte, a Deputación dirixirase preferentemente ante Caixanova para o plantemento de colaboración e apoio en aqueles proxectos que considere relevante levar a cabo, con obxecto de alcanzar sinerxías no seu desenvolvemento e posta en marcha. Quinto.- A Deputación e Caixanova con este convenio dan continuidade ó marco de colaboración mutua iniciado coa sinatura do convenio anterior, mediante o cal poidan propoñerse e establecerse outro tipo de medidas e instrumentos de apoio ós fins pretendidos nos apartados anteriores e que, en definitiva, melloren a situación económica dos sectores produtivos que representa. De maneira prioritaria, será obxecto de especial dedicación a colaboración que poida realizarse a través da Escola de Negocios Caixanova e a través da Escola para as Administracións Públicas Caixanova, co fin común de colaborar no desenvolvemento de programas de formación directiva empresarial e de responsables da función pública. Sexto.- Así mesmo, a Deputación e Caixanova comprométense a analizar outras vías de colaboración en materia de obra social que, no seu caso, regularanse por convenio adicional expreso ó efecto, tratando de facer partícipes ós concidadáns desta provincia das accións da obra social de Caixanova ou de establecer outras sinerxías coas que satisfacer as posibles demandas que existan dende a Deputación nesta materia. Sétimo.- A Deputación de Pontevedra, dará preferencia ás solicitudes que, fronte a outros, Caixanova lle plantexe para o posible uso de instalacións propiedade ou xestionadas pola Deputación, con obxecto de celebración de actividades diversas en beneficio dos concidadáns da provincia e o público en xeral. Así mesmo, a Deputación dará especial relevancia á promoción da imaxe institucional de Caixanova no seu ámbito de actuación, coidando dos soportes publicitarios que de común acordo instálense nas súas dependencias. De igual maneira, a Deputación fará figurar expresamente o patrocinio de Caixanova en todos cantos actos culturais, formativos, sociais, educativos, empresariais, de promoción do turismo e o comercio, etc. nos que non conste o patrocinio exclusivo de outras entidades, e que puideran resultar de interese institucional para Caixanova. Os representantes da Deputación farán mención ó patrocinio e apoio financeiro de Caixanova na realización dos diferentes eventos e nas roldas de prensa, conferencias, medios de comunicación, …, que ó efecto se convoquen. Oitavo.- Ó obxecto de instrumentar a necesaria coordinación para o desenvolvemento do presente convenio, así como para facilitar a canalización de propostas e o estudo dos proxectos ós que o mesmo poida dar lugar, constituirase unha Comisión Consultiva de catro membros, que estará integrada paritariamente por dous representantes de cada unha das entidades asinantes, a cal reunirase sempre que se entenda necesario, e, en todo caso, cunha periodicidade mínima trimestral. Ó amparo de dita Comisión, e sen menoscabo do exposto no acordo anterior, a Deputación informará a Caixanova dos actos de todo tipo que, con arranxo ós acordos anteriores, pretenda desenvolver e aqueles nos que, expresamente, desexe non figure o patrocinio de Caixanova. Noveno.- A Excma. Deputación de Pontevedra, como administración pública que é, en apoio á formación impartida dende a Escola para as Administracións Públicas Caixanova en materia do curso "Master en Gestión y Dirección de Administracións Públicas", comprométese a prestar a súa colaboración como centro de acollida dalgún alumno adscrito ó mencionado curso de formación (ou de outro que ó efecto puidera resultar de interese para ambas partes), para o desenvolvemento nas súas instalacións da fase de prácticas correspondente, valorándose e facéndose constar por parte de Caixanova, a todos os efectos e instancias, este apoio da Deputación neste ámbito formativa. Décimo.- O presente convenio, nos seus aspectos de carácter orzamentario, estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2006. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio, por duplicado, en Pontevedra a vinte de marzo de dos mil seis Pola EXCMA. DIPUTACIÓN DE Pola CAIXANOVA PONTEVEDRA, asdo: D. Rafael Louzán Abal asdo: D. Julio Fernández Gayoso" ------ Folla: 13,15 8.13878.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CAIXANOVA EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL (GRANDES ESPECTÁCULOS) Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e CAIXANOVA, en materia socio cultural para o desenvolvemento de actuacións de carácter especial en distintos concellos da provincia de Pontevedra, mediante a achega de setenta e cinco mil euros (75.000,00 ¤), e con cargo a partida 06/451.451.489.05 do vixente Orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A "CAIXA DE AFORROS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA -CAIXANOVA-", EN MATERIA DE OBRA BENÉFICO SOCIAL Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente de a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con C.I.F. P-3600000H e sede social en Pontevedra, r/Montero Ríos s/n, actuando en nome e representación de dita entidade. Por outra parte, D. Julio Fernández Gayoso, Director Xeral da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra, Caixanova", con C.I.F. G-36600369, domiciliada en Vigo, r/García Barbón 1-3, actuando en nome e representación de dita entidade. E X P O N E N 1.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra, en adiante, a Deputación, é unha entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia, cun ámbito de actuación determinado pola agrupación dos municipios da provincia de Pontevedra, que ten encomendada, en base á normativa vixente, o goberno e a administración, con carácter autónomo, desta provincia. Entre outros, é o seu obxectivo xeral o servizo de todos os cidadáns da provincia de Pontevedra, para satisfacer os intereses xerais e para dinamizar e modernizar a sociedade e as administracións locais que dependen de ela. Entre moitas das súas competencias do seu ámbito territorial de actuación, atópase o desenvolvemento de actividades socio culturais, a promoción do deporte, o apoio ás actividades turísticas e o fomento de actividades de carácter formativo entre o colectivo de funcionarios da Administración Pública adscritos a esta Deputación e ós concellos da provincia de Pontevedra. Tamén forma parte das súas competencias o impulso e fomento da cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, co desenvolvemento de actuacións, xa sexa organizadas dende a propia Deputación ou en colaboración con outras entidades públicas ou privadas. 2.- Que Caixanova é a entidade financeira líder na provincia de Pontevedra, ámbito no que desenvolve unha importantísima actividade financeira e unha ampla contribución social, tendo o desenvolvemento integral desta provincia, historicamente, como un dos seus primordiais obxectivos. Esta consideración por parte de Caixanova estendeuse ó longo do tempo á práctica totalidade dos sectores e axentes institucionais, económicos, empresariais e sociais da provincia de Pontevedra, a través de actuacións financeiras e de acciones de obra socio cultural, de toda índole e magnitude, que se dirixiron a potenciar a expansión e a salvagardar a viabilidade das empresas, a promover o desenvolvemento de infraestruturas urbanísticas e sociais, a fomentar o turismo e o comercio, a facilitar a aplicación das novas tecnoloxías, a potenciar a formación do capital humano nos seus diferentes grados, a difundir e alentar a cultura, ou a axudar ós menos favorecidos, entre outras finalidades que tiveron como obxectivo común o impulsar a puxanza da provincia de Pontevedra e mellorar o nivel de vida dos seus cidadáns. 3.- Que, así mesmo, a actividade financeira de Caixanova foi de vital transcendencia para o impulso da economía e o benestar da provincia de Pontevedra, a través de accións tales como as axudas prestadas a importantes empresas da provincia, o financiamento da construción de numerosos núcleos de vivendas, o apoio ó desenvolvemento da rede de comunicacións viarias, a promoción de infraestruturas sociais, …, ademais de ter participado de forma destacada nos procesos de compravenda ou privatización de empresas da provincia, e de ter constituído unha importante carteira de participacións no capital de sociedades encadradas en sectores estratéxicos, que se estenden a empresas con sede en Galicia ou que teñen na nosa Comunidade unha presenza relevante. 4.- Que, adicionalmente, Caixanova, exerce unha destacada actividade cultural, formativa, social e asistencial orientada á mellora de calidade de vida de todos os galegos. Neste sentido, e para o desenvolvemento dos seus proxectos, leva a cabo unha ampla e recoñecida Obra Social, tanto propia como en colaboración con outras institucións. 5.- Que, nesta traxectoria de Caixanova, foron múltiples e notorias as mostras de exitosa colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra -en manifestacións culturais, artísticas, recreativas, sociais e de apoio ós sectores produtivos-, que se demostraron de total transcendencia para o progreso da provincia. 6.- Que é intención de Caixanova manter o elevado grado de compromiso co progreso económico e a mellora social da provincia de Pontevedra, que esta entidade veu acreditando historicamente, reforzando en particular a súa atención cara a todos aqueles proxectos que con eses obxectivos poida plantexar a Deputación, contemplándose non só a axuda financeira e social, se non tamén a súa colaboración en materias formativas e de asesoramento, ou calquera outro medio que estea ó alcance de Caixanova. 7.- Que é intención compartida pola Excma. Deputación de Pontevedra e por Caixanova o fomentar e canalizar a involucración, na liña de colaboración que orienta o presente convenio, de todos os axentes económicos e sociais cuxos intereses conflúan na mesma finalidade de contribución ó desenvolvemento socioeconómico, con especial consideración das Administracións Públicas, Autonómicas e Estatais, en cuanto a potencial elemento clave para o bo fin das iniciativas que poidan acometerse ó amparo de este acordo. 8.- Que ambas partes consideran que existen aspectos de carácter cultural, formativo e social cuxo desenvolvemento pode seguir realizándose de maneira conxunta, e, en base á labor que as dúas institucións teñen encomendada, acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, e ó efecto A C O R D A N Primeiro.- No marco desta longa e frutífera colaboración histórica entre ambas entidades, e ó obxecto de dar continuidade á mesma, a Excma. Deputación de Pontevedra e Caixanova considéranse mutuamente socios estratéxicos a efectos de contemplar a súa participación e colaboración en todos aqueles proxectos de potencial impacto relevante no desenvolvemento da provincia de Pontevedra que teñan repercusión socio cultural ou ben incidan nos ámbitos abarcados pola acción social de Caixanova, así como en calquera outros que ambas partes xulguen de interese. Adicionalmente, a esta manifesta vontade que ten o carácter de longo prazo, o presente convenio, ten por obxecto regular as colaboracións de Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia de programación de Actividades Culturais. Segundo.- Aspectos específicos relativos ás colaboracións entre Caixanova e a Excma. Deputación de Pontevedra en materia socio cultural, de carácter especial: Para colaborar no desenvolvemento de actuacións de carácter socio cultural de carácter especial na provincia de Pontevedra, Caixanova dota, con cargo a este mesmo exercicio, unha partida orzamentaria total de 75.000,00 ¤ (setenta e cinco mil euros). Este capítulo ten por obxecto a contratación de actuacións musicais e culturais de gran prestixio e de promoción da cultura galega, a plantear de mutuo acordo entre Caixanova e a Deputación, acordándose, a colaboración económica de ambas partes nun 50% dos custos derivados de cada acto nos que exista un mutuo interese na súa celebración. Para poder afrontar dito pago, a Deputación de Pontevedra consignará no ano 2006 o importe de 75.000,00 ¤ (setenta e cinco mil euros) que financiará con cargo á partida 06/451.451.489.05. Terceiro.- Así mesmo, a Deputación e Caixanova comprométense a analizar outras vías de colaboración en materia de obra social que, no seu caso, regularanse por convenio adicional expreso ó efecto, tratando de facer partícipes ós concidadáns desta provincia das acciones da obra social de Caixanova ou de establecer outras sinerxías coas que satisfacer as posibles demandas que existan dende a Deputación nesta materia. Cuarto.- Ó obxecto de instrumentar a necesaria coordinación para o desenvolvemento do presente convenio, así como para facilitar a canalización de propostas e o estudo dos proxectos ós que o mesmo poida dar lugar, constituirase unha Comisión de Coordinación de catro membros, que estará integrada paritariamente por dous representantes de cada unha das entidades asinantes, a cal se reunirá sempre que se entenda necesario, e, en todo caso, cunha periodicidade mínima trimestral. Ó amparo de dita Comisión, e sen menoscabo do exposto no acordo anterior, a Deputación informará a Caixanova dos actos de todo tipo que, con arranxo ós acordos anteriores, pretenda desenvolver e aqueles nos que, expresamente, desexe non figure o patrocinio de Caixanova. Quinto.- O presente conve
Ãrea de notas
Nota