ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/05/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-05-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/05/05_Ordinaria

  • Data(s) 2006-05-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 199 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día cinco de maio do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. José Juan Durán Hermida e D. Ramón Campos Durán. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13950.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de abril de 2006. ------ Folla: 199 2.13951.- ACHEGA DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Ó CONVENIO PARA O "SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA DE PONTEVEDRA" (ANUALIDADE 2005) Resultando que con data 16 de outubro de 2001 asinouse un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Organismo Autónomo Aguas de Galicia e a Excma. Deputación de Pontevedra para completar o Saneamento Integral da Ría de Pontevedra. Resultando que a Excma. Deputación comprométese á achega de 6.010.121,05 ¤, en cinco anualidades, correspondendo 1.202.024,21 a cada anualidade. Visto o documento RC nº200600040179 de 28/04/2006, emitido por Intervención e a documentación achegada pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible Augas de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo a favor da citada Consellería, a cantidade dun millón douscentos dous mil euros (1.202.000,00), con cargo á partida 06/711.441.751.01 e correspondente á anualidade 2005. ------ Folla: 199,200 3.13952.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DE "PREMIOS Á INVESTIGACIÓN -2005" De conformidade co disposto na base 5ª da convocatoria de premios á Investigación 2005, que se achegarán con cargo á partida 06/451.451.481.01.2005, e despois da reunión mantida polo Xurado cualificador dos mesmos o pasado 27 de abril, a Xunta de Goberno queda enterada e acorda prestar conformidade nos seus propios termos á acta do Xurado, que é do seguinte teor: "ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO Á INVESTIGACIÓN 2005 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 10,00 horas do 27 de abril de 2006, reúnese o Xurado cualificador de Premios á Investigación 2005 presidido por Don José Juan Durán Hermida, Vicepresidente e Presidente da Comisión Informativa de Cultura desta Excma. Deputación Provincial e os vocais: D. Xaime Fandiño Alonso, Decano da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo; Dona Josefina Garrido González, Profesora da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo; Don Luis Ortiz Torres, Director da Escola Universitaria de E.T. forestal do Campus de Pontevedra; Don Gerino Calvo Maquieira, Director da UNED-Centro Asociado de Pontevedra; Dona Rosa Ana Malvar Pintos, Directora da Misión Biolóxica de Galicia; Don Ernesto Viéitez Cortizo, Profesor e Presidente da Real Academia Galega de Ciencias; Don Xosé Carlos Valle Pérez, Director do Museo Provincial de Pontevedra, Don Miguel Pereira Figueroa, Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación e Don Antonio Santos Guerra, Xefe do Servizo de cultura e Deportes e Dona Mª del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, prestando asesoramento ó Xurado en trabalos relacionados coa Medicina, actuando como Secretario Don Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral desta Deputación. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes: Apelidos e nome DNI Lema Título CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 ¤ Vilas García, ManuelMansilla Vázquez, J. PedroAguín Casal, Olga 52498149-M01084606-H35312166-J Garabelo Distribución, diversidad poblacional y control biológico de Cryphonectria parasitica en castaños del Noroeste de España. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 ¤ Declarado deserto PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 6.000,00 ¤ Declarado deserto TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.500,00 ¤ Premios Ex Equo Pazos Palmeiro, Manuel 32683744-P Inhibición de la oxidación lipídica en el músculo de pescado mediante la utilización de polifenoles obtenidos a partir del bagazo de uva. Armesto González, Julia 53114334-C Estudio de las construcciones rurales y su entorno a partir de imágenes de satélite de alta resolución. TESES DE DOUTORAMENTO: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.500,00 ¤ Premios Ex Equo González Vázquez, Beatriz 36096710-G Análisis de las redes de cooperación en innovación y tecnología entre las empresas de los parques tecnológicos. Vázquez Lijó, José Manuel 52454502 La matrícula de Mar y sus repercusiones en la Galicia del siglo XVIII. TESE DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.200,00 ¤ Premios Ex Equo Mansilla Salinero, Pablo N. 77411319-N Estudio y seguimiento del homóptero Ctenarytaina spatulata taylor en plantaciones de eucalyptus globulus labill. En la Comunidad Autónoma de Galicia Vidal Adán, Lucía 76934882 Estudio mediante microdialisis cerebral de los efectos de la administración del cloruro de manganeso (MnCl2) sobre el sistema dopaminérgico estriatal. INVESTIGACIÓN XUVENIL: Ciencias e Tecnoloxía.- 1.500,00 ¤ Declarado deserto INVESTIGACIÓN XUVENIL: Humanidades e Ciencias Sociais.- 1.500,00 ¤ Tizón Rodríguez, José A. 76994716-P Burguesía Galega As xentes do comercio na Galicia de mediados do S. XVIII. Contexto urbano, actividades económicas e estructuras familiares. Así mesmo, e en atención ó fallo deserto das modalidades: Premios de Investigación: Humanidades e Ciencias Sociais e provincia de Pontevedra, e Investigación Xuvenil: Ciencias e Tecnoloxía, este Xurado propón a concesión dos premios que se relacionan: Na modalidade de Teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía; a cantidade de 1.500,00 ¤, a cada un dos premiados. Na modalidade de Teses de doutoramento: Humanidades e Ciencias Sociais; a cantidade de 1.500,00 ¤ a cada un dos premiados. Na modalidade de Teses de licenciatura e proxectos fin de carreira: Ciencias e Tecnoloxía; a cantidade de 1.200,00 ¤ a cada un dos premiados. E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 11,30 horas do mencionado día, do que eu, como Secretario dou fe." ------ Folla: 201 4.13953.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 28 de abril de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polo centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200600000380 e que conten dez facturas, sendo a primeira de Vicente Manuel Couceiro Amor, por importe de 770,38 ¤ e a derradeira de Torrado Oliva, S.L., por importe de 150,80 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 23.192,59 ¤ Descontos IRPF 135,95 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 490,37 ¤ Total líquido 23.547,01 ¤ ------ Folla: 201 5.13954.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON SANTIAGO ALONSO MONTENEGRO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE CLÍNICA MÉDICA Y LABORATORIO, S.L., POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA BAHÍÑA-BAIONA (BAIONA) Dada conta que con data de rexistro 23/03/06 (Rex. nº 008725) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Santiago Alonso Montenegro en nome e representación de CLINICA MEDICA Y LABORATORIO, S.L. con enderezo de notificacións en rúa Magallanes, nº 7-3º E de Vigo, por danos padecidos en vehículo matrícula 4021-CMT o día 10 de xaneiro de 2006, na estrada Bahiña-Baiona (Baiona) e que individualiza economicamente en 630,36 ¤. Resultando.- Que con data 27/03/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 19/04/2006 co seguinte contido: "a) El vial Bahiña-Baiona es Vía Provincial. b) El 10/01/06 efectivamente se estaban llevando a cabo obras de acondicionamiento y mejora en el vial Bahiña-Baiona en el lugar de o cruceiro c) Se desconocía que hubiese habido el accidente que describen en la reclamación d) No se tiene conocimiento de accidentes con motivo de las obras, que se vienen realizando desde hace ya bastante tiempo (desde finales de 2004), por su complejidad y dificultades, pero que han estado siempre señalizadas en cabeza y final del tramo, de unos 800 mts. e) Recabada información al jefe de obra de la empresa constructora, me indica que al recortar la carretera para establecimiento del bordillo de las aceras, como la cimentación de éste baja unos 25 cms de la rasante del vial se produjo en el borde de la carretera un desnivel de esa cuantía aproximada que, lógicamente, no estaba puntualmente señalizado, pero sí, como antes se decía el comienzo y final del tramo en obras." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do informe do Enxeñeiro Xefe da Zona Sur de Vías e Obras dedúcese claramente a sinalización da obra, sinalización que, en todo caso, de haber sido omitida, seríalle imputable a empresa adxudicataria das obras en virtude do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que atribúe ó contratista a indemnización dos prexuízos causados a terceiros na execución do contrato. Así as cousas, constante no informe do Enxeñeiro Xefe a correcta sinalización das obras (800 mts. na cabeza e fin do tramo) e atopándose o devandito documento imbuído dos principios de presunción de veracidade, certeza e neutralidade compre outorgarlle a este valor probatorio suficiente para desvirtuar o alegado pola recorrente, debendo seguir a reclamación o camiño da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 202 6.13955.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MIGUEL A. GONZÁLEZ FERNÁNDEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA DE MAÑUFE (GONDOMAR) Dada conta que con data de rexistro 09/11/2005 (Rex. nº 033678) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Miguel Ángel González Fernández con enderezo en rúa Costa nº 7 de Mañufe por danos padecidos en vehículo matrícula C-9485-BHR o día 22/12/2000, na estrada de Mañufe á altura da "Escuela Moreiras" e que individualiza economicamente en 380,44 ¤, actualizada dita cantidade co incremento do I.P.C. Resultando.- Que con data 29/03/06 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 06/04/2006 co seguinte contido: "a) La carretera a la que se hace referencia es la C.P. 2305 (Mañufe-Nande) y si, es de competencia provincial. b) y siguientes... No hay constancia, ni la Brigada recuerda haber tenido la necesidad de corregir un bache en esa zona y en la época referida." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e incumprindo o da temporalidade, (por ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92, posto que os feitos sucederon o 22 de decembro do 2000 e a reclamación ten entrada no rexistro da Deputación o 9 de novembro de 2005, e dicir, habendo excedido con creces o prazo dun ano descrito no artigo 142.5 da Lei 30/92, e non desvirtúa o exposto o feito de que, dirixida inicialmente a reclamación o Concello de Gondomar, este non resolvese, limitándose a emitir a Alcaldía o 18/05/05 informe no que atribuía a Deputación a titularidade da estrada, e iso por dúas razóns, a primeira que é obriga da parte reclamante, como dilixencia preparatoria da reclamación a interpoñer, achegar todos os documentos nos que funde o seu dereito, entre outros, documento acreditativo ou certificación da titularidade da estrada, salvo que se coñecese indubitadamente a titularidade, pois tal dato é imprescindible para a válida constitución da relación procesal e da correcta interrelación das lexitimacións activa e pasiva, extremo que, non cumprimentado, só cabe achacar a neglixencia da parte reclamante, pois e conforme a un estandar medio de coñecemento social que, existindo diversas administracións no Estado, calquera pode resultar titular dunha estrada, e a segunda das razóns, que por riba da actitude da reclamante de pedir reiteradamente o ditado da resolución o Concello, e máis das responsabilidades que coubese, debeuse utilizar a posibilidade correcta descrita no artigo 43.5 da Lei 30/92, na redacción dada pola 4/99, e dicir, a solicitude da certificación acreditativa do silencio producido, que se tivo que haber feito unha vez transcorrido o prazo máximo de seis meses para resolver, ou sexa, aínda dentro do prazo de non prescrición, pero o certo e que ningunha das dúas cousas se fixo, por neglixencia concorrente do Concello -que non resolveu- e da reclamante -que non exercitou dilixentemente as súas posibilidades procedimentais-, polo que, debe quedar a salvo, por riba da titularidade demanial, o prazo de prescrición respecto da Deputación, todo iso na satisfacción do principio de seguridade xurídica descrito no artigo 9 da Constitución, pois non é razoable que, podendo habelo feito nun ano, a reclamación se presente 5 anos e 11 meses despois do feito causante. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 202 7.13956.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 202,203 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.13957.- APROBACIÓN DA DISTRIBUCIÓN DO FINANCIAMENTO DO ALUGAMENTO DUN AUTOBÚS PUBLICITARIO PARA A PROMOCIÓN DOS PROXECTOS EUROPEOS Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 3 de marzo de 2006, adxudicando o concurso para a contratación do alugamento e deseño dun autobús publicitario para a promoción dos proxectos europeos á empresa Monforte, s.a. (CIF A-15.019.243) polo prezo ofertado de cento nove mil seiscentos euros (109.600,00 ¤), IVE incluído. Visto o informe da Directora da UPD, de data 10 de abril do ano en curso, e a existencia crédito suficiente para este concepto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a distribución do financiamento do alugamento dun autobús publicitario para a promoción dos proxectos europeos, efectuándose o pagamento da cantidade de cento nove mil seiscentos euros (109.600,00 ¤) á empresa Monforte, S.A. (CIF A-15.019.243), de conformidade coa correspondente distribución por partidas que se indica a continuación no seguinte cadro: PROXECTO IMPORTE PAGOS TOTAL PARTIDAOrzamentaria 1º 2º 3º 4º abr-06 ago-06 dic-06 mar-07 35% 35% 22% CONTA CON ELAS 87.600,00 ¤ 7.008,00 ¤ 30.660,00 ¤ 30.660,00 ¤ 19.272,00 ¤ 87.600,00 ¤ 06/313.326.227.06 Cargarase a esta partida a cantidade correspondente ó ano 2006, e a cantidade do ano 2007 cargarase á que se prevexa no exercicio futuro DEPUTRÁNS 3.000,00 ¤ 3.000,00 ¤ 3.000,00 ¤ 06/ 911.441.226.02.2005 VIAS ATLANTICAS 3.000,00 ¤ 3.000,00 ¤ 3.000,00 ¤ 06/ 911.453.226.02.2005 CIDADE+ 8.000,00 ¤ 8.000,00 ¤ 8.000,00 ¤ 06/ 422.323.226.02.2005 MERCURIO 8.000,00 ¤ 8.000,00 ¤ 8.000,00 ¤ 06/ 313.626.226.02 TOTAL 109.600,00 ¤ 29.008,00 ¤ 30.660,00 ¤ 30.660,00 ¤ 19.272,00 ¤ 109.600,00 ¤ ------ Folla: 203,207 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.13958.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DOS SERVIZOS PARA A ELABORACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE CAMPAÑAS PUBLICITARIAS RELATIVAS Á DIFUSIÓN DAS ACTUACIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Visto o expediente tramitado a instancia do Sr. Xefe do Gabinete de Comunicación para a contratación dos servizos especializados dunha empresa de comunicación integral para desenvolver todas as accións de comunicación necesarias para a difusión das actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra que permitan informar ós cidadáns, institucións e colectivos da provincia de Pontevedra e a sociedade en xeral, sobre as actuacións que leva a cabo a Deputación de Pontevedra no ámbito das súas competencias e responsabilidades. Vistos así mesmo, o documento RC de data 26/04/2006 polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto e o informe de fiscalización emitidos ambos por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 4 de maio de 2006 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación mediante concurso, procedemento aberto, para a contratación dos servizos para a elaboración e desenvolvemento de campañas publicitarias relativas á difusión das actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra, por un tipo máximo de licitación de douscentos dez mil euros (210.000,00 ¤), IVE incluído. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas que rexerán en dito concurso. 3.- Autorizar o gasto por importe máximo de 210.000,00 euros, con cargo á partida 06/111.111.226.02 do vixente presuposto provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos referidos servizos, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ NO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO CONTRATO DE SERVIZOS PARA A ELABORACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE CAMPAÑAS PUBLICITARIAS RELATIVAS Á DIFUSIÓN DAS ACTUACIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A prestación de servizos especializados por parte dunha empresa de comunicación integral para desenvolver todas as accións de comunicación necesarias para a difusión das actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra que permitan informar ós cidadáns, institucións e colectivos da provincia de Pontevedra e a sociedade en xeral, sobre as actuacións que leva a cabo a Deputación de Pontevedra no ámbito das súas competencias e responsabilidades. As empresas deberán presentar un plan de comunicación para difusión das actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos no que se contemplarán os seguintes aspectos : Ø Estudos e creatividade. Ø Creación de campañas para ós distintos servizos e competencias da Deputación Provincial de Pontevedra. Ø Definición das estratexias de creatividade e comunicación para cada unha das campañas. Ø Planificación, desenvolvemento e avaliación dos medios adecuados, para a mellor execución das campañas. Ø Compra de espazos nos distintos medios que se planifiquen por parte da Deputación Provincial de Pontevedra. Ø Estudos e definición dos obxectivos públicos para cada unha das accións. Ø Desenvolvemento de accións complementarias ás campañas e servizo de apoio ó gabinete de comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra. Ø Asignación dun executivo para o seguimento permanente e a coordinación das actuacións. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/111.111.226.02 do presuposto de gastos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez prestada a conformidade pola Deputación Provincial de Pontevedra e se presentarán por mensualidades vencidas. 4.- DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá a duración dun ano a contar dende o día seguinte á formalización do contrato coa empresa adxudicataria. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base á licitación fíxase na cantidade máxima de douscentos dez mil euros (210.000,00 ¤), IVE incluído, e as empresas licitadoras deixarán constancia nas súas propostas da desagregación de prezos polos seguintes conceptos: q Publicidade e creatividade. q Asesoría, imaxen e comunicación. q Compra de medios q Produción. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais o xurídicas, españolas o estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación (Grupo T, Subgrupo 1, Categoría B) e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que contempla el art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizara a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos personais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.-Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- Su importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agás, por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres cerrados, denominados A e B en cada uno dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase cerrado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO CORRESPONDENTE Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS PARA ELABORACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE CAMPAÑAS PUBLICITARIAS RELATIVAS Á DIFUSIÓN DAS ACTUACIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Cada licitador soamente poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se ha fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTACIÓN XERAL PARA O CONCURSO CORRESPONDENTE Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS PARA ELABORACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE CAMPAÑAS PUBLICITARIAS RELATIVAS Á DIFUSIÓN DAS ACTUACIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e la representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fore persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado por a que se faga constar que non se atopa incursa en algunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Certificación, expedida por Organismo competente, acreditativa da clasificación empresarial seguinte: (Grupo T, Subgrupo 1, Categoría B). 10.-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O secretario da Corporación. -O interventor da Corporación. -O xefe do Gabinete de Comunicación. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura de los Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orden decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Proposta técnica e creatividade, ata 4 puntos. 2) Proposta económica, ata 3 puntos. 3) Plan de actuación nos medios, ata 3 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, dictará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 15.- OBRIGAS E GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- O adxudicatario asumirá ó seu cargo todos os gastos que impliquen o desenvolvemento da súa oferta e propostas, así como os gastos dos anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia e calesqueira outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de anuncios nos citados boletíns na contía máxima de 600,00 euros. Tanto o persoal que realice os traballos e servizos contratados como calquera outro servizo que se necesite será de conta do contratista que asume todas as obrigas legais que lle corresponden. De calquera circunstancia que se suscite na realización dos traballos e que implique un deterioro ou unha defectuosa aplicación do mesmo responderá o adxudicatario. Así mesmo a Deputación Provincial de Pontevedra é o propietario de todo o material utilizado para a realización destas campañas publicitarias. O adxudicatario non poderá reproducir nin publicar, total ou parcialmente ningún dos medios postos a súa disposición sen autorización do órgano contratante. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA .- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non deban imputarse á Administración. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICCIÓN COMPETENTE.- As cuestiones litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdiccional, contencioso administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición, 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don .........., maior de idade, veciño de .........., con domicilio en .......... titular do DNI/NIF Nº..............,expedido en data, en nome propio ou en representación de ....... con domicilio en .........., teléfono.........., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a prestación dos "SERVIZOS PARA ELABORACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE CAMPAÑAS PUBLICITARIAS RELATIVAS Á DIFUSIÓN DAS ACTUACIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA" comprométese a realizalos, con suxeición ós pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas. q Polo prezo máximo de:__________________________________euros (En nº e letra) Coa seguinte desagregación de prezos polos seguintes conceptos: Publicidade e creatividade........................................euros. Asesoría, imaxe e comunicación............................ euros. Medios........................................................................ euros. Produción................................................................... euros. q Proposta técnica e creatividade (Detallar a mesma). q Plan de actuación nos medios (Detallar el mesmo) (Data e sinatura do propoñente)." ------ Folla: 207 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.13959.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 07/04/2006, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co concello de Tui para a execución das obras de "Dotación de Servizos en EP 3001 Tui-Rebordans" e "Humanización do entorno da Area Panorámica de Tui", a financiar por ambos organismos nas anualidades de 2006 e 2007; vistos os proxectos relativos a ditas obras e os documentos RC, emitidos por intervención, nos que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible nas partidas 06/911.911.662.02 e 06/511.511.612.02 nas anualidades de 2006 e 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os seguintes proxectos: 1.- "Humanización do entorno da Ara Panorámica de Tui" por importe de 581.421,07 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 06/911.911.662.00, con arranxo ó seguinte financiamento: ANUALIDADE DEPUTACIÓN CONCELLO TOTAL 2006 145.355,27 145.355,27 290.710,54 2007 145.355,27 145.355,26 290.710,53 TOTAL 290.710,54 290.710,53 581.421,07 2.- "Dotación de servizos en EP 3001 Tui-Rebordans", por importe de 631.052,44 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 06/511.511.612.02, con arranxo ó seguinte financiamento: ANUALIDADE DEPUTACIÓN CONCELLO TOTAL 2006 220.868,36 94.657,86 315.526,22 2007 220.868,36 94.657,86 315.526,22 TOTAL 441.736,72 189.315,72 631.052,44 ------ Folla: 208 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.13960.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 23.13893 DA XUNTA DE GOBERNO DA SESIÓN DE DATA 7 DE ABRIL DE 2006 A Xunta de Goberno, na súa sesión de data 7 de abril de 2006, acordou aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui para a dotación de servizos na E.P. 3001 Tui-Rebordans e humanización do entorno da area panorámica. E visto o erro nas cantidades a financiar polas administracións na obra para a humanización do entorno da area panorámica o engadir no presuposto o importe das cantidades do proxecto. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo elo segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Rectificar o erro no texto do acordo nº 23.13893 no senso que se establece de seguido: PRIMEIRO.- onde di: "Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui, é a realización das seguintes obras: · Dotación de servizos na E.P. 3001 Tui-Rebordans, que conta cun presuposto de 631.052,44 euros. · Humanización do entorno da area panorámica de Tui, que conta cun presuposto de 600.964,63 euros." debe dicir : "Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui, é a realización das seguintes obras: · Dotación de servizos na E.P. 3001 Tui-Rebordans, que conta cun presuposto de 631.052,44 euros. · Humanización do entorno da area panorámica de Tui, que conta cun presuposto de 581.421,07 euros." SEGUNDO.- onde di: "Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a 1.232.017,07 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes a redacción dos Proxectos." debe dicir : "Cuarta.- O importe a que se refire o presente convenio ascende a 1.212.473,51 euros e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes a redacción dos Proxectos." TERCEIRA.-onde di: "b) Humanización do entorno da área panorámica 2006 2007 Deputación Provincial de Pontevedra 150.241,16 ¤ 150.241,16 ¤ Concello de Tui 150.241,16 ¤ 150.241,15 ¤ Investimento total 600.964,63 ¤ - debe dicir : "b) Humanización do entorno da área panorámica 2006 2007 Deputación Provincial de Pontevedra 145.355,27 ¤ 145.355,27 ¤ Concello de Tui 145.355,27 ¤ 145.355,26 ¤ Investimento total 581.421,07 ¤ permanecendo invariable o resto do texto da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: 208 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.13961.- RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS De conformidade co disposto na Lei 70/78, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública e Real decreto 1461/82, de 25 de xuño, polo que se ditan normas de aplicación da Lei 70/78, de 26 de decembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer ó funcionario Don Marcos Areán González, Auxiliar Administrativo adscrito ó Servizo Agrario: 1 ano de servizos prestados no concello de Rodeiro, como persoal contratado laboral, fixándose como data de antigüidade a efectos de trienios o 1 de xaneiro de 2005. ------ Folla: 209,210 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.13962.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EUGENIA VELASCO PAZOS EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DONA BELEN RIAL SANCHEZ POR DANOS PADECIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NO CAMIÑO DAS GRADES-VERDELLA EN SAN MIGUEL DE OIA (VIGO) Dada conta que con data de rexistro 12/04/2006 (Rex. nº 012608) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Eugenia Velasco Pazos en nome e representación de DONA BELEN RIAL SÁNCHEZ con enderezo a efectos de notificacións na Rúa da Tablada, 6-baixo dereita de Pontevedra por danos padecidos no seu vehículo matrícula C-9906-BJX o día 18/06/05, no camiño das Grades-Verdella en San Miguel de Oia (Vigo) e que individualiza economicamente en 6.511,58 ¤. Resultando.- Que con data 17/04/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 21/04/2006 co seguinte contido: "... 1. El camino Das Grades-Verdella es de titularidad municipal. 2. Según informe emitido por el Jefe del Parque de Maquinaria de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, "este centro colaboró con el citado Ayuntamiento con los medios disponibles en el acondicionamiento de dicho camino, según lo establecido y de acuerdo con la documentación que al respecto se adjunta, por lo que entendemos que dicha reclamación deberá dirigirse al Ayuntamiento de Vigo" 3. Según se desprende de la documentación remitida desde el Parque de Maquinaria, con fecha 13 de mayo de 2005 tiene entrada en el Registro General de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra solicitud formulada por el Ayuntamiento de Vigo para la concesión de ayuda de maquinaria y material (aglomerado) para acondicionamiento en la parroquia de San Miguel de Oia, emplazamiento, Camino Verdella, Camiño As Grades, Camiño Senra de Abaixo, Camiño Rozo. 4. En dicho documento se especifica que el Ayuntamiento se hace responsable de los trabajos a realizar por lo que se refiere, en lo que aquí interesa, a la reposición de bienes afectados, la señalización y seguridad durante su ejecución, el adecentamiento de la calzada en las carreteras por su uso o trabajo en las mismas...Además el Ayuntamiento se compromete a que los trabajos a realizar sean de utilidad pública, hacerse cargo de su posterior conservación y señalización y de los materiales para las canalizaciones, así como aportar personal auxiliar, suministrar el combustible que consuman las máquinas durante estos trabajos entre otras. 5. Al presente escrito se adjunta informe emitido al respecto por el Jefe del Parque de Maquinaria así como el documento presentado por el Ayuntamiento de Vigo solicitando la concesión de ayuda de maquinaria y material para acondicionamiento en la parroquia de San Miguel de Oia" Informe do Xefe do Parque de Maquinaria desta Deputación: "En relación con la reclamación remitida a este Centro, referente a Dña. Belen Rial Sánchez, en el Ayuntamiento de Vigo Parroquia de San Miguel de Oya Camino Das Grades-Verdella, SE INFORMA: Que este Centro colaboró con el citado Ayuntamiento con los medios disponibles en el acondicionamiento de dicho camino, según lo establecido y de acuerdo con la documentación que al respecto se adjunta, por lo que entendemos que dicha reclamación deberá dirigirse al Ayuntamiento de Vigo." Solicitude de Dona Mª Soledad Polo Lima en calidade de Concelleira de distrito Vigo. "...SOLICITA de V.I. a concesión de axuda de maquinaria e material (aglomerado), para acondicionamento na Parroquia de San Miguel de Oia conforme os datos que se expresan: Traballo a realizar e finalidade: pavimentado e asfaltado, Emprazamento: Camiño Verdella, Camiño As Grades, Camiño Senra de Abaixo, Camiño Rozo; Días de execución estimados; Facéndose RESPONSABLE o Concello dos traballos a realizar polo que respecta á ocupación de terreos particulares, reposición de bens afectados, posuír os permisos que correspondan das autoridades e organismos, a sinalización e seguridade durante a súa execución, o adecentamento da calzada nas estradas polo seu uso ou traballos das mesmas, así como dos materiais non aproveitables e producidos durante a execución dos traballos. Igualmente COMPROMÉTESE a respectar o entorno medio ambiental. E a que os traballos a realizar sexan de utilidade pública e que estes non estean afectados por outras axudas que supoñían duplicidade, a responsabilidade técnico-colexiada, e facerse cargo da súa posterior conservación e sinalización e dos materiais para as canalizacións, así como aportar o persoal auxiliar, a subministrar o combustible que consuman as máquinas durante estes traballos, e ó traslado dos condutores- maquinistas do concello ó traballo de ser requirido (1), a colocación dos carteis de obra por tempo indefinido, e se procedese informar dos traballos realizados, e conformalos subministros de materiais e/ou maquinaria..." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto dos informes do Xefe de Sección do Servizo de Vías e Obras e do Xefe do Parque de Maquinaria, dedúcese claramente que a Deputación o único que fixo foi colaborar co Concello de Vigo coa maquinaria propia, extremo que resulta corroborado polo documento asinado pola Alcaldesa do Concello de Vigo no que se solicita a esta Deputación a concesión de axuda de maquinaria e material para acondicionamento na Parroquia de San Miguel de Oia; "Facéndose RESPONSABLE o Concello dos traballos a realizar polo que respecta á ocupación de terreos particulares, reposición de bens afectados..." Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 210 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.13963.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE DOZÓN Dada conta da comunicación do Concello de Dozón, de data 5 de abril de 2006, sobre Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dozón, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 2 de maio de 2006, que literalmente di: "... por parte de este Servicio se emite informe favorable, estableciendo una distancia entre líneas de edificación de 14 m. en aquellos tramos de Carretera Provincial con calificación de suelo urbano." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Dozón. ------ Folla: 210 15.13964.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición