ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/05/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-05-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/05/12_Ordinaria

  • Data(s) 2006-05-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 211 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día doce de maio do ano dous mil seis, baixo a Presidencia de D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e D. José Manuel Figueroa Vila. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13965.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de maio de 2006. ------ Folla: 211,213 2.13966.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN "KANGURAS" A ASINAR ENTRE O CONCELLO DE BAIONA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Como queira que o concello de Baiona solicitou a colaboración da Deputación de Pontevedra na posta en marcha no ano 2006, dun proxecto denominado "Kanguras", que ten como finalidade facilitar a formación e inserción laboral dos pais e nais do termo municipal de Baiona, quedando os seus fillos/as ó coidado de mulleres especialidades na atención á infancia, sendo avaliado o devandito proxecto como de sumo interese polo Servizo Provincial de Acción Social, subscribíndose un Protocolo de colaboración o día 7 de marzo de 2006 entre ambas as dúas Institucións, e a vista do documento RC nº 20060004074, emitido por Intervención o 2 de maio de 2006, por importe de 20.000,00 ¤, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, para a posta en marcha no ano 2006, do proxecto "Kanguras" que pretende facilitar a formación e inserción laboral dos pais e nais do concello de Baiona, deixando os seu nenos ó coidado de mulleres especializadas en atención á infancia, cunha achega económica de 20.000,00 euros por parte desta Deputación Provincial con cargo á partida 06/313.313.462.05 e de 7.000,00 euros por parte do concello de Baiona. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BAIONA PARA A POSTA EN MARCHA NO ANO 2006 DO PROXECTO PILOTO "KANGURAS" EN APOIO ÁS FAMILIAS DO CONCELLO QUE NON PODEN ACCEDER A ACTIVIDADES FORMATIVAS, LABORAIS OU SOCIAIS, POR NON TER CON QUEN DEIXAR OS SEUS NENOS E NENAS No Concello de Baiona reúnense o --- de --------- de 2006 pola Excma. Deputación Provincial D. Rafael Louzán Abal en calidade de Presidente, e coas competencias que lle atribúe o art. 34.1,b da Lei 7/85, de 2 de abril reguladora de bases de réxime local e D. Jesús Vázquez Almuiña como Alcalde do Concello de Baiona. Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As Institucións asinantes do presente Convenio co fin de colaborar na consecución da plena igualdade entre homes e mulleres, consideran fundamental apoiar ás familias con menores o seu cargo, sobre todo no caso das mulleres por ser o sector máis afectado, para que poidan formarse e acceder ó mundo laboral. Para conseguir este obxectivo consideran necesario a posta en marcha dun Programa de KANGURAS que lles permita as nais ou pais que reúnan uns requisitos determinados, dispor dun tempo persoal para que poidan realizar actividades tanto formativas como laborais, sociais e/ou culturais. Asumindo as competencias previstas no artigo 36 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local que fai referencia ás competencias das Deputacións e nos artigos 5, 21 e 22 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega nos que se recollen as áreas de actuación dos servizos sociais, nas que se atopan incluídos tanto a muller (5º.3.a), como a familia e infancia (5º.3.e), sectores ós que se dirixe o presente convenio, así como tamén os artigos 21 e 22 que recollen as competencias dos Concellos e Deputacións respectivamente, e tendo en conta que o Concello de Baiona aprobou en decembro do ano 2004 o I Plan Municipal de Igualdade entre Homes e Mulleres 2005-06 e que a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar no Pleno do 22 de febreiro o seu I Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres 2005-08 e que ambos plans conteñen un conxunto de medidas tendentes a impulsar e desenvolver políticas sociais que orienten as prácticas de igualdade nas accións, tanto municipais como provinciais, que repercutan no benestar e calidade de vida da cidadanía, as partes asinantes consideran que o Concello de Baiona é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da proposta do presente Convenio. En base ás anteriores consideracións, ámbalas dúas partes acordan establecer o presente Convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. As Institucións asinantes, Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Concello de Baiona, levarán a cabo de mutuo acordo, como experiencia piloto durante o ano 2006, un Programa de KANGURAS gratuíto cos obxectivos seguintes: 1. Por en funcionamento o servizo de kanguras nos cursos de formación ocupacional organizados polo Concello cando exista incompatibilidade de horarios. 2. Potenciar a formación das mulleres de Baiona, nun sector que se presenta como facilitador da inserción laboral como son os servizos sociocomunitarios, e mais concretamente de coidadoras infantís. 3. Facilitar a inserción laboral das mulleres de Baiona. 4. Incluír a perspectiva de xénero e da igualdade de oportunidades na formación das mulleres e na prestación dun servizo público. 5. Potenciar a participación activa e continua en igualdade para mulleres e homes en diferentes ámbitos (laborais, formativos e culturais) ofertándolles a posibilidade de poñer os seus fillos e fillas a cargo dunha kangura de modo que acaden tempo persoal e laboral necesario para poder facelo. 6. Ofrecer os/as menores un entorno educativo e de ocio cunha profesional encargada do seu coidado. No ANEXO adxunto ó convenio queda recollida a fundamentación do programa, os obxectivos xerais, beneficiarios, criterios de admisión de solicitudes, baremos para selección e priorización das mesmas, recursos humanos, funcionamento do servizo e coordinación e avaliación do mesmo e presuposto. SEGUNDA. Ámbito de actuación. O ámbito de actuación do presente convenio comprende o municipio de Baiona. TERCEIRA. Destinatarios/as. Os destinatarios de dito programa poden ser tanto persoas individuais como colectivos que reúnan os requisitos e condicións recollidos no presente Convenio e Anexo do mesmo. CUARTA. Condicións para poder acceder ó servizo. Para poder acceder ó servizo gratuíto de KANGURAS e indispensable: - Ser veciño/a do Concello de Baiona (nais, pais e parellas), ter fillos/as entre 0 e 12 anos o seu cargo e non ter con quen deixalos para realizar actividades formativas, laborais ou sociais que repercutan favorablemente no seu desenvolvemento persoal ou no dos/as menores. - Que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó baremo que se recolle no ANEXO. QUINTA. Duración e financiamento. O presente convenio entrará en vigor o mesmo día da súa sinatura e rematará o 31 de Decembro do presente ano. A achega económica por parte da Deputación para o Proxecto Servizo de Kanguras será como máximo de 20.000,00 euros consignados na partida 06/313.313.462.05 e se contraerá a obriga do pagamento ata o 31/12/2006 en que se rematará o pago total. Dita contía poderá aboarse en mensualidades unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin. Pola súa parte o Concello fará unha achega económica mínima de 7.000,00 euros con cargo á partida 324-22706 do presuposto de 2005 prorrogado para 2006. SEXTA. Participación das Institucións. As responsabilidades da Deputación e do Concello no desenvolvemento do programa serán as seguintes: DEPUTACIÓN: Achega económica e apoio técnico para o estudo e seguimento da actividade. A súa función principal será a supervisión xeral do Programa. CONCELLO DE BAIONA: Participará no programa coa achega económica sinalada na cláusula 5ª e será o organismo responsable da xestión, coordinación, seguimento, control e avaliación do programa que se realizará a través do CIM coa colaboración dos Servizos Sociais Municipais e contratacións técnicas que considere necesarias. Presentará trimestralmente na Deputación un informe sobre a evolución do programa e unha memoria o remate do mesmo. SÉPTIMA. Comisión de seguimento. A Comisión de Seguimento terá as seguintes funcións: seguimento técnico das actuacións e evolución do proceso e remate do Proxecto. Dita Comisión estará formada por parte da Deputación pola Xefa do Servizo de Acción Social e unha Traballadora Social que actuará como secretaria da Comisión e por parte do Concello de Baiona, a Directora do CIM e a traballadora social. As reunións da Comisión de Seguimento serán trimestrais ou antes se os membros que a forman o consideran necesario. OITAVA. Publicidade. O Concello de Baiona comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, Área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabore sobre o Programa. Estando as partes conformes co contido deste documento, asínano no Concello de Baiona na data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ALCALDE DO CONCELLO DE BAIONA, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Jesús Vázquez Almuiña" ------ Folla: 213 3.13967.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" ("ACONDICIONAMENTO INTERIOR DO AUDITORIO DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE" E OUTRA) Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras" ("Acondicionamento do Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe" e outra); vistos os informes emitidos polo arquitecto provincial e o enxeñeiro técnico industrial da Cidade Infantil Príncipe Felipe, nos que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á UTE CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A.- OBRAS Y CONSTRUCCIÓNS SISAN, S.L. a obra "Acondicionamento interior do Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe" na suma de 168.820,75 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 24.696,74 ¤ e un período de mantemento de corenta e oito meses. 2.- Adxudicar á UTE CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A.- OBRAS Y CONSTRUCCIÓNS SISAN, S.L. a obra "Recalce cimentación nave taller e oficinas do Parque de Maquinaria" na suma de 113.121,28 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 24.177,71 ¤ e un período de mantemento de corenta e oito meses. Os adxudicatarios constituirán unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da L.c.a.p., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 187,69 ¤, correspondente á publicación do anuncio do concurso no BOP e DOG, que ascendeu a un total de 375,38 ¤. ------ Folla: 213,214 4.13968.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" ("TERMINACIÓN EP LOIS-BESOMAÑO-RIBADUMIA" E OUTRAS) Vista a Acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras" ("Terminación EP Lois-Besomaño-Ribadumia" e outra); visto o informe emitido polo enxeñeiro director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra "Terminación EP 9504 Lois-Besomaño-Ribadumia (Ribadumia)" na suma de 295.000,00 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 14.827,40 ¤ e un período de mantemento trinta e catro de meses. 2.- Adxudicar á NARÓM, S.L. a obra "Mellora de pavimento e dotación de servizos EP Tabagón-Rosal (Rosal)" na suma de 314.629,15 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 40.756,23 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 3.- Adxudicar á CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra "Terminación ensanche EP 9703 Vilanova-Pontearnelas, tramo Pontearnelas-Tremoedo (Vilanova)" na suma de 271.037,32 ¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 20.290,93 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. 4.- Adxudicar á SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra "Rehabilitación Praza de España (Mondariz)" na suma de 231.370,21¤, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 23.324,76 ¤ e un período de mantemento de trinta e oito meses. Os adxudicatarios das obras nº1, 2 e 3, depositarán unha garantía definitiva por importe do 20% do prezo de adxudicación, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da L.c.a.p., toda vez que, segundo o manifestado no referido informe técnico, aínda que alcanzan a máxima puntuación, unha vez aplicados os criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o concurso, incorren en baixa temeraria. O adxudicatario da obra nº4, constituirá unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da L.c.a.p., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 108,09 ¤, correspondente á publicación do anuncio do concurso no BOP e DOG, que ascendeu a un total de 432,36 ¤. ------ Folla: 214 5.13969.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE "PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN BELUSO (BUEU)" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 13/01/2006, polo que se prestou aprobación a un convenio de colaboración co concello de Bueu para levar a cabo a execución da obra "Pavillón Polideportivo en Beluso (Bueu)"; vistos os documentos RC, emitidos por Intervención, relativos á existencia de crédito na partida 06/123.452.662.00, nas anualidades de 2006 e 2007, e, visto o proxecto de dita obra, cun presuposto para coñecemento da Administración de 601.012,00 ¤, IVE incluído, desagregado en presuposto de contrata por importe de 582.012,00 ¤, e honorarios de redacción de proxecto por importe de 19.000,00 ¤, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto con cargo á partida 06/123.452.662.00 consonte ás seguintes achegas e anualidades: ANUALIDADE DEPUTACION CONCELLO TOTAL 2006 511.012,00 30.000,00 541.012,00 2007 60.000,00 60.000,00 TOTAL 511.012,00 90.000,00 601.012,00 Os honorarios de redacción do proxecto, por importe de 19.000,00 ¤, serán aboados polo concello de Bueu con cargo á súa achega ó convenio. ------ Folla: 214,218 6.13970.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICO-EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS DO CENTRO DE VACACIÓNS DE "A LANZADA" DURANTE O ANO 2006 Visto o expediente tramitado a instancia da Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", para a contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, a realizar dende o 01/07/06 ó 03/09/06, ambos inclusive, incluíndo 6 quendas de campamentos cunha duración de dez días e cun custo cifrado na cantidade máxima de 50.000,00 euros, IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 4 de maio de 2006 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos citados campamentos e vistos así mesmo, o documento RC de data 26/04/06, polo que se certifica a existencia de crédito na partida 06/452.452.227.20 por importe de 50.000,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 10 de maio de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán de 2006, por importe de 50.000,00, IVE incluído, a razón dun prezo máximo por cada quenda de campamento realizado de 8.333,33 euros, IVE incluído. Os campamentos desenvolveranse en seis quendas cun máximo de 150 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación: ASENTAMENTO INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 01-07-06 ó 10-07-06 150 10 150 2º Campamento 12-07-06 ó 21-07-06 150 10 150 3º Campamento 23-07-06 ó 01-08-06 150 10 150 4º Campamento 03-08-06 ó 12-08-06 150 10 150 5º Campamento 14-08-06 ó 23-08-06 150 10 150 6º Campamento 25-08-06 ó 03-09-06 150 10 150 TOTAL........... 900 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerá en dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 50.000,00 euros, con cargo á partida 06/452.452.227.20 do vixente Presuposto provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido servizo, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2006 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A prestación do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos de verán 2006 no Centro de Vacacións "A Lanzada", en base a un proxecto lúdico e educativo que inclúa a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e todas aquelas encamiñadas a lograr un desenvolvemento persoal e social que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo multicultural dos nenos que van a participar dos campamentos e de acordo coas características técnicas que figuran na proposta da directora de xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" que se une como anexo ó presente prego. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/452.452.227.20 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo dos servizos efectuarase, o 50% do importe do contrato ó finalizar as tres primeiras quendas de campamentos e o 50% restante, ó terminar as tres últimas quendas contra presentación das correspondentes facturas e memoria resumen das actividades desenvoltas. 4.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO.- A asistencia técnico educativa terá lugar dende o día 1 de xullo ó 3 de setembro do año 2006 e efectuarase en base a un proxecto educativo que inclúa as actividades a realizar, metodoloxía, recursos dispoñibles e a programación de cada quenda de campamento. Os servizos obxecto do contrato inclúen o recibimento dos menores, asignación de grupos e asentamento, organización de actividades diarias deportivas, lúdicas e educativas para os menores con idades incluídas entre 8 e 13 años, utilizando os recursos e o entorno de que dispón o Centro de Vacacións de A Lanzada, excursións e clausura de cada campamento co recibimento dos familiares dos menores ou persoas encargadas da súa educación. A empresa adxudicataria dos servizos deberá contar con todos os requisitos establecidos polo Decreto 50/2000, da Xunta de Galicia polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude publicado no Diario Oficial de Galicia Nº 49 de 10 de marzo de 2000. Os servizos de alimentación, limpeza e lavandería correrán a cargo das empresas contratadas pola Deputación, así como as instalacións e tendas en onde se desenvolvan las actividades e se aloxen os menores e persoal da empresa encargada. A empresa deberá achegar, ademais do persoal relacionado na proposta da directora de xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" que se une como anexo ó presente prego, o material técnico funxible necesario para a realización das actividades. Os campamentos desenvolveranse en seis quendas cun máximo de 150 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación. ASENTAMENTO INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 01-07-06 ó 10-07-06 150 10 150 2º Campamento 12-07-06 ó 21-07-06 150 10 150 3º Campamento 23-07-06 ó 01-08-06 150 10 150 4º Campamento 03-08-06 ó 12-08-06 150 10 150 5º Campamento 14-08-06 ó 23-08-06 150 10 150 6º Campamento 25-08-06 ó 03-09-06 150 10 150 TOTAL........... 900 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima de cincuenta mil euros (50.000,00 ¤) (IVE incluído), en función dun prezo unitario máximo de 8.333,33 euros por cada quenda de campamento realizado. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, profesional e técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos personais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.-Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar áa resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agás, por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2006" Cada licitador soamente poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase o proxecto educativo (xustificación, obxectivos, actividades, metodoloxía, temporalización, recursos, avaliación) a desenvolver e demais documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA O CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2006" Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fore persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa en algunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de seguridade social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, en su defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance o extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos servizos realizados nos tres últimos exercicios. d) Titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato. e) Declaración do material de que disponga o empresario para a realización do contrato. 10.-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O secretario Xeral da Corporación. -O interventor da Corporación. -A directora de xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN da DOCUMENTACIÓN XERAL e APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar a las 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA LA ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orden decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Actividades e programas educativos a desenvolver, ata 5 puntos. 2) Melloras propostas, ata 3 puntos. 3) Menor prezo ofertado, ata 2 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, evacuados os informes técnicos correspondentes e recibida a proposta da Mesa de Contratación, ditará alternativamente dentro dun mes seguinte ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN do CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e a súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calesqueira outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA .- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do T.r. da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICCIÓN COMPETENTE.- As cuestiones litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don .........., maior de idade, veciño de .........., con domicilio en .......... titular do DNI/NIF Nº..............,expedido en data, en nome propio ou en representación de ....... con domicilio en .........., teléfono.........., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a prestación dos "SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2006" comprométese a realizalos, con suxeición ós pregos de cláusulas económicas-administrativas e técnicas e de acordo ó seguinte detalle: § Polo prezo total de ................. euros, IVE incluído, a razón de ............ euros /Quenda de campamento. § Actividades e programas educativos a desenvolver (Relacionar os mesmos) § Melloras ofertadas (Relacionar las mesmas). (Data e sinatura do propoñente)." ------ Folla: 218,222 7.13971.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE ALIMENTACIÓN E HOSTALERÍA NO CENTRO DE VACACIÓNS DE "A LANZADA" PARA O VERÁN DE 2006 Visto o expediente tramitado a proposta das Direccións de Xerencia e Xestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a contratación do servizo de alimentación e hostalería no Centro de Vacacións de A Lanzada para o verán de 2006, a efectuar dende o día 1 de xullo ó 3 de setembro de 2006, ambos inclusive, de conformidade coas especificacións que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polas citadas Direccións de data 18 de abril de 2006 e en base ás seguintes previsións de ocupación: ASENTAMENTO INICIO-FIN PERSOAS DÍAS TOTAL PRAZAS 1º Campamento 01-07-06 ó 10-07-06 150 10 1.500 2º Campamento 12-07-06 ó 21-07-06 150 10 1.500 3º Campamento 23-07-06 ó 01-08-06 150 10 1.500 4º Campamento 03-08-06 ó 12-08-06 150 10 1.500 5º Campamento 14-08-06 ó 23-08-06 150 10 1.500 6º Campamento 25-08-06 ó 03-09-06 150 10 1.500 Residencia nenos mes de xullo 1 ó 31 50 31 1.550 TOTAL 10.550 Vistos así mesmo, os documentos RCs de data 26/04/06 polos que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto con cargo ás partidas 06/452.452.227.00 (limpeza), 06/452.452.227.12 (lavandería) e 06/452.452.227.21 (alimentación), do vixente Presuposto provincial e o informe de fiscalización emitidos ambos por Intervención. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 9 de maio de 2006 sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do servizo de alimentación e hostalería no Centro de Vacacións de A Lanzada para o verán de 2006, por un tipo máximo de licitación de oitenta e seis mil trescentos cincuenta euros (86.350,00 ¤) (IVE incluído), desagregado nos seguintes servizos e cantidades máximas: CAMPAMENTOS: -Limpeza 0,45 ¤/praza/día x 9.000 prazas 4.050,00 ¤ -Lavandería 0,75 ¤/praza/día x 9.000 prazas 6.750,00 ¤ -Alimentación 7,50 ¤/praza/día x 9.000 prazas 67.500,00 ¤ TOTAL a razón de 8,70 ¤/praza/día x 9.000 prazas..... 78.300,00 ¤ RESIDENCIA: -Limpieza 0,45 ¤/praza/día x 500 prazas 225,00 ¤ -Alimentación 3,50 ¤/praza/día x 950 prazas (merenda +cea)7,50 ¤/praza/día x 600 prazas (almorzo, comida, merienda e cea) 3.325,00 ¤4.500,00 ¤ TOTAL ................. 8.050,00 ¤ 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 86.350,00 euros, con cargo ás partidas 06/452.452.227.00 (limpeza), 06/452.452.227.12 (lavandería) e 06/452.452.227.21 (alimentación), do vixente Presuposto provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos referidos servizos, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, a contar dende o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXIRÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, O CONTRATO DO SERVIZO DE ALIMENTACIÓN E HOSTALERÍA NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DE 2006. 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A prestación do servizo de alimentación e hostalería no Centro de Vacacións A Lanzada, durante os campamentos de verán 2006 de conformidade coas especificacións que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polas Direccións de Xerencia e Gestión da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" de data 18 de abril de 2006. 2.-FINANCIACIÓN.- O prezo do contrato financiarase con cargo ás partidas 06/452.452.227.00 (limpieza), 06/452.452.227.12 (lavandería) e 06/452.452.227.21 (alimentación), do presuposto de gastos da Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o Servizo e finalizada a temporada vacacional. 4.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO.- Terá lugar dende o día 1 de xullo ó 3 de setembro do ano 2006, ambos inclusive, de conformidade coas especificacións que figuran no prego de prescripcións técnicas elaborado polas Direccións de Xerencia e Xestión da Ciudade Infantil "Príncipe Felipe" de data 18 de abril de 2006 e en base á seguintes previsións de ocupación: ASENTAMENTO INICIO-FIN PERSOAS DÍAS TOTAL PRAZAS 1º Campamento 01-07-06 ó 10-07-06 150 10 1.500 2º Campamento 12-07-06 ó 21-07-06 150 10 1.500 3º Campamento 23-07-06 ó 01-08-06 150 10 1.500 4º Campamento 03-08-06 ó 12-08-06 150 10 1.500 5º Campamento 14-08-06 ó 23-08-06 150 10 1.500 6º Campamento 25-08-06 ó 03-09-06 150 10 1.500 Residencia nenos mes de xullo 1 ó 31 50 31 1.550 TOTAL 10.550 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima de oitenta e seis mil trescientos cincuenta euros (86.350,00 ¤) (IVE incluído), desagregada nos seguintes servizos e cantidades máximas: CAMPAMENTOS: -Limpeza 0,45 ¤/praza/día x 9.000 prazas 4.050,00 ¤ -Lavandería 0,75 ¤/praza/día x 9.000 prazas 6.750,00 ¤ -Alimentación 7,50 ¤/praza/día x 9.000 prazas 67.500,00 ¤ TOTAL a razón de 8,70 ¤/praza/día x 9.000 prazas..... 78.300,00 ¤ RESIDENCIA: -Limpieza 0,45 ¤/praza/día x 500 prazas 225,00 ¤ -Alimentación 3,50 ¤/praza/día x 950 prazas (merenda +cea)7,50 ¤/praza/día x 600 prazas (almorzo, comida, merienda e cea) 3.325,00 ¤4.500,00 ¤ TOTAL ................. 8.050,00 ¤ 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, profesional e técnica nos termos que dispoñen os artigos 15 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (Rdl 2/2000) e non se atopen incursas en ningunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias perante a Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva será ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais a contar dende ó seguinte á da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agás, por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: "PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ALIMENTACIÓN E HOSTALERÍA NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN 2006" Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "DOCUMENTOS XERAIS PARA O CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ALIMENTACIÓN E HOSTALERÍA NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN 2006" Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade , indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal perante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada perante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º del T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, técnica e facultativa: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos servizos realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10.-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O secretario da Corporación. -O interventor Accidental da Corporación. -A directora de xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidira en sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demáis observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Melloras que propoñan os licitadores, ata 4 puntos. 2) Equipo de persoal por quenda que se vai utilizar na execución do contrato, ata 3 puntos. 3) Calidade dos produtos e menús ofertados, ata 2 puntos. 4) Menor prezo ofertado, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro do mes seguinte ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requeriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calqueira outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA .- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non deban imputarse á Administración. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 214 do TR da LCAP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora de dita xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en .........................titular do DNI/NIF Nº..................,expedido en data, en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en ........................., teléfono.............., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a prestación do "SERVIZO DE ALIMENTACIÓN E HOSTALERÍA NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN 2006" comprométese a realizalo, con suxeición ós pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas. Polo prezo máximo de:__________Euros_________________ (En nº e letra) de acordo á seguinte desagregación por servizos: CAMPAMENTOS: -Limpeza ......... ¤/praza/día x 9.000 prazas ......... ¤ -Lavandería ......... ¤/praza/día x 9.000 prazas ......... ¤ -Alimentación ......... ¤/praza/día x 9.000 prazas ......... ¤ RESIDENCIA: -Limpieza ......... ¤/praza/día x 500 prazas ......... ¤ -Alimentación ......... ¤/praza/día x 950 prazas (merenda +cea)......... ¤/praza/día x 600 prazas (almorzo, comida, merienda e cea) ......... ¤......... ¤ TOTAL ................. ......... ¤ § Melloras ofertadas (Relacionar as mesmas). § Equipo de persoal por quenda (Relacionar o mesmo) § Menús ofertados (Relacionar os mesmos) (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 222,223 8.13972.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: GRUPOGAL DEL NOROESTE S.L. · A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 ¤), para responder do contrato para a realización dun macroconcerto ó aire libre no Concello de O Grove, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2005 con número de operación 200500080107, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COMERCIAL VAZPE S.L. · A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de mil setenta e catro euros (1.074,00 ¤), para responder do contrato para o subministro dun tractor e un remolque para a Finca Areeiro, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/03/2004 con número de operación 200400019055, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DOCUMENTACIÓN E IMAGEN DEL NOROESTE S.L. (DIN) · A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL ATLÁNTICO, por importe de cincocentos noventa e nove euros con vinte e cinco céntimos (599,25 ¤), para responder do contrato para a prestación do servizo de reparación eléctrica e instalación dunha rede informática con motivo do traslado do Arquivo Histórico á Cidade Infantil "Príncipe Felipe", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/03/2005 con número de operación 200500026297, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL S.A. · A constituída en valores, mediante aval de BANCO BBVA, por importe de mil quince euros con sesenta e catro céntimos (1.015,64 ¤), para responder do contrato para a prestación do servizo de limpeza da Finca Areeiro durante o ano 2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2005 con número de operación 200500008375, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CLARO SOL S.A. · A constituída en valores, mediante aval de BANCO BBVA, por importe de seiscentos trinta e catro euros con trinta e sete céntimos (634,37 ¤), para responder do contrato para a prestación do servizo de limpeza da Finca Mouriscade durante o ano 2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/02/2005 con número de operación 200500008376, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 223,224 9.13973.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 5 de maio de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polo centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200600000406 e que conten cinco facturas, sendo a primeira de Halcon Viajes, por importe de 78.570,00 ¤ e a derradeira de Panadería A Devesa-1, S.L., por importe de 1.930,89 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 92.210,10 ¤ Descontos IRPF 0,00 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0,00 ¤ Total líquido 92.210,10 ¤ ------ Folla: 224 10.13974.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS a) A Xunta de Goberno queda enterada do Auto do Xulgado do Contencioso nº 2 de Vigo, de data 2 de maio de 2006, polo que se declara incompetente para coñecer do recurso promovido por D. Manuel Estévez Conde contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico (Procedemento Abreviado 196/ 2006), atendendo así as alegacións formuladas con data 7 de abril de 2006 pola Asesoría Xurídica desta Deputación de que conforme ó ditado do artigo 14,1,1ª da Lei 29/98 será competente o órgano xurisdicional na que teña a súa circunscrición a sede do órgano que ditou o acto impugnado. b) Dada conta de que con data 28 de abril de 2006 notifícase sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso número 02/ 4381 /2002, promovido por D. Ramón Chantada Abollo contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 13 de decembro de 2000 na estrada provincial 7005 (CUVI Vigo), e na que se estima dito recurso, condenando á Deputación ó pago dunha indemnización de 3.281,23 ¤ mais os xuros legais desde a data de reclamación en vía administrativa, é dicir, dende o día 11 de xuño de 2001. Visto o informe da Intervención, de data 3 de maio de 2006, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida a favor de Don Ramón Chantada Abollo, por importe do principal, 3.281,23 ¤, máis 677,43 ¤ en concepto de xuros legais, conforme ó ordenado na referida sentenza, polo que a indemnización total ascende a 3.958,66 ¤, con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que deberá ser notificado o presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. CUARTO.- Notificar igualmente o presente acordo á aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 3.357,65 ¤ (tres mil trescentos cincuenta e sete euros con sesenta e cinco céntimos) mediante ingreso na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Dita sentenza deriva duns autos seguidos polos Servizos Xurídicos da aseguradora AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., conforme á póliza antes referida. ------ Folla: 224 11.13975.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 224 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.13976.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 26 DE AGOSTO DE 2005, Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS "VILLA DE BOUZAS, DR. CASAS" DE VIGO Como queira que en virtude de acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 26 de agosto de 2005, concedeuse unha subvención, por importe de 1.200,00 euros, á Asociación de Veciños "Villa de Bouzas, Dr. Casas" de Vigo, para "Curso de fomento de accións locais", cunha duración de 120 horas, e na xustificación da subvención por parte da devandita Asociación só se xustifican 20 horas de curso incumprindo as Bases reguladoras da convocatoria 2005 de subvención para Asociacións de Mulleres, que sinalaban como requisito un mínimo de 40 horas de curso para optar a tales subvencións; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a anulación da subvención por importe de 1.200,00 euros a cargo da partida 05/313.313.480.02 a favor da Asociación de Veciños "Villa de Bouzas, Dr. Casas" de Vigo, para "Curso de fomento de accións locais" concedida pola Xunta de Goberno de 26 de agosto de 2005, ó non cumprir o requisito previsto na cláusula 3ª apartado 7, das Bases reguladoras da convocatoria 2005 de subvención para Asociacións de Mulleres Sen Fins de Lucro. ------ Folla: 224,225 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.13977.- MODIFICACIÓN DAS BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL APROBADAS POLA XUNTA DE GOBERNO EN SESIÓN DE DATA 28 DE ABRIL DE 2006 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 28 de abril de 2006 aprobando ás Bases de Axuda económica para a recuperación de embarcacións tradicionais e para a mellora de embarcacións dedicadas á pesca artesanal e de baixura. Resultando que o 5 de maio se recibe neste Servizo Agrario, escrito da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos no que pon de manifesto que se debe eliminar das Bases as subvencións ás novas construcións e ós motores. Considerando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo elo segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Publicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar as Bases no sentido de: No punto 1.- Obxecto: no parágrafo 2º eliminar "motores e novas embarcacións". No punto 2.- Para embarcacións tradicionais, letra A: No parágrafo 2º eliminar "Motores". No punto 3.- Para a pesca costeira artesanal, letra A: Eliminar o parágrafo "Poderanse subvencionar, así mesmo, motores ou novas embarcacións que supoñan unha evidente mellora tecnolóxica ou unha seguridade e melloren as condicións laborais dos seus tripulantes". Outros equipamentos, eliminar o cadro: "Motores fora borda, intra borda e nova embarcación". Na letra C: Solicitudes e documentación, eliminar o parágrafo b. ------ Folla: 225,228 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.13978.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado polo Pleno, en sesión celebrada o día 28/11/2005, polo que se aprobou definitivamente o proxecto de "Mellora da seguridade vial na intersección da EP 8001 coa EP 8702 (Catoira)", con presuposto para coñecemento da Administración de 157.668,70 ¤, desagregado en presuposto de contrata por importe de 137.004,70 ¤ e expropiacións por importe de 20.664,00 ¤, con cargo á partida 05/511.511.612.02. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión do día 7 do pasado mes de Abril, polo que se prestou aprobación ó convenio de colaboración co Concello de Tui para a execución das obras de "Dotación de servizos en E.P. 3001 Tui-Rebordáns" e "Humanización do entorno da área panorámica". Visto o acordo da Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 5 dos correntes, prestouse aprobación os proxectos de "dotación de servizos en E.P. 3001 Tui-Rebordanes", e "humanización do entorno da área panorámica" por importe de 631.052,44 ¤ e 581.421,07 ¤, respectivamente, a financiar nas anualidades de 2006 e 2007. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral, relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso, e visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras: 1.- Humanización do entorno do área panorámica de Tui 581.421,07 2.- Dotación de servizos E.P. 3001 Tui-Rebordáns (Tui) 631.052,44 3.- Mell. seguridade vial intersección EP 8001 con EP 8702 (Catoira) 137.004,70 A obra nº 1, financiarase con cargo á partida 06/911.911.662.00 con arranxo á seguinte distribución por anualidades: ANUALIDADE DEPUTACION CONCELLO TOTAL 2006 145.355,27 145.355,27 290.710,54 2007 145.355,27 145.355,26 290.710,53 TOTAL 290.710,54 290.710,53 581.421,07 A obra nº 2 financiarase con cargo á partida 06/511.511.612.02 con arranxo á seguinte distribución por anualidades: ANUALIDADE DEPUTACION CONCELLO TOTAL 2006 220.868,36 94.657,86 315.526,22 2007 220.868,36 94.657,86 315.526,22 TOTAL 441.736,72 189.315,72 631.052,44 A obra número 3 financiarase con cargo á partida 06/511.511.612.02. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: "PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" 1ª.- Obxecto: A contratación por p

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición