Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-05-26_Ordinaria. Acta de sesión 2006/05/26_Ordinaria
Acta de sesión 2006/05/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-05-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/05/26_Ordinaria
Data(s) 2006-05-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 241 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e seis de maio do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.13998.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 19 de maio de 2006. ------ Folla: 241 2.13999.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DE DON MANUEL SOTO FRAGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" OUTORGADA EN SESIÓN DE DATA 22/07/2005 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión de 22 de xullo de 2005, unha subvención por importe de 1.322,92 euros a favor de D. Manuel Soto Fraga, veciño de Cerdedo, para construción dun aseo na súa vivenda, e solicitado o 2 de maio de 2006, polo Sr. Alcalde do concello de Cerdedo, unha prórroga para xustificación da subvención concedida a tal beneficiario debido a imposibilidade de rematar a obra por causas meteorolóxicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 31 de xullo de 2006, a xustificación da subvención para arranxo de vivenda, concedida a favor de D. Manuel Soto Fraga, pola Xunta de Goberno de 22 de xullo de 2005, por importe de 1.322,92 euros. ------ Folla: 241 3.14000.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DE DONA Mª TERESA FIGUEROA REY PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" OUTORGADA EN SESIÓN DE DATA 22/07/2005 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión de 22 de xullo de 2005, unha subvención por importe de 1.846,18 euros a favor de Dona Teresa Figueroa Rey, veciña de Cerdedo, para arranxo da cuberta da súa vivenda, e dado que o solicitado o 2 de maio de 2006, polo Sr. Alcalde do concello de Cerdedo, unha prórroga a favor da citada beneficiaria, por non poder rematar a obra no tempo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 31 de xullo de 2006, a xustificación da subvención aprobada pola Xunta de Goberno do 22 de xullo de 2005, a favor de Dona Teresa Figueroa Rey, por importe de 1.846,18 euros, para arranxo de cuberta da súa vivenda. ------ Folla: 241 4.14001.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DE DONA Mª JESÚS GÓMEZ ALONSO PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" OUTORGADA EN SESIÓN DE DATA 22/07/2005 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión de 22 de xullo de 2005, unha subvención por importe de 2.726,18 euros a favor de Dona María Jesús Gómez Alonso, veciña de A Lama, e solicitada o 12 de maio de 2006 a través de escrito do Sr. Alcalde do concello de A Lama, unha prórroga que permita concluír a obra subvencionada, pese ás condicións de illamento en que se atopa a vivenda, dificultando a súa realización, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 31 de agosto de 2006, a xustificación da subvención para arranxo da vivenda, aprobada pola Xunta de Goberno do 22 de xullo de 2005, a favor de Dona María Jesús Gómez Alonso, veciña de A Lama por importe de 2.726,18 euros. ------ Folla: 241,242 5.14002.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA A FAVOR DE DONA OTILIA CID FRAGUAS PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA "ARRANXO DE VIVENDA" OUTORGADA EN SESIÓN DE DATA 22/07/2005 DA XUNTA DE GOBERNO Aprobado o 22 de xullo pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 1.839,17 euros a favor de Dona Mª Otilia Cid Fraguas, veciña de Cotobade, e dado que o 11 de maio do presente ano solicitouse mediante escrito do Sr. Alcalde do concello da Cotobade, unha prórroga para xustificar a devandita subvención, toda vez que xurdiron problemas coa empresa construtora encargada de acometer a obra obxecto da subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 30 de setembro de 2006 a xustificación da subvención para arranxo da vivenda, aprobada pola Xunta de Goberno do 22 de xullo de 2005, por importe de 1.839,17 a favor de Dona Otilia Cid Fraguas. ------ Folla: 242 6.14003.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº10 DO PROXECTO MODIFICADO DE ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DA EP SAN VICENTE - O GROVE Vista a certificación núm. 10 relativa as obras de "Proxecto modificado de ensanche e acondicionamento E.P. San Vicente - O Grove", adxudicadas no seu día a Empresa Construccións Obras e Víais, S.L., visto informe favorable, coas salvedades que se sinalan, do Servizo de Intervención da data 18 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17.1 da execución do orzamento provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A 06/511.511-612.02.2004 251.970,26 (Deputación) Subtotal parcial 251.970,26 Técnicos Directores Id. 7.301,37 Control de Calidade I.d. 912,67 Seguridade e saúde I.d. 912,67 TOTAL................ 242.843,55 Respecto a liquidación dos honorarios que se formula pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da presentación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo despréndese do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 242 7.14004.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº3 E LIQUIDACIÓN DA EP 2803 FORNELOS-FESTÍN (FORNELOS) (DEPUTACIÓN), INCLUÍDA NO POL/2004 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á certificación nº 3 e liquidación da obra de "E.P. 2803 Fornelos-Festín (Fornelos) (Deputación)", incluída no POL/2004, co número 445 e declarar de aboamento a cantidade de cento setenta e oito mil novecentos oitenta e dous euros con sesenta céntimos (178.982,60), que foi informada favorablemente por Intervención, con cargo ó Estado de Gastos do vixente Orzamento e a teor da aplicación e detalle que a continuación se sinala (esta R.P. anula a R.P. nº 6799 de data 16/05/06) CONCEPTO PARTIDA EUROS Pavimentos de Meaño, S.L. 06/911.511-611.03.2004 (U.E.) 107.980,21 Pavimentos de Meaño, S.L. 06/911.511-611.03.2004 (M.A.P.) 24.717,49 Pavimentos de Meaño, S.L. 06/911.511-611.03.2004 (Deputación) 46.284,90 TOTAL 178.982,60 Retención Taxa de dirección Id. 5.186,40 Retención Control de calidade Id. 648,30 Retención Seguridade y saúde Id 648,30 Líquido a percibir 172.499,60 Os honorarios correspondentes ós Técnicos funcionarios desta Deputación, ingresaranse na Rúbrica 4ª, Retencións do V.I.P., para aplicación da Lei 108/63. ------ Folla: 242,244 8.14005.- CONVENIO DE COLABORACIÓN CO PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración co programa de prácticas hospitalarias, para un programa de practicas hospitalarias, durante os meses de xullo, agosto e setembro no Hospital do Salnés, mediante a achega de vinte sete mil euros (27.000,00 ¤), e con cargo á partida 06/451.422.454.00 do vixente orzamento a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincia para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA No Pazo Provincial da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, o de maio de 2006 REÚNENSE Dunha parte, o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando na súa representación segundo o establecido no art. 34.1.b) da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local e demais disposicións concordantes, e doutra, D. Juan Varela Durán, con DNI 33.205.260, catedrático de Medicina da Universidade de Santiago, na súa condición de director do Programa de Prácticas Hospitalarias con CIF núm. Q-6550046-D e domicilio en Avda. Rodrigo Padrón, 2, do concello de Santiago de Compostela (15705). EXPOÑEN: 1º.- O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS en Hospitais de nivel comarcal da Comunidade Autónoma de Galicia representa unha actividade docente independente que inclúe a alumnos das tres universidades galegas, e de transcendental importancia e significado na formación dos futuros médicos, rehabilitadores e fisioterapeutas galegos. 2º.- O PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS está auspiciado, protexido e contemplado pola Lei de ordenación sanitaria de Galicia (Título X, art. 152.2 -Docencia e formación: "A rede galega de atención sanitaria de utilización pública estará en disposición de ser aproveitada para a docencia de pregrao e de posgrao, a cuxo efecto se establecerán os convenios de colaboración oportunos"). 3º.- A subvención económica recibida da EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, representa a única posibilidade de que o Programa de Prácticas Hospitalarias poida realizarse no único hospital de nivel comarcal desta provincia. 4º.- En xullo de 1996 comezou a realizarse o PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS no hospital de Verín, estendéndose posteriormente dito programa ás provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra, e que se leva a cabo coa única subvención das Deputacións provinciais de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, respectivamente. 5º.- Nos últimos dez anos (1996 a 2005, ambos inclusive), e subvencionado exclusivamente polas deputacións provinciais de Ourense, Lugo, A Coruña e Pontevedra, o PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS levouse a cabo durante os tres meses do verán (xullo, agosto e setembro) nos hospitais de nivel comarcal, sempre cun grande éxito e aproveitamento, tanto por parte dos alumnos en prácticas como por parte dos facultativos dos distintos hospitais que participaron en dito programa. 6º.- O creador, iniciador, organizador e director do Programa de Prácticas Hospitalarias e coordinador xeral do mesmo, é o profesor D. Juan Varela Durán. 7º.- A través deste programa realizaron prácticas en hospitais comarcais da nosa Comunidade Autónoma máis de 1200 futuros especialistas galegos das distintas ramas sanitarias durante os últimos dez anos. 8º.- No verán do ano 2002 tiveron lugar con grande aproveitamento e recoñecido éxito por parte dos alumnos e facultativos as I Prácticas Hospitalarias na Fundación Hospital do Salnés, e dende entón véñense desenvolvendo de maneira ininterrompida e satisfactoria. 9º.- Interesa a ambas partes acadar un acordo que permita garantir no Hospital do Salnés, de Vilagarcía de Arousa, a continuidade dunha actividade docente xa institucionalizada por nove anos de funcionamento satisfactorio e de vital importancia na formación dos futuros médicos, rehabilitadores e fisioterapeutas da Comunidade Autónoma de Galicia. Interesa, así mesmo, axilizar os trámites para que os provedores de servizos ó PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS poidan cobrar os seus honorarios sen a dilación que supón xestionar anualmente a necesaria subvención da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Por todo o exposto, asinan o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS: PRIMEIRA.- OBXECTIVO DO CONVENIO A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra subvencionará os gastos de diversa índole, ós que se refire a cláusula terceira, que supoñen a realización das prácticas hospitalarias no hospital de nivel comarcal Fundación Hospital do Salnés, por parte de alumnos das universidades da Coruña, Santiago e Vigo, e durante os meses de xullo, agosto e setembro do ano 2006. SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONVENIO Establécese unha duración para o convenio dun ano, é dicir, que afectará ás prácticas hospitalarias a levar a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro do ano 2006. TERCEIRA.- TIPOS DE GASTOS INCLUÍDOS NA SUBVENCIÓN Ó igual que noutros hospitais de nivel comarcal das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña incluídos no programa, os gastos que se derivan da realización do PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NA FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS, de Vilagarcía de Arousa, e que se inclúen dentro da subvención que se solicita á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, abarcan os seguintes conceptos: * Organización das prácticas. * Coordinación dos equipos de traballo tanto a nivel universitario como hospitalario. * Publicidade do programa na que figurará o patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra. * Revisión e cualificación dos expedientes académicos dos aspirantes. * Proceso de selección de alumnos e adxudicación das prazas. * Aloxamento dos alumnos durante as prácticas en Vilagarcía de Arousa. * Manutención dos alumnos durante as prácticas en Vilagarcía de Arousa. * Seguro de responsabilidade civil de todos os alumnos do programa. * Seguro de accidentes de todos os alumnos do programa. * Seguimento do programa de prácticas con visitas hospitalarias. Debe sinalarse que todos os gastos de hostalería ocasionados polo programa (aloxamento, comidas, etc.) realizaranse sempre con empresarios de hostalería do concello de Vilagarcía de Arousa. CUARTA.- CUSTO TOTAL ANUAL DO PROGRAMA A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, diante da demanda de colaborar no citado programa, destina para este obxecto a cantidade de VINTE E SETE MIL EUROS (27.000,00 ¤), na partida 06/451.422.454.00 do seu orzamento. QUINTA.- COORDINADOR DO PROGRAMA DE PRÁCTICAS A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra recoñece ó programa de Prácticas Hospitalarias en hospitais comarcais como unha actividade docente independente que inclúe a alumnos das universidades da Coruña, Santiago e Vigo, así como doutras universidades españolas e como único coordinador do Programa ó profesor D. Juan Varela Durán. SEXTA.- PROCESO DE PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN ANUAL 6.1.- O coordinador do programa presentará no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, orixinais ou fotocopias cotexadas de todas as facturas dos gastos xerados na realización das prácticas. As facturas xeradas por acredores do programa de prácticas (hostais ou hoteis seleccionados para o aloxamento dos alumnos, cafeterías/bares/restaurantes seleccionados para a manutención dos alumnos, seguro de accidentes e seguro de responsabilidade civil dos alumnos) expediranse polos citados acredores a nome do Programa de Prácticas Hospitalarias. As facturas xeradas polo propio programa (organización, coordinación, publicidade, revisión e cualificación de expedientes, proceso de selección de alumnos, e seguimento do programa) expediranse polo Programa de Prácticas Hospitalarias (CIF: Q-6550046-D) a nome da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, figurando nas mesmas o tipo de gasto e a contía, entendendo que as mesmas cumpren exclusivamente a función de xustificar unha parte da subvención concedida, nunca como xustificante de prestación de servizos á Deputación Provincial. Esta circunstancia fai posible que ditas facturas sexan substituídas por unha certificación ou certificacións con igual detalle e cuantificación. 6.2.- Unha vez recibidos os xustificantes, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra aboará a contía da subvención ó PROGRAMA DE PRÁCTICAS HOSPITALARIAS, mediante transferencia bancaria á conta corrente aberta a nome do programa na entidade bancaria de que se trate, ó igual que viñeron facendo en anos anteriores tanto a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra como as Excmas. Deputacións provinciais de Ourense, Lugo e A Coruña, segundo os respectivos convenios similares a este. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Asdo.- Rafael Louzán Abal O COORDINADOR DAS PRÁCTICAS HOSPITALARIAS NO SALNÉS Asdo.- Juan Varela Durán" ------ Folla: 244 9.14006.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 245 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14007.- MODIFICACIÓN DAS FIANZAS DEFINITIVAS ESIXIDAS NO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO NÚMERO 19.13943 RELATIVO Á ADXUDICACIÓN DA ASISTENCIA TÉCNICA DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DUN CRUCEIRO POLO MEDITERRÁNEO PARA A TERCEIRA IDADE Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 24 de febreiro de 2006, no que se acordou adxudicar ás empresas Halcón Viajes S.A.U (CIF A-10.005.510) e Viajes Marsans, S.A. (CIF A-08.018.921) a asistencia da xestión e organización dun cruceiro polo Mediterráneo para a terceira idade por uns prezos de setecentos noventa euros/persoa (790 ¤/persoa) e oitocentos euros/persoa (800 ¤/persoa), IVE incluído, respectivamente. En cumprimento co estipulado no artigo 36.1 do Real decreto lexislativo 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba a Lei de Contratos das administracións públicas, acordouse, na mesma sesión, que os adxudicatarios constituíran unha fianza definitiva, cada un, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación. Este prezo de adxudicación non se puido establecer de forma exacta ó non ter finalizado o prazo para as solicitudes das viaxes e descoñecer o número exacto de beneficiarios, polo que se optou por exixir a fianza de forma proporcional entre ambos adxudicatarios e en función ós prezos ofertados, resultando o importe de 15.168 euros esixidos á empresa Halcón Viajes S.A.U. e 15.360 euros á empresa Viajes Marsáns, S.A. Visto o informe da Xefa do Servizo de Acción Social participando o número final de beneficiarios do programa e a opción de viaxe elixida, e existindo unha desproporción das garantías definitivas anteriormente esixidas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar as fianzas definitivas esixidas no acordo da Xunta de Goberno número 19.13943, relativo á adxudicación da asistencia técnica da xestión e organización dun cruceiro polo Mediterráneo para a terceira idade, polos importes de 28.800,00 euros para responder do contrato de Viajes Marsans, S.A. e 1.986,00 euros correspondente ó contrato de Halcón Viajes S.A.U. Estas cantidades resultan do importe global do contrato de cada unha das empresas, tendo en conta que 900 pasaxeiros optaron pola opción da viaxe ofertado pola empresa Marsáns e 60 inclináronse pola de Halcón Viajes. Os adxudicatarios ingresarán na Tesourería da Deputación a fianza definitiva en calquera da formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. ------ Folla: 245,246 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14008.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE-ANO 2006 Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 27 de xaneiro de 2006, aprobando o expediente para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto, o servizo de limpeza da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOE, DOCE, BOP e DOGA. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 29 de marzo de 2006, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe presentado pola Directora de Xestión da CIPF de 18 de maio do ano en curso, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación do servizo de limpeza da Cidade Infantil Príncipe Felipe ano 2006 á empresa Eulen, S.A. (C.I.F. A-28.517.308) polo prezo ofertado de catrocentos cincuenta e nove mil douscentos noventa euros con corenta céntimos (459.290,40 ¤), IVE incluído. O contrato terá unha duración inicial dun ano a contar dende o día seguinte á data de formalización do contrato, podéndose prorrogar por mutuo acordo das partes. O pagamento do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 06/422.422.227.00 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario terá que constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 18.371,16 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de no cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén terá que ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 1.113,98 ¤ por gastos de anuncios no Diario Oficial da Comunidade Europea, Boletín Oficial do Estado, Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 246,248 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14009.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VIAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2006 Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, do 24 de febreiro de 2006, no que se aprobou o expediente para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto, do subministro de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2006, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 63, 30/03/2006) e no DOGA (nº 64, 31/03/2006). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola Mesa de Contratación con data 19 de abril de 2006, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, de 16 de maio do ano en curso, e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o concurso para a contratación do subministro do material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais para o ano 2006 á empresa Grupisa Infraestructuras, S.A. (C.I.F. A-28.423.853) por unha cantidade máxima de sesenta mil euros (60.000 ¤), IVE incluído, e de conformidade cos seguintes prezos unitarios ofertados: SINAIS DE PERIGO TIPO P SINAL TRIANGULAR DE 90 cm lado a 29,03 ud SINAL TRIANGULAR DE 135 cm lado a 52,69 ud SINAL TRIANGULAR DE 70 cm lado (tipo TP) a 20,65 ud SINAL TRIANGULAR DE 90 cm. con 3 focos xenon con batería a 509,00 ud SINAL TRIANGULAR DE 90 cm con 3 focos xenon con placa solar a 580,40 ud SINAL TRIANGULAR DE 90 cm con 3 focos xenon a rede eléctrica a 437,50 ud OCTÓGONOS SINAL STOP DE 60 cm a 27,96 ud SINAL STOP DE 90 cm a 47,85 ud SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R SINAL CIRCULAR DE 60 cm a 25,27 ud SINAL CIRCULAR DE 90 cm a 47,25 ud SINAL CIRCULAR DE 60 cm (tipo TR) a 23,50 ud SINAIS DE INDICACIÓN XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5 SINAL CADRADO DE 60 X 60 a 27,42 ud SINAL CADRADO DE 90 X 90 a 50,00 ud SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 a 39,78 ud SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 a 92,47 ud FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVOS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN DE CARTEL FOTOLUMINISCENTE a 172,60 m2 DE FRECHA a 84,52 m2 DE CARTEL a 84,52 m2 PLACAS COMPLEMENTARIAS 60 X 20 a 10,97 ud 60 X 30 a 16,45 ud 50 X 16 a 7,31 ud 40 X 20 a 7,31 ud PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL 195 X 95 a 90,32 ud 195 X 45 a 80,20 ud 160 X 40 a 41,94 ud 80 X 40 a 20,97 ud VARIOS DE POSTE DE 80X40X2 a 5,28 ml DE POSTE DE 100X50X3 a 10,16 ml DE PARAFUSO C/TORCA E ARANDELA 8X20 a 0,20 ud DE PARAFUSO C/TORCA E ARANDELA 8X65 a 0,31 ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS Æ 60 E TRIÁNGULOS DE 90 a 24,73 ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS Æ 90 ETRIÁNGULOS DE 1,35 a 27,42 ud DE TRÍPODE PREGABLE PARA TRIÁNGULOS DE 70 a 24,73 ud DE PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA a 33,33 ud DE VALO CON PÉS (un panel) 165x20 a 38,71 ud DE VALO MÓBIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 a 52,40 ud DE BALIZA BORDE DEREITO OUESQUERDO 300x950 (azul-branco/vermello-branco) a 26,05 ud DE BALIZA BORDE DEREITO OUESQ. 400x400 (azul-branco/vermello branco) a 14,62 ud DE DISPOSITIVO DE GUÍA a 20,00 ud DE CINTA BALIZAMENTO a 0,053 ml DE CONO PLÁSTICO DE 50 cm a 5,11 ud DE BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA a 49,41 ml DE POSTE CPN-120 10,06 ml DE TERMINAL COLA DE PEZ a 10,71 ud DE TOPE FINAL BARREIRA DOBRE a 20,93 ud DE TOPE FINAL BARREIRA SIMPLE a 20,93 ud DE FINAL BARREIRRA COLA DE PEZ APLASTADA a 10,71 ud DE SEPARADOR ESTÁNDAR a 3,45 ud DE SEPARADOR CURTO a 3,45 ud PEZA ANGULAR 21,08 ud DE CAPTADORES DÚAS CARAS a 0,94 ud DE XOGO PARAFUSERÍA (12 parafusos,torcas e arandelas) BIONDAS a 3,53 ud DE ESPELLO COMPLETO DE 60 cm(anti vandálico) a 112,94 ud DE ESPELLO COMPLETO DE 80 cm(anti vandálico) a 141,18 ud DE POSTE PARA ESPELLO a 5,28 ml DE TUBO PARA VARANDA PROTECCIÓNPONTES (50 ou 60 m/m) a 9,41 ml DE POSTE TIPO XAMÓN a 115,00 ml DE POSTE TIPO XAMÓN RECTO a 103,40 ml DE REMATE VARANDA DOUS/TRES TUBOS a 40,00 ud DE VARANDA TUBO RECTANGULAR: a 110,00 ml Pasamáns superior de perfil 80 x 40 Pasamáns inferior de perfil 60 x 30 Barrotes separación perfil 20 x 20 Perfil inferior 60 x 30 DE PINTURA BRANCA ALCÍDICA (envase de 30 kg) a 31,41 ud DE PINTURA AMARELA ALCÍDICA (envase de 30 kg) a 31,41 ud DE ESFERA DE VIDRO a 0,67 kg DE LINTERNA TIPO GARDA CIVIL E CAPUCHA (con cargador 12/24 V.) a 11,45 ud DE BALIZA INTERMITENTE (con pilas) a 15,64 ud DE PILAS PARA BALIZAS a 5,00 ud DE CONXUNTO 3 FOCOS XENON DE 100 OU 200 m/m con alimentación 220 V. ou 12/24 V. a 349,33 ud A Deputación non se compromete a realizar un número mínimo de pedidos, se non que os solicitará en función das súas necesidades sen que poida superarse a cantidade máxima total do conxunto de pedidos de sesenta mil euros. O pagamento do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo ás partidas 06/511.511.210.00 e 06/511.511.210.01 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 2.400 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 299,99 ¤ por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 248 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14010.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES DA OBRA INCLUÍDA NO PSA 2006, DENOMINADA "SANEAMENTO PRAIA FLUVIAL DE PORTOVILÁN" POLA OBRA "SANEAMENTO PRAIA FLUVIAL E ARROTEA" A petición do concello de Fornelos de Montes, de 8 de maio actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PSA 2006, denominada "Saneamento praia fluvial e Portovilán" pola obra "Saneamento praia fluvial e Arrotea", coa mesma subvención que a anterior de 26.578,66 ¤, ascendendo o orzamento a 35.438,21 ¤, e suxeita ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno de 21 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Fornelos de Montes con cargo ó PSA/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzam.TOTAL Subv. Orzam. TOTAL Subv. Orzam. TOTAL Subv. Total Subvención Traída Portela e rede de sumidoiros Rial 21.896,68 16.422,51 16.422,51 Rede de sumidoiros Oitavén e Calvos 41.689,11 31.266,83 31.266,83 Saneamento praia fluvial e Arrotea 35.438,21 26.578,66 26.578,66 21.896,68 16.422,51 41.689,11 31.266,83 35.438,21 26.578,66 74.268,00 ------ Folla: 248 14.14011.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota