Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-06-02_Ordinaria. Acta de sesión 2006/06/02_Ordinaria
Acta de sesión 2006/06/02_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-06-02_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/06/02_Ordinaria
Data(s) 2006-06-02 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 249 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dous de xuño do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Non asiste o señor deputado D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14012.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día vinte e seis de maio de 2006. ------ Folla: 249,252 2.14013.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA A Deputación de Pontevedra, tras a súa adhesión no ano 1998 ó Convenio Marco de 1993 subscrito entre o IMSERSO e a FEMP, e do Convenio entre a Xunta de Galicia e a Deputación do ano 1999, ven desenvolvemento dende hai anos ó Programa de Teleasistencia Domiciliaria, garantindo a atención de persoas que viven soas, ou con enfermidades crónicas ou minusvalías, e dado que se pretende neste ano 2006, subscribir un novo Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia, neste senso, e á vista dos informes de 10 e 15 de maio de 2006, do Sr. Secretario Xeral e do Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria 2006, cun custo total de 423.271,68 euros, dos que a Vicepresidencia da Xunta de Galicia achegará o 15 %, o IMSERSO o 65% e o 20% restante a Deputación, Concello e usuario, imputándose o gasto desta Deputación Provincial á partida 06/313.313.227.20 do Presuposto provincial, onde existe unha retención de crédito de 100.000,00 euros. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA En Santiago de Compostela, REUNIDOS Dunha parte: A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, representada pola Ilma. Sra. D.ª María Jesús Lago Vilaboa, Secretaria Xeral do Benestar, en virtude do seu nomeamento polo Decreto 360/2005, do 18 de agosto, e do disposto polo Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade do Benestar, e pola orde de 19 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias no Secretario Xeral e de Relacións Institucionais e noutros órganos da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e no exercicio das facultades atribuídas no artigo 34 da Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, e o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991 . Doutra parte: A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, representada polo seu Presidente, O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, actuando en virtude das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. As partes intervenientes recoñécense reciprocamente competencia e capacidade suficiente para a formalización do presente convenio con base no principio de liberdade de pactos e de colaboración entre as distintas Administracións Públicas e, a estes efectos. EXPOÑEN Primeiro.- A Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás Comunidades Autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución Española, ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, polo que, na súa virtude, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais. De conformidade coa distribución competencial que a citada norma establece, á Administración Autonómica correspóndelle a competencia de planificación e programación xeral dos servizos, ordenando e coordinando a súa actuación cos distintos organismos e demais entidades prestadoras de servizos sociais coa finalidade de atender de forma global e ordenada as necesidades dos cidadáns, procurando un maior rendemento dos recursos dispoñibles, acadando a cobertura total no territorio autonómico, evitando os desequilibrios territoriais. De conformidade co disposto no Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, este é o departamento da Xunta de Galicia ó que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións coordenado de todas elas. Segundo.- A estrutura do estado autonómico deseñada na Constitución Española supón a garantía de autonomía de todas as Administracións Públicas Territoriais, solidariedade e mailo funcionamento coordenado de todas elas. Recollendo este principio, e de conformidade co disposto pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, establece como competencias propias das Deputacións Provinciais a garantía da prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos sociais de atención primaria municipais, proporcionando apoio ós concellos para o funcionamento de ditos servizos sociais, especialmente ós de menos de 20.000 habitantes, así como a colaboración coa Administración Autonómica no exercicio das facultades de planificación, programación e asesoramento técnico e financeiro nos distintos equipamentos e programas. Terceiro.- Para o cumprimento dos seus obxectivos, segundo o Decreto 240/1995, do 28 de xullo, regulador dos servizos sociais de atención primaria, estes executarán programas básicos de actuación, entre os que se atopa o de axuda no fogar, que presta unha serie de actuacións ós cidadáns no seu propio domicilio, facilitando a permanencia no seu contorno de convivencia nos casos nos que se teña limitada a autonomía persoal. Cuarto.- A Teleasistencia Domiciliaria é un servizo, dentro do programa de axuda no fogar, que a través da liña telefónica e cun equipamento de comunicacións e informático específico, persegue o obxectivo fundamental de contribuír a lograr a permanencia de persoas vulnerables no seu medio habitual de vida. Facilitando o contacto co seu entorno socio-familiar e asegurando e intervención inmediata en crises persoais, sociais ou médicas, evitando ingresos innecesarios en centros residenciais. Quinto.- O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) asinaron un convenio marco no ano 1993 para o desenvolvemento dun Programa de Teleasistencia Domiciliaria, ó que subscribiu a súa adhesión a Deputación Provincial de Pontevedra mediante un acordo asinado no ano 1998 para financiar e xestionar a súa aplicación nos concellos da provincia, a solicitude das Corporacións Locais interesadas. Sexto.- A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar pretende potenciar a implantación simultánea do servizo en todo o territorio galego e cunhas condicións de acceso ó servizo similares, polo que leva colaborando coa Deputación Provincial, mediante a sinatura de convenios dende o ano 1999, no financiamento e desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria. Sétimo.- O custo total por persoa e mes desta prestación técnica incluída no programa de axuda no fogar ascende a 22,24 euros, dos que o IMSERSO ven asumindo o 65 %, a Xunta de Galicia ( a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) un 15 %, e o 20 % restante a Deputación Provincial, os concellos e os usuarios do servizo. Oitavo.- A demanda deste servizo foi incrementándose cada ano, polo que, á vista da necesidade de cubrir a atención ás persoas en situación de risco por ter a súa autonomía persoal limitada, cómpre aumentar o número de usuarios que poden ser atendidos, de xeito que, progresivamente, se vaian acadando as ratios recomendadas dende o sistema de servizos sociais. Con base nas consideracións expostas as partes intervenientes, co obxecto de instrumentar a súa colaboración, formalizan o presente convenio consonte ás seguintes, CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto Este convenio ten por obxecto establecer os termos de colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra, para o desenvolvemento do programa de Teleasistencia Domiciliaria na provincia de Pontevedra. SEGUNDA.- Contido A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran necesario ampliar a cobertura de atención do programa de Teleasistencia Domiciliaria, tendo en conta as demandas recibidas e os excelentes resultados que reporta a atención, en casos de emerxencia, ás persoas que estean todo ou a maior parte do tempo soas e teñan a súa autonomía persoal limitada, para que se poidan manter o maior tempo posible no seu propio contorno social. Dese xeito, poden preverse os factores de risco en colectivos especialmente vulnerables, como son as persoas maiores, con discapacidades e limitacións funcionais, e os enfermos crónicos, entre outros. TERCEIRA: Presuposto Tendo en conta o importante labor que se está a desenvolver a través do programa de Teleasistencia Domiciliaria, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar comprométese, para o ano 2006, a colaborar no financiamento deste programa, con cargo a aplicación orzamentaria 05.31.212D.460.5, de conformidade co establecido no cadro seguinte: Nº máximo de terminais nos 12 meses 19.032 terminais Importe total (22,24 euros por terminal) 423.271,68 euros Achega da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (15%) 63.490,75 euros Do importe restante (85%), o 65% achegarao o IMSERSO, e o 20 % a Deputación, concellos e usuarios, segundo os acordos que se establezan por ditas entidades. CUARTA.- Pagamentos Respecto á forma de pagamento, estarase ó disposto na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presuposto de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. A Dirección Xeral de Acción Social librará a súa achega á Deputación Provincial, previa xustificación mediante a correspondente certificación do gasto. A dita certificación acreditará debidamente os gastos realizados durante o período correspondente, e terá que acompañarse da certificación do órgano correspondente da Vicepresidencia, relativa ó cumprimento do obxecto do convenio. Ata o 80 % da contía total concedida, o pagamento poderá facerse efectivo mediante libramentos parciais a conta da liquidación definitiva, a medida en que a Deputación Provincial xustifique os gastos realizados na forma prevista anteriormente. Antes de facer efectivo o 20 % restante a entidade deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas (tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto, obxecto deste convenio) das distintas Administracións Públicas competentes ou de calquera dos seus organismos. Así mesmo, deberá presentar certificación do cumprimento das actividades obxecto do convenio, sen prexuízo da presentación doutro tipo de documentación regulamentariamente establecida de acordo coa normativa sinalada. QUINTA.- Vixencia O presente convenio terá vixencia dende a súa sinatura ata o 31 de decembro do ano 2006, mes no que se prevé un número de 1.971 usuarios no programa de Teleasistencia Domiciliaria. Serán causas de resolución do presente convenio que darán lugar, no seu caso, ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, incrementadas co interese legal do diñeiro de acordo coa normativa vixente: - O incumprimento dalgunha das estipulacións contidas nas cláusulas do mesmo. - A aplicación dos fondos outorgados no convenio para fins distintos dos que motivaron a súa concesión. - A falta de xustificación do emprego das cantidades recibidas. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. SEXTA.- Natureza O presente convenio terá carácter administrativo e rexéndose os seus efectos polo establecido nas cláusulas do mesmo, e no seu defecto, polos principios xerais establecidos polo texto refundido da Lei de contratos das Administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de conformidade co establecido no artigo 3.2, e, no que sexa aplicable polo Texto refundido da Lei de Réxime financeiro e orzamentario(artigos 78 e 79), aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo previsto na normativa básica da Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. En virtude da súa natureza administrativa, as cuestións litixiosas que xurdan na aplicación, interpretación e cumprimento do presente convenio será competencia da xurisdición contencioso administrativa. A Deputación Provincial está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. En proba de conformidade de canto antecede, asinan o presente convenio as partes intervenientes no lugar e data sinalada no seu encabezamento. A Secretaria Xeral do Benestar(P. D. Orde do 19 de setembro de 2005) Asdo. Mª Jesús Lago Vilaboa O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Asdo. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 252,254 3.14014.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A COMUNIDADE DE MADRID E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL (PATOLOXÍA VEXETAL) Dada conta do Convenio de Colaboración para o estudo das necesidades relativa á Sanidade Vexetal. Visto os informes emitidos pola Secretaria Xeral, Intervención, do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o ditame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó Convenio de Colaboración entre a comunidade de Madrid, a través da Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica e o Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en materia de Sanidade Vexetal. Dito Convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A COMUNIDADE DE MADRID E A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA E DO SERVIZO AGRARIO (ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA "DO AREEIRO") EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL (PATOLOXÍA VEXETAL) En Madrid, a R E U N I D O S Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Fernando Merry del Val y Díez de Rivera, Conselleiro de Economía e Innovación Tecnolóxica da Comunidade de Madrid, en virtude do Decreto 65/2003, de 21 de Novembro, polo que se dispón o seu nomeamento e exercicio das competencias previstas no artigo 41 da Lei 1983 do 13 de decembro, modificada pola Lei 8/1999, do 9 de abril, de Goberno e Administración da Comunidade de Madrid. De outra, D. Rafael Louzán Abal, con D.N.I. 35451643H na súa calidade de Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, de conformidade co artigo 34.1 b da Lei 7/85, do 2 de abril, de Bases de Réxime Local. Ambas partes na calidade na que comparecen, recoñécense mutua e reciprocamente capacidade xurídica bastante para actuar e subscribir o presente convenio de Colaboración e a tal efecto. MANIFESTAN I Que o Decreto 115/2004, de 29 de xullo, establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica da Comunidade de Madrid. II Que a dificultade relacionada coa identificación dos organismos fitopatóxenos que atacan con frecuencia os cultivos e que provocan unha diminución das súas producións, fai imprescindible, en moitos casos, a aplicación non soamente de técnicas especiais e a utilización de material axeitado, senón tamén un grao elevado de especialización polo persoal técnico encargado da mesma. III Que a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro"), ten a experiencia e dispón de medios tanto humanos como materiais para a determinación dos diferentes organismos fitopatóxenos. Por todo isto, ambas partes formalizan o presente Convenio de Colaboración, con arranxo ás seguintes: C L A Ú S U L A S Primeira: Obxecto O presente Convenio ten por obxecto a realización das actuacións necesarias para combater os organismos fitopatóxenos que puidesen presentarse afectando non soamente ó noso medio natural, senón tamén ós nosos cultivos e sempre en virtude do artigo I da Lei 43/2002, do 20 de novembro, relativa a Sanidade Vexetal coas seguintes actividades: 1. O estudo e avaliación de organismos fitopatóxenos non comúns ou novos que puidesen xurdir na Comunidade de Madrid e cuxas mostras remitiremos para o seu análise. 2. A aplicación das técnicas apropiadas para o diagnóstico das mostras remitidas co fin de podelos combater axeitadamente. 3. O asesoramento técnico baseado nos organismos fitopatóxenos diagnosticados en laboratorio e apoiados, no seu caso, por estudos de problemas específicos que puidesen presentarse. Segunda: Obrigas da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica Do Areeiro). Será responsabilidade da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a través do seu Servizo Agrario (Estación Fitopatolóxica "Do Areeiro"), achegar os medios humanos e materiais de que dispoña, determinación en laboratorio, estudos de problemas peculiares que puidesen presentarse e asesoramento técnico necesario para o bo desenvolvemento do obxecto e actividades do presente Convenio, en relación o diagnostico de Organismos Fitopatóxenos que se puidesen presentar en mostras de vexetais enviadas para tal fin. Terceira: Obrigas da Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica A Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica, independentemente de realizar os seus cometidos propios en materia de Sanidade Vexetal, comprométese a colaborar co seu persoal naqueles traballos que a súa presenza, en virtude deste Convenio, así se requira, principalmente enviando ó citado Laboratorio as mostras obxecto do seu diagnostico. Así mesmo, financiará o presente Convenio cos recursos económicos que se especifican na Cláusula Quinta do mesmo. Cuarta: Avaliación e Seguimento Co obxecto de proceder a supervisión e seguimento do establecido no presente Convenio, así como as cuestións que puidesen suscitarse no seu desenvolvemento, designaranse, polas partes asinantes, ambos coordinadores responsables da correcta realización das diferentes actuacións. Quinta: Presuposto e Financiamento O presuposto que achegará a Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica para a execución total do Convenio, con cargo á partida orzamentaria 22840 do Programa 312, ascende a 8.000 Euros para todo o período de actuación, quedando dita financiamento sometida á condición de existencia de crédito axeitada e suficiente. Sexta: Procedemento de Pago O aboo da contía estipulada será efectuada, unha vez xustificada a realización das actividades obxecto do Convenio, mediante a presentación do informe final de actuación e a correspondente factura. O prazo límite de xustificación mediante a presentación do informe final de actuacións e da correspondente factura será o 1 de decembro de 2006. O prazo límite de pago será o 31 de decembro de 2006. Sétima: Duración do Convenio O presente Convenio comezará a producir efecto a partir da sinatura do mesmo (nunca con anterioridade ó 1 de xaneiro de 2006) e ata o 31 de decembro de 2.006, podendo ser prorrogado por períodos anuais, previo acordo das partes adoptado con anterioridade ó vencemento do prazo inicial, sen poder exceder de 4 anos (arts. 67 e 198 do Rdl 2/2000). O incumprimento do presente Convenio por calquera das partes determinará que a parte cumpridora poida resolver o mesmo, notificándoo fidedignamente cun prazo de 15 días de antelación, sen prexuízo de que a parte cumpridora poida esixir á parte que incumpre as indemnizacións correspondentes por danos e prexuízos ocasionados. Oitava: Xurisdición O presente Convenio ten natureza administrativa. Corresponde á Xurisdición Contencioso-Administrativa o coñecemento das cuestións litixiosas relativas ó incumprimento o interpretación do alcance, obxecto e contido do Convenio. E en proba de conformidade, asínase o presente Convenio por triplicado polos comparecentes no lugar e data arriba indicados. O CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA Asdo. D. Fernando Merry del Val. EXCMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓNPROVINCIAL DE PONTEVEDRA Asdo. D. Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 254 4.14015.- APROBACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A OBRA "LOCAL SOCIAL SISTO" DO CONCELLO DE DOZÓN, CON CARGO Ó PAM/2006 A petición do Concello de Dozón, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha subvención de 3.843,71 ¤, con cargo ó PAM 2006, á obra "Local Social de Sisto" e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno de 21 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Dozón con cargo ó PAM/06-08 distribuída por anualidades, queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzam.TOTAL Subv. Orzam. TOTAL Subv. Orzam. TOTAL Subv. Total Subvención Abastecem. Augas Sestos 37.000,00 37.000,00 37.000,00 Local Social Sixto 3.900,00 3.843,71 3.843,71 Pavimentac. Camiño Amear 35.000,00 35.000,00 35.000,00 Pavimentac. Camiños: Amedo, Eirixe (Castro Dozón), Carballo e Nogueiras 35.363,00 35.099,00 35.099,00 Paviment. Camiños: Costa de Navello (sixto), Embeade, Castro-Dozón e Pidre 38.901,00 38.901,00 38.901,00 Paviment. Rúas Abeledo e reparc. Deposito de augas 9.600,00 9.600,00 9.600,00 Pav. Camiños reboreda-Castrom muro de contención e camiño Pereirón e pav. Camiño Requeixo e barandillas Portorequeixo 37.739,00 37.739,00 37.739,00 Paviment. Camiño Diz e San Martiño 27.294,00 27.294,00 27.294,00 Paviment. Camiño Vilarello 35.776,00 35.776,00 35.776,00 40.900,00 40.843,71 118.864,00 118.600,00 100.809,00 100.809,00 260.252,71 ------ Folla: 254,255 5.14016.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de axudas a Conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública, que son do seguinte teor: "BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E DE TITULARIDADE PÚBLICA O art. 64.2º da Lei orgánica 10/2002, de 23 de decembro (BOE de 24 de decembro), de calidade da educación clasifica como centros docentes públicos aqueles que teñen como titular un poder público. Daquela, os conservatorios de música dependentes de concellos teñen a consideración de centros públicos. Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia veñen desenvolvendo un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. En consonancia coa política desta Deputación, en vista da crecente demanda das ensinanzas de música e coa finalidade de prestarlles apoio ás iniciativas doutros entes públicos para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a conservatorios de música: 1. Obxecto.- Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, dos conservatorios non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, dende o 1 de xaneiro de 2006 deica o 31 de decembro de 2006. O importe total das axudas será de cento cincuenta e dous mil douscentos euros (152.200,00 ¤) que se financiarán con cargo á partida 06/451.422.462.04 do presuposto provincial para o ano 2006. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares dos conservatorios de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2006. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.- Presuposto que dedica o Concello para o Conservatorio. b.- Relación de persoal docente e non docente. c.- Número de alumnos matriculados. d.- Certificado da conta bancaria a nome do solicitante. e.- Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades. f.- Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. 5. Valoración das solicitudes.- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2005/2006, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Presuposto do conservatorio, ata 35 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós presupostos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 8ª - 2º f) de execución do presuposto 2006, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade. 7. Publicidade.- Nas comunicacións, escritos e propaganda dos conservatorios de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para 2006 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións." ------ Folla: 256,257 6.14017.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de axudas a escolas de música públicas, que son do seguinte teor: "BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS Esta Deputación é consciente de que determinados concellos da nosa provincia veñen desenvolvendo un importante labor coa iniciativa de creación e co sostemento de centros públicos que imparten as ensinanzas regradas de música que sinala o artigo 39.1º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e que no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. A notable demanda das ensinanzas de música xustifica o crecemento do número de escolas de titularidade pública para lles achegar á mocidade e ós afeccionados a posibilidade de cursar estes estudos, tanto para realizar unha actividade de formación artística como para continuar posteriormente estudos regrados de música en conservatorios ou centros autorizados. Co fin de potenciar o funcionamento destas escolas de música das que son titulares determinados entes públicos, a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a escolas de música públicas: 1. Obxecto.- Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música de titularidade pública que radiquen na provincia de Pontevedra, dende o 1 de xaneiro de 2006 ata o 31 de decembro de 2006. O importe total das axudas será de cento cincuenta mil euros (150.000,00 ¤) que se financiarán con cargo á partida 06/451.422.462.06 do presuposto provincial para o ano 2006. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia e rematará o 30 de setembro de 2006. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.- Presuposto que dedica o Concello para a Escola de Música. b.- Relación de persoal docente e non docente. c.- Número de alumnos matriculados. d.- Certificado da conta bancaria a nome do solicitante. e.- Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades. f.- Declaración de non estar incuso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios: 1. Número de alumnos matriculados no curso 2005/2006, ata 25 puntos. 2. Número de profesores, ata 15 puntos. 3. Presuposto da escola de música, ata 60 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós presupostos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 8ª - 2º f) de execución do presuposto 2006, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade. 7. Publicidade.- Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para 2006 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións." ------ Folla: 257,258 7.14018.- APROBACIÓN DAS BASES DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases de axudas a escolas de música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, que son do seguinte teor: "BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas. Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música: 1. Obxecto.- Esta convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, dende o 1 de xaneiro de 2006 ata o 31 de decembro de 2006. O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 ¤) que se financiarán con cargo á partida 06/451.422.489.09 do presuposto provincial para o ano 2006. 2. Solicitantes.- Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra. 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2006. 4. Documentación.- As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a.- Fotocopia cotexada do C.I.F. da Entidade titular do Centro . b.- Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade. c.- Certificado da conta bancaria a nome do solicitante. d.- Presuposto de gastos da Escola. e.- Relación de persoal docente e non docente, mediante copia da documentación presentada á Xunta de Galicia para o curso en vigor. f.- Número de alumnos matriculados. g.- Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades. h.- Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. i.- Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social 5. Valoración das solicitudes .- A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, polo menos, os seguintes criterios: 4. Número de alumnos matriculados no curso 2005/2006, ata 25 puntos. 5. Número de profesores, ata 15 puntos. 6. Presuposto da escola de música, ata 60 puntos. As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes. 6. Pagamento.- As subvencións estarán condicionadas ós presupostos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado). Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 8ª - 2º f) de execución do presuposto 2006, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade. 7. Publicidade.- Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra. 8. Órgano competente.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do presuposto para 2006 e dando cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 9. Dereito supletorio.- Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2006 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. ------ Folla: 258 8.14019.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA NOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a celebración das Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: REDONDELA 03/06/06 FESTA DA BICICLETA A ESTRADA 04/06/06 FESTA DA BICICLETA BARRO 10/06/06 MARCHA POPULAR MARÍN 10/06/06 FESTA DA BICICLETA O GROVE 10/06/06 MARCHA POPULAR RIBADUMÍA 17/06/06 FESTA DA BICICLETA SILLEDA 17/06/06 FESTA DA BICICLETA FORCAREI 18/06/06 FESTA DA BICICLETA PORTAS 18/06/06 FESTA DA BICICLETA CAMPO LAMEIRO 24/06/06 FESTA DA BICICLETA VILABOA 24/06/06 FESTA DA BICICLETA CALDAS 25/06/06 FESTA DA BICICLETA MONDARIZ 25/06/06 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 258 9.14020.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación de data 30 de maio de 2006, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos centros xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2006, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200600000487 e que conten quince facturas, sendo a primeira de Acibro, S.L. por importe de 1.350,24 ¤ e a derradeira de Serigal S.L. Publicidade por importe de 1.965,43 ¤, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 26.600,94 ¤ Descontos do IRPF 117,20 ¤ Descontos do IVE soportado deducible 0 ¤ Total líquido 26.483,74 ------ Folla: 259 10.14021.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) De conformidade á proposta presentada no Rexistro xeral desta Excma. Deputación Provincial o 18 de maio de 2006, pola cal a Xefa do Servizo de Prevención e Riscos Laborais solicita permiso e axuda económica para asistir ó "Congreso Nacional del 50 Aniversario de la Sociedad Española de Medicina y Seguridad del Traballo", que terá lugar os próximos días 21 ó 23 de xuño en Madrid, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do establecido nas normas aprobadas pola Comisión de Goberno do 11 de novembro de 1983, no art. 16.6 a) do V Acordo Regulador e no Real decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnización por razón de servizo, conceder a Dona María del Carmen Crespo Blanco o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 1.240,63, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: (saída día 20 pola mañá e regreso día 24 antes das 22:00 horas) Desprazamento: (Vehículo propio): Pontevedra - Madrid - Pontevedra (1.234 Km.) 234,46 ¤ Peaxe autoestrada 26,00 ¤ Aparcamento 60,00 ¤ TOTAL 320,46 ¤ Dietas: Día 20 (1 manutención e aloxamento) 103,37 ¤ Día 21, 22 e 23 (80% dieta) 248,10 ¤ Día 24 (½ manutención) 18,70 ¤ TOTAL 370,17 ¤ Inscrición curso 550,00 ¤ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 06/134.121.231.01 de locomoción, 06/134.121.230.01 de dietas e 06/122.314.162.00 de inscrición ó curso. Para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 13ª do acordo nº 20.172 de data de 18 de novembro de 1.983, adoptado pola Comisión de Goberno, a funcionaria deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, os gastos solicitados. b) De conformidade ó escrito presentado o 29 de maio de 2006, polo cal o funcionario Don Manuel Corujo Castro, adxunto ó Servizo de Recursos Humanos e Formación, solicita permiso e axuda económica para poder asistir ó curso "Administración y Gestión de los Recursos Humanos en las Corporaciones Locales", que terá lugar os próximos días 05 ó 08 de xuño nas Palmas de Gran Canaria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder a Don Manuel Corujo Castro o permiso solicitado e unha axuda económica por importe de 998,43 euros, estando desagregada por conceptos tal e como a continuación se detalla: (saída día 04 ás 08:45 horas e regreso día 09 ás 22:40 horas) Desprazamento: Avión: Santiago-Las Palmas-Santiago 394,06 ¤ Pontevedra - Santiago - Pontevedra (120 Km.) 22,80 ¤ Peaxe autoestrada 10,00 ¤ Taxi: (Aeroporto-Hotel-aeroporto) 100,00 ¤ TOTAL 526,86 ¤ Dietas: Día 04 (1 manutención e aloxamento) 103,37 ¤ Día 05 ó 08 (80% dieta) 330,80 ¤ Día 09 (1 manutención) 37,40 ¤ TOTAL 471,57 ¤ Ditas cantidades imputaranse ás partidas 06/122.121.230.01 de dietas, por importe de 471,57 ¤ e á 06/121.121.231.01 de locomoción por importe 526,86 ¤. ------ Folla: 259,261 11.14022.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JENARO FERNANDO GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ POR DANOS PERSOAIS NA RÚA MANUEL DE CASTRO (VIGO) Dada conta que con data de rexistro 21/01/2006 (Rex. nº 001536) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita D. Jenaro Fernando Gutiérrez Fernández con enderezo de notificacións en rúa Venezuela, 12-1ºE de Vigo por danos persoais padecidos a consecuencia dunha caída na rúa Manuel de Castro nº 7 de Vigo, o día 6 de novembro de 2005. Resultando.- Que con data 25/01/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 24/03/2006 co seguinte contido: " ... 1.El convenio de colaboración firmado el día 14 de abril de 2005 entre la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra y el Excmo. Ayuntamiento de Vigo, tenía por objeto la realización y ejecución de una serie de obras, entre las cuales se encontraban las derivadas del proyecto "Mejora de aceras en la calle Manuel de Castro" (Vigo) 2. Dicho proyecto fue adjudicado a la empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L. en la suma de 187.687,00 euros, IVA incluido, habiendo incluido la empresa en su oferta un plazo de ejecución de un mes, mejoras valoradas en 26.000,00 euros y un período de mantenimiento de 36 meses. 3. Al ser la empresa Construcciones Taboada y Ramos la encargada de llevar a cabo las obras de referencia, por parte del Servicio de Vías y Obras no se tenía constancia de la existencia de una arqueta sin fijar ni señalizar, deficiencia que, de existir, sería inherente a la ejecución de la propia obra. En este sentido cabe señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000 de 16 de junio por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, "será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato". Por ello, al haberse producido el daño a consecuencia de una presunta falta de señalización de una arqueta sin fijar (operación inherente a la ejecución de las obras) y no ser consecuencia inmediata y directa de una orden de la Administración, ni tener su origen en cláusulas impuestas por ésta de ineludible cumplimiento, ni tratarse de un daño derivado de vicios de un proyecto de obras elaborado por la misma, este Servicio concluye que, de probarse los hechos denunciados, la responsabilidad por los daños sufridos por D. Jenaro Fernando Gutiérrez Fernández correspondería a la empresa Taboada y Ramos como contratista encargado de ejecutar las obras derivadas del proyecto denominado "Mejora de las aceras en la calle Manuel de Castro". 4. Por último señalar que por parte de este Servicio no se ha tenido constancia de la existencia de otros accidentes, en fechas próximas al que es objeto del presente informe, por la misma causa. 5. A este escrito se acompaña documentación relacionada con las obras llevadas a cabo en la calle Manuel de Castro en Vigo. 6. A los efectos oportunos, ponemos en su conocimiento la dirección de la empresa Taboada y Ramos: Polígono Industrial 2000.36500-Lalín" Considerando.- Que en data 30/03/06 déuselle traslado do informe de Vías e Obras á empresa "Taboada e Ramos, S.L." co obxecto de facer alegacións, as cales foron evacuadas en 16/05/2006 co seguinte contido literal: "... UNICA.- Que en el trámite de audiencia que me ha sido concedido, de conformidad con el artículo 97.3 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, esta parte manifiesta que la obra se encontraba en la fecha del accidente debidamente señalizada; sin perjuicio de que el hecho de que se trate de una obra en una zona urbana de elevada población, impida adoptar mayores medidas de seguridad, como puede ser el vallado de la acera y prohibición de tránsito peatonal durante la ejecución de las obras, ya que se impediría a los residentes de la calle el acceso a sus viviendas, motivo por el que se han de habilitar accesos provisionales a las mismas, debiendo ser los ciudadanos conscientes de que transitan por una zona en obras y extremar las medidas de precaución para evitar situaciones como la que ha dado lugar al presente procedimiento, ya que en el momento de producirse el accidente se estaba ejecutando el recrecido de la acera para la posterior colocación de la baldosa en la zona donde se encontraba la arqueta, como se puede ver en las fotos aportadas, motivo por el que el accidente sufrido por el Sr. Gutiérrez, pudiera haberse evitado en el caso de que por su parte se hubiese prestado la atención requerida al salir de su vivienda, por tener conocimiento previo de la existencia de las obras" Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe emitido en trámite de alegacións pola empresa "TABOADA Y RAMOS, S.L." afirmase de xeito categórico que a obra atopábase na data do accidente debidamente sinalizada, extremo que, aínda de non cumprirse non exoneraría de responsabilidade ó peón que, residindo na rúa en cuestión coñecía dabondo o estado de obras da mesma. Neste senso compre recordar que o propio reclamante afirma que "torceu o pe", aserto que remite máis ca outra causa a propia torpeza do que sufre o percance. Folga dicir que as obrigas son tamén para os peóns que, coma non, deben extremar a súa dilixencia na deambulación cando o fan nunha rúa na que se están a desenvolver obras. De calquera xeito, de apreciarse responsabilidade de alguén a marxe do peón, a acción debería dirixirse en virtude do artigo 1902 do Código Civil perante a empresa Construtora, iso na virtude do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que di que "...será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato". Tal precepto foi interpretado pola xurisprudencia, xusto é dicilo, de xeito oscilante e mesmo contraditorio, así, unha liña xurisprudencial imputaba obxectiva e directamente a Administración os danos, verbigracia, Sentenza de 1/04/1985, mentres outra responsabilizaba ó contratista, por todas, Sentenza de 31/07/1989. Por fin, esta última liña ábrese paso definitivo outorgándolle carta de natureza a sentenza de 12/02/2000 da que se poden resumir as súas argumentacións fundamentais nunha só: cando os danos e prexuízos derivan dunha actividade técnica non cumprida directamente pola organización administrativa, se non por outras privadas que contratan con aquela para a realización dunha obra pública, interponse entre a Administración e os particulares unha empresa privada á que materialmente lle son atribuíbles as causas. Nada máis cabe razoar para suxerir á Xunta de Goberno a desestimación da reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 261,262 12.14023.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON SANTIAGO ALONSO MONTENEGRO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE CLÍNICA MÉDICA Y LABORATORIO, S.L. POR DANOS VEHÍCULO NA ESTRADA BAHIÑA-BAIONA NO LUGAR DO CRUCEIRO (BAIONA) Dada conta que con data de rexistro de 23/03/06 (Rex. nº 008726) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita Don Santiago Alonso Montenegro en nome de CLINICA MEDICA Y LABORATORIO, S.L. con enderezo de notificacións en Rúa Magallanes, nº 7 -3ºE de Vigo por danos padecidos en vehículo matrícula 7855-CYC o día 20/08/2005, na estrada Bahiña-Baiona no Lugar de Cruceiro e que individualiza economicamente en 1.371,12 ¤. Resultando.- Que con data 24/03/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 19/04/2006 co seguinte contido: "...a) El Vial Bahiña-Baiona es Vía Provincial. b) El 20/08/05 efectivamente se estaban llevando a cabo obras de acondicionamiento y mejora en vial Bahíña-Baiona en el lugar de O Cruceiro. c) Se desconocía que hubiese habido el accidente que describen en la reclamación. d) No se tiene conocimiento de accidentes con motivo de las obras, que se vienen realizando desde hace ya bastante tiempo (desde finales de 2004), por su complejidad y dificultades, pero que han estado siempre señalizadas en cabeza y final del tramo de unos 800 mts. e) Recabada información al jefe de obra de la empresa constructora, me indica que la rampa de acceso entre la calzada existente y el portalón de acceso a la finca se demolió para adaptarla a la nueva anchura de la calzada y en esta operación se dañó una de las losas de piedra que configuran el umbral de dicha entrada. Cuando trataron de pavimentar en hormigón la rampa de acceso con la nueva rasante, en espera de rematarla con aglomerado cuando este se estableciese en la calzada, el propietario nos dijo que mientras no le reparasen la piedra dañada que se le acondicionase, para poder acceder diariamente a su propiedad, con zahorra, como así se hizo, pues la piedra había que encargarla con las medidas adecuadas y no se podría instalar de inmediato. Como la rampa de acceso tiene una acusada pendiente y el material (zahorra) es árido de distintos tamaños, un todo uno de cantera, sin estabilizar, las revoluciones que para salvarla se le exigen al motor provoca que las ruedas de la tracción escarben dicho material y en consecuencia se recorta la altura entre los bajos del vehículo y la rasante, llegando a producir, como me informan ha sido el caso, desde luego verosímil, de rozar con el suelo algún elemento del vehículo. En la actualidad ha sido repuesta la piedra, y pavimentada convenientemente la rampa, sin que se tenga noticia de deficiencias en la utilización de la misma. Considerando.- Que en data 21/04/2006 déuselle traslado do informe de Vías e Obras á mercantil "Taboada y Ramos, S.L." co obxecto de facer alegación, as cales foron evacuadas en 15/05/2006 co seguinte contido literal: "...PRIMERA.- Que en el trámite de audiencia que me ha sido concedido, de conformidad con el artículo 97.3 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, esta parte manifiesta que en el apartado primero del citado precepto se establece la obligación del contratista de indemnizar los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato; pero en ningún caso le ha de corresponder responsabilidad alguna cuando la ejecución de las obras se realiza adoptando todas las medidas de precaución necesarias para evitar que puedan producirse daños y es la propia conducta imprudente del tercero, como a continuación se expondrá, la causante de los daños objeto del presente procedimiento. SEGUNDA.- No es cierta la relación de hechos efectuada por el reclamante en el escrito de interposición de reclamación patrimonial dirigido a la Excma. Diputación de Pontevedra, ya que no se ha modificado por la empresa a la que represento el acceso a la vivienda del Sr. Bordallo sin su conocimiento (como parece deducirse de la lectura del Hecho Segundo de la reclamación), ni tampoco que la rampa o acceso se encontrase en deficiente e inadecuado estado, sin existir señalización alguna de peligro, motivando los daños "de consideración" que se afirma ha sufrido el vehículo en la ejecución de la maniobra de acceso. TERCERA.- Lo cierto, tal y como se hace constar en el informe del Asesor Jurídico de la Secretaría Xeral, es que no se tiene conocimiento de accidentes con motivo de obras y éstas han estado siempre señalizadas en cabeza y final de tramo, de unos 800 metros. Asimismo, la ejecución de las obras se ha llevado a cabo en todo momento siguiendo las instrucciones de la Dirección Facultativa de las obras, reponiendo los accesos que fuese necesario de acuerdo con los propietarios afectados, y en el caso concreto del acceso a la propiedad del Sr. Bordallo, hubo que demoler la rampa de acceso preexistente para adaptarla a la nueva anchura de la calzada, dañándose una losa de piedra del umbral de la entrada, pavimentándose en hormigón la rampa con la nueva rasante, para posteriormente rematarla con aglomerado cuando se ejecutase en la propia calzada. En ese momento el Sr. Bordallo solicitó que se le repusiese el acceso con zahorra hasta la reposición definitiva del acceso, petición a la que se accedió por parte de esta empresa. Por esta parte se estima que la causa del accidente se debe única y exclusivamente a la conducta imprudente del conductor del vehículo al realizar la maniobra de acceso a su propiedad, ya que conociendo que se le había repuesto el acceso en zahorra y que debía adoptar las lógicas medidas de precaución al realizar la maniobra con un vehículo de las características del Nissan 350 Z (deportivo de elevada potencia y escasa distancia al suelo), ejecuta la misma a una velocidad excesiva sin guardar la más mínima medida de precaución, lo cual se constata en que al realizar la maniobra de acceso, que teóricamente se debía realizar a muy escasa velocidad en las circunstancias que concurrían y de las que era conocedor, causa a su vehículo "daños de consideración" (¡daños por importe de 1.371 ¤ en una maniobra de acceso!), que únicamente pueden producirse en el caso de realizar la maniobra a excesiva velocidad, siendo ésta circunstancia y no otra la verdadera causa directa del siniestro objeto del presente procedimiento..." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do teor dos informes de Vías e Obras é da empresa encargada da realización dos traballos, "Construcciones Taboada y Ramos", dedúcense os seguintes extremos indubitados: a) A rampla de acceso foi provisionalmente reposta con zahorra a petición do interesado. b) O vehículo, Nissan 350 Z, ten un motor potentísimo sendo os seus baixos moi cercanos o chan pola súa natureza deportiva. c) Isto non foi tido en conta polo condutor reclamante, que sen adoptar as máis mínimas e elementais medidas de prevención, minorando a velocidade o máximo posible na maniobra en evitación de roces cos baixos, accedeu ó garaxe a velocidade excesiva, sen considerar que se trataba dunha rampla de acceso puramente provisional respecto da cal era necesario desenvolver as maniobras con suma precaución. Así as cousas, dificilmente poden acollerse as teses do reclamante, xa que en función do razoado, o percance soamente pode atribuírse a descoido ou falta da debida dilixencia do reclamante, polo que o instado debe ser desestimado. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 262 13.14024.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAS SOBRE PROXECTO DE URBANIZACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO S.U. 12, EN MOURELOS - NOALLA DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación da Sra. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 15 de maio de 2006 (rexistro de entrada núm. 18273, de data 18/05/06), pola que se remite copia do expediente sobre proxecto de urbanización para o desenvolvemento do S.U. 12, en Mourelos - Noalla do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, de data 26 de maio de 2006, que literalmente di: "...El acceso deberá ejecutarse de acuerdo con la Orden de 13 de septiembre de 2001 de modificación parcial de la Orden de 16 de diciembre de 1997, por la que se regulan los accesos a las carreteras del Estado, las vías de servicio y la construcción de instalaciones de servicios, la Orden de 27 de diciembre de 1999 por la que se aprueba la norma 3.1.IC. Trazado, de la Instrucción de Carreteras, así como la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia y la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, no pudiendo hacer cierres a menos de 2 metros de la arista exterior de la explanación y 7 metros del eje, situándose la línea límite de edificación a 7 metros de la arista exterior de la explanación, mientras que el abanico de enlace con la carretera no será inferior a 12 metros en su parte más estrecha." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Ilmo. Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 262 14.14025.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 262,263 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14026.- AXUDAS PARA DOTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS Dada conta das Bases Reguladoras de axudas a Entidades Locais para dotación de servizos básicos a praias. Visto o informe em
Ãrea de notas
Nota