Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2006-06-16_Ordinaria. Acta de sesión 2006/06/16_Ordinaria
Acta de sesión 2006/06/16_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.373/3.2006-06-16_Ordinaria
Título Acta de sesión 2006/06/16_Ordinaria
Data(s) 2006-06-16 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 287 En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaseis de xuño do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14058.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de xuño de 2006. ------ Folla: 287 2.14059.- PRÓRROGA DO CONTRATO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A SOCIEDADE UNIPERSOAL SEGURIDAD ALIMENTARIA DEL NOROESTE (SANOR) Dada conta do fax remitido con data 14 de xuño de 2006 polo xerente de SANOR, S.L., onde solicita prórroga deste contrato de prestación de servizos. Resultando que pola Xunta de Goberno de data 23/09/2005 adoptáronse os acordos que aproban o contrato de prestación de Servizos entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Sociedade Unipersoal Seguridad Alimentaria del Noroeste, S.L. (SANOR). Resultando que a Xunta de Goberno acordou con datas de 27/01/2006 e 31/03/2006 prórrogas do mesmo contrato; finalizándose a última prórroga o 30/06/2006. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario de data 14 de xuño de 2006. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga do contrato de prestación de servizos entre a Excma. Deputación de Pontevedra e a Sociedade Unipersoal Seguridad Alimentaria do Noroeste, S.L. (SANOR), subscrito con data vinte e tres de setembro de dous mil cinco, de recollida de mostras e materias primas para alimentación animal en diferentes puntos de Galicia, por un período de duración de seis meses, ata o 31 de decembro de 2006, e que se contrate ó persoal necesario para dito fin con cargo á empresa SANOR. ------ Folla: 287,288 3.14060.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do Rd. lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: LA VOZ DE GALICIA S.A. · A constituída en valores, mediante aval de BANKINTER, por importe de mil douscentos quince euros con trinta e oito céntimos (1.215,38 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade no periódico "La Voz de Galicia S.A.", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/07/2005 con número de operación 200500066574, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CADENA COPE-RADIO POPULAR S.A. · A constituída en metálico, por importe de seiscentos sesenta euros (660,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade en emisoras da Cadena COPE Pontevedra e Cadena 100, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2006 con número de operación 200600002794, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. LÉREZ EDICIONES S.L. · A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de catro mil euros (4.000,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade no Diario de Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/07/2005 con número de operación 200500068044, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PUBLICIDADE TERCEIRO MILENIO S.L. · A constituída en metálico, por importe de seiscentos euros (600,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade no periódico "Página XXI", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/07/2005 con número de operación 200500070146, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ESPAÑA EXTERIOR PUBLICACIONES, S.L. · A constituída en metálico, por importe de mil douscentos euros (1.200,00 ¤), para responder do contrato para a prestación de servizos de publicidade no periódico "España exterior", e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/07/2005 con número de operación 200500073445, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PABLO MÉNDEZ GROBA Y JUAN ANTONIO PARDO OTERO U.T.E. · A constituída en metálico, por importe de mil cento trece euros con sesenta céntimos (1.113,60 ¤), para responder do contrato para a organización deas Festas da Bicicleta e Marchas Populares do ano 2005, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/06/2005 con número de operación 200500063274, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ALBINO GONZÁLEZ S.L. (CONFECCIONES STORY) · A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de novecentos cincuenta e tres euros con trinta céntimos (953,30 ¤), para responder do contrato para o subministro de diverso vestiario para as brigadas e vixiantes do Servizo de Vías e Obras, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/12/2005 con número de operación 200500111844, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. AUTOS LOBELLE S.L. · A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de novecentos oitenta e oito euros con vinte céntimos (988,20 ¤), para responder do contrato para o subministro dun vehículo todo terreo para o Centro de Vacacións de A Lanzada, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/02/2004 con número de operación 200400008387, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 288,289 4.14061.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A ESTRADA DA ACTUACIÓN INCLUÍDA NO PAM 2006, DENOMINADA "VEHÍCULO PATRULLEIRO PARA POLICÍA MUNICIPAL" POLA ACTUACIÓN "VEHÍCULO PARA MEDIO AMBIENTE" COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR A petición do concello da Estrada, do 2 de maio actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da actuación incluída no PAM/2006, denominada "Vehículo patrulleiro para Policía Local" pola obra "Vehículo para medio ambiente", coa mesma subvención que a anterior de 25.500,00 euros, ascendendo o seu presuposto a 25.500,00 euros e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de A Estrada con cargo ó PAM 06/08, distribuída por anualidades queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. PresupostoOTAL Subv. Total Subv. Instalación de Bandas Redutoras na r/Fernando Conde 32.277,12 32.277,12 32.277,12 Construción de Beirarrúas na Sagrada-Codeseda 290.000,00 10.583,41 290.000,00 72.657,90 290.000,00 61.758,69 145.000,00 Auga potable para Guimarei (Avda. da Torre, A Torre e Cogoludo) 91.194,56 6.656,20 91.194,56 45.696,58 91.194,56 38.841,78 91.194,56 Vehículo para medio ambiente 25.500,00 25.500,00 25.500,00 Beirarrúas, iluminación e redes de abastecemento e saneamento en Vilar 190.610,21 13.912,45 190.610,21 95.512,67 190.610,21 81.185,09 190.610,21 Rede de sumidoiro Ouzande 460.000,00 33.574,94 460.000,00 230.500,92 460.000,00 195.924,14 460.000,00 Adquisición de desbrozadora e cabezal 22.300,00 22.300,00 22.300,00 Mellora ilumminación pública en Currelo e San Miguel de Castro 58.739,58 58.739,58 58.739,58 Mellora dos servizos urbanos na Avda. de Santiago Antón Losada 86.836,81 86.836,81 86.836,81 Pavimentación de Accesos ós núcleos de Arnois e outros 300.694,79 21.947,41 300.694,79 150.674,83 300.694,79 128.072,55 300.694,79 1.558.153,07 312.327,92 1.332.499,56 595.042,90 1.332.499,56 505.782,25 1.413.153,07 ------ Folla: 289 5.14062.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 289 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.14063.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE AMPLIACIÓN DE PONTE EN RIBADUMIA (RIBADUMIA) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 08/05/2003, polo que se adxudicou a UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES, S.A. - SEIXO, S.L. a obra de "Ampliación de Ponte en Ribadumia", na suma de 447.282,73 ¤, IVE incluído; visto o proxecto modificado, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de diversas modificacións que se estiman convenientes, facéndose necesario a utilización de unidades non contempladas no proxecto primitivo, o que motivou a redacción da nova modificación das obras e que así mesmo sinálanse no mesmo, ascendendo o seu presuposto a cantidade de 536.187,65 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación inicial de 88.904,92 ¤; e, visto o documento RC, emitido polo Servizo de Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte o gasto na partida 06/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Proxecto Modificado de "Ampliación da Ponte en Ribadumia", polo importe de 536.187,65 ¤, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 88.904,92 ¤. ------ Folla: 289 FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.14064.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE PROTECCIÓN VIAL E SERVIZOS PORTELA-SOUTO DE VEA (ESTRADA) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 15/07/2005, polo que se adxudicou a ELSAMEX,S.A., a obra de "PROTECCION VIAL E SERVIZOS PORTELA-SOUTO DE VEA (ESTRADA)", na suma de 380.000,00 euros, IVE incluído; visto acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 09/06/2006, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 das mesmas obras", polo importe de 76.000,00 ¤, IVE incluído; visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto de reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expedinte, emitido polo Sr.Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art.146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que cumprisen os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola Empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a ELSAMEX,S.A, as obras DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE PROTECCIÓN VIAL E SERVIZOS NA E.P. PORTELA-SOUTO DE VEA (A ESTRADA), na suma de 76.000,00 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 06/511.511.612.02. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declarase resolto o contrato. ------ Folla: 289,290 8.14065.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE CAMPO DE FÚTBOL DE ARBO Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 20/08/2004, polo que se adxudicou a U.T.E. CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO,S.A. - OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN, S.L., a obra de "CAMPO DE FÚTBOL DE ARBO", na suma de 475.033,58 ¤, IVE incluído; visto acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 02/06/2006, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 das mesmas obras", polo importe de 570.037,14 ¤, IVE incluído, que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 95.004,14 ¤; visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expedinte, emitido polo Sr.Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art.146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que cumprisen os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola Empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a U.T.E. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO,S.A. - OBRAS Y CONSTRUCCIONES SISAN,S.L, as obras DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE CAMPO DE FÚTBOL DE ARBO, na suma de 570.037,14 ¤, IVE incluído, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 95.004,14 ¤, con cargo á partida 06/123.452.662.00. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declarase resolto o contrato. ------ Folla: 290 9.14066.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE PAVIMENTACIÓN DE CAPA DE RODAXE DE R/ALFONSO XIII DE VIGO Visto o acordo da Resolución Presidencial núm. 10314/04, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS, S.A, a obra de "PAVIMENTADO DA CAPA DE RODAXE DA RÚA ALFONXO XIII DO CONCELLO DE VIGO", na suma de 59.375,00 ¤, IVE incluído; visto acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 02/06/2006, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado núm. 1 das mesmas obras, polo importe de 72.246,74 ¤, IVE incluído,que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 11.871,74 ¤; visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expedinte, emitido polo Sr.Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art.146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que aprobase o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, toda vez que cumprisen os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola Empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS, S.L, as obras DE PROXECTO MODIFICADO DA PAVIMENTACION DA CAPA DE RODAXE DA RÚA ALFONSO XIII", na suma de 71.246,74 ¤, IVE incluído,o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 11.871,74 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 06/911.911.662.00.2005. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declarase resolto o contrato. ------ Folla: 290,291 10.14067.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO NÚM.1 DE PAVIMENTO DA CAPA DE RODAXE DA GRAN VÍA (DENDE A PRAZA DE AMÉRICA Á PRAZA DE ESPAÑA) (VIGO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 02/07/2004, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS, a obra de "PAVIMENTADO CAPA DE RODADURA DA GRAN VIA (DENDE PRAZA AMÉRICA A PRAZA DE ESPAÑA) (VIGO)", na suma de 247.605,95 ¤, IVE incluído, visto acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 15/07/2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado das mesmas obras, polo importe de 49.578,93 ¤, IVE incluído, visto escrito da empresa adxudicataria polo que presta conformidade ás unidades de obra e prezos que figuran no proxecto de reformado; visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral, en canto ó procedemento de adxudicación da obra; e, visto o informe de fiscalización do expedinte, emitido polo Sr.Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación de acordo co establecido no art.146 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que cumprisen os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto do proxecto modificado non supera o 20% do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola Empresa adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS,S.A., as obras DO PROXECTO MODIFICADO DE PAVIMENTADO CAPA DE RODAXE DA AVDA.GRAN VIA (DENDE PRAZA AMÉRICA A PRAZA DE ESPAÑA) (VIGO)", na suma de 49.578,93 ¤, IVE incluído, con cargo á partida 06/911.911.662.00.2005. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art.36 do R.d.l.2/2000 de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declarase resolto o contrato. ------ Folla: 291 11.14068.- RECTIFICACIÓN DA CLASIFICACIÓN ESIXIDA NA CONVOCATORIA DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA REALIZACIÓN DA OBRA HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA ÁREA PANORÁMICA DE TUI Visto o acordo da Xunta de goberno, de data 12 de maio de 2006, aprobando o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas do concurso, por procedemento aberto, para adxudicar a realización de diversas obras, entre as que se atopa a humanización do entorno da área panorámica de Tui e o anuncio da súa convocatoria no BOP e DOGA. Vista a existencia dun erro na cláusula novena do prego de condicións, que fai referencia a documentación a presentar polos contratistas, e no anuncio na que se esixe unha clasificación que non é a axeitada a obra a realizar segundo o informe do enxeñeiro autor do proxecto. E resultando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes no seus actos, todo elo segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Rectificar a clasificación esixida na cláusula novena do prego de condicións e nos anuncios da convocatoria do concurso para a contratación da realización da obra de humanización do entorno da área panorámica de Tui, no seguinte sentido: Onde di: "Obra nº1 : Grupo G, subgrupo 3, categoría e" Debe dicir: "Obra nº1: Grupo G, subgrupo 6, categoría e" , pertencendo o resto do texto inalterable. Asemade, acórdase conceder un novo prazo de vinte e seis días naturais para a presentacións de proposicións dende o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio corrixindo a clasificación no BOP ou no DOGA. ------ Folla: 291,292 12.14069.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE "AS NEVES" DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006, ANUALIDADES 2006-2008, DENOMINADA "ACONDICIONAMENTO MARXE DEREITA PO-400 ENTRE GASOLINEIRA E MIRADOIRO" POLA OBRA "PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS: CALVARIO E FONTIÑAS EN TORTOREOS, PEDROUZON EN SETADOS, PENLAS E SENRA EN SANTIAGO DE RIBARTEME" COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR, ASÍ COMO CORRECCIÓN DE ERROS NA DISTRIBUCIÓN EFECTUADA EN DIVERSAS ACTUACIÓNS DA DEVANDITA ENTIDADE LOCAL A petición do Concello de As Neves, de 2 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006, anualidades 2006-2008, denominada "Acondicionamento marxe dereito PO-400 entre gasolineira e miradoiro" pola obra "Pavimentación de camiños: Calvario e Fontiñas en Tortoreos, Pedrouzón en Setados, Penlas e Senra en Santiago de Ribarteme", coa mesma subvención que anterior de 60.000,00 euros, ascendendo o seu presuposto a 60.000,00 euros e suxeita as condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. Así mesmo aprobase a corrección de erros na distribución por anualidades do importe asignado a diversas actuacións. A relación de obras subvencionadas ó Concello de "AS NEVES" con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 PresupostoTOTAL Subvención PresupostoTOTAL Subvención PresupostoTOTAL Subvención Total Subv. Rede de sumidoiro en Liñares 59.400,00 5.000,00 59.400,00 20.000,00 59.400,00 34.400,00 59.400,00 Pavimentación camiños de Gulans e Couto 46.317,80 5.000,00 46.317,80 20.000,00 46.317,80 21.317,80 46.317,80 Abastecemento de auga a San Bartolomé e Taboexa Norte 16.791,32 5.000,00 16.791,32 11.791,32 26.177,74 Captación manantial en Carregal Santiago de Ribarteme 12.018,50 6.000,00 12.018,50 6.018,50 17.229,61 Captación de manantiais en San Pedro 22.308,31 6.000,00 22.308,31 6.921,89 22.308,31 9.386,42 54.238,05 Abastecemento de auga a Carrasqueira en Rubios 16.178,40 6.000,00 16.178,40 10.178,40 16.178,40 Abastecemento e captación de manantial en Outeiro, San José 26.295,14 6.295,14 26.295,14 20.000,00 26.295,14 5.211,11 26.295,14 Abastecemento de auga a Fermil e Pedrouzón, Rañade e Sabujeiro, en Setados 14.437,88 10.799,36 14.437,88 3.638,52 14.437,88 Reparación saneamento en Santiago de Ribarteme 12.224,94 6.000,00 12.224,94 6.224,94 12.224,94 Saneamento en Marco, Rubios 7.839,57 7.839,57 21.523,41 Pavimentación camiños: Calvario e Fontiñas en Tortoreos, Pedreouzón en Setados, Penlas e Senra en Santiago 60.000,00 5.000,00 60.000,00 13.683,84 60.000,00 41.316,16 11.897,68 Mellora saneamento en Tortoreos 5.977,17 5.977,17 5.977,17 Pavimentación camiño Senra, en Santiago Ribarteme 6.897,68 6.897,68 293.811,86 68.934,07 298.847,14 131.332,26 214.321,25 111.631,49 311.897,82 ------ Folla: 292 13.14070.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE "O GROVE" DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006, ANUALIDADE 2007-2008, DENOMINADAS "PAVIMENTACIÓN E SERVIZOS EN SAN VICENTE" E "PAVIMENTACIÓN E SERVIZOS EN SAN MARTÍN" POLAS OBRAS "PAVIMENTACIÓN E SERVIZOS EN JAIME SOLA E ENTORNO" E "SANEAMENTO E SERVIZOS EN SAN MARTÍN" COAS MESMAS SUBVENCIÓNS QUE AS ANTERIORES A petición do Concello de O Grove, de 5 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación das obras incluídas no PAM 2006, anualidades 2007-2008, denominadas "Pavimentación e servizos en San Vicente", e "Pavimentación e servizos en San Martín" polas obras "Pavimentación e servizos en Jaime Sola e entorno" e "Saneamento e servizos en San Martín", coas mesmas subvencións que as anteriores de 141.226,98 euros e 120.041,93 Euros, respectivamente, e suxeitas ás condicións establecidas no Acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó Concello de "O Grove" con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como de seguido se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Total Subv. Pavimentación e servizos Escalinata Confín 2ª. Fase 74.127,64 74.127,64 74.127,64 Pavimentación e servizos en Jaime Sola e entorno 141.226,98 141.226,98 141.226,98 Saneamento e servizos en San Martín 120.041,93 120.041,93 120.041,93 74.127,64 74.127,64 141.226,98 141.226,98 120.041,93 120.041,93 335.396,55 ------ Folla: 292,295 14.14071.- RATIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A FORMACIÓN PERMANENTE DO PERSOAL DOS CORPOS DA POLICÍA LOCAL E BOMBEIROS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co escrito de data 14 de xuño de 2006 polo que o director xeral do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia (CEXESGA), organismo adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, remite a esta Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e para a súa ratificación, o convenio de colaboración entre dita Consellería e a Deputación Provincial de Pontevedra para a formación permanente do persoal dos corpos da policía local e bombeiros dos concellos da provincia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a ratificación do presente convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Pontevedra. Dito convenio é como segue: "CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A FORMACIÓN PERMANENTE DO PERSOAL DOS CORPOS DA POLICÍA LOCAL E BOMBEIROS DOS CONCELLOS DA PROVINCIA Santiago de Compostela, 4 de maio de 2006 REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. Don José Luis Méndez Romeu, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, actuando no exercicio do seu cargo e función das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente. Doutra, o Ilmo. Sr. Don Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que lle confire o artigo 34.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. EXPOÑEN Primeiro: Conforme á Lei 1/2005, de creación do centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia (en adiante CEXESGA), este Centro é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Entre outros fins, o CEXESGA ten encomendada a función de organizar e impartir os cursos, seminarios e outras actividades de formación e perfeccionamento do persoal dos corpos de Policía Local e Bombeiro, segundo o artigo 3 da devandita Lei, que tamén prevé o establecemento de convenios de colaboración, e intercambios de experiencias docentes e de investigación, con organismo semellantes de ámbito autonómico, estatal ou internacional. Segundo: Conforme ós artigos 141 da Constitución española e 31 da Lei de bases de réxime local, as Provincias son entidades locais determinadas pola agrupación de concellos con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, que teñen como competencias e funcións propias as de asegurar a prestación integral e adecuada, na totalidade do territorio provincial, dos servizos de competencia municipal, así como participar na coordinación da Administración Local coa da Comunidade Autónoma ou a do Estado, correspondendo o seu goberno e administración ás correspondentes Deputacións Provinciais. Deste xeito, a formación e perfeccionamento profesional dos empregados públicos municipais e provinciais constitúe unha importante labor, que ven desenvolvendo a Deputación Provincial de Pontevedra, e que polo tanto abrangue tamén ós membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos distintos concellos desta provincia. Terceiro: Dada a existencia de colectivos comúns, ós que se dirixen algunha das accións formativas de ámbalas dúas Institucións asinantes, cómpre ter en conta o principio de eficacia que debe presidir a actuación administrativa e que impón ós responsables políticos a optimización de recursos, de tal xeito que permita acadar os obxectivos sinalados co menor custo posible, evitando ademais o solapamento de iniciativas e acción semellantes. Tendo en conta as anteriores consideracións, ámbalas dúas partes coincidindo en que a iniciativa obxecto do acordo é de común interese, conveñen en formalizar o seguinte convenio de colaboración, que se rexerá polas seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA: Obxecto do convenio. O obxecto do presente convenio é acadar a colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través do CEXESGA, e a Deputación Provincial de Pontevedra para a formación dos membros dos Corpos da Policía Local e Bombeiros dos concellos da provincia de Pontevedra. Esta formación realizarase mediante cursos sobre temas que sexan de interese profesional para as Policías Locais e Bombeiros que supoñan unha mellora ou actualización para o desempeño das súas funcións, ou en todo caso que permitan unha reciclaxe necesaria para acadar máis eficiencia no seu traballo. Poderán estar incluídos tanto no Programa Anual de Formación do CEXESGA coma no Plano Provincial de Formación da Deputación de Pontevedra, ou tamén ser consensuados de común acordo cando así o aconsellen ou permitan as dispoñibilidades organizativas e orzamentarias de cada institución asinante. SEGUNDA: Organización das actividades formativas. A organización dos cursos, xornadas e accións formativas en xeral deberá axustarse ós puntos seguintes: 1. O deseño, estrutura, obxectivos e datas de cada curso serán consensuados por ámbalas dúas partes, podendo ser propostos por calquera delas indistintamente. 2. O CEXESGA comprométese a efectuar a convocatoria no DOG dos cursos recollidos na cláusula primeira, facendo constar que é en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, que pola súa parte pode así mesmo publicitalos do xeito que veña sendo habitual ata agora no seu ámbito territorial. 3. As solicitudes de participación que remitan os alumnos dirixiranse á Deputación Provincial de Pontevedra, elaborándose unha listaxe que será obxecto de selección conxunta, no seu caso. 4. Os criterios de selección dos solicitantes virán dados en primeiro lugar polo número de prazas ofertadas en cada caso, así como tamén pola distribución xeográfica das solicitudes, atendendo de xeito proporcional tanto ó número de efectivos policiais de cada concello, como ás necesidades específicas de cada acción formativa para os mesmos. 5. Feita a selección, confeccionarase unha listaxe de admitidos á que se lle dará a publicidade habitual para que cada solicitante, saiba que está admitido e poida comunicar a imposibilidade de asistencia ó curso, se así fose. Neste caso será substituído por outro solicitante, tendo preferencia un do mesmo concello se o houbese. TERCEIRA: Profesorado, aulas e locais. De forma conxunta decidiranse os temas de selección e contratacións dos profesores que impartirán as clases, así como os aspectos de infraestrutura sobre determinación das sedes e disposición de aulas e locais. CUARTA: Seguimento, coordinación e control do desenvolvemento dos cursos. En cada curso, xornada ou acción formativa en xeral, establecerase de común acordo a persoa ou persoas que se encargarán en cada caso do seguimento e control do mesmo. Nos diplomas que se expidan ó remate de cada curso ou xornada figurarán ambas institucións, e estarán asinados polo presidente da Deputación de Pontevedra e polo director xeral do CEXESGA. Se algún dos profesores colaboradores solicitase un certificado de ter impartido as clases que lle correspondesen, este certificado poderá ser expedido por calquera das partes, facendo constar que o curso ou xornada foi organizado conxuntamente coa outra. QUINTA: Financiamento e xestión económica dos cursos ou xornadas. O financiamento de cada acción formativa que se leve a cabo correrá a cargo da parte que a tivera no seu programa de formación, e que polo tanto figurará xa incluída no seu presuposto. No caso de acordar ámbalas dúas partes algún curso ou xornada que non estivesen reflectidos nos respectivos plans de formación, o financiamento daqueles corresponderalle á parte que os propoña, e a outra parte prestará a máxima colaboración en todos os aspectos contemplados na cláusula segunda. Para o cumprimento do convenio o CEXESGA disporá dunha cantidade non superior a 7.500 euros con cargo á aplicación orzamentaria 06.81.232A.226.17 cursos de formación, do seu presuposto de gastos correspondente ó exercicio 2006. SEXTA: Comisión de seguimento. Constituirase ó efecto unha comisión de seguimento que adoptará os seus acordos por unanimidade e que estará integrada por un representante do CEXESGA e outro representante da Deputación Provincial de Pontevedra. Son funcións desta comisión de seguimento as seguintes: · Velar polo cumprimento do convenio. · Adoptar ou propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes. · En Xeral, as que o artigo 6.3 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, lle atribúe ó órgano de vixilancia e control. SÉTIMA: Vixencia do convenio. O presente convenio terá vixencia para o ano 2006, e poderá prorrogarse por mútuo acordo das partes antes da finalización do mesmo. OITAVA: Resolución e revogación do convenio. Serán causas de resolución do presente convenio as seguintes: · A renuncia de calquera das partes, formulada por escrito con tres meses de antelación. · Incumprimento das cláusulas do mesmo. · Mútuo acordo das partes. NOVENA: Modificacións. As modificacións formalizaranse mediante Addenda, cos mesmos requisitos e condicións que para a aprobación do convenio. DÉCIMA: Réxime xurídico. Este convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e pola lexislación sobre a materia obxecto do mesmo, e no seu defecto pola lexislación de contratos do Estado e demais normas de Dereito administrativo, e en defecto deste último polas normas de Dereito privado. As discrepancias que xurdan pola aplicación do presente convenio serán resoltas pola Comisión de Seguimento, prevista na cláusula sexta. De persistir as mesmas resolverá o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, poñendo fin á vía administrativa. O presente convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado, someténdose ambas as dúas partes ó acordado en todas as estipulacións, e como proba de conformidade asínase, por cuadriplicado, no lugar e data arriba indicados. POLA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA, POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, José Luís Méndez Romeu Rafael Louzán Abal" ------ Folla: 295 15.14072.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota