ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2006/08/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/1.2006-08-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2006/08/25_Ordinaria

  • Data(s) 2006-08-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e cinco de agosto do ano dous mil seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Vicesecretario Accidental, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14220.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 23 de agosto de 2006. ------ Folla: 2.14221.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE DIVERSOS CRÉDITOS CON CARGO Ó PROGRAMA DE AXUDAS Á REXENERACIÓN DE BANCOS MARISQUEIROS 2005 Resultando que os expedientes abaixo citados gardan relación co programa "Axudas á rexeneración dos bancos marisqueiros" do ano 2005 e que á totalidade dos mesmos se lles concedeu unha axuda económica con cargo a este programa e aprobadas en Xunta de Goberno de data 28/10/2005. Resultando que o pago destas axudas require a previa xustificación dos gastos conforme ás bases das citadas axudas e que, realizándose estas, se produciron fóra do prazo establecido. Vistos os informes emitidos pola Secretaría Xeral, Intervención, o Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e a Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer os créditos relacionados a continuación con cargo á partida 06/711.711.479.01.2005: BENEFICIARIO IMPORTE AXUDA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTÍN DE O GROVECIF G-36014744 16.500,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOSCIF G-36012847 16.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIANO DE ALDANCIF G-36007714 10.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN GREGORIO DE RAXÓCIF G-36014124 4.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JUAN DE REDONDELACIF F-36010916 16.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES VIRGEN DEL ROSARIO DE VILAXOÁNCIF G-36012854 14.000,00 ¤ CONFRARÍA DE PESCADORES SAN XULIÁN DEA ILLA DE AROUSACIF G-36049161 17.000,00 ¤ ------ Folla: 3.14222.- APROBACIÓN DO EXPTE. DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICAR MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, O SUBMINISTRO DE MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA Visto o convenio de colaboración co concello de Baiona para a adquisición de maquinaria para prestar de forma adecuada o servizo de limpeza aprobado pola Xunta de Goberno, en sesión de 4 de agosto do presente ano, e cuxo presuposto é de 525.000,00 euros. Resultando que, de conformidade coa cláusula segunda do convenio, a Deputación, realizará a contratación da maquinaria segundo o procedemento e a forma mais adecuada no Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas. E visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento Rc e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expte. de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o subministro de maquinaria para a recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria que conta cun presuposto máximo de cincocentos vinte e cinto mil euros (525.000,00 ¤), IVE incluído. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 06/911.911.662.02 do vixente presuposto provincial e coa correspondente do exercicio 2007, de conformidade cos seguintes importes: ANO IMPORTE 2006 437.500,00 ¤ 2007 87.500,00 ¤ - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación publicándose o anuncio do mesmo no Boletín Oficial da Comunidade Europea, cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA. 1.- OBXECTO.- A subministración da maquinaria de limpeza que se establece de seguido: · Un vehículo recolector de residuos sólidos urbanos de 24 m³. · Unha maquina varredora. · Dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbano de 10 m³. No prego de prescricións técnica que se une como anexo descríbense con detalle a maquinaria a subministrar. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 06/911.911.662.02 a cantidade de 437.500,00 euros correspondente a anualidade de 2006, e a cantidade de 87.500,00 euros da anualidade 2007 con cargo a partida correspondente do futuro exercicio. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade dos subministros por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E ENTREGA.- Os vehículos recolectores e a maquinaria serán entregados no Parque de Maquinaria de esta Deputación ou no Concello da provincia de Pontevedra que indique a Deputación. O subministro efectuarase no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de CENTO VINTE DÍAS NATURAIS, contados a partir da sinatura do contrato de subministro. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 190.1 do texto refundido do R.d.l.2/2000, de 16 de xuño, da L.C.A.P. A Administración reservase a facultade de comprobar no momento da recepción que o subministro reúne as condicións de calidade esixidas. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión deste concurso. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto que servirá de base de licitación fíxase nas cantidades que se establecen de seguido de acordo cos elementos a subministrar: Lote concepto Prezo 1 Un vehículo recolector de residuos sólidos urbanos de 24 m³ Cento cincuenta e tres mil euros, Ive incluído. (153.000 ¤) 2 Dous vehículos recolectores de Residuos sólidos Urbanos de 10 m³ Douscentos cincuenta mil euros (250.000 ¤), IVE incluído. Tendo un prezo por unidade de 125.000 ¤. 3 Unha maquina varredora vial Cento vinte dous mil euros (122.000 ¤), IVE incluído 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administración Públicas (R.d.l. 2/2000) e non estean incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unión temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para debida execución do contrato. 7.-GARANTÍA PROVISIONAL.-Será equivalente ó 2% do presuposto de licitación e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ingresarse exclusivamente na Caixa da Deputación de Pontevedra. 8.-GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos 15 días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN; 9.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, das 9,00 ás 13,00 horas, durante un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data do envío do anuncio do contrato á oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas e que se especificará no anuncio que se publique no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas cadrase en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos que establecen os artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B, en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indique, así como o nome ou denominación do licitador. Os licitadores deberán presentar un Sobre A "Proposición Económica", por cada lote no que participen, e un único Sobre B de "Documentación Administrativa". A) SOBRE A, denominado "PROPOSICIÓN ECONÓMICA", que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: Proposición Económica o LOTE ______(especificar nº de lote e denominación do mesmo) para optar ó Concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, o SUBMINISTRO DE MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA. Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1- Proposición económica Que se axustará ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2.- Descrición dos produtos a subministrar. 3.-Descrición do servizo de postvenda Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se xa se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado "DOCUMENTOS" deberá conter a seguinte inscrición: "Documentos Xerais para optar ó LOTE ______(especificar nº de lote e denominación do mesmo) para optar ó Concurso para adxudicar, mediante procedemento aberto, o SUBMINISTRO DE MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1º Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que teña, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen teña a fe pública administrativa, ou escritura de constitución da sociedade mercantil debidamente inscrita no Rexistro Mercantil cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a súa participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, teña a representación da unión ante a Administración. 2º As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea, de Estados signatarios de acordo sobre o Espacio Económico Europeo e restantes empresas estranxeiras deberán acreditar a súa capacidade de obrar na forma prevista na Lcap e demais normativas vixentes. Todas as empresas estranxeiras, comunitarias ou non , deberán presentar unha declaración de sometemento á xurisdición dos tribunais e xulgados españois. 3º Declaración do licitador, facendo constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 e concordantes do T.r. do R.d.l. 2/2000 da Lcap. 4º Documento que acrediten estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 5º Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 6º Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 7º Declaración das cifras de negocios globais de subministros realizados nos tres últimos exercicios. 8º Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral da Corporación O interventor da Corporación. O xefe xeral do Parque de Maquinaria da Deputación. SECRETARIO: O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, nun acto que terá lugar ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo ou sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación que presentasen os licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que se recollerán na Acta. A continuación, en acto público, o secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e daralles traslado ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, serán os seguintes: 1) Calidade dos produtos a subministrar, ata un máximo de 2,5 puntos. 2) Melloras ás características técnicas, ata un máximo de 2,5 puntos. 3) Servizo de Postvenda e reparación, ata un máximo de 2 puntos 4) Prazo de entrega, ata un máximo de 2 puntos. 5) Menor prezo ofertado, ata un máximo de 1 punto. 13- ADXUDICACIÓN. O Órgano de contratación recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, unha resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó seu valor económico, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación, será notificada ós participantes no concurso. O practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma que se establece na cláusula 8ª. 14- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación; sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e demais que xere o expediente, que se orzamentan na contía máxima de 1.500,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA. O contratista non terá dereito a indemnización por danos que padeza como consecuencia da execución do contrato, e que non poidan imputarse á Administración. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do T.r. da LCAP. 18.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 19.- XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato resolveraas o órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora desta xurisdición. 20.- MODELO DE PROPOSICIÓNS. D ..., maior de idade, veciño de ..., con enderezo en ..., titular do DNI ..., expedido na data ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con enderezo en ..., teléfono ... segundo acredito con poder bastanteado. Sabedor do anuncio para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á contratación do subministro de MAQUINARIA PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS E LIMPEZA VIARIA. LOTE ______ (especificar nº de lote e denominación do mesmo), comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo prezo de ______ euros, IVE incluído. · O Prazo máximo de entrega será de ............................................................... · Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar) A valoración económica das melloras é de______________ (Data e sinatura do propoñente)" ------ Folla: 4.14223.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM.1 DA PROTECCIÓN VIAL E SERVIZOS EP PORTELA-SOUTO DE VEA (ESTRADA) Vista a certificación núm.1 relativa as obras da"PROTECCIÓN VIAL E SERVIZOS E.P. PORTELA-SOUTO DE VEA (ESTRADA)", adxudicadas no seu día a Empresa ELSAMEX,S.A, visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 1 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ELSAMEX, S.A.(C.I.F. A.28.504.728) 06/511.511-612.02.2005(Deputación) 114.150,95 ¤ ELSAMEX, S.A. 06/511.511-612.02.2005(Concello) 76.100,63 ¤ Subtotal parcial …… 190.251,58 ¤ Taxa dirección de obra 5.512,94 ¤ Control de calidade 689,12 ¤ Seguridade e saúde 689,12 ¤ TOTAL …… 183,360,40 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 5.14224.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM.11 DO PROXECTO MODIFICADO DE ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO EP SAN VICENTE-O GROVE (FONDOS PROPIOS DE 2003) Vista a certificación núm.11 relativa as obras do "PROXECTO MODIFICADO DE ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO E.P. SAN VICENTE - O GROVE", adxudicadas no seu día a Empresa CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS,S.A. (C.O.V.S.A), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 21 de xullo e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A.(C.I.F. A.36.008.886) 06/511.511-612.02.2004(Deputación) 294.594,99 ¤ Subtotal parcial …… 294.594,99 ¤ Taxa dirección de obra 8.536,51 ¤ Control de calidade 1.067,06 ¤ Seguridade e saúde 1.067,06 ¤ TOTAL …… 283.924,36 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto no orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.14225.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM.27 DA AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO Vista a certificación núm.27 relativa as obras da "AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO", adxudicadas no seu día a Empresa DRAGADOS,S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 1 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A.(C.I.F. A.15.139,314) 06/432.451-622.01.2005(Deputación) 49.922,98 ¤ DRAGADOS,S.A 06/432.451-622.01.2005(Consellería Cultura) 35.659,27 ¤ DRAGADOS,S.A. 06/432.451-622.01.2005(Ministerio Educación) 166.409,93 ¤ Subtotal parcial …… 251.992,18 ¤ Taxa dirección de obra 8.642,45 ¤ Control de calidade 6.517,04 ¤ Seguridade e saúde 0,00 ¤ TOTAL …… 236.832,69 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto no orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.14226.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM.6 DA INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO Vista a certificación núm.6 relativa as obras da "INFRAESTRUCTURA BÁSICA PARA CONSTRUCCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO", adxudicadas no seu día a Empresa CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS,S.A. (C.O.V.S.A), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 1 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A.(C.I.F. A.36.008.886) 06/123.452-662.08.2005(Deputación) 227.469,40 ¤ Subtotal parcial …… 227.469,40 ¤ Taxa dirección de obra 5.767,48 ¤ Control de calidade 823,93 ¤ Seguridade e saúde 823,93 ¤ TOTAL …… 220.054,06 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto no orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.14227.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚM.7 DA INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO Vista a certificación núm.7 relativa as obras da "INFRAESTRUCTURA BÁSICA PARA CONSTRUCCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA DE ACORDO CO PROXECTO TÉCNICO", adxudicadas no seu día a Empresa CONSTRUCCIONS OBRAS E VIAIS,S.A. (C.O.V.S.A), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 1 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A.(C.I.F. A.36.008.886) 06/123.452-662.08.2005(Deputación) 418.294,52 ¤ Subtotal parcial …… 418.294,52 ¤ Taxa dirección de obra 10.605,85 ¤ Control de calidade 1.515,12 ¤ Seguridade e saúde 1.515,12 ¤ TOTAL …… 404.658,43 ¤ Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo o contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do "Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado". A Liquidación practicada axustase o regulado o efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto no orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 9.14228.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA,S.A. (SEBAGASA) (C.I.F. A.36.617.942) - A constituída en valores,mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil trescentos sesenta e dous euros con catro céntimos (2.362,04 ¤), para responder de "Reposición señalización zona Brigada de Gondomar", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/XI/2003, segundo núm. 200300086117 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES E.C.CASAS,S.L. (C.I.F. B.36.147.429) - A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de nove mil setecentos sesenta euros (9.760,00 ¤), para responder de "Mellora de trazado e pavimento E.P. Viso-Alxan (Soutomaior)", (F.P.2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/12/2002 segundo núm.200200106909 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de catrocentos doce euros con corenta e un céntimos (412,41 ¤), para responder de "Proxecto modificado núm.1 de Ensanche E.P. 5102 Lamosa - Franqueira- Achas (Covelo)", (F.P.2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/06/2005 segundo núm.200500059024 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de dez mil euros (10.000,00 ¤), para responder de "Mellora de trazado e pavimento Picoña-Baredo E.P. 2501 Salceda-Picoña (Salceda)", (F.P.2002) e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/02/2003 segundo núm.200300011182 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de doce mil catrocentos euros (12.400,00 ¤), para responder de "E.P. 8504 Forno - Cernadas (Valga)", (F.P.2002) e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/01/2003 segundo núm.200300004829 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Banesto, por importe de dous mil douscentos euros (2.200,00 ¤), para responder de "E.P. 0408 Paraños - Trabazo (Cotobade) (P.P.C.2003)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/09/2003 segundo núm. 200300065114 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES CARRO,S.L. (C.I.F. B.36.010.700) - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de dezaoito mil novecentos sesenta e nove euros con sesenta e catro céntimos (18.969,64¤), para responder de "E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo) (F.P..2002)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/02/2003 segundo núm.200300007839 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de cinco mil seiscentos dezaoito euros con cincuenta e dous céntimos (5.618,52 ¤), para responder de "E.P. 0403 Carballedo-Rebordelo (Cotobade) (F.P.2002)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/12/2002 segundo núm. 200200110342 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de catro mil oitocentos dous euros con trinta e catro céntimos (4.802,34 ¤), para responder de "E.P. 0016 Portadosol-Castelo (Pontevedra) (F.P.2002)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/12/2002 segundo núm. 200200110341 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de vinte e oito mil trescentos trinta e dous euros con vinte e tres céntimos (28.332,23 ¤), para responder de "Mellora de trazado e servizos E.P.2401 Porriño-Mosende (Porriño), (F.P.2002)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/12/2002 segundo núm.200200110343 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de trece mil seiscentos dezanove euros con sesenta e dous céntimos (13.619,62 ¤), para responder de "Urbanización zona de pedra e Lameiro, E.P. Calvario-Garrida (Vigo) (Convenio con Entidade Local Menor de Bembrive.Vigo)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/06/2003 segundo núm. 200300040778 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de BBVA, por importe de sete mil setecentos oitenta euros con corenta céntimos (7.780,40 ¤), para responder de "Ensanche e mellora pavimento P.K. 17,700 a 19,670 Tomiño-Sabaris (Baiona) (F.P.2002)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/02/2003 segundo núm. 200300007838 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Bco.Popular, por importe de mil cincocentos noventa e seis euros con dezasete céntimos (1.596,17 ¤), para responder de "E.P. 1302 Beluso-Cabo-Udra (BUEU) (FP.2001)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/06/2001 segundo núm. 200100028795 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Bco.Popular, por importe de dous mil trescentos vinte euros con seis céntimos (2.320,06 ¤), para responder de "Traslado muros E.P. Carballedo-Rebordelo (Cotobade), (F.P.2003)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/04/2003 segundo núm. 200300027793 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. - A constituída en valores,mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil catrocentos cincuenta e tres euros con cincuenta e seis céntimos (9.453,56¤), para responder de "E.P. 1304 Cela-Outeiro (Bueu),(P.P.C.2003)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/10/2003 segundo núm. 200300077022 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 10.14229.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A ESTRADA, DA ACTUACIÓN INCLUÍDA NO PAM 2006, DENOMINADA "VEHÍCULO PARA MEDIO AMBIENTE" POLA ACTUACIÓN "VEHÍCULO PARA PROTECCIÓN CIVIL", COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR A petición do concello da Estrada, de 18 de xullo pasado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación de aplicación da actuación da actuación incluída no PAM 2006, denominada "Vehículo para medio ambiente" pola actuación "Vehículo para protección Civil", coa mesma subvención que a anterior de 25.500,00 ¤, ascendendo o presuposto a 25.500,00 ¤, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno de 7 de abril pasado e 16 de xuño de 2006. A realización de obras subvencionadas ó concello da Estrada con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Presuposto TOTAL Subv. Total Subv. Instalación de Bandas Redutoras na c/ Fernando Conde 32.277,12 32.277,12 32.277,12 Construción de Beirarrúas na Sagrada-Codeseda 290.000,00 10.583,41 290.000,00 72.657,90 290.000,00 61.758,69 145.000,00 Auga potable para Guimarei (Avda. da Torre, A Torre e Cogoludo) 91.194,56 6.656,20 91.194,56 45.696,58 91.194,56 38.841,78 91.194,56 Vehículo para Protección Civil 25.500,00 25.500,00 25.500,00 Beirarrúas, alumeado e redes de abastecemento e saneamento en Vilar 190.610,21 13.912,45 190.610,21 95.512,67 190.610,21 81.185,09 190.610,21 Rede alcantarillado Ouzande 460.000,00 33.574,94 460.000,00 230.500,92 460.000,00 195.924,14 460.000,00 Adquisición de desbrozadora e cabezal 22.300,00 22.300,00 22.300,00 Mellora ilumminación pública en Currelo e San Miguel de Castro 58.739,58 58.739,58 58.739,58 Mellora dos servizos urbanos na Avda. de Santiago Antón Losada 86.836,81 86.836,81 86.836,81 Pavimentación de Accesos ós núcleos de Arnois e outros 300.694,79 21.947,41 300.694,79 150.674,83 300.694,79 128.072,55 300.694,79 1.558.153,07 312.327,92 1.332.499,56 595.042,90 1.332.499,56 505.782,25 1.413.153,07 ------ Folla: 11.14230.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL (PXOM) DO CONCELLO DE O GROVE Dada conta da comunicación do Concello de O Grove, de data 26 de xullo de 2006 (rexistro de entrada nº 26300 de data 03/08/06), pola que remite o Proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de O Grove, solicitando informe en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 18 de agosto de 2006, que literalmente di: "... por parte de este Servicio y en relación a lo que afecta a las consideraciones hechas sobre las Estradas Provinciales, y dado que en los apartados correspondientes de la documentación remitida se recogen los puntos establecidos en la Ordenanza Reguladora del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales publicada en el BOP nº 11 de fecha 16 de xaneiro de 1996, por parte de este Servicio se emite informe favorable." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de O Grove. ------ Folla: 12.14231.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dáse conta das seguintes resolucións xudiciais: a) A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Ordinario núm. 215/ 2005 promovidos contra esta Deputación por D. Simón Iglesias Ferro, e na que se desestima o recurso presentado contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico, valorados en 44.917,63 ¤, sen engadir o IPC e os xuros legais (os que tería dereito o reclamante de prosperar a súa reclamación), absolvendo a este organismo de toda responsabilidade por entender o xulgador que a causa do accidente non pode achacarse á falta de conservación e mantemento da estrada provincial. Dita sentenza, favorable ós intereses da Deputación, deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos integramente, polos Servizos Xurídicos da Secretaría Xeral. b) Dada conta de que con data 31 de xullo de 2006 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de Procedemento Abreviado núm. 361/ 2005 promovidos por D. Alberto Mendez Abal contra desestimación presunta por silencio administrativo de reclamación de responsabilidade patrimonial solicitando indemnización por importe de 15.157,00 € e contra o Acordo da Xunta de Goberno de data 10/03/2006 polo que se estimaba parcialmente a súa reclamación recoñecendo a obriga de abonarlle o reclamante a cantidade de 2.604,00 ¤ e na que se estima en parte o recurso, condenando á Deputación ó pago de 12,030,00 ¤ (entendéndose dentro desta cantidade a xa recoñecida no acordo de 10/03/2006 en Xunta de Goberno) actualizada co arranxo ó índice de prezos ó consumo de conformidade co ordenado na sentenza. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: PRIMEIRO.- Proceder ó cumprimento nos seus propios termos da referida sentenza. SEGUNDO.- En consecuencia aprobar o gasto da indemnización recoñecida de 12.814,74 ¤ a favor de Don Alberto Méndez Abal, que se concreta, unha vez sumados os xuros legais que ascenden a 556,17 ¤, segundo informe da Intervención e con cargo á partida orzamentaria 06/511.511.210.00. TERCEIRO.- O pago efectivo da cantidade sinalada queda sometido á condición suspensiva da achega polo recorrente de número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do NIF, para o que deberá ser notificado do presente acordo pola Secretaría Xeral-Asesoría Xurídica. Dita sentenza deriva duns autos e procedemento administrativo seguidos polos Servizos Xurídicos da Deputación, incluso a defensa en xuízo. ------ Folla: 13.14232.- COMUNICACIÓNS Non houbo ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14233.- CORRECCIÓN DE ERRO EXISTENTE NO ORZAMENTO DA OBRA Nº 135, DENOMINADA "SANEAMENTO EN CAMPAÑA, CORDEIRO E XANZA, DO CONCELLO DE VALGA, SUBVENCIONADA CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2008 Detectado un erro no cadro de distribución de subvencións, concedidas ó concello de Valga con cargo ó PAM/06-08, anualidade 2008, da Xunta de Goberno do 4 de agosto actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á súa rectificación debendo figurar o importe de 98.418,78 ¤ de presuposto total na obra 135 denominada "Saneamento en Campaña, Cordeiro e Xanza", en vez de 98.417,78¤ que figuraba anteriormente. A relación de obras subvencionadas ó concello de Valga con cargo ó PAM 06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Presuposto TOTAL Subvención Total Subv. Saneamento Cordeiro 60.744,65 60.774,12 60.774,12 Saneamento en Cordeiro e Xanza 76323,72 76.323,72 76.323,72 Acondicionamento e urbanizazción do Parque Irmáns Dios Mosquera 39.462,88 39.462,30 39.462,30 Saneamento en Campaña, Cordeiro e Xanza 98.418,78 98.417,30 98.417,30 60.744,65 60.774,12 115.786,60 115.786,02 98.418,78 98.417,30 274.977,44 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14234.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO INFORMATIVO (EI-2-PO-21) ESTRADA N-550 VARIANTE REDONDELA. Dada conta da comunicación por parte do enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, da Secretaría de Estado de Infraestruturas e Planificación, de data 7 de agosto de 2006, recibida nesta Deputación o día 7 de agosto do 2006 (nº rexistro entrada 026601), remitindo estudio informativo (EI-2-PO-21) estrada N-550, variante Redondela, ós efectos de emisión de informe, e, Resultando que o enxeñeiro director de Vías e Obras, emite informe con data 18 de agosto de 2006, no que textualmente di: "... 1. La alternativa 1.a discurre entre el casco urbano consolidado de Redondela y la Costa del fondo de la Ensenada de San Simón, con lo que representa un freno al desarrollo urbanístico así como un obstáculo, al menos visual de toda la panorámica de Vigo obligando a un paso elevado sobre el Río Maceiras, lo que a nuestro juicio no la hace muy recomendable, independientemente de la valoración global que obtiene en el estudio y de la longitud de dicha variante. La alternativa 1.b es una modificación de la 1.a, con los mismos inconvenientes señalados, aunque la conexión con la N-550 se hace más próxima al acceso al Viso, haciendo las mismas consideraciones que la alternativa 1.b. 2. La alternativa número 2 discurre por la parte superior del casco urbano de Redondela teniendo su origen en la zona e A Portela y desembarcando en las proximidades de Cesantes en el mismo punto donde lo hacía la 1.a. Aunque no representa los inconvenientes referidos al impacto visual que se mencionaron con las dos alternativas anteriores, el trazado propuesto obliga a la implantación de unos caminos de servicio junto con el establecimiento de unos terraplenes y unos desmontes bastante acusados que van a proporcionar una afecciones considerables a la altura de los núcleos de Quintela, Catapeixe, Torres de Agrelo, Barrondas y O Cruceiro. Esta alternativa va a suponer, en cierta medida, una barrera de comunicación entre el casco urbano de Redondela y la parte alta del concello. 3.- La alternativa número 3 que es la que tiene un mayor desarrollo por ser la más exterior, obtiene en la valoración global una puntuación que representa una escasa diferencia de 2 puntos en el análisis multicriterio que contén el estudio, diferencia que viene arrastrada por la influencia del coste económico que es superior a las demás alternativas por la mencionada componente de su mayor desarrollo. A nuestro juicio, e independientemente de los criterios considerados en el Estudio Informativo, dejando al margen otras consideraciones y partiendo de la base de que todas las soluciones propuestas resuelven, a su manera, el paso por Redondela, la alternativa número 3 se presenta como la que ofrece un menor impacto social y paisajístico, por lo que se propone como la alternativa a considerar." Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 22 de agosto de 2006, no que textualmente di: "... Desde el punto de vista medioambiental la alternativa 1B es la que menor impacto ambiental global provoca ya que es la que menor impacto produce sobre la geomorfología, el relieve, la red fluvial, el paisaje, el patrimonio cultural y la población. Tampoco se descarta la posibilidad de la alternativa 3 que es la que menor impacto provoca sobre los suelos, los niveles acústicos y sobre el espacio natural protegido existente en la zona:la Ensenada de San Simón, declarado Lugar de Importancia Comunitaria por la Unión Europea y Espacio Natural en Régimen de Protección General por la Consellería de Medio Ambiente de la Xunta de Galicia." A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia da Secretaría de Estado Infraestruturas e Planificación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.14235.- APROBACIÓN DAS BASES DO "CURSO DE FORMACIÓN DE TURISMO NÁUTICO PARA PERSOAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA" (NEA; INTERREG III-B) Resultando que, con cargo ó proxecto NEA; INTERREG III-B, preténdese a realización dun curso de turismo náutico para persoas da provincia de Pontevedra. Visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario de 21 de agosto de 2006. De conformidade cos obxectivos do proxecto NEA (NÁUTICA ESPAZO ATLÁNTICO) INTERREG III-B e a formación como fío condutor. Prográmase a formación, con ciclos de actividades náuticas para favorecer unha oferta de calidade e accións formativas para chegar á profesionalización do sector. Dentro do programa de formación NEA, contémplase a seguinte FORMACIÓN DE ACTIVIDADES NÁUTICAS: 1. MODELO I .- ACTIVIDADES NÁUTICAS Vela (monitor vela lixeira) Surf (instrutor de iniciación ó surf) Actividades subacuáticas Piragüismo (iniciación) Per (curso patrón embarcacións de recreo) Socorrismo acuático 2. MODELO II.- ACTIVIDADES TURÍSTICAS Formación turística Turismo náutico Calidade e atención ó cliente Xestión de infraestruturas náuticas Informática a nivel de usuario Idiomas nivel básico (atención ó cliente) Informática de usuario A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ás seguintes bases do "Curso de formación de turismo náutico para persoas da provincia de Pontevedra, no marco do proxecto NEA(NÁUTICA ESPAZO ATLÁNTICO); INTERREG III-B" que din como segue a continuación: BASES "I) DESTINATARIOS: PERSOAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Empregados e desempregados, coas seguintes características. 1) Empregados e desempregados da provincia de Pontevedra. 2) Nivel académico: terminado o bacharelato ou FPII. 3) Nivel profesional: non se precisa. 4) Idade maior de 18 anos e menor de 35 anos. 5) Nacionalidade española. II) DURACIÓN A duración do curso será de 582 horas, entre teoría e prácticas, a desenvolver entre finais do 2006 e principios do 2007. III) SOLICITUDES As persoas que desexen participar no presente curso de formación deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da convocatoria, Anexo, cubrindo todos os epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo ata o día ..... de ..... de 2006. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso. IV) SELECCIÓN A empresa adxudicataria da formación, efectuará a selección definitiva das vinte persoas, a partir da selección previa efectuada pola Excma. Deputación, segundo os seguintes criterios: a) Que exista unha relación entre a formación a recibir e as funcións exercidas polos solicitantes no seu actual posto de traballo (monitor dalgún deporte náutico; monitores de tempo libre; traballar en base náutica, punto paixón, praia, etc; desempeño de calquera traballo relacionado coas actividades turísticas descritas no modelo II; etc.), se se atopan empregados. Para os desempregados se realizaron actividades encadradas en deportes náuticos ou actividades turísticas das descritas nos modelos I e II. b) Proximidade xeográfica ós lugares de impartición. c) Ter participado nas actividades de promoción e difusión o Proxecto NEA para a formación de técnicos en turismo náutico ou a práctica de actividades náuticas. V) INTERPRETACIÓN E RESOLUCIÓN A Excma. Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento da formación, así como cancelar total ou parcialmente, se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. VI) CERTIFICADO DE ASISTENCIA Outorgarase un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade ó programa de formación, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 15 % das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal fose a causa, imposibilitará a expedición do certificado. Ademais a formación que se imparte no modelo de ACTIVIDADES NÁUTICAS será a recolleita oficialmente para posibilitar a obtención das titulacións descritas neste modelo, sendo por conta dos participantes as taxas de exame." ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.14236.- ANULACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA CON CARGO Ó PROGRAMA DE "SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS " Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA NA ANUALIDADE DE 2004 Considerando que o Concello de Vilanova de Arousa, con C.I.F. P-3606100-J e domicilio social en Praza do Concello, nº1, C.P. 36620, Vilanova de Arousa, solicitou a concesión dunha axuda para o equipamento da praia das Patiñas con cargo ó programa de "Axudas para a dotación de servizos a praias-2004". Visto o acordo da Xunta de Goberno de 14/05/2004, no que se concede unha axuda económica ó Concello de Vilanova de Arousa con cargo ó programa de "Axudas económicas para a dotación de servizos a praias para o ano 2004" por importe de 14.000,00 ¤ imputable á partida 06/711.442.762.82.2004. Visto o escrito, presentado o día 23 de agosto de 2006, no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación de Pontevedra polo Alcalde do Concello de Vilanova de Arousa, no que solicita a anulación da axuda concedida pola imposibilidade de proceder á execución do proxecto para o que se concedeu. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a axuda concedida ó Concello de Vilanova de Arousa, C.I.F. P-3606100-J, para o equipamento da praia das Patiñas con cargo ó programa de "Axudas para a dotación de servizos a praias-2004". ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.14237.- ADXUDICACIÓN DE OBRAS COMPLEMENTARIAS DO PAVIMENTADO DE CAPA DE RODAXE E SUBSTITUCIÓN, SANEAMENTO E ABASTECEMENTO NA RÚA URZAIZ DE VIGO Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 02/07/2004, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A., a obra de "Pavimentado capa de rodaxe e substitución saneamento e abastecemento en rúa Urzaiz (Vigo)", na suma de 277.165,00 ¤, IVE incluído, visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 15/07/2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de "Obras complementarias de dita obra polo importe de 54.805,08 ¤, visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que se presta conformidade ás medicións e prezos do proxecto das obras complementarias; visto o informe favorable polo Sr. Secretario Xeral, relativo ó procedemento de adxudicación da obra comprendida no proxecto modificado e, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Aprobar o expediente de contratación, de acordo co establecido no art. 146.2 do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, toda vez que se cumpren os requisitos nel establecidos, dado que o presuposto de proxecto modificado non supera o 20 % do contrato primitivo e que se prestou conformidade ó mesmo pola adxudicataria da obra inicial. 3.- Adxudicar a Construcciones Crespo, S.A., as obras "Complementarias de pavimentado capa de rodaxe e substitución saneamento e abastecemento en rúa Urzaiz (Vigo), na suma de 54.805,08 ¤, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.14238.- CORRECCIÓN DE ERRO EXISTENTE NO ACORDO Nº8.14218 ADOPTADO EN SESIÓN DE DATA 23/08/06 DA XUNTA DE GOBERNO No acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 23 de agosto de 2.006 referente á CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS, UNHA DE ENXEÑEIRO AGRÓNOMO E OUTRA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA, PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INVESTIGACIÓN A DESENVOLVER NA COOPERATIVA HORSAL E NA COOPERATIVA HORTUMIA, procede a modificación e aclaración das Bases cuarta (presentación de solicitudes) e sexta (selección do bolseiro). Considerando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo iso segundo o disposto no art. 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda, por unanimidade, modificar as Bases cuarta (presentación de solicitudes) e sexta (selección do bolseiro) no senso que onde di, na Base cuarta: "....c) Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa..." Deberá dicir: "...c) Certificado do expediente académico, onde deberá constar a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Rd 1497/87, modificado polo Rd 1267/94. d) Currículum vitae e documentación acreditativa deste. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa..." Na base Sexta, onde di: "... a) Polo expediente académico ata un máximo de tres (3) puntos..." Deberá dicir: "....a) Polo expediente académico ata un máximo de tres (3) puntos. No caso de que no expediente académico non conste a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no Rd 1497/87, modificado polo Rd 1267/94, será valorado con 0 puntos..." E onde di: "....Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno..." Deberá dicir: "...Tamén se poderá manter unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes se o tribunal o considera oportuno, valorándose de 0 a 3 puntos..." Permanecendo invariable o resto do texto da Xunta de Goberno citado. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.14239.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Visto que a xefa do Servizo de Recursos Humanos participa a necesidade de contratar un seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación incluíndo ós beneficiarios dos mesmos. E visto o anexo a este escrito, no que figura un concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados, onde se establece que o presuposto para este contrato é de 37 euros beneficiario/mes, IVE incluído, estimando que o número de titulares e beneficiarios xira entorno a 889 persoas, o que suporía un presuposto de 394.716,00 euros para o contrato anual. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento Rc e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar mediante concurso, procedemento aberto, o seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación de Pontevedra, que conta cun presuposto máximo de trinta e sete euros, beneficiario/mes (37 ¤), IVE incluído, e estimándose a contía anual do contrato en trescentos noventa e catro mil setecentos dezaseis euros (394.716,00 ¤). Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar o gasto da anualidade do 2006, cun importe de 98.679,00 euros, que irá con cargo á partida 06/122.314.160.06 do vixente Presuposto provincial e as dos exercicios 2007 e 2008 irán con cargo ás correspondentes de exercicios futuros, e en relación cos seguintes importes: ANO IMPORTE 2006 98.679,00 ¤ 2007 394.716,00 ¤ 2008 296.037,00 ¤ - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación publicándose o anuncio do mesmo no Boletín Oficial da Comunidade Europea, cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia, Comunidade Autónoma e Estado. Dito prego é como segue: "PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ NO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO CONTRATO DE SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A prestación do seguro de asistencia sanitaria en todo o territorio nacional ós funcionarios de carreira integrados, en virtude da aplicación do Real decreto 480/93, de 2 de abril, e ós seus correspondentes beneficiarios da Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade co establecido no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios desta Administración que se une como anexo a modo de prego de prescricións técnicas. Tamén inclúese no ámbito de aplicación do contrato, a prestación do seguro de asistencia sanitaria no estranxeiro nos supostos de estancia por viaxe ou estudos. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato para o ano 2006 financiarase con cargo á partida 06/122.314.160.06 do presuposto de gastos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, existindo crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas deste contrato, segundo consta no expediente, quedando sometida a adxudicación en canto a exercicios posteriores, á condición suspensiva da existencia de crédito adecuada e suficiente para financiar as obrigas derivadas daquel. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, por mensualidades vencidas, unha vez prestada a conformidade pola Deputación Provincial de Pontevedra. Cada pago mensual terá en conta o número de titulares e beneficiarios existentes ás cero horas do día un do mes do que se trate e para iso facilitarase mensualmente por parte da Deputación á empresa adxudicataria, un exemplar dos documentos de afiliación do titular e beneficiarios, así como unha relación das baixas e variacións que se producisen. Con respecto ás demais incidencias relativas ó pago do contrato terase en conta o establecido no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios desta Deputación que se une como anexo. 4.- DURACIÓN DO CONTRATO.- A vixencia da cobertura do seguro de asistencia sanitaria establécese no prazo de dous anos contados dende as cero horas do día primeiro do mes seguinte ó da adxudicación do concurso para contratación da asistencia sanitaria dos funcionarios integrados da Deputación Provincial de Pontevedra, previa formalización do correspondente contrato, sendo susceptible de prórroga por idéntico período, nos termos do artigo 198 do Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas acordadas de forma expresa, poida exceder de catro anos. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base á licitación fíxase na cantidade máxima de TRINTA E SETE EUROS (37,00 ¤) beneficiario/mes, IVE incluído. Considerando que á data de convocatoria deste concurso o número de asegurados ascende a 889 entre titulares e beneficiarios, a contía deste contrato estímase na cantidade anual de 394.716,00 euros, IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación (Grupo N, Subgrupo 1, Categoría C) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de devandita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Devanditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en concorrer a este concurso deberán constituír garantía provisional por importe de 7.894,32 euros, cantidade equivalente ó 2% do presuposto anual estimado do contrato e poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o art. 35 do

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición