Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2007-01-12_Ordinaria. Acta de sesión 2007/01/12_Ordinaria
Acta de sesión 2007/01/12_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.374/3.2007-01-12_Ordinaria
Título Acta de sesión 2007/01/12_Ordinaria
Data(s) 2007-01-12 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día doce de xaneiro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.14702.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de xaneiro de 2007. ------ Folla: 2.14703.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚMERO 1/07 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 1 de decembro de 2006 polo que se aprobou un proxecto de colaboración cos concellos afectados polas riadas producidas na provincia de Pontevedra durante o ano 2006 cuxo importe global ascende á suma de 595.200,00 euros. Resultando que en dito acordo figura que serán os propios concellos afectados os que procedan á contratación deste persoal, polo procedemento que estimen oportuno, financiando a Deputación o seu custo a través do Plan de Emprego Provincial. Resultando que os responsables dos Centros Xestores de Recursos Humanos e Cooperación instan a incoación dun expediente de transferencia de créditos, entre diversas partidas do vixente presuposto provincial, por un importe global de 595.200,00 euros, coa finalidade de afrontar os gastos que se derivan da contratación de persoal por parte dos concellos beneficiarios das axudas aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión do día 1 de decembro de 2006. Visto o informe de Intervención, de data 5 de xaneiro de 2007, no que deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito nas distintas partidas e se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que nas partidas cuxo crédito se minora expedíronse os RCs, polos importes en que se minoran e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos Centros Xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2007, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 1/07 por importe total de 595.200,00 euros, incoado polos responsables dos Centros Xestores de Recursos Humanos e Cooperación, minorando crédito nos importes e nas partidas que se indican e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDA A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 911.911.462.11 A concellos afectados por riadas, contratación de persoal (Cooperación) ..... 595.200,00 € TOTAL............................... 595.200,00 € PARTIDAS A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 122.121.141.04 Outro persoal. Plan de emprego (Recursos Humanos) 425.200,00 € 122.121.160.04 Cuotas sociais. Plan de emprego (Recursos Humanos) 170.000,00 € TOTAL......................................... 595.200,00 € ------ Folla: 3.14704.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE EXECUCIÓN DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE COIRÓN DENA-MEAÑO Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 25/02/2005, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Construción dun Pavillón Polideportivo en Meaño”, por importe de 639.125,20 €, adxudicándose, trala tramitación do oportuno expediente de contratación, a OPAIN, S.L. na suma de 553.482,42 €, en sesión celebrada o día 29/04/2005. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 22/12/2006, polo que se prestou aprobación, con cargo á partida 06/123.452.662.00, ó proxecto modificado de “Pavillón Municipal de Coirón-Dena (Meaño)”, por importe de 738.964,04 €, unha vez aplicada a baixa de adxudicación (13,40 %), que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 185.481,62 €, e ó que prestou conformidade a empresa adxudicataria. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral sobre o expediente de contratación en base ó establecido no art. 146 LCAP. E, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto e o expediente de contratación de acordo co establecido no art. 146 e concordantes do Rdl 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto refundido da LCAP. 2.- Adxudicar a OPAIN, S.L., adxudicataria da obra inicial e que prestou conformidade a dito proxecto modificado, a obra comprendida no proxecto modificado de “Pavillón Municipal de Coirón-Dena (Meaño)”, na suma de 185.481,62 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/123.452.662.00.2006. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da L.C.A.P., que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: 4.14705.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2007 Visto o escrito da Directora Xerente da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” participando a necesidade de contratar o subministro de produtos alimenticios para o servizo de comedor durante o ano 2007, ó finalizar o contrato que estaba vixente, e cuxo custo estímase en 224.153,03 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas economico-administrativas particulares que rexerá na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitidos por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante concurso por procedemento aberto, o subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil Príncipe Felipe durante o ano 2007, ata unha cantidade máxima de douscentos vinte e catro mil cento cincuenta e tres euros con tres céntimos (224.153,03 €). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: Autorizar dito gasto con cargo á partida 07/422.422.221.05 do vixente presuposto provincial. Aprobar os pregos de cláusulas economico-administrativas e técnicas que rexerán o concurso como Lei fundamental. Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á última publicación do anuncio de este concurso no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE ANO 2007 1.- OBXECTO.- O subministro de produtos alimenticios necesarios para cubrir o servizo de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe de acordo cos menús elaborados polos servizos médicos - dietéticos do Centro. A relación de produtos a subministrar atópase desagregado no anexo 1, distribuíndose os mesmos en catro grupos: Produtos de almacén e despensa. Cárnicos. Lácteos, embutidos, conxelados e bolería. Froitas e verduras. O servizo de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe resérvase o dereito de realizar os pedidos que estime oportunos de calquera produto que se atope no Anexo 1, sen exceder a cantidade máxima total sinalada na base quinta deste prego. Así mesmo, este servizo non se compromete a realizar un número mínimo de pedidos, senón que llos realizará en función da necesidade existente no servizo de comedor. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 07/422.422.221.05. do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- ENTREGA.- A entrega dos produtos alimenticios encargados polo servizo de alimentación da Cidade Infantil Príncipe Felipe efectuarase nun prazo máximo de 24 horas na Despensa Xeral do citado Centro. A temporalidade do subministro dos produtos será o seguinte: Carnes: 3 días/semana. Produtos lácteos: 1 día/semana. Froitas e verduras: 3/4 días/semana. Produtos de almacén: 1 día/semana. Conxelados: 2 días/semana Os produtos subministrados deberán cumprir todos os controis sanitarios e hixiénicos esixidos pola normativa vixente sendo o seu cumprimento a cargo do adxudicatario que deberá responder en caso de incumprimento. En caso defecto, mal estado ou incumprimento dos requisitos sanitarios fixados, a mercancía será devolta, debendo o adxudicatario responder coa reposición inmediata de novos produtos alimenticios. Mentres non se convoque o concurso correspondente ó subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil Príncipe Felipe correspondente ó ano 2008, o adxudicatario queda obrigado a subministrar estes produtos durante un prazo máximo de tres meses, mantendo o prezo de adxudicación do concurso. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase para o ano 2007 na cantidade máxima de douscentos vinte e catro mil cento cincuenta e tres euros con tres céntimos (224.153,03 €), IVE incluído, e de conformidade cos prezos unitarios máximos que se recollen no anexo 1. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Terá que constituírse por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. O incumprimento deste requisito será causa de exclusión do concurso. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do Prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación envíese por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2007 Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposición Económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2. Memoria de calidades sobre os produtos a subministrar. 3. Proposta de distribución dos productos (Formas e centros de distribución). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado DOCUMENTOS deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2007 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, no seu caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a.Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b.Poder debidamente bastanteado. c.En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de contratos das Administracións Públicas Rdl 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a.Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b.Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c.Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d.Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. e.Descricións e calidades dos produtos a subministrar. 10-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario xeral da Corporación. - O interventor da Corporación. - A directora de xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. SECRETARIO: - O xefe do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata 4 puntos. 2) Calidade dos produtos, ata 4 puntos. 3) Prazo de entrega do subministro, ata 1 punto. 4) Proximidade xeográfica dos centros de distribución para facilitar a provisión, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da Mesa de Contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. No obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.-OFERTAS.- A Deputación poderá beneficiarse de toda baixa nos prezos unitarios ofertados inicialmente como consecuencia das ofertas existentes no mercado. 17.-REVISIÓN DE PREZOS.- Non procede de conformidade ó estipulado no artigo 103 do TR da LCAP. 18.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrese en moura ó recibilos. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no Rdl 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a via xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don .............., maior de idade, veciño de ......., con domicilio en ............ titular do DNI..........., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ..............con domicilio en ..........., teléfono ......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante Concurso o contrato correspondente ó SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2006, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas durante o ano 2006, e de acordo cos seguintes prezos unitarios máximos: CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANEXO II SERVIZO DE ALIMENTACIÓN 2007 LOTE 1: ALMACÉN E DESPENSA Temporalidade de servizo: 1 día/semana Artigos Unidades Prezo unitario 2007(IVE incluído) Aceite xirasol 5 Lt Un Aceite xirasol 1 Lt Un Aceite Oliva 1 Lt 1º Un Aceite oliva 5 Lt 1º Un Oliva S/o galón, 5 kg Un Olivas 600 gr s/o Un Auga plástico 1,5 Lt Un Auga plástico 1/2 Lt Un Alubia ril extra kg Un Arroz redondo extra, 1 kg Un Atún lata 1 kg Un Azucre kg Un Azucarillo sobre, 8 gr Kg Cacao po kg Un Café descafeinado sobre Un Café moído mestura 250 gr Un Caldo carne 12 pastillas Un Caramelos sugus, kg Un Cereais choco 375 gr Un Cereais choco 500 gr Un Cereais corn fl 375 gr Un Cereais corn fl 500 gr Un Champiñón laminado 3 kg Un Chocolate á cunca 500 gr Un Coca cola 2 lt Un Coca cola lata Un Cocktail froitas 3 kg Un Cola Cao 800 gr Un Colorante est.100 sobres Est Marmelada 25 gr porc. meloc Un Marmelada 25 gr porc. fresa Un Marmelada 25 gr porc. ameixa Un Espaguete 0,5 kg Un Espaguete, 5 kg Un Espárrago 17/24 1 kg Un Espárrago tallo 3 kg Un Fanta 2 lt limón Un Fanta 2 lt laranxa Un Fanta lata limón Un Fanta lata laranxa Un Garavanzo nacional 1ª kg Un Fariña, Quilo Un Fariña saco 50 kg Kg Leche desnatada brik litro Un Leche enteira brik litro Un Leche semidesnatada brik litro Un Lentella castelá 1 kg Un Levedo Royal -4 sobres Un Macarrón 5 kg Un Macarrón 1 Kg Un Millo 3 kg Un Maizena 700 gr Un Manzanilla 100 s Un Maonesa 3,7 kg Un Margarina barra 500 gr Un Margarina porción 12 gr Un Melocotón xarope 3 kg Un Menta poexo, 100 un. Un Nocilla 475 gr Un Pasta, sopa 5 kg Un Pera xarope, 3 kg Un Pemento doce 500 gr Un Pemento doce 1 kg Un Piña xarope 3 kg Un Queixo caserio 8 porc Un Queixiños 8 porcións Un Sacarina po porción, estoxo Un Sal fina kg Un Sal gorda kg Un Te, 100 un Un Tila, 10 un. Un Tomate enteiro pelado 5 kg Un Tomate frito 3 kg Un Tomate triturado, 5 kg Un Vinagre 1 litro Un Vino albariño botella Un Vino brik branco/tinto Un Vino rioxa botella Un Cenoria raiada 3 kg Un Zume Brik mazá, litro Un Zume Brik Melocot, litro Un Zume Brik Laranxa, litro Un Zume Brik Piña, litro Un Turrón alacante (duro), 300 gr Un Turrón chocolate, pastilla Un Turrón froitas, 300 gr Un Turrón Xixona (brando), 300 gr Un Torta imperial, 200 gr Un Polvoróns amendoados, 300 gr Un Mazapán figuriñas, 200 gr Un Peladillas, bolsa 150 gr Un Galletas danesas, lata Un LOTE 2: CÁRNICOS Temporalidade servizo: 3 días /semana Artigos Unidades Prezo unitario 2007 (IVE incluído) Tenreira Albóndega fresca Kg Carne picada mestura Kg Filetes/bisté, 1ª (160 gr) Kg Hamburg. Mixta 160 gr Kg Hamburguesa, 160 gr Kg Xarrete Kg Man (asar) Kg Ragout 1º Kg Agulla sen óso Kg Cotela fresca Kg Faldra sen óso Kg Porco Agulla desh.-cabeza lombo Kg Chourizo guiso Kg Chuleta cortada Kg Cinta lombo fresca enteira Kg Costela fresca tiras Kg Costela salgada, tiras Kg Espiñazo salgado Kg Filetes o bisté de xamón (160 gr) Kg Lacón salgado Kg Maza traseira, (asar) Kg Lingua salgada Kg Morro salgado Kg Orellas salgadas Kg Touciño con febra salgada Kg Patas salgadas Kg Rabo salgado Kg Unto salgado Kg Aves, Caza Coello pequeno Kg Pavo, redondo (Rotti) Kg Pavo, xamonciños Kg Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 Kg) Kg Polo, peituga s/óso enteira Kg Ovo fresco "M" Doc Pavo peituga filete Kg Pavo estofar Kg Pizza Tarradellas Un. LOTE 3: LACT., EMBUT., CONXEL. E BOL. Lácteos (Temporalidade: 1 día/semana) Artigos Unidades Prezo unitario 2007(IVE incluído) Cacaolat Un Flan ovo Un Flan vainilla Un Nata liquida 1 lt Un Cremas, terrina Un Petit suise natural Un Petit suise sabores Un Queixo barra Un Iogur desnatado natural Un Iogur desnatado sabores Un Iogur natural Un Iogur natural con azucre Un Iogur sabores Un Iogur bio liquido natural Un Embutidos (Temporalidade: 1 dia/semana) Artigos Unid Prezo unitario 2007 (IVE incluído) Chourizo vela 1ª Kg Friame paleta cocida 11*11 Kg Xamón serrano centro sen óso. Kg Mortadela italiana Kg Paleta cocida 1ª Kg Peituga pavo cocida Kg Salchicha frankfurt 7 unid Kg Salchichón barra 1ª Kg Salchichón extra Kg Xamón cocido sen sal Kg Conxelados (Temporalidade. 2 días/semana) Artigos Unidades Prezo unitario 2007 (IVE incluído) Pescado conxelado Aros lura, granel Kg Bacallao lombos Kg Choco grande limpo Kg Gamba pelada 100/200 Kg Pescada 3 Austral Kg Pescada 4 Sudafrica Kg Pescada, Filete C/p extra 5 Kg Pescada, Filete C/p Sudáfrica Kg Paus de mar Kg Solla 3 conxelada Kg Pota vaina Kg Polbo c/cabeza 2-3 kg Kg Salmón enteiro Kg Precociñados Chulas conx. Kg Churros conx. Kg Croquetas sabor Bacallao Kg Croquetas sabor xamón Kg Croquetas sabor Polo Kg Croqueton sabor Kg Empanadillas granel Kg Gamba rebozada Kg San Xacobo 2 Un Kg Variñas pescada Kg Verdura conxelada Acelga conx.. Kg Kg Coliflor conx. Kg Kg Ensalada rusa, kg Kg Espinaca conx , kg Kg Chícharo común, kg Kg Xudia verd. Plana tallada Kg Xudia verd. Redonda tallada Kg Minestra sen alcachofa Kg Pataca prefritida granel Kg Preparado paella, granel Kg Cenoria dado Kg Bolos, froitos secos e outros (Temporalidade. 1 día/semana) Artigos Unid Prezo unitario 2007 (IVE incluído) Bolos variados granel envasada Kg Galleta María 5 un. Un. Biscottes c/s s/s 2 un. Un. Améndoa salgada 100 g Un. Cacahuetes salgados 100 g Un. Patacas fritas 170 g Un. Gusanitos 100 g Un. Pan molde, Hostaleira Unid LOTE 4 : FROITAS E VERDURAS Temporalidade de servizo: 3 días/semana Artigos Unid Prezo unitario 2007 (IVE incluído) FROITAS Ameixa branca 1ª Kg Ameixa negra 1ª Kg Clementina Kg Fresa Kg Kiwi 1ª , 70-90 gr Kg Limón 1ª, Nº 4 ó 5 Kg Mandarina 1ª Kg Mazá golden 70-75 Kg Melocotón 1ª Kg Melón sapo cal 4-5 Kg Laranxa mesa nac cal 4-5 Kg Laranxa zume cal. 6-8 Kg Nectarina 1ª Kg Pera limoeira 1ª Kg Pera conferencia 1ª Kg Plátano extra Kg Plátano primeira Kg Sandía Kg Uva branca Kg Uva negra Kg VERDURAS Acelga mollo Mll Allo 1ª, 5 kg Un Cebola 1ª , saco 15 kg Kg Grelo mollo Un Leituga lisa, 800-1000 gr unidad Un Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg Kg Pemento roxo 1ª Kg Pemento verde 1ª Kg Porro mollo 1ª Mll Repolo rizo Kg Tomate 1ª ( 100-120 gr) Kg Cenoria 1ª bolsa 5 kg Kg O prazo de entrega dos produtos será de...................................... Non poderá superar o Prazo máximo de 24 horas estipulado na cláusula cuarta. (Data e sinatura do propoñente).” ------ Folla: 5.14706.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME E REPRESENTACIÓN DE MAPFRE MUTUALIDAD DE SEGUROS Y REASEGUROS A PRIMA FIJA POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA EP 4006 PONTEAREAS-AS NEVES (PORRIÑO) Dada conta que con data de rexistro de 22/11/2006 (Rex. nº 037109) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio Abelaira Arriandiaga en nome e representación MAPFRE MUTUALIDAD DE SEGUROS Y REASEGUROS A PRIMA FIJA con enderezo a efecto de notificacións na rúa Enrique Dequidt nº 10-1º Dcha. de A Coruña por danos padecidos en vehículo matrícula 7197-CHW o día 20 de novembro de 2005, na EP-4006 Ponteareas-As Neves e que individualiza economicamente en 2.094,14 €. Resultando.- Que con data 24/11/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 15/12/2006 co seguinte contido: “…1. La carretera 4006 Ponteareas-As Neves pertenece a la red de viales provinciales. 2. El Servicio de Vías y Obras desconocía que el día 20 de noviembre de 2005 se produjese un accidente de tráfico a consecuencia de la irrupción de dos jabalíes en el punto Kilométrico 10+200 del citado vial, sin que, por otro lado, existan en dicho tramo señales indicativas de la posible presencia de animales sueltos. 3. En este punto es necesario traer a colación las alegaciones efectuadas en su escrito de reclamación por D. Antonio Abelaira cuando señala en el punto tercero de las mismas que “Es responsable la Diputación de Pontevedra en cuanto titular de la vía y obligada a garantizar la seguridad de la circulación en la misma, señalizando además el peligro de irrupción de animales. No existía señalización que advirtiese de tal peligro tal y como resulta del atestado”. Para desvirtuar dicha afirmación cabe recordar que la Orden de 28 de diciembre de 1999 por la que se aprueba la norma 8.1-IC “señalización vertical”, de la Instrucción de Carreteras, en su anexo 9.9.2 con la rúbrica de “Animales sueltos” dispone que: “La posible presencia de animales sueltos (al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales etc.) se advertirá mediante la señal P-24, complementada, en su caso, por un panel indicativo de la longitud afectada”. En consecuencia, como quiera que la carretera provincial 4006, en el tramo en cuestión, no atraviesa cotos, reservas ni parques nacionales, no existía obligación por parte de la Administración titular del vial de colocar la citada señal advirtiendo la posible presencia de animales sueltos; el propio atestado de la guardia civil lo ratifica cuando en el apartado de “Peligros aparentes” refleja la inexistencia de los mismos. No existiendo obligación por parte de esta Administración de señalizar la presencia de animales sueltos por los motivos antes expuestos, la irrupción de dos jabalíes en la carretera se puede considerar como un acontecimiento insólito y desacostumbrado, notas propias de la fuerza mayor; una prueba de la inevitabilidad de este acontecimiento normalmente insólito es el largo período de tiempo transcurrido desde que ocurrió el accidente, el 20 de noviembre de 2005, hasta la emisión del presente informe, 15 de diciembre de 2006, sin que se haya vuelto a tener constancia de la presencia de animales sueltos en la citada carretera. 4. Por último señalar que por parte de este Servicio no se ha tenido constancia de la existencia de otros accidentes por la misma causa, en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, posto que non existe a obriga de valar nas estradas (obriga só esixible das autoestradas e autovías) a máis de que tampouco se trataba dunha zona amparada pola Lei 9/2001, de 21 de agosto de espazos naturais protexidos e de protección de flora e fauna de Galicia. Considerando.- Que como ben deixou dito a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 23/10/2002 “…só cando se demostrase que a poboación (de animais salvaxes) era inadecuada poderían existir razóns para entender que o particular prexudicado podería derivar con éxito as consecuencias danosas na Administración”. Considerando.- Que no devandito senso véñense manifestando diferentes precedentes xurisprudenciais, por todos, sentenza 75/05 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos 21/05 ou nos 4.018/02 do Tribunal Superior de Xustiza. Considerando.- Que a Orde de 28/12/1999 pola que se aprobou a norma 8.1-IC establece que “...a posible presenza de animais soltos (ó atravesar a estrada cotos, reservas e parques nacionais, advertírase co sinal correspondente”, o cal non era o caso. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 6.14707.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JUAN CARLOS PIÑEIRO CASTRO POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA EP 9205 DIRECCIÓN MEAÑO (SANXENXO) Dada conta que con data de rexistro 24/11/2006 (Rex. nº 037363) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Juan Carlos Piñeiro Castro con enderezo en Lugar de Aios, 43-Noalla (Sanxenxo) por danos padecidos en vehículo matrícula 4769 CJG o día 6/10/2006, na estrada EP-9205 dirección Meaño-Sanxenxo e que individualiza economicamente en 731,12 €. Resultando.- Que con data 28/11/2006 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 14/12/2006 co seguinte contido: “…1. La carretera 9250 dirección Meaño-Sanxenxo, a la altura del Lugar de O Casal, en Nantes, pertenece a la red de viales provinciales. 2. Aunque en la citada carretera se están acometiendo obras de mejora y ensanche, obras debidamente señalizadas, el estado del firme en el punto en el que ocurrió el accidente no presenta un especial deterioro. Por otro lado, todo apunta a que los daños fueron provocados, presuntamente, por la tapa de una alcantarilla en mal estado, circunstancia que era desconocida por el Servicio de Vías y Obras. 3. En este punto es necesario traer a colación el relato de los hechos efectuado por el reclamante, reflejado en el atestado de la policía local, cuando señala que “… circulaba con mi vehículo por la carretera provincial E.P. 9205 en dirección a Meaño hacia Sanxenxo cuando a la altura de la curva anterior al bar Berlín sita en el Lugar de O Casal circulaba un ciclomotor en sentido contrario y al intentar esquivarlo pase por encima de una tapa de una alcantarilla que se encuentra en la calzada, la cual se encuentra totalmente deteriorada y sobrepasa la rasante del terreno, debido a que el hormigonado exterior está destrozado, provocándome daños en las llantas del lado derecho de mi vehículo así como en las cubiertas…” es decir, que no fue el mal estado en el que se encuentra la calzada”, como señala D. Juan Carlos Piñeiro Castro en su escrito de reclamación, el causante inmediato de los daños de referencia, sino el deteriorado estado de la alcantarilla situada en ese tramo de la carretera 4. Siendo así los hechos ocurridos y dado que el servicio de alcantarillado es de competencia municipal, según lo previsto en la letra f, del párrafo 2º, del artículo 25 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases de Régimen Local el Ayuntamiento de Sanxenxo será el responsable no sólo del mantenimiento del citado servicio sino también de los posibles daños que el mismo ocasione. 5. No obstante lo anterior, en el supuesto de existir un contrato de concesión administrativa de gestión del servicio público de abastecimiento de agua potable, mantenimiento de la red de saneamiento y depuración de aguas residuales concertado por el Ayuntamiento, la responsabilidad recaería sobre la empresa concesionaria, a tenor de lo dispuesto en el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, en relación con lo dispuesto en el párrafo segundo del artículo 121 de la Ley de Expropiación Forzosa. 6. Asimismo señalar que por parte de este Servicio no se ha tenido constancia de la existencia de otros accidentes, en fechas próximas, anteriores o posteriores, por la misma causa al que es objeto de presente informe” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, polo sinxelo argumento de que a rede de sumidoiro é un servizo de competencia local cuxa xestión corresponde ó Concello en virtude do artigo 25.2-l de Lei 7/85, polo que, a teor do mesmo, non se lle pode atribuír a responsabilidade a Deputación (incluso deviría dudoso que puidese atribuírselle ó Concello) por canto non é a titular demanial nin do servizo. Neste senso cumpre lembrar a Sentenza de 31 de xullo de 1989 do Tribunal Supremo (sala 3ª-sección 1ª), que deixou dito o seguinte: “… cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas” Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 7.14708.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.14709.- APROBACIÓN DAS BASES DO XLIII CONCURSO EXPOSICIÓN DA CAMELIA A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do “XLIII Concurso-Exposición da Camelia”, e que son do seguinte teor: “BASES DO XLIII CONCURSO-EXPOSICIÓN DA CAMELIA 1.A Deputación Provincial de Pontevedra organiza o XLIII Concurso-Exposición da Camelia, que terá lugar os días 3 e 4 de marzo de 2007, no Pazo Provincial. A Presidencia de Honra da mesma a ostenta a súa Maxestade a Raíña Dona Sofía. 2.Poderán concorrer tódalas persoas interesadas na camelia, profesionais ou afeccionados, nacionais ou estranxeiros, persoas físicas ou xurídicas, sempre que realicen a súa inscrición segundo o previsto nestas bases. 3.Poderán presentarse flores pertencentes a calquera especie e variedade de Camellia así como, calquera híbrido destas. 4.Establécese os seguintes premios: a.- Premio Camelia de ouro para o concursante que presente o conxunto de variedades máis destacado en canto ó número e á calidade das flores. Quen reciba a Camelia de ouro non poderá optar ó resto dos premios previstos. O gañador deste premio será invitado a formar parte do xurado do concurso do ano seguinte, no que as súas flores terán un lugar destacado e en cuxo caso non poderá participar como concursante. b.- Premio especial Antonio Odriozola, que se outorgará á flor individual máis destacada de tódalas que optaren a este premio e que se expoñerán nunha mesa separada. Cada concursante poderá presentar un máximo de cinco variedades, representada cada unha delas por unha única flor. Será requisito imprescindible que estean perfectamente identificadas co nome da especie e o da variedade á que pertencen. c.- Primeiro, segundo e terceiro premios ós mellores lotes de cada unha das modalidades seguintes: c.1.- Camellia reticulata de calquera cor ou variegación c.2.- Híbridos de Camellia d.- Primeiro e segundo premios ós mellores lotes de cada unha das modalidades seguintes: d.1.- Camellia japonica branca d.2.- Camellia japonica rosada ou doutras cores d.3.- Camellia japonica vermella d.4.- Camellia japonica xaspeada ou variegada d.5.- Outras especies de Camellia Os lotes que participen en calquera das modalidades indicadas nos apartados c e d deberán ser o máis homoxéneos posible e representativos da variedade á que pertenzan. Estarán formados por un mínimo de tres flores e un máximo de nove, agás o caso das camelias pertencentes a outras especies, que se poderán expoñer sen limitación de número. En caso de empate entre varios lotes, o xurado manifestarase a favor daquel que teña as flores máis homoxéneas. Cada flor presentarase co seu talo, que levará alomenos unha folla. Non se poderán colocar follas de plantas diferentes. e.- Primeiro e segundo premios á mellor presentación artística. Valorarase como tal o conxunto de flores e plantas de camelia acompañados ou non doutros obxectos e elementos decorativos que, a xuízo do xurado, se distingan pola súa colocación artística. Os conxuntos que opten ó premio da mellor presentación artística participarán unicamente nesta categoría. A organización proveraos dunha tarxeta para que se distingan claramente, co rótulo presentación artística. f.- Premio especial da Sociedade Española da Camelia ó concursante máis destacado entre os que participen por primeira vez no certame de Pontevedra, con independencia de que se presentase en calquera das outras sedes do concurso. 5.Co obxecto de que os premios sexan distribuídos entre un maior número de concursantes, un mesmo concursante non poderá obter máis de dous premios. 6.Co obxecto de facilitar o labor do xurado, a organización dará a cada expositor no momento da súa presentación, unha tarxeta co número de inscrición e outra por cada modalidade de premio na que participa. Ademais dunha etiqueta co seu nome, que deberá colocar unha vez concluído o traballo do xurado e despois de ler a Acta de Premiados. 7.Co obxecto de facilitar que aqueles cultivadores que non desexen participar no concurso poidan de tódolos xeitos amosar as súas flores, a organización habilitará unha mesa especial para eles. Neste caso serán válidas tódalas observacións indicadas nas presentes bases, agás as relativas ó concurso propiamente dito e ós seus premios. 8.As inscricións do concurso presentaranse no Rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, dende o día seguinte á aprobación das presentes bases e ata as 13.00 horas do luns 26 de febreiro de 2007, mediante o boletín de inscrición que se facilitará para este fin. Cada expositor deberá indicar no boletín de inscrición as modalidades desta convocatoria nas que desexa participar e o espazo que necesita para elo. Os concursantes presentarán os seus lotes de flores no Pazo Provincial entre as 9 e as 13 horas do sábado 3 de marzo e poderán retiralos o domingo 4 de 20 a 22 h. ou o luns 5, de 8 a 12 h. 9.A asignación do lugar no que cada concursante e expositor deberán colocar os seus lotes será establecido pola Comisión Organizadora, en función da demanda e do espazo limitado do que se dispón. O plano coa indicación do lugar asignado a cada concursante expoñerase o xoves 1 de marzo no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial. Independentemente da vixilancia que haberá no recinto, os participantes deberán coidar dos obxectos de valor de calquera natureza que utilicen para a exposición das flores xa que a Deputación non se fará cargo das perdas que se poidan producir. 10.A exposición inaugurarase o sábado 3 de marzo ás 19 h. A entrega de premios terá lugar o domingo 4 ás 12 horas. 11.O Xurado, estará composto polos seguintes membros: Presidente: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou persoa en quen delegue. Secretario: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario en quen delegue. Vogais: Representante do Concello de Vigo. Representante do Concello de Vilagarcía de Arousa. Representante da Deputación Provincial. Xefe do Servizo Agrario da Deputación Provincial. Presidente da Sociedade Xaponesa da Camelia e Director da Sociedade Internacional da Camelia para Xapón. Viveirista de recoñecido prestixio mundial. Membro da Sociedad Española de la Camelia. O expositor premiado coa Camelia de Ouro na edición do ano anterior. 12.O Xurado poderá declarar deserto/s algún/s dos premios e poderá conceder mencións especiais por conceptos non sinalados nas presentes bases. O faio do mesmo será inapelable. 13.Polo simple feito de solicitaren a inscrición, os participantes declaran coñecer e aceptan integramente as bases do concurso e sométense ás decisións da organización e do xurado. 14.O Xurado queda facultado para interpretar as bases e resolver calquera incidencia que ó longo do proceso de convocatoria e resolución do concurso puidese producirse. Pontevedra, 12 de xaneiro de 2007 O PRESIDENTE O SECRETARIO” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.14710.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE TOMIÑO, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, ANUALIDADE 2006, DENOMINADA “PRAIA FLUVIAL NO RÍO BRIÑA, EN TEBRA” PARA A OBRA “INSTALACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS EN TEBRA”, COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR Vista a petición do concello de Tomiño, de 20 de decembro pasado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, anualidade, denominada “Praia fluvial no río Briña, en Tebra” para a obra “Instalación de servizos públicos en Tebra”, coa mesma subvención que a anterior de 44.999,83 euros, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencións ó concello de Tomiño con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Obra Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Pavimentación subida Carballal- Sta. María de Tebra 7.549,00 7.549,00 7.549,00 Pavimentación estrada Vilameán- Sta. María de Tebra 26.141,01 26.141,01 26.141,01 Instalac. de servizos public. en Tebra 44.999,83 44.999,83 44.999,83 Pavimentación rúa Torreiro- Vilachán 37.562,00 37.562,00 37.562,00 Ensanche de camiños en Estás 20.000,00 20.000,00 20.000,00 Pavimentación camiños en Sobrada 29.364,75 29.364,75 29.364,75 Pavimentación camiños en Barrantes 40.549,27 40.549,27 40.549,27 Pavimentación camiños en Forcadela 21.469,94 21.469,94 21.469,94 Pavimentación camiño Cardoso, Ctra. Gándara- Goián e Torreiro de Cristelos 35.201,75 35.201,75 35.201,75 Pavimentación camiño Vilameán- Sta María de Tebra 36.215,20 36.215,20 36.215,20 Acondicionamento Ponte en Solvado- Barrantes 75.541,52 75.514,52 75.514,52 Pavimentación camiño en Sta. María de Tebra- Vilameán 21.270,04 21.270,04 21.270,04 Reforma antigua Casa Sindical 107.276,35 71.024,86 71.024,86 Pavimentación en Barrantes, Goiáns, Sta. María e San Salvador de Tebra 54.852,08 54.852,08 54.852,08 Urbanización acceso Campo de Alivio 51.302,39 51.302,39 51.302,39 Pavimentación pista Carregal de Arriba e Muro en Seixo 43.466,48 43.466,48 43.466,48 136.251,84 136.251,84 259.612,47 259.585,47 256.897,30 220.645,81 616.483,12 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.14711.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A LAMA DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006-08, ANUALIDADE 2007, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN R/CORTEGADA (BERDUCIDO)” PARA A OBRA “CENTRO SOCIAL MUNICIPAL EN BERDUCIDO, FASE III”, COA MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR Vista a petición do concello de A Lama, de 2 de decembro pasado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, anualidade 2007, denominada “Pavimentación R/ Cortegada (Berducido)” para a obra “Centro Social Municipal en Berducido, fase III”, coa mesma subvención que a anterior de 30.000,00 €, e suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de A Lama con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 Obra Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. -2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Acceso Racelo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Acceso Verdugo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Acceso Ladeira 16.000,00 16.000,00 16.000,00 Acceso Racelo-Toxa 16.924,53 16.924,53 16.924,53 Pavimentación R/ Peso (Escuadra) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación R/ Outeiro (Xesta) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación R/ Cambeses (A Barcia) R/ Racelo (A Lama) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación Cambeses-Ponte dos Arcos 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Centro Social en Berducido fase III 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavim. R/ Porteliña, R/ Carreiros (Antas) 27.038,54 27.038,54 27.038,54 Pavimentación Liñares- Xesta (Xesta) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación Verducido-As Gándaras (Verducido) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación Rúa Fontecoba 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación Rúa Sucastro-Cavada 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Pavimentación R/ Mouta (A Lama) 15.000,00 15.000,00 15.000,00 Pavimentación R/ A Portela (A Lama) 15.481,51 15.481,51 15.481,51 92.924,53 92.924,53 177.038,54 177.038,54 150.481,51 150.481,51 420.444,58 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.14712.- APROBACIÓN DOS CAMBIOS DE APLICACIÓN POLO CONCELLO DE ARBO, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM 2006, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN RÚA MIGUEL DÁVILA. TERMINACIÓN” POLAS OBRAS “PLANTA DE BOMBEO EN PONTE ROMANO”, “REPARACIÓN MERCADO DE ABASTOS”, “PAVIMENTACIÓN ROCHA E CUNETAS” E ALUMEADO PÚBLICO EN SELA, BARCELA, ARBO, CABEIRAS, MOURENTÁN E CEQUELIÑOS”, SUMANDO TODAS ELAS A MESMA SUBVENCIÓN QUE A ANTERIOR Vista a petición do concello de Arbo, de data 20 de outubro pasado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006, denominada “Planta de bombeo na ponte romano”, cunha subvención de 17.671,44 €, “Reparación mercado de abastos”, cunha subvención de 3.873,30 €, “Pavimentación rocha e cunetas”, cunha subvención de 7.702,39 €, e “Iluminación pública en Sela, Barcelo, Arbo, Cabeiras, Mourentán e Cequeliños”, cunha subvención de 7.702,39 €, sumando todas elas a mesma subvención que a anterior de 36.949,52 euros, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril pasado. A relación de obras subvencionadas ó concello de Arbo con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades 2006 Obra Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. -2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Planta de bombeo en Ponte Romano 17.671,44 17.671,44 17.671,44 Ruta senderismo Ríos Miño e Deva 56.355,98 14.089,00 14.089,00 Reparación Mercado de Abastos 27.369,26 3.873,30 3.873,30 Pavimentación Rocha e cuentas 30.000,00 7.702,39 7.702,39 Alumeado público en Sela, Barcela, Arbo, Cabeiras, Mourentán e Cequeliños 30.000,00 7.702,39 7.702,39 Pavimentación vial de Vila- A Paredela- Arbo 97.237,89 97.237,89 97.237,89 Pavimentación Cº. Santa María, Abelenda, Eidos Abaixo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Cunetas revestidas en Brearriba 30.000,00 30.000,00 30.000,00 Ampliación ETAP e coloración P.E. e Barcela 22.651,51 22.651,51 22.651,51 161.396,68 51.038,52 97.237,89 97.237,89 82.651,51 82.651,51 230.927,92 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.14713.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CENTRO DE ANIMACIÓN RURAL DE CORTELLAS-PADRONES (PONTEAREAS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO ESCOLA-CAPILLA SAN FRANCISCO”, INCLUIDA NO PAC/2005 Á vista da solicitude presentada polo Centro de Animación Rural de Cortellas-Padrones (Ponteareas), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2005, co núm. 84/401, denominada “Acondicionamento Escola-Capilla San Francisco”, subvencionada con 2.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 24 de xullo 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.14714.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O PILAR DE SABARÍS (PONTEVEDRA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN CASA SOCIAL”, INCLUÍDA NO PAC/2005 Á vista da solicitude presentada pola Asociación de Veciños O Pilar de Sabarís (Pontevedra), pola que interesa a concesión dunha prórroga, para xustificar a obra incluída no PAC/2005, co núm. 63/690, denominada “Construción Casa Social”, subvencionada con 6.000,00 euros, por Resolución Presidencial de 26 de decembro de 2005, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de marzo de 2007, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.14715.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NAS SINAS (VILANOVA DE AROUSA) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 28/07/2006, polo que se prestou aprobación ó Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Vilanova de Arousa para a execución da obra de “Dotación de beirarrúas en As Sinas” obra cun presuposto de 334.525,42 €; visto o proxecto redactado ó efecto; e, visto o informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto de “Dotación de beirarrúas en As Sinas (Vilanova de Arousa)”, por importe de 334.525,42 €, IVE incluído, con cargo á partida 511.511.612.02 nas anualidades de 2006, 2007 e 2008, con arranxo ó seguinte detalle: ANUALIDADES 2006 2007 2008 TOTAL DEPUTACIÓN 116.360,00 81.444,34 69.816,00 267.620,34 CONCELLO 18.905,08 40.000,00 8.000,00 66.905,08 TOTAL 135.265,08 121.444,34 77.816,00 334.525,42 Para a anualidade de 2006 xa se efectuaron as correspondentes operacións de retención e xeración de crédito, que se incorporan ó exercicio de 2007, para a anualidade de 2007 existe crédito adecuado e suficiente na partida 07/511.511.612.02, e a anualidade de 2008 contabilizarase na correspondente partida que será , no seu caso, a 08/511.511.612.02, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo presuposto. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.14716.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE E SUBMINISTRO DE MATERIAIS, ANO 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 5 de decembro de 2006, polo que se aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais, con destino a traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras durante o ano 2007, cuxo anuncio do concurso foi publicado no B.O.P. número, 240, de data 18 de decembro de 2006 e no Diario Oficial de Galicia número 242 de data 19 de decembro de 2006. Resultando que no citado acordo da Xunta de Goberno especificábase que a adxudicación dos diversos lotes que forman parte do concurso quedaba condicionada á aprobación definitiva do presuposto provincial para 2007, nese momento en fase de exposición pública, trala aprobación inicial polo Pleno na sesión ordinaria celebrada o 29 de novembro de 2006. Resultando que o presuposto provincial para 2007 quedou definitivamente aprobado por acordo adoptado polo Pleno na sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2006 e tal como consta no informe de fiscalización existe crédito suficiente nas partidas 07/511.511.210.00, 07/511.511.210.01 e 07/511.511.210.02, que se atopan vinculadas entre si, para facer fronte ás obrigas derivadas dos contratos de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais obxecto do concurso. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 8 de xaneiro de 2007, a cuxo efecto reúnese a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das plicas presentadas polas 44 empresas que aparecen relacionadas na acta de dita reunión, as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos do Parque de Maquinaria. Resultando que o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria con data 10 de xaneiro de 2007, emite informe sobre as distintas ofertas presentadas ós diversos lotes do concurso para contratación do aluguer de maquinaria e subministro de materiais para o ano 2007. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 2007, para que se lle adxudique a diversas empresas os diferentes lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte, así como os de subministro de materiais que forman parte do concurso convocado para o ano 2007. A Xunta Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar os diversos lotes do concurso para o “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, correspondentes ó ano 2007 ós licitadores que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan, incluído o IVE. ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE Lote Adxudicatario Número Horas Prezo Hora Total 1 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. (C.I.F.- B-36329910) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 800 50,00 €/h 40.000,0 € 2 JOSÉ MARÍA CARRO POMBO. (N.I.F..-35257433-C) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 800 53,36 €/h 42.688,0 € 3 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 800 56,00 €/h 44.800,00 € 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 28,13 €/h 16.878,00 € 5 JOSÉ MARÍA CARRO POMBO. (N.I.F..-35257433-C) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 27,84 €/h 16.704,00 € 6 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 29,89 €/h 17.934,00 € 7 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 30,00 €/h 18.000,00 € 8 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 12 Tm. 800 27,95 €/h 22.360,00 € 9 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 29,50 €/h 23.600,00 € 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 28,50 €/h 22.800,00 € 11 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 30,78 €/h 24.624,00 € 12 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por aluguer de retro pala 4 x 4 (c/martelo) 650 37,00 €/h 24.050,00 € 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por aluguer de retro Exc.(1 m3. cazo) de 100 CV. 600 43,00 €/h 25.800,00 € 14 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. (C.I.F.- B- 36329910) Por aluguer de retro Exc.(c/martelo) 150CV 400 50,00 €/h 20.000,00 € 15 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B- 36468239) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 500 35,96 €/h 17.980,00 € 16 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 500 35,96 €/h 17.980,00 € 17 EMDESFOR 2002, S.L. (C.I.F.- B-36404218) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 500 36,00 €/h 18.000,00 € 18 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 500 33,00 €/h 16.500,00 € 19 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 500 36,25 €/h 18.125,00 € 20 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 500 32,00 €/h 16.000,00 € 21 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) 700 37,12 €/h 25.984,00 € Por aluguer de pala rodas (2 m3. cazo)130 CV. 22 Declárase deserto o lote correspondente ó aluguer de 600 horas de pala de cadeas de 130 CV, por non reunir as máquinas ofertadas polos licitadores as condicións esixidas nos pregos de condicións. 23 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de Bulldozer de 150 CV. 500 57,00 €/h 28.500,00 € 24 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,00 €/h 21.000,00 € 25 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,50 €/h 21.300,00 € 26 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,00 €/h 21.000,00 € 27 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. (C.I.F.- B- 36329910) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 35,00 €/h 21.000,00 € 28 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 29,98 €/h 20.986,00 € 29 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL. (35253197-Q) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 29,58 €/h 20.706,00 € 30 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL. (35253197-Q) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 29,58 €/h 20.706,00 € 31 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 29,80 €/h 20.860,00 € 32 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 29,80 €/h 20.860,00 € 33 JOSÉ RUBÉN ROZ
Ãrea de notas
Nota