ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2007/06/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/1.2007-06-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/06/15_Ordinaria

  • Data(s) 2007-06-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día quince de xuño do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de Dona María Teresa Pedrosa Silva, Vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha e D. José Antonio Landín Eirín, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os Señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila. e D. Alfredo Rodríguez Millares. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15223.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de xuño de 2007. ------ Folla: 2.15224.- PRÓRROGA DO CONTRATO DO SERVIZO DE LIMPEZA E ASEO NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” COA EMPRESA EULEN, S.A. A Xunta de goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 26 de maio de 2006, acordou adxudicar o contrato servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” á empresa Eulen, S.A. (CIF. A-28.517.308) polo prezo de catrocentos cincuenta e nove mil douscentos noventa euros con corenta céntimos (459.290,40 €), IVE incluído. Na base cuarta do prego de condicións que rexeu o concurso, prevese unha duración inicial dun ano a contar dende o día seguinte á formalización do contrato, que se produciu o 30 de xuño de 2007. Considerando que, poderase prorrogar o contrato por mutuo acordo das partes antes da finalización do mesmo, sen que a duración total de prórroga poida ser concertada illada ou conxuntamente por un prazo superior ó fixado inicialmente, de conformidade co estipulado no artigo 198.1º do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Vista a existencia de crédito para afrontar o gasto, e os informes do Secretario e Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar por un ano o contrato do servizo de limpeza e aseo na Cidade Infantil Príncipe Felipe coa empresa Eulen, S.A. (C.I.F. A-28.517.308) polo prezo de catrocentos cincuenta e nove mil douscentos noventa euros con corenta céntimos (459.290,40 €), IVE incluído. A prorroga terá vixencia dende o 1 de xullo de 2007 ata o 30 de xuño de 2008, ambos os días inclusive. O pago do contrato efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo ás correspondentes partidas e de conformidade cos seguintes importes: ANO IMPORTE PARTIDA 6 meses ano 2007 (xullo-decembro) 229.645,20€ 07/422.422.227.00 6 meses ano 2008 (xaneiro-xuño) 229.645,20€ 422.422.227.00 ------ Folla: 3.15225.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE “DIVERSAS OBRAS A EXECUTAR NO CONCELLO DE VIGO” Vista a Acta de Cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, formulada pola Mesa de Contratación do concurso convocado para a contratación de “Diversas obras a executar no Concello de Vigo”; visto o informe emitido polo Arquitecto Provincial, no que se valora a única oferta presentada de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, e, vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a DICSA (Decoración, Instalaciones y Construciones, S.A.U.) a obra de “Rehabilitación da Antiga Reitoral de Alcabre, 2ª fase” na suma de 330.000,00 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 15.200,96 €, un período de mantemento de vinte e catro meses e o 1 % do presuposto de execución material para control de calidade. 2.- Declarar deserta a adxudicación da obra “Centro Socio-Cultural de Feira-Cabral” tendo en conta que non se presentou ningún licitador. O adxudicatario da obra nº 1 constituirá unha garantía definitiva por importe do 4 % do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que establecerán na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 202,01 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. que ascendeu a un total de 404,02 €. ------ Folla: 4.15226.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DEPORTIVO PARA O CENTRO INTERFEDERADO DE REMO DE TUI A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui asinaron un convenio de colaboración para dotar do material necesario ó Centro Interfederado de Tui, sendo a cargo da institución provincial a contratación do material. A Xunta de goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 25 de abril de 2007, aprobou o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da subministración de material deportivo para o Centro Interfederado de Remo de Tui. A Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Plicas tivo lugar o día 11 de xuño de 2007 a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente a única oferta presentada pola empresa Nauticalia, S.L. ó servizo técnico correspondente para o seu informe. Visto o informe do Xefe do Servizo de Cultura e Deportes participando que a oferta presentada cumpre cos requisitos esixidos no prego de prescricións técnicas, e demais condicións esixidas no concurso; e vista a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro de material deportivo para o Centro Interfederado de Remo de Tui á empresa Nauticalia, S.L. (C.I.F. B-36.862.258) polo prezo máximo de douscentos vinte e un mil setecentos corenta e catro euros (221.744,00 €), IVE incluído, de conformidade cos seguintes lotes e os prezos unitarios correlativos: LOTE 1.- MATERIAL REMO Cantidade Concepto Prezo Importe 7 Embarcación SKIF construída en fibra de carbono y kevlartipo sandwich en niño de abella coas seguintes características;Eslora: Entre 7,95 a 8,15; Manga:Entre 28,6 a 29,6 cm. Peso máx. 14 kg Portantes: ALA de aluminio Carro: Fibra de carbono con Pedalinas: Parella de remos de scull construídos en Fibra de carbono con pala SMOOTHIE e Vortex 7.992,00 € 55.944,00 € 4 Embarcación DOBLE SCULL CONVERTIBLE construída en fibra de carbono y kevlar tipo sandwich en niño de abella coas seguintes características: Eslora Entre 8,20 y 10,10 m Manga:Entre 37,5 y 38,5 cm Peso: ata un máx. de 27kg Portantes: Ala de aluminio Carro:Fibra de carbono Pedalinas 2- Parellas de remos de scull construídos en fibra de carbono con pala SMOOTHIE e voriex c/parella 1- Parella de remos de punta construídos en fibra de carbono con pala SOOTHIE e Vortex c/remo 14.285,00 € 57.140,00 € 1 Embarcación CUATRO SCULL CONVERTIBLE construída en fibra de carbono e kevlar tipo sandwich en niñó de abella coas seguintes características: Eslora Entre11,86 a 13 m; Manga:Entre 46 e 48 cm Peso:52 kg Portantes: Ala de aluminio Carro:Fibra de carbono Pedalinas: 4-Parellas de remos de scull construídos en fibra de carbono con pala SMOOTHIE e vortex c/remo 2- Parellas de remos de punta construídos en fibra de carbono con pala SMOOTHIE e Vortex c/remo 21.320,00 € 21.320,00 € 2 DYNO Máquina para entrenamento dinámico da forza para tres exercicios diferentes: prensa de pernas horizontal, prensa de brazos horizontal e dorsais. Sistema de resistencia de aire proporcional ó esforzo.Monitor electrónico con indicación de n° de repeticións, tempo transcorrido entre cada repetición, forza de cada repetición, indicación da forza máxima, número, número de series. Traballo en Newtons, velocidade en mm/sec. Memorización en todos os datos ata 300 repeticións. 1.860,00 € 3.720,00 € KAYAK ERGÓMETRO simulador Kayak para probas de esforzo e entrenamento de piragüistas con sistemas de resistencia de aire proporcional ó esforzo. Regulador de entrada de aire por medio de palanca lateral. Desmontable en duas partes. Carcasa de fibra de vidro reforzado, con rexillas laterais. Posición do asento fixo e apoia pes regulables sobre tubo central. Monitor de rendemento incorporado con indicación de: Tempo, ritmo de paladas, potencia, traballo, forza de brazo dereito/esquerdo, indicación de pulsacións opcional. Presentación gráfica e numérica de datos. Programación dos traballos a realizar. Almacenamento dos datos para posterior análise en PC. Porto series con interfase. Software de análise. Posibilidade de traballar en campo con baterías recargables. Alimentador para recarga de baterías. 2.050,00 € 6.150,00 € TOTAL LOTE 1.- MATERIAL REMO: 144.274,00 € LOTE 2.- MATERIAL PIRAGÜISMO Cantidade Concepto Prezo Unitario Prezo Total 9 Embarcación K1 construída en Poliviniclorato Carbon Foam- Epoxy Vacuum Heat Cured en forma de “sandwich”; Dimensións: ancho máx.: entre 0,40 e 0,46 m largo: Entre 5,15 e 5,25 m rango de peso: entre 70-90 kg. i/accesorios. 1.740,00 € 15.660,00 € 3 Embarcación C1 construída en Poliviniclorato Carbon Foam- Epoxy Vacuum Heat Cured en forma de “sandwich”; Dimensións: ancho máx.: entre 0,37 e 0,41 m largo: Entre 5,15 e 5,25 m rango de peso: entre 75-90 kg. i/accesorios. 1.740,00 € 5.220,00 € 3 Embarcación K2 construída en Poliviniclorato Carbon Foam- Epoxy Vacuum Heat Cured en forma de “sandwich”; Dimensións: ancho máx.: entre 0,39 e 0,42 m largo: Entre 6,48 e 6,52 m rango de peso: entre 70-90 kg. i/accesorios. 2.888,00 € 8.664,00 € TOTAL LOTE 2.- MATERIAL PIRAGÜISMO: 29.544,00 € LOTE 3.-MATERIAL DEPORTIVO 4 Disco olímpico de goma 20 Kg. 79 € 316,00 € 4 Disco olímpico de goma 15 Kg. 59 € 236,00 € 20 Disco olímpico de goma 10 Kg 39 € 780,00 € 12 Disco olímpico de goma 5 Kg 19 € 228,00 € 12 Disco olímpico de goma 2,5 Kg. 9 € 108,00 € 12 Disco 28 mm de goma 20 Kg. 59 € 708,00 € 12 Disco 28 mm de goma 15 Kg.. 44 € 528,00 € 12 Disco 28 mm de goma 10 Kg 29 € 348,00 € 16 Disco 28 mm de goma 5 Kg. 14 € 224,00 € 12 Disco 28 mm de goma 1,5 Kg. 7 € 84,00 € 12 Disco 28 mm de goma 2,5 Kg. 3 € 36,00 € 1 Soporte de discos olímpicos pintado 50 mm 282 € 282,00 € 1 Soporte de discos olímpicos pintado 28 mm 212 € 212,00 € 1 Par de mancornas de goma de10 Kg. 88 € 88,00 € 1 Par de mancornas de goma de12,5 Kg. 100 € 100,00 € 1 Par de mancornas de goma de15 Kg. 113 € 113,00 € 1 Par de mancornas de goma de17,5Kg 125 € 125,00 € 1 Par de mancornas de goma de 20 Kg. 138 € 138,00 € 1 Par de mancornas de goma de22,5 Kg. 150 € 150,00 € 1 Par de mancornas de goma de25 Kg. 163 € 163,00 € 1 Par de mancornas de goma de27,5 Kg. 176 € 176,00 € 1 Par de mancornas de goma de30 Kg. 188 € 188,00 € 1 Par de mancornas de goma de 32,5 Kg. 201 € 201,00 € 1 Par de mancornas de goma de35 Kg. 213 € 213,00 € 1 Soporte de ferro 2,2 mts. Escalas 383 € 383,00 € 2 Barra olímpica oficial competición calibrada de 20 Kg. 884 € 1.768,00 € 7 Barra 2.2 mts con topes 45 € 315,00 € 6 Barra 1,8 mts con topes 45 € 270,00 € 4 Barra 1,2 mts con topes 45 € 180,00 € 12 Agarre tope barra olímpica 50 mm 4 € 48,00 € 30 Agarre tope barra 28 mm 2 € 60,00 € 4 Barra de mancorna 11 € 44,00 € 2 Soporte para 10 barras 241 € 482,00 € 2 Gaiola para sentadilla 606 € 1.212,00 € 2 Banco de press banca 282 € 564,00 € 2 Prensa de palanca 1.360 € 2.720,00 € 1 Prensa horizontal de placas 2.155 € 2.155,00 € 1 Máquina de xemelgo de pé e sentadilla 1.415 € 1.415,00 € 1 Máquina de femoral tumbado 1.197 € 1.197,00 € 1 Máquina extensión de cuadríceps 1.197 € 1.197,00 € 3 Banco regulable 0°-90° 282 € 846,00 € 1 Banco de pres tras nuca 352 € 352,00 € 1 Banco de pres superior 352 € 352,00 € 2 Banco plano profesional 191 € 382,00 € 3 Banco de abdominais regulable 342 € 1.026,00 € 1 Aparato de hiperextensíones a 45° 327 € 327,00 € 1 Aparato de fondos, abdominais e dominadas 418 € 418,00 € 4 Bicicleta Vertical Electrónica 1.218 € 4.872,00 € 3 Elíptica (ELECTRÓNICA) 3.351 € 10.053,00 € 3 Almohadilla para sentadilla 22 € 66,00 € 1 8 estaciones 2 torres 5.858 € 5.858,00 € 2 Polea alta dorsal en lugar de polea tríceps 174 € 348,00 € 2 Barra de dorsal 45 € 90,00 € 1 Agarre de gironda ancho 44 € 44,00 € 1 Agarre de gíronda estreito 44 € 44,00 € 2 Agarre de polea a una mano 35 € 70,00 € 1 Agarre de tríceps recto 40 € 40,00 € 1 Agarre de tríceps curvo 40 € 40,00 € 1 Corda para tríceps 37 € 37,00 € 2 Tirón a táboa 837 € 1.674,00 € 15 Goma estribo roxa 11 € 165,00 € 15 Goma estribo verde 15 € 225,00 € 5 Cinto de entrenamiento 28 € 140,00 € 15 Colchoneta azul 150x50 cm. 18 € 270,00 € 4 Balón medicinal 2 Kgs. 23 € 92,00 € 4 Balón medicinal 3 Kgs. 33 € 132,00 € 4 Balón medicinal 5 Kgs. 52 € 208,00 € TOTAL MATERIAL 47.926,00 € O pago da subministración efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 07/911.911.662.09 do vixente Presuposto Provincial. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva, cada un, equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 8.869,76 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 381,72 € por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 5.15227.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN DE OBRA NÚM.2 “HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DA ÁREA PANORÁMICA DE TUI, ADXUDICADAS Á EMPRESA, SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. Vista a certificación núm.2 relativa as obras de “Humanización do entorno da área panorámica de Tui”, adxudicadas no seu día á Empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A, visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 31 de maio pasado e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA PTOS. Y OBRAS, S.A. (C.I.F. A.36.319.622) 06/911.911-662.02.2006 (Deputación) 98.283,72 € SERCOYSA PTOS. Y OBRAS,S.A. 06/911.911-662.02.2006 (Concello) 98.283,72 € Subtotal parcial …… 196.567,44 € Taxa dirección de obra 5.695,96 € Control de calidade Seguridade e saúde 1.025,27 € TOTAL …… 189.846,21 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.15228.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN DE OBRA NÚM. 5 “PROXECTO MODIFICADO EP 0507 VALIÑAS-PORTAS (BARRO-PORTAS), ADXUDICADAS Á EMPRESA, COVSA Vista a certificación núm.5 relativa ás obras de “Proxecto Modificado E.P. 0507 Valiñas-Portas (Barro-Portas)”, adxudicadas no seu día á empresa Construcciones, Obras y Viales, S.A. (C.O.V.S.A.), visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 5 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: C.O.V.S.A. (C.I.F. A.36.008.886) 06/511.511-612.02.2003 (Deputación) 215.726,57 € Subtotal parcial …… 215.726,57 € Taxa dirección de obra 6.251,20 € Control de calidade 781,40 € Seguridade e saúde 781,40 € TOTAL …… 207.912,57 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.15229.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN PARA “ADQUISICIÓN DE CAMIÓN DE BOMBEIROS” Ó CONCELLO DE SANXENXO, CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2008 En aplicación da Base 16ª de execución do presuposto, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Sanxenxo unha subvención por importe de noventa mil euros (90.000,00 €), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006-08, anualidade 2008 (Libre disposición), Partida 08/911.911.762.45, para financiar a “Adquisición camión de bombeiros”, co núm. 248/927 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na actuación citada, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación de dita actuación, mediante a presentación da documentación correspondente, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2009, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de Administración, terase en conta para a aplicación do I.V.E., nas facturas e certificacións, as normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pago da subvención, só se efectuará unha vez se acredite estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 8.15230.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CUNTIS NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº93/629, DENOMINADA “ACCESO A VÍAS MUNICIPAIS”, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación 1/liquidación, do Concello de Cuntis, á vista do informe de Intervención de 8 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 21.336,99 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 93/629, denominada “Acceso a vias municipais”, incluída no PAM/04. ------ Folla: 9.15231.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE A ESTRADA, PARA A OBRA Nº62/36 DENOMINADA “REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA NA AVDA. BENITO VIGO”, INCLUÍDA NO PAM/05 POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación 1/liquidación, do Concello de A Estrada, á vista do informe de Intervención de 28 de maio actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 54.858,95 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 62/36, denominada “Rede de abastecemento de auga na Avda. Benito Vigo”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 10.15232.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE BUEU, DA OBRA INCLUÍDA NO PAM/2006-08, DENOMINADA “HUMANIZACIÓN DA RÚA MONTERO RÍOS EN BUEU E ZONA DE OCIO NO ENTORNO DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE BUEU”, APROBADA EN XUNTA DE GOBERNO DE 22/09/06, ACORDO Nº14.14305, PARA AS OBRAS “HUMANIZACIÓN DA RÚA MONTERO RÍOS”, “PAVIMENTACIÓN CAMIÑOS MUNICIPAIS BUEU, BELUSO E CELA” E “ACONDICIONAMENTO DE PISTA NAS INMEDIACIÓNS Ó COLEXIO PÚBLICO DE CELA E PISTA PARQUE PÚBLICO DA BANDA DO RÍO Vista a petición do Concello de Bueu, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra incluída no PAM 2006-08, denominada “Humanización da rúa Montero Ríos en Bueu e zona de ocio no entorno do pavillón municipal de Bueu”, cunha subvención de total de 395.461,18 euros, aprobada por acordo nº 14.14305 da Xunta de Goberno de 22/09/06, para as obras: “Humanización da rúa Montero Ríos” co nº 10-105-87/665, cunha subvención total de 208.951,09 €, “Pavimentación camiños municipais Bueu, Beluso e Cela” co nº 276-276-216/666, cunha subvención de 106.116,08 € e “Acondicionamento de pista nas inmediacións ó colexio público de Cela e pista parque público da banda do río” co nº 277-277-217/876, cunha subvención de 36.896,07 €, e quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de Bueu con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Presuposto Subv. Presuposto Subv. Presuposto Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Humanización rúa Montero Ríos 208.951,09 37.552,06 85.699,51 85.699,52 208.951,09 Pavimentación de camiños municipais Bueu, Beluso e Cela 149.614,02 37.552,07 68.520,47 43.541,48 149.614,02 Acondicionamento de pista nas inmediacións ó Colexio público de Cela e pista parque público da Banda do Río 36.896,07 12.298,69 12.298,69 12.298,69 36.896,07 395.461,18 87.402,82 166.518,67 141.539,69 395.461,18 ------ Folla: 11.15233.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15234.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PORTAS, PARA A OBRA Nº 177/489 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN E SERVIZOS NO VIAL DA IGREXA DE S. PEDRO DE LANTAÑO”, INCLUÍDA NO PAM/05 POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación 1/liquidación, do Concello de Portas, á vista do informe de Intervención de 7 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 46.143,90 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 177/489, denominada “Pavimentación e servizos no vial da igrexa de S. Pedro de Lantaño”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15235.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CALDAS DE REIS, PARA A OBRA Nº 132/40 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE GORGULLÓN A FIEITOSO E OUTROS”, INCLUÍDA NO PAM/05 POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta da solicitude de aboo da certificación 3/liquidación, do Concello de Caldas de Reis, á vista do informe de Intervención de 7 de xuño actual, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 41.903,43 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911.762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 132/40, denominada “Pavimentación do camiño de Gorgullón a Fieitoso e outros”, incluída no PAM/05. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.15236.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 24/06/2005, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol” na suma de 3.736.650,00 €. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 15/05/2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 4.483.824,30 €, supoñendo un incremento de 747.174,30 € sobre o contrato primitivo, que foi redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de incrementos na pavimentación das zonas aledañas ós terreos de xogo, movementos de terra para preparar a explanada destinada a recibir o céspede artificial, ampliación nas dimensións de algún dos campos, e construción de muros de mampostería en algún dos campos por razóns de seguridade. Visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade tanto ás medicións coma ós prezos do proxecto modificado. E, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol” na suma de 747.174,30 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/123.452-662.08 do vixente Presuposto provincial. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non se cumprir este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.15237.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE “EXECUCIÓN DE PAVILLÓN POLIDEPORTIVO EN BELUSO-BUEU Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, celebrada o día 04/08/2006, polo que se adxudicou a SUSO FERNANDEZ, S.L. a obra de Pavillón Polideportivo en Beluso-Bueu na suma de 541.271,16 €. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 11/05/2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 688.868,79 €, supoñendo un incremento de 147.597,63 € sobre o contrato primitivo, que foi redactado polo Arquitecto Director da obra como consecuencia de que durante o desenvolvemento da obra se constatou a conveniencia de modificar determinadas solucións construtivas para lograr un mellor illamento e acondicionamento acústico dos espazos, así como a modificación de numerosos materiais de rematado, para así garantir unha mellor calidade de uso, seguridade e durabilidade da edificación e as súas instalacións, ademais da aparición de grande cantidade de rocha durante a fase de escavación. Visto o escrito da empresa adxudicataria da obra inicial no que presta conformidade tanto ás medicións coma ós prezos do proxecto modificado. E, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, de acordo co establecido no art. 146 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da LCAP, adxudicar a SUSO FERNANDEZ, S.L. a obra comprendida no proxecto modificado de “Pavillón Polideportivo en Beluso-Bueu” na suma de 147.597,63 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo á partida 07/123.452-662.00 do vixente Presuposto provincial. O adxudicatario constituirá unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da L.C.A.P., que depositará na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non se cumprir este requisito declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.15238.- APROBACIÓN DE PROXECTOS DE OBRA Redactados os proxectos, que máis adiante se relacionan, vistos os informes emitidos por Intervención relativos á existencia de crédito para facer fronte ós mesmos, e unha vez incorporados ó expediente os correspondentes informes de supervisión, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os que a continuación se detallan: 1. Proxecto de “Obras complementarias e urbanización en Pavillón Polideportivo de Beluso-Bueu”, por importe de 137.980,42 €, con cargo á partida 07/123.452-662.00. 2. Proxecto modificado de “Remate de Pavillón e Ximnasio en Beiro (Valga)”, por importe de 37.299,43 €, con cargo á partida 07/911.911-662.00. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.15239.- PRORROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A. PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na sesión ordinaria do día 27 de maio de 2005, adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, á empresa Claro Sol, S.A. (CIF A-36615763), polo prezo anual ofertado de 108.000,00 €, a razón de 9.000,00 € euros/mes, con efectos dende o día 1 de xuño de 2005, por un período de dous anos, prorrogable por outros dous, mediante acordo expreso das partes. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 11 de agosto de 2006, aprobou a revisión de prezos do contrato quedando fixado o novo prezo anual en 112.320,00 € e o prezo mensual revisado en 9.360,00 €, IVE incluído. Resultando que por escrito de data 29 de maio de 2007, D. Enrique Velasco Sanromán, en representación da empresa CLARO SOL, S.A., solicita a prórroga do contrato por dous anos a partir do seu vencemento, é dicir, dende o día 1 de xuño de 2007 ata o 31 de maio de 2009, así como o incremento do mesmo en un 2,7 %, en función da variación do IPC do ano 2006. Resultando que o Sr. Xefe da Unidade de Mantemento do Pazo Provincial emite informe favorable para que se prorrogue o contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A. por dous anos mais de conformidade co previsto nos pregos de condicións que rexeron o concurso. Considerando que o Instituto Nacional de Estadística (INE) non fixo pública aínda a variación do IPC durante o período comprendido entre o 1 de xuño de 2006 ó 31 de maio de 2007. Vistos o documento Rc número de operación 200700047880 de data 08/06/2007, por importe de 65.520,00 €, polo que se certifica a existencia de consignación para facer fronte ó gasto derivado da prórroga do contrato durante o período de xuño a decembro de 2007, con cargo á partida 07/121.121.227.00, do vixente Presuposto provincial, así como o informe de fiscalización do expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Prorrogar por dous anos a duración do contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A. (CIF A-36615763), para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, con efectos dende o día 1 de xuño de 2007 ó 31 de maio de 2009, ambos incluídos. 2. Autorizar os gastos que conleva dita prórroga, sen prexuízo de posteriores revisións de prezos de acordo ó IPC, e que se distribúen da seguinte forma: - Anualidade de 2007 por importe de 65.520,00 € que se imputará á partida 07/121.121.227.00 do vixente Presuposto provincial (Documento RC número 200700047880). - A anualidade de 2008 por importe de 112.320,00 € e a anualidade de 2009 por importe de 46.800,00 €, imputaranse con cargo a exercicios futuros. 3. Con respecto ás revisións de prezos de dito contrato, a empresa Claro Sol, S.A., deberá solicitar ditas revisións unha vez que se fagan públicas, polo organismo competente, as variacións experimentadas, polo IPC nos períodos correspondentes, de conformidade coa cláusula segunda do contrato formalizado o día 20 de xuño de 2005. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.15240.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO AMBIENTAL PARA MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO TRAMO VILAGARCÍA-PADRÓN DO EIXE ATLÁNTICO DE ALTA VELOCIDADE-VIADUCTO SOBRE O RÍO ULLA, REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, de data 18 de abril de 2007, recibida nesta Deputación o día 11 de maio de 2007 (Rex. de entrada núm. 18916), remitindo estudo ambiental para modificación da declaración de impacto ambiental do tramo Vilagarcía-Padrón, viaduto sobre o río Ulla , ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe con data 4 de xuño de 2007, no que manifesta, entre outros: “...atendendo á normativa vixente en materia de Avaliación de Impacto Ambiental (R.d. 1131/88, R.d.l. 1302/86, Decreto 442/90, R.d.l. 9/2000 e Lei 6/2001) informamos que o documento analizado: • Presenta de xeito excesivamente sintético a proposta de modificación, a pesares de que se adapta correctamente á normativa sectorial vixente. Nembargantes, consideramos que presenta certas deficiencias que poderían ser paliables. • Considérase que as diferentes afeccións a medios afectados deberían presentarse nun documento resume no que se recollan as avaliacións e as medidas correctoras propostas para cada unha das etapas da obra. • No documento non se recollen as posibles afeccións que as obras proxectadas puideran ocasionar sobre as diferentes infraestructuras existentes no entorno inmediato (incidencias no tráfico ou na estructura física das infraestructuras existentes, estradas e ferrocarril). • No referente ó Patrimonio Cultural, só se recolle a existencia dos muíños de vento de Mesón de Abalo (bens etnográficos), nembargantes, non se teñen en conta os diferentes xacementos arqueolóxicos existentes no entorno (recollidos no Inventario de Bens Arqueolóxicos da Consellería de Cultura), tanto no concello de Catoira (varios xacementos de adscrición medieval), como no de Rianxo (un castro, varios petroglifos e mámoas e o xacemento da Idade do Bronce de Quintáns. Así mesmo, as medidas de protección deberán ser mais amplas, xa que o control arqueolóxico debería cubrir todos os movementos de terras e non só aqueles que afecten o Patrimonio Cultural como se propón no documento (sempre e cando a Administración competente en materia de protección de Patrimonio Cultural así o estime oportuno.” Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 12 de xuño de 2007, no que manifesta, entre outros: “...por parte del Servicio Agrario se emite el siguiente informe: - La diferencia en las características de los impactos ambientales y las medidas correctoras que supone la modificación de la tipología del viaducto del río Ulla con respecto al aprobado inicialmente en la Declaración de Impacto Ambiental debe ser más detallada para justificar suficientemente que dicha modificación no requiere un nuevo procedimiento de Evaluación de Impacto Ambiental. - Es importante determinar el alcance de las afecciones al medio por la afección al sistema fluvial Ulla-Deza.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.15241.- INFORME EN RELACIÓN CO PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DO CONCELLO DE POIO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Poio, de data 18 de maio de 2007 (rexistro de entrada núm. 19816, de data 21/05/07), sobre o Plan Parcial do Parque Empresarial de Poio, no Lugar de Fragamoreira, da parroquia de San Xoán, do Concello de Poio, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras, de data 14 de xuño de 2007, que literalmente di: “…al conformar la carretera provincial 0604 (C.550 –Muíño-Campañó) la delimitación sureste de la actuación pretendida con el sector SUZI-1 y quedando ésta fuera del mismo, no se produce ninguna alteración que pueda afectar a la red provincial, salvo que en la ejecución puedan verse afectadas las zonas exteriores de la carretera como consecuencia de los movimientos de tierra necesarios para llevar a cabo el desarrollo del mencionado Plan Parcial. Esta cuestión, deberá ser tenida en cuenta a la hora de acometer el proyecto de urbanización.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Poio. ------ Folla: 20.15242.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición