ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/11/07_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-11-07_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/11/07_Ordinaria

  • Data(s) 2007-11-07 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas do día sete de novembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15536.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de outubro de 2007. ------ Folla: 2.15537.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA “ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS LAMELA” DE SILLEDA Á SUBVENCIÓN PARA O CURSO DE REPOSTERÍA CONCEDIDA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 20 DE ABRIL DE 2007 Aprobadas as Bases Reguladoras das subvencións para Asociación de Mulleres sen fins de lucro, polo acordo da Xunta de Goberno do 5 de xaneiro de 2007, cunha dotación orzamentaria nesa convocatoria de 200.000,00 €; rematado o prazo de presentación de solicitudes, aprobadas as subvencións pola Xunta de Goberno do 20 de abril do presente ano, e comunicada pola “Asociación de Mulleres Rurais Lamela” de Silleda a renuncia a súa subvención, pola imposibilidade de afrontar os gastos do curso subvencionado, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da “Asociación de Mulleres Rurais Lamela” de Silleda, á subvención para “Curso de Repostería”, que polo importe de 1.100,00 € aprobou no seu favor a Xunta de Goberno de 20 de abril de 2007. ------ Folla: 3.15538.- CONCESIÓN PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18 DE XULLO DE 2007, A FAVOR DE DONA CARMEN ORGE DOMÍNGUEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS. Aprobadas as Bases Reguladoras das Subvencións para Mellora das Condicións de habitabilidade das vivendas pola Xunta de Goberno do 26 de xaneiro de 2007, revisados os expedientes das solicitudes presentadas en tempo e forma, aprobadas as subvencións de referencia pola Xunta de Goberno do 18 de xullo do presente ano, polo importe de 269.935,00 €, e presentada por Dª Carmen Orge Domínguez, veciña de Ponte Caldelas, unha solicitude de prórroga, debido a que non puido levar a cabo as obras por causas alleas a súa vontade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de abril de 2008, respecto á subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 2.155,11 €, que aprobou a Xunta de Goberno de 18/07/007 a favor de Dª Carmen Orge Domínguez, veciña de Ponte Caldelas. ------ Folla: 4.15539.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN ANTICIPADA CONCEDIDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2007, Ó CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES, PARA A OBRA Nº 199/935 “CAMIÑOS S. VICENTE, OITAVÉN, FORNELOS” E DESTINAR O SEU IMPORTE Á AMORTIZACIÓN DE ANUALIDADES VENCIDAS E NON SATISFEITAS DOS PRÉSTAMOS DA CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN Vista a solicitude do concello de Fornelos de Montes e o informe favorable emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Anular e deixar sen efecto a subvención anticipada de 36.000,00 euros, concedida no PAM/06-08, anualidade 2007 ó concello de Fornelo de Montes, por acordo nº 17.13887, de 7 de abril de 2006, para a obra, nº 199/935, denominada “Camiños S. Vicente, Oitavén, Fornelos”. 2º.- Destinar o citado importe de 36.000,00 euros para amortizar as anualidades vencidas e non satisfeitas, dos préstamos da Caixa de Anticipos de Cooperación, e ingresala na conta nº 2080.0401.67.0040106605, da Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra. Os conceptos compensados son: ANO PRÉSTAMO IMPORTE 2006 549/96 Vencemento 10.12.2006 3.606,07 2006 567/97 Vencemento 31.05.2006 3.606,07 2006 593/98 Vencemento 09.06.2006 3.606,07 2006 621/99 Vencemento 14.10.2006 3.606,07 2006 646/00 Vencemento 24.10.2006 2.944,96 2006 694/02 Vencemento 18.07.2006 5.595,90 2006 739/04 Vencemento 15.12.2006 6.600,00 2006 749/05 Vencemento 21.06.2006 6.000,00 2007 567/97 Vencemento 31.05.2007 434,86 SUMA...................................................... 36.000,00 ------ Folla: 5.15540.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, PARA O SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE ESTANTES METÁLICOS E DO SERVIZO DE TRASLADO DE FONDOS DOS ACTUAIS DEPÓSITOS Ó NOVO EDIFICIO DO ARQUIVO PROVINCIAL Con motivo da próxima apertura do renovado edificio onde se van situar os fondos documentais e bibliográficos existentes no Arquivo Provincial, faise necesaria a contratación do servizo de traslado dos fondos documentais e bibliográficos, do mobiliario e doutros materiais que se atopan depositados na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, rúa García Alén e Pazo Provincial, ó novo edificio na rúa Padre Amoedo da cidade de Pontevedra, así como o subministro e instalación de diversos tipos de estantes metálicos para aloxar os citados fondos no novo edificio. Resultando que o Director do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico elaborou con data 30 de outubro de 2007, o prego de prescricións técnicas para a contratación do subministro e instalación de diversos tipos de estantes e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio do Arquivo Provincial, cuxo custo global cifra na cantidade global de 241.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que no citado prego de prescricións técnicas se propón que o subministro dos estantes se financie ata a cantidade máxima de 183.000,00 euros, con cargo á partida 07/454.451.625.01 e os servizos de traslado de fondos documentais e bibliográficos, do mobiliario e doutros materiais ata a cantidade máxima de 58.000,00 euros, con cargo á partida 07/454.451.223.00 do vixente presuposto provincial. Resultando que polo Servizo de Intervención se emiten os documentos RCs con números de operación 200700088665 e 200700088666, de data 2 de novembro de 2007, polos que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importes de 183.0000,00 e 58.000,00 euros, con cargo ás partidas 07/454.451.625.01 e 07/454.451.223.00, respectivamente, ambas as dúas do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto e forma concurso, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 31 de outubro de 2007. Resultando que con data 2 de novembro de 2007, o Sr. Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra informa o proxecto de prego de condicións administrativas, polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación do subministro e instalación de diversos tipos de estantes e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio, baseándose no citado informe do Sr. Secretario. Resultando que con data 6 de novembro do ano actual, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, así como o disposto no artigo 6 do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no sentido de que ó ser un contrato mixto cualificaranse e aplicarán as normas da prestación que teña máis importancia dende o punto de vista económico e neste caso é o subministro de estantes. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministros que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto, do SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE ESTANTES METÁLICAS E DO SERVIZO DE TRASLADO DE FONDOS DOS ACTUAIS DEPÓSITOS Ó NOVO EDIFICIO DO ARQUIVO PROVINCIAL, por un importe máximo de douscentos corenta e un mil euros (241.000,00 €), IVE incluído. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe global de 241.000,00 euros, de acordo ó seguinte detalle: • O gasto correspondente ó subministro de estantes ata a cantidade máxima de 183.000,00 euros, con cargo á partida 07/454.451.625.01 do vixente presuposto provincial. • O gasto correspondente ós servizos de traslado de fondos documentais e bibliográficos, do mobiliario e doutros materiais ata a cantidade máxima de 58.000,00 euros, con cargo á partida 07/454.451.223.00 do vixente presuposto provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do referido subministro e servizo, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou no Diario Oficial de Galicia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA ADXUDICAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE ESTANTES METÁLICOS E DO SERVIZO DE TRASLADO DE FONDOS DOS ACTUAIS DEPÓSITOS Ó NOVO EDIFICIO DO ARQUIVO PROVINCIAL 1.- OBXECTO.- A prestación do servizo de traslado dos fondos documentais e bibliográficos, do mobiliario e doutras materiais que se atopan depositados actualmente na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, local da rúa García Alén e en dependencias do Pazo Provincial ó renovado edificio na rúa Padre Amoedo da cidade de Pontevedra, así como o subministro e instalación de diversos tipos de estantes metálicos para aloxar os citados fondos no novo edificio, todo iso de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Director do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico de data 30 de outubro de 2007 e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase da seguinte forma: • O subministro dos estantes ata a cantidade máxima de 183.000,00 euros, con cargo á partida 07/454.451.625.01, do vixente presuposto provincial. • Os servizos de traslado de fondos documentais e bibliográficos, do mobiliario e doutras materiais ata a cantidade máxima de 58.000,00 euros, con cargo á partida 07/454.451.223.00 do vixente presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez recepcionados os estantes e prestados os servizos relativos ó traslado dos fondos documentais e bibliográficos, do mobiliario e doutros materiais que figuran no obxecto do contrato. 4.- PRAZO PARA EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O subministro e instalación dos estantes efectuarase no prazo máximo dun mes a contar dende a sinatura do contrato. O servizo de traslado de fondos efectuarase en etapas paulatinas segundo se solicite por parte do Servizo de Patrimonio de Patrimonio Documental e Bibliográfico; o traslado de mobiliario e material informático será o primeiro en cumprimentarse nun prazo máximo de vinte días dende que se solicite. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase na cantidade máxima de douscentos corenta e un mil euros (241.000,00 €), IVE incluído. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 18 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 de dita norma. Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Constituirase por importe do 2% do presuposto total de licitación. Poderá ser constituída en calquera das formas que contempla o artigo 35 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Deberá ser ingresada na Caixa da Deputación Provincial de Pontevedra. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contado a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio no boletín Oficial da Provincial ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase fechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE ESTANTES METÁLICOS E DO SERVIZO DE TRASLADO DE FONDOS DOS ACTUAIS DEPÓSITOS Ó NOVO EDIFICIO DO ARQUIVO PROVINCIAL Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar. 3. Prazo de entrega. 4. Melloras ofertadas. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTACIÓN XERAL PARA PARTICIPAR NO CONCURSO RELATIVO Ó SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE DIVERSOS TIPOS DE ESTANTES METÁLICOS E DO SERVIZO DE TRASLADO DE FONDOS DOS ACTUAIS DEPÓSITOS Ó NOVO EDIFICIO DO ARQUIVO PROVINCIAL Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, se é o caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a representación pública administrativa, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada diante da Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.r. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Resgardo acreditativo da constitución da garantía provisional. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros e servizos realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Director do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación de Pontevedra. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Calidade dos bens a subministrar, ata 4 puntos. 2) Melloras ofertadas, ata 3 puntos. 3) Prazo de entrega, ata 2 puntos 4) Menor prezo ofertado, ata 1 punto. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos tres meses seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 8ª. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 600,00 euros. 16.- INDEMNIZACIÓN Ó CONTRATISTA.- O contratista non terá dereito a indemnización polos danos que padeza como consecuencia de perdas, avarías, ou menoscabo que se produzan nos bens obxecto do contrato con anterioridade ó acto da entrega, salvo que a Administración incorrera en mora ó recibilos. 17.- GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase, como mínimo, en dous anos a partir da entrega do subministro. 18.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- A Administración durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se iso fose suficiente, dos bens subministrados que presenten vicios ou defectos. Durante o prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se a Administración constatase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, dentro daquel prazo, rexeitalos e deixalos a conta do contratista. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 111 e 192 do TR da LCAP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e demais normativa que resulte de aplicación. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........., maior de idade, veciño de.........., con domicilio en ..........titular do DNI........., expedido en data........, actuando en nome propio ou en representación da empresa .......... (C.I.F.- nº .........) e con domicilio en ............., teléfono.......... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sabedor do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente ó “Subministro e instalación de diversos tipos de estantes metálicos e do servizo de traslado de fondos dos actuais depósitos ó novo edificio do Arquivo Provincial”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo de ........................................euros(En letra e número). • Calidade dos bens a subministrar (Achegar documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar). • Melloras ofertadas (Relacionar as mesmas). • Prazo de entrega (Indicar o mesmo). (Data e sinatura do propoñente)” ------ Folla: 6.15541.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15542.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (MONDARIZ-COVELO) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 31/10/2007, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)”(Remanentes PPC 2007), por importe de 231.490,39 €, con cargo á partida 07/911.511-611.09. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, toda vez que a obra terá que estar contratada con anterioridade ó próximo día 1 de decembro do ano en curso, xa que de non ser así perderíase a subvención destinada polo MAP para a súa execución, da obra de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)” (Remanentes PPC 2007), cun presuposto de licitación de 231.490,39 €, IVE incluído. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo á partida 07/911.511.611.09 do vixente Presuposto Provincial. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO TRÁMITE DE URXENCIA, DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. 4306 PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (MONDARIZ-COVELO)” (REMANENTES PPC 2007) 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Mellora de trazado e pavimento E.P. 4603 Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)” (Remanentes PPC 2007), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 31/10/2007. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación e integrado polos documentos enumerados no artigo 124 do TRLCAP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de 231.490,39 €, IVE incluído. O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. 3.- FINANCIAMENTO.- O prezo das obras financiarase con cargo á partida 07/911.511-611.09 do vixente presuposto Provincial 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo para a execución e terminación da obra será de catro meses. O prazo contarase a partir do día seguinte á sinatura do acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. O contratista este obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta polo enderezo da obra, o órgano de contratación será que aprobar o pertinente expediente que conleva a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa imposición de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Poderán concorrer á licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, técnica e financeira, requisito que poderá ser substituído pola clasificación se é esixible de conformidade co estipulado na Lei. 7.- CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA.- Esíxese a clasificación Grupo A, subgrupo 1, categoría c e Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Coa acreditación da clasificación non é necesario presentar os documentos correspondentes á solvencia económica, técnica e financeira. 8.- UNIÓNS TEMPORAIS DE EMPRESAS.- A administración poderá contratar con unións temporais de empresarios que se constitúan temporalmente ó efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en escritura pública ata que se efectúe a adxudicación ó seu favor. Ditos empresarios deberán de nomear un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir coas obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo. Para os casos en que sexa esixible a clasificación e concorran en unión de empresarios nacionais, estranxeiros non comunitarios ou estranxeiros comunitarios, os dous primeiros deberán acreditar a súa clasificación e os últimos, en defecto de estas, a súa solvencia económica, financeira, técnica ou profesional. 9.- PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN.- O contrato adxudicarase mediante concurso, por procedemento aberto, trámite de urxencia, ó licitador que, no seu conxunto, faga a proposición máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de adxudicación que se establecen na cláusula décimoquinta deste prego. 10.- PROPOSICIÓNS.- O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no boletín Oficial da Provincia, de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. 11.- DOCUMENTACIÓN.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre A: Documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o concurso para a contratación da obra (denominación da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: a) Documentos acreditativos da capacidade de obrar das empresas: 1. Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa. 2. Persoas xurídicas: Escritura de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, nas que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscrito se é o caso no correspondente rexistro oficial. Fotocopia da tarxeta de crédito de identificación fiscal (CIF), debidamente compulsada. b) Poderes: Cando a licitador non actúe en nome propio ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre ante a administración contratante. Deberase verificar as facultades da persoa que concorre en nome da empresa polo secretario da corporación, notario ou calquera outra persoa lexitimada para certificar a suficiencia do poder, sendo igualmente válido a verificación da suficiencia co que se concorra a calquera licitación na administración publica nos últimos doce meses. Esta verificación será recabada a instancias do licitador que incluirá, posteriormente, o poder bastanteado no sobre A. Declaración expresa de que a empresa non esta incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 do TRLCAP. c) Certificación ou documento acreditativo de que o contratista esta ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social. Non obstante, os licitadores poderán presentar unha declaración responsable na que faga constar que a empresa esta ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social, sen prexuízo de que previamente á formalización do contrato, achega as mencionadas certificacións, así como a certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. d) Documento acreditativo da clasificación empresarial. No suposto de que non se esixa a clasificación, os contratistas deberán acreditar a solvencia económica financeira por calquera dos seguintes medios: 1) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 2) Declaración das cifras de negocios globais dos tres últimos exercicios. 3) Certificacións establecidas polos Institutos ou Servizos Oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade dos artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas. No que fai á acreditación da solvencia técnica deberá xustificarse polos seguintes medios: 1) Relación das obras executadas no curso dos últimos cinco anos. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, unha vez notificada a adxudicación, certificacións acreditativas de estar ó corrente das obrigas tributarias e da seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, de non ter débedas co Organismo Provincial. Sobre B: Proposición económica, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o concurso para a contratación da obra (denominación da obra)”. Presentarase pechado e lacrado, contendo os seguintes documentos: 1. Índice de documentos que integran o sobre, constará dentro do sobre como primeira páxina e en folla independente. 2. Modelo de proposición económica, formulada estritamente conforme ó modelo establecido na cláusula 27 deste prego. 3. Programa de traballo e de actuación medioambiental, as empresas deberán presentar un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. Así mesmo e no caso de que a empresa aplique medidas especificas de protección medioambiental, deberán indicar as medidas que se pensan aplicar. (reciclaxe, reutilización e recuperación de materiais, etc.). 4. Proposta de redución de prazos, en caso de que a empresa oferte unha redución de prazos presentará unha memoria sobre a organización do proceso construtivo xustificando a redución de prazos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 5. Plano de control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresado con dous decimais aplicado sobre o presuposto de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. Importante: As retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o presuposto global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o presuposto de execución material. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesmo licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Así mesmo, o adxudicatario achegará, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. As empresas que participen en licitacións nos últimos doce meses coa Deputación non teñen por que presentar a documentación referente á personalidade xurídica da empresa, unicamente débese facer unha referencia ó concurso en que se licitou, e posteriormente achegar as certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da seguridade Social. Transcorrido os doce meses deberán renovar os documentos referentes á solvencia económica e o poder bastanteado. 12.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. • Vogais: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Vías e Obras. • Secretario: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 13.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- O acto de celebración de cualificación da documentación xeral achegada polas licitadores terá lugar ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 14.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.- 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 3 puntos. 4. Plano de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 2 puntos. Non serán valoradas aquelas proposicións que oferten un prazo de execución que, a xuízo dos técnicos e previa audiencia ós licitadores, sexa inviable. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. 15.- BAIXAS TEMERARIAS.- Consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se podía cumprir como consecuencia das baixas desproporcionadas ou temerarias notificarase esta circunstancia ós licitadores supostamente comprendidos nela, para que dentro do prazo de cinco días xustifiquen ditas baixas. Dita xustificación remitirase para informe técnico co fin de que emitan o pertinente informe. Se a adxudicación realízase finalmente a favor do empresario cuxa proposición houbese estado incursa en temeridade, esixirase ó mesmo unha garantía definitiva do 20 por 100 do importe de adxudicación. 16.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- O Órgano de Contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 17.- FIANZAS.- O adxudicatario do contrato está obrigado a constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación ou do 20% cando exista presunción de temeridade, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 18.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- O contrato formalizarase na data que sinale a administración, e en todo caso no prazo de trinta días naturais contados a partir do seguinte ó da notificación da adxudicación 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estima nun máximo de 600,00 €, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección da Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertados polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material do presuposto de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción deberá acudir o contratista, a dirección da obra e se é o caso, un representante da intervención. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todas os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral, no prazo dun mes, polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o Ive, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, trala recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán sen conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o Ive (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ANO a partir do día seguinte á data de formalización do acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO.- O prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación e na páxina web “www.depontevedra.es”, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no boletín Oficial da Provincia. 26.- RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.- En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. 27.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ________. (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº_______, en nome propio (ou en representación de ________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en _________, sabedor da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra). _________ comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de ___________. (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: Control de calidade: % sobre o presuposto de execución material. Data e sinatura do propoñente,” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15543.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE A ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2007 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés CIF:G-36.362.440, pola que interesa que se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 127.700,00 € para gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2007, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 127.700,00 €, para o citado Consorcio, como achega da Deputación para gastos de funcionamento do terceiro trimestre do ano 2007. 2.- Declarar de aboamento a favor do Consorcio a cantidade de 127.700,00 € con cargo á partida 07/911.223.467.01. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15544.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 5 de novembro de 2007, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200700001066 e que conten seis facturas, sendo a primeira de Grupo Norte MCA, S.L. por importe de 1.872,00 e a derradeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L. por importe de 3.291,84, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 20.539,88 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 20.539,88 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15545.- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO DE TRAZADO 45-PO-3940 “REMODELACIÓN DO NUDO DE O PINO CN-550 E PO-10 DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA”, REMITIDO POLA DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA DO MINISTERIO DE FOMENTO Dada conta da comunicación da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, de data 6 de setembro de 2007, recibida nesta Deputación o día 7 de setembro de 2007 (Rex. de entrada núm. 30499), remitindo proxecto de trazado 45-PO-3940 “Remodelación do nudo de O Pino CN-550 e PO-10, Provincia de Pontevedra”, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Enxeñeiro Director de Vías e Obras, emite informe con data 26 de outubro de 2007, no que manifesta, entre outros: “Recibido para informe el “PROYECTO DE REMODELACIÓN DEL NUDO DE O PINO. (CN-550 P.K. 124,3 Y PO-10 P.K. 1+300)”, por parte de este Servicio se hacen las siguientes consideraciones: El diseño dado al conjunto establece la continuidad del paso elevado sobre la CN-550 y dispone de dos rotondas de distribución en un plano inferior, al nivel de la mencionada CN-550, al Norte y Sur de dicho paso elevado. La solución propuesta si bien permite la realización de todos los movimientos posibles, obliga en determinados casos a abordar las dos rotondas con lo que supone de desplazamiento y situaciones de trenzado que en otras condiciones podrían reducirse. El diseño propuesto establece unos accesos peatonales que limitan la operatividad a un número de viviendas al Sureste de la solución, al no tener acceso rodado para entrada y salida de las mismas. A nuestro juicio el juego de movimientos pudiera mantenerse concentrado en una gran rotonda en el plano de CN-550, aún a costa de tener que actuar sobre el trazado de la PO-10, de tal manera que se conseguiría:  Una menor ocupación de terrenos.  Un mejor juego de movimientos en un único punto.  Una situación más humanizada sin introducir un elemento de barrera tal y como se plantea con la propuesta.  Un menor coste de implantación. En consecuencia se propone la construcción de una única rotonda en sustitución de las dos propuestas, por las razones anteriormente apuntadas, posibilitando la habilitación de una corona de circulación más amplia.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15546.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS POLAS QUE SE APROBAN LICENZAS A CURSOS De conformidade co art. 61 e concordante do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, así como coa normativa reguladora da licenzas e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, etc; aprobada por acordo número 9.14880 de data 9 de marzo de 2007; na que se establece que “... só por excepción e nos casos de urxencia xustificada poderán autorizarse por Resolución Presidencial, dándolle conta a Xunta de Goberno...” Por iso, a Xunta Goberno queda enterada das seguintes Resolucións Presidencias: -R.P. número 10504 de data 9 de xullo de 2007 pola que se aproba licenza para a asistencia da contratada laboral Dona Marta Iglesias Bueno a seminario sobre “Cooperación territorial europea: las Agrupaciones Europeas de Cooperación Territorial (AECT) y sus prespectivas de futuro” que se celebrou en Baiona o día 6 de xullo de 2007. - R.P. número 10506 de data 9 de xullo de 2007 pola que se aproba licenza para a asistencia do funcionario D. Luciano Lima Andrade a curso sobre “Presente y futuro de la acción educativa” que se celebrou en Salamanca os días 7 ó 9 de xullo de 2007. - R.P. número 10505 de data 9 de xullo de 2007 pola que se aproba licenza para a asistencia do contratado laboral D. Antonio Torrón Casal a reunión técnica do proxecto “Vías Atlánticas” que se celebrou en Vilar Verde (Portugal) o día 12 de xullo de 2007. - R.P. número 15264 de data 22 de outubro de 2007 pola que se aproba licenza para a asistencia do contratado laboral D. Antonio Abel Seoane Estévez a reunión técnica sobre un programa facilitador para o “Cumprimento do documento único electrónico- PACDUE” que se celebrou en Madrid o día 23 de outubro de 2007. - R.P. número 15265 de data 17 de outubro de 2007 pola que se aproba licenza para a asistencia das contratadas laborais Dona Rebeca Domínguez Pérez e Dona Ana Mateos Escudero a reunión técnica do proxecto “Mercurio” que se celebrou en Jaén os días 24 e 25 de outubro de 2007. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15547.- CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NO ACORDO Nº 32.15517 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 24 DE OUTUBRO DE 2007 Advertindo erro no acordo nº 32.15517 adoptado pola Xunta de Goberno de data 24 de outubro de 2007 relativo a aprobación das subvencións de campionatos ou eventos deportivos de relevancia nacional nos que participen os deportistas da provincia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade facer a seguinte corrección: Na introdución do acordo onde di “con cargo á partida 07/451.452.789.07”, debe dicir “con cargo á partida 07/451.452.489.07”. Deixando subsistente o acordo en todo o demais. ------ Folla: 13.15548.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición