ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/12/12_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-12-12_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/12/12_Ordinaria

  • Data(s) 2007-12-12 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día doce de decembro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15653.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de decembro de 2007. ------ Folla: 2.15654.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE APOIO A VÍTIMAS DE DELITOS VIOLENTOS (AVIDEV) Retírase da orde do día expediente relativo á “Aprobación do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de apoio a Vítimas de Delitos Violentos”, ó non estar completo o mesmo. ------ Folla: 3.15655.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DAS ACCIÓNS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA PARA O PROGRAMA DE “RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA 2007” Aprobado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 04/05/2007 o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella Pontevedra para o desenvolvemento do Programa de “Respiro e Animación Hospitalaria, 2007” dirixido a neno/as ingresados no Servizo de Pediatría do Hospital Provincial; solicitada o 4/12/2007, por Cruz Vermella, unha prórroga para a xustificación do citado convenio, e á vista do informe emitido o 4 do presente mes pola Xefa do Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de febreiro de 2008, para a xustificación das accións do Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella Pontevedra para o Programa de Respiro e Animación Hospitalaria, 2007”, aprobado pola Xunta de Goberno do 04/05/2007. ------ Folla: 4.15656.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DAS ACCIÓNS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA, PARA O PROGRAMA “SEN VIONLENCIA-CONVIVENCIA”, ANO 2007 Aprobado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 18/07/2007 o Convenio de Colaboración coa Cruz Vermella (Pontevedra), para o desenvolvemento do Programa “Sen Violencia-Convivencia, ano 2007”, destinado a educar a nenos/as de 5º e 6º de primaria, e mozos/as da E.S.O., nos valores da convivencia pacífica, da tolerancia e do respecto; solicitada prórroga o 04/12/2007, por Cruz Vermella a fin de poder rematar a xustificación do devandito Convenio, e visto o informe emitido o 05/12/2007 pola Xefa do Servizo de Acción Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de febreiro de 2008, para a xustificación das accións do Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella Pontevedra, para o desenvolvemento do Programa “Sen Violencia-Convivencia, ano 2007”, aprobado pola Xunta de Goberno do 18/07/2007. ------ Folla: 5.15657.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA “CURSO DE INFORMÁTICA E XESTIÓN”, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 25/05/07 EN FAVOR DA ASOCIACIÓN SORDOS RÍO LÉREZ, E APROBACIÓN DO ANTICIPO DO 50% DA MESMA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial o 25 de maio de 2007, unha subvención de 2.000,00 €, en favor da Asociación “Sordos Río Lérez” de Pontevedra, para “Curso de Informática e Xestión”, cunha duración de 156 horas; solicitada pola devandita Asociación unha prórroga ante a imposibilidade de rematar o curso en prazo, así coma o adianto do 50% da subvención, e á vista dos informes emitidos pola Traballadora Social e polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 16 de xaneiro de 2008, respecto á subvención aprobada pola Xunta de Goberno de 25/05/2007, en favor da Asociación “Sordos Río Lérez” de Pontevedra, polo importe de 2.000,00 €, e a aprobación do anticipo do 50% da subvención, en conformidade coas Bases de Execución do Orzamento. ------ Folla: 6.15658.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA “CURSO DE RESTAURACIÓN DE MOBLES”, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 20/04/07, EN FAVOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES VECIÑAIS DO PORTO DE MARÍN Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial do 20 de abril de 2007, unha subvención de 1.100,00 €, en favor da Asociación de Mulleres Veciñas do Porto de Marín, para “Curso de Restauración de Mobles”; solicitada o 28 de novembro de 2007, pola citada Asociación unha prórroga respecto a tal subvención ante a imposibilidade de rematar o curso no prazo previsto, e á vista do informe da Traballadora Social, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 28 de febreiro de 2008, para a subvención polo importe de 1.100,00 €, aprobada pola Xunta de Goberno do 20/04/2007, en favor da Asociación de Mulleres Veciñas do Porto de Marín; para “Curso de Restauración de Mobles”. ------ Folla: 7.15659.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA “ARRANXO DE VIVENDA”, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, EN FAVOR DE DONA AURORA GARCÍA GARCÍA, VECIÑA DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, unha subvención para arranxo de vivenda polo importe de 2.691,67 €, a favor de Dona Aurora García García, veciña do concello da Estrada, e solicitada o 30 de novembro do ano en curso, unha prórroga, pola devandita beneficiaria da subvención, ante a imposibilidade de rematar as obras por causas alleas á súa vontade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de xuño de 2008 para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 2.691,67 € aprobou a Xunta de Goberno do 18 de xullo de 2007, a favor de Dona Aurora García García, veciña do concello da Estrada. ------ Folla: 8.15660.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA “ARRANXO DE VIVENDA”, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 10/10/07, EN FAVOR DE DONA CAMILA BUCETA TORRES, VECIÑA DO CONCELLO DE MEIS Aprobada pola Xunta de Goberno do 10/10/07 unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 785,71 € a favor de Dona Camila Buceta Torres, veciña do Concello de Meis, e solicitada o 3 de decembro de 2007 pola devandita beneficiaria da subvención unha prórroga ata o 3 de xuño de 2008, dado que por problemas xurdidos non puido rematar a obra na data prevista, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 3 de xuño de 2008, a subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 785,71 €, aprobada pola Xunta de Goberno do 10/10/07, a favor de Dona Camila Buceta Torres, veciña do Concello de Meis. ------ Folla: 9.15661.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA “ARRANXO DE VIVENDA”, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, EN FAVOR DE DONA ELVIRA VARELA VARELA, VECIÑA DO CONCELLO DE MEIS Aprobada pola Xunta de Goberno do 18 de xullo de 2007, unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 2.785,71 €, a favor de Dona Elvira Varela Varela, veciña do concello de Meis, destinada a arranxo de cuberta e reformas interiores, e solicitada o 3 de decembro do ano en curso, unha prórroga pola citada beneficiaria, toda vez que por problemas xurdidos non puido rematalas a tempo as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 3 de xuño de 2008, para a subvención de Arranxo de Vivenda, que polo importe de 2.785,71 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/07, a favor de Dona Elvira Varela Varela, veciña do concello de Meis. ------ Folla: 10.15662.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “ A CHORIMA” D E A CAÑIZA, Á SUBVENCIÓN APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/05/07 Aprobado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 25/05/2007, unha subvención de 1.100,00 € en favor da Asociación de Mulleres Rurais “A Chorima” de A Cañiza, para “Curso de restauración de mobles”, e notificada pola citada Asociación a súa renuncia a tal subvención o pasado 3 de decembro, ante a imposibilidade de facer fronte ós gastos do curso coas achegas das alumnas, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación de Mulleres Rurais “A Chorima” de A Cañiza, á subvención de 1.100,00 € , aprobada ó seu favor, pola Xunta de Goberno do 25/05/2007, para o “Curso de restauración de mobles”. ------ Folla: 11.15663.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA “OS ROSAIS” DE PORRIÑO, Á SUBVENCIÓN APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 20/04/07 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión do 20/04/2007, unha subvención de 1.400,00 €, a favor da Asociación de Amas de Casa “Os Rosais”, de Porriño, para “Curso de Cociña”, e comunicada o 4 de decembro do ano en curso, a súa renuncia a tal subvención pola mencionada Asociación, ante a imposibilidade de afrontar o elevado custo do curso, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación de Amas de Casa “Os Rosais” de Porriño, a subvención de 1.400,00 €, que aprobou no seu favor a Xunta de Goberno do 20/04/2007 para un “Curso de Cociña” de 88 horas de duración. ------ Folla: 12.15664.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN SANTA MARÍA DE OIROS, DE VILA DE CRUCES, Á SUBVENCIÓN APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 20/04/07 Aprobado pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 20 de abril de 2007, unha subvención de 500,00 €, a favor da Asociación “Santa María de Oiros” de Vila de Cruces, para “Curso de Repostería”, de 80 horas de duración, e solicitada pola citada Asociación o 4 de decembro do ano en curso, a tramitación da súa renuncia a tal subvención ante a imposibilidade económica de impartir o curso, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación “Santa María de Oiros” de Vila de Cruces, á subvención de 500,00 €, que no seu favor aprobou a Xunta de Goberno do 20 de abril de 2007, para “Curso de Repostería”. ------ Folla: 13.15665.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA CONSTITUÍDA PARA RESPONDER DO PAGO POLO ACOPIO DA PLANTA DEPURADORA NÚMERO 9538-250334 DO “PROXECTO DEPUTRANS 2004-2005” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, polo que se lle adxudicou á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (C.I.F.- A-36888931), o concurso para o subministro de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto “Deputráns 2004-2005”, por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu a efectuar a recepción o día 10 de novembro de 2005, entre outras, da planta depuradora modelo FACET tipo STP-25 número de serie 9538-250334, a cal quedou acopiada nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figura a seguinte cláusula en relación á forma de pagamento: “Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pagamento das provisións este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, aboándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta”. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., para que se procedese ó pagamento da factura número 1701105 de data 11/11/2005, por importe de 2.008.876,46 euros, que corresponden ó 85% do total do prezo correspondente á entrega de 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 4 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, que quedaron acopiadas nas instalacións da empresa FACET IBÉRICA, S.A., presentou, entre outros, unha serie de avais bancarios que foron depositados na Tesourería desta Deputación, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras citadas Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA), tal como figura no informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 19 de novembro de 2007, procedeu á instalación da planta depuradora con número de serie 9538/250334 no municipio de Meis, núcleo de Armenteira. Visto o informe favorable de Intervención de data 3 de decembro de 2007, en relación á devolución da garantía constituída para responder do 75% do importe certificado e aboado pola planta depuradora, FACET tipo STP-25 número de serie: 9538-250334. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A devolución á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., da garantía constituída para responder do 75% do importe certificado e aboado pola planta depuradora, FACET tipo STP-25 número de serie: 9538-250334. • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de sesenta e seis mil cincocentos cincuenta e cinco euros (66.555,00 €), para garantir a planta depuradora número de serie 9538/250334 que queda instalada no municipio de Meis, núcleo de Armenteira, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104094, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. ------ Folla: 14.15666.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON PEDRO SANJUÁN FERNÁNDEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE MAPFRE AUTOMÓVILES, S.A. E DE DONA PILAR LÓPEZ VÁZQUEZ, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PO-212 AGOLADA-RODEIRO Dada conta que con data de Rexistro de 19 de novembro de 2007 (nº rex. 038450) tivo entrada nesta Deputación instancia asinada por Don Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de MAPFRE AUTOMÓVILES, S.A. e de Dna. Pilar López Vázquez, sobre reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico o día 25 de febreiro de 2007 na estrada PO-212 Agolada-Rodeiro, como consecuencia da irrupción dun xabarín na vía, que cuantifica economicamente en 10.067,83 €. Resultando que con data con data 20 de novembro de 2007 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 26 de novembro de 2007 co seguinte contido: “... el citado vial no pertenece a la red de carreteras provinciales, siendo de titularidad autonómica”. Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 15.15667.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) De conformidade coa proposta de data 17 de agosto de 2007 da Xefa do Servizo de Acción Social na que solicita permiso e axuda económica, con carácter de a xustificar, para que Dona Ana Mateos Escudero, Técnica de apoio do proxecto Mercurio poida asistir, en comisión de servizo e representando a este Organismo Provincial, á xornada final de GTN 3 “Contribución de Equal á adaptabilidade de empresas e traballadores/as”, organizada pola UAFSE (autoridade de xestión desta iniciativa), que se celebra os días 10 e 11 de decembro de 2007 en Santander, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Ana Mateos Escudero o permiso solicitado e unha axuda económica de 541,67 euros, con carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: (Saída o día 10 antes das 14:00 e regreso día 11 despois das 22:00) Desprazamentos: Pontevedra-Vigo-Pontevedra 11,40 € Autoestrada (ida e volta): 5,50 € Aparcamento aeroporto 30,00 € Avión: (Vigo-Madrid-Santander) 254,00 € Taxi: (Aeroporto-Hotel-aeroporto) 100,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS 400,90 € Dietas: Día 10: (1 manutención + aloxamento) 103,37 € Día 11: (1 manutención) 37,40 € TOTAL DIETAS 140,77 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.623.230.01 de dietas por importe de 140,77 € e á 07/313.623.231.01 de locomoción por importe de 400,90 € do vixente Orzamento provincial. B) De conformidade coa proposta de data 27 de novembro de 2007, pola que a Xefa do Servizo de Acción Social solicita permiso e axuda económica para que Dona Rebeca Domínguez Pérez, Coordinadora do proxecto Mercurio; Dona Ana Mateos Escudero, Técnica de apoio á coordinación do citado Proxecto; e Dona Nidia Arévalo Gómez, poidan asistir, en representación deste Organismo Provincial, ó Congreso de Administracións Públicas que se celebrará os días 12 e 13 de decembro de 2007 en Jaén, e de acordo co informe favorable do Servizo de Intervención de data 29 de novembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Dona Rebeca Domínguez Pérez, a Dona Ana Mateos Escudero e a Dona Nidia María Arévalo Gómez o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 1.320,78 euros, co carácter de “a xustificar”, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: REBECA DOMÍNGUEZ PÉREZ:(Saída día 12 antes das 14:00 horas e regreso día 13 posterior ás 22:00 horas) DESPRAZAMENTOS: Avión: (Vigo-Madrid-Granada-Santiago) 219,32 € Taxi: (Pontevedra-Vigo / Santiago-Pontevedra) 200,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS 419,32 € DIETAS: Aloxamento: Día 12: Hotel 85,60 € Manutención: Día 12: (1 manutención) Grupo II 37,40 € Día 13: (1 manutención ) Grupo II 37,40 € TOTAL DIETAS 160,40 € ANA MATEOS ESCUDERO:(Saída día 12 antes das 14:00 horas e regreso día 13 posterior ás 22:00 horas) DESPRAZAMENTOS: Avión: (Vigo-Madrid-Granada-Santiago) 219,32 € TOTAL DESPRAZAMENTOS 219,32 € DIETAS: Aloxamento: Día 12: Hotel 85,60 € Manutención: Día 12: (1 manutención) Grupo II 37,40 € Día 13: (1 manutención ) Grupo II 37,40 € TOTAL DIETAS 160,40 € NIDIA ARÉVALO GÓMEZ:(Saída día 12 antes das 14:00 horas e regreso día 13 posterior ás 22:00 horas) DESPRAZAMENTOS: Avión: (Vigo-Madrid-Granada-Santiago) 219,32 € TOTAL DESPRAZAMENTOS 219,32 € DIETAS: Aloxamento: Día 12: Hotel 85,60 € Manutención: Día 12: (1 manutención) Grupo III 28,21 € Día 13: (1 manutención ) Grupo III 28,21 € TOTAL DIETAS 142,02 € Ditas cantidades imputaranse ás partidas 07/313.623.230.01 de dietas por importe de 462,82 e á 07/313.623.231.01 de locomoción por importe de 857,96 € do vixente Orzamento provincial ------ Folla: 16.15668.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS A Xunta de Goberno queda enterada da Sentenza ditada o 28 de setembro de 2007 polo Xulgado do Social nº1 de Pontevedra, pola que se desestima a demanda interposta polo funcionario D. José M. Fiestras Pichel, contra o INSS, Tesourería Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad MUPRESPA e a Deputación de Pontevedra, sobre impugnación de alta médica derivada dun proceso de incapacidade temporal. ------ Folla: 17.15669.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.15670.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº11 RELATIVA Á OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA)” Vista a certificación núm.11 relativa á obra do “Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á Empresa ORECO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 10 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (C.I.F. A-36.614.691) SUBTOTAL 1.334.763,30 € Taxa técnicos directores 38.677,58 € Control de calidade 19.338,79 € Seguridade e saúde TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 1.276.746,93 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulamento ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.15671.- APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO CONTRATO RELATIVO Ó CONCURSO PARA SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE ÁREAS INFANTÍS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno desta Deputación, en sesión celebrada o día 19 de xaneiro do ano 2007, adxudicou ó concurso para o subministro e instalación de parques infantís e áreas deportivas na provincia de Pontevedra, a empresa CONTENUR ESPAÑA, S.L., CIF B-82.806.732, polos prezos unitarios por área infantil que a continuación se relaciona: Área infantil tipo grande 24.454,28 € Tipo mediano 20.202,54 € Para nenos de ata 5 anos 18.736,05 € Integración con nenos discapacitados 47.823,80 € Práctica deportiva para idades de entre 8 e 16 anos 28.207,41 € A empresa adxudicataria na súa oferta estableceu, como melloras do concurso, o subministro e montaxe de dous mil seiscentos metros lineais (2.600 m) de valla metálica de cores e o subministro e instalación de cinco mil douscentos metros cadrados (5.200 m2) de solo de seguridade continuo. Debido á que a normativa europea vixente esixe que os parques infantís que se atopan ubicados próximos a unha vía de tráfico rodado deberán estar debidamente acotados, e co fin de minorar os riscos potenciais para os usuarios, resulta necesario colocar tres mil trescentos setenta con cincuenta metros cadrados (3.370,50 m2) de valla. Como a empresa ofrece como mellora dous mil seiscentos metros (2.600 m) deben aboarse a diferenza existente que é de setecentos setenta con cincuenta metros (770,50 m) ó prezo estipulado na oferta que é de cento dez con trinta euros (110,30 €). Así mesmo o cambio do solo de caucho en losetas polo de solo continuo supón unha diferenza de once mil seiscentos vinte e cinco metros cadrados (11.625 m2). A diferenza de prezo, segundo a oferta, entre solo de losetas e solo continuo é de 44,08 €. Considerando o artigo 189 do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño da Lei de Contratos das Administración Públicas que establece que o aumento, redución o supresión de unidades que integran o subministro será obrigatorio para o contratista sempre que as modificacións non superen o 20% do prezo primitivo do contrato (artigo 192 apartado C). Visto os informes do secretario e Intervención, e de conformidade coa lexislación vixente e o apartado 16.2 das bases para a execución do orzamento do ano 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a modificación do contrato relativo ó concurso para subministro e instalación de áreas infantís na Provincia de Pontevedra, que supón un incremento do mesmo de cincocentos noventa e sete mil catrocentos dezaseis euros con quince céntimos (597.416,15 €). O pago desta modificación irá con cargo á partida 07/911.452.662.00 do vixente Orzamento provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente o 4% do prezo da modificación por importe de 23.896,64 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 del R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.15672.- ADXUDICACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO DIARIO DE PONTEVEDRA Visto o escrito do Xefe do Gabinete de Prensa de data 13 de novembro de 2007, polo que solicita que se proceda a contratar a prestación de servizos de publicidade coa empresa Lérez Edicións, S.L., editora do xornal “Diario de Pontevedra”, para efectuar no citado xornal as seguintes insercións publicitarias: • 60 suplementos para realizar unha campaña de carácter universitario, con temas culturais, de ciencia e humanidades referentes ó Campus de Pontevedra e da provincia en xeral. Estes suplementos supoñen un total de 164.126 exemplares, distribuídos proporcionalmente entre as 60 tiradas menos a última que se lle engadirán as exemplares restantes. • 10 faldróns publicitarios de 5 módulos no suplemento HQR, con contidos que fagan referencia ás actuacións realizadas pola Deputación para o fomento do deporte base. • 15 páxinas relativas á campaña “Pontevedra concello a concello” na que se analizarán os aspectos máis relevantes dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama e Meis nos planos turístico, empresarial, económico e social para impulsar ditos sectores. • 14 anuncios de 25 módulos e 5 publi-reportaxes a dobre plana, con contidos que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor de ditas actividades. • Patrocinio dunha guía do comercio local para ser distribuída coas exemplares do xornal. Resultando que na proposta do Sr. Xefe do Gabinete de Prensa figura que a empresa Lérez Edicións, S.L., é a única empresa que pode realizar o contrato por razóns técnicas e que o custo das insercións publicitarias no xornal “Diario de Pontevedra” ascende á suma de 161.103,00 euros. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 210, apartado b), do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas no referente á utilización do procedemento negociado sen publicidade para a adxudicación dos contratos de servizos que celebre a Administración. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial para 2007, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a autorización e disposición dos gastos precisos para efectuar contratos de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. Visto o Documento RC expedido por Intervención de data 29/11/2007, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto; vistos así mesmo os informes do Sr. Secretario Accidental sobre o prego de condicións e o de fiscalización emitido polo Sr. Interventor e vista a proposta de adxudicación de data 11/12/2007 efectuada polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente co seu correspondente prego de condicións económico-administrativas e técnicas para contratar coa empresa Lérez Edicións, S.L., a prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por importe de 161.103,00 euros, así como autorizar o gasto por dito importe con cargo á partida 07/111.111.226.20 número de operación 200700097715 do vixente Orzamento provincial. 2. Adxudicar mediante procedemento negociado sen publicidade, á empresa, LÉREZ EDICIÓNS, S.L., (C.I.F.- B-36.003.549), o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra, polo prezo de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €) IVE incluído e de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: -164.126 exemplares do suplemento relativo ó campus de Pontevedra a razón de 0,50 euros/exemplar............................................................................................................. 82.063,00 € -10 faldróns no suplemento HQR, a razón de 345,60 euros/faldrón........................ 3.456,00 € -14 anuncios de 25 módulos, a razón de 952,60 euros/anuncio............................... 13.336,40 € -5 publi-reportaxes a dobre páxina, a razón de 2.441,71 euros/reportaxe.............. 12.208,55 € - Patrocinio da guía de comercio........................................................................... 18.000,00 € - 15 páxinas campaña “Pontevedra Concello a Concello”: - Pontevedra.................................................................................(1 Páx. x 5.825,28) - Poio, Marín , Ponte Caldelas, Sanxenxo ................................(4 Páx. x 2.912,64) - Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa ......................................(5 Páx. x 1.941,76) - Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama, Meis .............(5 Páx. x 970,88) 32.039,04 € A adxudicación motívase por ser a única empresa que pode realizar o contrato de acordo ó informe do Xefe do Gabinete da Prensa, así como por cumprir as condicións esixidas no prego. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 6.444,12 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.15673.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “TERMINACIÓN CAPA DE RODADURA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO (SANXENXO-MEAÑO)” Vista a acta de cualificación da documentación e apertura das diversas ofertas económicas presentadas ó concurso para a contratación da obra de “Terminación capa de rodadura E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo-Meaño)” formulada pola Mesa de Contratación; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras relativo ás ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Terminación capa de rodadura E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo-Meaño)” na suma de 222.671,43 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 65.052,73 € e o 3% do orzamento de execución material para control de calidade. O adxudicatario depositará, de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, unha garantía definitiva equivalente ó 20% do prezo de adxudicación toda vez que, aínda que alcanza a máxima puntuación aplicados os criterios de adxudicación do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, incorre en baixa temeraria. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 11ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 367,60 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.15674.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO PRIMEIRO E SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO 2007 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e salvamento da Comarca do Morrazo, C.I.F.: P-3.600.025-E, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 56.327,18 € para gasto de funcionamento do primeiro e segundo trimestre do ano 2007, e o informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 56.327,18 €, como achega da Deputación para o ano 2007 ó Consorcio durante o primeiro e segundo trimestre. 2.- O pagamento realizarase con cargo á partida 07/911.223.467.01 reservándose o crédito á operación R.C. núm.200700017731. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.15675.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CORAL POLÍFONICA ACORDES DE BUEU RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO PARA OS MEMBROS DA CORAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 18/07/2007 unha subvención a favor da Asoc. Coral Polifónica Acordes de Bueu por un importe de 279,00 € para “Adquisición de vestiario para os membros da Coral” con cargo á partida 07/451.451.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 04/12/07, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día ante a imposibilidade de afrontar a totalidade do gasto previsto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.15676.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 12 de decembro de 2007, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200700001247 e que conten nove facturas, sendo a primeira de Idisapapel-Inapa Distribución Ibérica (IDISA), por importe 169,95 € e a derradeira de Idisapapel-Inapa Distribución Ibérica (IDISA), por importe de 814,60 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 12.588,53 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 1.343,32 € Total líquido 13.931,85 € ------ Folla: 25.15677.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición