ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/01/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-01-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/01/23_Ordinaria

  • Data(s) 2008-01-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e tres de xaneiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuiña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15800.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de xaneiro de 2008. ------ Folla: 2.15801.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 18/07/2007, EN FAVOR DE DONA MARÍA JESÚS GÓMEZ ALONSO, VECIÑA DO CONCELLO DE A LAMA Aprobada pola Xunta de Goberno do 18 de xullo de 2007, unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 3.692,31 €, en favor de Dona Mª Jesús Gómez Alonso, veciña do concello de A Lama, e solicitada o 15/01/08 pola devandita beneficiaria, unha prórroga debida a que polas inclemencias do tempo, non puido rematar as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de unha prórroga ata o 31 de maio de 2008, respecto á subvención para arranxo de vivenda, que polo importe de 3.692,31 € aprobou a Xunta de Goberno do 18 de xullo de 2007, en favor de Dona Mª Jesús Gómez Alonso, veciña do concello de A Lama. ------ Folla: 3.15802.- APROBACIÓN DAS BASES DAS “FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2008” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases das “Festas da Bicicleta e Marchas Populares” a realizar nos concellos da provincia no ano 2008 e que son do seguinte teor: “FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES – 2008 Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, ven celebrando, en colaboración cos concellos, actividades deportivas que, polo éxito alcanzado en anos anteriores, considera conveniente conservar. A súa programación rexerase polas seguintes B A S E S 1.- MARCHAS POPULARES Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos concellos, de conformidade cos seguintes requisitos: a) Poderán participar todas as persoas maiores de 8 anos tanto en categorías masculina coma feminina. b) O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de manter a orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc. 2.- FESTAS DA BICICLETA Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km, podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos: a) O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido para efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico). b) Os peticionarios das probas realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no Anexo II do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación, en particular o referente a “probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos”. c) A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como a anunciar o patrocinio deste organismo provincial. 3.- Os concellos interesados solicitarán soamente unha das probas anteriormente relacionadas, mediante un escrito presentado no rexistro xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2008, achegando o compromiso formal de que, no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases. 4.- A concesión das probas ós peticionarios, autorizarase pola Xunta de Goberno, tras o ditame previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgotar a consignación orzamentaria. 5.- Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servizos, asumindo a empresa adxudicataria os gastos da montaxe de valos e demais requisitos necesarios para salvagardar a seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais subscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera contratempo que poidan sufrir os participantes. A empresa adxudicataria organizará as probas nos concellos da provincia tal e como se establece na base 3), achegando a Deputación a cantidade de setecentos euros (700,00 €) por proba celebrada. O custo deste contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 08/451.452.227.06, por un importe de corenta e dous mil euros (42.000,00 €). 6.- A Deputación Provincial de Pontevedra sufragará os gastos de adquisición de carteis anunciadores, bicicletas, camisetas, cascos e outros premios necesarios con destino ós participantes. A adquisición do material realizarase de acordo co procedemento de contratación oportuno, que se fará con cargo á partida 08/451.452.226.14, por importe máximo de corenta e dous mil euros (42.000,00 €).” ------ Folla: 4.15803.- APROBACIÓN DAS BASES DO “PLAN CULTURAL 2008” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do Plan Cultural – 2008, que son do seguinte teor: “PLAN CULTURAL 2008 B A S E S 1.- OBXECTO A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, destina a cantidade de 400.000,00 €, na partida 08/451.451.226.11 do orzamento provincial, para retribuír ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do presente exercicio. 2.- DESTINATARIOS Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia: Bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. 3.- PRAZO DE INCLUSIÓN Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no rexistro xeral deste organismo dende o día seguinte ó da súa publicación no BOP deica o 16 de febreiro de 2008, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8. As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4.- SELECCIÓN A selección e inclusión dos grupos peticionarios levaraa a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- RETRIBUCIÓN Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: Grupo Importe/Euros Bandas de música: Grupo A 600 Grupo B 500 Grupo C 450 Masas corais: Grupo A 270 Grupo B 240 Grupos folclóricos: Grupo A 270 Grupo B 210 Grupo C 170 Música tradicional: Bandas de gaitas 240 Grupos de gaitas 170 Roldas 240 Folk 270 Música clásica: Grupo A 240 Grupo B 210 Orquestras 340 Teatro: Grupo A 500 Grupo B 375 Maxia 300 Grupos varios: Ballet e danza 240 Humoristas 210 Outros.... 210 6.- PAGAMENTO O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura debidamente cuberto, facilitado polo departamento de Cultura e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda. Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 7.- OBRIGA As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio. 8.- DOCUMENTACIÓN Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade. b.- Certificación da conta bancaria. c.- Relación nominal de compoñentes e DNI. De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou en anos anteriores, e non houbo variación nela. 9.- CLASIFICACIÓN As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA: as que teñan: a.- un mínimo de 70 membros e unha escola de música. b.- un mínimo de 50 membros. c.- un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- MASAS CORAIS: as que teñan: a.- un mínimo de 50 membros. b.- un mínimo de 30 membros. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan: a.- 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b.- 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c.- 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - Relación de alumnos da escola de baile. - Breve historial da agrupación. 4.- TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Programación para desenvolver e custo de montaxe. - Breve historial da agrupación. 5.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS Música clásica: a.- Grupo A: grupos de cámara. b.- Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. c.- Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de compoñentes co seu DNI. - Breve historial da agrupación. 10.- SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. 11.- PRAZO DE SOLICITUDES As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 12.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios: - Adecuación da actuación ó interese provincial 40% - Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20% - Número posible de beneficiarios do evento 20% - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% 13.- VIXENCIA O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2008, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.” ------ Folla: 5.15804.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚMERO 1-FINAL DA OBRA “PAVIMENTACIÓN DAS RÚAS POLICARPO SANZ E AVENIDA GARCÍA BARBÓN ATA GLORIETA ISSAC PERAL (VIGO)” Vista a certificación núm. 1 – final relativa á obra de “Pavimentación rúas Policarpo Sanz e Avda. García Barbón ata glorieta Isaac Peral (Vigo), adxudicada no seu día á empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., e visto o informe favorable do servizo de Intervención de data 29 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF. A-36.319.622) 08/911.911-662.00.2007 (Deputación) 315.569,09 € SUBTOTAL............... 315.569,09 € Taxa Técnicos Directores 9.144,28 € Control de calidade 6.972,51 € Seguridade e saúde 1.645,97 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ............................ 297.806,33 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.15805.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ELSAMEX, S.A.- MODECAR, S.A. (UTE RIBADUMIA) (NIF G- 84.082.833) • A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de dezaseis mil setecentos corenta e catro euros (16.744,00 €), para responder das obras de mellora E.P. 9510 de enlace E.P. 9305, Coirón- Ribadumia- Leiro coa E.P. 9505, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/08/2004 con número de operación 200400062667, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de vinte e sete mil cincocentos cincuenta e un euros con trinta e seis céntimos (27.551,36 €), para responder das obras de acondicionamento estrada PO- 303 Samieira- Castrelo, tramo de Simes- Alto de Dorrón (Meaño), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/02/2005 con número de operación 200500006886, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de catro mil catrocentos noventa e sete euros con corenta e oito céntimos (4.497,48 €), para responder das obras de E.P. 4201 Ribarteme-Vide (As Neves), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/10/2005 con número de operación 200500098188, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SANTANDER CENTRAL HISPANO, por importe de sete mil oitocentos oitenta e dous euros con corenta céntimos (7.882,40 €), para responder da obra de EP 2405 Cerquido- Budiño (O Porriño), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/10/2004 con número de operación 200400071764, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de sete mil setecentos sesenta e sete euros con setenta e sete céntimos (7.767,77 €), para responder da obra de Urbanización acceso igrexa de Tomiño EP 3102 Tomiño- Sabarís (Tomiño), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/10/2001 con número de operación 200100057833, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de cincocentos trece euros con setenta e seis céntimos (513,76 €), para responder do contrato de Pavimentación EP Sisán- Rotonda Vía Rápida (Ribadumia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/10/2002 con número de operación 200200078579, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de cinco mil trescentos corenta e seis euros con oitenta e catro céntimos (5.346,84 €), para responder da obra EP 2204 Sabarís- Belesar (Baiona), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/09/2001 con número de operación 200100050061, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de sete mil oitocentos trinta e un euros con corenta e catro céntimos (7.831,44 €), para responder da obra de EP 9214 Samieira- Busto (Sanxenxo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056240, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de dezaseis mil oitocentos noventa e un euros con trinta e sete céntimos (16.891,37 €), para responder da obra de Mellora de trazado e pavimentación Oia- Portela- Torroña (Oia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056241, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de dez mil novecentos tres euros con trinta e dous céntimos (10.903,32 €), para responder da obra de EP 3001 Tui- Rebordanes, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056396, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de sete mil setecentos setenta e nove euros con vinte céntimos (7.779,20 €), para responder da obra de EP 0019 Figueirido- Marín (Marín- Pontevedra), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056238, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de cinco mil noventa e catro euros con vinte e nove céntimos (5.094,29 €), para responder da obra de Ensanche e mellora seguridade vial 4305 Barciademera- Piñeiro (Covelo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056239, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de mil setecentos cincuenta e seis euros (1.756,00 €), para responder das obras de renovación rodadura EP Panxón- Patos (Nigrán), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/06/2004 con número de operación 200400038452, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de dous mil douscentos setenta e un euros con oitenta e dous céntimos (2.271,82 €), para responder das obras de Aumento sección de firme EP 6306 Breixa- Manduas (Silleda), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/07/2003 con número de operación 200300054713, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de sete mil oitocentos cincuenta e tres euros con cincuenta e un céntimos (7.853,51 €), para responder das obras de EP 8202 Moraña- Souto- Cequeril (Moraña- Cuntis), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056243, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de tres mil douscentos corenta e catro euros con vinte e seis céntimos (3.244,26 €), para responder da obra EP A Lama- Ponteverdugo (A Lama), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/12/2002 con número de operación 200200104617, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de seis mil oitocentos trinta e catro euros con dezasete céntimos (6.834,17 €), para responder da obra de EP 8402 Cuntis- Cequeril (Cuntis), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069145, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dez mil oitocentos corenta e cinco euros con oito céntimos (10.845,08 €), para responder da obra de EP 9205 Sanxenxo- Meaño (Sanxenxo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069144, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de once mil cento noventa e un euros con sesenta céntimos (11.191,60 €), para responder da obra de EP 0018 Xeve- Amil- Espedrigueira (Moraña- Pontevedra), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069146, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dezasete mil novecentos vinte e tres euros con trece céntimos (17.923,13 €), para responder da obra de EP 9305 Coirón- Ribadumia- Leiro, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069147, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de oito mil setecentos noventa e oito euros con setenta e catro céntimos (8.798,74 €), para responder da obra de E.P. 9214 Fornelos- Festín (Fornelos), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069137, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de seis mil douscentos setenta e catro euros con sesenta e seis céntimos (6.274,66 €), para responder da obra de EP 3101 Tebra- Cristelos (Arbo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069140, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de sete mil setecentos vinte e tres euros con oito céntimos (7.723,08 €), para responder da obra de EP 5203 Ermida- Cerqueliños (Arbo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069141, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de once mil cento dezaoito euros con cincuenta céntimos (11.118,50 €), para responder da obra de EP 3203 Oia- Torroña (Oia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/08/2002 con número de operación 200200069143, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dez mil setecentos noventa e un euros con sesenta e sete céntimos (10.791,67 €), para responder da obra de EP 8201 Moraña- Santa Xusta- Couso (Moraña), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/12/2003 con número de operación 200300093119, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil seiscentos sete euros con once céntimos (1.607,11 €), para responder da obra de EP 9803 Embarcadero- Centro (Illa de Arousa), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/09/2001 con número de operación 200100048173, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil douscentos setenta euros con noventa e tres céntimos (1.270,93 €), para responder das obras de Ensanche EP Sisán- Pontestacas (Ribadumia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/04/2002 con número de operación 200200038359, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de once mil douscentos oitenta e oito euros con dezaseis céntimos (11.288,16 €), para responder das obras de Urbanización EP Sanxenxo- Meaño (Sanxenxo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/04/2003 con número de operación 200300027983, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil douscentos corenta e sete euros con vinte e un céntimos (2.247,21 €), para responder das Obras complementarias en EP 0101 Postemirón- Acuña (Vilaboa), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056236, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos once euros con setenta e oito céntimos (2.311,78 €), para responder das obras de Muros de contención e reposición servidume Coirón- Leiro (Meaño- Ribadumia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/08/2003 con número de operación 200300061253, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos vinte e cinco euros con noventa e cinco céntimos (2.325,95 €), para responder das obras de Canalizacións, drenaxe e reposición en EP 9506 Barrantes- Vilariño (Cambados), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/08/2003 con número de operación 200300061244, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos cincuenta e tres euros con cincuenta e seis céntimos (2.353,56 €), para responder das obras de Pavimentación EP Coirón- Ribadumia- Leiro, variante vía rápida (Ribadumia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/08/2003 con número de operación 200300061243, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 7.15806.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BARRO NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 3/140 DENOMINADA “ESCOLA INFANTIL DE CATRO UNIDADES EN BARRO - CONSTRUCIÓN GARDERÍA INFANTIL 1ª FASE”, POLO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude de aboo da certificación oito/final do concello de Barro, á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade Recoñecer a obriga de cinco mil novecentos corenta e catro euros con noventa e dous céntimos (5.944,92 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra 3/140, denominada “Escola infantil de catro unidades en Barro - Construción gardería infantil, 1ª fase”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 8.15807.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BARRO NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2/11 DENOMINADA “CONSTRUCIÓN GARDERÍA INFANTIL 2ª FASE”, POLO RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vista a solicitude do aboo da certificación oito/final do concello de Barro, á vista do informe de Intervención de data 28 de decembro de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de seis mil seiscentos corenta e oito euros con oitenta e tres céntimos (6.648,83 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar aboo de dita cantidade, con cargo á partida 07/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida ó mesmo para a obra nº 2/11, denominada “Construción gardería infantil, 2ª fase”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 9.15808.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15809.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO NO ÁMBITO DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, ANO 2008 Redactadas as Bases Reguladoras de Subvencións dirixidas ás Asociacións de Servizos Sociais Especializados, ano 2008, cuxa convocatoria contará na presente anualidade cunha dotación orzamentaria de 300.000,00 €, para actividades que promovan a inserción socio-laboral de colectivos de diminuídos, drogodependentes, alcohólicos, enfermos de diversas patoloxías, etc.; informadas pola Asesoría Xurídica e fiscalizadas pola Intervención o 14 e 16 de xaneiro de 2008, respectivamente, e con arranxo ó ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras das Subvencións dirixidas ás Asociacións de Servizos Especializados ano 2008, cuxa convocatoria terá unha dotación orzamentaria de 300.000,00 €, con cargo á partida 08/313.313.480.02 Ditas Bases son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS OU FUNDACIÓNS, CON OFICINA ABERTA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, SEN FINS DE LUCRO, QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS (LEI 4/1993 DE 14 DE ABRIL), EXCEPTO ÓS DE MULLERES E MAIORES POR CONTAR CON AXUDAS ESPECÍFICAS A TRAVÉS DA DEPUTACIÓN. ANO 2008 A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente das dificultades de numerosos colectivos para a inserción social e/ou laboralmente, convoca subvencións destinadas á realización de accións desenvoltas por Asociacións ou Fundacións (con oficina aberta na Provincia de Pontevedra) sen fins de lucro, que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril), ou que súas accións vaian encamiñadas ós citados colectivos e así o recollan os seus estatutos. As actividades a subvencionar estarán orientadas basicamente: 1. Á formación dos colectivos afectados con vistas a súa integración social e/ ou laboral, e 2. Á formación de coidadores para a atención de persoas dependentes co fin de acadar un dobre obxectivo: que as persoas afectadas poidan ser atendidas cada vez cunha maior profesionalidade e que as propias Asociacións de afectados poidan dispor dunha bolsa de traballo para a atención de persoas dependentes. C L Á U S U L A S PRIMEIRA. Actividades a subvencionar. Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas aquelas actuacións que se desenvolvan no ano 2008 promovidas por Asociacións ou Fundacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, ou sen representalos que vaian dirixidas a ditos colectivos e os seus Estatutos así o recollan. As actividades obxecto de subvención desenvolveranse en función dos seguintes apartados: 1. Formación para a integración laboral de alumnos orientada ós colectivos incluídos no ámbito de actuación dos servizos sociais especializados sobre todo a aqueles que presentan unha maior vulnerabilidade. Todas as accións: talleres, cursos ou actividades, irán orientadas á integración laboral do alumnado. Segundo se recolle no “ANEXO 3”, primaranse aquelas accións que inclúan no programa módulos de prácticas en empresas, conten en estas con acompañamento técnico e/ou firmen compromiso de contratación de alumnos por un período mínimo de seis meses. Tamén se apoiará a posta en marcha de fórmulas de emprego, como as cooperativas e o autoemprego. 2. Formación para a integración socio-familiar. O mesmo que no apartado anterior as accións irán dirixidas ós colectivos incluídos no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, a través de accións, cursos ou actividades de carácter socioeducativo e formativo que teñan como obxectivo acadar unha participación social que lles proporcione ou facilite unha maior autonomía e en consecuencia unha mellor calidade de vida tanto ós afectados como as súas familias 3. Familia, coidadores e outros axentes sociais. Neste apartado inclúense por unha banda, os cursos formativos orientados á integración laboral de familiares, coidadores ou outros profesionais e por outra, as actividades de información-formación e de apoio dirixidas ós mesmos colectivos, cursos ou actividades nos que se fomente o aprendizaxe de habilidades sociais, coidados, características da problemática específica ós que van dirixidos etc., buscando un triple obxectivo: a. cubrir as necesidades dos colectivos mais vulnerables, b. dotar á figura do coidador da formación necesaria para o coidado óptimo do afectado mellorando deste xeito a calidade de vida de ambos e c. desenvolver unha bolsa de traballo de profesionais cualificados naquelas asociacións onde se organicen os cursos ou actividades. 4. Prevención, sensibilización e divulgación. Dirixida a tódolos ámbitos de actuación, axentes provedores de recursos (profesionais), poboación en xeral, colectivos afectados, familiares, etc. As accións correspondentes ó apartado 4.1 versarán sobre temas específicos da asociación e estarán orientadas ós propios afectados ou interesados, excluíndose as celebracións de menos de catro horas, as actividades lúdicas, comidas, excursións etc., e todas aquelas que traten temas eminentemente sanitarios. NOTAS A TER EN CONTA: - Considéranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto do curso que presenta. - No caso de elixir un curso formativo como actividade a desenvolver, este irá dirixido a un só grupo de alumnos. - Só se subvencionarán cursos a partir de 80 horas - Na realización de cursos ou actividades non se verá incrementada a subvención a partir de 300 horas. - O Profesorado que imparta os cursos ou as actividades, deberá posuír unha formación específica e facela constar no proxecto. Federacións ou Confederacións de Asociacións. Os proxectos irán dirixidos a alumnos de diferentes asociacións ou federacións que integren as Federacións ou Confederacións solicitantes de subvencións e as actividades estarán referidas á formación dos alumnos con vistas á súa integración laboral, formación que deberá complementarse con prácticas laborais en empresas. No caso de que o proxecto presente un apartado de “busca de emprego” este non poderá superar, en número de horas, o 10% do cómputo xeral do proxecto. Os proxectos de integración laboral, a través de itinerarios persoais, deberán acreditar que os alumnos ós que vai dirixido forman ou formaron parte dun proxecto previo formativo que posibilita a súa integración laboral. Neste apartado tamén poderán ser subvencionados Congresos nas condicións especificadas no “ANEXO 3”, Baremo 4. Non serán obxecto de subvención: - As peticións dirixidas ó pago dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación. - As actividades socioeducativas, informativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano. - As actividades dirixidas á Persoas Maiores ou Mulleres por contar con axudas específicas a través da Deputación. SEGUNDA. Financiamento. A contía consignada para este fin na Partida 08/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 300.000,00 €, contía que representa o máximo de obrigas que se poden adquirir con cargo a esta convocatoria de axudas, mentres non se amplíe o crédito da partida. No caso de que unha vez valoradas as solicitudes o importe das subvencións supere o orzamento destinado ás mesmas, darase prioridade a aquelas que, reunindo tódolos requisitos, se atopen incluídas no apartado 1 da cláusula primeira. En caso de igualdade, terase en conta a data e o número do Rexistro de entrada da Deputación. TERCEIRA. Requisitos. 1. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 2. As Asociacións desenvolverán a súa actividade, ou polo menos a maior parte dela na Provincia de Pontevedra e deberán estar inscritas como tales na Xunta. 3. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “ANEXO 2”. No caso de que presente varios, a Deputación optará polo máis viable segundo as bases da convocatoria. 4. No caso das Federacións ou Confederacións de asociacións axustaranse ó referido ás mesmas na Cláusula 1ª. 5. En toda a publicidade que as Asociacións fagan sobre a actividade subvencionada, terase que facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social. CUARTA. Concesións. 1. Non terán dereito a recibir unha subvención aquelas asociacións que no momento da concesión das axudas do 2008 non tiveran xustificada ou rexeitada por escrito a actividade subvencionada pola Deputación en anos anteriores. 2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo ditame da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 3. O prazo máximo para a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, esgotando a resolución que se dite na vía administrativa. Transcorrido o mesmo prazo sen que se comunique a concesión da subvención, entenderase esta desestimada por silencio administrativo, tal como se recolle no punto 5 do artigo 25 da LXS. QUINTA. Documentación. As solicitudes, no modelo oficial adxunto “ANEXO 1”, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial, ou nos rexistros e lugares ós que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos: 1. Proxecto da actividade con obxectivos claros e concretos, debidamente asinado e selado, no que consten os epígrafes do “ANEXO 2” especificando orzamento detallado da actividade. 2. Fotocopia compulsada do DNI do representante legal da Asociación, así como a acreditación do seu cargo a través dunha certificación do/a secretario/a da entidade. 3. CIF compulsado da entidade. 4. Declaración, en “ANEXO 4”, do/a presidente/a da Asociación no que constan: - A relación de Axudas solicitadas pola Asociación e/ou xa concedidas para a mesma finalidade. - Que nin a citada Asociación nin o declarante atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Que autoriza á Deputación para obter as certificacións de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Tesourería X. da Seguridade Social e coa Facenda do Estado. - Autorización do/a presidente/a da Asociación á Deputación para obter documento da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros, dependente da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta, conforme está rexistrada na mesma “ANEXO 6”. 5. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial. De non presentarse a documentación solicitada, as deficiencias poderán ser subsanadas segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo, modificada pola Lei 4/1999, de 6 de xaneiro concedéndose, a teor do indicado precepto legal, un prazo de 10 días para que se repare a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que se así non o fixera, entenderase que rexeita a petición. NOTA: Sempre que se produzan cambios na xunta directiva ou na dirección da Asociación haberá que comunicalos ós Servizos Sociais da Deputación. SEXTA. Prazos de presentación. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais a partires do día seguinte ó da publicación das Bases no BOP. SÉTIMA. Contía. Sempre que haxa solicitudes que reúnan os requisitos esixidos na presente convocatoria, concederanse axudas ata que se esgote o orzamento seguindo os criterios expostos no ANEXO 3, tendo en conta que as contías máximas a subvencionar serán as seguintes: 1. Para proxectos formativos dirixidos á integración laboral do alumnado: 5.920,00 €. Para a posta en marcha de algunha fórmula de emprego: ata un máximo, que estará en función do proxecto, de 7.200,00 euros. Esta axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula ou os gastos de persoal. 2. Para proxectos de formación para integración socio-familiar do alumnado: 3.625,00 € 3. Proxectos formativos de familiares, coidadores e outros axentes sociais: - Para cursos formativos dirixidos á inserción laboral: 5.920,00 € - Para actividades de información-formación, apoio etc.: 1.762,50 € 4. Para actividades de Prevención: 2.200,00 € En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá superar o custo total da actividade. OITAVA. Xustificación e Pagamento. As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustificar a actividade de acordo co establecido no Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións nos tres meses seguintes a súa realización, e en todo caso por motivos xustificados ata o 15 de decembro (inclusive) de 2008 salvo situacións excepcionais de prórroga. Segundo o artigo 31 do Regulamento da LXS, débense recoller as medidas de difusión do financiamento público da actividade, establecéndose, no seu caso, si é suficiente coa declaración responsable de terse feito a mesma. Para proceder ó pago, o preceptor de calquera subvención terá que acreditar non ser debedor da facenda provincial (art 18-f) RLXS) ademais de estar ó corrente das súas obrigacións tributarias co Estado e Seguridade Social. Xustificación da subvención. Para xustificar o cumprimento e posterior pagamento da subvención é necesario presentar: 1. Memoria, asinada e selada, explicativa da actividade indicando ademais do seu nome, a súa repercusión social e si se cumpriron os obxectivos propostos. No caso da realización de cursos a memoria debe recoller ademais do nome do proxecto a descrición do curso, nº de horas impartidas, prácticas laborais e expectativas laborais do alumnado, nome e D.N.I. do monitor e titulación específica. Tamén se fará constar que a relación de participantes e o seu D.N.I. consta nos arquivos da Asociación a disposición da Deputación se así o requirise. 2. Xustificación das obrigas impostas (difusión publicitaria da axuda etc.) Xustificación de gastos: 1. Conta xustificativa de gastos, “ANEXO 7”, polo importe do orzamento total da actividade presentado pola Asociación na súa solicitude. 2. Xustificación dos gastos, por importe da subvención concedida pola Deputación, con facturas, recibos e demais documentos fidedignos que reúnan os requisitos legais segundo o R.D. 1496/03 de 28 de novembro, sobre confección de facturas e recibos, especificando gastos por conceptos e sinalando por cada un deles prezos unitarios e prezo total do concepto. Xustificación dos ingresos: 1. Conta xustificativa de ingresos (detalle por entidades, organismos, particulares, etc.) 2. Recursos propios utilizados. 3. Declaración responsable de que os ingresos e os recursos alleos non superan o custo ou gasto da actividade, proxecto, etc. subvencionado. Certificación de datos bancarios Na realización de cursos terá que respectarse o número de horas aprobadas pola Deputación en base ó proxecto presentado pola Asociación. A redución das mesmas no momento da xustificación, levará consigo a redución da axuda segundo baremo establecido no “ANEXO 3“ para a determinación da contías das subvencións. NOVENA. Reintegro. No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modificar a finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Cláusulas fixadas na presente Convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación. DÉCIMA. Infraccións e sancións. Aplicaranse as establecidas nos artigos 52 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. DÉCIMO PRIMEIRA. Control. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control financeiro que leve a cabo a Deputación Provincial, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, tendo que facilitar toda a información que lles sexa requirida. DÉCIMO SEGUNDA. Dereito Supletorio En todo o que non prevea as presentes bases, estarase ó disposto na Lei 38/03 Xeral de Subvencións e demais lexislación de pertinente aplicación.” Os anexos son como seguen: “ANEXO 1 SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS OU FUNDACIÓNS QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS ENMARCADOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2008 ANEXO 2 PROXECTO PARA AS ASOCIACIÓNS FORMADAS POR COLECTIVOS ENMARCADOS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2008. ANEXO 3 CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2008 CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DA CONTÍA ECONÓMICA DAS SUBVENCIÓNS Para a valoración económica das subvencións dos proxectos presentados polas distintas asociacións enmarcadas no ámbito dos servizos sociais especializados e tendo en conta que ningunha axuda poderá superar a contía máxima establecida na cláusula sétima da convocatoria, aplicarase a seguinte clasificación a fin de determinar: - O apartado ó que se acollen. - A contía que lles corresponde en función do baremo a aplicar. CLASIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES CONTÍA 1. Formación para a integración laboral do alumnado 1.1. Cursos e talleres de formación para integración laboral (de 80 a 300 h.) .. Baremo nº 1 1.2. Cursos nos que se realicen prácticas en empresas engadiranse por cada hora de prácticas .. 2 euros No caso de colectivos vulnerables *: 1.3. Cursos con prácticas e apoio técnico en empresa engadirase por cada hora (non compatible co apartado 1.2) 4 euros 1.4. No caso de contratación de alumnos en Empresa unha vez finalizado o curso por un período do mínimo de 6 meses .............................................. 300€/alumno 1.5. Para posta en marcha dalgunha fórmula de emprego................................. 7.200 euros 2. Formación para a integración socio-familiar do alumnado 2.1.Cursos ou actividades de formación e integración social (de 80 a 300 h.) ........ Baremo nº 2 3. Familia, coidadores e outros axentes sociais 3.1. Cursos formativos para familiares, coidadores e outros profesionais dirixidos á integra- ción laboral (de 80 a 300 h.)......................................................... Baremo nº 1 3.2. Actividades de formación de apoio a familiares, coidadores e outros profesonais (de 80 a 155 h.).............................................................................................. Baremo nº 3 4. Prevención 4. Actividades de prevención................................................................................ 2.200 euros 4.1. Xornadas (mínimo ½ xornada 4 horas), Congresos ou Simposios ........................ Baremo nº 4 4.2. Nos eventos organizados a nivel autonómico ou estatal incrementarase por día.... 300 euros (*) Colectivos vulnerables: incrementarase cada hora das Actividades ou Cursos dirixidos ós afectados ............................................................... 2 euros (*) NOTA: Considéranse colectivos de maior vulnerabilidade os formados por persoas diminuídas físicas, psíquicas e sensoriais,as drogodependentes, as ludópatas e os inmigrantes.  Baremo 1 De A EUROS De A EUROS 80 85 1.600,00 191 195 3.820,00 86 90 1.720,00 196 200 3.920,00 91 95 1.820,00 201 205 4.020,00 96 100 1.920,00 206 210 4.120,00 101 105 2.020,00 211 215 4.220,00 106 110 2.120,00 216 220 4.320,00 111 115 2.220,00 221 225 4.420,00 116 120 2.320,00 226 230 4.520,00 121 125 2.420,00 231 235 4.620,00 126 130 2.520,00 236 240 4.720,00 131 135 2.620,00 241 245 4.820,00 136 140 2.720,00 246 250 4.920,00 141 145 2.820,00 251 255 5.020,00 146 150 2.920,00 256 260 5.120,00 151 155 3.020,00 261 265 5.220,00 156 160 3.120,00 266 270 5.320,00 161 165 3.220,00 271 275 5.420,00 166 170 3.320,00 276 280 5.520,00 171 175 3.420,00 281 285 5.620,00 176 180 3.520,00 286 290 5.720,00 181 185 3.620,00 291 295 5.820,00 186 190 3.720,00 296 300 e mais 5.920,00  Baremo 2: Nº HORAS EUROS 80 95 1.000,00 96 110 1.200,00 111 125 1.387,50 126 140 1.575,00 141 155 1.762,50 156 170 1.950,00 171 185 2.137,50 186 200 2.325,00 201 215 2.512,50 216 230 2.700,00 231 245 2.887,50 246 260 3.075,00 261 275 3.262,50 276 290 3.450,00 + de 290 3.625,00  Baremo 3: Nº HORAS EUROS 80 95 1.000,00 96 110 1.200,00 111 125 1.387,50 126 140 1.575,00 141 155 1.762,50  Baremo 4: CLASIFICACIÓN EUROS ½ xornada (mínimo 4 horas) 700 Primeira xornada 1.500 Seguintes xornadas 800 Congresos ou Simposios... a nivel autonómico ou estatal incrementarase por día 300 ANEXO 4 DECLARACIÓN ANEXO 5 DECLARACIÓN RESPONSABLE SOBRE AS OBRIGAS TRIBUTARIAS ANEXO 6 AURORIZACIÓN ANEXO7 CONTA XUSTIFICATIVA DE GASTOS” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15810.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “O MEU PRIMEIRO VOO, ANO 2008” Redactadas as Bases Reguladoras do Programa “O Meu Primeiro Voo, ano 2008”, que conta cunha dotación orzamentaria de 100.000,00 €, e vai dirixido ós alumnos do 2º ciclo da ESO (3ª e 4ª curso) do centros públicos e concertados da nosa Provincia, consistindo nunha visita á Capital de España para coñecer os lugares máis emblemáticos da mesma, cunha viaxe en avión ida e volta; informados xurídicamente tales Bases pola Asesoría Xurídica o 20/12/2007; fiscalizadas pola Intervención no seu informe do 4/01/2008, e con arranxo ó ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller do 16/01/2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Programa “O meu primeiro voo, ano 2008”, que contará cunha dotación orzamentaria de 100.000,00 € na partida 08/313.313-227.09, e vai dirixido cunha oferta de 3.333 prazas ós alumnos/as de 3º e 4º da E.S.O. dos centros públicos e concertados da nosa Provincia. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DE AXUDAS “O MEU PRIMEIRO VOO 2008”  LEXISLACIÓN APLICABLE.- 1) Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). 2) Real Decreto 887/2006, de 21 de Xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (RLXS) 3) Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. 4) R.D. Lex. 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 5) Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. 6) Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 7) Bases de execución do orzamento de 2008.  FUNDAMENTOS XURÍDICO-ECONÓMICOS As presentes Bases regulan a concesión dunhas axudas que van destinadas á mocidade do segundo ciclo da ESO (3º e 4º), para que poidan ter a oportunidade de realizar o seu primeiro voo en avión e visitar a capital de España. Ditas axudas supoñen unha subvención en especie ós beneficiarios do Programa. Para a súa selección deberá seguirse criterios obxectivos establecidos nas Bases Reguladoras, e de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación (art. 8, 9, 17 e concordantes da LXS). Tanto a Deputación, como os Concellos que se queiran adherir ó programa, subvencionarán parte do custo que supón a realización do mesmo. A cantidade restante deberá aboala o beneficiario. Os concellos que se adhiran actuarán como entidades colaboradoras na xestión do programa e deberán reunir determinados requisitos e cumprir coas obrigas que se establezan nas Bases Reguladoras, de acordo co disposto na LXS. Para a organización do programa a Deputación contratará a unha empresa especializada na organización de viaxes. 1. OBXECTO.- A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra convoca para o ano 2008, axudas destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos de idades co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, a solidariedade á par que acadar un maior enriquecemento cultural. 2. DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA.- O programa consiste en pasar un día en Madrid, coñecendo os lugares máis emblemáticos da capital de España, dando a oportunidade para moitos dos rapaces/zas de poder viaxar en avión por vez primeira. Así pois cada grupo de nenos e nenas deberá presentarse no aeroporto de Peinador (Vigo), onde se realizarán os trámites de facturación e embarque no voo con destino a Madrid, alí recolleraos un autocar cun guía que lles acompañará durante o percorrido, visitando diferentes lugares previstos previamente no programa da viaxe (Madrid dos Austrias, Madrid dos Borbóns, Museo do Prado, Zoo, etc.). Tamén se ofrecerá unha serie de visitas opcionais (Parque de atraccións de Madrid, Cine Imax, musicais, etc.), cuxo custo será aboado polo propio interesado/a, como alternativa ó programa estándar ca fin de que os grupos de escolares poidan escoller as alternativas que máis lle interesen, sempre que se forme un grupo mínimo de participantes estipulado pola axencia adxudicataria do programa. 3. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS.- Tódolos Concellos da provincia de Pontevedra, poderán sumarse mediante acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado acordo, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que se trasladará mediante carta certificada ós Concellos. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. 4. SELECCIÓN DE SOLICITUDES.- Nos Concellos adheridos cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandadas, realizarase a selección dende os Servizos Sociais Municipais, seguindo criterios de valoración tales coma o non participar noutras convocatorias e a situación socio-familiar, dando a opción de que os escolares non subvencionados por límite de prazas poidan igualmente participar achegando a parte da subvención do concello. Na Deputación Provincial terase en conta o rexistro de entrada dos oficios dos Concellos, e dos Centros Educativos (nos casos nos que os Concellos non se adhiran), nos que se acompañarán as solicitudes debidamente cumprimentadas e asinadas. Esta circunstancia terase en conta se o número de prazas supera ó total subvencionado, segundo orzamento. 5. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS.- A presentación de instancias farase nos Rexistros dos Concellos adheridos dentro dos 20 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. No caso dos Concellos que non se adhiran as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico, o prazo de presentación será o mesmo que no apartado anterior, para tal efecto comunicaráselles ós Centros Públicos e concertados a apertura do programa co fin de que se poñan en contacto co seu Concello para saber se se adhiren ou non. 6. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES.- a) Poderán participar tódolos Centros Educativos Públicos e Concertados da ESO pertencentes a calquera Concello da Provincia de Pontevedra. b) O Programa diríxese a toda a mocidade do segundo ciclo da ESO (3º e 4º da ESO). c) No caso de que non houbese ningún mestre/a, técnico/a do Concello, pai, nai o outra persoa en quen se delegue, que quixese acompañar ó grupo de escolares, estes non poderían participar na actividade, posto que non se considera conveniente que o grupo participe sen ningún adulto de referencia. 7. PUBLICIDADE.- En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, segundo establece o artigo 31 do RLXS. 8. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS.- A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 9. DOCUMENTACIÓN.- Os Concellos interesados en adherirse ó programa deberán remitir ó rexistro de entrada da Deputación a seguinte documentación: a. Acordo de adhesión polo órgano competente e certificación expedida polo secretario sobre o mencionado acordo. b. Listado nominal dos mozos/as participantes. c. Anexo co nome do mestre/a, pai/nai ou acompañante. d. Fichas orixinais de inscrición e autorizacións (axúntase modelo) para cada un dos nenos/as, ou no seu defecto notificación do Concello no que se declare posuír dita documentación no seu haber, non sendo preciso enviar ditas fichas. Có fin de axilizar os trámites, deberase enviar vía fax o listado nominal de alumnos/as e anexo de acompañantes que van participar, así coma a semana escollida para realizar a actividade, á axencia de viaxes encargada da xestión e organización do programa. 10. FINANCIAMENTO.- A contía consignada para a realización do programa ascende a 100.000,00 €, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste programa de axudas, con cargo á partida 08/313.313.227.09 do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen prexuízo de que sexa ampliado o crédito da mesma ó longo do ano 2008. Se na contratación da asistencia técnica encargada da organización deste programa, se producise unha baixa da adxudicación, con respecto ó prezo de licitación, dita baixa aplicaríase a unha maior oferta de prazas para participantes, non obstante os prezos establecidos van ser os seguintes: O prezo máximo por cada praza queda supeditado ó procedemento de adxudicación da empresa especializada. *A Deputación fará unha achega de 30 euros. *O Concello fará unha achega de 20 euros. *A cantidade restante será aboada polo mozo ou moza participante. 11. XUSTIFICACI

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición