ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/02/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/1.2008-02-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/02/27_Ordinaria

  • Data(s) 2008-02-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e sete de febreiro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona María Corina Porro Martínez nin os deputados D. Julio Alén Montes e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15904.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 13 e 20 de febreiro de 2008. ------ Folla: 2.15905.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A MANCOMUNIDADE DO SALNÉS REFERENTE Á EXECUCIÓN DO PROXECTO DA ESCOLA OBRADOIRO DA HOSTALERÍA DO SALNÉS A Deputación Provincial de Pontevedra e a Mancomunidade do Salnés subscribiron, con data 9 de marzo de 2005, un convenio de colaboración para a execución do proxecto da Escola Obradoiro de Hostalaría do Salnés, coa finalidade de que xoves da comarca poidan aprender oficios relacionados co sector hostaleiro para logo saír ó mercado laboral. Para o funcionamento desta Escola Obradoiro a Deputación cedeu o uso do edificio principal do Centro de Vacacións de A Lanzada, xuntamente coas instalacións anexas. Segundo a cláusula VI a vixencia do convenio prorrogarase dende a súa formalización ata que finalicen as actuacións da Escola Obradoiro. O Presidente da Mancomunidade do Salnés D. Jorge Domínguez Rosal solicita a renovación do convenio que esta Institución ten asinado con dita Mancomunidade, para a execución dun novo proxecto de Obradoiro de Emprego destinado a desempregados maiores de 25 anos, estando previsto o seu comezo no mes de xuño, e con unha duración de 12 meses. A Directora de Xestión da Cidade Infantil Príncipe Felipe informa que a Escola Obradoiro cumpriu en todo momento co establecido no convenio e, en consecuencia, informa favorablemente a prórroga da utilización das instalacións. A vista de canto antecede, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o convenio de colaboración subscrito entre esta Deputación Provincial e a Mancomunidade do Salnés, para a execución do proxecto de Escola Obradoiro de Hostalaría a desenvolver no Centro de Vacacións de A Lanzada. ------ Folla: 3.15906.- APROBACIÓN DO PROXECTO “MELLORA CAPA DE RODADURA E.P. 0003 PEDRA DO LAGARTO – MARCÓN (PONTEVEDRA)” Visto o proxecto de “Mellora capa de rodadura E.P. 0003 Pedra do Lagarto-Marcón (Pontevedra)”, cuxo importe ascende á suma de 91.195,51 €, IVE incluído, redactado polo Servizo de Vías e Obras; e, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/511.511-612.02 (documento RC nº 200800011421), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o referido proxecto así como iniciar o expediente para a súa contratación. ------ Folla: 4.15907.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A “CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE”, ANO 2008 A Xunta de Goberno, en sesión do día 16 de xaneiro de 2008, acordou a aprobación do expediente para a contratación, mediante concurso, procedemento aberto, do subministro de produtos infantís para a Cidade Infantil Príncipe Felipe, ano 2008, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 19, de 28/01/2008) e no DOGA (nº 21, de 30/01/2008). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola mesa de contratación con data 18 de febreiro de 2008, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe da Dirección de Xestión da CIPF, e a proposta da mesa de contratación, de data 25 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación do subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil Príncipe Felipe, Ano 2008, á empresa DISTRIBUCIÓNS FROIZ, S.A. (C.I.F. A-36.036.739), de acordo cos seguintes prezos unitarios: LOTE 1: ALMACÉN E DESPENSA Artigos (con IVE 2008) Unidades Prezo unitario Aceite xirasol 5 Lt Un 5,83 € Aceite xirasol 1 Lt Un 1,17 € Aceite oliva 1 Lt 1º Un 2,89 € Aceite oliva 5 Lt 1º Un 17,58 € Oliva S/o galón, 5 kg Un 7,18 € Olivas 600 gr s/o Un 2,18 € Auga plástico 1,5 Lt Un 0,21 € Auga plástico ½ Lt Un 0,14 € Aquarius lt. Un 1,12 € Albahaca lata Un 3,34 € Alubia ril extra kg Un 0,98 € Arroz redondo extra, 1 kg Un 0,62 € Atún lata 1 kg Un 4,47 € Azucre kg Un 0,82 € Azucarillo sobre, 8 gr Kg 1,14 € Cacao po kg Un 3,33 € Café descafeinado sobre Un 0,07 € Café moído mestura 250 gr Un 1,16 € Caldo carne 12 pastillas Un 0,42 € Caramelos sugus, kg Un 5,25 € Cereais choco 375 gr Un 1,88 € Cereais choco 500 gr Un 2,39 € Cereais corn fl 375 gr Un 1,51 € Cereais corn fl 500 gr Un 1,91 € Champiñón laminado 3 kg Un 4,55 € Chocolate á cunca 500 gr Un 1,97 € Coca cola 2 lt Un 1,16 € Coca cola lata Un 0,41 € Cocktail froitas 3 kg Un 2,99 € Cola Cao 800 gr Un 3,58 € Colorante est.100 sobres Est 4,43 € Marmelada 25 gr porc. meloc Un 0,13 € Marmelada 25 gr porc. fresa Un 0,13 € Marmelada 25 gr porc. ameixa Un 0,13 € Espaguete 0,5 kg Un 0,75 € Espaguete, 5 kg Un 3,89 € Espárrago 17/24 1 kg Un 3,35 € Espárrago tallo 3 kg Un 3,61 € Fanta 2 lt limón Un 0,97 € Fanta 2 lt laranxa Un 0,97 € Fanta lata limón Un 0,33 € Fanta lata laranxa Un 0,33 € Flanin sobre Un 0,73 € Galleta Príncipe 177 gr Un 1,70 € Galleta Cuétara surtido 700 gr Un 1,70 € Garavanzo nacional 1ª kg Un 1,51 € Fariña, Quilo Un 0,55 € Fariña saco 50 kg Kg 0,45 € Leite desnatada brik litro Un 0,76 € Leite enteira brik litro Un 0,79 € Leite semidesnatada brik litro Un 0,77 € Lentella castelá 1 kg Un 1,02 € Levedo Royal --4 sobres Un 1,06 € Macarrón 5 kg Un 3,89 € Macarrón 1 Kg Un 0,75 € Millo 3 kg Un 2,75 € Maizena 700 gr Un 2,00 € Manzanilla 100 s Un 3,35 € Maonesa 3,7 kg Un 6,23 € Margarina barra 500 gr Un 3,24 € Margarina porción 12 gr Un 0,11 € Melocotón xarope 3 kg Un 2,85 € Menta poexo, 100 un. Un 3,35 € Nocilla 475 gr Un 1,99 € Ourego lata Un 1,83 € Pasta paxariños 500 lata Un 0,86 € Pasta lasaña ½ Un 2,13 € Pasta, sopa 5 kg Un 3,89 € Pera xarope, 3 kg Un 3,34 € Pemento doce 500 gr Un 5,44 € Pemento doce 1 kg Un 10,77 € Pemento 3 kg lata Un 4,23 € Piña xarope 3 kg Un 2,92 € Queixo caserio 8 porc Un 0,72 € Sacarina po porción, estoxo Un 0,82 € Sal fina kg Un 0,20 € Sal gorda kg Un 0,20 € Te, 100 un Un 3,35 € Tila, 10 un. Un 3,35 € Tomate enteiro pelado 5 kg Un 5,92 € Tomate frito 3 kg Un 2,42 € Tomate triturado, 3 kg lata Un 2,02 € Tomate triturado, 5 kg Un 1,82 € Vinagre 1 litro Un 0,37 € Viño albariño botella Un 5,18 € Viño brik branco/tinto Un 0,57 € Viño rioxa botella Un 2,95 € Cenoria raiada 3 kg Un 2,30 € Zume Brik mazá, litro Un 0,56 € Zume Brik Melocot, litro Un 0,56 € Zume Brik Laranxa, litro Un 0,56 € Zume Brik Piña, litro Un 0,56 € Turrón alacante (duro), 300 gr Un 7,46 € Turrón chocolate, pastilla Un 2,64 € Turrón froitas, 300 gr Un 3,43 € Turrón Xixona (brando), 300 gr Un 7,46 € Torta imperial, 200 gr Un 4,47 € Polvoróns amendoados, 300 gr Un 1,51 € Mazapán figuriñas, 200 gr Un 2,23 € Peladillas, bolsa 150 gr Un 1,50 € Galletas danesas, lata Un 1,77 € LOTE 2: CÁRNICOS Artigos (con IVE 2008) Unidades Prezo unitario Tenreira Albóndega fresca Kg 6,20 € Carne picada mestura Kg 6,25 € Filetes/bisté, 1ª (160 gr) Kg 9,40 € Hamburg. Mixta 160 gr Kg 6,81 € Hamburguesa, 160 gr Kg 6,81 € Xarrete Kg 6,95 € Man (asar) Kg 7,95 € Ragout 1º Kg 9,35 € Agulla sen óso Kg 7,86 € Costela fresca Kg 5,95 € Chuleta Kg 8,95 € Solombo Kg 23,90 € Brocheta parrilleira Kg 9,20 € Faldra sen óso Kg 5,95 € Porco Agulla desh.-cabeza lombo Kg 4,68 € Chourizo guiso Kg 5,99 € Chuleta cortada Kg 5,75 € Cinta lombo fresca enteira Kg 7,33 € Costela fresca tiras Kg 4,61 € Costela salgada, tiras Kg 4,95 € Espiñazo salgado Kg 2,79 € Filetes o bisté de xamón (160 gr) Kg 5,99 € Lacón salgado Kg 3,78 € Maza traseira, (asar) Kg 5,75 € Lingua salgada Kg 4,15 € Morro salgado Kg 2,95 € Orellas salgadas Kg 2,95 € Touciño con febra salgada Kg 4,75 € Patas salgadas Kg 2,09 € Rabo salgado Kg 2,95 € Solombo Kg 10,95 € Pincho moruno Kg 7,95 € Lombo adobado Kg 5,45 € Unto salgado Kg 2,95 € Aves, Caza Coello pequeno Kg 5,36 € Cordeiro, perna Kg 13,95 € Polo, coxas Kg 3,32 € Pavo, redondo (Rotti) Kg 5,87 € Pavo, xamonciños Kg 3,35 € Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 Kg)Kg 2,40 € Polo, peituga s/óso enteira Kg 6,60 € Ovo fresco "M" Doc 1,08 € Pavo peituga filete Kg 7,95 € Pavo estofar Kg 3,98 € Pizza sabores (Tarradellas) Un 2,59 € LOTE 3: LACTEOS, EMBUTIDOS, CONXELADOS E BOLERÍA Lácteos Artigos (con IVE 2008) Unidades Prezo unitario Cacaolat Un 0,59 € Flan ovo Un 0,28 € Flan vainilla Un 0,22 € Nata liquida 1 lt Un 2,95 € Cremas, terrina Un 0,37 € Petit suise natural Un 0,18 € Petit suise sabores Un 0,18 € Queixo barra Un 6,95 € Iogur desnatado natural Un 0,21 € Iogur desnatado sabores Un 0,21 € Iogur natural Un 0,19 € Iogur natural con azucre Un 0,19 € Iogur sabores Un 0,19 € Iogur bio liquido natural Un 0,55 € Embutidos Artigos (con IVE 2008) Unidades Prezo unitario Chourizo vela 1ª Kg 7,20 € Friame paleta cocida 11*11 Kg 4,35 € Xamón serrano centro sen óso. Kg 12,62 € Mortadela italiana Kg 3,29 € Paleta cocida 1ª Kg 7,72 € Peituga pavo cocida Kg 5,95 € Salchicha frankfurt 7 unid Kg 0,42 € Salchichón barra 1ª Kg 6,31 € Salchichón extra Kg 7,95 € Xamón cocido sen sal Kg 6,64 € Conxelados Artigos (con IVE 2008) Unidades Prezo unitario Peixe conxelado Aros lura, granel Kg 3,76 € Bacallao lombos Kg 6,95 € Choco grande limpo Kg 3,55 € Gamba pelada 100/200 Kg 4,64 € Calamar C Kg 2,80 € Pescada, lombos Kg 6,56 € Pescada rosada, toro Kg 5,56 € Fletán negro, s/c Kg 3,90 € Pescada 3 Austral Kg 5,95 € Pescada 4 Sudafrica Kg 4,65 € Pescada, Filete C/p extra 5 Kg 4,86 € Pescada, Filete C/p sudafrica Kg 4,95 € Paus de mar Kg 3,29 € Solla 3 conxelada Kg 2,97 € Pota vaina Kg 3,45 € Polbo c/cabeza 2-3 kg Kg 8,30 € Salmón enteiro Kg 3,69 € Precociñados Chulas conx. Kg 2,95 € Churros conx. Kg 0,99 € Xeado cometa 4 un. Un 1,24 € Vasiño de xeado Un 0,12 € Croquetas sabor Bacallao Kg 1,38 € Croquetas sabor xamón Kg 1,38 € Croquetas sabor polo Kg 1,38 € Croqueton sabor Kg 2,35 € Empanadillas granel Kg 2,15 € Gamba rebozada Kg 7,99 € San Xacobo 2 Un Kg 1,95 € Variñas pescada Kg 3,65 € Verdura conxelada Acelga conx.. Kg Kg 1,63 € Coliflor conx. Kg Kg 1,68 € Ensalada rusa, kg Kg 0,95 € Espinaca conx , kg Kg 1,95 € Chícharo común, kg Kg 1,47 € Xudia verd. Plana tallada Kg 1,25 € Xudia verd. Redonda tallada Kg 1,11 € Minestra sen alcachofa Kg 1,15 € Pataca prefritida granel Kg 1,15 € Preparado paella, granel Kg 2,95 € Cenoria dado Kg 0,96 € Bolos, froitos secos e outros Artigos (con IVE 2008) Unid Prezo unitario Bolos variados granel envasada Kg 3,71 € Galleta María 5 un. Un 0,11 € Biscottes c/s s/s 2 un. Un 0,06 € Améndoa salgada 100 g Un 1,59 € Cacahuetes salgados 100 g Un 0,84 € Rufinos millo 28-34 gr Un 0,17 € Patacas fritas 170 g Un 0,48 € Gusanitos 100 g Un 0,12 € Pistacho 100 g Un 1,15 € Goody (bollycao) 8 un. Un 1,92 € Pan molde, Hostaleira Unid 1,95 € LOTE 4 : FROITAS E VERDURAS Artigos (con IVE 2008) Unid Prezo unitario FROITAS Ameixa branca 1ª Kg 1,67 € Ameixa negra 1ª Kg 1,27 € Clementina Kg 1,30 € Fresa Kg 2,95 € Kiwi 1ª , 70-90 gr Kg 2,65 € Limón 1ª, Nº 4 ó 5 Kg 1,69 € Mandarina 1ª Kg 1,06 € Mazá golden 70-75 Kg 0,96 € Melocotón 1ª Kg 1,26 € Melón sapo cal 4-5 Kg 1,13 € Laranxa mesa nac cal 4-5 Kg 1,38 € Laranxa zume cal. 6-8 Kg 0,72 € Nectarina 1ª Kg 0,93 € Pera limoeira 1ª Kg 1,09 € Pera conferencia 1ª Kg 1,11 € Plátano extra Kg 1,69 € Plátano primeira Kg 1,31 € Sandía Kg 0,87 € Uva branca Kg 1,97 € Uva negra Kg 1,23 € VERDURAS Acelga mollo Mll 0,74 € Allo 1ª, 5 kg Un 3,65 € Cebola 1ª , saco 15 kg Kg 1,12 € Cabaciña Kg 0,98 € Champiñón Kg 0,79 € Espinaca mollo Mll 0,91 € Grelo mollo Mll 1,33 € Leituga lisa, 800-1000 gr unidad Un 0,43 € Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg Kg 0,50 € Pemento roxo 1ª Kg 2,64 € Pemento verde 1ª Kg 1,55 € Porro mollo 1ª Mll 1,15 € Repolo rizo Kg 0,56 € Tomate 1ª ( 100-120 gr) Kg 1,45 € Cenoria 1ª bolsa 5 kg Kg 0,47 € O pago do subministro efectuarase no seu día ó adxudicatario con cargo á partida 08/422.422.221.05 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva por importe de 10.287,93 euros que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 376,55 euros por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 5.15908.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA “O MEU PRIMEIRO VOO” A Xunta de Goberno, en sesión do día 23 de xaneiro de 2008, acordou a aprobación do expediente para a contratación, mediante concurso, procedemento aberto, da xestión e organización do programa “O meu primeiro voo”, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 23, de 01/02/2008) e no DOGA (nº 23, de 01/02/2008). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ó concurso, subscrita pola mesa de contratación con data 20 de febreiro de 2008, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Servizo de Acción Social, e a proposta da mesa de contratación, de data 25 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da xestión e organización do Programa “O Meu Primeiro Voo”, á empresa Halcón Viajes, S.A.U. (CIF A-10.005.510) polo prezo ofertado de cento dez euros por persoa (110,00 €/persoa), IVE incluído, ata un importe máximo de 100.000,00 euros. A empresa adxudicataria comprométese a recadar e xestionar as cantidades financiadas polos concellos e beneficiarios. O prezo da viaxe financiarase da seguinte maneira: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade máxima de 30,00 euros por persoa participante. • Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade máxima de 20,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán como moito unha cantidade máxima de 60,00 euros. O pagamento da parte correspondente á Deputación, que non poderá superar a cantidade máxima de 100.000,00 euros, irá con cargo á partida 08/313.313.227.09 do vixente Orzamento Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva por importe de 4.000,00 euros que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 346,52 euros por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 6.15909.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA III FASE DO PROXECTO DE EXPLOTACIÓN E ACTUALIZACIÓN DO SISTEMA DE INFORMACIÓN TERRITORIAL GEOPISTA, IMPLANTADO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA A Xunta de Goberno, en sesión do día 16 de xaneiro de 2008, acordou a aprobación do expediente para a contratación, mediante concurso, procedemento aberto, da III Fase do proxecto de explotación e actualización do sistema de información territorial Geopista, implantado nos municipios da provincia, cuxo anuncio do concurso foi publicado no BOP (nº 19, de 28/01/2008) e no DOGA (nº 21, de 30/01/2008). Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas admitidas ao concurso, subscrita pola mesa de contratación con data 18 de febreiro de 2008, deuse traslado ós técnicos para o seu informe. Visto o informe do Enxeñeiro Industrial do Servizo de Vías e Obras, e a proposta da mesa de contratación, de data 25 de febreiro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o concurso para a contratación da III fase do proxecto de explotación e actualización do Sistema de Información Territorial Geopista implantado nos municipios da Provincia, á empresa Centro de Observación e Teledetección Espacial, S.A.U. (COTESA) (CIF-A-47.461.066) polo prezo ofertado de cento oitenta e nove mil cento un euros con oitenta céntimos (189.101,80 €), IVE incluído. A adxudicación motívase por ser a oferta máis vantaxosa segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións, e reunir todos os requisitos esixidos no Concurso. O pagamento realizarase con cargo ás seguintes partidas e en relación cos seguintes importes: PARTIDA IMPORTE 08/911.911.662.07.2007 61.188,00 € 08/911.911.662.07 127.913,80 € O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva por importe de 7.564,07 euros que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo, tamén deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 387,16 por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. ------ Folla: 7.15910.- INFORME SOBRE A MODIFICACIÓN PARCIAL DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DE TERRAS DO DEZA Consonte ó previsto no artigo 143, punto 1, da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno informa favorablemente a modificación parcial dos estatutos da Mancomunidade de Terras do Deza, vistos os informes favorables do Secretario e do Interventor, incorporados ó expediente. O informe que se emite é o seguinte: 1.- A inclusión de vogais titulares e de suplentes no Pleno da Mancomunidade é posible por canto a elección non é ás persoas, senón a un número determinado de membros dos concelleiros dos municipios. Logo entre eles o reparto é proporcional á representación política que tivese o grupo municipal en cuestión. 2.- As mancomunidades non son alleas á composición dos Concellos dos municipios que as conforman, e iso porque os órganos de goberno terán que ser representativas dos concellos mancomunados polo que se terá que garantir unha composición equivalente dos órganos colexiados de cada concello e da entidade asociativa. É por iso que se estima correcta a inclusión dun novo parágrafo no art. 9. 3.- A modificación dos Estatutos efectivamente require entre outros o voto favorable da maioría absoluta do número legal de cada unha das corporacións. O procedemento é o establecido no art. 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo. 4.- Na modificación do artigo 10 suprímese simplemente a preposición, polo que non ten inconvinte. 5.- O substituír a denominación da Comisión de Goberno pola Xunta de Goberno non ten ningunha transcendencia, por canto son os propios Estatutos, como norma institucional básica de cada Mancomunidade que proceden da autonomía dos municipio, os que fixan a denominación e que non ten outro condicionamento básico que os seus órganos de goberno sexan representativos dos municipios mancomunados. Por conseguinte, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade emitir informe favorable á modificación parcial aprobada. ------ Folla: 8.15911.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN CON CARGO Ó PAM/2006-08, ANUALIDADE 2008, Ó CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PARA A OBRA “REHABILITACIÓN DAS MURALLAS DA FORTALEZA DE SALVATERRA DE MIÑO, FASE 1, A-2” En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó concello de Salvaterra de Miño unha subvención por importe de setenta e cinco mil cento vinte e catro euros con noventa e sete céntimos (75.124,97 €), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2006-08, anualidade 2008 (Libre disposición), partida 08/911.911.762.45 para financiar a obra “Rehabilitación das murallas da fortaleza de Salvaterra de Miño, Fase I, A-2” co núm. 278/1127 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino ni a contía da mesma. b) Para o aboamento da subvención concedida, requiriráselle a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro de 2009, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) Nas obras levadas a cabo polo sistema de administración, terase en conta para a aplicación do IVE, nas facturas e certificacións, as Normas que son de aplicación, evitando con iso as devolucións conseguintes. f) O pago da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: 9.15912.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de febreiro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobada para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figura coa referencia 200800000102 e que conten cincuenta facturas sendo a primeira de Centro Asistencial San Juan de Dios-Palencia por importe de 5.762,28 € e a derradeira de Bermúdez Abal, Mª Lourdes por importe de 166,60 €, obedecendo o seguinte detalle: Importe total 94.566,09 € Descontos do IRPF 214,28 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 94.351,81 € B) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 21 de febreiro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobada para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figura coa referencia 200800000127 e que conten cinco facturas sendo a primeira de O Encadernador-Indalecio Viñas Camba, por importe de 9.599,00 € e a derradeira de Geno Decoraciones y Montajes, S.L., por importe de 6.670,00 €, obedecendo o seguinte detalle: Importe total 24.550,95 € Descontos do IRPF 140,64 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 24.410,31 € ------ Folla: 10.15913.- COMUNICACIÓNS Queda enterada da comunicación do Enxeñeiro Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, de data 6/02/08 (nº Rex. entrada 003866, de 07/02/08), enviando Resolución da Excma. Sra. Ministra pola que se aproba o expediente de Información Pública e definitivamente o documento para información pública “Actuacións adicionais estrada N-640 de Vegadeo a Vilagarcía de Arousa. Tramo: Variante de A Estrada. Provincia: Pontevedra”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15914.- APROBACIÓN DAS BASES DO CENTRO DE DÍA, CURSO 2008-2009 Con data 27 de xuño de 2003 o Pleno da Excma. Deputación Provincial aproba a creación do Centro de Día na Cidade Infantil Príncipe Felipe para a atención, tanto básica como integral diaria dos menores da Provincia. Con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza neste Centro para o curso 2008-2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán a selección así como a súa publicación. Ditas bases son do seguinte teor: “ATENCIÓN DE DÍA Tendo en conta o disposto no Título II da Lei 4/1993 de Servizos Sociais (DOGA 23/4/1993), Decreto 329/2005 de 28 xullo (DOGA 16/08/2005) e maila Orde do 6 de novembro de 2000 pola que se modifica a Orde do 29 de febreiro de 1996 pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia (DOGA 20/11/2000), a Excma. Deputación de Pontevedra, pon en funcionamento na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, un CENTRO DE DÍA, servizo que supón unha alternativa á separación dos menores do núcleo familiar e asegura que as necesidades básicas dos rapaces queden cubertas permitindo que continúen os lazos afectivos e físicos coas familias. DESTINATARIOS: Menores de entre 4 meses e os 16 anos procedentes de familias que necesiten dun apoio diario e puntual para completar a formación e atención dos seus fillos. Ofrécese o Centro de Día como alternativa o internamento, xa que permite a permanencia dos menores no seu ámbito familiar, evitando o seu desarraigo e favorecendo a súa integración social. OBXECTIVOS: - Favorecer procesos de integración social tanto persoal como grupal. - Promover o cambio de actitudes e condutas nos menores, interiorizando hábitos que permitan a súa eficaz incorporación social. - Asesorar e orientar a menores e ás familias que así o soliciten ante problemas ou necesidades concretas. - Dotar de estratexias de afrontamento e recursos persoais ante situacións problemáticas e/ou de risco social que se ven favorecidas por factores que facilitan estas situacións. - Garantir ós menores unhas mellores condicións de saúde, hixiene e nutrición. - Evitar o absentismo escolar. - Evitar o internamento cando a problemática familiar non o faga estritamente necesario, garantindo que o neno permaneza no seo da súa familia, restablecendo, fortalecendo ou creando os vínculos familiares dos menores. - Educar para capacitar ó individuo nunha libre e progresiva elección entre as diversas opcións que a vida actual lle ofrece. - Facilitar a apertura do menor cara os demais e posibilitar que se relacione positivamente co seu entorno. - Garantir o cumprimento dos obxectivos marcados polos distintos centros residenciais. INFRAESTRUTURA: Para elo contamos con: - Un entorno espacial amplo, seguro, san, alegre e propicio para a expansión dos nenos en tódolos sensos. - Unhas instalacións externas convenientemente dispostas para o xogo e a recreación (campo de fútbol, pavillón polideportivo, piscinas, espazos libres, bambáns, xardíns, zonas de recreo interiores). - Unha conexión ca cidade de Pontevedra fácil, rápida con transporte propio para servizo de persoal e alumnos. - Cun hospital a cen metros para calquera tipo de urxencia. - Cun centro escolar infantil, de primaria e de secundaria dentro do mesmo recinto. Tamén cun centro de formación profesional e unha escola de hostalaría. - Con cociña xeral propia, comedor xeral e comedores particulares nas propias unidades de convivencia. - Con unidades de convivencia moi amplas, recentemente remodeladas con salas, ambiente de xogo, de descanso ou de traballo escolar segundo a necesidade de programación individualizada. - Cunha ratio de persoal/neno que tamén supera amplamente as esixencias normativas, ofrecendo grandes facilidades para a atención personalizada e a formación de titorías. - Con organización de actividades extraescolares: recreativas, formativas, transversais, complementarias, de apoio escolar, etc. - Con servizos médico, psicolóxico e de asistencia social, que contan cunha ampla experiencia nos distintos campos de atención á infancia. DESENROLO TEMPORAL E MODALIDADE A SEGUIR O Centro de Día da Cidade Infantil Príncipe Felipe, en función das prestacións que ofrecerá ós menores beneficiarios deste, rexerase polas modalidades de “ATENCIÓN DE DÍA BÁSICA”, e “ATENCIÓN DE DÍA INTEGRAL” estes tipos de atención inclúen as seguintes prestacións: Atención de Día Básica:  Aloxamento diúrno en instalacións adecuadas.  Atención durante o curso lectivo, axustándose o máximo posible o calendario escolar, con excepcións da fin de semana (Sábados e Domingos) e festivos, e os meses de xullo e agosto (1 de xullo ó 31 de agosto).  Horarios de atención flexible, dependendo das necesidades do menor, valoradas polo equipo do menor e a institución.  Alimentación : xantar e merenda.  Apoio e seguimento escolar, incluíndo materiais funxibles nos casos nos que se consideren oportunos, e sempre que as familias non reciban outro tipo de axudas para esta mesma causa.  Financiamento do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos.  A duración media do curso non poderá exceder dun ano, rematado este período, será preciso proceder á revisión da situación do menor e a ditar unha nova resolución.  Participar nas actividades organizadas pola institución ou polo centro escolar ó que acuda o menor.  Colaboración na normalización da dinámica familiar.  Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo de 2000, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. Atención de Día Integral:  Aloxamento diúrno en instalacións axeitadas.  Atención durante todo o ano.  Horario de atención mínimo do centro será de 8 da mañá a 20:00 horas da tarde.  Alimentación: xantar e merenda, en casos puntuais que así o requiran, almorzo e cea.  Hixiene e educación nos hábitos de saúde.  Seguimento e apoio escolar, incluíndo materiais educativos e didácticos.  Animación planificada do tempo libre e os materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.  Financiamento do transporte de proximidade de ida e volta ó domicilio familiar exceptuando ós nenos de idades comprendidas entre os 4 meses e os 3 anos.  Servizo de titorías; orientación psico-educativa.  Colaboración co equipo do menor para a normalización da dinámica familiar.  Tendo en conta o disposto na Orde do 3 de xullo de 2000, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo, o horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro, será con carácter xeral, de 8 horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas. ACTIVIDADES O Centro disporá dun servizo básico de manutención para os menores, con cobertura alimenticia e hixiénica; ademais, proporcionaranse os recursos cos que conta esta Institución de carácter educativo e/ou terapéutico necesarios. Os nosos esforzos centraranse nos seguintes apartados: - Actividades de apoio e seguimento escolar. - Intervención médico-sanitaria en caso de urxencia. - Hixiene e educación nos hábitos de saúde. - Celebración de cumpleanos, festas (Nadal, Carnaval, Fin de curso....) - Servizo de información, orientación e acompañamento. - Animación planificada do tempo libre. - Terapia de grupo e individual. - Biblioteca (promoción da lectura). - Realización de diversas actividades a través de distintos talleres como:  Taller de educación para a saúde.  Taller de deporte.  Taller de música.  Taller de habilidades sociais.  Taller de apoio escolar. Hábitos de estudo.  Taller de orientación laboral. NÚMERO DE PRAZAS • De 4 a 18 meses ---------- 10 prazas • De 18 meses a 3 anos ----- 20 prazas • De 3 a 8 anos -------------- 40 prazas • De 8 a 16 anos --------------- 50 prazas O número de prazas por tramo de idade, poderá variar en función do número de solicitudes e dos ingresos decretados pola Consellería de Familia, tendo en conta que o cómputo total de prazas non poderá exceder do establecido. CRITERIOS DE ADMISIÓN - Solicitude debidamente cumprimentada. - Situación económica: RPC mensual da unidade familiar, referida ó salario mínimo interprofesional vixente:  Inferior ó 50% do SMI ............................................................ +8 puntos  Entre o 50% e o 75% do SMI ................................................ +6 puntos  Superior ó 75% e inferior ó 100% do SMI........................... +4 puntos  Entre o 100% e o 125% do SMI.............................................. -4 puntos  Superior ó 125% e inferior ó 150% do SMI ......................... -6 puntos  Superior ó 150% do SMI ......................................................... -8 puntos - Situación laboral familiar:  Situación laboral de ocupación de ámbolos dous membros parentais.......................................................................................8 puntos  Situación laboral de desemprego sen prestación económica: Pai................................................................................................4 puntos Nai...............................................................................................4 puntos  Situación laboral de desemprego con prestación económica: Pai...............................................................................................3 puntos Nai..............................................................................................3 puntos  Traballos sen cualificar fora do fogar sen percepción económica fixa: Pai...............................................................................................3 puntos Nai..............................................................................................3 puntos No caso de familias monoparentais, adxudicaráselle-la puntuación do epígrafe correspondente computando por dous, exceptuado o primeiro punto, en que a puntuación da familia monoparental se asimila á formada por dous membros. - Situación Socio-Familiar:  Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar, incluído/a o/a neno/a para o que se solicita a praza .................2 puntos  Por cada membro maior de 18 anos a cargo da unidade familiar, sen ingresos económicos, agás os pais ou titores do neno/a para o que se solicita a praza.........................................................................................2 puntos  Por discapacidade física, psíquica ou sensorial, enfermidade crónica que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia (segundo o grao): Pai....................................................................................... ata 5 puntos Nai...................................................................................... ata 5 puntos Outros membros............................................................. ata 5 puntos  Pola condición de familia monoparental... ................. 6 puntos  Calquera outra circunstancia socio-familiar que sexa susceptible de valoración ó xuízo da comisión e adecuadamente acreditada........................................................................... ata 5 puntos  Informe dos servizos de psicoloxía da Institución, valorando as circunstancias do menor................................................... ata 5 puntos  Informe dos Servizos Sociais da Institución, valorando as circunstancias do menor, familia, entorno, .............................................de – 5 ata 5 puntos  En caso de minusvalías, trastornos Psicolóxicos,..., etc. e imprescindible xuntar informe médico.  Existe para os menores un período de proba e de adaptación ós centros e ás súas normas, no caso de non cumprilas poderán ser dados de baixa nos centros, previo informe dos Servizos Técnicos da Cidade Infantil.  O principio de cada curso, as familias asinarán no Centro, un protocolo de compromisos, dependendo as circunstancias que motiven a admisión do menor.  Existirá a posteriori unha comisión de Seguimento, que valorará durante o transcurso da estancia do menor, se os compromisos iniciais son cumpridos.  A Comisión de Seguimento ten a competencia de decidir a continuidade ou non do menor no Centro, se os compromisos non son acadados ou non se cumpren. En todo caso serán criterios de inadmisión: - Menores que se atopen en situación de desamparo e, polo tanto, suxeitos á xurisdición da Xunta de Galicia. - Menores sen capacidade de autovalemento. - Menores con trastornos graves de conduta. - Menores con deficiencias psicolóxicas graves. - Menores con toxicomanías. A valoración da solicitude realizarase cada curso escolar pola comisión de baremación e admisión composta pola Directora Xerente, Directora de Xestión, Directores dos Centros, Asistentes Sociais e Psicólogos, non implicando a admisión, a prórroga o curso seguinte. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES - (Modelo Anexo I) Dende o 27 DE FEBREIRO Ó 29 DE MARZO LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES - (Modelo Anexo I) Dirección Xerencia da Cidade Infantil. LUGAR DE RECOLLIDA DAS SOLICITUDES - (Modelo Anexo I) Dirección Xerencia da Cidade Infantil. TELÉFONO DE INFORMACIÓN 986.804.135” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15915.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “CONTACTO COA NATUREZA 2008” As Bases Reguladoras do Programa “Contacto coa Natureza, 2008”, refírense a un programa xuvenil novo, que promove a Deputación de Pontevedra para a mocidade de 1º de Bacharelato dos Centros Públicos de Ensinanza Secundaria da nosa provincia, e que consiste en pasar cinco días, en hospedaxe rural en réxime de pensión completa, disfrutando de actividades deportivas e de lecer (sendeirismo, acampadas, obradoiros de natureza,…) cunha dotación orzamentaria de 100.000,00 euros, unha oferta total de 1.333 prazas, e un custo por praza de 250 euros, polo que a vista dos informes emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Interventor con data 21/01/08 e 1/02/08, e con arranxo o ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Programa “Contacto coa Natureza, 2008”, dirixido á mocidade de 1º Bacharelato dos Centros Públicos de Ensinanza Secundaria da nosa provincia, cunha dotación orzamentaria de 100.000,00 euros, con cargo á partida 08/313.313.227.09. Ditas bases son como seguen: “BASES DE AXUDAS “CONTACTO COA NATUREZA 2008”  LEXISLACIÓN APLICABLE 1) Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). 2) Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (RLXS) 3) Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. 4) R.D. Lex. 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 5) Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. 6) Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 7) Bases de execución do orzamento de 2008.  FUNDAMENTOS XURÍDICO-ECONÓMICOS As presentes Bases regulan a concesión dunhas axudas que van destinadas á mocidade de primeiro de bacharelato (rapaces e rapazas con idades próximas ós 16/17 anos) dos centros públicos da provincia, para que poidan disfrutar duns días en pleno contacto ca natureza e o medio rural, á vez que desenrolan un amplo abaco de actividades deportivas, de ocio e tempo de lecer. Ditas axudas supoñen unha subvención en especie ós beneficiarios do Programa. Para a súa selección deberá seguirse criterios obxectivos establecidos nas Bases Reguladoras, e de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación (art. 8, 9, 17 e concordantes da LXS). Tanto a Deputación, como os Concellos que se queiran adherir ó programa, subvencionarán parte do custo que supón a realización do mesmo. A cantidade restante deberá aboala o beneficiario. Os concellos que se adhiran actuarán como entidades colaboradoras na xestión do programa e deberán reunir determinados requisitos e cumprir coas obrigas que se establezan nas Bases Reguladoras, de acordo co disposto na LXS. Para a organización do programa a Deputación contratará a unha empresa especializada na organización de viaxes. 1. OBXECTO. A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra convoca para o ano 2008, axudas destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos de idades co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, a solidariedade á par que acadar un maior enriquecemento cultural. 2. DESCRICIÓN DO PROGRAMA. O programa consiste en pasar cinco días en hospedaxe rural da Comunidade Autónoma de Galicia, priorizando os da provincia de Pontevedra, en pleno contacto ca natureza, en réxime de pensión completa disfrutando da gastronomía típica. No programa contarase cunha serie de profesionais titulados en actividades de ocio e tempo de lecer que se encargarán de organizar e promover as actividades deportivas e ocio, así como excursións, rutas de sendeirismo, actividades de orientación, xogos na natureza, talleres, acampadas, etc. 3. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS. Tódolos Concellos da provincia de Pontevedra, poderán sumarse mediante acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitíndose certificación expedida polo Secretario do mencionado acordo, dentro dos 15 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa, que se trasladará mediante carta certificada ós Concellos. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Pasado dito prazo de 15 días naturais, de non enviar a adhesión, entenderase que o Concello non quere participar sen que teña que facelo constar por escrito. 4. SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS ADHERIDOS. Nos Concellos adheridos cando as prazas subvencionadas fosen inferiores ás demandadas, realizarase a selección dende os Servizos Sociais Municipais, seguindo criterios de valoración tales coma a situación sociofamiliar ou outros que se consideren de relevancia, dando a opción de que os escolares non subvencionados por límite de prazas poidan igualmente participar achegando a parte da subvención do concello. 5. SELECCIÓN DE SOLICITUDES DOS CONCELLOS NON ADHERIDOS. No caso nos que os Concellos non se adhiran ó programa, os Centros Educativos que desexen participar da actividade deberán entregar as solicitudes na Deputación Provincial, onde se terá en conta o rexistro de entrada dos oficios que acompañan as solicitudes debidamente cumprimentadas e asinadas. Esta circunstancia terase en conta se o número de prazas supera ó total subvencionado, segundo orzamento. 6. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS POLOS POSIBLES BENEFICIARIOS. A presentación de instancias farase nos Rexistros dos Concellos adheridos dentro dos 20 días naturais seguintes á notificación da apertura do programa. Se o último día coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. No caso dos Concellos que non se adhiran as instancias presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico, o prazo de presentación será o mesmo que no apartado anterior, para tal efecto comunicaráselles ós Centros Públicos a apertura do programa co fin de que se poñan en contacto co seu Concello para saber si se adhiren ou non. 7. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES. A. Poderán participar todo os Centros Educativos Públicos pertencentes a calquera Concello da Provincia de Pontevedra. B. O Programa diríxese a toda a mocidade de primeiro de bacharelato. C. No caso de que non houbese ningún mestre/a, técnico/a do Concello, pai, nai o outra persoa en quen se delegue, que quixese acompañar ó grupo de escolares, estes non poderían participar na actividade, posto que non se considera conveniente que o grupo participe sen ningún adulto de referencia. 8. PUBLICIDADE. En toda publicidade que se elabore deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, segundo establece o artigo 31 do RLXS. As medidas de difusión do financiamento público da actividade consistirán en dípticos informativos editados pola empresa adxudicataria e carteis ca imaxe do programa, que se remitirán ós Centros Públicos de 1º de BAC da provincia de Pontevedra, así coma a todas as concellerías responsables de ditos programas. 9. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 10. DOCUMENTACIÓN. Os Concellos adheridos ó programa deberán remitir ó rexistro de entrada da Deputación a seguinte documentación: a. Acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e certificación do mesmo expedida polo secretario. b. Listado nominal dos mozos/as participantes. c. Anexo co nome do mestre/a, pai/nai ou acompañante. d. Fichas orixinais de inscrición e autorizacións (axuntase modelo) para cada un dos nenos/as, ou no seu defecto notificación do Concello no que se declare posuír dita documentación no seu haber, non sendo preciso enviar ditas fichas. Os Centros cuxos Concellos non se adhiran deberán remitir a mesma documentación a excepción do acordo de adhesión. Có fin de axilizar os trámites, deberase enviar vía fax o listado nominal de alumnos/as e anexo de acompañantes que van participar, así coma a semana que escollen para realizar a actividade, á axencia de viaxes encargada da xestión e organización do programa. 11. FINANCIAMENTO. A contía consignada para a realización do programa ascende a 100.000,00 €, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste programa de axudas, con cargo á partida 08/313.313.227.09 do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen prexuízo de que sexa ampliado o crédito da mesma ó longo do ano 2008. Se na contratación da asistencia técnica encargada da organización deste programa, se producise unha baixa da adxudicación, con respecto ó prezo de licitación, dita baixa aplicaríase a unha maior oferta de prazas para participantes, non obstante os prezos establecidos van ser os seguintes: O prezo máximo por cada praza ascende a 250 euros, dos cales: • A Deputación fará unha achega de 75 euros por praza. • O Concello fará unha achega de 35 euros por praza. • A cantidade restante será aboada polo mozo ou moza participante. 12. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN. Conforme establece o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto cas facturas, os listados dos escolares participantes por saída e colexio, cun prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pago das subvencións realizarase directamente no número de conta da empresa especializada en xestión de viaxes, así como tamén o pago do importe dos alumnos/as. 13. PRAZO DE VIXENCIA. As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo o exercicio do 2008.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15916.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DAS VIVENDAS, ANO 2008 A Deputación de Pontevedra consciente da necesidade de facer efectivo o dereito de todos os cidadáns a unha vivenda digna, promove un ano máis as subvencións para mellora das condicións de habitabilidade das vivendas, coas que se pretende garantir as condicións de salubridade e hixiene nas mesmas, e a eliminación de barreiras arquitectónicas, sendo a dotación orzamentaria nesta anualidade 2008, 290.000,00 €, polo que a vista dos informes de 23/01/08 e 7/02/08 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo o ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras das Subvencións para Mellora das Condicións de Habitabilidade das Vivendas ano 2008, que contarán cunha dotación orzamentaria de 290.000,00 €, con cargo a partida 08/313.313.780.01. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS EN REXIMEN DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS ÚNICAS E COMPLEMENTARIAS PARA A MELLORA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DA VIVENDA ANO 2008 A política de vivenda constitúe uns dos principais elementos de unha política de benestar. A Deputación de Pontevedra, sensibilizada cos colectivos máis desfavorecidos, quere contribuír a facer realidade, o dereito de todos os cidadáns a unha vivenda digna, recoñecido no artigo 47 da Constitución Española de 1.978, por isto en colaboración cos Concellos da provincia interesados, convoca un ano máis, axudas para acondicionamento de vivendas, destinadas a persoas cuxos recursos resultan insuficientes para facer fronte os gastos específicos, de carácter extraordinario, necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de marxinación e exclusión social. Ten un carácter finalista, destinándose soamente ó obxecto para o que foi concedida. Poden ser complementarias con outras prestacións nos casos que se considere oportuno, tendo en conta a situación socio-económica e familiar reflectido nos informes pertinentes. A súa natureza é de subvención condicionada ás dispoñibilidades económicas determinadas en cada exercicio orzamentario. BASES DA CONVOCATORIA PRIMEIRA. OBXECTO. As presentes bases teñen por obxecto establecer para o ano 2008, en réxime de concorrencia competitiva por parte da Deputación de Pontevedra axudas únicas ou complementarias para a mellora da habitabilidade da vivenda, compatibilizando con outras axudas e colaborando cos gastos que ocasionen as reformas, adaptacións, reparacións e acondicionamento da mesma. SEGUNDA. FINALIDADE. A finalidade destas axudas é incidir en aquelas condicións da vivenda que poidan producir efectos acumulativos de risco que agudicen a situación de dependencia o illamento, posibilitando o mantemento dunhas condicións mínimas de salubridade e hixiene, eliminación de barreiras arquitectónicas, e facilitar a mobilidade interior, así como o aumento da seguridade no entorno doméstico, eliminando o risco de accidentes. TERCEIRA. FINANZAMENTO. A cantidade consignada para este fin na Partida 08/313-313-780.01 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 290.000,00 euros. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 228.810,00 euros, e para os que teñan de 20.000 en diante 61.190,00 €. CUARTA. DESTINATARIOS. Poderán solicitar estas axudas, os Concellos da Provincia que acorden asumir as Bases, como entidades colaboradoras, para os seus beneficiarios que reúnan os requisitos establecidos nas mesmas. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes. Unha vez realizada a totalidade do reparto, e no suposto de que no se esgotase todo orzamento, a Deputación de Pontevedra seguindo ó artigo 109 da Lei de Administración Local de Galicia e ó artigo 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais de Galicia (apoiar prioritariamente a os Concellos de menos capacidade económica ) financiará ó cen por cen, as seguintes: a) Persoas ou unidades familiares pertencentes a Concellos que fixeron unha maior achega e obtiveran maior puntuación. b) Que quedarán en lista de espera por falta de capacidade orzamentaria e non puideran completar a totalidade da obra por a mesma causa. c) Que teñan presentada a documentación esixida para todos os solicitantes. As solicitudes en lista de espera resolveranse a criterio do técnico/a, en función, ós requisitos expostos. QUINTA. TIPOS DE AXUDAS. 1. Axudas únicas ou complementarias para acondicionamento da vivenda que non reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro de: Instalación eléctrica, auga, servizos hixiénicos, fosa séptica, cuberta e outras reformas que impidan o facinamento e posibiliten o mantemento dunhas condicións básicas de hixiene e salubridade, proporcionando seguridade no entorno doméstico. 2. Axudas únicas ou complementarias para equipamento básico de primeira necesidade para a vivenda habitual por un importe máximo igual o 200% do salario mínimo interprofesional prorrateado do ano 2007 (1.331,4 euros). 3. Adaptación da vivenda para uso de persoas dependentes e eliminación de barreiras. SEXTA. REQUISITOS. 1) Dos Concellos. Os Concellos participantes na presente convocatoria deberán achegar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios: (Ver cadro). Concellos/Nº Habitantes Achega inicial máxima da Deputación Achega Concello De menos de 5.000 4.137,65 € 30 % = 1.241,29 € De 5.001 a 10.000 4.380,08 € 40 % = 1.752,03 € De 10.001 a 20.000 4.545,69 € 50 % = 2.272,84 € De 20.001 a 50.000 6.556,07 € 70 % = 4.589,25 € De máis de 50.000 7.648,75 € 100 %= 7.648,75 € As solicitudes resolveranse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de non esgotarse o Orzamento total da Convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega e así o fixeran constar no Acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación. 2) Dos beneficiarios das axudas. Poderán ser beneficiarios das axudas, aquelas familias, que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia adheridos a estas bases, e que reúnan os seguintes requisitos: a) Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu conxuxe ou parella, dos pais dos mesmos, cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufruto a favor dos solicitantes. b) Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria debendo quedar reflectido no informe da traballadora social. c) Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido nestas Bases. (apdo. 3). 3) Dos Ingresos da Unidade Familiar. Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos, durante o ano 2007, descontando gastos derivados de enfermidade crónica, discapacidades que xeren gastos extraordinarios, créditos hipotecarios ata 300,00 euros e gastos derivados de situacións de emerxencia. Se superan este baremo no terán dereito a axuda. Nº de membros da familia Ingresos netos anuais Ingr. netos medios mensuais 1 membro ata 7.988,4 (665,7 euros/mes) 2 membros ata 11.183,76 (931,98 euros/mes) 3 membros ata 13.979,76 (1.164,98 euros/mes) 4 membros ata 16.076,76 (1.339,73 euros/mes) 5 membros ata 17.684,4 (1.473,70 euros/mes) 6 membros ata 19.452,84 (1.621,07 euros/mes) 7 membros ata 21.398,16 (1.783,18 euros/mes) 8 membros ata 23.538,00 (1.961,50 euros/mes) Nota: A partires de nove membros incrementarase un 5%. Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinte e seis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria. Considerase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio. A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestación, rendas, rendementos por actividades profesionais. 4) Valoracións das solicitudes. A teor do previsto no Artigo 17.3.e da Lei 38/03 Xeral de Subvencións, respecto os criterios de outorgamento das axudas e ponderación das mesmas e tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con escasos recursos económicos as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familiar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar os Traballadores Sociais de Atención Primaria. No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do Concello ó que pertenzan. SÉTIMA. TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS. 1) A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución do procedemento ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. 2) Na tramitación dos expedientes, deberán acreditarse polos beneficiarios das axudas o cumprimento das obrigas previstas no Artigo 14 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións así como a declaración de non estar incursos en ningún dos supostos de prohibición para obter a condición de beneficiario e a declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3) O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, transcorrido o cal, se non se notificou a resolución lexitima os interesados, entenderase desestimada por silencio administrativo, a solicitude de concesión, como aparece recollida no punto 5 do artigo 25 da Lei Xeral de Subvencións. 4) Os Concellos interesados en participar nesta Convocatoria terán que remitir á Deputación ata ó 15 de abril inclusive os seguintes documentos. a) Certificado do Acordo do Órgano de Goberno Competente, facendo constar expresamente a aceptación das bases e especificando a cantidade que están dispostos a achegar. b) Proposta da resolución de axudas, por orden de puntuación e que poidan ser asumidas polo Concello, especificando a contía total da axuda e os conceptos. c) Proxecto económico segundo o anexo 1. d) Fotocopia da solicitude segundo o modelo adxunto. e) Declaración de axudas segundo modelo adxunto. f) Informe Social Individual, anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da Proposta, os motivos que xustifican a concesión da axuda. g) Orzamento das obras por o importe real que se quere solicitar. h) Estadillo 1. i) Estadillo 2. ( en caso de que houbese lista de espera , ó persoas pendentes de completar as obras, por falta de capacidade orzamentaria. 5) As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente Convocatoria, no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos como: á acreditación dos ingresos netos medios mensuais da unidade familiar ou de convivencia, á acreditación do número de membros que integran tales unidades, á acreditación do número de membros que cursan estudos na unidade de convivencia e demais documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimentar o expediente, relativos á avaliación da vivenda e á problemática social. 6) As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller. OCTAVA. PUBLICIDADE. O abeiro do artigo 31 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, en toda a publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, sendo suficiente a declaración responsable de ter feita tal publicidade. NOVENA. PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN. Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, e notificadas tales concesións de subvencións ós mesmos. Os Concellos xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende a súa finalización nos termos do Artigo 30 da Lei 38/03 Xeral de Subvencións, e como máximo ata o 15 de decembro, prorrogable por outro mes e medio, en conformidade co artigo 70.1 do devandito regulamento. A citada xustificación acreditará o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectos previstos como obxecto da concesión da subvención. Dita acreditación realizarase cos seguinte documentos: a) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas polo importe da subvención concedida, así coma demais documentos de valor probatorio con equivalente validez, no tráfico xurídico mercantil, detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra ). b) Informe do Técnico municipal correspondente, do remate das obras, e no seu defecto informe da Traballadora Social. c) No caso de percibir outras axudas para a mesma finalidade, deberan achegar unha declaración responsable de que os ingresos e recursos alleos obtidos, non superan o custo da finalidade subvencionada. As subvencións concedidas entre os meses de novembro e decembro de 2008 deberán ser xustificadas no prazo de 6 meses dende a súa comunicación. d) Memoria do Concello sobre o cumprimento das condicións impostas a obra obxecto da subvención, con arranxo o artigo 75 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións. Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos sempre que se estableza a garantía de constituírse a favor da Deputación Provincial de Pontevedra sobre os fondos adiantados. Dito pago anticipado deberá solicitarse por escrito polo beneficiario da subvención. Para o pago da subvención teranse en conta o seguinte: 1º) No caso de que se xustifique o gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. 2º) No caso de que se xustifique un gasto inf

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición