ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/04/02_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-04-02_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/04/02_Extraordinaria

  • Data(s) 2008-04-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dous de abril do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte e D. Jesús Mª Fernández Portela, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias e D. Agustín Reguera Ocampo, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16006.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinaria e extraordinaria, dos días 26 e 28 de marzo de 2008, respectivamente. ------ Folla: 2.16007.- AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE SUBVENCIÓNS NA CONVOCATORIA 2008, DE “AXUDAS PARA ARRANXO DE VIVENDA” Aprobadas as Bases Reguladoras das Subvencións para Arranxo de Vivenda pola Xunta de Goberno de 27/02/08 e publicadas as mesmas no BOP de 14/03/08, sinalándose nelas un prazo para a presentación das solicitudes que rematará o 15 de abril do presenta ano, e advertido por varios concellos a imposibilidade de tramitar os expedientes, as adhesións dos concellos e as fiscalizacións dos gastos no prazo previsto, dado que en dito prazo coincidiu unha semana practicamente inhábil e que existen máis programas provinciais en marcha nos que participan os concellos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ampliar ata o 15 de maio de 2008, o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para Arranxo de Vivenda, ano 2008, quedando modificada polo tanto a cláusula 7ª das citadas Bases Reguladoras, e someténdose a citada modificación á mesma publicidade que aquelas. ------ Folla: 3.16008.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS, ANO 2008 (1er e 2º GRUPO) Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 23/01/08, as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios, ano 2008, destinado a persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, consistindo o programa en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres) nun Balneario da nosa provincia, con ida e volta ós seus concellos en autobús cunha guía acompañante, ofertándose 4.230 prazas, mediante unha dotación orzamentaria de 220.000,00 euros na partida 08/313.313.227.09, e á vista dos informes de fiscalización emitido por Intervención o 25 e o 26 de marzo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do “Programa Diúrno de Balnearios” ano 2008, campaña de primavera (1er e 2º grupo) por importe de 25.584,00 euros, correspondente a 492 participantes, que son os seguintes: PRÓGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS Gasto Campaña Primavera (1º GRUPO) Concello Adhesión Nº Participantes Gasto BARRO SI 33 1.716,00 FORCAREI SI 61 3.172,00 PONTECESURES SI 23 1.196,00 OIA NO 30 1.560,00 TOTAL 147 7.644,00 PRÓGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS Gasto Campaña Primavera (2º GRUPO) Concello Adhesión Nº Participantes Gasto FORNELOS DE M. SI 30 1.560,00 A LAMA SI 18 936,00 SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.560,00 MORAÑA SI 58 3.016,00 SOUTOMAIOR SI 15 780,00 REDONDELA SI 120 6.240,00 PONTEVEDRA NO 74 3.848,00 TOTAL 345 17.940,00 ------ Folla: 4.16009.- APROBACIÓN DA REALIZACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración de Festas da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDADE AS NEVES 19/03/08 FESTA DA BICICLETA CAMBADOS 01/05/08 FESTA DA BICICLETA PAZOS DE BORBÉN 04/05/08 FESTA DA BICICLETA O ROSAL 10/05/08 FESTA DA BICICLETA RIBADUMIA 10/05/08 FESTA DA BICICLETA GONDOMAR 17/05/08 FESTA DA BICICLETA BAIONA 17/05/08 FESTA DA BICICLETA CATOIRA 17/05/08 FESTA DA BICICLETA TOMIÑO 18/05/08 FESTA DA BICICLETA A GUARDA 24/05/08 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 5.16010.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO De conformidade co escrito de data 25 de marzo de 2008, Dna. Inés Vereterra-Gutiérrez Maturana e Dna. María Sandra Sineiro Cores adscritas ó Servizo de Intervención solicitan permiso e axuda económica para poder asistir ó curso “A nova Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público” que terá lugar os próximos días 3 e 4 de abril de 2008 en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder a Dna. Inés Vereterra-Gutiérrez Maturana e Dna. María Sandra Sineiro Cores o permiso solicitado e unha axuda económica por importe total de 147,37 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: MARÍA SANDRA SINEIRO CORES Desprazamentos: (coche propio) Pontevedra- Santiago-Pontevedra: (240 Km.) 45,60 € Peaxe autoestrada: (Ida e volta x 2 días) 16,40 € Parking: (2 días) 40,00 € TOTAL: 102,00 € Dietas: Dietas (½ manutención día 3) Grupo II 18,70 € TOTAL: 18,70 € INÉS VERETERRA-GUTIÉRREZ MATURANA Dietas: Dietas (½ manutención día 3) Grupo I 26,67 € TOTAL: 26,67 € Ditas cantidades imputaranse con cargo á partida 08/611.611.231.01 de desprazamentos por importe de 102,00 € e á 08/611.611.230.01 de dietas por importe de 45,37 €. Para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data de 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, ditas funcionarias deberán presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do curso e as conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, a asistencia co correspondente certificado ou diploma. ------ Folla: 6.16011.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA PARA O INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS Vista a proposta de data 28 de febreiro de 2008, presentada polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario D. CARLOS BENGOECHEA PERÉ na que solicita a prórroga da Bolsa de Investigación no Instituto de Investigacións Mariñas concedida a Dna. ANA CRISTINA SÁNCHEZ DÍAZ, acompañando para iso o informe favorable emitido por Dna. AIDA FERNÁNDEZ RÍOS, Directora do Instituto de Investigacións Mariñas e achegando como xustificación unha Memoria do labor realizado pola beneficiaria da Bolsa, examinados os antecedentes que constan no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 18 de novembro de 2005, adoptouse, fóra da orde do día, previa declaración de urxencia o acordo número 15.13505 polo que se aprobaron as Bases que rexerían a Convocatoria de dúas Bolsas de Licenciados en Ciencias do mar, Bioloxía, Bioquímica, Química, Farmacia e Veterinaria con destino no Instituto de Investigacións Mariñas. A cláusula Oitava das Bases establece no apartado a) que a Bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma no Instituto de Investigacións Mariñas e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición do servizo responsable co informe favorable do Xefe de Servizo Agrario e Acordo da Xunta de Goberno. A persoa seleccionada como beneficiaria da Bolsa foi Dna. Ana Cristina Sánchez Díaz. O 23 de febreiro de 2007, a Xunta de Goberno acordou a prórroga de devandita Bolsa de Investigación para o Centro xa citado, acordo número 13.14833, adoptado fora da orde do día, previa declaración de Urxencia. Os efectos de dita prórroga abarcaban o período comprendido entre o 1/03/2007 e o 28/02/2008. De acordo co establecido nas Bases que rexeron dita Convocatoria, é posible prorrogar o disfrute da Bolsa por un novo período anual que abarcaría dende o 01 de marzo de 2008 ata o 28 de febreiro de 2009. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga da Bolsa concedida a Dna. ANA CRISTINA SÁNCHEZ DÍAZ, a partir do 01 de marzo de 2008 e ata o 28 de febreiro de 2009. A dotación económica da Bolsa ascende a 1.000,00 €/mes, o que supón un total de 10.000,00 € para o exercicio económico 2008, cantidade que se imputará á partida orzamentaria 08/711.711.481.02. ------ Folla: 7.16012.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16013.- APROBACIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS”, ANO 2008 (3er GRUPO) Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 23/01/08, as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios, ano 2008, destinado a persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, consistindo o programa en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres) nun Balnearios da nosa provincia, con ida e volta ós seus concellos en autobús cunha guía acompañante, ofertándose 4.230 prazas, mediante unha dotación orzamentaria de 220.000,00 euros na partida 08/313.313.227.09, e á vista dos informes de fiscalización emitido por Intervención o 1 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do “Programa Diúrno de Balnearios” ano 2008, campaña de primavera (3er grupo) por importe de 33.540,00 euros, correspondente a 645 participantes, que son os seguintes: PRÓGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS Gasto Campaña Primavera (3º GRUPO) Concello Adhesión Nº Participantes Gasto CATOIRA SI 65 3.380,00 CERDEDO SI 30 1.560,00 COVELO SI 16 832,00 A ESTRADA SI 30 1.560,00 A GUARDA SI 22 1.144,00 MEAÑO SI 55 2.860,00 NIGRAN SI 30 1.560,00 O ROSAL SI 15 780,00 PONTE CALDELAS SI 30 1.560,00 TOMIÑO SI 30 1.560,00 VALGA SI 52 2.704,00 ILLA DE AROUSA SI 21 1.092,00 VILABOA SI 24 1.248,00 SALVATERRA SI 73 3.796,00 MOS SI 152 7.904,00 TOTAL 645 33.540,00 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16014.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE PONTEVEDRA, PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS, ANO 2008 A Deputación de Pontevedra ante o grande incremento da violencia de xénero e a grave situación que sofren as mulleres maltratadas, pretende subscribir un Convenio de Colaboración con Cáritas Interparroquial de Pontevedra, para mantemento e utilización dos servizos da Casa de Acollida e Piso Tutelado para Mulleres Maltratadas, cunha dotación económica de 40.660,00 euros, polo que á vista dos informes de 11/02/08 e 7/03/08 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e Sr. Interventor, respectivamente; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e Cáritas Interparroquial de Pontevedra, para o mantemento e utilización dos servizos da Casa de Acollida e Piso Tutelada para Mulleres Maltratadas, cunha achega económica de 40.660,00 euros con cargo á partida 08/313.313.480.02. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE PONTEVEDRA PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS ANO 2008. No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o día de 2008, reúnense, D. Rafael Louzán Abal, pola Excma. Deputación Provincial, e Dnª Almudena Ocejo Azcuenaga, Presidenta de Cáritas Diocesana con código de identificación fiscal Q1500053-B. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o convenio de colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio, sensibles e preocupadas ante o grave problema que sofren as mulleres maltratadas, consideran de suma importancia a utilización de recursos que contribúan a facer fronte a dita situación, polo que, asumindo as competencias previstas no artigo 31 da Lei 7/85 de Bases de Réxime Local, nos artigos 15, 21 e 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia e consonte co Decreto 243 do 28 de xullo e da Orde do 1 de abril de 1997 da Xunta de Galicia, que fan referencia ós requisitos xerais e específicos que reúnen os centros de acollida para mulleres maltratadas e ó “Regulamento interno da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas e do Piso Tutelado” que rexen a prestación do servizo desta, acordan establecer o presente convenio coas seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. O obxecto do presente Convenio e a ampliación do recurso para a atención das mulleres maltratadas e dos seus fillos, veciños da Provincia de Pontevedra que reúnan os requisitos esixidos para ó ingreso nestes centros, á zona norte da nosa provincia xa que xa viña existindo na zona sur. A Deputación de Pontevedra establece apoio económico para ó mantemento do servizo especializado da Casa de Acollida e ó Piso Tutelado deixando cubertas, deste xeito, tanto a zona norte como a zona sur da provincia. SEGUNDA.- Ámbito de actuación. O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. TERCEIRA.- Documentación. En virtude do presente Convenio, Cáritas Interparroquial de Pontevedra, deberá acreditar ó inicio do expediente o cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 14 da Lei 38/03 de 17, de novembro, Xeral de Subvencións. CUARTA.- Ingresos na casa de Acollida e Piso Tutelado: Estadías e Baixas. Poderán ingresar na Casa de Acollida de Cáritas, as mulleres maltratadas, física e psicoloxicamente, maiores de idade, con ou sen fillos, que sexan capaces de valerse por si mesmas e que presenten a correspondente denuncia contra o seu agresor, tal como ven recollida na normativa da Consellería de Familia Muller e Xuventude. Para ingresar no Piso Tutelado, darase prioridade as usuarias da Casa de Acollida, xa que supón a última fase de atención as mulleres maltratadas, antes da súa inserción social/ou laboral, sendo ó procedemento administrativo ó mesmo da Casa de Acollida. Os ingresos e baixas serán comunicados polo Presidente de Cáritas Interparroquial a Deputación, acompañados dun informe social, emitido pola traballadora social da Casa de Acollida. A Deputación a vista da documentación presentada aceptará a súa inclusión como beneficiaria do presente Convenio. Tanto Cáritas Interparroquial como a Deputación comprometeranse a velar pola confidencialidade das informacións que afecten a vida das mulleres. QUINTA.- Duración. O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2008, rematando o 31 de decembro do mesmo ano, podendo prorrogarse expresamente polas partes un ano máis, con un mínimo dun mes de antelación o remate do exercicio 2008. SEXTA.- Financiamento. A achega económica por parte da Deputación para a Casa de Acollida e ó Piso Tutelado será ata 40.660,00 euros ó ano, que se consignarán na partida 08/313.313.480.02. Dita achega estará baseada nos seguintes criterios: 1º) Para axuda de mantemento dos gastos da Casa de Acollida , a Deputación achegará a cantidade de 10.000,00 euros ó ano. 2º) Polo Servizo da Casa de Acollida e Piso Tutelado, unha reserva de 6 prazas (estean ou non ocupadas ), fixando a cantidade de 14 euros praza /365 días que ascende a un total de 30.660,00 euros. A contribución ós gastos do Centro será compatible con outras axudas públicas ou privadas, se ó importe das mesmas non excede os custos anuais da actividade. SÉTIMA.- Obriga das partes subscribintes do convenio. A achega económica da Deputación a Cáritas Interparroquial de Pontevedra garantirá o funcionamento permanente do servizo e atención tanto da zona norte como da zona sur da provincia. As mulleres que ingresen na Casa de Acollida e Piso Tutelado beneficiaranse dos Servizos e recursos que Cáritas Interparroquial pon a disposición das mulleres vítimas de violencia de xénero proporcionándolles unha atención integral e favorecendo a súa inserción no mercado laboral. Asemade, será responsabilidade de Cáritas: - A xestión da Casa e Piso Tutelado, así como a contratación daqueles profesionais esixidos pola Xunta na orden do 1 de abril de 1.997 da Consellería de Familia Muller e Xuventude cando careza del e non teña asinados convenios de colaboración cos Servizos Sociais Municipais ou autonómicos que existan na localidade. - Realizar o seguimento das usuarias do Piso Tutelado durante un ano, unha vez rematada a súa estancia nel, a fin de avaliar a eficacia do recurso. OITAVA.- Pagamento. O pago destas cantidades polos conceptos expresados faranse efectivos con cargo a partida orzamentaria 08/313.313.480.02 do presuposto vixente, logo da petición presentada por Cáritas Interparroquial de Pontevedra, en dous prazos: No primeiro trimestre do ano, farase efectiva a achega correspondente a axuda para gastos de mantemento da Casa de Acollida, e ó primeiro prazo correspondente a seis meses das prazas reservadas pola Deputación. Para facer efectivo ó pago, Cáritas Interparroquial. xunto ca petición, deberá remitir informe sobre a evolución do servizo de reserva de prazas e do presuposto previsto da Casa de Acollida, para ó ano en curso. O segundo pago do custo das prazas reservadas, poderanse solicitar unha vez transcorrido o primeiro semestre do ano, remitindo igualmente a Deputación un informe sobre a evolución das prazas reservadas. NOVENA.- Comisión de Seguimento. Acórdase a creación dunha comisión de seguimento consistindo as súas funcións na análise e control da demanda e as baixas por motivos diferentes a consecución dos obxectivos, seguimento técnico das actuacións e adopción de pequenas medidas que poidan repercutir no desenvolvemento cotiá do centro, así como outros temas relacionados co obxecto deste convenio. Dita comisión estará formada por parte da Deputación: Deputada de Benestar Social e Muller, un funcionario técnico do Servizo de Acción Social, e por unha Traballadora Social da Unidade Técnica de Servizos Sociais, actuando esta como Secretaria. Por parte de Cáritas Interparroquial de Pontevedra: o presidente da Entidade ou persoa en quen delegue, a coordinadora de programa da muller ou persoa en quen delegue, e a directora da Casa de Acollida, así como tamén algúns profesionais ou representantes destes, cando a Comisión considere necesario a súa presenza. As reunións da Comisión de Seguimento manteranse como mínimo trimestralmente ou coa periodicidade que fixen os seus membros, sendo Cáritas Interparroquial a responsable da convocatoria. DÉCIMA.- Publicidade. Cáritas Interparroquial comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, Área de Acción Social, en toda a publicidade que elabore sobre a casa de Acollida e ó Piso Tutelado. UNDÉCIMA.- Dereito supletorio. O presente Convenio estará suxeito os principios xerais da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado, da que como secretario dou fe. O Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, A Presidenta de Cáritas Interparroquial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Almudena Ocejo Azcuenaga” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16015.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA “DOTACION DE BEIRARRUAS, ENSANCHE E MELLORA DA PLATAFORMA NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARIN (MARIN)” Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/07/2007, un convenio de colaboración co Concello de Marín coa finalidade de executar a obra “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)”, cun presuposto de 761.754,18 €, que foi subscrito por ambas Institucións o día 10/08/2007. Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26/03/2008, o proxecto de “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirio-Marín (Marín)” por importe de 761.754,18 €, IVE incluído, con cargo ás partidas 08/511.511.612.02.2007, por importe de 487.522,68 €, e 08/511.511.612.02 por importe de 274.231,50 €. Emitíndose polo Sr. Secretario Xeral informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso. E, á vista do informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirio-Marín (Marín)” cun presuposto de licitación de 761.754,18 €, IVE incluído, así como iniciar o procedemento para a súa adxudicación. A obra obxecto do expediente financiarase con cargo ás partidas 08/511.511.612.02.2007, por importe de 487.522,68 €, e 08/511.511.612.02 por importe de 274.231,50 €, sendo a achega da Deputación Provincial de 533.227,93 €, e do Concello de Marín de 228.526,25 €. O anuncio do concurso e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE CONCURSO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITE DE URXENCIA, DA OBRA “DOTACION DE BEIRARRUAS, ENSANCHE E MELLORA DA PLATAFORMA NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARIN (MARIN)” 1.- OBXECTO. A execución, mediante convenio co Concello de Marín, da obra “Dotación de beirarrúas, ensanche e mellora da plataforma na E.P. 0019 Figueirido-Marín (Marín)”, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 26-3-2008. 2.- ORZAMENTO. A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de 761.754,18 €, IVE incluído. O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/2/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. 3.- FINANCIAMENTO. O prezo das obras financiarase con cargo ás partidas 08/511.511-612.02.2007, por importe de 487.522,68 €, e 08/511.511-612.02 por importe de 274.231,50 €. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo para a execución e terminación da obra será de dezaoito meses. O prazo contarase a partir do día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO. Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,12 euros por cada 601,01 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa imposición de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR E CLASIFICACION DO CONTRATISTA. Poderán concorrer á licitación as persoas naturais ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte clasificación: Grupo G, Subgrupo 6, Categoría c. 7.- UNIÓNS TEMPORAIS DE EMPRESAS. A administración poderá contratar con unións temporais de empresarios que se constitúan temporalmente ó efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en escritura pública ata que se efectúe a adxudicación ó seu favor. Ditos empresarios deberán de nomear un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir coas obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo. Para os casos en que sexa esixible a clasificación e concorran en unión de empresarios nacionais, estranxeiros non comunitarios ou estranxeiros comunitarios, os dous primeiros deberán acreditar a súa clasificación e os últimos, en defecto de estas, a súa solvencia económica, financeira, técnica ou profesional. 8.- PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN. O contrato adxudicarase mediante concurso, por procedemento aberto, á licitador que, no seu conxunto, faga a proposición máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de adxudicación que se establecen na cláusula decimo terceira deste prego. 9.- PROPOSICIÓNS. O prazo para a presentación de ofertas será de trece días naturais, contados dende o seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia ou Diario Oficial de Galicia, de nove a trece horas, no Rexistro Xeral desta Deputación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986804126) ou telegrama no mesmo día. 10.- DOCUMENTACIÓN. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar inescusablemente a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o concurso para a contratación da obra (denominación da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: a) Documentos acreditativos da capacidade de obrar das empresas: 1. Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa. 2. Persoas xurídicas: Escritura de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, nas que conste as normas polas que se regula a súa actividade, inscrito se é o caso no correspondente rexistro oficial. Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal (CIF), debidamente compulsada. b) Poderes: Cando a licitador non actúe en nome propio ou se trate dunha sociedade ou persoa xurídica, deberá acompañarse poder notarial para representar á persoa ou entidade en cuxo nome concorre ante a administración contratante. Deberase verificar as facultades da persoa que concorre en nome da empresa polo secretario da corporación, notario ou calquera outra persoa lexitimada para certificar a suficiencia do poder, sendo igualmente válido a verificación da suficiencia co que se concorra a calquera licitación na administración publica nos últimos doce meses. Esta verificación será conseguida a instancias do licitador que incluirá, posteriormente, o poder bastanteado no sobre A. Declaración expresa de que a empresa non esta incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 do TRLCAP. c) Certificación ou documento acreditativo de que o contratista esta ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social. Non obstante, os licitadores poderán presentar unha declaración responsable na que faga constar que a empresa esta ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social, sen prexuízo de que previamente á formalización do contrato, achega as mencionadas certificacións, así como a certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. d) Documento acreditativo da clasificación empresarial que será Grupo G, subgrupo 6, categoría c. Sobre B: Proposición económica, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o concurso para a contratación da obra (denominación da obra)”. Presentarase pechado e lacrado, contendo os seguintes documentos: 1. Índice de documentos que integran o sobre, constará dentro do sobre como primeira páxina e en folla independente. 2. Modelo de proposición económica, formulada estritamente conforme ó modelo establecido na cláusula 28 deste prego. 3. Programa de traballo e de actuación medioambiental, as empresas deberán presentar un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. Así mesmo e no caso de que a empresa aplique medidas especificas de protección medioambiental, deberán indicar as medidas que se pensan aplicar. (reciclaxe, reutilización e recuperación de materiais, etc.). 4. Proposta de redución de prazos, en caso de que a empresa oferte unha redución de prazos presentará unha memoria sobre a organización do proceso construtivo xustificando a redución de prazos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 5. Plan de control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicado sobre o presuposto de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. Importante: As retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o presuposto global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o presuposto de execución material. Os documentos que se acompañen á proposición económica terán que ser orixinais ou fotocopias debidamente dilixenciadas, nas que se acredite que foron compulsadas cos seus orixinais. Unha vez presentada e admitida unha plica non poderá retirarse, pero poderán presentarse varias polo mesma licitador, en caso de concorrencia a varias obras, sen necesidade de acompañar a documentación xeral e se faga referencia a que se une a outra proposición. Así mesmo, o adxudicatario terá que achegar, previamente á formalización do contrato, certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social, así como certificación, expedida pola Deputación Provincial, acreditativa de non ter débedas co Organismo Provincial. As empresas que participen en licitacións nos últimos doce meses coa Deputación non teñen por que presentar a documentación referente á personalidade xurídica da empresa, unicamente débese facer unha referencia ó concurso en que se licitou, e posteriormente achegar as certificacións acreditativas de estar ó día no pagamento das obrigas tributarias e da Seguridade Social. Transcorrido os doce meses deberán renovar os documentos referentes á solvencia económica e o poder bastanteado. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará integrada da seguinte maneira: • Presidente: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. • Vogais: -O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. • Secretario: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS. A cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A seguir procederase á apertura de proposicións presentadas ó concurso. O acto de apertura de plicas celebrarase na forma determinada polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño. 13.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato .... ata 6 puntos. 2. Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado... ata 4 puntos. 3. Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta; o importe da mellora será disposto pola Dirección de Obra, previa autorización do órgano de contratación, .... ata 3 puntos. 4. Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto, ...ata 2 puntos. Non serán valoradas aquelas proposicións que oferten un prazo de execución que, a xuízo dos técnicos e previa audiencia ós licitadores, sexa inviable. O concurso será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. 14.- BAIXAS TEMERARIAS. Consideraranse incursas en temeridade as proposicións cunha porcentaxe de baixa que exceda en cinco unidades da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións presentadas polas empresas consideradas neste apartado. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas desproporcionadas ou temerarias notificarase esta circunstancia ós licitadores supostamente comprendidos nela, para que dentro do prazo de cinco días xustifiquen as devanditas baixas. Dita xustificación remitirase para informe técnico co fin de que emitan o pertinente informe. Se a adxudicación se realiza finalmente a favor do empresario cuxa proposición estivese incursa en temeridade, esixirase ó mesmo unha garantía definitiva do 20 por 100 do importe de adxudicación. 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. O Órgano de Contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente, dentro dos tres meses seguintes á apertura de proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarar deserto o concurso. A adxudicación definitiva, unha vez acordada, será notificada ós participantes na licitación e publicarase no B.O.P. dentro dos 48 días seguintes a aquela. Ó efectuar a notificación ó adxudicatario do contrato, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva na contía e forma indicadas na cláusula 6ª. 16.- GARANTIAS. O adxudicatario do contrato está obrigado a constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do tipo de adxudicación ou do 20% cando exista presunción de temeridade, de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas que será depositada na Caixa da Corporación no prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación do acordo de adxudicación, admitíndose o aval bancario ou de Cía. de Seguros. De non cumprirse este requisito por causas imputadas ó adxudicatario, declararase resolto o contrato (art. 41 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño). 17.-FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. O contrato formalizarase na data que sinale a administración, e en todo caso no prazo de trinta días naturais contados dende o seguinte ó da notificación da adxudicación. 18. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán a cargo do adxudicatario os gastos de inserción de anuncios, que se estiman nun máximo de 600,00 €, e demais que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. 19.- CERTIFICACIÓNS. A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra…etc. Estas retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material do presuposto de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en demora, teñen que ir acompañadas da xustificación da demora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 20.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS. O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción deberá acudir o contratista, a dirección da obra e se é o caso, un representante da intervención. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral, no prazo dun mes, polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o Ive, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. 21.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS. O técnico director acompañará á certificación final, trala recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o Ive (16%). 22.- LIQUIDACIÓN DA OBRA. Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 23.- GARANTÍA DA OBRA. A obra terá un período de garantía dun ANO dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 24.- INFORMACIÓN PÚBLICA E CONVOCATORIA DO CONCURSO. O prego de condicións queda a disposición do público no Servizo de Contratación da Deputación e na páxina web “www.depontevedra.es”, publicándose a convocatoria do Concurso mediante anuncio en extracto no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. 25.- RÉXIME XURÍDICO APLICABLE. En todo o non previsto neste Prego estarase ó disposto no R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos das Administracións Públicas e restantes normas de Dereito Administrativo e, no seu defecto, de Dereito Privado. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN. D. ____________________. (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________________, en nome propio (ou en representación de __________________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en _____________________, informado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra). _______________________ comprométese a executar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _______________________. (en letra e número) euros, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: Control de calidade: % sobre o presuposto de execución material. Data e sinatura do propoñente” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16016.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO A Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación solicita que se proceda a contratar a organización e desenvolvemento das accións formativas programadas dentro do Plan Agrupado do ano 2008 distribuídas en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: LOTE Nº 1: Acciones formativas On Line………………… 73.350,00 € LOTE Nº 2: Acciones formativas Zona Pontevedra-Sur…….. 73.350,00 € LOTE Nº 3: Acciones formativas Zona Salnés, Norte, Semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ………………......... 54.750,00 € Resultando que estas accións formativas van dirixidas á formación do persoal da Deputación de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos dependentes, así como ó persoal dos Concellos adheridos ó Plan Agrupado e as mesmas executaranse de acordo co estipulado no prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación de data 18 de marzo de 2008 e en cuxos anexos 1, 2, e 3 se detallan as denominacións dos cursos, obxecto, programa, perfil dos asistentes, número de alumnos, modalidade, duración, lugar e datas de celebración. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC número de operación 200800026795 de data 28/03/2008, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto por importe global de 201.450,00 euros con cargo á partida 08/122.314.165.00 do vixente presuposto provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, tramitación de urxencia e forma concurso, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 31 de marzo de 2008. Resultando que con data 1 de abril de 2008, o Sr. Secretario informa o proxecto de prego de condicións administrativas, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas programadas dentro do Plan Agrupado do ano 2008. Resultando que con data 1 de abril de 2008 polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 196 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de consultoría e asistencia e os de servizos que celebre a Administración. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto provincial para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para efectuar contratos de consultoría e asistencia que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008, por un importe máximo de douscentos un mil catrocentos cincuenta euros (201.450,00 €), distribuídas en función da modalidade e lugar de realización das actividades formativas nos seguintes lotes: LOTE Nº 1: Acciones formativas On Line………………… 73.350,00 € LOTE Nº 2: Acciones formativas Zona Pontevedra-Sur…….. 73.350,00 € LOTE Nº 3: Acciones formativas Zona Salnés, N orte, Semipresenciales y Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ………………..……… 54.750,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. A tramitación de urxencia establecida no artigo 71 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, xustifícase en que a data de inicio dos primeiros cursos está fixada para o 21 de abril de 2008 e que o expediente non puido iniciarse coa antelación suficiente pola sobrecarga de traballo existente no Servizo de Recursos Humanos e o elevado número de procesos de selección e contratación que se realizaron nos últimos meses no citado Servizo. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito concurso. 3. Autorizar o gasto por importe máximo de 201.450,00 €, con cargo á partida 08/122.314.165.00. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para contratación da referida asistencia técnica, concedendo un prazo de 8 días naturais para a presentación de proposicións, contando a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio do Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITACIÓN DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2008. 1.- OBXECTO. A organización e desenvolvemento das accións formativas programadas dentro do Plan Agrupado do ano 2008, distribuídas en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: Lote número 1: Accións formativas On Line. Lote número 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur. Lote número 3: Accións formativas Zona Salnés, Norte, Semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Estas accións formativas van dirixidas á formación do persoal da Deputación de Pontevedra e dos seus Organismos Autónomos dependentes, así como ó persoal dos Concellos adheridos ó Plan Agrupado e as mesmas executaranse de acordo co estipulado no prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación de data 18 de marzo de 2008 que se une como anexo a este prego. Nos anexos 1, 2, e 3 do prego de prescricións técnicas detállanse as denominacións dos cursos, obxecto, programa, perfil dos asistentes, número de alumnos, modalidade, duración, lugar e datas de celebración correspondentes as accións formativas On Line (Lote número 1), accións formativas Zona Pontevedra-Sur (Lote número 2) e accións formativas Zona Salnés, Norte, Semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) (Lote número 3), respectivamente. 2.-FINANCIAMENTO. O prezo do contrato para cada un dos lotes citados financiarase con cargo á partida 08/122.314.165.00. do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGAMENTO. O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez finalizadas as accións formativas e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN. As datas de celebración das accións formativas On Line (Lote número 1), accións formativas Zona Pontevedra-Sur (Lote número 2) e accións formativas Zona Salnés, Norte, Semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) (Lote número 3), así como o lugar en onde se vai a desenvolver aparecen relacionadas nos anexos 1, 2 e 3 do prego de prescricións técnicas, respectivamente. 5.- TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto do contrato que servirá de base de licitación fíxase nas seguintes cantidades máximas: LOTE Nº 1: Accións formativas On Line…………………… 73.350,00 € LOTE Nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur…… 73.350,00 € LOTE Nº 3: Accións formativas Zona Salnés, Norte, Semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ………………. 54.750,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 16 e 19 do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas (R.d.l. 2/2000) e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 20 da devandita norma. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA. O seu importe será do 4% do prezo de adxudicación de cada un dos lotes, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 36 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días naturais seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación. O incumprimento deste requisito, por causa imputable ó adxudicatario dará lugar á resolución do contrato. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2008. LOTE NÚMERO….... Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Proposición económica. -Axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2. Sistema organizativo para o cumprimento do contrato. 3. Melloras adicionais, no que fai á xestión, avaliación e liquidación do plan. - Relacionaranse estas melloras coa valoración económica global correspondente. 4. Calidade didáctica do material a entregar ós alumnos. Cada licitador poderá presentar unha proposición económica por cada un dos lotes en que se estea interesado en participar, indicando no sobre o número do lote ó que opta. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTACIÓN PARA OPTAR Ó CONCURSO RELATIVO Á CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DO PLAN AGRUPADO 2008. LOTE NÚMERO……… Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación que ostente, se é o caso, o asinante da proposición e, en todo caso os seguintes: a) Documento Nacional de Identidade do licitador, cando se trate de persoas físicas ou empresarios individuais, mediante fotocopia compulsada por quen ostente a fe pública, ou escritura de constitución da Sociedade debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando o empresario fose persoa xurídica. b) Poder debidamente bastanteado. c) En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Declaración responsable do licitador, outorgada ante a Autoridade Xudicial, Administrativa, Notario ou organismo cualificado pola que se faga constar que non se atopa incursa nalgunha das prohibicións para contratar que contén o art. 20 do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000. 3.- Declaración responsable á que se refire o artigo 79.2º do T.R. da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro, de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos servizos realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefe do Servizo de Recursos Humanos e Formación. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio. 10 .- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS. A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN. Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Sistema organizativo para o cumprimento do contrato, ata 4 puntos. 2) Melloras adicionais, no que fai á xestión, avaliación e liquidación do plan, ata 3 puntos. 3) Calidade didáctica do material a entregar ós alumnos, ata 2 puntos. 4) Menor prezo ofertado, ata 1 punto. 12.- ADXUDICACIÓN. O órgano de contratación, recibida a proposta da mesa de contratación e evacuados os informes técnicos correspondentes, ditará alternativamente dentro dos quince días seguintes ó acto de apertura das proposicións económicas, resolución motivada adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender exclusivamente ó valor económico da mesma, ou declarando deserto o concurso. A adxudicación será notificada ós participantes no concurso. Ó practicar a notificación da adxudicación do contrato ó adxudicatario, requiriráselle para que constitúa a garantía definitiva, na contía e forma establecidas na cláusula 7ª. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ó da notificación da adxudicación, sendo dito documento título suficiente para acceder a calquera Rexistro. Non obstante o anterior, o contrato poderá ser elevado a escritura pública a petición do contratista e á súa costa. 14.- OBRIGAS DO CONTRATISTA. As actividades obxecto do contrato inclúen tarefas de preparación dos cursos en atención ás demandas do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, así como o deseño e disposición de materiais, impartición dos cursos en aulas dotadas con medios axeitados, avaliación do mesmo e elaboración e entrega de informe final. A empresa adxudicataria será a encargada de proporcionar as aulas con espazos precisos para o bo desenvolvemento dos cursos, dotadas de todos os requirimentos técnicos, informáticos e medios de proxección necesarios, tendo en conta lugares e datas previstas no programa, que poden ser modificados en función do número de alumnos. Nos cursos On Line a empresa adxudicataria será a encargada de proporcionar o soporte informático necesario para a realización do curso. Para o desenvolvemento dos cursos, a empresa adxudicataria deberá dispoñer dos técnicos necesarios para que actúen como instrutores do curso, correndo cos honorarios, así como cos gastos de todo tipo que a súa estancia, aloxamento e desprazamento, se é o caso, poidan orixinar. A empresa adxudicataria deberá entregar a cada alumno o seguinte material; manual didáctico, cartafois, libro de notas e bolígrafo. Así mesmo deberá achegar á Deputación, polo un orixinal do manual do alumno e outro do profesor, cos supostos prácticos e demais documentación que entreguen ó alumnado para o seu arquivo. Para os efectos do sinalado no parágrafo f) do artigo 43 da Lei 48/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a Deputación Provincial de Pontevedra non será responsable das obrigas relativas a tributos que deban repercutirse ou cantidades que deberán reterse a traballadores, profesionais ou outros empresarios, na parte que corresponda ós traballos obxecto desta contratación. A tales efectos, o contratista deberá facer entrega no Servizo de Contratación do certificado específico de encontrarse ó corrente das súas obrigas tributarias emitido a estes efectos pola administración Tributaria durante os 12 meses ante

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición