Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-04-25_Extraordinaria. Acta de sesión 2008/04/25_Extraordinaria
Acta de sesión 2008/04/25_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-04-25_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2008/04/25_Extraordinaria
Data(s) 2008-04-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte minutos do día vinte e cinco de abril do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16076.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de abril de 2008. ------ Folla: 2.16077.- SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á CONSELLERÍA DE TRABALLO DA XUNTA DE GALICIA, PARA ACCIÓNS FORMATIVAS EXPERIMENTAIS E COMPLEMENTARIAS DO PLAN FIP (FORMACIÓN E INSERCIÓN PROFESIONAL) O pasado 25 de marzo do 2008 publicouse no DOG nº 57 a Orde do 13 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións experimentais e complementarias do Plan FIP dirixidas ás traballadoras e traballadores en desemprego cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2008. A Deputación de Pontevedra, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, pertencente ó Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, presenta solicitude de subvención para a realización de accións formativas experimentais acolléndose ó subprograma I-b recollido no artigo 3 da mencionada Orde. A Deputación Provincial de Pontevedra a través de súa Unidade de Promoción de Emprego, pertencente ó Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, conta con catro Técnicos Locais de emprego que están traballando dende o ano 1999 en medidas que inclúen accións tanto de creación de emprego por conta allea coma a través do autoemprego. Ademais, e con Iniciativas Comunitarias como Equal ou Interreg, ademais de outros programas de emprego como Subvención Global, e unha Unidade de Promoción de Desenvolvemento financiada tamén pola Xunta de Galicia, traballou en diferentes ámbitos do emprego: formación, orientación e inserción tendo sempre en conta diferentes colectivos de difícil inserción e sen esquecer a evolución social e os cambios sociolóxicos e organizativos da nosa sociedade para unha efectiva integración no mercado laboral. Os novos filóns de emprego supoñen novas alternativas para a inserción laboral. A capacitación profesional nestes ámbitos están hoxe en día, a desenvolver diferentes e novedosos eidos profesionais. Dentro dos filóns de emprego a Deputación Provincial de Pontevedra aposta pola formación ocupacional experimental nas especialidades de “Podador/ forestal”, “Repoñedor/a de hipermercado”, “Monitor para comedores escolares”, “Coidador/a de gardería infantil”, “Coidador/a – acompañante de autobús escolar”, despois de analizar o mercado laboral na provincia de Pontevedra. O equipo para o desenvolvemento das accións de formación estará composto por un coordinador/a e monitores/as nas accións formativas antes mencionadas. En canto os obxectivos de inserción poderase medir dende diferentes perspectivas, por unha banda os obxectivos de inserción cuantitativos, establecendo unha porcentaxe de inserción dun 50% sobre o total de persoas formadas, en cada un dos cursos. Estes obxectivos conseguiranse en función dos diferentes contactos con empresas. Por outra banda dentro dos obxectivos cualitativos, sinalamos outras características traballadas durante a cumprimentación das competencias profesionais. Podemos sinalar diferentes aspectos que se traballen durante a fase de formación: - Mellora da ocupabilidade, mediante a dotación de coñecementos técnicos profesionais, e especialización de perfís. -Configuración de perfís profesionais, a través da análise específica das necesidades da persoa e a cualificación profesional na fase de formación. - Habilidades sociais e de comunicación, como capacidade fundamental na interacción persoal en contextos profesionais e non profesionais. - Traballo en equipo, baseada na consecución de obxectivos grupais nas distintas fases do proxecto en contraste cos individuais. - Aplicación de medidas que garanten a igualdade de oportunidades no mercado laboral, centradas na mellora da ocupabilidade para as mulleres, sensibilización de xénero para persoas participantes e a integración laboral de mulleres en oficios nos que se atopan subrepresentadas. Por todo o anteriormente exposto, e tendo en conta o informe de Intervención con data 14 de abril de 2008 e o informe da Secretaría Xeral con data 18 de abril de 2008: A Xunta de Goberno acorda por unanimidade solicitar á Consellería de Traballo, unha subvención para a programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP dirixidas ás traballadoras e traballadores en desemprego cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia, tal e como estipula a mencionada Orde do 13 de marzo de 2008 da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. ------ Folla: 3.16078.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “O MEU PRIMEIRO VOO” (5º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno de 23/01/08 as Bases Reguladoras do Programa “O Meu Primeiro Voo” ano 2008, dirixido ós alumnos/as de 3º e 4º da ESO dos centros públicos e concertados da provincia, consistindo nunha visita guiada dun día á capital de España, coñecendo os seus lugares máis emblemáticos, e rematados os prazos de adhesión dos concellos de presentación das solicitudes, e á vista do informe de fiscalización emitido por Intervención o 16 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do programa “O Meu Primeiro Voo”, ano 2008, (5º grupo), por importe de 3.540,00 euros, para un total de 118 participantes, segundo cadro adxunto. LISTADO DE SAÍDAS “O MEU 1º VOO” (5º grupo) Día de Saída Colexio Concello Nº alumnos Euros 7 de maio IES DE MOS MOS 49 1.470 10 de maio IES DE MOS MOS 19 570 27 de maio IES DE MOS MOS 50 1.500 TOTAIS 118 alumnos 3.540 Euros ------ Folla: 4.16079.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS, ANO 2008. CAMPAÑA DE PRIMAVERA (6º, 7º e 8º GRUPO) Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 23/01/08, as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios, ano 2008, destinado a persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar, consistindo o programa en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres) nun Balneario da nosa provincia, con ida e volta ós seus concellos en autobús cunha guía acompañante, ofertándose 4.230 prazas, mediante unha dotación orzamentaria de 220.000,00 euros na partida 08/313.313.227.09, e á vista do informe de fiscalización emitido por Intervención o 16 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do “Programa Diúrno de Balnearios” ano 2008, campaña de primavera (6º, 7º e 8º grupo) por importe de 25.636,00 euros, correspondente a 493 participantes, que son os seguintes: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS Gasto Campaña Primavera (6º GRUPO) Concello Adhesión Nº participantes Gasto O GROVE SI 2 104,00 € TUI SI 10 520,00 € BUEU SI 166 8.632,00 € Agolada SI 2 104,00 € TOTAL 180 9.360,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS Gasto Campaña Primavera (7º GRUPO) Concello Adhesión Nº participantes Gasto VILAGARCÍA SI 88 4.576,00 € TOTAL 88 4.576,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS Gasto Campaña Primavera (8º GRUPO) Concello Adhesión Nº participantes Gasto VIGO SI 225 11.700,00 € TOTAL 225 11.700,00 € ------ Folla: 5.16080.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 18/07/07, A FAVOR DE DON DEMETRIO GONZÁLEZ MÍGUEZ, VECIÑO DO CONCELLO DE REDONDELA Aprobada pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 18/07/07 unha subvención para arranxo de vivenda, por importe de 8.495,29 euros a favor de Demetrio González Míguez, veciño do Concello de Redondela, e comunicada o 14/04/08 polo Concelleiro Delegado de Servizos Sociais do devandito Concello, a imposibilidade de achegar a xustificación de tal subvención, toda vez que as obras realizadas non se axustan á normativa urbanística vixente; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a subvención para arranxo de vivenda que por importe de 8.495,29 euros, aprobou a Xunta de Goberno de 18 de xullo de 2007, a favor de Demetrio González Míguez, veciño do concello de Redondela, toda vez que as obras executadas non se axustan á normativa urbanística vixente. ------ Folla: 6.16081.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 18/07/07, A FAVOR DE DNA. Mª JOSEFA ARES EIRIZ, VECIÑA DO CONCELLO DE BARRO Aprobada pola Xunta de Goberno do 18/07/2007, unha subvención para arranxo de vivenda polo importe de 3.035,63 € a favor de Dona Mª Josefa Ares Eiriz, veciña do concello de Barro, concedida unha prórroga respecto a tal subvención pola Xunta de Goberno do 19/12/2007, ante a imposibilidade de obter a licenza correspondente antes do 11/12/2007, e comunicada polo concello de Barro a nova solicitude prórroga formulada pola beneficiaria da subvención, dado que a empresa contratada para a realización das obras non puido rematalas antes do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de setembro de 2008, respecto á subvención para arranxo de vivenda, que polo importe de 3.035,63 €, aprobou a Xunta de Goberno do 18/07/2007, a favor de Dona Mª Josefa Ares Eiriz, veciña do concello de Barro. ------ Folla: 7.16082.- APROBACIÓN DAS BASES DO “PREMIO CARMEN FERRO 2008” Os avances producidos no campo da discapacidade e o novo concepto desta, baseado na igualdade de oportunidades, leva á Deputación de Pontevedra a dedicar nesta anualidade 2008, o “Premio Carmen Ferro”, á temática de integración sociolaboral e social deste colectivo de persoas, en aras a que poidan acadar unha vida normalizada e integradora, mediante unha convocatoria para as Asociacións cun mínimo de dous anos de antigüidade, e que traballen neste eixo e cunha dotación orzamentaria de 18.000,00 euros, polo que á vista dos informes de 16 de abril de 2008 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo ó ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do “Premio Carmen Ferro, 2008”, dirixido a Asociacións que traballen no ámbito da integración socio-laboral e social das persoas con discapacidade, cunha dotación orzamentaria de 18.000,00 euros, con cargo á partida 08/313.313.481.07 do vixente orzamento provincial. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DO PREMIO “CARMEN FERRO” – 2008 A Constitución Española no seu artigo 35 manifesta que tódolos españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo e o artigo 49 recolle que “os poderes públicos levarán a cabo unha política de previsión, tratamento rehabilitación e integración dos diminuídos físicos, sensoriais e psíquicos ós que prestarán a atención especializada que requiran e os ampararán especialmente para o disfrute dos dereitos que este Título I outorga a todos os cidadáns” A Lei 13/1982, de 7 de abril, de Integración Social dos Minusválidos (LISMI) e o Programa de Integración Escolar son considerados por diferentes expertos como o punto de arranque para o desenvolvemento en España do Emprego con Apoio. A primeira, no seu artigo nº 37, recolle que “será finalidade primordial da política de emprego de traballadores diminuídos á súa integración no sistema ordinario de traballo”. Tanto o Plan Nacional de Educación Especial (1.982) como o Plan Nacional de Emprego (1.983) foron pilares importantes na loita para a integración social e sociolaboral das persoas con discapacidade. Ambos están baseados nos principios de normalización, integración, sectorización e individualización, principios fundamentais en todo proceso de integración. Os avances producidos nos derradeiros anos no campo da discapacidade e en consecuencia a súa repercusión nas persoas que a padecen, unidos ó novo concepto desta baseado nos dereitos humanos onde a igualdade de oportunidades xoga un papel fundamental para que as persoas afectadas poidan acadar unha vida tanto a nivel social como laboral, integradora, normalizada, e autónoma, levan á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra a dedicar no ano 2008 o Premio “CARMEN FERRO” ó tema da integración de persoas con discapacidade que se rexerá polas seguintes B A S E S PRIMEIRA. Obxecto. Rendéndolle homenaxe a CARMEN FERRO CARBALLO, exdeputada provincial do Servizo de Acción Social falecida no ano 2003, a presente convocatoria está dirixida a proxectos de caracter integral e innovadores, orientados á inserción sociolaboral ou social de persoas que presenten algunha discapacidade de caracter físico, psíquico e/ou sensorial. SEGUNDA. Destinatarios. Poderán presentarse ó Premio “Carmen Ferro” - 2008, as Asociacións sen fins de lucro enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados, cunha antigüidade mínima de dous anos, que traballen en proxectos de inserción con persoas que presenten discapacidade física, psíquica e/ou sensorial. TERCEIRA. Modalidades dos Proxectos e Premios. A dotación consignada para este fin na Partida 08/313.313.481.07 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial elévase a dezaoito mil euros (18.000,00 €) que se distribuirán en tres premios nas seguintes condicións e modalidades: - Dous premios para Proxectos de inserción sociolaboral: * Primeiro premio: 7.500 € * Segundo premio: 6.000 € - Un premio para Proxectos de inserción social normalizada: * Premio: 4.500 € CUARTA. Características dos proxectos. - Os proxectos deberán estar redactados en calquera das linguas oficias da Comunidade Autónoma Galega. - Cada Asociación só poderá presentar un proxecto. - A presentación do proxecto deberá facerse baixo un lema, identificándose o nome da Asociación que o presenta en sobre aparte. QUINTA. Lugar de presentación de Proxectos e prazo. Os proxectos deberán ser presentados coa documentación sinalada na Cláusula Sétima no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e o prazo de presentación dos mesmos será de dous meses a partir do día seguinte á publicación das Bases reguladoras do Premio “CARMEN FERRO” no Boletín Oficial da Provincia. Para calquera información o teléfono de contacto será o 986.804.100 extensión 289. SEXTA. Resolución da Convocatoria. Os proxectos recibidos dentro do prazo establecido e que cumpran os criterios recollidos nas presentes Bases serán avaliados tecnicamente, elevándose ó Xurado Avaliador unha proposta con aqueles que se consideren de maior interese. O Xurado Avaliador estará formado por: - Presidente: O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación ou Deputado en que delegue. - Vogais: • Un representante de cada un dos grupos políticos que forman parte da Corporación Provincial. • Un/ha técnic@ especialista en temas de integración de persoas con discapacidade, nomeada polo Xurado para asesorar sobre cuestións técnicas. No Xurado actuará como Secretario o titular da Deputación ou funcionari@ do Servizo de Acción Social en quen delegue. Para constituírse o Xurado deberá contar coa asistencia de mais do 50% dos seus membros, resolverá todas as incidencias que podan presentarse e determinará sobre a proposta técnica recibida os proxectos premiados. O seu fallo, tomado por maioría simple, será inapelable. SÉTIMA. Documentación. As Asociacións que opten a algún premio deberán presentar no prazo previsto na Cláusula Quinta a seguinte documentación: - Proxecto co que opta ó Premio “Carmen Ferro”. - Sobre pechado que recolla “Premio Carmen Ferro” e especifique o nome do proxecto que presenta, cos seguintes documentos: • Fotocopia compulsada do D.N.I. do representante legal da Asociación que presente o proxecto e acreditación do seu cargo. • C.I.F. compulsado. • Declaracións de: axudas ou subvencións solicitadas ou recibidas para este proxecto. de que nin a Asociación nin o seu representante legal atópanse incursos en ningún dos supostos de prohibición para recibir subvencións (premios) previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. de que a Asociación se encontra ó corrente de pago das súas obrigas tributarias coa Facenda do Estado e a Tesourería da Seguridade Social ou autorización para que a Deputación poda solicitar as correspondentes certificacións. - Memoria, durante o ano 2009, do desenvolvemento dos Proxectos premiados. OITAVA. Entrega de Premios. No momento que o Xurado de Avaliación decida a adxudicación dos Premios “CARMEN FERRO” e se levante a acta correspondente que será asinada por cada un dos seus membros, o resultado porase en coñecemento das Asociacións premiadas e a entrega dos mesmos, con independencia da data do seu fallo, farase coincidir co “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” que se celebra o 3 de decembro. NOVENA. Proxectos non premiados. Os proxectos que non resulten premiados poderán ser retirados do Servizo de Acción Social da Deputación no prazo de dos meses contados dende a data da resolución do concurso. DÉCIMA. Publicidade. A DEPUTACIÓN PROVINCIAL conforme o artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, procederá a publicar o premio concedido. AS ASOCIACIÓNS PREMIADAS comprométense a facer constar o premio da Deputación, Área de Acción Social, en toda a publicidade que elabore sobre o mesmo.” ------ Folla: 8.16083.- APROBACIÓN DAS BASES DO “VIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do VIII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, e que son as seguintes: BASES VIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” PRIMEIRA.- O VIII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” terá lugar os días 3, 4 e 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música da provincia que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: * Sección especial: 4 bandas participantes de 81 a 115 músicos * Sección primeira: 6 bandas participantes de 61 a 80 músicos * Sección segunda: 6 bandas participantes de 46 a 60 músicos * Sección terceira: 10 bandas participantes de 35 a 45 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público. Cada banda de música interpretará, fóra de concurso, un pasodobre cuxa duración máxima será de 4 minutos. Dentro do concurso cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección especial: 20 ± 5 minutos Sección primeira: 20 ± 5 minutos Sección segunda: 15 ± 5 minutos Sección terceira: 10 ± 5minutos O exceso será penalizado na puntuación do xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe este comité. SEXTA.- O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música como vogais, o presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado, estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. SÉTIMA.- As bandas de música terán dereito a percibir con cargo á partida 08/451.451.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección especial: 3.800 € Sección primeira: 3.200 € Sección segunda: 2.600 € Sección terceira: 2.000 € No caso de que participase o número máximo de bandas permitidas en cada sección segundo se establece na base terceira, o importe máximo a percibir sería de 70.000 €. OITAVA.- Concederanse, dentro de cada sección, un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ás bandas que acaden a maior puntuación. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame tendo en conta os seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a máxima puntuación os seguintes premios: 1º Premio 2º Premio Sección especial: 4.200 € 2.100 € Sección primeira: 3.500 € 1.800 € Sección segunda: 3.000 € 1.400 € Sección terceira: 2.500 € 1.200 € O importe destes premios imputaranse á partida 08/451.451.481.06, na que se xerará crédito unha vez asinado o convenio de colaboración coa Fundación Caixa Galicia como entidade patrocinadora deste evento. A Federación Galega de Bandas de Música Populares, concederá os seguintes premios á terceira banda clasificada de cada unha das seccións: 3º Premio Sección especial: 600 € Sección primeira: 500 € Sección segunda: 400 € Sección terceira: 300 € Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan o 1º premio, por importe de: Sección especial: 1.500 € Sección primeira: 1.200 € Sección segunda: 1.050 € Sección terceira: 900 € DÉCIMO PRIMEIRA.- As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección especial: Dutika Mere (Costa da Morte) Julio Montero Sección primeira: Variacións sinfónicas para nenos José Luis Represas Sección segunda: Pontus Veteris Ángel A. Montes Sección terceira: Os sons do camiño F. García Hurtado DÉCIMO SEGUNDA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. Durante o período de inscrición, e no Servizo de Cultura, estarán a disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMO TERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas de música participantes a orde de actuación realizarase un sorteo público no Pazo provincial, sede da Deputación, ante o presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán inhabilitadas para poder actuar no certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. DÉCIMO CUARTA.- O comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música, a súa foto e mailo currículo do director (todo isto debe presentarse en soporte informático), así como CINCO exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración e o título do pasodobre a interpretar. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame. DÉCIMO QUINTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécese o seguinte: 1.- Constitúese unha comisión de control, que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares e por dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial. Esta comisión poderá delegar o control de firmas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións incluídos nos plans culturais da Deputación Provincial así como os que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións, sexan ou non federadas, o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares que estea vixente na data límite de presentación de listados que para a presente edición será o 1 de setembro de 2008. 2.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán os seguintes listados: 2.1. Para as agrupacións integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte segundo o modelo de listado oficial que poderán obter na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares: www.fgbmp.org. 2.2. Para as agrupacións non integradas na Federación Galega de Bandas de Música Populares: relación nominal certificada dos integrantes por instrumentos, co seu DNI ou pasaporte, expedida polo secretario da banda de música e co visto e prace do presidente, na que conste unha declaración de pertenza ininterrompida e efectiva do músico á agrupación durante os dous últimos anos, lugar e data de nacemento e enderezo actual. 3.- Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO SEXTA.- O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. Contará coa colaboración dun asesor artístico-musical que formará parte do mesmo. O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. No desenvolvemento da actividade organizativa e formando parte do comité organizador do evento, o presidente designará a persoa que ha de asumir a dirección técnica, que será retribuída polos servizos prestados. A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable o propio comité. A sede oficial do comité organizador do certame será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO SÉTIMA.- O comité organizador do VIII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” estará constituído da seguinte maneira: Presidente: o Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vogais: - un representante da Deputación de Pontevedra. - un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares. - un representante da empresa adxudicataria da organización do evento. - o asesor artístico-musical do certame. - o director técnico do certame. Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. DÉCIMO OITAVA.- Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A.” ------ Folla: 9.16084.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA, PARA O PROXECTO “ESTAMOS CONTIGO, ANO 2008” Sendo vontade desta Deputación de Pontevedra, apoiar ós recursos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos maiores e/ou discapacitados da nosa provincia, preténdese subscribir un Convenio de Colaboración con Cáritas Interparroquial de Arousa, para o desenvolvemento do proxecto “Estamos contigo” que comprenderá servizos de reparto de menús a domicilio, acompañamento e lavandería para estes colectivos de persoas; e a vista dos informes do 11/02/08 e 25/02/08 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cáritas Interparroquial de Arousa para o desenvolvemento do Proxecto “Estamos contigo” dirixido ás persoas maiores e/ou discapacitadas, cunha dotación orzamentaria de 18.500,00 euros con cargo á partida 08/313.313.480.02 do vixente orzamento provincial. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE AROUSA, PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO “ESTAMOS CONTIGO” DIRIXIDO A PERSOAS MAIORES E DISCAPACITADAS. No pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o día de 2008, reúnense, D. Rafael Louzán Abal, como Presidente da Excma, Deputación Provincial de Pontevedra e D. Francisco J. Fernández Rodríguez con DNI. 76.397.456-N, como representante e Director de Cáritas Interparroquial de Arousa con código de identificación fiscal Q1500053-B. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o convenio de colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio, conscientes do notable incremento da poboación de máis de 65 anos que conforma unha nova realidade da poboación maior que conleva problemas de dependencia nas últimas etapas da vida e o aumento de colectivos dependentes por razóns de enfermidade e outras causas de discapacidade, consideran de suma importancia a utilización de recursos que contribúan a facer fronte a dita situación, polo que asumindo as competencias previstas no artigo 34 da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, artigo 105 da Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local de Galicia e artigo 15 da Lei 39/2006 de 14 de decembro de Promoción de Autonomía persoal e atención as persoas en situación de dependencia, acordan establecer o presente convenio coas seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto. O obxecto do presente Convenio e a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas maiores ou con problemas de discapacidade que se encontran en situación de dependencia, colaborando economicamente no desenvolvemento do proxecto piloto de intervención denominado “Estamos Contigo”, que Cáritas Interparroquial de Arousa propón a Deputación de Pontevedra para evitar o illamento e situacións de discriminación destes colectivos. SEGUNDA.- Descrición do Proxecto. As actuacións a desenvolver ó abeiro deste convenio son os repartos diarios de menús ás persoas maiores ou discapacitadas, co fin de garantir unha boa alimentación as persoas con escasos recursos e que o seu estado físico lles imposibilite realizar por si mesmas as actividades básicas da vida diaria. Para o desenvolvemento deste proxecto Cáritas de Arousa conta cun equipo de voluntarios para ofertar un servizo de compaña e de lavandería a estas persoas. Todas estas actuacións teñen como finalidade garantir unha boa calidade de vida e permanencia destas persoas nos seus fogares, evitando así posibles internamentos. TERCEIRA.- Ámbito de Actuación. O ámbito de actuación deste proxecto vai dirixido ás persoas maiores e discapacitados dos Concellos que integran Cáritas Interparroquial de Arousa: Cambados, Catoira, Illa de Arousa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, sen prexuízo de que unha vez analizados os resultados do proxecto, se valore a posibilidade de facelo extensivo en futuras anualidades a outros Concellos. CUARTA.- Documentación. En virtude do presente convenio Cáritas Interparroquial de Arousa deberá acreditar o inicio do expediente o cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 14 da Lei 38/2003, de 17 de nvembro, Xeral de Subvencións, por outra banda a Excma. Deputación de Pontevedra deberá xustificar as razóns que fundamentan a concesión directa da subvención no abeiro da base 25-3ª de execución do orzamento provincial ano 2008. QUINTA.- Duración. O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2008, rematando o 31 de decembro do mesmo ano, podendo prorrogarse expresamente polas partes un ano máis, con un mínimo dun mes de antelación o remate do exercicio 2008. SEXTA.- Financiamento. Para a execución das actividades descritas no presente convenio a Deputación Provincial de Pontevedra achegará con cargo a partida 08/313.313.480.02 a cantidade de dezaoito mil cincocentos euros (18.500,00 €) en concepto de gastos de persoal. Cáritas Interparroquial de Arousa comprométese a achegar os recursos que permitan dar apoio técnico e loxístico o proxecto, así como a xestión e supervisión do mesmo, e os factores de produción non ponderados economicamente necesarios para levar a cabo proxecto. SÉTIMA.- Pagamento. A Deputación Provincial subvencionará o Proxecto “Estamos Contigo” de Cáritas Interparroquial de Arousa cunha axuda anual de 18.500,00 €, que se aboarán logo da acreditación por parte de Cáritas Interparroquial de Arousa, das actuación descritas na cláusula segunda, mediante a certificación oportuna do secretario da devandita entidade, a que se achegarán as facturas orixinais que cumpran os requisitos legais ou fotocopias compulsadas correspondentes de gastos realizados. OITAVA.- Comisión de seguimento. Constitúese unha comisión mixta de seguimento, control e avaliación a que serán sometidas todas as cuestión derivadas do desenvolvemento deste convenio, así como a resolución de cantas dúbidas poidan xurdir sobre o mesmo. Esta comisión estará composta por un representante legal da Deputación, Area de Benestar Social e Muller, e por unha Traballadora Social da Unidade Técnica de Servizos Sociais, por parte de Cáritas Interparroquial de Arousa, o director da Entidade ou persoa en quen delegue e a Traballadora Social designada para o proxecto. As reunións da comisión de seguimento manteranse como mínimo cuadrimestralmente, ou coa periodicidade que fixen os seus membros, sendo Cáritas Interparroquial de Arousa a responsable da convocatoria. NOVENA.- Causas de Resolución. Serán causas de resolución do presente convenio e darán lugar no seu caso o reintegro das cantidades percibidas: • O incumprimento de calquera das cláusulas establecidas no mesmo. • Aplicación dos fondos outorgados no convenio, a fins distintos dos que motivaron a súa concesión. • A falta de xustificación do emprego das cantidades percibidas. DÉCIMA.-Publicidade. Cáritas Interparroquial de Arousa comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, Área de Acción Social, en toda a publicidade que elabore sobre o proxecto. UNDÉCIMA. Dereito Supletorio. O presente convenio estará suxeito os principios xerais da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable. Estando as partes conforme co senso deste documento, asinando no Pazo de Excma. Deputación na data do encabezado. O Presidente da Excma. Deputación O Director de Cáritas Diocesana de Pontevedra, Interparroquial de Arousa, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Francisco J. Fernández Rodríguez” ------ Folla: 10.16085.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS “PREMIOS Á INVESTIGACIÓN-2007” Dada conta da acta do Xurado cualificador dos Premios á Investigación - 2007, na reunión mantida o pasado 17 de abril: 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador dos Premios á Investigación – 2007 despois da reunión mantida o pasado 17 de abril e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE PREMIOS Á INVESTIGACIÓN 2007 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 10,30 horas do 17 de abril de 2007, reúnese o Xurado cualificador de Premios á Investigación 2007 presidido por D. JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura desta Deputación Provincial e os vogais: D. XAIME FANDIÑO ALONSO, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, DONA JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ, profesora da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, D. ENRIQUE LORENZO CIMADEVILA, subdirector da E. U. de Enxeñería Técnica Forestal en substitución de D. Luis Ortiz Torres; Dª. Mª JOSÉ MANZANARES PERELA, coordinadora de Extensión Universitaria da UNED, en substitución de D. Gerino Calvo Maquieira; Dª. ROSA ANA MALVAR PINTOS, directora da Misión Biolóxica de Galicia; D. XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, director do Museo Provincial de Pontevedra; D. MIGUEL PEREIRA FIGUEROA, xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación e DONA Mª DEL CARMEN CRESPO BLANCO, xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, actuando como Secretario D. ANTONIO SANTOS GUERRA, Xefe do Servizo de Cultura e Deportes. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes premios: Apelidos e nome DNI Título CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 € Declarado deserto HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 € Rial García, Serrana Mercedes 33240562-L Las edades y los ciclos de la vida de las mujeres gallegas. Historia cotidiana, estratificación social y relaciones de género durante la edad moderna. PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 6.000,00 € Rodríguez Barcia, Susana Suárez Sousa, Rubén 36151627-C 36127283-X Después de la movida. La música pop y rock en Pontevedra entre 1990 y 2007 TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.500,00 € González Fernández, Ana María 44075818-K Genética de generaciones segregantes de judía común (Phaseolus vulgaris L.) mediante marcadores bioquímicos y caracteres fenotípicos de semilla TESES DE DOUTORAMENTO: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.500,00 € Sánchez Sánchez, Xosé Manoel 44809648-J La Iglesia de Santiago y el Pontificado en la Edad Media (1140-1417) TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA .- 1.200,00 € González Villanueva, Rita 53116333-H Evolución fisiográfica y dinámica de la línea de costa de la Bahía de Baiona: Interacción entre procesos naturales y antrópicos a escala anual y decadal TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS .- 1.200,00 € Declarado deserto INVESTIGACION XUVENIL: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS .- 1.500,00 € Vivel Búa, Mª Milagros 35318354-Z Cobertura del riesgo de cambio transaccional con productos derivados y deuda en divisa: factores determinantes para el mercado español E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 11,30 horas do mencionado día, do que eu, como Secretario dou fe” 2.- Ditas axudas achegaranse con cargo á partida 08/451.451.481.01.2007 do orzamento provincial. ------ Folla: 11.16086.- APROBACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a celebración da Festa da Bicicleta e Marcha Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDADE PONTEAREAS 17/05/08 FESTA DA BICICLETA NIGRÁN 17/05/08 FESTA DA BICICLETA VILAGARCÍA DE AROUSA 18/05/08 FESTA DA BICICLETA O GROVE 07/06/08 MARCHA POPULAR A ESTRADA 08/06/08 FESTA DA BICICLETA VILANOVA DE AROUSA 08/06/08 FESTA DA BICICLETA OIA 14/06/08 FESTA DA BICICLETA RODEIRO 15/06/08 FESTA DA BICICLETA BARRO 18/06/08 MARCHA POPULAR CALDAS DE REIS 22/06/08 FESTA DA BICICLETA CAMPO LAMEIRO 28/06/08 FESTA DA BICICLETA FORCAREI 28/06/08 FESTA DA BICICLETA ------ Folla: 12.16087.- CONVOCATORIA URXENTE PARA A ADXUDICACIÓN DE BOLSAS DE INVESTIGACIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN NA ESTACIÓN FITOPATOLOXÍA DO AREEIRO. (DÚAS PARA A SECCIÓN FITOPATOLOXÍA E UNHA PARA A SECCIÓN DE FRUTICULTURA E ORNAMENTAIS) A) Vista a proposta de data 09 de abril de 2008, número de rexistro de entrada 013934, presentada polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, na que solicita a convocatoria dunha bolsa de Licenciado Universitario, destinada a Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes ou Licenciados en Ciencias Biolóxicas, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fruticultura e Ornamentais, motivada pola finalización con efectos de 01 de maio da Bolsa adxudicada a D. Luciano Otero Álvarez, desenvolvida de forma satisfactoria e positiva para o Centro, e co obxecto de continuar coas liñas de investigación implantadas, ó abeiro do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a Convocatoria e Bases dunha bolsa de Licenciado/a Universitario, destinada a Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes ou Licenciados en Ciencias Biolóxicas, polo procedemento de concorrencia competitiva, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fruticultura e Ornamentais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. O custo desta Bolsa para o exercicio 2008 ascenden a un total mensual de 1.000,00 €, que se imputará á partida orzamentaria 08/714.714.481.01. B) Vista a proposta de data 09 de abril de 2008, número de rexistro de entrada 013934, presentada polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, na que solicita a convocatoria de dúas bolsas de Licenciados/as Universitarios/as, destinadas a Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes ou Licenciados en Ciencias Biolóxicas, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fitopatoloxía, motivada pola finalización con efectos de 01 de maio das Bolsas adxudicadas a Dona Beatriz González Penalta e Dona Ana Picoaga Montousé e desenvolvidas de forma satisfactoria e positiva para o Centro, e co obxecto de continuar coas liñas de investigación implantadas, ó abeiro do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de dúas bolsas de Licenciados/as Universitarios, destinadas a Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros de Montes ou Licenciados en Ciencias Biolóxicas, polo procedemento de concorrencia competitiva, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. O custo destas Bolsas para o exercicio 2008 ascenden a un total mensual de 1.000,00 € cada unha delas, que se imputarán á partida orzamentaria 08/714.714.481.01. ------ Folla: 13.16088.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) Visto o escrito de data 07 de abril de 2008, presentado por Dna María Del Carmen Rubianes Carro, funcionaria interina, Técnico Auxiliar de Carcoteca, adscrita ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, no que expón que os próximos días 4, 5 e 6 de xuño de 2008, celebrarase en Salamanca, o curso “Dixitalización do Patrimonio Bibliográfico e Documental, nivel I”, polo que solicita autorización para a asistencia a dita actividade formativa, así como o aboo dos gastos de matrícula, desprazamento en medio regular de transporte (autobús) e dietas que legalmente lle correspondan. Considerando que na solicitude, informada favorablemente por D. Miguel Ángel Pereira Figueroa, Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, co visto e prace do Deputado Delegado de Cultura D. José Juan Durán Hermida, faise constar expresamente a necesidade de que a solicitante asista a dito curso, co obxecto de coñecer e manexar en todo aquilo que afecta ó material documental audiovisual dispoñible no Servizo, así como que a asistencia non prexudicará o normal funcionamento do mesmo. Considerando que unha vez examinados os antecedentes que obran no expediente da interesada, non consta que a mesma sexa autorizada para este tipo de licenzas con anterioridade no ano 2008. Visto o programa do Curso achegado pola solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto da actividade formativa e o traballo desenvolvido pola interesada no Servizo. Ó abeiro do establecido na normativa reguladora das “Licenzas e axudas económicas para asistencia a cursos, conferencias e congresos, xornadas e reunións” aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, en concreto a Cláusula 11ª) que dispón que “a axuda económica que se poderá conceder ós solicitantes comprenderá os gastos de matrícula e inscrición, gastos de desprazamento e as axudas por aloxamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual”, establecendo neste sentido, o apartado 9 do Acordo da Xunta de Goberno número 14.15813, de 23 de xaneiro de 2008, polo que se aproban os Modelos de Xustificación de Gastos para o aboo de Indemnizacións por Razón do Servizo, “que a contía da indemnización por residencia eventual será do 80 por cento da dieta que corresponda de acordo co disposto no apartado 6”, tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a autorización da licenza solicitada co aboo dos importes que legalmente corresponden e que se especifican a continuación: Grupo Matrícula Autobús Día 03/06/08 saída Días 4 e 5: residencia Día 06/06/08 Regreso: ida-volta alox e ½ mant. eventual manutención C (3) 180 € 50 € 63,03 € 123,41 € 28,21 € TOTAL 444,65 € O importe estimado ascende a un total de 444,65 € que se imputará ás seguintes partidas orzamentarias, de acordo co seguinte detalle: CONCEPTO PARTIDA IMPORTE Matrícula 08/122.314.162.00 180,00 € Desprazamentos 08/454.451.231.01 50,00 € Dietas 08/454.451.230.01 214,65 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o curso, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o desenvolvemento do Curso e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos de matrícula, desprazamentos e axudas de manutención e aloxamento, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. b) Visto o escrito de data 08 de abril de 2008, presentado por D. PEDRO J. MANSILLA VÁZQUEZ, Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, no que expón que “durante os días 15 á 18 de setembro de 2008, celebrarase na cidade de Beijin (China) o IV International Chestnut Synposium”, organizado pola International Society for Horticultural Sciencie, no que se pretende presentar o traballo realizado polo Centro, titulado “ Diversity of vegetative compatibility types, mating types and occurrence of hypovirulence in Crypphonectria parasítica polpulationes en NW Spain”, do cal adxunta resumo. Para a presentación de dito traballo e posterior remisión dos Libros de Actas con todos os traballos de Investigación presentados, é necesaria a inscrición dun dos autores, polo que propón e solicita a concesión da devandita autorización a Dona Olga Aguín Casal, Funcionaria de Carreira, Técnico Superior/Enxeñeira. O importe da inscrición ascende a 450 dólares. (300 € aproximadamente ).” Considerando que a solicitude, está informada favorablemente polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, co visto e prace do Deputado Delegado de Cultura D. José Juan Durán Hermida. Considerando que unha vez examinados os antecedentes que obran no expediente da interesada, non consta que a mesma sexa autorizada para este tipo de licenza con anterioridade no ano 2008. Considerando que examinado o contido do resumo do traballo realizado, que se xunta coa solicitude, de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto de dita presentación e o traballo desenvolvido na Estación Fitopatolóxica do Areeiro. De acordo co exposto, e ó abeiro do establecido na normativa reguladora das “Licenzas e axudas económicas para asistencia a cursos, conferencias e congresos, xornadas e reunións” aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a autorización da licenza solicitada co aboo dos importes que legalmente corresponden e que se especifican a continuación: Traballador Grupo Custo inscrición Partida orzamentaria OLGA AGUÍN CASAL A 300,00 € 08/122.314.162.00 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o curso, para que se aboe a axuda económica proposta, a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o desenvolvemento do Curso e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma e os gastos de matrícula, neste suposto de inscrición. ------ Folla: 14.16089.- RECOÑECEMENTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE DIVERSAS OBRIGAS DERIVADAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS ÓS PARQUISTAS DE CARRIL – 2006, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 27/04/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas ós parquistas de Carril para paliar os efectos dos temporais de abril de 2006”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario / (CIF/NIF) / Dirección / Orzamento inicial / Axuda concedida / Investimento xustificado / Importe a pagar Marcial Nogueira Leiro(35401445Y) R/Priorato, 26 – La Modia36633 Cambados 4.280,00 € 825,00 € 3.531,00 € 680,78 € Fernanda Eiras Mollinedo (35448386G) R/Castillejos, 7 – Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 3.081,60 € 1.290,00 € 3.081,60 € 1.290,00 € Rafael Ozores Grande (35462144P) R/Pantrigueira, 6 36620 Vilanova de Arousa 5.136,00 € 390,00 € 5.136,00 € 390,00 € Rosario Maneiro Gómez (35415379W) La Rosa – Carril, 1 36610 Vilagarcía de Arousa 12.326,40 € 1.780,00 € 2.808,58 € 405,75 € Concepción Núñez Lorenzo (35432812R) Valentín Viqueira, 17-3º 36610 Vilagarcía de Arousa 9.244,80 € 1.050,00 € 21.750,28 € 1.050,00 € Eduardo Muñiz Ríos (33198381C) Abanqueiro – Triñanes, 48 15930 Boiro 8.559,14 € 950,00 € 8.559,14 € 950,00 € Vicente Abad Caeiro (35434641J) R/Cervantes, 50 Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 2.311,20 € 475,00 € 6.296,95 475,00 € José Núñez Pereira (35331347N) Valentín Viqueira, 17-Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 9.244,80 € 800,00 € 6.741,00 € 583,33 € Mª Carmen Dios Maneiro (35403058D) Avda. Los Ángeles, 57 36610 Vilagarcía de Arousa 2.700,00 € 620,00 € 2.700,00 € 620,00 € José Luis Villanueva Vicente (35434501B) R/Feal, 43 – Sobradelo 36611 Vilagarcía de Arousa 21.913,60 € 3.500,00 € 21.963,60 € 3.500,00 € Mª Pilar García García (76812581X) Lg. San Roque do Monte, 51 36620 Vilanova de Arousa 2.760,60 € 350,00 € 2.760,60 € 350,00 € Carmen Feijoo Vázquez (76841987E) Tragove, 98 Corbillón 36634 Cambados 13.340,77 € 300,00 € 13.340,77 € 300,00 € Silvia Calvo Acosta (35459408D) R/Cervantes, 59 36610 Vilagarcía de Arousa 770,40 € 120,00 € 1305,40 € 120,00 € Ramón Trigo Fernández (35407120T) Ctra. 93 – S. Miguel de Deiro 36620 Vilanova de Arousa 9.145,29 € 2.100,00 € 9.145,29 € 2.100,00 € Elvira Castro Argibay (35416424N) A Bonza, 28 – Castrelo 36639 Cambados 10.443,74 € 6.600,00 € 10.443,74 € 6.600,00 € Olga Santiago Santos (35428733Q) Avda. A Mariña, 104 – 6ºK 36600 Vilagarcía de Arousa 2.557,73 € 2.010,00 € 2.557,73 € 2.010,00 € Dolores Franco Giráldez (35408381L) R/ del Carmen, 18 – Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 1.765,50 € 420,00 € 1.765,50 € 420,00 € Ángela Hermida Costa (35410757A) Lg. Corbillón, 80 – Tragove 36634 Cambados 1.540,80 € 1.450,00 € 1.540,80 € 1.450,00 € Mª Fernanda Franco Giráldez (35416939K) R/Rosalía de Castro, 175-3A 36610 Vilagarcía de Arousa 706,20 € 645,00 € 706,20 € 645,00 € Vistos os informes emitidos pola Intervención que fiscalizan o recoñecemento das obrigas relacionadas, nos que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial destas obrigas pola Xunta de Goberno; e vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, as obrigas derivadas da concesión das axudas relacionadas a continuación, correspondentes ó programa “Axudas ós parquistas de Carril para paliar os efectos dos temporais de abril de 2006”, con cargo á partida 08/711.711.479.01.2006 e nas condicións seguintes: Beneficiario / (CIF/NIF) / CIF/NIF / Dirección / Importe a pagar / Observacións Marcial Nogueira Leiro 35401445Y R/Priorato, 26 – La Modia 36633 Cambados 680,78 € Descóntanse 144,22 €, de xeito proporcional ó investimento non xustificado Fernanda Eiras Mollinedo 35448386G R/Castillejos, 7 – Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 1.290,00 € Rafael Ozores Grande 35462144P R/Pantrigueira, 6 36620 Vilanova de Arousa 390,00 € Rosario Maneiro Gómez 35415379W La Rosa – Carril, 1 36610 Vilagarcía de Arousa 405,75 € Descóntanse 1.374,25 €, de xeito proporcional ó investimento non xustificado Concepción Núñez Lorenzo 35432812 R/ Valentín Viqueira, 17-3º 36610 Vilagarcía de Arousa 1.050,00 € Eduardo Muñiz Ríos 33198381C Abanqueiro – Triñanes, 48 15930 Boiro 950,00 € Vicente Abad Caeiro 35434641J R/Cervantes, 50 Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 475,00 € José Núñez Pereira 35331347N Valentín Viqueira, 17-Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 583,33 € Descóntanse 216,67 € de xeito proporcional ó investimento non xustificado Mª Carmen Dios Maneiro 35403058 D Avda. Los Ángeles, 57 36610 Vilagarcía de Arousa 620,00 € José Luis Villanueva Vicente 35434501B R/ Feal, 43 – Sobradelo 36611 Vilagarcía de Arousa 3.500,00 € Mª Pilar García García 76812581X Lg. San Roque do Monte, 51 36620 Vilanova de Arousa 350,00 € Carmen Feijoo Vázquez 76841987E Tragove, 98 Corbillón 36634 Cambados 300,00 € Silvia Calvo Acosta 35459408D R/Cervantes, 59 36610 Vilagarcía de Arousa 120,00 € Ramón Trigo Fernández 35407120T Ctra. 93-S. Miguel de Deiro 36620 Vilanova de Arousa 2.100,00 € Elvira Castro Argibay 35416424N A Bonza, 28 – Castrelo 36639 Cambados 6.600,00 € Olga Santiago Santos 35428733Q Avda. A Mariña, 104 – 6ºK 36600 Vilagarcía de Arousa 2.010,00 € Dolores Franco Giráldez 35408381L R/Del Carmen, 18 – O Carril 36610 Vilagarcía de Arousa 420,00 € Ángela Hermida Costa 35410757 Lg. Corbillón, 80 – Tragove 36634 Cambados 1.450,00 € Mª Fernanda Franco Giráldez 35416939K R/Rosalía de Castro, 175-3A 36610 Vilagarcía de Arousa 645,00 € TOTAL 23.939,86 € ------ Folla: 15.16090.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: GABRAT, S.L. (CIF B- 36.828.325). • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil trescentos cincuenta e seis euros (2.356,00 €), para responder das obras de “Substitución do pavimento deportivo no pavillón de Ponteareas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/11/2006 con número de operación 200600103502, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil douscentos oitenta e dous euros con corenta céntimos (2.282,40 €), para responder das “Obras de instalacións hidráulicas na zona fluvial de Cabanelas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/12/2004 con número de operación 200400091722, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil trescentos oitenta e sete euros (2.387,00 €), para responder do contrato de “Eliminación de barreiras arquitectónicas no campo de deportes de O Grove”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/07/2004 con número de operación 200400050946, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PABELLÓN RIBADUMIA UTE (CIF G- 36.431.591) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil seiscentos sesenta e oito euros con tres céntimos (1.668,03 €), para responder das obras de “Pavillón polideportivo municipal de Sisán (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/08/2005 con número de operación 200500078563, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de nove mil novecentos catro euros con vinte e catro céntimos (9.904,24 €), para responder das obras da “Pavimentación capa de rodamento Gran Vía (dende Praza América a Praza España)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/07/2004 con número de operación 200400053510, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de ACC, por importe de dous mil catrocentos euros con tres céntimos (2.400,03 €), para responder das obras de “Cimentación e estrutura das bancadas no campo de fútbol de Ponteareas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/10/2006 con número de operación 200600088525, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil cento corenta e tres euros con sesenta céntimos (2.143,60 €), para responder das obras de “Pavimentación acceso ó campo de fútbol de Tui”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 1/12/2006 con número de operación 200600105340, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil douscentos sesenta e oito euros (1.268,00 €), para responder das obras de “Pavimentaci
Ãrea de notas
Nota