Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-05-14_Ordinaria. Acta de sesión 2008/05/14_Ordinaria
Acta de sesión 2008/05/14_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-05-14_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/05/14_Ordinaria
Data(s) 2008-05-14 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día catorce de maio do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona María Corina Porro Martínez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16036.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 30 de abril e 7 de maio de 2008. ------ Folla: 2.16037.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A “ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO”, ANO 2008 Como queira que a Asociación Autismo Vigo, ven traballando dende hai algúns ano na atención das persoas que padecen esta discapacidade, en aras a mellorar a súa calidade de vida, a Deputación de Pontevedra pretende subscribir un Convenio de Colaboración coa citada Asociación, para a finalización das obras na vivenda comunitaria “O Salgueiro” que lle foi cedida polo concello de Gondomar no ano 2007; por todo a cal e á vista dos informes do 15/04/08 e 5/05/08 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Asociación Autismo Vigo, cunha dotación orzamentaria de 30.000,00 euros con cargo á partida 08/313.313.789.00 para a finalización das obras da Vivenda Comunitaria “O Salgueiro” na parroquia de Vincios, que lle foi cedida no ano 2007 a tal Asociación polo concello de Gondomar. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO CON CIF.- G-36849883 PARA O ANO 2008 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra reúnense o …. de ……………….. de 2008, D. Rafael Louzán Abal, Presidente, de conformidade coas competencias establecidas no art. 34. 1,b da Lei 7/85, de 2 de abril (LBRL), e Dna. Josefa Rodríguez Cara, Presidenta da Asociación “Autismo Vigo” con Cif.- G-36849883 e con domicilio social na Avda. García Barbón, 108-1º B. 36201 Vigo. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o Convenio de Colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES O Concello de Gondomar en sesión ordinaria celebrada polo Pleno o día 11 de maio de 2007, acorda ceder gratuitamente á Asociación “Autismo de Vigo” as instalacións da antiga Escola O Salgueiro sitas en CM do Campo Novo, nº 27, Salgueiro da Parroquia de Vincios para o desenvolvemento do proxecto “Vivenda Comunitaria O Salgueiro”, por un período de 25 anos, cunhas condicións que a Asociación AUTISMO VIGO verase obrigada a acatar. Tendo en conta que as obras de reforma e adecuación da “Vivenda Comunitaria O Salgueiro” no ano 2008 elévanse a 107.610,33 euros e que a Asociación AUTISMO VIGO precisa 57.610,00 euros para poder rematalas, é imprescindible que as saque adiante a fin de poder desenvolver de forma estable as actividades de ocio e respiro familiar recollidas entre os seus obxectivos, así como tamén ofrecer unha estancia permanente ós seus usuarios e crear novas prazas de estancia os 365 días do ano nun centro adecuado para as persoas que padecen Autismo. Asumindo as competencias previstas no artigo 31.2 da Lei de Bases de Réxime Local, nos artigos 22 ó 25 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega e polo que as dúas partes intervenientes neste acto en virtude da representación que ostentan, acordan establecer o presente Convenio de Colaboración de acordo ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto: Apoiar economicamente dende a Deputación de Pontevedra á Asociación Autismo Vigo para que poida rematar as obras da “Vivenda Comunitaria O Salgueiro” sita na Parroquia de Vincios, no Concello de Gondomar e desenvolver: O proxecto de estancia permanente destinado a usuarios de ambos sexos, maiores de idade, que padecen trastornos do espectro autista e que precisan unha supervisión xeral nas actividades da vida diaria durante todo o ano. Crear novas prazas de estancia durante todo o ano para os usuarios que precisen o recurso. Sacar adiante o Proxecto de Ocio e Respiro Familiar destinado a todos os asociados de pleno dereito da Asociación que padecen trastorno do espectro autista sen límite de idade. SEGUNDA. Ámbito de actuación: O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da provincia de Pontevedra. TERCEIRA. Vixencia do Convenio: A duración do Convenio establécese para un ano natural con independencia da data da súa sinatura, entrando en vigor polo tanto o 1º de xaneiro e rematando o 31 de decembro do ano en curso. CUARTA. Condicións e Financiamento: A achega económica da Deputación será a trinta mil euros (30.000,00 €) consignados na partida 08/313.313.789.00 que se aboarán á Asociación “AUTISMO VIGO” conforme vaia xustificando os gastos mediante facturas que cumpran os requisitos legais, ata o total da axuda aprobada. Esta subvención será compatible con outras subvencións a teor do disposto no artigo 65.3 da Lei Xeral de Subvencións. QUINTA. Participación das Institucións e obriga das mesmas: DEPUTACIÓN: Achega económica. ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO: Responsabilizarase da realización das obras e ó seu remate presentará unha memoria na que se recolla tanto a finalización das mesmas como o calendario para o desenvolvemento dos Proxectos previstos. SEXTA. Causas de Resolución do Convenio: Serán causas de resolución do presente Convenio tanto o incumprimento do seu contido por algunha das partes como o incumprimento da xustificación da subvención por parte do beneficiario da mesma. O Convenio poderá ser rescindido se algunha das partes, Deputación Provincial ou a Asociación “Autismo Vigo”, o solicita, previa comunicación á outra parte cun período de antelación, cando menos, de tres meses. SÉTIMA. Publicidade: A Deputación conforme ó artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, procederá a publicar a subvención concedida. A Asociación “AUTISMO VIGO” comprométese a facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social en toda a publicidade que elabore sobre a mesma. OITAVA. Dereito Supletorio: En todo o non regulado, este Convenio axustarase ó previsto na Lei 38/2003 Xeral de Subvencións e á Lei 30/92 de Procedemento Administrativo Común e demais lexislación aplicable. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Excma. Deputación. O Presidente da Deputación A Presidenta de “Autismo Vigo Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Josefa Rodríguez Cara” ------ Folla: 3.16038.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA ADAPTACIÓN DO PXOM Á LEI 9/2006 Dada conta da solicitude de aboo da xustificación (fact. 031/08) do Concello de Pazos de Borbén, á vista do informe de Intervención de data 29 de abril de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de once mil douscentos cincuenta euros (11.250,00 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar o aboo de dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.462.09-2006, como pago da subvención concedida ó mesmo, para o investimento denominado “Adaptación do PXOM á Lei 9/2006”. ------ Folla: 4.16039.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE MOAÑA DAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2008, APROBADAS NA XUNTA DE GOBERNO DE 7/04/06 Vista a petición do concello de Moaña, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación das seguintes obras: nº 183/652 “Reurbanización rúas as Barxas”, cunha subvención de 65.000,00 €, a nº 184/882 “Pavimentación camiño de Rialdarca”, cunha subvención de 66.909,06 € e a nº 185/638 “Reurbanización da rúa Almansa” cunha subvención de 65.000,00 €, incluídas no PAM/2006-08, anualidade 2008, para a obra nº 316/1182: “Urbanización da rúa Rosalía de Castro”, cunha subvención de 196.909,06 €, quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó concello de Moaña con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Pavimentación camiño de Cadabón 40.820,95 40.820,95 40.820,95 Pavimentación camiño de Coral 25.987,01 25.987,01 25.987,01 Construcción de beirarrúas da Estrada As Baras 231.659,64 231.659,64 231.659,64 Urbanización da rúa Rosalía de Castro 196.909,06 196.909,06 196.909,06 66.807,96 66.807,96 231.659,64 231.659,64 196.909,06 196.909,06 495.376,66 ------ Folla: 5.16040.- APROBACIÓN DO PROXECTO “CAPA DE RODADURA, PASOS ELEVADOS E SINALIZACIÓN NA EP 9802 AS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA). Visto o proxecto, redactado polo Servizo de Vías e Obras, de “Capa de rodaxe, pasos elevados e sinalización en E.P. 9802 Estrada As Aceñas (Illa de Arousa)”, cuxo importe ascende á suma de 226.387,80 €, IVE incluído, que ten por obxecto diversas actuacións na devandita estrada consistentes na mellora do firme, a dotación de capa de rodaxe, sinalización horizontal e vertical, etc.; e, visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto a existencia de crédito adecuado e suficiente na partida 08/511.511-612.02 (documento RC nº 200800040235) para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda prestar aprobación ó referido proxecto así como iniciar o correspondente expediente para a contratación da obra. ------ Folla: 6.16041.- DEVOLUCIÓN GARANTÍAS DEFINITIVAS. Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil trescentos oitenta e cinco euros con corenta céntimos (2.385,40 €), para responder das “Obras de muros de mampostería na E.P. 2907 Redondela- Cepeda (Tramo I)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 3/01/2007 con número de operación 200700001166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder das “Obras de supresión de estreitamento no P.K. 1.000 da E.P. subida a Bahíña”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/11/2006 con número de operación 200600098120, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil trescentos setenta e seis euros con corenta céntimos (2.376,40 €), para responder das “Obras de supresión de estreitamento no P.K. 3.000 da E.P. Beade- A Garrida (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 8/08/2006 con número de operación 200600067625, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.L. (COVSA) (CIF B- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 €), para responder das obras de Ampliación de explanada e rodamento EP 3002- 3003 Malvas- Pexegueiro (Tui), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/08/2006 con número de operación 200600074125, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.L. (CIF B- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder das obras de Mellora intersección EP Puxeiros- Mos con estrada Peinador- Tameiga e acceso Pena de Francia (Mos), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/01/2006 con número de operación 200600003797, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.L. (CIF B- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil trescentos corenta e catro euros (2.344,00 €), para responder das obras de Muros e reposicións de accesos provisionais EP A Lama- Ponteverdugo (A Lama), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 4/08/2006 con número de operación 200600066830, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.L. (CIF B- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil trescentos oitenta e oito euros (2.388,00 €), para responder das obras de Reposición de servizos en EP 3001 Tui- Rebordáns (Tui)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/08/2006 con número de operación 200600074124, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de novecentos cincuenta euros con oitenta e nove céntimos (950,89 €), para responder das “Obras de modificado nº1 de mellora de rodamento E.P. 3301 O Rosal- Portocelo (O Rosal)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 1/09/2005 con número de operación 200500083285, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SIMEÓN, por importe de mil trescentos seis euros con setenta e dous céntimos (1.306,72 €), para responder das “Obras de proxecto modificado de mellora de trazado e seguridade vial no acceso ó Instituto E.P. Baiona- O Rosal”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/05/2006 con número de operación 200600047017, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de catro mil setecentos cincuenta e catro euros con oitenta céntimos (4.754,80 €), para responder das “Obras de mellora de rodamento E.P. 3301 O Rosal- Portocelo (O Rosal)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 6/06/2003 con número de operación 200300041265, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO CAIXA GERAL, por importe de dous mil trescentos noventa euros con oitenta céntimos (2.390,80 €), para responder das “Obras de glorieta de enlace na E.P. 5005 Arbo- Crecente coa E.P. 5003 (A Cañiza)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/01/2007 con número de operación 200700002942, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO CAIXA GERAL, por importe de dous mil trescentos trinta e nove euros con catro céntimos (2.339,04 €), para responder das “Obras de supresión de liñas aéreas de Unión Fenosa na E.P. 2202 Baiona- O Rosal”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/11/2006 con número de operación 200600099739, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de seis mil seiscentos cincuenta euros con oitenta céntimos (6.650,80 €), para responder das “Obras de trazado e seguridade vial no acceso Instituto E.P. Baiona- O Rosal”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/04/2004 con número de operación 200400031028, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOVEX VIAL, S.L. (CIF B- 36.684.157) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de mil cincocentos trinta e oito euros (1.538,00 €), para responder das “Obras de mellora acceso cemiterio Taboadelo (Ponte Caldelas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/11/2006 con número de operación 200600100741, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CALDEVERGAZO, S.L. (CIF B- 36.133.916) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de dous mil catorce euros (2.014,00 €), para responder das “Obras de ampliación de plataforma e construción de muros na E.P. 2401 Porriño- Mosende (Porriño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 4/01/2007 con número de operación 200700001253, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES E. C. CASAS, S.L. (CIF B- 36.147.429) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de sete mil setecentos vinte euros (7.720,00 €), para responder das “Obras de ensanche e mellora do pavimento do P.K. 17,700 ó 19,680 E.P. Tomiño- Sabarís (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 1/10/2004 con número de operación 200400070392, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (CIF B- 32.204.620) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de dous mil douscentos oitenta e sete euros con vinte e oito céntimos (2.287,28 €), para responder das “Obras de mellora da seguridade vial na E.P. Fornelos- Festín e E.P. Peso- Caroi (Fornelos de Montes)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/10/2006 con número de operación 200600088476, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELSAMEX, S.A. (CIF A- 28.504.728) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dous mil trescentos oitenta e sete euros con vinte e un céntimos (2.387,21 €), para responder das “Obras de reposición de peches e servizos no acceso a Chenlo E.P. 2404 (Porriño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2007 con número de operación 200700017610, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELSAMEX, S.A. (CIF A- 28.504.728) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de mil catrocentos oito euros con noventa e dous céntimos (1.408,92 €), para responder das “Obras de mellora de trazado e pavimentación E.P. Mosende- Morgadanes (Porriño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/01/2007 con número de operación 200700017613, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 7.16042.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Visto o escrito de data 6 de maio de 2008, presentado por D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Director de Infraestruturas, Servizo de Vías e Obras, no que expón que a Consellería de Medio Rural organiza unhas Xornadas sobre “Prevención de Incendios Forestais en grandes Infraestruturas e núcleos rurais”, os próximos días 9 e 10 de maio de 2008, en Mabegondo (A Coruña), en horario de 10:00 á 20:00 horas o día 9 e de 9:00 á 14:30 horas o día 10. Considerando que no seu escrito solicita autorización para que asista a funcionaria, Dona Mª Belén Pampín Camino, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, así como que se aboen os gastos de desprazamento en vehículo particular, (492 Km), e gastos de peaxe. Considerando que a solicitude é informada favorablemente polo Deputado Delegado de Cultura D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente da interesada, non consta que a mesma sexa autorizada para este tipo de licenzas con anterioridade no ano 2008. Visto o programa da Xornada, achegado pola solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto da actividade formativa e o traballo desenvolvido pola interesada no Servizo. A normativa reguladora das “Licenzas e Axudas Económicas para Asistencia a Cursos, Conferencias e Congresos, Xornadas e Reunións”, aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, establece na a súa Cláusula 11ª) que “a axuda económica que se poderá conceder ós solicitantes comprenderá os gastos de matrícula e inscrición, gastos de desprazamento e as axudas de por aloxamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual”. Tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, o importe total solicitado, cuantifícase de acordo co seguinte detalle: GRUPO KM IMPORTE Km TOTAL PEAXE DÍA 9/05/08 DÍA 10 AUTOESTRADA ½ MANUTENCIÓN ½ MANUTENCIÓN B (2) 492 0,19 € 93,48 € 8,65 € X 4 viaxes: 18,70 € 18,70 € 34,60 € TOTAL 165,48 € O importe estimado ascende a un total de 165,48 € que se imputará ás seguintes partidas orzamentarias, de acordo co seguinte detalle: CONCEPTO PARTIDA IMPORTE Desprazamentos 08/511.511.231.01 128,08 € Dietas 08/511.511.230.01 37,40 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a xornada, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos e axudas de manutención, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002 de 24 de maio. Ó amparo do establecido na normativa reguladora das “Licenzas e axudas económicas para asistencia a cursos, conferencias e congresos, xornadas e reunións” aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, autorizar a licenza solicitada co aboo dos importes que legalmente corresponden e que se especifican no parágrafo anterior.” ------ Folla: 8.16043.- DAR CONTA DE SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO DO TSXG RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO 8258/2004 PROMOVIDOS POR DONA REGINA CONSUELO MELLA LAREO CONTRA APROBACIÓN DO PROXECTO “TERMINACIÓN ENSANCHE E.P.6407 CASEDA-BRANDARIZ” Dada conta que con data 5 de maio de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 21 de abril anterior, da Sala do Contencioso do TSXG, recaída en recurso autos de procedemento ordinario núm. 8258/2004 promovidos por Dna. Regina Consuelo Mella Lareo contra aprobación do proxecto “Terminación Ensanche E.P. 6407 Caseda-Brandariz”, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 9.16044.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTECIODO-ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 220/07 PROMOVIDOS POR SERVICIOS MEDIOAMBIENTALES DEL NOROESTE, S.L., SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE Dada conta que con data 28 de abril de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 24 de abril anterior, do Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento ordinario núm. 220/07 promovidos por SERVICIOS MEDIOAMBIENTALES DEL NOROESTE, S.L. sobre reclamación de cantidade por importe de 104.400,00 €, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 10.16045.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO Nº313/2006, PROMOVIDOS POR DONA JOSEFA PIÑEIRO VILAS, CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR VÍA DE FEITO NA FINCA GRANJOTA NO LUGAR DE HERMELO DO CONCELLO DE BUEU Dada conta que con data 27 de marzo de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 24 de marzo anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 313/06 promovidos por Dna. Josefa Piñeiro Vilas por danos en finca da súa propiedade sita no Lugar de Hermelo (Bueu) , valorados en 18.839,00 €, por danos, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 11.16046.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 439/07 PROMOVIDOS POR DON LUIS PRESAS FERRADÁS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO Dada conta que con data 30 de abril de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 10 de abril anterior, do Xulgado do Contencioso nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 439/07 promovidos por D. Luis Presas Ferradás contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 257,88 €, por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 9006 A Bouza-O Facho (Cambados), na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 12.16047.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO PENAL Nº1 DE PONTEVEDRA DITADA EN PROCEDEMENTO ABREVIADO 1/2008 PROCEDENTE DO XULGADO DE 1ª INSTANCIA E INSTRUCIÓN Nº2 DE PONTEAREAS, POR DANOS EN MAQUINARIA PROPIEDADE DESTA DEPUTACIÓN NA ESTRADA DEVESA-GANADE (PONTEAREAS) Dada conta que con data 25 de abril de 2008 tivo entrada no Rexistro Xeral sentenza de 17 de abril anterior, do Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra, ditada en procedemento abreviado 1/2008 procedente do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Ponteareas, por un delito de danos en maquinaria propiedade desta Deputación na estrada Devesa-Ganade (Ponteareas), do que é considerado responsable D. Juan Carlos Torres Santiago, condenándoo a unha pena de nove meses de multa a razón de 12,00 € diarios, ó pago das custas do xuízo e a que indemnice a esta Deputación na suma de 1.060,00 € (mil sesenta euros). A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. ------ Folla: 13.16048.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL POLA QUE SE REVOGA RESOLUCIÓN SANCIONADORA DO DELEGADO PROVINCIAL, POR OBRAS SEN AUTORIZACIÓN NO MONTE VECIÑAL DE HÍO (CANGAS) Dada conta da resolución da secretaría xeral da Consellería do Medio Rural, de data 24 de marzo de 2008, pola que se revoga resolución de 11 de febreiro anterior, do delegado provincial da antedita Consellería, na que se impoñía a esta Deputación unha sanción económica por realización de obras sen autorización do monte veciñal de Hío (Cangas), ó terse ditado a mesma fóra de prazo, atendendo así as alegacións efectuadas pola Asesoría Xurídica desta Deputación no escrito de requirimento presentado perante o Conselleiro con data 20 de febreiro de 2008. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da citada resolución. ------ Folla: 14.16049.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16050.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓNS XUDICIAIS Dada conta que con data 9 de abril de 2008 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 2/08, promovidos por D. José Prieto Muñiz contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 9101 (O Grove), debido á existencia de gravilla na calzada. Resultando que en dita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade de 4.097,66 €, actualizada cos xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa, acadando así un importe total de 4.271,12 €, segundo informe da Intervención de data 21 de abril de 2008. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Quedar enterada de sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 2/08, promovidos por D. José Prieto Muñiz contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 9101 (O Grove), debido á existencia de gravilla na calzada, ordenando o cumprimento no seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a cantidade de 4.271,12€ (catro mil douscentos setenta e un euros con doce céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada en autos de procedemento abreviado núm. 2/08, promovidos por D. José Prieto Muñiz. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do vixente Orzamento e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do devandito Xulgado na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 3597.0000.85.02008. Cuarto.- Dar traslado desta Resolución ós efectos oportunos ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 775/07), con enderezo na Correduría de Seguros Lariño, S.L., sita na rúa Rosalía de Castro nº 2, C.P. 36001, Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita proceda ó reintegro da cantidade de 3.671,12 € (tres mil seiscentos setenta e un euros con doce céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), e mediante ingreso na conta que esta Deputación ten na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16051.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA COMPLETAR A CAPACIDADE ECONÓMICA DO CONCELLO NA EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA MEDIOAMBIENTAL DA MARXE DO RÍO VERDUGO, SOUTOMAIOR” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Soutomaior para completar a capacidade económica na execución da obra “Mellora medioambiental da marxe do río Verdugo, Soutomaior”. O obxecto do presente convenio no marco da cooperación económica ente a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior é posibilitar a execución da obra “Mellora medioambiental na marxe do río Verdugo, Soutomaior”, cun orzamento de cento setenta e oito mil vinte e nove euros con cincuenta e sete céntimos (178.029,57 €), sendo subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra nun 18,56 %, o que supón unha cantidade de trinta e tres mil corenta e dous euros con vinte e nove céntimos (33.042,29 €), que se financiará con cargo á partida 08/911.911.762.08 do vixente orzamento provincial, a cuxo efecto se emitiu o documento R.C. núm. 200800039752 polo citado importe. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA COMPLETAR A CAPACIDADE ECONÓMICA DO CONCELLO NA EXECUCIÓN DA OBRA: “MELLORA MEDIOAMBIENTAL DA MARXE DO RÍO VERDUGO, SOUTOMAIOR” Pontevedra, de de REUNIDOS: O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación de Pontevedra, actuando en nome e representación desta no exercicio das facultades que ten atribuídas. D. Agustín Reguera Ocampo, na súa condición de Alcalde de Soutomaior, actuando en nome e representación deste e no exercicio das facultades que ten atribuídas. Os comparecentes interveñen en razón dos seus cargos representando as súas respectivas entidades locais, de conformidade coas competencias atribuídas polos artigos 21.1, b) e 34.1,b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 61.1,a) e 105.1,a) da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. Ambas as dúas partes teñen plena capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das administracións públicas. EXPOÑEN I. Que os convenios entre as administracións públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestión de intereses comúns, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, 3.c) do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II. Que na actualidade estase a desenvolver no territorio dos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Soutomaior e en seis parroquias do municipio de Vigo (Beade, Bembrive, Candeán, Saiáns, Valadares e Zamáns), o programa PRODER II, promovido pola Asociación de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (en adiante ADR-MAIV) e xestionado pola Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo. III. Que con data 4/10/2004 abriuse a convocatoria 3/2004 de dito programa, e que a Liña I de axudas denominouse “Protección, conservación e recuperación do patrimonio cultural e natural”. Mediante esta liña financiáronse proxectos que tiñan como finalidade a recuperación e conservación de elementos e espazos de interese cultural, natural e paisaxístico, así como infraestruturas culturais, de lecer e patrimonio inmaterial. IV. Que o Concello de Soutomaior ó abeiro da mencionada Liña I do programa PRODER II ADR-MAIV presentou o proxecto para a execución da obra “Mellora medioambiental da marxe do río Verdugo, Soutomaior” cun orzamento de cento setenta e oito mil vinte e nove euros con cincuenta e sete céntimos (178.029,57€). V. Que a lexislación vixente en materia de réxime local lles encomenda ás Deputacións que dirixan a súa actividade á asistencia e a cooperación técnica, xurídica e económica a todos os municipios da provincia en especial ós de menor capacidade económica e de xestión, para aseguraren a prestación integral e adecuada de servizos municipais co fin de posibilitar a súa consecución real e efectiva, razón esta pola que instrumenta dito convenio para cumprir as obrigas impostas pola normativa vixente. VI. Que a Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior, conscientes do auxe e a relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica dos seus territorios lles atribúe a lexislación vixente como competencias locais, amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida en que os seus orzamentos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación dos servizos e actividades públicas no Concello de Soutomaior. VII. Que o Concello de Soutomaior lle solicita á Deputación unha axuda económica de trinta e tres mil corenta e dous euros con vinte e nove céntimos (33.042,29€) para a execución da obra “Mellora medioambiental da marxe do río Verdugo, Soutomaior”. A realización do mencionado proxecto no Concello de Soutomaior ten por finalidade directa a recuperación e o saneamento dunha zona moi degradada do río Verdugo e a creación dun espazo de esparcemento e lecer para uso e disfrute dos veciños e do turismo que se achega a zona; indirectamente permitirá ó desenvolvemento endóxeno e sostido do medio rural, o mantemento da súa poboación, a elevación do benestar social dos habitantes do concello e a conservación do medio ambiente. Con fundamento en canto se expuxo, quedando patente a vontade de colaboración, as partes que interveñen formalizan o presente convenio, segundo as seguintes: CLÁUSULAS: Primeira.- O obxecto deste convenio, no marco da cooperación económica da Deputación de Pontevedra e o Concello de Soutomaior, é obter unha axuda económica para completar a capacidade económica do Concello de Soutomaior na execución da obra “Mellora medioambiental da marxe do río Verdugo, Soutomaior”, cun orzamento de 178.029,57 euros. Segunda.- No proxecto “Mellora medioambiental da marxe do río Verdugo, Soutomaior”, redactado polo enxeñeiro D. Baltasar Pujales Estévez con data marzo de 2006, descríbense detalladamente as actuacións que se levarán a cabo para a recuperación medioambiental do río Verdugo, o estudo de seguridade e saúde, defínese, así mesmo, o orzamento e a súa desagregación nas partidas de gastos; correspondéndolle ó Concello de Soutomaior a súa execución tal e como figura na memoria por el presentada, debendo seguir a lexislación vixente en materia de Medio Ambiente e a de contratos das administracións públicas. Rematadas as actuacións realizarase o libramento da cantidade, previa xustificación dos gastos mediante facturas e os documentos xustificativos correspondentes, que deberán ser informados polos técnicos provinciais e aprobado polo órgano competente, debendo achegarse tamén a acta de recepción. Terceira.- O orzamento do mencionado proxecto ascende á cantidade de cento setenta oito mil vinte e nove euros con cincuenta e sete céntimos (178.029,57€) e a Deputación de Pontevedra achegará ó Concello de Soutomaior en concepto de subvención trinta e tres mil corenta de dous euros con vinte e nove céntimos (33.042,29€), que se financiará con cargo a partida 08/911.911.762.08, e comprenderá todos os gastos que se derivan das obras a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Cuarta.- O Concello de Soutomaior, como titular das actuacións previstas no Proxecto, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación das mesmas, de modo que se atopen en perfecto estado para o seu uso e disfrute polos cidadáns. Quinta.- Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscita a súa interpretación, poderán reunirse os asinantes, ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados. As discrepancias que, sometidas ó coñecemento e resolución da referida comisión, nos sexan resoltas a satisfacción da parte que a formule, serán sometidas ó coñecemento da xurisdición contencioso-administrativa, dado o carácter administrativo do convenio. Sétima.- En caso de incumprimento por parte de calquera das partes asinantes das obrigas contempladas nas cláusulas anteriores as entidades asinantes quedan facultadas expresamente para pedir a rescisión do presente convenio e a indemnización de danos e perdas que causasen. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia deica o 12 de maio de 2009. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio, podendo o órgano que concede esixir ó beneficiario da subvención, ó Concello de Soutomaior, o seu reintegro. Décima.- Seralle de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa reguladora: a. Bases reguladoras da execución do orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008. b. Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. c. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. d. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. e. Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común. f. Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. g. Demais normativa reguladora de aplicación a este convenio. Décimo primeira.- O Concello de Soutomaior deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. E, en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data indicada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Soutomaior Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Agustín Reguera Ocampo” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.16052.- APROBACIÓN DE SUBVENCIÓN CON CARGO Ó PSA/2006-2008, ANUALIDADE 2008, Ó CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, PARA A OBRA NÚM. 106/1188: “SANEAMENTO DE GAIAMONDE-CHAN DA IGLESIA-FONTE ARCADE E RIAL (PESQUEIRAS) En aplicación da Base 16ª de execución do orzamento, vistos os informes que se unen ó expediente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Salvaterra de Miño unha subvención por importe de cento cincuenta e seis mil catrocentos vinte e catro euros con setenta e un céntimos (156.424,71 €), con cargo ó Programa de saneamento e abastecemento de augas 2006-08, anualidade 2008 (libre disposición), partida 08/911.441.762.45 para financiar a obra: “Saneamento de Gaiamonde-Chan da Iglesia-Fonte Arcade e Ríal (Pesqueiras)”, co núm. 106/1188 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino ni a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) Os Servizos Técnicos Provinciais, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. d) As obras que se acollan a este Programa deberán estar xustificadas ante do 31 de outubro de 2009, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. e) O pago da subvención, só se efectuará unha vez se teña acreditado estar ó corrente nas obrigas fiscais con esta Deputación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.16053.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A LAMA DE OBRAS INCLUÍDAS NO PSA/2006-08, ACORDO Nº 12.13922 Vista a petición do concello de A Lama, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra “Construción depósito regulador e rede distribución de Gaxate”, incluída no PSA/2006-08, anualidade 2007, para a obra nº 19/1187: “Construción depósito regulador en Xende”, coa mesma subvención que a anterior e as correspondentes á anualidade 2008, para a obra nº 114/1186 “Rede de distribución en Gaxate” e a nº 115/1185 “Condución a Depósito de Monte Ceo en Gaxate”, coa mesma subvención que as anteriores, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 12.13922, de 21 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó concello de A Lama con cargo ó PSA/06-08, distribuídas por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Construción depósito regulador en Antas 29.602,64 22.201,98 22.201,98 Construción de depósito regulador en Xende 31.000,00 23.250,00 23.250,00 Rede de distribución en Pigarzos 25.360,49 19.020,37 19.020,37 Rede de distribución en Gaxate 29.909,76 22.432,32 22.432,32 Construción a depósito de Monte Ceo en Gaxate 18.000,00 13.500,00 13.500,00 29.602,64 22.201,98 56.360,49 42.270,37 47.909,76 35.932,32 100.404,67 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.16054.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DA OBRA DE “MELLORA CAPA DE RODAXE E.P. 0003 PEDRA DO LAGARTO-MARCÓN (PONTEVEDRA)” Vista a acta de cualificación da documentación e apertura das diversas ofertas económicas presentadas ó concurso para a contratación da obra de “Mellora capa rodaxe E.P. 0003 Pedra do Lagarto-Marcón (Pontevedra)” formulada pola mesa de contratación; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas relativo ás ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso, acadando a máxima puntuación a oferta de Pavimentos de Meaño, S.L., aínda que presuntamente incorre en baixa temeraria; visto o escrito da referida empresa polo que se compromete a executar a obra polo prezo ofertado, xustificando os motivos da baixa efectuada; e, vista a proposta de adxudicación da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. a obra de “Mellora capa de rodaxe E.P. 0003 Pedra do Lagarto-Marcón (Pontevedra)” na suma de 72.044,45 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 5.950,00 € e o 3 % do orzamento de execución material para control de calidade. O adxudicatario depositará unha garantía definitiva, toda vez que incorre en baixa temeraria, equivalente ó 20 % do prezo de adxudicación de acordo co establecido no art. 36.4 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se prestou aprobación ó Texto Refundido da LCAP, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de Outubro, de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. Dita garantía depositarase na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 18ª do prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 37,76 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.16055.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO EN E.P. 2907 REDONDELA-CEPEDA (REDONDELA)” Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 23/01/2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. a obra “Mellora de trazado e pavimento E.P. 2907 Redondela-Cepeda (Redondela)” na suma de 611.851,21 €, IVE incluído. Visto o proxecto modificado nº 1 da devandita obra, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia da introdución dunha serie de modificacións, que afectan principalmente ós capítulos de movemento de terras, muros, drenaxes e pavimentos, sendo o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 734.218,07 €, e que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 122.366,86 €. E, visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto a existencia de saldo adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/511.511-612.02 (documento RC 200800039999), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº 1 de “Mellora de trazado e pavimento E.P. 2907 Redondela-Cepeda (Redondela)” por importe de 734.218,07€, IVE incluído, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 122.366,86€. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.16056.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº 1 DE “URBANIZACIÓN SUBIDA A BAHÍÑA (BAIONA)” Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 3/07/2003, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. a obra “Urbanización subida a Bahíña (Baiona)” na suma de 816.399,15€, IVE incluído. Visto o proxecto modificado nº 1 de dita obra, redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia da introdución dunha serie de modificacións, que afectan principalmente ó capítulo de demolicións e movementos de terras, así como ó de reposicións, sendo o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 979.677,42 €, e que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 163.278,27 €. E, visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto a existencia de saldo adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/511.511-612.02 (documento RC 200800040106), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº 1 de “Urbanización subida a Bahíña (Baiona)” por importe de 979.677,42 €, IVE incluído, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 163.278,27 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.16057.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO COA EMPRESA OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DA ESTRADA PROVINCIAL 2203 BAREDO Á E.P. BAIONA-LOUREZA. NOVA ADXUDICACIÓN DE DITA OBRA A Xunta de Goberno, en sesión de 15 de setembro de 2006, acordou aprobar o expediente para a contratación de diversas obras do POL e PPC para o ano 2006, entre as cales se atopaba a estrada provincial 2203 Baredo á estrada Baiona-Loureza. Unha vez procedida á pertinente convocatoria publica nos diferentes boletíns oficiais, e avaliadas as ofertas presentadas polos licitadores, a Xunta de Goberno, en sesión de 27 de outubro de 2006, acordou adxudicar á empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L. a obra de referencia por un importe de douscentos sesenta e catro mil setecentos oitenta e nove euros con trinta e seis céntimos (264.789,36 €), IVE incluído, e cun prazo de execución de dous meses, unhas melloras valoradas en 15.044,85 €, e cun período de mantemento de trinta e seis meses. A empresa adxudicataria depositou na caixa desta institución, con data 22 de novembro de 2006, un aval para responder da execución do contrato por un importe de 10.591,57 €, correspondente ó 4% do importe de adxudicación, e que queda acreditado coa carta de pagamento número 200600100758. Na mesma data procedeuse a formalizar o pertinente contrato. Considerando o artigo 142 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e o art. 140 Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, efectuouse a comprobación do replanteo, con data 11 de decembro de 2006, mostrando o contratista a conformidade cos datos facilitados pola dirección da obra, os obrantes no proxecto, e contándose coa ocupación dos terreos o que permite iniciar a execución das obras. Resultando que transcorreu máis dun ano dende a comprobación do replanteo, sen que se teñan iniciado a execución das obras, prodúcese unha demora no cumprimento dos prazos e das obrigas esenciais por parte do contratista, causas que están taxadas nos apartados e) e f) do artigo 111 do TRLCAP, como motivos para a resolución do contrato. A Xunta de Goberno acordou, en sesión 9 de abril de 2008, requirir á empresa Obras y edificaciones Seixo, S.L. para que iniciará a obra da estrada provincial 2203, dándolle así mesmo un prazo de dez días naturais para alegar aquilo que estime pertinente, sen que a empresa conteste a tal requirimento. Considerando que a administración pode optar pola resolución, sen outro trámite que o preceptivo da audiencia do contratista (art 96 TRLCAP E 109 do RD 1098/2001), podendo a administración adxudicar o contrato ó licitador seguinte a aquel, por orde das súas ofertas (art. 84 TRLCAP), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Resolver o contrato para a execución da obra da estrada provincial 2203 Baredo a E.P. Baiona- Loureza coa empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L., por incumprimento dos prazos e das obrigas esenciais do contrato por parte do contratista. Segundo.- Incautar a garantía definitiva, cun importe de 10.591,57 €, depositada na caixa desta institución, coa carta de pagamento número 200600100758, pola empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L. , con data 22 de novembro de 2006, para responder da execución do contrato. Terceiro.- Adxudicar a obra de referencia á empresa Narom, S.L. (B-36.163.418) polo prezo de douscentos cincuenta e cinco mil corenta euros con trinta e un céntimos (255.040,31 €), ofertando unhas melloras por importe de trinta mil cincocentos setenta e un euros con trece céntimos (30.571,13 €), e un prazo de mantemento de corenta e oito meses. O adxudicatario debe constituír unha fianza definitiva por importe de 51.008,06€, na forma que se determina o art. 36.4 e 83.5 do R.d.l. 2/2000, que se depositará na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.16058.- REQUERIMENTO Ó CONCELLO DE MARÍN PARA QUE POÑA A DISPOSICIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA OS TERREOS NECESARIOS PARA INICIAR A OBRA DE DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO – MARÍN A Xunta de Goberno, en sesión de 26 de xuño de 2007, acordou aprobar un Convenio de Colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Marín para a dotación de beirarrúas na E.P. 019 Figueirido-Marín, e que se formalizou mediante a súa firma o 10 de agosto de 2007. A cláusula terceira de dito convenio sinala que o Concello obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra, así como obter a licenza municipal e tramitar ante outros Organismos as autorizacións que foran precisas. A Institución provincial cumprindo coa cláusula segunda do mencionado convenio licitou as obras de referencia, procedéndose, con data 6 de maio do ano en curso, a examinar a documentación e á apertura das ofertas económicas, trasladándose posteriormente ós Técnicos correspondentes para o seu informe. Coa finalidade de elevar unha proposta de adxudicación do contrato para a execución da obra, reuniuse a mesa de contratación, con data 14 de maio, tras avaliar as ofertas presentadas ó concurso. Non tendo posto o Concello de Marín a disposición da Deputación os terreos necesarios para a iniciación da obra, tal e como figura no convenio, e considerando o disposto na Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Requirir ó Concello de Marín para que poña a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos necesarios para iniciar a obra de dotación de beirarrúas na E.P. 0019 Figueirido-Marín. A Deputación non procederá a adxudicación da obra ata que teña dispoñibles os terreos, para poder cumprir cos prazos establecidos legalmente para a formalización do contrato e acta de comprobación do replanteo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.16059.- CORRECCIÓN DE ERROS NOS ACORDOS 2.15417 E 10.16038, DAS XUNTAS DE GOBERNO DE 26/09/07 E 9/04/08, RESPECTIVAMENTE Vistos os acordos adoptados pola Xunta de Goberno de data 26 de setembro de 2007 e 9 de abril de 2008 referentes a devolucións de garantías definitivas, detectáronse uns erros tipográficos. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Rectificar o acordo adoptado pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 26 de setembro de 2007 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. para responder de la obra “Obra adicional E.P. 7104 Cerdedo- Sto. Domingo (Cerdedo): Onde di: “DOUS MIL TRESCENTOS OITENTA E SETE EUROS CON SETENTA E SEIS CÉNTIMOS”. Debe dicir: “DOUS MIL TRESCENTOS OITENTA E SETE EUROS CON SESENTA E SEIS CÉNTIMOS”. Segundo.- Rectificar os acordos adoptados pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 9 de abril de 2008 relativo ás devolucións das garantías definitivas constituídas polas empresas CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L.; CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) e NAROM, S.L.: Na devolución da garantía definitiva á empresa CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L., para responder da “E.P. 7019 San Andrés- San Xulián de Vea (A Estrada): Onde di: “A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de trece mil oitocentos noventa e seis euros con oitenta céntimos (13.896,80€), para responder da obra de “E.P. 7019 San Andrés- San Xulián de Vea (A Estrada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 7/07/2003 con número de operación 200300049993, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa”. Debe dicir: “A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de trece mil novecentos noventa e seis euros con oitenta céntimos (13.996,80€), para responder da obra de “E.P. 7019 San Andrés- San Xulián de Vea (A Estrada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 7/07/2003 con número de operación 200300049993, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa”. Na devolución da garantía definitiva a empresa CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A., para responder da obra “Remate de beirarrúas, servizos e alumeado en Baño (Valga)”: Onde di: “A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de tres mil douscentos dous euros con vinte e nove céntimos (3.202,29 €), para responder da obra “Remate de beirarrúas, servizos e alumeado en Baño (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/10/2005 con número de operación 200500094377, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa”. Debe dicir: “A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de tres mil trescentos dous euros con vinte e nove céntimos (3.302,29 €), para responder da obra de “Remate de beirarrúas, servizos e alumeado en Baño (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/10/2005 con número de operación 200500094377, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa”. Na devolución da garantía definitiva a empresa NAROM, S.L., para responder da obra “Reposición de muros, cunetas, drenaxes e protección de taludes en P.K. 800 a 1.800 E.P. Peso- Caroi (A Lama)”: Onde di: “A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de tres mil euros (3.000,00 €), para responder da obras de “Reposición de muros, cunetas, drenaxes e protección de taludes en E.P. 2202 Baiona- Loureza (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/08/2006 con número de operación 200600073581, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa”. Debe dicir: “A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de tres mil euros (3.000,00 €), para responder da obras de “Reposición de muros, cunetas, drenaxes e protección de taludes en P.K. 800 a 1.800 E.P. Peso- Caroi (A Lama)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/08/2006 con número de operación 200600073581, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa”. ------ Folla: 25.16060.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo a once horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota