ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/08/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/1.2008-08-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/08/13_Ordinaria

  • Data(s) 2008-08-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día trece de agosto do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Juan Durán Hermida, D. Julio Alén Montes e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16322.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinaria dos días 23 e 30 de xullo de 2008 ------ Folla: 2.16323.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA PARA DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO A Xunta de Goberno, en sesión de 9 de xullo de 2008, aprobou un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño coa finalidade de dotar de beirarrúas e servizos a E.P. 9205 Sanxenxo – Meaño. Por este mesmo órgano, aprobouse, en sesión de 6 de agosto de 2008, o proxecto da obra “Dotación de beirarrúas e servizos na EP 9205 Sanxenxo-Meaño”, por importe de 346.954,15 euros. O Servizo de Intervención emitiu documento RC, para facer fronte á anualidade 2008, con número de operación 200800066644, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente procedemento de contratación, sendo informado polo Secretario Xeral. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16.2, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da obra “Dotación de beirarrúas e servizos na EP 9205 Sanxenxo-Meaño”, cun presuposto de douscentos noventa e nove mil noventa e oito euros con corenta e un céntimos (299.098,41 €), máis o imposto sobre o valor engadido dunha cantidade máxima de corenta e sete mil oitocentos cincuenta e cinco euros con setenta e catro céntimos (47.855,74 €). A adxudicación do contrato queda condicionada ó ingreso por parte do Concello de Meaño da cantidade correspondente á anualidade 2008 na Caixa da Deputación de Pontevedra. 2. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento. 3. Autorizar o gasto para a anualidade do ano 2008, por importe de 204.090,67 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial, e as seguintes cantidades con cargo ás correspondentes de próximos exercicios, segundo o seguinte cadro de financiamento: 2008 2009 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 142.863,47 € 100.004,43 € 242.867,90€ Concello de Meaño 61.227,20 € 42.859,05 € 104.086,25€ Investimento total 346.954,15 € 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA EP 9205 SANXENXO-MEAÑO (TRAMO LORES-CONCELLO MEAÑO)” CPV 45230000 1.- OBXECTO A execución da seguinte obra “Dotación de beirarrúas e servizos na EP 9205 Sanxenxo-Meaño (tramo Lores-concello de Meaño)”. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de douscentos noventa e nove mil noventa e oito euros con corenta e un céntimos (299.098,41 €), sendo a cantidade correspondente ó IVE de corenta e sete mil oitocentos cincuenta e cinco mil euros con setenta e catro céntimos (47.855,74 €). O presuposto total estimado é de trescentos corenta e seis mil novecentos cincuenta e catro euros con quince céntimos (346.954,15 €), Ive incluído. O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de NOVE MESES, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do repalnteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta polo dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no Bop. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o concurso para a contratación da obra “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO (TRAMO LORES-CONCELLO MEAÑO)” Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constasen as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial: Grupo E Subgrupo 1 Categoría C Grupo G Subgrupo 6 Categoría B Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias na que se baseou a súa concesión. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, Sobre B: Proposición económica, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO (TRAMO LORES-CONCELLO MEAÑO)”. Presentarase pechado e lacrado, contendo os seguintes documentos: 1. Índice de documentos que integran o sobre, constará dentro do sobre como primeira páxina e en folla independente. 2. Modelo de proposición económica, formulada estritamente conforme ó modelo establecido na cláusula 29 deste prego. 3. Memoria construtiva e programa de traballo. 4. Melloras ofertadas. 5. Memoria de seguridade e saúde. 6. Plan de control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresado con dous decimais aplicado sobre o presuposto de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. 7. Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. Importante: As retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o presuposto global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o presuposto de execución material. Cando se licite a máis dun lote, presentarase un sobre B por cada lote ó que se licite, sendo único o sobre A, referente á documentación xeral. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. • VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS A cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, a seguir procederase á apertura de proposicións presentadas ó procedemento aberto, de conformidade co previsto no artigo 144 LCSP. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa deberá atenderse ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: - Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1) Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: P = (L-O)*40/(L-B) Onde: P: Puntuación L: Presuposto de Licitación O: Oferta do licitador B: Oferta máis baixa das consideradas 11.2) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometa adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.3) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte formula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.4)Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos. Deberase presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o Ive (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. 11.5) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra dos devanditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnen os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a análise dos mesmos en comparanza cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acontecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado recabarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria, maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como terá que presentarse a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento das devanditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que terán que contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI's. Terase que presentar a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos na mesma. Terase que reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como se definirá como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como terase que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.6) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que sexan desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.7) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o presuposto de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras) 11.8) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión medioambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun SQ%, consonte certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, consonte certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. Nota importante: O contrato será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas presentadas. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aqueles cuxa porcentaxe de baixa exceda en cinco unidades da media aritmética das porcentaxes de baixa de todas as proposicións das empresas que obteñan unha puntuación que lle permita ser adxudicataria do contrato e aquelas que oferten condicións que a xuízo dos técnicos sexan difíciles de cumprir. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda de Estado. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula novena, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando a adxudicación se produza a favor do licitador que presente unha oferta con valores anormais ou desproporcionados, o órgano de contratación poderá esixir unha garantía complementaria dun 5% sobre a garantía definitiva. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación ou nun diario oficial. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada á Deputación ou allea a ela. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 19.- RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 20.-EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do presuposto do contrato (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art. 198.1 LCSP). 21.- CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o presuposto de execución material do presuposto de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da Dirección da Obra; En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 22.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción erguerase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o Ive, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 23.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se anexará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o Ive (16%). 24.- LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 25.- GARANTÍA DA OBRA A obra terá un período de garantía dun ANO dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e ás súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN Don........................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en .......................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa .......................... (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en .........................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á execución da obra “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO (TRAMO LORES-CONCELLO MEAÑO)”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo de ..............................euros, sen Ive(en letra e número), sendo a cantidade correspondente ó Ive ____________euros( en letra e número). • Melloras ofertadas (Relacionar valoración económica conxunta). • Prazo de entrega (Indicar o mesmo): • % do control de calidade ofertado:” ------ Folla: 3.16324.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “MELLORA DO TRAZADO E PAVIMENTACIÓN E.P. 5106 COVELO-BARCIADEMERA (COVELO)” Visto o escrito remitido a contratación polo Servizo de Vías e Obras, no que se solicita que se inicie o expediente para contratar as obras de “Mellora do trazado e pavimentación E.P. 5106 Covelo – Barciademera (Covelo)”, estimándose o importe máximo de cento sesenta e catro mil novecentos noventa e oito euros con sete céntimos (164.998,07 €), sendo a cantidade correspondente ó IVE de vinte e seis mil trescentos noventa e nove euros con sesenta e nove céntimos (26.399,69 €). Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 6 de agosto de 2008, polo que se aprobou o proxecto anteriormente mencionado. Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ós obrigas derivadas da execución do contrato na partida 08/911.511.611.09. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confecciono o proxecto de prego de condicións económico administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo coas consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico – administrativas que rexerán a contratación. Resultando que polo Sr. Interventor emítese o informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, no artigo 111 e concordantes do R.l.d. 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de Réxime Local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 61.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª, en onde figura que a autorización deste gasto é competencia da Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da execución da obra “Mellora de trazado e pavimentación E.P. 5106 Covelo – Barciademera (Covelo)” por un importe de 164.998,07 € sen IVE, sendo a cantidade máxima correspondente ó IVE 26.399,69€. 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico – administrativas que rexerá no devandito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 191.397,76 €, con cargo á partida 08/911.511.611.09. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTACIÓN E.P. 5106 COVELO – BARCIADEMERA (COVELO) “ (PPC/08) 1.- OBXECTO A execución da obra “Mellora de trazado e pavimentación E.P. 5106 Covelo – Barciademera (Covelo)” A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de cento sesenta e catro mil novecentos noventa e oito euros con sete céntimos (164.998,07 €), sendo a cantidade correspondente ó IVE de vinte e seis mil trescentos noventa e nove euros con sesenta e nove céntimos (26.399,69 €). O presuposto total estimado é de cento noventa e un mil trescentos noventa e sete euros con setenta e seis céntimos (191.397,76 €), IVE incluído. O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/911.511.611.09 do vixente presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de SEIS MESES, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista este obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta polo dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (sede de Pontevedra ou Vigo) en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTACIÓN E.P. 5106 COVELO – BARCIADEMERA (COVELO)” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o presuposto de execución material da obra. 2.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RGLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial: Grupo G Subgrupo 4 Categoría C Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. 5.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR -Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 11.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 12.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito document

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición