ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/08/27_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/1.2008-08-27_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/08/27_Ordinaria

  • Data(s) 2008-08-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e sete de agosto do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Juan Durán Hermida, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte e D. Jesús Mª Fernández Portela, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. José Fernández López. Non asisten os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Agustín Reguera Ocampo e D. Julio Alén Montes. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16339.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, dos días 6 e 13 de agosto de 2008. ------ Folla: 2.16340.- DAR CONTA DO CAMBIO DO NOME DO CURSO OBXECTO DA SUBVENCIÓN, CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/08, A FAVOR DA ASOCIACIÓN DO POBO XITANO DE GALICIA, DENTRO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DE SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS ANO 2008 Aprobadas pola Xunta de Goberno do 23/01/08 as Bases Reguladoras das Subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados ano 2008, e concedidas pola Xunta de Goberno do 25/06/08, as citadas subvencións, polo importe total de 293.668,00 € con cargo a partida 08/313.313.480.02 para un total de 91 Asociacións entre elas unha subvención de 5.920,00 €, a favor da Asociación do Pobo Xitano de Galicia, para Curso de “Alfabetización Vial”, e presentando escrito o 08/08/08 pola devandita Asociación, solicitando o cambio de denominación do curso subvencionado, sen modificación de ningún outro tipo no contido ou nas horas lectivas, a Xunta de Goberno queda enterada do cambio de nome do Curso subvencionado polo acordo da Xunta de Goberno do 25/06/08, a favor da Asociación do Pobo Xitano de Galicia, por importe de 5.920,00 €, que pasa a denominarse “Curso de Aprendizaxe Vial” en lugar de “Curso de Alfabetización Vial”, manténdose non obstante o mesmo contido didáctico e as mesmas horas lectivas. ------ Folla: 3.16341.- CONCESIÓN DO ANTICIPO DO 50% DA SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 09/07/08 A FAVOR DA ASOCIACIÓN “GRUPO DE ESTUDIOS SOBRE A CONDICIÓN DA MULLER (ALECRÍN)” DE VIGO, PARA UTILIZACIÓN DO SERVIZO DO PISO DE ACOLLIDA PARA MULLERES MALTRATADAS Aprobado pola Xunta de Goberno do 09/07/2008 o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación da Muller, (Alecrín) de Vigo, para utilización do servizo de Piso de Acollida para Mulleres Maltratadas, pola suma de 54.901,66 €, e solicitado o 14/08/2008 pola devandita asociación un anticipo do 50% da subvención para facer fronte ós gastos derivados da posta en marcha do citado recurso asistencial, á vista do informe emitido o 22/08/2008 pola Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o anticipo do 50% da subvención aprobada pola Xunta de Goberno do 09/07/2008, mediante convenio de colaboración, a favor da Asociación “Grupo de Estudios sobre a condición da Muller (Alecrín) de Vigo, para Piso de Acollida para Mulleres Maltratadas, polo importe de 27.450,83 €, con cargo a partida 08/313.313.480.05 do vixente ornamento provincial. ------ Folla: 4.16342.- CONCESIÓN DO ANTICIPO DO 50% DA SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/08 A FAVOR DA ORGANIZACIÓN NON GUBERNAMENTAL “NOVAS RUTAS”, PARA ESCOLA DE VERÁN “ALEDAR” Aprobadas pola Xunta de Goberno do 23/01/08 as Bases Reguladoras das Subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados ano 2008, e concedidas as mesmas pola Xunta de Goberno do 25/06/08, cun importe total de 293.668,00 €, para un total de 91 Asociacións, entre elas unha subvención de 3.600,00 € a favor da ONG “NOVAS RUTAS”, para a Escola de verán “ALEDAR”, e solicitado pola devandita ONG o anticipo do 50% da subvención de referencia, á vista do informe favorable emitido pola Intervención o 20/08/08, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o anticipo do 50% da subvención aprobada pola Xunta de Goberno do 25/06/08, a favor da Organización non Gubernamental “NOVAS RUTAS” para a Escola de Verán “ALEDAR”, polo importe de 1.800,00 € con cargo a partida 08/313.313.480.02 ou a súa vinculada. ------ Folla: 5.16343.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/08 A FAVOR DA ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó TOXICÓMANO “REXURDIR PROVINCIAL”, PARA CURSO DE ENCOFRADOR E DO ANTICIPO DO 50% DA CITADA SUBVENCIÓN Aprobadas pola Xunta de Goberno do 23/01/08 as Bases Reguladoras das Subvencións para Asociacións de Servizos Sociais Especializados 2008, e concedidos as mesmas pola Xunta de Goberno de 25/06/08, cun importe total de 293.668,00 €, para un total de 91 Asociacións, entre elas unha subvención de 5.920,00 €, a favor da Asociación de Axuda ó Toxicómano “Rexurdir Provincial” para Curso de encofrador, e solicitada pola devandita Asociación unha prórroga para a realización da actividade e a súa xustificación, así coma o adianto do 50% da subvención, á vista do informe emitido por Intervención o 20/08/08, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de xaneiro de 2009, para a xustificación da Subvención aprobada pola Xunta de Goberno do 25/06/08, a favor da Asociación de Axuda ó Toxicómano “Rexudir Provincial”, para Curso de encofrador, así coma a concesión do anticipo do 50% da citada subvención, polo importe de 2.960,00 €. ------ Folla: 6.16344.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN SODINÁUTICA DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS Á “DIVULGACIÓN DO MEDIO MARIÑO PARA O ANO 2007” Dada conta da solicitude da Asociación Sodináutica, CIF núm. G-36796142, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 26/12/2007 con cargo ó “Programa de axudas á divulgación do medio mariño – 2007”, visto o informe do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 39, do 23/02/2007, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prorroga para xustificar esta axuda por un período de tres meses, a contar dende o remate do prazo inicial e ata o 08/11/2008. ------ Folla: 7.16345.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN SODINÁUTICA DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A “EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PARA O ANO 2007”. Dada conta da solicitude da Asociación Sodináutica, CIF núm. G-36796142, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 26/12/2007 con cargo ó “Programa de axudas a embarcacións tradicionais – 2007”, visto o informe do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 39, do 23/02/2007, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prorroga para xustificar esta axuda por un período de tres meses, a contar dende o remate do prazo inicial e ata o 29/11/2008. ------ Folla: 8.16346.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO EN HISTORIA PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Visto o escrito de data 14 de agosto de 2008, presentado polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico no que solicita a prórroga da Bolsa de Licenciado en Historia, da que é beneficiario D. Xerardo Torrado Agulla, informando que leva a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que a Xunta de Goberno acordou a adxudicación dunha Bolsa de Licenciado Universitario en Historia, con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, resultando beneficiario D. Xerardo Torrado Agulla, por renuncia da aspirante que acadara maior puntuación no concurso. As Bases da convocatoria, publicadas no BOP nº 78 de 23 de abril de 2007, establecen que “a bolsa terá unha duración dun ano, contado dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e acordo da Xunta de Goberno”. A Bolsa finaliza o próximo 15 de agosto de 2008, se ben de acordo co establecido nas Bases, é posible a súa prórroga por un novo período anual que abarcaría dende o 16 de agosto de 2008 ata o 15 de agosto de 2009. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga da Bolsa concedida a D. Xerardo Torrado Agulla, con efectos 16 de agosto de 2008 e ata o 15 de agosto de 2009. A dotación económica da Bolsa ascende a 1.000,00 €/mes, o que supón un total de 4.500,00 € para o período comprendido entre o 16 de agosto ó 31 de decembro de 2008, cantidade que se imputará á partida 08/454.451.481.01, do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 9.16347.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16348.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE DO ANO 2008 E PARA AFRONTAR O AUMENTO NO ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO ORIXINADO POLOS INCREMENTOS SALARIAIS TRALA ENTRADA EN VIGOR DA LEI 5/2007 DE 7 DE MAIO, DE EMERXENCIAS DE GALICIA Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3600027-A, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 65.793,23 € para gastos de funcionamento correspondentes ó terceiro trimestre do ano 2008 e para afrontar o aumento no presuposto do citado Consorcio orixinado polos incrementos salariais do persoal tras a entrada en vigor da Lei 5/2007, de 7 de maio, de Emerxencias de Galicia, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a cantidade de 65.793,23 €, como achega da Deputación para o terceiro trimestre do ano 2008. 2.- Dispoñer do gasto e recoñecer a obriga de 65.793,23 € con cargo á partida 08/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200800023990. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16349.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DAS OBRIGAS DERIVADAS DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA A CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIÁN DE ALDÁN, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 11/05/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas ás confrarías, Federación Provincial de Confrarías e Asociacións de Confrarías da Provincia de Pontevedra - 2007”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Presuposto Axuda Investimento Importe a pagar inicial concedida xustificado CONFRARÍA SAN CIPRIÁN DE ALDÁN Muelle de Aldán, s/n 10.080,00 € 3.000,00 € 5.890,00 € 1.752,90 € Edificio Lonxa 36945 Cangas Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada e no que se informa a necesidade de proceder ó seu recoñecemento extraxudicial pola Xunta de Goberno; e visto o informe do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, correspondente ó programa de “Axudas ás confrarías, Federación Provincial de Confrarías e Asociacións de Confrarías da Provincia de Pontevedra - 2007”, con cargo á partida 08/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións CONFRARÍA SAN CIPRIÁN Muelle de Aldán, s/n 1.752,90 € Descóntanse DE ALDÁN F36007714 Edificio Lonxa 1.247,10 € de 36945 Cangas xeito proporcional ó investimento non xustificado ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16350.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DAS OBRIGAS DERIVADAS DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA A CONFRARÍA DE PESCADORES VIRXE DO CARMEN, DENTRO DO PROGRAMA ADQUISICIÓN DE SEMENTE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA - 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 08/06/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas para adquisición de semente a Confrarías da Provincia de Pontevedra - 2007”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Presuposto Axuda Investimento Importe a pagar inicial concedida xustificado VIRXE DO CARMEN Rúa do Peirao, s/n 14.980,00 € 7.000,00 € 15.880,94 € 7.000,00 € DE ARCADE 36690 Arcade (G-36012821) Soutomaior– Pontevedra Vistos os informes emitidos pola Intervención que fiscalizan o recoñecemento das obrigas relacionadas e no que se informa a necesidade de proceder ó seu recoñecemento extraxudicial pola Xunta de Goberno; e vistos os informes do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, as obrigas derivadas da concesión das axuda relacionadas a continuación, correspondentes ó programa “Axudas para adquisición de semente a Confrarías da Provincia de Pontevedra – 2007 ”, con cargo á partida 08/711.711.479.01.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Importe a pagar Observacións VIRXE DO CARMEN DE ARCADE Rúa do Peirao, s/n 7.000,00 € (G-36012821) 36690 Arcade - Soutomairo - Pontevedra ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16351.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB WWW.CANALRIASBAIXAS.COM O Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data, 29 de xullo de 2008, solicita que se contrate a prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, que xestiona a empresa Televisión dá Mancomunidade do Salnés, S.L., para divulgar as actividades e as actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra na comarca do Salnés, de acordo ó seguinte detalle: • Emisión de 660 cuñas publicitarias de 25 segundos de duración. • 20 emisións do programa denominado “Verán Verán”, onde se repasarán os principais acontecementos lúdicos-festivos que tiveron lugar nas Rías Baixas e na provincia de Pontevedra e no que se incluirán, en cada emisión, 4 ráfagas de 5 segundos e 2 spots de 25 segundos da Deputación de Pontevedra. • Realización de 24 programas do informativo denominado “Agro-cultura”, que estarán dedicados á promoción do mundo da horticultura, agro, forestal, etc., efectuando un seguimento das actividades que se desenvolven na Estación Fitopatológica do Areeiro e Finca de Mouriscade, así como as actividades promovidas polo Servizo Agrario da Deputación sobre temas medioambientais, agrarios e pesqueiros. Cada programa emitirase tres veces e a emisión farase a través de 5 televisións locais galegas. • Inserción no portal informativo de Internet denominado ““www.canalriasbaixas.com”, dun banner xenérico da Deputación de Pontevedra e outro de Turismo “Rías Baixas”, así como dun gran banner na posición máis salientada da sección de deportes do portal. O custo destes servizos de publicidade a prestar pola empresa, “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L.”, valóraos o Xefe do Gabinete de Prensa na suma total de 91.740,00 euros, IVE incluído, desagregado dito importe total en 79.086,21 euros que corresponden ó prezo do contrato e 12.653,79 euros ó IVE. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 04/08/08, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 91.740,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 08/111.111.226.20 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 11 de agosto de 2008. Resultando que con data 14 de agosto de 2008, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con data 18 de agosto de 2008 elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”. Resultando que con data 21 de agosto de 2008, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación de acordo co estipulado no artigo 154. d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Televisión dá Mancomuninade do Salnés, S.L.”, a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª. 2, a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, por un importe total de noventa e un mil setecentos corenta euros (91.740,00 €), IVE incluído, (do importe total, 79.086,21 euros corresponden ó prezo do contrato e 12.653,79 euros ó IVE), de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: PROGRAMA CANTIDADE P. UNITARIO IVE IMPORTE TOTAL Spots publicitarios 660 36,21 5,79 42,00 27.720,00 Programa “Verán Verán” 20 1.324,14 211,86 1.536,00 30.720,00 Programa “Agro-Cultura” 72 250,00 40,00 290,00 20.880,00 Inserción banner 3 3.568,96 571,04 4.140,00 12.420,00 91.740,00 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 91.740,00 euros, con cargo á partida 08/111.111.226.20 do vixente presuposto provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB “WWW.CANALRIASBAIXAS.COM”. 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, que xestiona a empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., para divulgar as actividades e as actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra na comarca do Salnés, de acordo ó seguinte detalle: • Emisión de 660 cuñas publicitarias de 25 segundos de duración. • 20 emisións do programa denominado “Verán Verán”, onde repasaranse os principais acontecementos lúdicos-festivos que tiveron lugar nas rías Baixas e na provincia de Pontevedra e no que se incluirán, en cada emisión, 4 ráfagas de 5 segundos e 2 spots de 25 segundos da Deputación de Pontevedra. • Realización de 24 programas do informativo denominado “Agro-cultura”, que estarán dedicados á promoción do mundo da horticultura, agro, forestal, etc., efectuando un seguimento das actividades que se desenvolven na Estación Fitopatológica do Areeiro e Finca de Mouriscade, así como as actividades promovidas polo Servizo Agrario da Deputación sobre temas medioambientais, agrarios e pesqueiros. Cada programa emitirase tres veces e a emisión farase a través de 5 televisións locais galegas. • Inserción no portal informativo de Internet denominado “www.canalriasbaixas.com”, dun banner xenérico da Deputación de Pontevedra e outro de Turismo “Rías Baixas”, así como dun gran banner na posición máis destacada da sección de deportes do portal. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 08/111.111.226.20 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co establecido nos artigos 154, d) e 158, e) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). 5.- DURACIÓN. O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2008. 6.- TIPO DE LICITACIÓN. O presuposto do contrato fíxase nunha cantidade máxima de SETENTA E NOVE MIL OITENTA E SEIS EUROS CON VINTE E UN CÉNTIMOS (79.086,21 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE doce mil seiscentos cincuenta e tres euros con setenta e nove céntimos (12.653,79 €), de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: PROGRAMA CANTIDADE P. UNITARIO IVA IMPORTE TOTAL Spots publicitarios 660 36.21 5,79 42,00 27.720,00 Programa “Verán Verán” 20 1.324,14 211,86 1.536,00 30.720,00 Programa “Agro-Cultura” 72 250,00 40,00 290,00 20.880,00 Inserción banner 3 3.568,96 571,04 4.140,00 12.420,00 91.740,00 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende ó seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación . 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación ou no Rexistro da sede da Deputación en Vigo en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30 /92 de 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB “WWW.CANALRIASBAIXAS.COM” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante da Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Os que acrediten a clasificación da empresa, se é o caso, ou xustifiquen os requisitos da súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. Se a empresa se atopase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar o estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a subsanación de defectos ou omisións na documentación. Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico, con experiencia e coñecementos acordes, que vaia dispoñer o empresario para a realización do contrato. 5.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 2 e 4 se realicen mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, horario de emisión e a calidade da publicidade elaborada para a súa emisión. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliada a proposta e negociados os aspectos técnicos e económicos poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 15.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 16.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista se axusta ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a subsanación dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non axéitanse á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 17.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir dito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo do contrato. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.............., maior de idade, veciño de..............., con domicilio en ...........titular do DNI..........., expedido en data............., actuando en nome propio ou en representación da empresa...............con C.I.F. número............. e domicilio en .............., teléfono............. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB e NA PÁXINA WEB “WWW.CANALRIASBAIXAS.COM”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: PROGRAMA CANTIDAD P. UNITARIO IVA IMPORTE TOTAL Spots publicitarios 660 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ Programa “Verán Verán” 20 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ Programa “Agro-Cultura” 72 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ Inserción banner 3 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ ……….€” ------ Folla: 14.16352.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. Por último, a Xunta de Goberno por unanimidade felicita ós deportistas olímpicos pontevedreses que participaron nos Xogos Olímpicos Beijing 2008. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Carlos Cuadrado Romay ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición