ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2008/12/17_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-12-17_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/12/17_Ordinaria

  • Data(s) 2008-12-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezasete de decembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona María Corina Porro Martínez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1. 16727.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de decembro de 2008. ------ Folla: 2.16728.- PROPOSTA DE DENEGACIÓN DE PRÓRROGA PARA A SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008, A FAVOR DA ASOCIACIÓN PARA PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A DROGA (AVANTE) A Xunta de Goberno do 25/06/2008, aprobou unha subvención de 4.425,00 € a favor da Asociación AVANTE de Prevención e Loita contra a Droga, para “Curso de Informática Avanzada” de máis de 300 horas de duración; e coma queira que o 9/12/2008 solicítase por tal Asociación unha prórroga para tal subvención, e á vista do informe de 12/12/2008 emitido pola Xefa de Servizo de Acción Social no que sinala que pese ó transcurso de máis de 5 meses dende a concesión da subvención ata o mes de decembro non se levou a cabo o curso; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a denegación da concesión dunha prórroga para a realización da actividade e xustificación da mesma, obxecto da subvención que polo importe de 4.425,00 € concedera a Xunta de Goberno do 25/06/2008 á Asociación AVANTE para “Curso de Informática Avanzada”. ------ Folla: 3.16729.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN “XUNTOS” DE PONTEVEDRA Solicitada o 5/12/2008 pola Asociación Síndrome de Down “Xuntos” de Pontevedra, unha prórroga para a xustificación da subvención de 15.000,00 € que lle concedeu esta Deputación Provincial por vía dun Convenio de Colaboración para o Programa “Estimulación da Linguaxe Oral”, aprobado pola Xunta de Goberno do 28/03/2008 e subscrito o 29/04/2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 15 de xaneiro de 2009, para a xustificación do Convenio de Colaboración entre Deputación de Pontevedra e a Asociación Síndrome de Down “Xuntos”, para o desenvolvemento do Programa “Estimulación da Linguaxe Oral 2008”. ------ Folla: 4.16730.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A ACTIVIDADE “XOGOS DO MUNDO” APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008, A FAVOR DA ASOCIACIÓN SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL DE GALICIA Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expediente relativo á “Concesión de prórroga respecto á xustificación da subvención para a actividade “Xogos do mundo”, aprobada pola Xunta de Goberno do 25/06/08, a favor da Asociación Solidariedade Internacional de Galicia”. ------ Folla: 5.16731.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008, A FAVOR DE DONA RITA BLANCO RAMALLO, VECIÑA DO CONCELLO DE MEIS Aprobada pola Xunta de Goberno do 25 de xuño de 2008, unha subvención de 1.461,54 € a favor de Dona Rita Blanco Ramallo veciña do concello de Meis, para arranxo da súa vivenda; e solicitada por tal beneficiaria o 1/12/2008 unha prórroga para a devandita subvención dado que por problemas xurdidos non se puideron rematar as obras na data prevista, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 1.461,54 €, aprobou a Xunta de Goberno do 25/06/2008, a favor de Dona Rita Blanco Ramallo, veciña do concello de Meis. ------ Folla: 6.16732.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AIRIÑOS (MEAÑO), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “PINTADO FACHADAS NO CEMITERIO PARROQUIAL LORES”, INCLUÍDA NO PAC/2007 CO NÚMERO 34 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión da prórroga solicitada pola Asociación de Veciños Airiños (Meaño) para xustificar a obra incluída no PAC/2007, co núm. 34, denominada “Pintado fachadas no cemiterio parroquial de Lores”, subvencionada con 1.400,00 €. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril do 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 7.16733.- CONCESIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR A MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS DA HORTA 2008 Dada conta das Bases reguladoras das axudas económicas a cooperativas, da provincia de Pontevedra para financiar a mellora da comercialización dos produtos da horta 2008, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno celebrada o día 09/07/2008 e publicadas no BOP de data 08/08/08, número 153, páxina 3, anuncio 2008008193. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro director do Servizo Agrario e da Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas económicas a cooperativas da provincia de Pontevedra para a mellora da comercialización dos produtos da horta 2008, por un importe total de 75.000,00 € e con cargo á partida 08/711.711.489.01, documentos RC núm. 200800108142 e 200800108143, da forma na que figuran no listado que se achega: Beneficiario Cif Presuposto Importe da Axuda Horticultores do Umia F36037976 8 1.408,80 € 30.290,00 € Horsal SCG F36033132 100.568,20 € 44.710,00 € TOTAL 75.000,00 € ------ Folla: 8.16734.- CONCESIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA-2008 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expediente relativo á “Concesión das axudas económicas a confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra.” ------ Folla: 9.16735.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó OO.AA PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE PONTEVEDRA Visto o escrito do OO.AA. Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra con domicilio social en Rúa Alexandre Bóveda, s/n, do concello de Pontevedra (36005) e CIF: P-8690003-B, solicitando axuda económica para “Gastos de funcionamento ano 2008”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización e o compromiso de gasto así como o recoñecemento da obrigación e a ordenación do pago da cantidade de sesenta mil douscentos euros (60.200,00 €) para o citado fin, con cargo á partida 08/451.451.462.00 – RC nº 200800093570. O beneficiario deberá remitir unha vez que reciba o importe da achega, certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Organismo. O pago queda suspendido ata o momento en que o Concello de Pontevedra satisfaga a deuda contraída con esta Deputación. ------ Folla: 10.16736.- DAR CONTA DA RENUNCIA Á AXUDA CONCEDIDA A INDEGA SCG POLA XUNTA DE GOBERNO DO 09/03/2007 PARA CONSTRUÍR UNHA NAVE Vista a comunicación, número de rexistro 40505/08, de INDEGA SCG, CIF núm. F36463776, na que renuncia á axuda concedida por acordo da Xunta de Goberno do 09/03/2007, para construír unha nave, por importe de 20.000,00 €, con cargo á partida 08/711.711.789.00.2007, por imposibilidade de realizala e xustificala, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia. ------ Folla: 11.16737.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CENTRO CULTURAL. E DEPORTIVO. LA MERCED DE CHAÍN DE GONDOMAR Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “OBRAS DE REVESTIMENTO EXTERIOR DO EDIFICIO DO CENTRO CULTURAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 23/07/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 23/07/2008 unha subvención a favor do Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chaín con CIF: G-36.685.519, do concello de Gondomar, por un importe de 3.025,00 €, para “Obras de revestimento exterior do edificio do Centro Cultural” con cargo á partida 08/451.451.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 10/12/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: 12.16738.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CENTRO CULTURAL E DEPORTIVO LA MERCED DE CHAÍN DE GONDOMAR Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 25/06/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 25/06/2008 unha subvención a favor do Centro Cultural e Deportivo La Merced de Chaín con CIF: G-36.685.519, do concello de Gondomar, por un importe de 496,00€, para “Adquisición de instrumentos musicais” con cargo á partida 08/451.451.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 10/12/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: 13.16739.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN MARTIÑO DO GROVE PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE NO ANO 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 11/05/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas á adquisición de semente 2007”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Presuposto Axuda Investimento Importe a inicial concedida xustificado pagar Confraría de (G36014744) Praza do Corgo, 2 15.000,00€ 37.450,00 € 3.501,58 € 160.000,0€ pescadores San 36980 O Grove Martiño do Grove Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno e unha vez subsanados os reparos sinalados; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, correspondente ó programa “Axudas á adquisición de semente 2007”, con cargo á partida 08/711.711.479.01.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario Dirección Importe a pagar Observacións CIF/NIF Confraría de pescadores Praza do Corgo, 2 3.501,58 € Descóntase a cantidade proporcional San Martiño do Grove 36980 O Grove ó investimento non xustificado G36014744 TOTAL 3.501,58 € ------ Folla: 14.16740.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16741.- PROPOSTA DE CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008 A FAVOR DE DONA Mª JESÚS LORENZO PRADO, VECIÑA DO CONCELLO DE MOS Aprobada pola Xunta de Goberno do 25/06/2008 unha subvención de 4.666,67 €, a favor de Dona Mª. Jesús Lorenzo Prado, veciña do concello de Mos, para arranxo da cuberta do seu domicilio e solicitada o 11/12/2008 pola citada beneficiaria da subvención, unha prórroga para a mesma, toda vez que as obras retrasáronse por mor dos trámites de concesión da oportuna licenza de obra; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, para a subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 4.666,67 € aprobou a Xunta de Goberno do 25/06/2008 a favor de Dona Mª. Jesús Lorenzo Prado, veciña do concello de Mos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16742.- PROPOSTA DE DENEGACIÓN DE SUBVENCIÓN RESPECTO Á SOLICITUDE DA ASOCIACIÓN CULTURAL “NÓS” DE BORRAXEIROS, DE AGOLADA Presentada o 29/02/2008 pola Asociación Cultural “NÓS” de Borraxeiros (Agolada) unha solicitude de subvención para Curso de Coidadores na Dependencia, ó abeiro das Bases Reguladoras das Subvencións dirixidas ás Asociacións de Servizos Sociais Especializados, e requirida sucesivamente a tal Asociación, á cumprimentación do requisito esixido na Base 5ª-4, relativo ó certificado de inscrición no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, sen que ata a presente data se cumprimentase o mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a denegación da subvención para “Curso de Coidadores na Dependencia” que solicitara a Asociación Cultural “NÓS” de Borraxeiros (Agolada), por incumprimento dos requisitos esixidos nas Bases Reguladoras da Convocatoria 2008 de subvencións para Servizos Sociais Especializados. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.16743.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CLUB NÁUTICO DE RAXÓ PARA A CELEBRACIÓN DO “VII CAMPIONATO DE PESCA SUBMARINA” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2008 unha subvención a favor da Asociación Club Náutico de Raxó do concello de Poio, por un importe de 255,00 €, para a celebración do “VII Campionato de pesca submarina”, con cargo á partida 08/451.452.789.04, e recibido o escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 09/12/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día xa que por motivos económicos non se puido celebrar dita actividade, a Xunta de Goberno queda enterada da súa renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.16744.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES – PROGRAMA B/08- (PERSOAS FÍSICAS) De conformidade coas bases dirixidas a agrupacións e clubs deportivos para actividades 2008, aprobadas por Xunta de Goberno de 2 de xaneiro de 2008, e vista a proposta do Servizo de Deportes e Xuventude e o informe de Intervención, relativo ás axudas dirixidas a actividades deportivas Programa B/08 (Persoas Físicas), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións, ós deportistas que se relacionan, por un total de 19.000,00 €, con cargo á partida 08/451.452.489.07. PERSOAS FÍSICAS(Z08 / 2008) PARTIDA: 08/451.452.489.07 - IMPORTE: 19.000,00 € CIF / ASOCIACIÓN / CONCEPTO CONCEDIDO CONCELLO DE CALDAS DE REIS 76870340Q ABEL SEIJO MARTÍNEZ 1.000,00 PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO NACIONAL DE KARTING DE PORTUGAL 35442145L ALFONSO FONTÁN PIÑEIRO 1.000,00 CAMPIONATO DE CASTELA LEÓN TOTAL CONCELLO DE CALDAS DE REIS (2) 2.000,00 CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO 76806168Z ALBERTO LAGOA GONZÁLEZ 1.000,00 ASISTENCIA DE LARA LAGOA Ó CAMPEONATO DE ESPAÑA DE WINDSURF NAS PALMAS DE GRAN CANARIA. 35300393Q JULIO FERNÁNDEZ CASAS 1.000,00 PARTICIPACIÓN NO MUNDIAL DE WINDSURF EN SOPOT (POLONIA) DE MARCOS FERNÁNDEZ IGLESIAS. 78738222E SUSANA CORDEIRO COYA 1.000,00 CAMPIONATO DO MUNDO DE ARTES MARCIAIS TOTAL CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO (3) 3.000,00 CONCELLO DO GROVE 77417007L ANGEL CRISTIAN RIVADEMAR OUTEDA 650,00 XVI COPA DE ESPAÑA DE PISTA TOTAL CONCELLO DO GROVE (1) 650,00 CONCELLO DAS NEVES 35766865W DELFINA ESTÉVEZ PEREIRA 750,00 PARTICIPACIÓN DE LETICIA RODRIGUEZ ESTÉVEZ NO CIRCUITO NACIONAL DE BADMINTON TOTAL CONCELLO DAS NEVES (1) 750,00 CONCELLO DE PONTEVEDRA 35284454Q JUAN JOSÉ ESPERÓN RECAREY 400,00 DESPRAZAMENTO DE ADRIAN ESPERÓN E PATRICIA MARTÍNEZ O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BAILE STANDARD EN CATALUÑA 35301624M Mª JOSÉ MAGDALENO VARELA 418,79 PARTICIPACIÓN CAMPIONATO NACIONAL STANTARD 2008 EN MANRESA 73241632H OSCAR GRAÑA BLANCO 418,79 PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE PIRAGUISMO-MARATHON 35288058D SAMUEL AROSA CARBALLA 418,79 PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO E NO OPEN SURTEN TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (4) 1.656,37 CONCELLO DE RIBADUMIA 76860949D JOSE MANUEL VÁZQUEZ NAVIA 1.000,00 PARTICIPACION DE PAULINO OTERO OTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO 76860949D JOSE MANUEL VÁZQUEZ NAVIA 1.000,00 PARTICIPACIÓN DE JOSÉ QUINTILLÁN MARTINEZ NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE INVERNO 76860949D JOSE MANUEL VÁZQUEZ NAVIA 1.000,00 PARTICIPACIÓN DE DAVIDA MAQUIEIRA PIÑEIRO NA COPA DE ESPAÑA DE 500 M. TOTAL CONCELLO DE RIBADUMIA (3) 3.000,00 CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS 76892306V MANUEL FERNANDEZ RODRÍGUEZ 1.000,00 PARTICIPACIÓN DE VÍCTOR FERNÁNDEZ ALONSO EN MINIGP 70, MINIGP 50 E MINIMOTOS. TOTAL CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS (1) 1.000,00 CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO 34878782H MAURO GONZÁLEZ FONTÁN 515,43 PARTICIPACIÓN NA WORLD CUP DE CICLOCROSS TOTAL CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO (1) 515,43 CONCELLO DE SANXENXO 72689286V ALFONSO VÁLCARCEL GIL 515,43 GASTOS DE DESPRAZAMENTO E ESTANCIA NO CAMPIONATO LORD OF KICKBOXING EN CHINA TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (1) 515,43 CONCELLO DE VALGA 33282480P JOSÉ MANUEL LOUREIRO IGLESIAS 451,00 CAMPIONATO DE ESPAÑA DE PIRAGÜISMO EN SEVILLA TOTAL CONCELLO DE VALGA (1) 451,00 CONCELLO DE VIGO 78733092K ANA ISABEL MARTÍNEZ COYA 300,00 CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ARTÍSTICA 36146214N CARLOS LUIS DOMÍNGUEZ ESTEVEZ 750,00 PARTICIPACIÓN NON ATLÁNTIC ECUESTRIAN TOUR 36053532C JOSEFA PROL REJO 345,00 II TORNEO ESTATAL IBIZA 36081212P MANUEL PROL REGO 345,00 PARTICIPACIÓN DE IRIA PROL TABOADA NO II TORNEO ESTATAL IBIZA 36081212P MANUEL PROL REGO 386,57 PARTICIPACIÓN NO II TORNEO ESTATAL IBIZA 2008 36141886P MARCOS PÉREZ BAQUEIRO 480,00 II PROBA DO CAMPIONATO GALEGO DE VELOCIDADE 36069444Q Mª DEL PILAR FARIÑAS AVILES 386,57 PARTICIPACIÓN DE CAROLINA GÓMEZ FARIÑAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XIMNASIA ACROBÁTICA 36111628H MªLUISA BARROS RODRÍGUEZ 451,00 II TORNEO DE PROGRESIÓN VERTICAL TOTAL CONCELLO DE VIGO (8) 3.444,14 CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA 35486033T FRANCISCO CASTRO DOMÍNGUEZ 515,43 PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO E NA COPA DE ESPAÑA DE VELA 35483493J SERGIO CRESPO DOMINGUEZ 483,22 COPA E CAMPIONATO DE ESPAÑA TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (2) 998,65 CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 35464771J PILAR SEÑORANS REBORIDO 418,79 CAMPIONATO DE ESPAÑA 2008 TOTAL CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA (1) 418,79 CONCELLO DA ILLA DE AROUSA 35472680X RAMÓN FERRO DIOS 600,00 PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO DO MUNDO DE PIRAGUISMO-MARATHON TOTAL CONCELLO DE ILLA DE AROUSA (1) 600,00 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.16745.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE O COVELO PARA A “CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE PRADO DE CANDA” Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Covelo para a “Construción do Centro Socio-Cultural de Prado de Canda”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, a construción dunha casa comunal destinada a un uso cultural e recreativo no que se poida prestar, organizar, programar e impartir actividades artísticas, culturais e educativas, cun custo de cento vinte e cinco mil cincocentos euros con tres céntimos (125.500,03€). Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Covelo para a “Construción do Centro Cultural de Prado de Canda” . Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE COVELO PARA A CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE PRADO DE CANDA En Pontevedra, a …de …… de 2008 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. José Costa Díaz, na súa condición de Alcalde-Presidente do concello de Covelo, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúen o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 61.1,a) e105.1,a) da Lei 5/97 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, consciente do auxe e relevancia das funcións que en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico, social e de planificación estratéxica do seu territorio lle atribúe a lexislación vixente, e o concello de Covelo amosan a súa firme vontade de incrementar, na medida que os seus presupostos llelo permitan, cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación dos servizos do citado concello. IV.- Que o concello de Covelo lle solicita a Deputación unha axuda económica de oitenta mil euros (80.000,00 €) para a execución da obra “Construción do Centro Socio-Cultural de Prado de Canda”. A finalidade desta actuación é a realización dunha casa comunal destinada a un uso cultural e recreativo no que se poida prestar, organizar, programar e impartir actividades diversas, artísticas, culturais, educativas e que permita ós habitantes do ámbito rural dispor duns espazos de reunión adecuados e acomodados que favorezan o diálogo, o intercambio, a difusión cultural e o progreso social. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Covelo é a “CONSTRUCIÓN DO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE PRADO DE CANDA”, cun custo de cento vinte e cinco mil cincocentos euros con tres céntimos (125.500,03 €). Segunda.- A Deputación de Pontevedra achegará ó concello de Covelo en concepto de subvención a cantidade de oitenta mil euros (80.000,00€), que se financiarán con cargo á partida 08/911.911.-762.45, e comprenderá os gastos que se derivan da obras a realizar. Terceira.- No proxecto da obra “CONSTRUCIÓN DO “CENTRO SOCIO-CULTURAL DE PRADO” redactado polos arquitectos Alberto Cameselle Lago e Alberto Cameselle Alvarez con data de maio de 2008, descríbese o obxectivo, as características técnicas da obra e o alcance das mesmas; correspondéndolle ó concello de Covelo a execución da obra seguindo o establecido na Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na lexislación laboral e na demais lexislación aplicable a este convenio. Os técnicos provinciais poderán, en calquera momento, realizar as oportunas comprobacións sobre o estado da obra e a súa execución. O libramento da cantidade poderase realizar mediante aboos parciais, ou ben ó remate da obra, previa xustificación do gasto efectuado mediante facturas e os documentos con valor probatorio no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, que deberán ser aprobados polo órgano competente e informados polos técnicos provinciais, debendo achegarse a acta de recepción da obra. Cuarta.- O concello de Covelo, como titular da obra prevista no proxecto, comprométese a adoptar as medidas oportunas para a vixilancia, mantemento e conservación da mesma, de modo que se atopen en perfecto estado para a súa utilización polos veciños. Quinta.- O concello de Covelo deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Sexta.- Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción, coa finalidade de que no prazo doutros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os asinantes ou persoa en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de outubro de 2009. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento ou a súa interpretación. Undécima.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, así como as que se aproben para o exercicio 2009. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural. - Lei 6/2008, de 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e chan, pola que se modifica a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento Pola Deputación de Pontevedra, Polo Concello de Covelo, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. José Costa Díaz ” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 20.16746.- CONVOCATORIA E BASES DAS AXUDAS DE ESTUDOS 2008/2009 De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para o persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases da convocatoria para a concesión da axudas de estudos correspondentes ó ano 2008/2009, elaborados pola Comisión paritaria mixta en desenvolvemento do previsto no citado artigo 68 do V Acordo regulador. Estas axudas concederanse con cargo á consignación económica prevista na partida 122.321.481.01 do presuposto provincial, que ascende a un total de 150.000,00 € e conforme a unha táboa de módulos que se estableceu en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas. Ditas bases son como seguen: A) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS 2008-2009 Segundo o establecido no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral desta Deputación, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión paritaria mixta, aproba a convocatoria de axudas de estudos para o curso 2007 – 2008, que se rexerá polas seguintes: “BASES 1.- BENEFICIARIOS/AS: Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo dependente desta Deputación, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos, do persoal incluído no apartado a). c) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador e do I Convenio Colectivo. d) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2.- ESTUDOS: Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou homologados por outros organismo europeos, clasifícanse da seguinte forma: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Tamén os estudos realizados na Universidade Nacional a Distancia (UNED). b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio. c) Curso de adaptación pedagóxica, obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e proxecto de fin de carreira. 3.- INCOMPATIBILIDADES: As axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., salvo o sinalado no parágrafo terceiro desta base, incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. No suposto de que a bolsa comprenda soamente a exención dos pagamentos de matrícula, terase dereito á axuda, descontando o seu custo. De igual modo, aqueles funcionarios ou traballadores exentos do pagamento de taxas, por ser un dos membros da súa familia funcionario do MEC ou da Xunta de Galicia, percibirán a diferenza existente entre a cantidade que lle corresponde pola axuda e o importe das taxas (neste caso deberase xustificar o importe dos pagamentos exentos). Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4.- CONTÍA: Con cargo á consignación económica prevista na partida 122-321-481-01 do presuposto provincial, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A B C D E Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters en domicilio 391,40 € 442,90 € 473,80 € 525,30 € 561,35 € Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, de práctica xurídica ou masters fóra do domicilio 772,50 € 885,80 € 927,00 € 1.040,30 € 1.133,00 € Curso de Adaptación Pedagóxica, DEA e proxecto fin de carreira 164,80 € 175,10 € 195,70 € 206,00 € 216,30 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos medios e superiores (incluída a UNED) (cun máximo de 300,00 €) 100,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida, a Comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5.- CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS: A.- ESTUDOS DOS FUNCIONARIOS: Os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen estudos de grao medio ou superior, cursos de posgrao, cursos da escola de Idiomas, CAP, DEA, cursos da Universidade correspondentes a aulas de formación aberta ou que realicen masters, percibirán o 50% do custo da matrícula e, de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público, non estando suxeitos os límites previstos na táboa de módulos da base cuarta. Non obstante, as axudas por master non poderán superar a contía de 1.000,00 € (deberase achegar a totalidade dos pagamentos fraccionados). B.- ESTUDOS DOS BENEFICIARIOS: 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboaranse os importes establecidos no apartado 4 conforme os seguintes criterios: a) Aplicando a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4, nos supostos de curso completo, catro ou máis materias de ensinanzas de primeira matrícula, ou 50 créditos nas materias de segunda e sucesivas matrículas. b) Aplicando o 50% do importe establecido na táboa de módulos da base 4, nos supostos dunha a tres nas ensinanzas non REPETIDAS ou menos de 50 créditos nas REPETIDAS. No caso de que non se reflicta o pagamento de taxas, exención ou materias que se cursen, deberá presentarse un certificado ou expediente académico onde se fagan constar as materias de primeira, segunda e sucesivas matrículas, así como os seus créditos. 2) Consideraranse estudos no domicilio aqueles que se realicen en centros situados dentro do propio concello onde este situada a residencia da/o funcionaria/o ou traballador/a da Deputación nun radio igual ou inferior a dez (10) quilómetros, se é fóra do concello. Consideraranse estudos fóra do domicilio todos os demais. Esta circunstancia acreditarase coa certificación do empadroamento do funcionario que solicita a axuda. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, no prazo comprendido entre o 22 de decembro de 2008 e o 31 de xaneiro de 2009, este incluído, debendo achegar, segundo o caso, a seguinte documentación en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada: a) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao, cursos de práctica xurídica ou masters en domicilio. Estudos realizados na Universidade Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.). - Certificado que acredite curso completo e folla de matrícula onde conste o pagamento das taxas ou exención e as materias que se vaian cursar. - Xustificante do pagamento da matrícula. b) Estudos medios ou superiores, cursos de posgrao ou masters fóra de domicilio: - Certificado de empadroamento do FUNCIONARIO, certificado que acredite curso completo e folla de matrícula onde conste o pagamento das taxas ou exención e as materias que se vaian cursar. - Xustificante do pagamento da matrícula. c) Cursos de adaptación pedagóxica, de obtención de Diploma de Estudos Avanzados (DEA), de posgrao, da Escola de Idiomas, da Universidade de aulas de formación aberta ou masters en domicilio. - Xustificación de matrícula e o seu pagamento. De non figurar o esixido nos apartados a) e b) no xustificante de pagamento, será necesario presentar un certificado ou expediente académico onde se faga constar qué materias son de primeira matrícula e os seus créditos e cáles son de segunda e sucesivas matrículas. 7.- DOTACIÓN ECONÓMICA: De conformidade co establecido no V Acordo regulador e I Convenio colectivo, no presuposto provincial do próximo ano, consignarase na partida 122.321.481.01, de axudas de estudos, a cantidade de 150.000,00 €. 8.- INTERPRETACIÓN DAS BASES: Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” B) BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS 2008-2009 De conformidade co disposto no artigo 68 do V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Excma. Deputación de Pontevedra, así como informe favorable da Comisión Paritaria Mixta, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de axudas de estudos non universitarios do ano 2008/2009, que se rexerá polas seguintes “BASES 1. BENEFICIARIOS/AS: Poderán ser beneficiarios das axudas de estudos: a) Os funcionarios de carreira e o persoal laboral fixo dependente desta Excma. Deputación, que se encontren en servizo activo antes da finalización do prazo de entrega das solicitudes. b) Os fillos, do persoal incluído no apartado a). c) Os fillos das parellas de feito dos beneficiarios incluídos no apartado a), segundo o disposto no anexo V do Acordo-regulador para persoal funcionario e do I Convenio Colectivo para persoal laboral. d) Con carácter excepcional os fillos dos beneficiarios sinalados no apartado a), falecidos en servizo activo ata que finalicen os estudos. Quedan excluídos destas axudas os funcionarios de emprego, os funcionarios interinos, os bolseiros e os contratados temporais, ademais dos fillos do persoal incluído nos apartados a) e d) que teñan máis de 30 anos cando finalice o prazo de entrega das solicitudes. 2. ESTUDOS: Estas axudas, que se concederán para a realización de estudos en centros ou institucións docentes oficiais ou homologados polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) ou pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ou homologados por outros organismos europeos, clasifícanse da seguinte forma: a) Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia. b) Educación infantil e primaria. c) Escola oficial de idiomas e estudos de ensinanzas artísticas, recollidas como tales no art. 45 da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. d) Formación profesional, ESO, Bacharelato e programas de garantía social. 3. INCOMPATIBILIDADES: Para manter o carácter exento no IRPF estas axudas serán incompatibles con calquera outra concedida por institucións públicas ou privadas, bolsas de estudos, etc., incorrendo en responsabilidades legais os que faltasen á verdade na declaración que emitan a este respecto. En principio, non se atenderán as solicitudes onde se xustifique a petición doutra bolsa cando a contía supere o importe da axuda que a Deputación lle destina ó beneficiario, salvo que se acreditase a súa denegación. Cando se soliciten axudas para cursar distintos estudos, tramitarase o de maior contía. Nos casos de exención de matricula por expediente académico ou familia numerosa, independentemente da contía de exención de taxas académicas, acreditarase o importe da axuda que corresponda. 4. CONTÍA: Con cargo á consignación económica prevista na partida 122-321-481-01 do presuposto provincial, as axudas de estudos concederanse conforme a seguinte escala, establecida en función dos estudos cursados polos interesados e os grupos de clasificación do titular beneficiario das axudas: ESTUDOS/GRUPOS A B C D E Garderías, colexios infantís e xardíns de infancia 185,40 € 226,60 € 278,10 € 319,30 € 339,90 € Educación infantil, primaria 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € ESO e programas de garantía social 226,60 € 267,80 € 309,00 € 345,05 € 370,80 € FP e Bacharelato 231,00 € 273,00 € 315,00 € 351,75 € 378,00 € Cursos da Escola Oficial de Idiomas e ensinanzas artísticas 113,30 € 123,60 € 133,90 € 149,35 € 185,40 € Por cada sobresaliente ou matrícula de honra nunha disciplina de estudos FP e Bacharelato (cun máximo de 150,00 €) 30,00 € Dado que é difícil valorar de antemán as peticións de cada un dos módulos e, por conseguinte, a montaxe total das axudas, en caso de superarse o crédito global existente ou de producirse excedentes na partida a comisión paritaria mixta revisará as cantidades sinaladas na táboa de módulos para axustalas á consignación orzamentaria. 5. CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS: A- ESTUDOS DOS FUNCIONARIOS Os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen os estudos en centros públicos non percibirán ningunha axuda por seu carácter gratuíto. No caso de efectuarse en centros privados aplicarase a totalidade do importe indicado na táboa de módulos da base 4 segundo a porcentaxe equivalente dun centro público. B.- ESTUDOS DOS BENEFICIARIOS 1) De acordo coa clasificación de axudas de estudos prevista no apartado 2, aboarase a cantidade establecida no apartado 4 aplicando a totalidade do importe sinalado na táboa de módulos da base 4. 2) As axudas para garderías, colexios infantís e xardíns de infancia concederanse por fillos acollidos nalgún destes centros que así o xustifiquen mediante a correspondente matrícula. 3) Exclúense destas bases os cursos de perfeccionamento, preparación e ingresos en academias privadas ou similares. 4) Todas as axudas increméntanse nun 100% no suposto de que o solicitante ou beneficiario estea afectado por unha grande invalidez física ou psíquica, nun grao superior ó 65% de minusvalía; ou nun 50% se é inferior, o que se acreditará cunha resolución xudicial ou administrativa que o recoñeza. 6. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As solicitudes deberán presentarse en modelo oficial debidamente cuberto no Rexistro xeral da Deputación, no prazo comprendido entre o 22 de decembro de 2008 e o 31 de xaneiro do 2009, este incluído, debendo achegar o xustificante de estar matriculado no curso 2008 – 2009 en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. En calquera dos supostos que se puidesen dar, as solicitudes presentadas fóra de prazo serán desestimadas. 7. DOTACIÓN ECONÓMICA De conformidade co disposto no V Acordo regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral no presuposto provincial do próximo ano consignarase na partida 122.321.481.01, de axudas de estudos, a cantidade de 150.000,00 €. 8. INTERPRETACIÓN DAS BASES Calquera dúbida que poida xurdir na aplicación e interpretación destas bases resolverase na Comisión paritaria mixta.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 21.16747.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN EN FITOPATOLOXÍA PARA A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Visto o escrito con data 25 de novembro de 2008, presentado polo Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, solicitando a prórroga da Bolsa de investigación en Fitopatoloxía “Cultivos agrícolas e ornamentais”, da que é beneficiaria Dª. Paula Elvira Escofet Crespo. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno do 15 de decembro de 2006, número 17.14606 acordouse a adxudicación dunha Bolsa a favor da interesada, para a realización de tarefas de investigación en Fitopatoloxía-Cultivos Agrícolas e Ornamentais, para a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con efectos 1 de xaneiro de 2007 e por un período dun ano. A cláusula Oitava das Bases da Convocatoria, publicadas no B.O.P. nº 70 de 10 de abril de 2006, establece no apartado a) que “la Bolsa tendrá una duración de un año, a contar desde la fecha en la que el adjudicatario comenzó a hacer uso de la misma y podrá ser prorrogada por períodos anuales hasta un máximo de cuatro años, a petición y con el informe favorable del Jefe de Servicio y Acuerdo de la Junta de Gobierno.” A prórroga desta Bolsa finaliza o próximo 31 de decembro de 2008, si ben de acordo co establecido nas Bases, é posible a súa prórroga por un novo período anual. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que me confiren polos artigos 35.2.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a Bolsa concedida a Dª. Paula Elvira Escofet Crespo, con efectos 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro do 2009. A dotación económica da Bolsa ascende a 1.100,00 €/mes, o que supón un total de 13.200,00 € para o período indicado, cantidade que se imputará á partida 714.714.481.01 do Presuposto Provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 22.16748.- SUSPENSIÓN DA BOLSA DE INVESTIGACIÓN - ÁREA DE MICROBIOLOXÍA - DA FINCA MOURISCADE Mediante escrito de data 10 de decembro de 2008, a Xefe do Servizo da Finca Mouriscade, informa que por prescrición facultativa, Dª. Isaura Gómez Márquez, debe causar baixa durante o seu período de xestación e posterior alumbramento, polo que propón que se suspenda o goce da Bolsa da que é beneficiaria sen que afecte á duración da mesma, podendo renovar a súa actividade normal unha vez transcorrido dito período. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 24 de marzo de 2006, número 9.13830 aprobáronse as Bases que rexerían a Convocatoria de dúas Bolsas para a realización de traballos de investigación no laboratorio da Finca Mouriscade. O 9 de xuño de 2006, a Xunta de Goberno, en acordo número 9.14043 acordou a adxudicación dunha das Bolsas a favor de Dª. Isaura L. Gómez Márquez, con efectos 16 de xuño de 2006. Por acordo da Xunta de Goberno número 5.16155, prorrogouse a mesma con efectos 16 de xuño de 2008 a 15 de xuño de 2009. Tal e como se establece na Convocatoria e Bases, a aceptación e goce das bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, polo que non procede a concesión do permiso por maternidade previsto na lexislación vixente. De acordo co exposto, en virtude das competencias que me confiren os artigos 35.2.b) da Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade suspender o goce da Bolsa da que é Beneficiaria Dona Isaura Gómez Márquez, para o desenvolvemento de traballos de investigación na área de Microbioloxía da Finca Mouriscade, con efectos 12 de decembro de 2008 e ata que se produza a súa incorporación. Durante o período de suspensión non se acreditará a contía mensual coa que está dotada dita Bolsa. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 23.16749.- RECOÑECEMENTO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DO CONVENIO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA PARA POTENCIAR A INVESTIGACIÓN NA MISIÓN, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 15/04/2005, no que se aproba o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Misión Biolóxica de Galicia para potenciar a investigación na Misión. Vista a documentación xustificativa do gasto que obra no expediente; visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada e no que se informa a necesidade de proceder ó seu recoñecemento extraxudicial pola Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 08/711.711.789.00.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Concepto (observacións) MISIÓN BIOLÓXICA DE Carballeira, 8 – Salcedo 9.000,00 € Convenio coa MBG para GALICIA (MBG) 36143 Pontevedra potenciar a investigación Q2818002D na Misión (última anualidade – 2008) ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.16750.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE GASTOS EFECTUADOS POLOS CENTROS XESTORES E DEPENDENCIAS Visto o informe que formula a intervención desta Deputación, de data 17 de decembro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para execución do presuposto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200800001597 e que contén cento vinte e catro facturas, sendo a primeira de Hotel Comercio – Enrique Folgar Hervés, por importe de 1.498,00 € e a derradeira de Voz de Radio Galicia, S.L.U., por importe de 580,00 €, obedecendo ó seguinte detalle. Importe total ..................................................................... 315.547,07 € Descontos do IRPF.......................................................... 847,50 € Descontos do IVE soportado deducible....................... 406,57 € Total líquido.............................................. .............. 315.106,14 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 25.16751.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS A VARIAS CERTIFICACIÓNS DE OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás certificacións de diversas obras, que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das certificacións require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Presuposto Provincial de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Á empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A-36.008.886), con domicilio a efectos de notificación, en Pontevedra, Calle Herminia Fariña Cobián, baixo, a certificación nº 1 – Final por importe de 332.757,54 €, correspondente a “EP 9305 PADRENDA – MEAÑO (MEAÑO)”, cantidade que será librada con cargo á partida 08/511.511.612.02 con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A-36.008.886) 332.757,54 Subtotal 332.757,54 Taxa dirección de obra (4%) 9.642,35 Control de Calidade Seguridade e Saúde Total descontos 9.642,35 Importe líquido a percibir pola empresa 323.115,19 Á empresa PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B-36.239.945), con domicilio a efectos de notificación, en Meaño, Polígono Industrial A Pedreira, s/n, a certificación nº 1 – Final por importe de 40.000,00 €, correspondente a “REPARACIÓNS NAS ESTRADAS PROVINCIAIS: EP ACUÑA – POSTEMIRÓN (VILABOA)”, cantidade que será librada con cargo á partida 07/511.511.210.00.2007 con arranxo ó seguinte detalle: Euros PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B-36.239.945) 40.000,00 Subtotal 40.000,00 Taxa dirección de obra (4%) 1.159,08 Control de Calidade (0%) 0 Seguridade e Saúde (0%) 0 Total descontos 1.159,08 Importe líquido a percibir pola empresa 38.840,92 Á empresa CONSTRUCCIONES DAGO, SA (CIF A-36.007.847), con domicilio a efectos de notificación, en A Estrada, Campos nº 17, Guimarei, a certificación nº 1 – Final por importe de 71.002,42 €, correspondente a “EP 8303 Igrexa – Fragas (Campolameiro), EP 0404 Viascón – Cuspedriños (Cotobade) e EP Lamela – Moalde – Senra (Silleda)”, cantidade que será librada con cargo á partida 08/511.511.612.01.2007 con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCCIONES DAGO, S.A. (CIF A-36.007.847) 71.002,42 Subtotal 71.002,42 Taxa dirección de obra (4%) 2.057,44 Control de Calidade Seguridade e Saúde Total descontos 2.057,44 Importe líquido a percibir pola empresa 68.944,98 Á empresa CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B-36.052.876), con domicilio a efectos de notificación, en Lalín, Polígono Industrial Lalín 2000, Parcela C-26, a certificación final por importe de 131.945,33 €, correspondente a “Modificado nº 1 Campo de fútbol e vestiarios en Lalín” cantidade que será librada con cargo á partida 08/123.452.662.01 con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B-36.052.876) 131.945,33 Subtotal 131.945,33 Taxa dirección de obra (4%) 3.823,39 Control de Calidade (0.5 %) 477,92 Seguridade e Saúde (0.5%) 477,92 Total descontos 4.779,23 Importe líquido a percibir pola empresa 126.688,18 Á empresa ELSAMEX, S.A. (CIF A-28.504.728), con domicilio a efectos de notificación, en A Coruña, Ronda de Nelle, nº 14 – C 1, a Reinversión económica por importe de 70.832,11 €, correspondente a “Reforma e ampliación do Pavillón Polideportivo o Pombal (Cambados)” cantidade que será librada con cargo á partida 08/123.452.662.00.2005 con arranxo ó seguinte detalle: Euros ELSAMEX, S.A. (CIF A-28.504.728) 70.832,11 Subtotal 70.832,11 Taxa dirección de obra (4%) 2.052,50 Control de Calidade Seguridade e Saúde Total descontos 2.052,50 Importe líquido a percibir pola empresa 68.779,61 Así mesmo vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de diversas obras, que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno a aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas non orzamentarias 419.08 (099.125) e 419.09 (099.129), e, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Presuposto Provincial de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: Factura nº 189/2008 da empresa ALVAC, S.A. (CIF.- A-40015851) por un importe de 973,48 € correspondente ós traballos da dirección da obra do “Proxecto Redesanea en concello de Meis, concello de Portas e concello de Ribadumia”. Factura nº 2008/A 3942 da empresa Enmacosa S.A. (NIF.- A – 36.039.956), por importe de 5.533,20 € correspondente ós traballos de control e calidade da obra de “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento”. Facturas nº 12/08 por un importe de 3.647,35 €, nº 20/08, por un importe de 14.102,60 €, nº 29/08 por importe de 2.492,15 € e nº 30/08 por un importe de 5.596,49 €, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF.- 35.973.146 - L) correspondentes ós traballos de dirección da obra de “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”. Facturas nº 2008/069 por un importe de 3.647,35 €, nº 2008/093, por importe de 14.102,60 €, nº 2008/141 por importe de 2.492,15 € e nº 2008/142 por un importe de 5.596,49 €, do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF.-36.042.815-K), correspondentes ós traballos de Dirección da obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”. Factura nº 47 /08 por un importe de 1.263,37 € do Arquitecto D. Gumersindo Ferro Pichel (NIF.- 35.287.933–E), correspondentes ós traballos de Dirección da obra “Urbanización nos Castros, Fondós e Bugarín (Quireza–Cerdedo)”. Facturas nº 27/08 por importe de 914,18 € e nº 28/08 por importe de 867,45 €, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF.-35.973.146–L), correspondentes ós traballos de Dirección da obra “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 26.16752.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚMERO 33/2008 A Xefa do Servizo de Recursos Humanos mediante escrito de data 15 de decembro de 2008 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da partida 08/612.611.150.04 do vixente presuposto provincial, en 4.100,00 €, ó obxecto de afrontar o pago da produtividade correspondente ó cesamento de persoal funcionario por xubilación, e para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 4.100,00 €, cuxo financiamento se efectuaría mediante a minoración do crédito da partida 08/122.121.150.01 polo citado importe. Visto o informe de Intervención, de data 16 de decembro de 2008, no que deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as partidas 08/612.611.150.04 e 08/122.121.150.01 e que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que na partida 08/122.121.150.01 cuxo crédito se minora en 4.100,00 €, expediuse o correspondente documento RC, con número de operación 200800108987, polo devandito importe e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de créditos de persoal pertencentes a distintos centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do presuposto para o exercicio de 2008, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 33/2008 por importe total de 4.100,00 €, incoado polo responsable do Centro Xestor de Recursos Humanos e Formación, minorando crédito no importe e na partida que se indica e incrementando crédito polo importe e na partida que se detalla a continuación: PARTIDA A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 08/612.611.150.04 Produtividade complementaria (Tesourería) 4.100,00 € TOTAL............................... 4.100,00 € PARTIDA A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 08/122.121.150.01 Produtividade extraordinaria (Recursos Humanos) 4.100,00 € TOTAL........................................ 4.100,00 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 27.16753.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “CONSTRUCIÓN DE SILOS NA FINCA MOURISCADE (LALÍN)” Redactándose polo Enxeñeiro Director do Servizo Agrario o proxecto de “Construción de silos na Finca Mouriscade (Lalín)” (Expediente D08/01119), cuxo importe ascende á suma de 113.906,36 €, (presuposto de 98.195,14 € máis 15.711,22 € correspondentes ó IVE), e que ten por obxecto a construción dunha batería de silos constituída por catro silos anexos á nave que alberga o gando. E, á vista do informe emitido polo Sr. Interventor relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/712.712.622.03, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o referido proxecto así como iniciar o correspondente expediente para a contratación da obra. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 28.16754.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE OBRA PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NO ANTIGO ACCESO A CRECENTE EP 5005 Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión de 06/08/2008, un convenio de colaboración co Concello de Crecente para a execución da obra de mellora da seguridade viaria e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente E.P. 5005 con presuposto de 753.054,46 €. Modificándose pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 dos correntes, a cláusula terceira do convenio relativa ás achegas a realizar por ambas as Institucións. Redactándose o proxecto correspondente á referida obra. E, á vista do informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Mellora da seguridade viaria e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente EP 5005”, por importe de 753.054,46 €, IVE incluído, e iniciar o correspondente expediente para a súa contratación. A obra financiarase, segundo o establecido no convenio, con cargo á partida 511.511-612.02, con arranxo á seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2008 2009 2010 Total Deputación 294.673,48 206.271,44 176.804,08 677.749,00 Concello 15.000,00 30.152,73 30.152,73 75.305,46 Total 309.673,48 236.424,17 206.956,81 753.054,46 Na partida 08/511.511-612.02 existe crédito adecuado e suficiente para a achega da Deputación correspondente á anualidade de 2008. As anualidades de 2009 e 2010 contabilizaranse nas partidas 09/511.511-612.02 e 10/511.511-612.02, quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos presupostos. A adxudicación da obra queda condicionada a que o Concello de Crecente faga efectivo o ingreso da súa achega na Tesourería da Deputación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 29.16755.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2009 Visto o escrito da directora xerente da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” participando a necesidade de contratar a subministración de produtos alimenticios para o servizo de comedor durante o ano 2009, ó finalizar o contrato que estaba vixente, e cuxo custo do novo contrato estímase en 269.130,80 € IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico–administrativas particulares que rexerán na contratación, e visto así mesmo o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, a subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe” durante o ano 2009, ata unha cantidade máxima de douscentos cincuenta e dous mil cincocentos cincuenta euros con cincuenta e seis céntimos (252.550,56 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de dezaseis mil cincocentos oitenta euros con vinte e catro céntimos (16.580,24 €). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Condicionar este contrato á existencia de crédito adecuado e suficiente nas partidas 422.422.221.05 do exercicio 2009, ou no seu caso, á prórroga do presuposto do ano 2008. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición