ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/03/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/1.2009-03-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/03/25_Ordinaria

  • Data(s) 2009-03-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e cinco de marzo do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16742.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de marzo de 2009. 2.16743.- APROBACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos seguintes concellos: CONCELLO DATA MODALIDADE ABRIL AS NEVES 9/04/09 FESTA DA BICILETA MAIO CAMBADOS 1/05/09 FESTA DA BICILETA O ROSAL 16/05/09 FESTA DA BICILETA PONTEAREAS 17/05/09 FESTA DA BICILETA NIGRÁN 17/05/09 FESTA DA BICILETA CATOIRA 17/05/09 FESTA DA BICILETA GONDOMAR 17/05/09 FESTA DA BICILETA BAIONA 17/05/09 FESTA DA BICILETA RIBADUMIA 23/05/09 FESTA DA BICILETA VILANOVA DE AROUSA 24/05/09 FESTA DA BICILETA PAZOS DE BORBÉN 31/05/09 FESTA DA BICILETA 3.16744.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANKINTER, por importe de dous mil trescentos noventa e dous euros (2.392,00 €), para responder da obra “Muros de sostemento no treito Mosteiro- Mourelle da E.P. Calvario- A Garrida (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 6/11/2007 con número de operación 200700089958, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANKINTER, por importe de dous mil trescentos oitenta e oito euros (2.388,00 €), para responder da obra “Obras de soterramento rede de baixa tensión no treito Mosteiro- Mourelle da E.P. Calvario- A Garrida (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 6/11/2007 con número de operación 200700089960, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de nove mil cincocentos vinte euros (9.520,00 €), para responder da obra “E.P. 2606 Pontecaldelas- Parada (Pontecaldelas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/12/2005 con número de operación 200500116980, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de oito mil catrocentos oitenta euros (8.480,00 €), para responder da obra “Mellora de trazado e rodamento E.P. 2803 Fornelos- Festín (Fornelos de Montes)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/12/2005 con número de operación 200500116984, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. (CIF B- 15.630.098) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de dous mil trescentos oitenta e un euros con noventa e oito céntimos (2.381,98 €), para responder das obras “Complementarias de renovación paseo Madorra (Nigrán)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/05/2004 con número de operación 200400034417, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOVEXVIAL-HIDROMIÑÓ (CIF G- 36.973.402) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de vinte e dous mil trescentos sete euros con sesenta céntimos (22.307,60 €), para responder da obra “Construción de pasarela peonil en E.P. Subida a Bahiña (Baiona)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/05/2006 con número de operación 200600043625, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de tres mil novecentos trinta e sete euros con vinteoito céntimos (3.937,28 €), para responder da obra “Mellora E.P. 2906 Os Valos- Guizán (Mos- Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/11/2005 con número de operación 200500101417, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SETGA, S.L.U.- (CIF B- 36.699.064) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de mil cento oitenta e sete euros con cincuenta e dous céntimos (1.187,52 €), para responder da obra “Regulación semafórica en Santiaguiño de Antas (Mos)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/06/2007 con número de operación 200700052758, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SETGA, S.L.U.- (CIF B- 36.699.064) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de mil cento oitenta e sete euros con cincuenta e dous céntimos (1.187,52 €), para responder da obra “Regulación semafórica en Torroso- San Mamed (Mos)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/06/2007 con número de operación 200600052754, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SIMCE CONSULTORES, S.L.- (CIF B- 36.872.307) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento sesenta e catro euros (1.164,00 €), para responder da “Asistencia técnica do eixo transaccional do Proxecto Mercurio”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/09/2005 con número de operación 200500087116, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. IDEARA, S.L.- (CIF B- 36.931.723) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO GALLEGO, por importe de dous mil cento sesenta euros (2.160,00 €), para responder da “Asistencia técnica para a planificación e creación de servizos locais de apoio ó comercio dentro do Proxecto Mercurio”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/06/2007 con número de operación 200700049251, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EDISA, SISTEMAS DE INFORMACIÓN, S.A.- (CIF A- 36.781.334) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento oitenta euros (1.180,00 €), para responder da “Asistencia técnica para o apoio á coordinación do Proxecto Mercurio”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/10/2005 con número de operación 200500096169, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.16745.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DO SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo á “Adxudicación provisional do procedemento aberto convocado para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra”. 5.16746.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. MANUEL CASTRO-RIAL ABAD, EN NOME REPRESENTACIÓN DE D. JORGE ESCUDERO REDONDO POR DANOS SUFRIDOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA DE COIRO A SAN COSME (CANGAS) Dada conta que con data de rexistro 19/02/2009 (rex. nº 05569) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Manuel Castro Rial Abad en nome e representación de Don Jorge Escudero Redondo con enderezo a efectos de notificacións en rúa Eduardo Pondal nº 10-1ºA de Pontevedra por danos padecidos en vehículo matrícula PO-1348-BD, na estrada de Coiro a San Cosme (Cangas) o día 4/10/2008 e que cuantifica economicamente en 887,26 €. Resultando.- Que con data 11/03/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 13/03/2009 co seguinte contido: “...1. El vial Coiro-San Cosme, donde se produjo el siniestro, no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad municipal, existiendo en el escrito de reclamación un error en la nomenclatura ya que el citado vial municipal no se corresponde con la E.P. 1001 (Cangas-coiro-Magdalena)”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 6.16747.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.16748.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE 6 DE MARZO DE 2009 SOBRE O ABOAMENTO DE INDEMNIZACIÓN DE D. MANUEL QUINTÁNS EIRÍN EN EXPEDIENTE DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO EN EXECUCIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 10 DE DECEMBRO DE 2008 Dada conta que na sesión da Xunta de Goberno de 20 de decembro de 2008 adoptouse acordo estimatorio no expediente de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico promovido por Dna. Mª Carmen Vidal Rodríguez en nome e representación de D. Manuel Quintáns Eirín, recoñecéndolle unha indemnización de 6.004,58 €. Resultando que a aseguradora desta Deputación CASER Seguros chegou a acordo co interesado en rebaixar dita indemnización a 3.350,00 € ingresando na Tesourería Provincial cheque bancario por dito importe. Resultando que con data 6 de marzo de 2009 mediante Resolución da Presidencia ordénase o pago polo referido importe a D. Manuel Quintáns Eirín, mediante cheque bancario que deberá recoller o interesado asinando o oportuno finiquito. A Xunta de Goberno que da enterada da citada Resolución Presidencial. 8.16749.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL A CROA DE MEIS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE UNIFORMES DE SOLDADO ROMANO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 25/06/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 25/06/2008 unha subvención a favor da Asoc. Cultural A Croa con CIF: G-36.462.869, do concello de Meis, por un importe de 620,00 €, para “Adquisición de uniformes de soldado romano”, con cargo á partida 09/451.451.789.00.2008, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 20/03/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 9.16750.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA ”III CERTAMEN NACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “VILLA DE MAGALLÓN“ (ZARAGOZA)”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2008 unha subvención a favor da Agrupación Musical do Rosal con CIF: G-36.027.928, do Concello do Rosal, por un importe de 2.018,00 €, para “III Certamen Nacional de Bandas de Música “Villa de Magallón” (Zaragoza)”, con cargo á partida 09/451.451.489.05.2008, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23/03/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.16751.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 25/06/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 25/06/2008 unha subvención a favor da Agrupación Musical do Rosal con CIF: G-36.027.928, do Concello do Rosal, por un importe de 889,00 €, para “Adquisición de vestiario”, con cargo á partida 09/451.451.789.00.2008, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23/03/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.16752.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE HERVILLE DE MOS PARA “OBRAS DE REFORMA DO LOCAL SOCIAL” NA XUNTA DE GOBERNO DE 23/07/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 23/07/08 unha subvención a favor do Centro Cultural e Social de Herville con CIF: G-36.039.287, do Concello de Mos, por un importe de 10.000,00 € para “Obras de reforma do local social”, con cargo á partida 09/451.451.789.04.2008, e recibido escrito da citada Asociación, presentado no Rexistro Xeral con data 18/03/09, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación para poder rematar as obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de setembro de 2009, para a xustificación da citada subvención. 12.16753.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN DE SECTORIZACIÓN DA ZONA INDUSTIRAL DA RAN DO CONCELLO DE CUNTIS Dada conta da comunicación do Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Cuntis, de data 4 de decembro de 2008 (rexistro de entrada núm. 40819, de data 11/12/08), pola que se remite copia do Plan de sectorización da zona industrial da Ran do Concello de Cuntis, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 23 de marzo de 2009, no que manifesta: “El plan de sectorización de referencia no afecta ni directa, ni indirectamente, a carreteras de titularidad provincial.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de Cuntis. 13.16754.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE MEAÑO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Meaño, de data 23 de outubro de 2008 (rexistro de entrada núm. 36549, de data 29/10/08), pola que se remite copia do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Meaño, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 23 de marzo de 2009, no que manifesta, entre outros: “I.- ANTECEDENTES El plan general de referencia fue a probado inicialmente por el pleno de la Corporación Municipal en fecha 13 de octubre de 2008. Con fecha 29 de octubre de 2008, tuvo entrada en la Diputación Provincial la correspondiente petición de informe que fue trasladada a este servicio de infraestructuras el 30 de octubre de 2008. En el presente informe se analiza la documentación facilitada por el Concello (en soporte CD) en lo relativo a las carreteras de titularidad provincial. II.- AFECCIÓN DEL PLAN A LAS VÍAS PROVINCIALES El concello de Meaño dispone de las siguientes carreteras provinciales que discurren íntegramente (o de forma parcial) por su término municipal: E.P. 9301 Dena-Couto de Abaixo E.P.9302 Xil-Cobas-Barrantes E.P. 9303 Meaño-Dena E.P. 9304 Couto-Embarcadero E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro E.P. 9207 Vichona-Dena El documento sometido a informe recoge estas carreteras, estableciendo una banda de suelo rústico de protección de infraestructuras a ambos lados de los viales, cumpliendo con la normativa de carreteras y, en concreto, con la Ordenanza Reguladora del uso y defensa de las Carreteras provinciales (B.O.P. nº 11 del 16 de enero de 1996). En lo referente al vial provincial E.P. 9305, el documento recoge la reserva de suelo (calificada como rústico de protección de infraestructuras) necesario para construir la denominada “variante de padrenda”, que resuelve el paso de la referida E.P. 9305 por una zona de suelo urbano que actualmente presenta graves problemas de seguridad vial. III.- INFORME A la vista del documento facilitado y teniendo en cuenta las indicaciones anteriores, se INFORMA FAVORABLEMENTE el documento del “Plan Xeral de ordenación Municipal do Concello de Meaño.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Concello de Meaño. 14.16755.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de marzo de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000327 e que conten corenta e sete facturas, sendo a primeira de Pirotécnica La Goulla, S.L., por importe de 6.960,00 € e a derradeira de Construcciones F. Pena Carames, por importe 1.586,88 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 181.594,36 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 181.594,36 € 15.16756.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOMENTO DUNHA AXUDA Á FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO PARA O “TROFEO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DE MINIBASKET”, APROBADO Ó SEU FAVOR POR RP Nº 19280 DE 31/12/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida por RP nº 19280 de 31/12/08 á Federación Galega de Baloncesto para o “Trofeo Deputación de Pontevedra de Minibasket” por un importe de 12.000,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.04.2008, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por non someterse no seu momento ó ditame da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude , a Xunta de Goberno por acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 12.000,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.04.2008 do vixente orzamento provincial. 16.16757.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN, POR TRÁMITE DE URXENCIA, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2009, por un importe máximo de 202.860,00 €, desagregado en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: LOTE Nº 1: Accións formativas On Line e a distancia……………. 72.000,00 € LOTE Nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra, Zona Sur e Semipresenciais…………………………………………. 55.360,00 € LOTE Nº 3: Accións formativas Zona Salnés, e Zona Norte………... 32.000,00 € LOTE Nº 4: Accións formativas Plan Unitario…………………….... 43.500,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, por trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2009, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 2 de marzo de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 13 de marzo de 2009, ó efecto das cales reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Zona de Negocios Pontevedra, S.L. (Lote nº 1); Centro de Formación Ica, S.L. (Lote nº1 ); Fundación de Estudios e Análises-Fesan (lotes núms. 1, 2, 3 e 4); Instituto de Formación Online, S.L.; Punto Emprego Galego, S.L.L., Recursos Galicia, S.L.; Instituto Madrileño de Formación; Centro de Negocios Pontevedra (lotes núms. 2, 3 e 4); Gestifor Galicia, S.L. (lotes núms. 2, 3 e 4); Formagal, Formación y Servicios (lotes núms. 2, 3 e 4); Inicia Formación y Consultoría, S.L. (lotes núms. 2, 3 e 4); Forama Consultores, S.L. (lote nº 3); Enmacosa, S.A. (lote nº 3); Executive Forum España, S.L. (lote nº 4) e Centro de Formación Hermes, as cales foron admitidas, excepto a do Centro de Formación Hermes, a este procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación desta Deputación Provincial. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2009 e baseándose no informe emitido o 20 de marzo de 2009 pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación, formula proposta para adxudicar os lotes números 1, 2, 3 e 4 deste procedemento aberto ás empresas, Centro de Formación ICA, S.L. (C.I.F. B-36995934); Formagal, Formación y Servicios, S.L. (C.I.F. B-36477677); Forama Consultores, S.L. (C.I.F. B-15614696) e Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36497949), respectivamente, motivado todo iso por resultar as ofertas máis vantaxosas de entre as presentadas e admitidas a cada un dos lotes citados, ó obter a maior puntuación, segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reunir os requisitos esixidos neste procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente, o lote número 1 deste procedemento aberto á empresa Centro de Formación ICA, S.L. (C.I.F. B-36995934), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas “On Line” e a distancia do Plan Agrupado 2009, polo prezo de sesenta e un mil douscentos euros (61.200,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe CURSOS A DISTANCIA LOTE 1 Axente de igualdade (a distancia) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € Orientador laboral (a distancia) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € Xestión da calidade na Admón. Pública (a distancia) 1 15 60 85,00 € 5.100,00 € Formador de formadores (a distancia) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € 24.225,00 € CURSOS ON LINE LOTE 1 PowerPoint 2007. Básico (e-learning) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Word 2007. Básico on line (ó learnig) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Excell 2007. Básico on line (ó learnig) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Access 2007. Básico on line (ó learning) 1 15 40 85,00 € 3.400,00 € Inglés principiante on line (ó e-learning) 1 15 60 85,00 € 5.100,00 € Maltrato infantil (on line) 1 15 50 85,00 € 4.250,00 € Lei de Protección de Datos (on line) 1 15 60 85,00 € 5.100,00 € Lei de Dependencia (on line) 1 15 75 85,00 € 6.375,00 € Escritura eficaz na Administración Pública (on line) 1 15 30 85,00 € 2.550,00 € 36.975,00 € TOTAL LOTE 1 61.200,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 2. Conceder á empresa, Centro de Formación ICA, S.L., en calidade de adxudicatario provisional do citado lote, un prazo máximo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 3.060,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3. Adxudicar provisionalmente, o lote número 2 deste procedemento aberto á empresa, Formagal, Formación y Servicios, S.L. (C.I.F. B-36477677), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas da Zona Pontevedra, Zona Sur e semipresenciais do Plan Agrupado 2009, polo prezo de corenta e nove mil oitocentos vinte e catro euros (49.824,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº de Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS ZONA PONTEVEDRA LOTE 2 Microsoft Word 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 3.600,00 € Microsoft Excel 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 3.600,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel medio 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Xardinería (C.I.Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € A administración electrónica: dinamización do servizo 1 25 16 144,00 € 2.304,00 € 16.704,00 € CURSOS ZONA SUR LOTE 2 Microsoft Word 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Microsoft Excel 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 2.144,00 € Información e atención ó público 1 25 15 144,00 € 3.600,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel básico 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Contratación administrativa 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € 15.840,00 € CURSOS SEMIPRESENCIAIS LOTE 2 As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas (semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € A administración de persoal (Semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € Afiliación e cotización do persoal na Admón Local. (Semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € Prevención de riscos laborais nas Administracións Públicas. Nivel básico (Semipresencial) 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € 17.280,00 € TOTAL LOTE 2 49.824,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 4. Conceder á empresa, Formagal, Formación e Servizos, S.L., en calidade de adxudicatario provisional do citado lote, un prazo máximo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 2.491,20 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 5. Adxudicar provisionalmente, o lote número 3 deste procedemento aberto á empresa, Forama Consultores, S.L. (C.I.F. B-15614696), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas da Zona do Salnés e da Zona Norte do Plan Agrupado 2009, polo prezo de vinte e oito mil oitocentos euros (28.800,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº de Edicións Nº partici-pantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS ZONA NORTE LOTE 3 Microsoft Excel 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Microsoft Access 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel medio 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € 10.080,00 € CURSOS ZONA SALNÉS LOTE 3 Microsoft Word 2007. Básico 1 15 20 144,00 € 2.880,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel básico 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Deseño e planificación de plans locais de igualdade 1 15 15 144,00 € 2.144,00 € Técnicas orzamentarias y contables 1 20 25 144,00 € 3.600,00 € Novas liñas de financiamento europea 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Curso Básico de información e Procedementos catastrais 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € 18.720,00 € TOTAL LOTE 3 28.800,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 6. Conceder á empresa, Forama Consultores, S.L., en calidade de adxudicatario provisional do citado lote, un prazo máximo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 1.440,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 7. Adxudicar provisionalmente, o lote número 4 deste procedemento aberto á empresa, Gestifor Galicia, S.L. (C.I.F. B-36497949), para efectuar a prestación dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento das accións formativas incluídas no Plan Unitario 2009, polo prezo de trinta e nove mil cento cincuenta euros (39.150,00), a razón dos seguintes prezos unitarios: Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº de Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. CURSOS PLAN UNITARIO LOTE 4 Internet e correo electrónico 1 15 15 144,00 € 2.160,00 € Linguaxe administrativa galega. Nivel superior 1 20 30 144,00 € 4.320,00 € Tramitación e xestión de proxectos europeos 1 25 30 144,00 € 4.320,00 € Conservación preventiva de fondos históricos e artísticos (Museo) 1 25 25 144,00 € 3.600,00 € Ferramentas para o diagnóstico dun menor en risco (C.I. Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Xestión de Residuos nun laboratorio (Finca Mouriscade) 1 20 6 144,00 € 864,00 € Manipulación de reactivos nun laboratorio (Finca Mouriscade) 1 20 6 144,00 € 864,00 € Pautas de alimentación nunha explotación de vacuno de leite (Finca Mouriscade) 1 20 6 144,00 € 864,00 € Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Curso de Microscopía. Estación Fitopatolóxica Areeiro 1 20 20 164,70 € 3.294,00 € Árbores Monumentais da provincia de A Coruña (Estación Fitopatóxica Areeiro) 1 20 20 223,00 4.464,00 € Informática Básica. (Parque de Maquinaria) 1 20 20 144,00 € 2.880,00 € Intervención educativa e Plan de caso con nenos con necesidades educativas especiais (C.I. Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € Técnicas e recursos sobre a animación de grupos e a organización de actividades extraescolares (C.I. Príncipe Felipe) 1 25 20 144,00 € 2.880,00 € TOTAL LOTE 4 39.150,00 € Estas actividades formativas atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 8. Conceder á empresa, Gestifor Galicia, S.L., en calidade de adxudicatario provisional do citado lote, un prazo máximo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 1.957,50 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 17.16758.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “TRABALLOS PENDENTES DE ENSANCHE E DOTACIÓN DE SERVIZOS EN VIRXE DAS MAREAS (O GROVE) EXPTE. D19/0018 Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18/03/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Traballos pendentes de ensanche e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)”, por importe de 200.732,44 €, (orzamento de 173.045,21 €, máis 27.687,23 € correspondentes ó IVE. Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato nas partidas 09/511.511-612.02.2006, 09/511.511.612.02.2008 e 09/511.511-612.02. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, considerándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “Traballos pendentes de ensanche e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)”, por importe de 200.732,44 €, (orzamento de 173.045,21 €, máis 27.687,23 € correspondentes ó IVE. 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 200.732,44 €, con cargo ás partidas 09/511.511-612.02.2006, 09/511.511-612.02.2008 e 09/511.511-612.02. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para invitalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “TRABALLOS PENDENTES DE ENSANCHE E DOTACION DE SERVIZOS EN VIRXE DAS MAREAS (O GROVE)” (EXPEDIENTE D09/0018). CPV45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Traballos pendentes de ensanche e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove)” (Expte. D09/0018), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 18/03/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 200.732,44 € (173.045,21 € máis 27.687,23 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1.- Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2.- Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3.- IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe ó que se fai referencia inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase con cargo á partida 09/511.511-612.02.2006, 09/511.511.612.02.2008 e 09/511.511.612.02 do vixente Orzamento Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será dun mes, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición de contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. As devanditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedaran clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestara a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8. 1 º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte a recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38. 4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8. 2 º. -Formalidades. - As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA (especificar nome da obra) Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta ningunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4. - Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario ó favor do cal se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias do devandito volume de negocios. 6. -Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato se vaia executar en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- • Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. • Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. • Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. • Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.-Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentara a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentara a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que están insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra,... etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; No caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ANO dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, se poderá reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fóra favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da dita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. ___________. (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________, en nome propio (ou en representación de ____________), con enderezo, para os efectos de notificacións, en __________, enterado da decisión da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra), se compromete a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente)” 18.16759.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición