ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/11/18_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-11-18_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/11/18_Ordinaria

  • Data(s) 2009-11-18 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaoito de novembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17415.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de novembro de 2009. 2.17416.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CORRESPONDENTE Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CRUZ-VERMELLA PARA O PROGRAMA “SEN VIOLENCIA-CONVIVENCIA 2009” Aprobado por Resolución Presidencial núm. 07250 de 15 de xuño de 2009, o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella, para desenvolvemento do programa “Sen Violencia-Convivencia”, dirixido ós alumnos de 5º e 6º de primaria e de 2º e 3º da E.S.O. dos centros públicos da nosa provincia; subscrito o mesmo por ambas as dúas institucións o 23/07/2009, e solicitada o 11 do presente mes; por Cruz Vermella, unha prórroga para a xustificación ante a imposibilidade de completala no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de febreiro de 2010, para a xustificación da subvención correspondente ó convenio entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella, para desenvolvemento do programa “Sen Violenencia-Convivencia 2009”, cunha dotación económica de 30.000,00 €. 3.17417.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 29/07/2009, A FAVOR DA ASOCIACIÓN “ANDURIÑA” DE O GROVE E APROBACIÓN DO ADIANTO DO 50% DA CITADA SUBVENCIÓN Aprobado pola Xunta de Goberno do 29/07/2009, unha subvención de 4.420,00 €, a favor da Asociación “Anduriña” de O Grove, para o proxecto de “Desenvolvemento Integral de Traballo en Oficinas de Atención ó Público”, dirixido a persoas con discapacidade; solicitada por dita asociación o 19/10/2009, unha prórroga para a realización da actividade obxecto da subvención, así como o adianto do 50% da mesma; e a vista do informe emitido pola intervención o 13/11/2009 constando a viabilidade do anticipo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 31 de xaneiro de 2010 respecto á subvención aprobada pola Xunta de Goberno do 29/07/2009, a favor da Asociación “Anduriña” de O Grove, para o proxecto de “Desenvolvemento Integral de Traballo en Oficinas de Atención ó Público”, dirixido a persoas con discapacidade, e o adianto do 50% de dita subvención por un importe de 2.210,00 €. 4.17418.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL FONTECOBA (CUNTIS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “PARQUE INFANTIL”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚM. 182 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada pola Asociación Veciñal Fontecoba (Cuntis) para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 182, denominada “Parque infantil”, subvencionada con tres mil euros por Resolución Presidencial núm. 4269 de data 08/04/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 5.17419.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 4º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servicio contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, CIF: P-3600027-E, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 92.985,00€ para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2009, e visto o informe de intervención de data 9 de novembro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 92.985,00€ como achega da Deputación ó Consorcio para o Servizo contra incendios e salvamento da Comarca do Morrazo, para o cuarto trimestre do ano 2009. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 92.985,00€ con aplicación á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900033130. 6.17420.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 11 de novembro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900001301 e que contén oito facturas, sendo a primeira de Gráficas Salnés, S.L., por importe de 2.958,00 € e a derradeira de Construcciones Morais, S.L., por importe 2.469,64 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 16.985,62 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 16.985,62 € 7.17421.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. PEDRO SANJUAN FERNÁNDEZ EN REPRESENTACIÓN DE DNA. CARMEN DURÁN RIOBO, POLOS DANOS OCASIONADOS EN VEHÍCULO NA E.P. 1303 BANDA DO RÍO A PORTELA (BUEU) Dada conta que con data de rexistro 26/05/09 (nº 021007) tivo entrada nesta Deputación, reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Pedro Sanjuan Fenández en representación de Dna. Carmen Durán Riobo, con enderezo a efectos de notificacións na rúa García Camba, 2-5ºA de Pontevedra, por danos nas rodas do lado dereito do vehículo da súa propiedade, modelo Hyundai Cooupe, matrícula 6800 CVB, a consecuencia da existencia dunhas fochas e o mal estado da estrada EP-1303 Banda del Río-A Portela, na data 28/11/08 e por unha contía de 2.034,96 €, segundo copia da factura de reparación do vehículo que achega xunto coa reclamación. Resultando.- Que con data 15/06/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Sr. Director de Infraestruturas Acctal., que o emitiu en data 17/08/09 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 1303 Banda del Río- A Portela está incluída en la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa- existencia de socavones en la calzada- en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero. Desplazado al lugar del accidente, el vigilante de la zona ha comprobado que en ese tramo del vial existen varios mordientes en el borde exterior de la capa de rodadura provocados por el agua que baja en escorrentía por la cuneta. Sen embargo, no parece que dichos mordientes tengan la entidad suficiente como para provocar los daños que ahora se reclaman, teniendo en cuenta además que la velocidad en toda la carretera Banda del Río-A Portela está limitada a 50 km/h.” Resultando.- Que con data 16/07/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Xefe Xeral do parque de Maquinaria, que o emitiu en data 29/07/09 co seguinte contido: “… Referente al apartado a) de su escrito acerca de la posibilidad de adquirir las llantas referenciadas por separado sin necesidad, por lo tanto de comprar el juego de cuatro unidades, decir que sí. Efectivamente, se pueden comprar por separado una vez que hubiésemos hecho diferentes averiguaciones, por lo que podemos asegurar que lo dicho anteriormente, es cierto. No obstante, para que nuestra aseveración tenga más consistencia, adjuntamos certificación del propietario de un taller mecánico de ésta capital que refuerza nuestros argumentos. Según informe de la policía local de Bueu, en uno de sus párrafos dice. Poseía daños en dos llantas de las ruedas de la parte derecha. Esta descripción es un tanto ambigua, puesto que solo menciona daños ocasionados en las llantas, en cambio, según factura que presenta la demandante, también se procedió al cambio de nuevos neumáticos. En el supuesto que los neumáticos de la parte derecha resultaran dañados, sí tendría derecho al cambio del juego completo (4), ya que, la norma exige que las cubiertas han de cambiarse al mismo tiempo, por eje.” “… En cuanto a los daños que presenta el vehículo matrícula 6800 CVB, según reclamación interpuesta ante la Diputación Provincial de Pontevedra, habría que determinar si el estado de la calzada era tan lamentable, para que, guardando la velocidad máxima que indica la señalización vertical, además del tráfico y las condiciones atmosféricas, fuese posible causar el daño que refleja la reclamación. Por lo tanto, este informe quedaría supeditado al que emita el Servicio de Vías e Obras.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70,30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o consignado nos informes resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que con data 03/09/09 emitiuse documento RC con número 200900073717, pola Intervención desta Deputación Provincial o cal obra no expediente. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, (dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado), e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar parcialmente a reclamación presentada por Don Pedro Sanjuan Fernández en representación de Dona Carmen Durán Riobo, con N.I.F. nº 35.288.955- D por danos en automóbil da súa propiedade, marca Hyundai Coupe matrícula 6800 CVB, como consecuencia da existencia dunhas fochas na estrada, valorados na reclamación en 2.034,96 €, correspondentes a catro rodas e catro llantas, estimando a reclamación pola cantidade de 1.369,13 € que corresponde ó importe de catro rodas e dúas llantas, en virtude do informe emitido polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria e segundo a valoración do arranxo dos danos que presenta xunto coa reclamación. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a Dona Carmen Durán Riobo a citada cantidade de 1.369,13 € con cargo a partida 09/511.511.210.00 do orzamento, segundo documento RC da Intervención de data 03/09/09 número de operación 200900073717, sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF ou CIF así como número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria así como factura orixinal ou debidamente cotexada, no prazo de dez días a partir da notificación de presente acordo Terceiro.- Dar traslado do presente acordo a CASER, con enderezo na Rúa Rosalía de Castro, nº 2 de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 769,13 € unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 600,00 €, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. Cuarto.- Dar traslado así mesmo a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. 8.17422.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JAVIER CAMPOS RODRÍGUEZ E DONA ROSA MARÍA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ POR DANOS EN VEHÍCULO PADECIDOS NA ESTRADA ACCESO A CEAN-NIGRÁN (NIGRÁN) Dada conta que con data de rexistro 16/04/2009 (Rex. 14514), tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Javier Campos Rodríguez e Dona Rosa María Rodríguez Martínez, con enderezo de notificacións en Camiño da Tomada nº 27-Belesar (Baiona), por danos en vehículo a consecuencia da existencia de grava e buratos na calzada o día 24/04/2008, na EP-Acceso Cean- Nigrán e que individualiza economicamente en 2.482,98 €. Resultando.- Que con data 12/05/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 18/05/2009 co seguinte contido: “1. La E.P. Acceso a Cean-Nigrán es de titularidad provincial. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa –existencia de gravilla y agujeros en la calzada- en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 3.En la fecha del accidente -29 de abril de 2008- la carretera provincial Acceso a Cean estaba siendo objeto de obras de mejora, siendo la empresa Construcciones, Obras e Viales, S.A. (COVSA) la adjudicataria del proyecto “Mejora de la capa de rodadura e dotación de servicios E.P. Acceso a Cean, Nigrán”; en este punto es importante resaltar que, en las distintas visitas realizadas a las obras, el técnico que suscribe pudo comprobar que el vial se encontraba correctamente señalizado en su totalidad. 4. Por último señalar que los reclamantes no han aportado atestado de la Guardia Civil de Tráfico o de la Policía Local que acredite fehacientemente lo ocurrido.” Resultando.- Que con datas 21/05/09 e 05/10/2009 se lle deu traslado da reclamación á mercantil “COVSA”, en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 de 26 de novembro, recibíndose nesta Asesoría Xurídica alegacións por dita mercantil, con data 26/10/2009 co seguinte contido literal: “…o día 29/04/2008 estando en todo momento señalizados los tramos de obra, en las fechas anteriores al siniestro, lo único que se realizó fueron canalizaciones y arquetas, no se toco el firme existente, las obras de aglomerado se acometieron en el mes de Abril del año 2009 e no hay constancia de ningún accidente en la zona, ya que en todo momento la calzada se encontraba en perfecto estado para la circulación, siguiendo las limitaciones de velocidad y las señales de obra…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e iso por dous extremos de capital importancia, a saber: primeiro, pola ausencia de principio de proba ningún que satisfaga unha conteste xurisprudencia que fai descansar no reclamante acreditación dos danos consonte ó artigo 1.214 do Código Civil, por todas e “ad exemplum”, sentenzas de 20/12/94 Art. 9.973, poñente Mateo García; 3/02/1989, Ar 809, 27/06/1997, Ar. 5.352, 19/10/1999, Ar.8.294, poñente Morenilla; 24/04/1990, 3.330, poñente Cáncer e, moi especialmente, a de 15/02/1994, Ar. 89, poñente Sanz Bayón: “incumbe la prueba a quien reclama” Pola súa banda, a Deputación xa probou aquilo que lle correspondía, é dicir, a correcta sinalización das obras. Nesa orde de razoamentos a reclamación debe ser rexeitada. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 9.17423.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.17424.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES SAN GREGORIO DE RAXÓ”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Reforma do edificio da Confraría” á Confraría de pescadores San Gregorio de Raxo. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SAN GREGORIO G-36020261 Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 10.293,26 € 4.404,25 € 10.293,26 € 4.404,25 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SAN GREGORIO G-36020261 R/ Igrexa, 18 36992 Raxo Poio 4.404,25 € Reforma do edificio da Confraría TOTAL 4.404,25 € 11.17425.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “D. JUAN JOSE GONZÁLEZ ABAL”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS ÓS PARQUISTAS DE CARRIL-2006 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 27/4/2007, no que se concede unha axuda para “Paliar os efectos dos temporais no mes de abril de 2006” á “Juan José González Abal”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar JUAN JOSÉ GONZÁLEZ ABAL 35454528-M Axudas ós parquistas de Carril para paliar os efectos dos temporais de abril de 2006 2.250,00 € 450,00 € 2.250,00 € 450,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.479.01.2006 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observ. JUAN JOSÉ GONZALEZ ABAL 35454528-M R/ Ourense, 7 Cambados 450,00 € Paliar os efectos dos temporais no mes de abril 2006 TOTAL 450,00 € 12.17426.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA DE VILANOVA DE AROUSA”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS – 2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de caixas e cestos para lonxa” á Confraría de pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA G-36013597 Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 4.909,70 € 2.454,85 € 4.914,14 € 2.454,85 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA G36013597 Rúa O Castro s/n 36620 Vilanova de Arousa 2.454,85 € Adq. caixas e cestos para a lonxa TOTAL 2.454,85 € 13.17427.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado/a Universitario/a en Ciencias Biolóxicas, con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, para a realización de tarefas de Diagnóstico Fitopatolóxico, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 9.17299 adoptado o día 7 de outubro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta Bolsa ó aspirante que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na base sexta das bases: D. Jacobo Dalama Lama. Proponse como suplente, a Dna. Eloísa Ferreiro Ramilo. A dotación económica é de 1.100,00 €/mes, con efectos 1 de xaneiro de 2010 e por un período dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezará o seu desempeño, e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. Cantidade que se imputará á partida orzamentaria 714.714.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute desta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. 14.17428.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Con data 9 de novembro de 2009 e con número de rexistro de entrada 38886, o funcionario de carreira D. Amancio Varela García, responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías expón que “A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia crecente dos servizos de telecomunicacións para o desenvolvemento social e económico do sector da poboación máis desfavorecidos da provincia, tomou a decisión de solicitar axudas para eliminar, ou polo menos diminuír, a brecha dixital. Por iso, presentou un proxecto na convocatoria 2007 de axudas do FEDER para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano durante o período de intervención 2007-2013 do Ministerio de Administracións Públicas. (…) Actualmente estanse desenvolvendo uns proxectos piloto en catro núcleos de poboación da provincia, ó mesmo tempo que se está realizando a análise de coberturas do proxecto e a análise dos posibles emprazamentos das torres necesarias para o despregue da rede sen fío, así como da súa construción. En relación con isto, convocouse por parte da FEMP un curso de formación denominado “O despregue de Infraestruturas de Telefonía Móbil no ámbito municipal”, dirixido a empregados da administración local que teñan competencias de telecomunicacións, urbanismo, medio ambiente e sanidade. Esta última área relacionada cos efectos das emisións electromagnéticas sobre a saúde das persoas. Aínda que é un curso que, en principio, parece estar relacionado coa telefonía móbil, trátase dun curso xenérico no que se fala de despregue de infraestruturas de radiocomunicación. Dito curso celebrarase os próximos días 16 e 17 de novembro de 2009 en Madrid. Aproveitando a viaxe, solicitouse para o mércores día 18 de novembro pola mañá, unha reunión con Don Salvador Luís Soriano Maldonado (Subdirector Xeral de Servizos da Sociedade da Información), para presentarlle os proxectos de e-Administración que estamos realizando dende a Deputación de Pontevedra, subvencionados nunha parte a través do Plan Avanza e expoñerlle a posibilidade de aprazamento de certas xustificacións dos mesmo. Ademais expúxose por parte de Telefónica España, para ese mesmo día pola tarde, unha visita á cidade dixital de Telefónica “Distrito C”, co fin de mostrarnos todos os sistemas de seguridade que teñen instalados na mesma e que pretenden ofertarnos a través da súa filial, Telefónica Enxeñería de Seguridade, para o concurso de Seguridade Integral do Museo ”. Solicita permiso e axuda económica para asistir, en comisión de servizos, ó curso organizado pola FEMP “O despregue de Infraestruturas de Telefonía Móbil no ámbito municipal” a celebrar en Madrid os días 16 e 17 de novembro de 2009 e a dúas reunións o día 18 co Subdirector Xeral de Servizos da Sociedade da Información e con Telefónica España. A solicitude é informada favorablemente polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que a Don Amancio Varela García se lle conceda licenza para asistir á VII Edición de Galiatic (celebrada o 8 de outubro de 2009 en Vigo) e ó Encontro de Traballo Programa Red.es e Demo de novos equipos da empresa CISCO (celebrado o 13 e 14 de outubro de 2009 en Madrid). Visto o programa do curso achegado polo solicitante, e de acordo co que se establece no apartado 8 do acordo da Xunta de Goberno do 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido polo interesado no Servizo. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002 do 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a D. Amancio Varela García o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 594,53 €, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Ida día 16 de novembro de 2009 antes das 14:00 h. e regreso día 18 despois das 22:00 h.) Concepto Quilometraxe Peaxe Aparc. aeroporto Avión Traslados para asistir a reunións en Madrid Total Desprazamento Partida Despraz. en Vehículo propio Desprazamento Pontevedra - Aeroporto de Vigo –Pontevedra 61 Km x 0.19 11,59 € (Ida e volta) 5,90 € 3 días 150 € 160 € 100 € 427,49 € 132.121.231.01 Dietas: (Ida día 16 de novembro de 2009 antes das 14:00 h. e regreso día 18 despois das 22:00 h.) Dietas Día 16 nov. Día 17 nov. Día 18 nov. Total Dietas Partida Grupo III Dieta enteira 77,13 € Residencia Eventual (80% da dieta) 61,70 € Manutención (100%) 28,21 € 167,04 € 132.121.230.01 Ditas cantidades imputaranse ás partidas 132.121.230.01 de dietas por importe de 167,04 € e á 132.121.231.01 de locomoción por importe de 427,49 € do vixente orzamento provincial. Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a xornada, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos e axudas de manutención, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 do 24 de maio. B) Con data 13 de novembro de 2009 e con número de rexistro de entrada 39413, o funcionario interino D. Eugenio Marcote Carballo e o contratado laboral Don Alejandro Marín Gómez-Nieves, adscritos ó Servizo de Cooperación expóñen que dende a Federación Española de Municipios e Provincias convócase acción formativa “O modelo espacial como soporte de datos na enquisa de infraestruturas e equipamentos locais (EIEL)” que se celebrará na sede da FEMP en Madrid, o próximo día 25 de novembro de 2009. Así mesmo realizarase unha visita á empresa COTESA no Polígono Industrial de Boecillo (Valladolid). Asunto: Datos EIEL. Xestión doutras Deputacións, a tarde do 24 de novembro de 2009. O contido de dita acción formativa garda relación directa coas funcións desempeñadas nos nosos postos de traballo. Solicitan permiso para asistir a acción formativa a celebrar en Madrid o próximo día 25 de novembro de 2009 e para visitar a empresa COTESA en Valladolid a tarde do 24 de novembro de 2009, así como a axuda económica correspondente. Segundo os antecedentes que obran no Servizo de Recursos Humanos e Formación, non consta que os interesados xa sexan autorizados para asistir a outros eventos desta natureza ó longo do exercicio 2009. Visto o programa do curso achegado polos solicitantes, e de acordo co que se establece no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno do 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido polos interesados no Servizo. A solicitude é informada favorablemente pola Xefa do Servizo de Cooperación e co visto e prace do Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 30.5 do I Convenio Colectivo para Persoal Laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002 do 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Eugenio Marcote Carballo e D. Alejandro Marín Gómez-Nieves o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 812,46 €, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Ida o día 24 de novembro ás 8:00 e regreso o día 26 de novembro antes das 22:00 h.) Concepto Quilometraxe Peaxe Aparcadoiro Taxi Total Desprazamento Partida Despraz. en Vehículo propio de Alejandro Marín Gómez-Nieves 1.346 Km x 0.19 € 255,74 € (Ida e volta) 27,10 € 100,00 € 50,00€ 432,84 € 911.911.231.01 Dietas: (Ida o día 24 de novembro ás 8:00 e regreso o día 26 de novembro antes das 22:00h.) CONCEPTO Manutención Día: 24/11/09 1 Dieta Enteira GRUPO II Día: 25/11/09 (*) ½ manutención + Aloxamento Residencia Eventual (80 %) GRUPO II Día: 26/11/09 ½ Dieta GRUPO II Total Dieta Partida Eugenio Marcote Carballo (Grupo II) 103,37 € 67,74 € 18,70 € 189,81 € 911.911.230.01 Alejandro Marín Gómez-Nieves (Grupo II) 103,37 € 67,74 € 18,70 € 189,81 € 911.911.230.01 TOTAL DIETAS…. 379,62 € 911.911.230.01 (*) Día 25 de novembro de 2009 só ½ dieta, xa que o xantar corre a cargo da Organización da acción formativa a desenvolver pola FEMP. Ditas cantidades imputaranse ás partidas 911.911.230.01 de dietas por importe de 379,62 € e á 911.911.231.01 de locomoción por importe de 432,84 € do vixente orzamento provincial. Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Acción Formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, os solicitantes deberán presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos e axudas de manutención, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio. 15.17429.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE MATERIAL DE OFICINA PARA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra, dentro do proceso de modernización da administración pública, pretende realizar un uso racional dos recursos públicos centralizando para iso todas as compras de material de oficina utilizada habitualmente para o traballo diario, o que permitirá unificar criterios na compra de material, un mellor servizo dos provedores e realizar unha mellor xestión. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, a subministración de material de oficina para a Deputación Provincial de Pontevedra, cun orzamento máximo estimado de sesenta e cinco mil cincocentos dezasete euros con vinte e catro céntimos (65.517,24 €), máis unha cantidade estimada de IVE de dez mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (10.482,76 €), e en función dos prezos unitarios ofertados polos adxudicatarios dos produtos referidos no Prego de condicións. Se as necesidades da Deputación requirisen un maior importe anual incrementarase esta contía. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e nas seguintes cantidades: ORGANISMO PARTIDA IMPORTE Deputación de Pontevedra 10/922.920.220.00 40.000 € ORAL 10/893.932.220.00 18.000 € IPESPO 10/815.156.220.00 1.000 € CANTEIROS 10/832.323.220.00 2.000 € MUSEO 10/833.333.220.00 10.000 € CAIXA DE ANTICIPOS 10/894.942.220.00 500 € ENFERMERIA 10/831.323.220.00 1.000 € TURISMO 10/843.432.220.00 3.500 € -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA NOS DISTINTOS SERVIZOS XESTORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ORGANISMOS AUTONÓMOS 1.-OBXECTO.- A subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e organismos autónomos, de conformidade coas características establecidas no anexo I, e prego de prescricións técnicas. 2.-FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase no ano 2010 con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e nas seguintes cantidades: ORGANISMO PARTIDA IMPORTE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 10/922.920.220.00 40.000 € ORAL 10/893.932.220.00 18.000 € IPESPO 10/815.156.220.00 1.000 € CANTEIROS 10/832.323.220.00 2.000 € MUSEO 10/833.333.220.00 10.000 € CAIXA DE ANTICIPOS 10/894.942.220.00 500 € ENFERMERIA 10/831.323.220.00 1.000 € TURISMO 10/843.432.220.00 3.500 € O contrato quedará condicionado á aprobación do correspondente orzamento. 3.-ORZAMENTO DE LICITACIÓN.- Non se pode concretar a priori un orzamento global do contrato, xa que este virá determinado pola combinación de dous factores, o prezo ofertado polo contratista e as necesidades da Deputación. Sen embargo, estímase unha cantidade anual máxima de sesenta e cinco mil cincocentos dezasete euros con vinte e catro céntimos (65.517,24 €), máis unha cantidade estimada de IVE de dez mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (10.482,76 €). A licitación efectuarase sobre a suma total resultante de multiplicar os prezos unitarios polas unidades de consumo estimadas. Os licitadores terán que ofertar todos os produtos unitarios relacionados no anexo I, sen sobrepasar o prezo máximo establecido. Esta institución non se compromete a comprar un número determinado de produtos, senón que solicitará aqueles que sexan necesarios para o funcionamento da Deputación. Poderase consumir un número superior de unidades previstas nos produtos. 4.-DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá unha duración inicial dun ano contado dende a data de formalización do contrato. Poderase prorrogar por outro ano por mutuo acordo das partes. 5.-LUGAR E PRAZO DE ENTREGA DAS SUBMINISTRACIÓNS.- O prazo de entrega do material efectuarase no prazo máximo de catro días hábiles dende a petición do material, e será entregado nos distintos servizos da Deputación que se indiquen. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. 7.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do valor estimado do contrato, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar CATRO sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e organismos autónomos”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documentou equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vai a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e Organismos Autónomos”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Características e calidades dos produtos ofertados, indicando a marca e modelo. (Catálogos, descricións….). 3.- Descrición das características e medios de xestión e entrega da subministración. Formas e facilidades que se poñan a disposición da Deputación para realizar as peticións e a súa xestión (teléfonos, webs, emails, etc.), posibilidades de informes de consumo e control, tendas de distribución máis próximas, persoal responsable, etc. As empresas que neste sobre fagan referencia ó prezo serán excluídas do procedemento. SOBRE C: MOSTRAS DOS PRODUTOS OFERTADOS. A empresa deberá presentar as mostras esixidas no prego de prescricións técnicas, cunha folla que as relacione, co seu modelo e marca, sen indicar o prezo. SOBRE D: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e Organismos Autónomos”. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.-Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 2.- Catalogo de produtos dispoñibles na empresa, non referido no anexo I, con indicación do seu prezo. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, o membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Responsable de mantemento SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B e C correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre D da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.-Calidades e características dos produtos ofertados, ata un máximo de 30 puntos. 2.-Formas de xestión e medios de entrega da subministración, ata un máximo de 20 puntos. 11.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C) Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.-Menor prezo ofertado, ata un máximo de 40 puntos. Realizarase unha comparativa da cifra total resultante de multiplicar os prezos unitarios ofertados polas unidades estimadas, a través de fórmula prevista no anexo II. 2.-Prazo de entrega, ata un máximo de 10 puntos. 13.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.-ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse á corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.- DEMORA NA EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O contratista está obrigado a entregar o material no prazo ofertado. A constitución en mora do contratista non precisará intimación previa por parte da Administración. Cando o contratista, por causas imputables ó mesmo, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo, a Administración poderá impor unhas penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo estimado do contrato, que serán descontados da factura mensual. A demora computarase por cada un dos pedidos de forma independente. Cada vez que as penalidades por demora acaden un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución do mesmo ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. 20.-RESPONSABILIDADE DANOS.- Será por conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. 22.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 E 221 do LCSP. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 24.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ...............titular do DNI..........., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ...............con domicilio en......................, teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante Concurso do contrato correspondente á SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de conformidade cos seguintes prezos: Nº Relación Concepto Prezo Unitario sen I.V.E. Unidades Estimadas Prezo Total Unidade 1 Abrecartas cromado 23 cm ou similar 5,00 2 Afialapis metal simple 5,00 3 Gomas elásticas varios tamaños bolsa de 100gr 20,00 4 Gomas elásticas varios tamaños bolsa de 1Kg 5,00 5 Arquivo definitivo Definiclas folio prolongado 75,00 6 Arquivador AZ Novoclas tamaño cuarto natural c/caixa 75,00 7 Arquivador AZ Novoclas tamaño cuarto apaisado c/caixa 75,00 8 Arquivador AZ Novoclas tamaño folio c/caixa 75,00 9 Arquivador color tamaño folio Pardo varias cores 75,00 10 Banderitas tipo Post-it index 1" varias cores 150,00 11 Barra pegamento 10 gr 300,00 12 Barra pegamento 20 gr 20,00 13 Barra pegamento 40 gr 300,00 14 Bolígrafo cristal "tipo Bic" ou equivalente (Varias cores) 500,00 15 Bolígrafo "tipo Pilot G2" ou equivalente (Varias cores) 300,00 16 Bolígrafo "tipo Pilot Vball" ou equivalente (Varias cores) 300,00 17 Aceite para destrutora bote de 350ml 75,00 18 Diluínte, bote de 20ml 75,00 19 Clips prateados nº 1,5 5,00 20 Clips prateados nº 2 20,00 21 Clips prateados nº 3 20,00 22 Tubo 12 minas 0,5 HB 20,00 23 Tubo 12 minas 0,7 HB 20,00 24 Bolígrafo "tipo Pilot BPGP" ou equivalente (Varias cores) 150,00 25 CD-R 80 minutos caixa de 10 75,00 26 Grampas cobreadas 23/6 500,00 27 Grampas cobreadas 22/6 500,00 28 Grampas cobreadas 24 500,00 29 Grampas cobreadas 27 500,00 30 Grampas para grampadora "Duax", caixa de 1000 ou similar 150,00 31 Caixa etiquetas 70x37 20,00 32 Caixa etiquetas 70x42,4 20,00 33 Caixa etiquetas 105x37 20,00 34 Caixa etiquetas 105x42 20,00 35 Caixa etiquetas 210x148 20,00 36 Lapis "tipo Staedtler Noris HB" ou equivalente 20,00 37 Lapis bicolor groso 5,00 38 Lapis con goma 20,00 39 Rotulador "tipo Edding 1200" ou equivalente (Varias cores) 300,00 40 Rotulador "tipo Edding 3000" ou equivalente (Varias cores) 300,00 41 Rotulador "tipo Pillot V liquid" ou equivalente (Varias cores) 75,00 42 Rotulador fluorescente (Varias cores) 150,00 43 Sobres 176x231 offset branco caixa de 500 20,00 44 Caixa transferencia tamaño folio 150,00 45 Caixa transferencia tamaño folio dobre 150,00 46 Calculadora 5,00 47 Calculadora Impresora 5,00 48 Carpeta canguro 4 aneis 16mm 20,00 49 Carpeta canguro 4 aneis 25mm 20,00 50 Carpeta canguro 4 aneis 40mm 20,00 51 Carpeta canguro 4 aneis 60mm 20,00 52 Carpeta c/gomas e solapas azul cartón brillo 20,00 53 Carpeta c/gomas sen solapas azul cartón mate 20,00 54 Carpeta 20 fundas "tipo Grafoplas Poliuro" ou equivalente 75,00 55 Carpeta 40 fundas "tipo Grafoplas Poliuro" ou equivalente 75,00 56 Ceras caixa de 12 ou similar 5,00 57 Carpeta parafusos A4 150,00 58 Carpeta parafusos A3 150,00 59 Carpeta gomas c/solapa 20,00 60 Portasinaturas Pardo 875 20,00 61 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 5cm 150,00 62 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 7cm 150,00 63 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 9cm 150,00 64 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 12cm 150,00 65 Carpeta proxecto broche armada lombo de 15cm 150,00 66 Carpeta colgante folio bicolor lombo V 240gr 300,00 67 Carpeta colgante folio prolongado bicolor lombo V 240gr 150,00 68 Cartabón Faber Castell 28 cm sen graduar 5,00 69 Canutillo plástico nº10 caixa de 100 75,00 70 Canutillo plástico nº12 caixa de 100 75,00 71 Canutillo plástico nº14 caixa de 100 75,00 72 Canutillo plástico nº22 caixa de 50 75,00 73 Canutillo plástico nº28 caixa de 50 75,00 74 Canutillo plástico nº45 caixa de 50 75,00 75 Cinta adhesiva 3M- 33x19 300,00 76 Precinto de embalaxe marrón 66x50 75,00 77 Precinto de embalaxe transparente 66x50 75,00 78 Cinta vermella para legaxos 150,00 79 Corrector líquido 20ml 5,00 80 Corrector en cinta 4,8 mm 300,00 81 Lapis corrector 75,00 82 Cortador de coitela pequeno 5,00 83 Cortador de coitela grande 5,00 84 Taco calendario anual 5,00 85 Dedil de goma varios tamaños 5,00 86 Portarrolos cinta adhesiva 66 metros 20,00 87 Dossier fastener 5,00 88 Dossier con clip para 30 follas 5,00 89 Dossier con clip para 60 follas 5,00 90 Encadernador metálico 80 mm caixa de 100 5,00 91 Escalímetro triangular 30 cm 5,00 92 Escuadra s/graduar 28 cm 5,00 93 Espiral de arame 6 mm caixa de 100 20,00 94 Espiral de arame 12 mm caixa de 100 20,00 95 Espiral de arame 18 mm caixa de 100 20,00 96 Espiral de arame 26 mm caixa de 100 20,00 97 Espiral de arame 36 mm caixa de 100 20,00 98 Extraegrampas 5,00 99 Funda multitaladro folio con reforzo caixa de 100 75,00 100 Goma de borrar 20,00 101 Grampadora de tenaces 5,00 102 Grampadora sobremesa 5,00 103 Compas c/ alargadeira e adaptador universal 5,00 104 Caderno espiral folio 20,00 105 Caderno espiral 4º 20,00 106 Caderno espiral 8º 20,00 107 Pegamento de contacto 3gr 5,00 108 Papel 90 gr para plotter A1 paquete de 125 follas 20,00 109 Papel 90 gr para plotter A2 paquete de 250 follas 20,00 110 Papel vexetal 90/95 A4 paquete de 250 follas 5,00 111 Papel vexetal 90/95 A3 paquete de 250 follas 5,00 112 Cartolina A4 160 gr varias cores paquete de 250 5,00 113 Papel de color A4 80 gr varias cores paquete de 500 follas 5,00 114 Papel fotográfico 75,00 115 Portada encadernar transparente paquete de 100 150,00 116 Pilas AA blister de 4 150,00 117 Pilas AAA blister de 4 150,00 118 Pinza pala abatible 19 mm caixa de 12 5,00 119 Pinza pala abatible 32 mm caixa de 12 5,00 120 Pinza pala abatible 50 mm caixa de 12 5,00 121 Portada encadernar cartolina rugosa 0,8 mm paquete de 50 20,00 122 Portaclips magnético 5,00 123 Portatacos calendario pel 5,00 124 Portaminas 0,5 5,00 125 Portaminas 0,7 5,00 126 Portaminas 0,9 5,00 127 Rolo papel plotter 90 gr 0,610x50 m 5,00 128 Rolo papel plotter 90 gr 0,914x50 m 5,00 129 Rolo sumadoira 56x5x65x12 mm paquete de 10 150,00 130 Rotulador permanente para CD 5,00 131 Índice alfabético A-Z 5,00 132 Bolsa acolchada nº12 5,00 133 Bolsa acolchada nº15 5,00 134 Bolsa acolchada nº18 5,00 135 Subcarpeta Pocket 5,00 136 Dossier uñeiro transparente caixa de 100 5,00 137 Taco de notas branco encolado 5,00 138 Taco de notas adhesivas 51x38 paquete de 12 75,00 139 Taco de notas adhesivas 51x76 75,00 140 Taco de notas adhesivas 76x76 75,00 141 Taco de notas adhesivas 76x127 20,00 142 Almofadiña “tipo Reiner type 4 N53/DN53/D53" ou equivalente 5,00 143 DVD 4,7 Gb tarro de 25 5,00 144 Tinta c/aceite azul 28ml 75,00 145 Tinta de selar azul 30 ml 75,00 146 Tesoira de oficina 25 cm 5,00 147 Portadas encadernar PVC 0,8 paquete de 100 75,00 148 Fastener metálico 5,00 149 Arandelas adhesivas caixa de 200 5,00 150 Bandexa apilable de sobremesa cromada 5,00 151 Bandexa apilable de sobremesa plástico 5,00 152 Cinta para rotulador electrónico "tipo Dymo 19mm x 7m" ou similar 5,00 153 Cinta para rotulador manual "tipo Dymo 9mm x 3 m" ou similar 5,00 154 Clasificador folio cartón fol 20 dptos peche lazo 5,00 155 Disquette 3 1/2" HD formateado caixa de 10 5,00 156 Etiquetas redondas para CD 114 mm paquete de 50 5,00 157 Ficheiro tela verde para 1000 fichas de 100x150mm 5,00 158 Funda protectora individual para CD con solapa de peche paquete de 10 5,00 159 Funda multitaladro tamaño A4 para 4 CD's 5,00 160 Grampadora para 60 follas ou similares 5,00 161 Maquina de precintar para cinta de 50 mm 5,00 162 Portalapis tipo cubo 5,00 163 Repousapulso de xel con alfombrilla de rato 5,00 164 Repousapés ergonómico protección total 3M 5,00 165 Taladro de oficina para 25 follas ou similares 5,00 166 Adhesivo spray reposicionable 400 ML. 150,00 167 Afialapis metal artes dobre uso 5,00 168 Almofadiñas de tinta para numeradores e fechadores automáticos (Varias cores) 75,00 169 Arquivo definitivo folio br/ verde 150,00 170 Arquivo definitivo folio formatos marrón 150,00 171 Bandexa apilable cristal transparente 5,00 172 Bandeirola 1/2 "tipo Index dispensador 140 u." 300,00 173 Block espiral 16º cuadrícula 80h 75,00 174 Block notas 8º 80h. tapa vermella lisa 75,00 175 Bolsa 10 fundas 1/8 para CD S 2 trades 5,00 176 Caixa americana multiuso 410X360X280 c/asa 5,00 177 Caixa arquivo casette 5,00 178 Caixa arquivo CD 5,00 179 Caixa arquivo LP 5,00 180 Caixa arquivo SINGLE 5,00 181 Caixa estándar para CD Pack de 10 unid. 20,00 182 Caixa transferencia clasificadora con fol folio dobre 5,00 183 Carpeta cartón brillo folio c/gomas e 3 solapas negra 5,00 184 Carpeta colgante caixón a4 máster 5,00 185 Carpeta con pinza negra folio 5,00 186 Carpeta folio cartón coiro 4 aneis mixta 40 mm 5,00 187 Carpeta gomas con solapas verde poliprileno 5,00 188 Carpeta proxecto c/ broche (verde) 20,00 189 Carpeta proxectos lombo extensible verde 20,00 190 Chinchetas sinalizadoras caixa 15 surtidas 20,00 191 Cinta adhesiva 3m dobre cara 6mx12 c/portarrolo 5,00 192 Cinta adhesiva 3m 33x12 5,00 193 Cinta negro/transparente 5,00 194 Cinta 32x10m. Branco 5,00 195 Clips paxariña nº1 caixa 12 unidades grande 5,00 196 Clips paxariña nº2 caixa de 50 unidades pequeno 5,00 197 Cubo notas 76x76 450 follas pastel azul 5,00 198 Cubo 325 follas 76x76 neón 5 cores 5,00 199 Dossier uñeiro 31p a4 transparente 5,00 200 Dossier uñeiro lateral 30p folio azul 5,00 201 Escalimetro pardo 10 escalas 5,00 202 Espiral arame 14 mm negro 300,00 203 Espiral arame 16 mm negro 300,00 204 Espiral metálica 46 mm cor negra 300,00 205 Etiqueta adhesiva branca 53x100 rolo 5,00 206 Etiqueta adhesiva branca a4 48,5x16,9 5,00 207 Etiqueta adhesivo extra-forte 105x37 c/ rectos 20,00 208 Etiqueta poliester prata inkjet / laser 45,7 x 21,2 20,00 209 Etiqueta opaca blister 25h. Cd/dvd 5,00 210 Etiqueta transparente poliester laser e fotocopiadora a4 5,00 211 Funda adhesiva cd/dvd c/solapa 130x130 75,00 212 Funda adhesiva para cd rom 126x126 (bolsa 6 uni.) 5,00 213 Funda antiestática lp (50u) 20,00 214 Funda cd 4 trades din a4 para 4 cd bolsa 5 unidades 20,00 215 Funda plástica portacarnet 63x90 20,00 216 Funda plástica saro uñeiro lateral f vermello 20,00 217 Funda plástica SARO uñeiro lateral f transparente 20,00 218 Funda transparente a4 corte diagonal 4 trades 20,00 219 Fundas 78 rpm (25u) 5,00 220 Fundas lp (25u) 5,00 221 Goma borrar p/tinta 5,00 222 Grampadora clásica metal 5,00 223 Grampadora cromada 5,00 224 Grampas cobrizas nº 23 300,00 225 Grampas galvanizadas nº23 300,00 226 Grampas galvanizadas 22/6 24/6 1000 unds 300,00 227 Grampas galvanizadas 23/10 casco 1000 u. 300,00 228 Grampas galvanizadas nº 27 casco 1000 u. (27) 300,00 229 Grampas 44/8 p/modelo 100 5000 u. 20,00 230 Grampas 66/6 galvanizada caixa 5000 20,00 231 Follas papel vexetal 110/115 de 29,7x42 a-3 5,00 232 Lapis color carpinteiro 5,00 233 Lapis corretor "tipo np10 multi fluid" ou equivalente 75,00 234 Libro contable folio ctas-ctes 100h 75,00 235 Libro contable saída correspondencia 75,00 236 Masilla adhesiva azul 5,00 237 Pack de 5 caixas dvd dobre negro 20,00 238 Pack de 5 caixas dvd negro 20,00 239 Papel "tipo 4cc" ou equivalente 100gr a3 paquete 500 follas 5,00 240 Papel "tipo 4cc" ou equivalente 250gr a4 pqte 5,00 241 Papel fotocopiadora a4 80 grs pqte. 500 follas 75,00 242 Papel fotocopiadora multioffice a3 80 grs. Pqte. 500 follas 75,00 243 Papel bobina 110cm (Kg) 75,00 244 Pila 9v plus (MN1604-6LR61) blister de 1 300,00 245 Pila d plus lr20 b/2 300,00 246 Pilas LR44 blister 2 unds 75,00 247 Pilas recargables AA blister 2 5,00 248 Pilas recargables AAA blister 2 unds 5,00 249 Portada branca a4 opaco 0,20- 180 micras 20,00 250 Portada din a3 negra 0,8 20,00 251 Portada opaco a4 negro 0,50 mm 75,00 252 Portada negro a4 opaco 0,20- 180 micras 20,00 253 Portada plástica cristal a3 200 mc 20,00 254 Portada polipropileno a4 verde 0,50 20,00 255 Portarolos sobremesa 33 mts. 5,00 256 Printy entintaxe autámatico 47x18 150,00 257 Printy entintaxe automático 58x22 150,00 258 Printy fórmula comercial framun 300,00 259 Prolongador parafuso encadernador 2 cm 75,00 260 Rolo opaco plotter 914x45 mt 90 grs. 150,00 261 Rolo sumadora eléctrica 57x65x12 300,00 262 Sacagrampas de grosos 5,00 263 Selo cor 18x47 entintase automático 20,00 264 Selo entintaxe automático 75x38 5,00 265 Subcarpeta folio 5,00 266 Taco notas 3m 76x102 300,00 267 Taco sobremesa calendario 5,00 268 Trade perforador leitz grande 2 punzóns p/65 follas 5,00 269 Trade prata 20 f. 5,00 270 Tesoira oficina inox 5,00 271 Tinta selar 30 ml azul 300,00 272 Transparencias 3m p/desk-jet- c/50 f. 20,00 273 Visor cristal 5,00 PREZO TOTAL € O prazo do subministro de material e entrega nos servizos será de ________” (Data e sinatura do propoñente)” O anexos son como seguen: “ANEXO I Nº Relación Concepto Prezo sen I.V.E. Unidades Estimadas 1 Abrecartas cromado 23 cm ou similar 1,15 5,00 2 Afialapis metal simple 0,19 5,00 3 Gomas elásticas varios tamaños bolsa de 100gr 0,81 20,00 4 Gomas elásticas varios tamaños bolsa de 1Kg 6,42 5,00 5 Arquivo definitivo Definiclas folio prolongado 0,94 75,00 6 Arquivador AZ Novoclas tamaño cuarto natural c/caixa 2,48 75,00 7 Arquivador AZ Novoclas tamaño cuarto apaisado c/caixa 2,48 75,00 8 Arquivador AZ Novoclas tamaño folio c/caixa 2,69 75,00 9 Arquivador color tamaño folio Pardo varias cores 7,52 75,00 10 Banderitas tipo Post-it index 1" varias cores 2,45 150,00 11 Barra pegamento 10 gr 1,38 300,00 12 Barra pegamento 20 gr 2,08 20,00 13 Barra pegamento 40 gr 2,97 300,00 14 Bolígrafo cristal "tipo Bic" ou equivalente (Varias cores) 0,21 500,00 15 Bolígrafo "tipo Pilot G2" ou equivalente (Varias cores) 1,26 300,00 16 Bolígrafo "tipo Pilot Vball" ou equivalente (Varias cores) 1,40 300,00 17 Aceite para destrutora bote de 350ml 2,99 75,00 18 Diluínte, bote de 20ml 1,37 75,00 19 Clips prateados nº 1,5 0,19 5,00 20 Clips prateados nº 2 0,23 20,00 21 Clips prateados nº 3 0,46 20,00 22 Tubo 12 minas 0,5 HB 1,00 20,00 23 Tubo 12 minas 0,7 HB 1,00 20,00 24 Bolígrafo "tipo Pilot BPGP" ou equivalente (Varias cores) 0,89 150,00 25 CD-R 80 minutos caixa de 10 8,39 75,00 26 Grampas cobreadas 23/6 0,44 500,00 27 Grampas cobreadas 22/6 0,44 500,00 28 Grampas cobreadas 24 0,71 500,00 29 Grampas cobreadas 27 1,04 500,00 30 Grampas para grampadora "Duax", caixa de 1000 ou similar 7,11 150,00 31 Caixa etiquetas 70x37 17,17 20,00 32 Caixa etiquetas 70x42,4 17,17 20,00 33 Caixa etiquetas 105x37 17,17 20,00 34 Caixa etiquetas 105x42 17,17 20,00 35 Caixa etiquetas 210x148 17,17 20,00 36 Lapis "tipo Staedtler Noris HB" ou equivalente 0,34 20,00 37 Lapis bicolor groso 0,91 5,00 38 Lapis con goma 0,42 20,00 39 Rotulador "tipo Edding 1200" ou equivalente (Varias cores) 0,44 300,00 40 Rotulador "tipo Edding 3000" ou equivalente (Varias cores) 1,54 300,00 41 Rotulador "tipo Pillot V liquid" ou equivalente (Varias cores) 1,60 75,00 42 Rotulador fluorescente (Varias cores) 1,23 150,00 43 Sobres 176x231 offset branco caixa de 500 25,36 20,00 44 Caixa transferencia tamaño folio 4,82 150,00 45 Caixa transferencia tamaño folio dobre 10,60 150,00 46 Calculadora 18,90 5,00 47 Calculadora Impresora 77,99 5,00 48 Carpeta canguro 4 aneis 16mm 2,13 20,00 49 Carpeta canguro 4 aneis 25mm 2,20 20,00 50 Carpeta canguro 4 aneis 40mm 2,37 20,00 51 Carpeta canguro 4 aneis 60mm 4,51 20,00 52 Carpeta c/gomas e solapas azul cartón brillo 1,77 20,00 53 Carpeta c/gomas sen solapas azul cartón mate 0,42 20,00 54 Carpeta 20 fundas "tipo Grafoplas Poliuro" ou equivalente 3,54 75,00 55 Carpeta 40 fundas "tipo Grafoplas Poliuro" ou equivalente 5,03 75,00 56 Ceras caixa de 12 ou similar 12,36 5,00 57 Carpeta parafusos A4 6,41 150,00 58 Carpeta parafusos A3 9,96 150,00 59 Carpeta gomas c/solapa 4,99 20,00 60 Portasinaturas Pardo 875 26,89 20,00 61 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 5cm 2,29 150,00 62 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 7cm 2,58 150,00 63 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 9cm 2,78 150,00 64 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 12cm 3,40 150,00 65 Carpeta proxecto broche armada lombo de 15cm 5,41 150,00 66 Carpeta colgante folio bicolor lombo V 240gr 0,39 300,00 67 Carpeta colgante folio prolongado bicolor lombo V 240gr 0,43 150,00 68 Cartabón Faber Castell 28 cm sen graduar 4,84 5,00 69 Canutillo plástico nº10 caixa de 100 3,63 75,00 70 Canutillo plástico nº12 caixa de 100 5,59 75,00 71 Canutillo plástico nº14 caixa de 100 6,39 75,00 72 Canutillo plástico nº22 caixa de 50 7,31 75,00 73 Canutillo plástico nº28 caixa de 50 10,50 75,00 74 Canutillo plástico nº45 caixa de 50 12,55 75,00 75 Cinta adhesiva 3M- 33x19 0,38 300,00 76 Precinto de embalaxe marrón 66x50 1,15 75,00 77 Precinto de embalaxe transparente 66x50 1,15 75,00 78 Cinta vermella para legaxos 5,80 150,00 79 Corrector líquido 20ml 1,30 5,00 80 Corrector en cinta 4,8 mm 2,73 300,00 81 Lapis corrector 1,77 75,00 82 Cortador de coitela pequeno 1,67 5,00 83 Cortador de coitela grande 2,84 5,00 84 Taco calendario anual 1,15 5,00 85 Dedil de goma varios tamaños 0,28 5,00 86 Portarrolos cinta adhesiva 66 metros 9,91 20,00 87 Dossier fastener 0,51 5,00 88 Dossier con clip para 30 follas 1,06 5,00 89 Dossier con clip para 60 follas 1,36 5,00 90 Encadernador metálico 80 mm caixa de 100 7,77 5,00 91 Escalímetro triangular 30 cm 6,67 5,00 92 Escuadra s/graduar 28 cm 4,84 5,00 93 Espiral de arame 6 mm caixa de 100 6,43 20,00 94 Espiral de arame 12 mm caixa de 100 10,82 20,00 95 Espiral de arame 18 mm caixa de 100 19,13 20,00 96 Espiral de arame 26 mm caixa de 100 25,39 20,00 97 Espiral de arame 36 mm caixa de 100 34,79 20,00 98 Extraegrampas 2,41 5,00 99 Funda multitaladro folio con reforzo caixa de 100 4,18 75,00 100 Goma de borrar 0,70 20,00 101 Grampadora de tenaces 18,58 5,00 102 Grampadora sobremesa 9,85 5,00 103 Compas c/ alargadeira e adaptador universal 19,81 5,00 104 Caderno espiral folio 1,48 20,00 105 Caderno espiral 4º 0,97 20,00 106 Caderno espiral 8º 0,51 20,00 107 Pegamento de contacto 3gr 3,09 5,00 108 Papel 90 gr para plotter A1 paquete de 125 follas 56,25 20,00 109 Papel 90 gr para plotter A2 paquete de 250 follas 56,12 20,00 110 Papel vexetal 90/95 A4 paquete de 250 follas 30,54 5,00 111 Papel vexetal 90/95 A3 paquete de 250 follas 53,29 5,00 112 Cartolina A4 160 gr varias cores paquete de 250 10,44 5,00 113 Papel de color A4 80 gr varias cores paquete de 500 follas 7,16 5,00 114 Papel fotográfico 17,37 75,00 115 Portada encadernar transparente paquete de 100 8,33 150,00 116 Pilas AA blister de 4 4,84 150,00 117 Pilas AAA blister de 4 4,84 150,00 118 Pinza pala abatible 19 mm caixa de 12 0,49 5,00 119 Pinza pala abatible 32 mm caixa de 12 0,95 5,00 120 Pinza pala abatible 50 mm caixa de 12 2,04 5,00 121 Portada encadernar cartolina rugosa 0,8 mm paquete de 50 13,47 20,00 122 Portaclips magnético 1,57 5,00 123 Portatacos calendario pel 25,50 5,00 124 Portaminas 0,5 3,04 5,00 125 Portaminas 0,7 3,04 5,00 126 Portaminas 0,9 3,04 5,00 127 Rolo papel plotter 90 gr 0,610x50 m 28,61 5,00 128 Rolo papel plotter 90 gr 0,914x50 m 42,80 5,00 129 Rolo sumadoira 56x5x65x12 mm paquete de 10 2,92 150,00 130 Rotulador permanente para CD 1,06 5,00 131 Índice alfabético A-Z 2,78 5,00 132 Bolsa acolchada nº12 0,16 5,00 133 Bolsa acolchada nº15 0,27 5,00 134 Bolsa acolchada nº18 0,41 5,00 135 Subcarpeta Pocket 0,48 5,00 136 Dossier uñeiro transparente caixa de 100 10,42 5,00 137 Taco de notas branco encolado 1,29 5,00 138 Taco de notas adhesivas 51x38 paquete de 12 5,89 75,00 139 Taco de notas adhesivas 51x76 0,77 75,00 140 Taco de notas adhesivas 76x76 1,00 75,00 141 Taco de notas adhesivas 76x127 1,32 20,00 142 Almofadiña “tipo Reiner type 4 N53/DN53/D53" ou equivalente 13,68 5,00 143 DVD 4,7 Gb tarro de 25 33,04 5,00 144 Tinta c/aceite azul 28ml 2,19 75,00 145 Tinta de selar azul 30 ml 4,07 75,00 146 Tesoira de oficina 25 cm 1,29 5,00 147 Portadas encadernar PVC 0,8 paquete de 100 21,65 75,00 148 Fastener metálico 0,06 5,00 149 Arandelas adhesivas caixa de 200 0,79 5,00 150 Bandexa apilable de sobremesa cromada 3,99 5,00 151 Bandexa apilable de sobremesa plástico 1,68 5,00 152 Cinta para rotulador electrónico "tipo Dymo 19mm x 7m" ou similar 19,15 5,00 153 Cinta para rotulador manual "tipo Dymo 9mm x 3 m" ou similar 2,67 5,00 154 Clasificador folio cartón fol 20 dptos peche lazo 12,47 5,00 155 Disquette 3 1/2" HD formateado caixa de 10 2,32 5,00 156 Etiquetas redondas para CD 114 mm paquete de 50 7,31 5,00 157 Ficheiro tela verde para 1000 fichas de 100x150mm 8,10 5,00 158 Funda protectora individual para CD con solapa de peche paquete de 10 1,54 5,00 159 Funda multitaladro tamaño A4 para 4 CD's 3,82 5,00 160 Grampadora para 60 follas ou similares 52,93 5,00 161 Maquina de precintar para cinta de 50 mm 14,24 5,00 162 Portalapis tipo cubo 2,61 5,00 163 Repousapulso de xel con alfombrilla de rato 17,20 5,00 164 Repousapés ergonómico protección total 3M 91,54 5,00 165 Taladro de oficina para 25 follas ou similares 44,47 5,00 166 Adhesivo spray reposicionable 400 ML. 13,66 150,00 167 Afialapis metal artes dobre uso 0,33 5,00 168 Almofadiñas de tinta para numeradores e fechadores automáticos (Varias cores) 3,72 75,00 169 Arquivo definitivo folio br/ verde 1,46 150,00 170 Arquivo definitivo folio formatos marrón 1,86 150,00 171 Bandexa apilable cristal transparente 1,71 5,00 172 Bandeirola 1/2 "tipo Index dispensador 140 u." 4,18 300,00 173 Block espiral 16º cuadrícula 80h 0,29 75,00 174 Block notas 8º 80h. tapa vermella lisa 0,44 75,00 175 Bolsa 10 fundas 1/8 para CD S 2 trades 1,82 5,00 176 Caixa americana multiuso 410X360X280 c/asa 3,03 5,00 177 Caixa arquivo casette 12,91 5,00 178 Caixa arquivo CD 15,33 5,00 179 Caixa arquivo LP 26,47 5,00 180 Caixa arquivo SINGLE 20,90 5,00 181 Caixa estándar para CD Pack de 10 unid. 2,38 20,00 182 Caixa transferencia clasificadora con fol folio doble 15,54 5,00 183 Carpeta carton brillo folio c/gomas e 3 solapas negra 1,75 5,00 184 Carpeta colgante caixon a4 master 0,61 5,00 185 Carpeta con pinza negra folio 3,79 5,00 186 Carpeta folio carton coiro 4 aneis mixta 40 mm 2,58 5,00 187 Carpeta gomas con solapas verde poliprileno 1,40 5,00 188 Carpeta proxecto c/ broche (verde) 4,68 20,00 189 Carpeta proxectos lombo extensible verde 6,07 20,00 190 Chinchetas sinalizadoras caixa 15 surtidas 0,46 20,00 191 Cinta adhesiva 3m dobre cara 6mx12 c/portarrolo 1,96 5,00 192 Cinta adhesiva 3m 33x12 1,77 5,00 193 Cinta negro/transparente 13,62 5,00 194 Cinta 32x10m. Branco 21,19 5,00 195 Clips paxarita nº1 caixa 12 unidades grande 0,98 5,00 196 Clips paxarita nº2 caixa de 50 unidades pequeno 1,10 5,00 197 Cubo notas 76x76 450 follas pastel azul 5,50 5,00 198 Cubo 325 follas 76x76 neón 5 cores 3,68 5,00 199 Dossier uñeiro 31p a4 transparente 0,09 5,00 200 Dossier uñeiro lateral 30p folio azul 0,13 5,00 201 Escalimetro pardo 10 escalas 5,50 5,00 202 Espiral arame 14 mm negro 0,10 300,00 203 Espiral arame 16 mm negro 0,13 300,00 204 Espiral metalica 46 mm cor negra 0,57 300,00 205 Etiqueta adhesiva branca 53x100 rolo 5,24 5,00 206 Etiqueta adhesiva branca a4 48,5x16,9 18,86 5,00 207 Etiqueta adhesivo extra-forte 105x37 c/ rectos 19,79 20,00 208 Etiqueta poliester prata inkjet / laser 45,7 x 21,2 16,53 20,00 209 Etiqueta opaca blister 25h. Cd/dvd 6,84 5,00 210 Etiqueta transparente poliester laser e fotocopiadora a4 14,34 5,00 211 Funda adhesiva cd/dvd c/solapa 130x130 0,31 75,00 212 Funda adhesiva para cd rom 126x126 (bolsa 6 uni.) 2,85 5,00 213 Funda antiestatica lp (50u) 52,07 20,00 214 Funda cd 4 taladros din a4 para 4 cd bolsa 5 unidades 7,57 20,00 215 Funda plastica portacarnet 63x90 0,06 20,00 216 Funda plastica saro uñeiro lateral f vermello 1,04 20,00 217 Funda plastica saro uñeiro lateral f transparente 0,95 20,00 218 Funda transparente a4 corte diagonal 4 taladros 0,21 20,00 219 Fundas 78 rpm (25u) 73,25 5,00 220 Fundas lp (25u) 90,81 5,00 221 Goma borrar p/tinta 0,16 5,00 222 Grampadora clasica metal 19,14 5,00 223 Grampadora cromada 24,30 5,00 224 Grampas cobrizas nº 23 0,50 300,00 225 Grampas galvanizadas nº23 0,53 300,00 226 Grampas galvanizadas 22/6 24/6 1000 unds 0,35 300,00 227 Grampas galvanizadas 23/10 casco 1000 u. 1,18 300,00 228 Grampas galvanizadas nº 27 casco 1000 u. (27) 1,07 300,00 229 Grampas 44/8 p/modelo 100 5000 u. 6,41 20,00 230 Grampas 66/6 galvanizada caixa 5000 4,84 20,00 231 Follas papel vexetal 110/115 de 29,7x42 a-3 0,26 5,00 232 Lapis color carpintero 0,86 5,00 233 Lapis corretor "tipo np10 multi fluid" ou equivalente 1,92 75,00 234 Libro contable folio ctas-ctes 100h 13,59 75,00 235 Libro contable saída correspondencia 11,79 75,00 236 Masilla adhesiva azul 1,07 5,00 237 Pack de 5 caixas dvd dobre negro 4,35 20,00 238 Pack de 5 caixas dvd negro 3,33 20,00 239 Papel "tipo 4cc" ou equivalente 100gr a3 paquete 500 follas 16,43 5,00 240 Papel "tipo 4cc" ou equivalente 250gr a4 pqte 10,87 5,00 241 Papel fotocopiadora a4 80 grs pqte. 500 follas 2,63 75,00 242 Papel fotocopiadora multioffice a3 80 grs. Pqte. 500 follas 5,87 75,00 243 Papel bobina 110cm (kg) 2,26 75,00 244 Pila 9v plus (mn1604-6lr61) blister de 1 4,63 300,00 245 Pila d plus lr20 b/2 4,63 300,00 246 Pilas lr44 blister 2 unds 2,77 75,00 247 Pilas recargables aa blister 2 10,29 5,00 248 Pilas recargables aaa blister 2 unds 11,09 5,00 249 Portada branca a4 opaco 0,20- 180 micras 0,14 20,00 250 Portada din a3 negra 0,8 0,60 20,00 251 Portada opaco a4 negro 0,50 mm 0,17 75,00 252 Portada negro a4 opaco 0,20- 180 micras 0,14 20,00 253 Portada plástica cristal a3 200 mc 0,65 20,00 254 Portada polipropileno a4 verde 0,50 0,23 20,00 255 Portarolos sobremesa 33 mts. 4,61 5,00 256 Printy entintaxe autámatico 47x18 7,36 150,00 257 Printy entintaxe automático 58x22 9,34 150,00 258 Printy fórmula comercial framun 5,99 300,00 259 Prolongador parafuxo encadernador 2 cm 0,20 75,00 260 Rolo opaco plotter 914x45 mt 90 grs. 11,30 150,00 261 Rolo sumadora electrica 57x65x12 0,27 300,00 262 Sacagrampas de grosos 18,38 5,00 263 Selo cor 18x47 entintase automático 5,76 20,00 264 Selo entintaxe automático 75x38 14,38 5,00 265 Subcarpeta folio 0,07 5,00 266 Taco notas 3m 76x102 1,36 300,00 267 Taco sobremesa calendario 0,73 5,00 268 Taladro perforador leitz grande 2 punzóns p/65 follas 40,97 5,00 269 Taladro prata 20 f. 4,61 5,00 270 Tesoira oficina inox 0,59 5,00 271 Tinta selar 30 ml azul 0,53 300,00 272 Transparencias 3m p/desk-jet- c/50 f. 45,85 20,00 273 Visor cristal 0,08 5,00” “ANEXO II Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 16.17430.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB WWW.CANALRIASBAIXAS.COM O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data, 29 de setembro de 2009, solicita que se contrate a prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, para efectuar as seguintes actuacións: • Emisión de 660 cuñas publicitarias de 25 segundos de duración. • Realización de 48 programas do informativo denominado “Agro-Natura”, que estarán dedicados á promoción do mundo da horticultura, agro, forestal, etc., efectuando un seguimento das actividades que se desenvolven na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e Finca de Mouriscade, así como as actividades promovidas pola Deputación sobre temas medioambientais, agrarios e pesqueiros. Cada programa emitirase tres veces e a emisión farase a través de 5 televisións locais galegas. En cada emisión incluirase a inserción dun spot de 25 segundos da Deputación de Pontevedra e nos agradecementos finais incluirase o logotipo da Deputación. • Inserción no portal informativo de Internet denominada “www.canalriasbaixas.com”, dun banner xenérico da Deputación de Pontevedra e outro de Turismo “Rías Baixas”, así como dun gran banner na posición máis destacada da sección de deportes do portal. O custo destes servizos de publicidade a prestar pola empresa, “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L.”, valóraos o Xefe do Gabinete de Prensa na suma total de 91.740,00 euros, IVE incluído, desagregado dito importe total en 79.086,21 euros que corresponden ó prezo do contrato e 12.653,79 euros ó IVE. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 17/11/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 91.740,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 16 de novembro de 2009. Resultando que con data 17 de novembro de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “TVSB” e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”. Resultando que con data 18 de novembro de 2009, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación de acordo co estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L.”, a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na canle de televisión “TVSB” e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, por un importe total de noventa e un mil setecentos corenta euros (91.740,00€), IVE incluído, (do importe total, 79.086,21 euros corresponden ó prezo do contrato e 12.653,79 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo Unitario IVE Importe TOTAL 660 Spots publicitarios………… 36.21 5,79 42,00 27.720,00 48 Programa “Agro-Natura”….. 750,00 120,00 870,00 41.760,00 3 Banner………………………. 6.396,55 1.023,45 7.420,00 22.260,00 TOTAL 91.740,00 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 91.740,00 euros, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade na canle de televisión “TVSB” e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB “WWW.CANALRIASBAIXAS.COM” 1.- OBXECTO. A prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, que xestiona a empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L., para divulgar as actividades e as actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra na comarca do Salnés, de acordo ó seguinte detalle: • Emisión de 660 cuñas publicitarias de 25 segundos de duración. • Realización de 48 programas do informativo denominado “Agro-Natura”, que estarán dedicados á promoción do mundo da horticultura, agro, forestal, etc., efectuando un seguimento das actividades que se desenvolven na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e Finca de Mouriscade, así como as actividades promovidas polo Servizo Agrario da Deputación sobre temas medioambientais, agrarios e pesqueiros. Cada programa emitirase tres veces e a emisión farase a través de 5 televisións locais galegas. En cada emisión incluirase a inserción dun spot de 25 segundos da Deputación de Pontevedra e nos agradecementos finais incluirase o logotipo da Deputación. • Inserción no portal informativo de Internet denominada “www.canalriasbaixas.com”, dun banner xenérico da Deputación de Pontevedra e outro de Turismo “Rías Baixas”, así como dun gran banner na posición máis destacada da sección de deportes do portal. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.-PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co que se establece nos artigos 154 d) e 158 e) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). 5.-DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de xaneiro de 2010. 6.-TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de setenta e nove mil oitenta e seis euros con vinte e un céntimos (79.086,21€), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE doce mil seiscentos cincuenta e tres euros con setenta e nove céntimos (12.653,79€), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: PROGRAMA Cantidade Prezo Unitario IVE Importe TOTAL Spots publicitarios…… 660 36.21 5,79 42,00 27.720,00 Programa “Agro-Natura” 48 750,00 120,00 870,00 41.760,00 Insercción Banner… 3 6.396,55 1.023,45 7.420,00 22.260,00 91.740,00 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominada “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB WWW.CANALRIASBAIXAS.COM. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre deberá figurar a oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego e demais documentación obxecto de valoración. B) SOBRE B denominados “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Á CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB WWW.CANALRIASBAIXAS.COM Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos,se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativas da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico, con experiencia e coñecementos acordes, que vaia a dispor o empresario para a realización do contrato. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vai a efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 1, 2 e 3 se realicen mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, horario de emisión e a calidade da publicidade elaborada para a súa emisión. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliada a proposta e negociados os aspectos técnicos e económicos poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 15.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 16.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se axeitan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 17.-DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir dito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativo, a teor do que se dispón na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa..........................con C.I.F.- número........................ e domicilio en..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade na canle de televisión TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: PROGRAMA CANTIDADE PREZO UNITARIO IVE IMPORTE TOTAL Spots publicitarios 660 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ Programa “Agro-Natura” 48 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ Inserción banner 3 ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ ……….€ (Data e sinatura do propoñente)” 17.17431.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS A DIRECCIÓNS DE OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de obra que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno a aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (099.125), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Factura nº 37/2009, e nº 44/2009, por un importe de 887,21 € e 11.843,97 €, respectivamente, da empresa E.F. INGENIEROS, S.L. (NIF B - 36.195.790), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos na Avda. de Cambados enlace E.P. 9402 Mosteiro – Barrantes (Meis)”, correspondentes ás certificacións número 16 e 17, respectivamente. - Factura nº 2009/106, por un importe de 548,48 €, de D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 - K), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción do campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”, correspondentes ás certificación número 30.5. 18.17432.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOS PARA A CONSTRUCIÓN DO “LOCAL SOCIAL VEIGADAÑA” EN PETELOS (MOS) As Corporacións locais deben favorecer o desenvolvemento das asociacións para a defensa dos intereses xerais e sectoriais dos veciños facilitando o acceso ás axudas económicas para a realización das súas actividades, tal e como prevé o artigo 72 da Lei 7/85 reguladora das bases de réxime local. Por este motivo o Concello de Mos solicita á Deputación de Pontevedra axuda para a construción dun local social en A Veigadaña para favorecer e desenvolver a participación das asociacións de veciños deste concello. Con tal motivo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos pretenden asinar un Convenio de colaboración que constitúe o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen o art. 6 e seguintes da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Con data 3 de novembro de 2009, polo Sr. Secretario da Corporación infórmase o proxecto do mencionado convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe, con data 17 de novembro do ano en curso, onde se participa que na partida 09/911.911.662.09 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte á anualidade do 2009, efectuándose a correspondente retención de crédito. Así mesmo sinala, que o compromiso de entrega de achega do concello deberá efectuarse unha vez aprobado o convenio e antes de aprobar o expediente de contratación. O financiamento obxecto do convenio, distribúese segundo o seguinte esquema: 2009 2010 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra (79,41%) 160.000,00 € 0 € 160.000,00 € Concello de Mos 40.299,40 1.197,59 € 41.496,99 € TOTAL 200.299,40 € 1.197,59 € 201.496,99 € Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Mos para a construción do “Local Social Veigadaña” en Petelos. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOS PARA A CONSTRUCIÓN DO “LOCAL SOCIAL VEIGADAÑA” EN PETELOS (MOS). No Pazo Provincial, a de de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Sra. Dª Nidia Arévalo Gómez, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Mos, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mos é a construción do “Local social de Veigadaña en Petelos (Mos)”. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de douscentos un mil catrocentos noventa e seis euros con noventa e nove céntimos (201.496,99 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: Anualidades 2009 2010 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 160.000,00 € _ 160.000,00 € Concello de Mos 40.299,40 € 1.197,59 € 41.496,99 € Total 200.299,40 € 1.197,59 € 201.496,99 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 09/911.911.662.09 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2009 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A anualidade de 2010 deberá ingresarse na Tesourería da Deputación no primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, nos prazos que se sinalen na liquidación que se notifique. No caso de falta de ingreso destas cantidades o incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 09/911.911.662.09 do vixente orzamento provincial, cantidade consignada nominalmente ó aprobarse polo Pleno, en sesión celebrada o día 11 de setembro de 2009, o expediente número dous de modificación de créditos. A anualidade de 2010 financiarase con cargo á partida correspondente dos exercicios futuros, quedando condicionadas á aprobación dos seus orzamentos. Sexta.- O Concello de Mos obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. O Concello de Mos deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sétima.- O Concello comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras, e cesión da mesma ó Concello. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación Provincial e a Alcaldesa-Presidenta do Concello de Mos, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2010. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, o R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Mos, D. Rafael Louzán Abal Dna. Nidia Arévalo Gómez” 19.17433.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CO ARZOBISPADO E O CONCELLO DE RIBADUMIA PARA POSIBILITAR A REALIZACIÓN DO PROXECTO SOCIAL POUSADAS XARDÍN DO SALNÉS Tendo en conta que o proxecto ”POUSADAS”, presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER. Que o obxectivo primordial do proxecto é a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor dos recursos da comarca na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivo… entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. Que este proxecto foi aprobado en Pleno da Corporación Provincial do 12 de febreiro de 2008, e que con data 13 de xuño de 2008 recíbese aprobación do mesmo por parte o Ministerio de Administracións Públicas ó que se lle asigna a seguinte referencia REF.. 3 Que se iniciaron todos os trámites para a execución do mesmo, e en concreto no concello de Ribadumia se mostra interese en aloxar un dos establecementos turísticos totalmente accesibles, e dotar a estas infraestruturas dun xardín e dotacións para o coñecemento e disfrute dos nosos recursos naturais e do noso medio ambiente; así como pór en marcha actividades de formación e disfrute medioambiental. Por iso, insta ós propietarios duns terreos á cesión do mesmo mediante un convenio. Visto o convenio adxunto que se remite para a súa aprobación polos órganos competentes dos que forman parte o Arcebispado de Santiago de Compostela, propietarios da parcela, o Concello de Ribadumia e a Deputación de Pontevedra, no que a Deputación de Pontevedra é beneficiaria da cesión dunha finca de 6.591 m2 cuxo valor cífrase en 792.000,00 € para a construción da Pousada no Concello de Ribadumia. Visto o informe da Intervención Xeral desta Deputación a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar dito Convenio, que é do seguinte teor: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, O ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O CONCELLO DE RIBADUMIA PARA POSIBILITAR A REALIZACIÓN DO PROXECTO SOCIAL POUSADAS XARDIN DO SALNÉS. En Pontevedra, a ____ REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Dictino Maceira Fernández, Ecónomo Diocesano do Arcebispado de Santiago de Compostela, con domicilio para os efectos de notificación na praza da Inmaculada, 1, na cidade de Santiago de Compostela. Actuando en virtude de poder outorgado en data 10 de febreiro de 2009 ante o notario de Santiago D. Carlos de la Torre Deza no seu protocolo número douscentos noventa e seis, e de Decreto de Autorización do dez de novembro de dous mil nove que se adxunta. D.ª Mª Salomé Peña Muñiz, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Ribadumia actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, de acordo cos principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións entre unha administración pública e unha entidade eclesiástica en prol dunha fin social, e EXPOÑEN I.- Que o Ministerio de Administracións Públicas aprobou o PROXECTO POUSADAS-Creación do produto turístico Pousadas Xardín do Salnés, presentado pola Deputación Provincial de Pontevedra á convocatoria de axudas FEDER dentro do EIXE 5. Desenvolvemento Local e Urbano. O obxectivo primordial do proxecto é a posta en valor dos recursos da comarca do Salnés na súa comprensión máis integrada de recursos humanos, materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos, entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. Para dar resposta a dito proxecto necesítase proceder á construción dun edificio, no Municipio de Ribadumia, destinado a uso hoteleiro (Pousada) con capacidade para 23 habitacións dobres, accesibles e asociadas a un xardín horta. II.- O Arcebispado de Santiago de Compostela – Igrexa Católica, é dono en pleno dominio, da seguinte finca: Rústica: Finca número 274 do Plano Xeral de Concentración Parcelaria de Ribadumia, ó sitio de “Iglesario”, termo municipal de Ribadumia, cunha superficie de oito hectáreas, oitenta áreas, cincuenta e cinco centiáreas, e corenta e seis decímetros cadrados (88.055,46 m2), e cos seguintes lindeiros: Linda: Norte, Estrada de Cabanelas a Cambados e finca 300 de Ramón Serantes; Sur, Estrada de Noalla a Caldas, finca número 277 de Manuel Núñez Bemposta, terreo do Concello de Ribadumia – centro médico-, o número 273 de Ramón Serantes Rivas e outros; Este, camiño, a finca número 275 de Arturo Varela Peiteado, terreo do Concello de Ribadumia; se ben na actualidade linda tamén por todos os ventos coas fincas segregadas desta e adquiridas por Don Ramón Serantes Rivas, Dona María Beatriz Bello Saavedra, Don Francisco Javier Pombo, Don José Luís González González, Don Manuel Fontenla Meis, Don Eladio Cores Bemposta, a entidade “Construcións e reformas Salnés, S.L.”, Don Agustín Núñez Rodríguez, Don Pablo Núñez Bemposta, Don José Cores Castro, Don Elías Outeda Insua, Don Luís Varela Seijo, Don Francisco Bastos González e a entidade “Residencia Ribeira do Umia, S.L.”. Título: É o resto de finca matriz que queda tras a segregación de varias porcións de menor cabida da que foi adxudicada en Acta de Reorganización da Propiedade, autorizada pola Comisión Local de Concentración Parcelaria, o 26 de febreiro de 1979. Así resulta da copia parcial dita Acta, expedida o 12 de xaneiro de 1982, polo que foi Notario de Cambados, Don José Ángel Dopico Álvarez. Inscrición: Tomo 668, Libro 52, Folio 97, finca número 7.126, Inscrición 1ª. III.- O Concello de Ribadumia, en sesión celebrada pola Xunta de Goberno Local o día 3 de setembro de 2009, outorgou licenza ó Arcebispado de Santiago de Compostela para levar a cabo a obras de “Segregación en oito lotes ou parcelas destinadas a rede viaria, equipamentos e zonas verdes e outros noventa lotes” a realizar na finca pertencente ó Igresario de Santa Eulalia anteriormente descrita, segundo o proxecto asinado polo arquitecto D. Carlos Rosón Gasalla. Mediante escritura outorgada, con data 19 de outubro de 2009, ante D. Francisco Manuel Botana Torrón Notario do Ilustre Colexio de Galicia en Cambados, o Arcebispado de Santiago de Compostela procede á parcelación da finca descrito no punto II anterior, segregando a mesma en oito lotes ou parcelas destinadas a rede viaria, equipamentos e zona verde, e en noventa nos que se materializa a edificación que resulta das correspondentes ordenanzas, que foi aprobada polo Concello de Ribadumia, de acordo coa certificación da Secretaría do 18 de setembro de dous mil nove. Así mesmo, en escritura de data 19 de outubro de 2009 outorgada ante o mesmo Notario, o Arcebispado de Santiago de Compostela cede ó Concello de Ribadumia a porción da finca matriz sobre a que se asenta a rede viaria, descrita como Lote número 17 na escritura de parcelación. IV.- O Arcebispado de Santiago de Compostela pretende contribuír á dinamización da vida social da poboación do termo municipal de Ribadumia, e ó mesmo tempo posibilitar a creación de plans de formación, e facilitar o aloxamento accesible a persoas con discapacidades. Por todo canto antecede e coa finalidade de establecer, un cauce formal de colaboración as Institucións asinantes acordan subscribir o presente convenio de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente convenio, ten por obxecto a colaboración entre Deputación de Pontevedra, o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello de Ribadumia para a consecución dun fin social como é facilitar o aloxamento vacacional a persoas con discapacidade e a fomentar a creación de emprego na zona de O Salnés, mediante a creación do produto turístico Pousadas Xardín do Salnés SEGUNDA.- Obrigas do Arcebispado de Santiago de Compostela. 1.- O Arcebispado levou xa a cabo, entre outras, a segregación dunha parcela da finca matriz, descrita na parte expositiva segunda, cunha superficie de 6.591 m2, rodeada de viais en todo o seu perímetro e que figura como lote 16 da segregación. 2.- O Arcebispado cede a finca anteriormente descrita á Deputación Provincial de Pontevedra, para dedicala ó fin previsto na cláusula primeira. O valor da mesma fíxase en setecentos noventa e dous mil euros (792.000,00€). 3.- Así mesmo levará a cabo a redacción do proxecto de urbanización dos viais pendentes de executar, cuxas obras orzaméntanse en 697.914,00€ IVA incluído. TERCEIRA.- Obrigas da Deputación de Pontevedra. 1.-A Deputación comprométese a urbanizar a rede viaria pendente de execución, para que permitan acadar a condición de solar a cada unha das fincas segregadas. A urbanización levarase a cabo de acordo co proxecto elaborado polo Arcebispado. As actuacións referidas serían as relativas á disposición das redes de saneamento de fecais e pluviais, coa súa correspondente depuración, abastecemento de augas, redes de baixa tensión, iluminación, telefonía e telecomunicacións, pavimentación de viais, colocación de bordillos e pavimentos de beirarrúa. 2.-Se como consecuencia da realización do correspondente estudo xeotécnico, resultara a aparición de rocha nalgunha zona dos terreos a urbanizar, o custo da urbanización antes sinalada podería aumentarse ata un máximo de corenta e tres mil euros máis IVE (43.000,00 euros, máis IVE). Dito aumento deberá ser comprobado e autorizado por parte dos servizos técnicos do Arcebispado de Santiago de Compostela. Todas estas actuacións financiaranse con cargo ós orzamentos provinciais. 3.-A diferenza entre o valor da parcela que se cede á Deputación, cifrado en setecentos noventa e dous mil euros (792.000,00€) e o importe total da obras de urbanización do resto dos terreos será compensada economicamente pola Deputación Provincial ó Arcebispado, con cargo ó orzamento provincial do ano 2009. CUARTA.- Obrigas do Concello de Ribadumia. 1) O Concello de Ribadumia autorizará e concederá á Deputación a oportuna licenza para que esta poida levar a cabo a urbanización dos viais resultantes da parcelación pendentes de executar, de conformidade co proxecto achegado polo Arcebispado e aprobado polo Concello de Ribadumia. 2) O Concello de Ribadumia asume a obriga de proceder á apertura e explanación dos viais previstos no Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como o mantemento e conservación dos mesmos. QUINTA.- A Deputación farase cargo do mantemento da parcela dende o momento en que formalice a súa cesión. SEXTA.- As obrigas establecidas nas cláusulas terceira e cuarta deberanse cumprir no prazo máximo de tres anos dende a sinatura do presente acordo. O incumprimento do prazo indicado dará lugar á resolución do presente convenio a instancia do Arcebispado coa reintegración ó pleno dominio do Arcebispado das parcelas obxecto do presente convenio coas correspondentes indemnizacións por danos e prexuízos derivados do incumprimento do mesmo. O exercicio da presente cláusula será a instancia única e exclusivamente do Arcebispado, sen intervención algunha da comisión de seguimento que se regula no parágrafo terceiro desta mesma cláusula. Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte as persoas en quen deleguen as entidades asinantes, contado dende a petición expresa realizada por calquera das partes na sede do Organismo requirido. SÉTIMA – O Convenio rexerase polas cláusulas do mesmo, pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas, debendo adxudicarse a obras de acordo coa lei de Contratos do sector público e normas de desenvolvemento. En todo o non previsto nas normas anteriores acudirase as normas de dereito privado. OITAVA.- O presente convenio é de natureza administrativa e consecuentemente as cuestións litixiosas que poidan xurdir durante a súa aplicación, interpretación ou cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso–administrativa. E en proba de conformidade asinan o presente convenio no lugar e data indicada. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Rafael Louzán Abal Ecónomo Diocesano do Arcebispado de Santiago de Compostela Dictino Maceira Fernández Alcaldesa-Presidenta do Concello de Ribadumia Mª Salomé Peña Muñiz” 20.17434.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE O ROSAL PARA REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002318 “PISTA DE ATLETISMO NO CAMPO DE FÚTBOL DA MATA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS 2009-2011 Á vista, da solicitude formulada polo Concello de O Rosal, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención e de conformidade co previsto na Base décima do Plan de Investimento da Deputación de Pontevedra 2009-2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de O Rosal a cantidade de 100.000,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002318, denominado “Pista de atletismo no campo de fútbol da Mata”, cun orzamento de 100.000,00 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria. A achega provincial realizarase con cargo á partida 911.911.662.45, coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras. Non obstante, a anualidade 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente, quedando condicionada a aprobación do seu respectivo orzamento. Exercicio Achega Deputación Achega concello ou outros 2009 25.000,00 100.000,00 2010 75.000,00 0 2011 0 0 TOTAL 100.000,00 100.000,00 Esta concesión suxeitarase ás condicións establecidas nas bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2009-2011, as bases de execución do orzamento, Lei 38/2003, xeral de subvencións, regulamento de desenvolvemento, Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais lexislación aplicable. 21.17435.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002610 “MELLORA DE INFRAESTRUCTURAS NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE RIBADUMIA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS 2009-2011 Á vista, da solicitude formulada polo Concello de Ribadumia, e dos informes favorables do Servizo de Arquitectura e da Intervención e de conformidade co previsto na Base décima do Plan de Investimento da Deputación de Pontevedra 2009-2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Ribadumia a cantidade de 100.000,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002610, denominado “Mellora de infraestructuras no pavillón de Deportes de Ribadumia”, cun orzamento de 200.000,00 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria. A achega provincial realizarase con cargo á partida 911.911.662.45, coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras. Exercicio Achega Deputación Achega concello ou outros 2009 50.000,00 100.000,00 2010 50.000,00 0 2011 0 0 TOTAL 100.000,00 100.000,00 Esta concesión suxeitarase ás condicións establecidas nas bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2009-2011, as bases de execución do orzamento, Lei 38/2003, xeral de subvencións, regulamento de desenvolvemento, Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais lexislación aplicable. 22.17436.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición