ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/01/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-01-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/01/13_Ordinaria

  • Data(s) 2010-01-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día trece de xaneiro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17610.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de xaneiro de 2010. 2.17611.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA DEFINITIVA Devolución de garantía definitiva á empresa Condado y Comunicación, S.L. A empresa Condado y Comunicación, S.L. , mediante escrito presentado ante desta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder da seguinte obra: Prestación de servizos de publicidade na emisora Si Radio. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Gabinete de Comunicación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos euros (600,00 €), para responder do contrato relativo á “Prestación de servizos de publicidade na emisora Si Radio” e que foi depositada na Tesourería Provincial el 15/07/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500169898, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.17612.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.17613.- APROBACIÓN DAS BASES DO PLAN CULTURAL 2010 A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan Cultural–2010, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 400.000,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.226.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado certame e que son do seguinte teor: “PLAN CULTURAL 2010 1.- OBXECTO A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, agrupacións, entidades e asociacións culturais, retribuirá coas contías que se establecen para este fin por un importe total de 400.000,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.226.09 do orzamento provincial do ano 2010, ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do presente exercicio. 2.- DESTINATARIOS Poderanse acoller a estas axudas as seguintes agrupacións da provincia: Bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. 3.- PRAZO Os interesados cubrirán a solicitude de inclusión neste plan, que presentarán no Rexistro Xeral deste organismo dende o día seguinte ó da súa publicación no BOP ata o 15 de febreiro de 2010, no modelo oficial que facilitará o departamento de Cultura, acompañada da documentación prevista na base 8. As agrupacións interesadas na súa inclusión e carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4.- SELECCIÓN A selección e inclusión dos grupos peticionarios a levará a cabo a Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- RETRIBUCIÓN Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: TIPO DE GRUPO IMPORTE TIPO DE GRUPO IMPORTE ANIMACIÓN INFANTIL 210,00 € GRUPOS FOLK 270,00 € BAILE MODERNO 210,00 € GRUPOS MÚSICO-VOCAL 210,00 € BALLET 240,00 € HUMORISTAS 210,00 € BANDAS DE GAITAS 240,00 € MAJORETTES 210,00 € BANDAS DE MÚSICA (A) 600,00 € MASAS CORAIS (A) 270,00 € BANDAS DE MÚSICA (B) 500,00 € MASAS CORAIS (B) 240,00 € BANDAS DE MÚSICA (C) 450,00 € ORQUESTRAS CLÁSICAS 340,00 € CANTAUTORES 210,00 € OUTROS FOLCLORES 210,00 € CLÁSICOS (A) 240,00 € PANDERETEIRAS 240,00 € CLÁSICOS (B) 210,00 € POETAS 210,00 € GRUPOS DE GAITAS 170,00 € GRUPOS DE POP-ROCK 210,00 € GRUPOS DE PLAYBACK 210,00 € ROLDAS 240,00 € GRUPOS FOLCLÓRICOS(A) 270,00 € GRUPOS DE TEATRO (A) 500,00 € GRUPOS FOLCLÓRICOS (B) 210,00 € GRUPOS DE TEATRO (B) 375,00 € GRUPOS FOLCLORICOS (C) 170,00 € MAXIA 300,00 € 6.- PAGAMENTO O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo departamento de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria xunto coa copia da autorización da actuación. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda. Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 7.- OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas de dito convenio. 8.- DOCUMENTACIÓN Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade. b.- Certificación da conta bancaria. c.- Relación nominal de compoñentes e DNI. De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou nos derradeiros anos, sempre que non houbera variación nela. 9.- CLASIFICACIÓN As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA: as que teñan: a.- un mínimo de 70 membros e unha escola de música. b.- un mínimo de 50 membros. c.- un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación de alumnos e profesorado da escola de música facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- MASAS CORAIS: as que teñan a.- un mínimo de 50 membros b.- un mínimo de 30 membros 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan a) 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b) 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c) 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - Relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - Relación de alumnos da escola de baile. 4.- TEATRO Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - Programación para desenvolver e custo de montaxe. 5.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS Música clásica: a. Grupo A: grupos de cámara. b. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. c. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). 10.- SOLICITUDES DAS ACTUACIÓNS As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para: concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 11.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes:  Adecuación da actuación ó interese provincial 40%  Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20%  Número posible de beneficiarios do evento 20%  Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% 12.- VIXENCIA O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2010, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.” 5.17614.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BARRO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002252, DENOMINADA “SEPARATA DE ACONDICIONAMENTO DE EDIFICACIÓN COMO CENTRO MULTIUSOS (CASA DA CULTURA)”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002252, denominado “Separata de acondicionamento de edificación como centro multiusos (Casa da Cultura)” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Barro, con CIF núm. P3600200D, a cantidade de douscentos trinta e un mil novecentos noventa e un euros con cincuenta e nove céntimos (231.991,59 €), para a realización do investimento núm. 2009002252, denominado “Separata de acondicionamento de edificación como centro multiusos (Casa da Cultura)”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 141.634,47 euros Exercicio 2011: 90.357,12 euros A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á partida 10/942.942.652.45 do orzamento provincial para o ano 2010, quedando condicionada á aprobación definitiva do orzamento. Así mesmo, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á partida correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.17615.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL-RUGBY EN MONTEPORREIRO Esta Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra subscribiron, con data 22 de outubro de 2007, un Convenio de Colaboración para a instalación de céspede artificial de última xeración nos Campos de Fútbol Municipais de A Xunqueira do Lérez e de Monteporreiro. De conformidade co establecido no Convenio, levouse a cabo a instalación de céspede artificial no Campo Municipal de A Xunqueira, quedando pendente o Campo de Monteporreiro, ó propoñer o Concello a adecuación do mesmo para a práctica de rugby, conxuntamente coa de fútbol. Esta adecuación para a práctica das dúas actividades deportivas, supón unha modificación substancial con respecto ó proxecto inicial previsto no Convenio subscrito por ambas Institucións, non sendo válido o proxecto tipo aprobado no seu día para os campos de fútbol de herba sintética. En consecuencia, os técnicos provinciais redactaron un novo proxecto adecuado para a práctica das dúas actividades deportivas, ascendendo o importe do mesmo a contía de 785.308,43 euros. O Concello de Pontevedra solicita que o Instituto Municipal de Deportes, Organismo Autónomo do Concello, leve a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras de construción deste campo, en vez de levalo a cabo a Deputación como estaba inicialmente previsto. Aínda que este cambio substancial rompe cos criterios establecidos pola Institución Provincial para a construción deste tipo de instalacións deportivas, que figuran no orzamento provincial en partidas de inversións e non de transferencias, dados os antecedentes e circunstancias excepcionais que concorren neste caso, esta Deputación accedeu a que as obras sexan licitadas polo Instituto Municipal de Deportes, achegando esta Deputación a cantidade comprometida inicialmente por un importe de 276.000,00 €. O importe restante correspóndelle aboalo ó Concello. Como consecuencia destes cambios substanciais o Concello levou a cabo a redacción dun novo Convenio, que foi remitido a esta Deputación con data 29 do pasado mes de decembro. En base a este borrador a Deputación achega a contía comprometida inicialmente de 276.000,00 €, que serán aboadas contra a presentación das correspondentes certificacións de obra, remitidas polo Instituto Municipal de Deportes. Para axustarse as condicións do novo convenio debe transferirse o crédito previsto na partida 09/911.911.662.01 por un importe de 276.000,00 € para levar a cabo a inversión pola Deputación a partida 09/911.911.672.14 (Transferencias a concellos , convenios individualizados) , expediente que foi tramitado polo Servizo de Cooperación. Ó estar previsto este gasto con anterioridade a achega prevista pola Deputación, debe figurar na súa totalidade con cargo o ano 2009. Por outra banda, o Concello tiña ingresado en arcas provincias a achega de 92.000,00 € para levar a cabo a construción do Campo de fútbol en Monteporreiro, de conformidade co previsto no convenio inicialmente asinado, cantidade que debe reintegrárselle. Por conseguinte, e de conformidade coa petición formulada polo Concello, vistos os informes do Servizo de Contratación, Secretaría Xeral, e Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Deixar sen efecto o convenio de colaboración subscrito co concello de Pontevedra, con data 22 de outubro de 2007 que fora aprobado pola Xunta de Goberno do 26 de setembro de dito ano, na parte relativa a construción dun campo de fútbol en Monteporreiro. 2.- En consecuencia, reintegrar o Concello de Pontevedra a cantidade de 92.000,00 €, ingresada en arcas provinciais para facer fronte ó seu compromiso de construción deste campo. 3.- Aprobar un novo convenio de colaboración entre o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra e a Deputación Provincial para a construción dun campo de fútbol-rugby en Monteporreiro, de conformidade co texto proposto polo Instituto Municipal de Deportes, coa salvidade de que a achega da Deputación efectuarase na súa totalidade, por un importe de 276.000,00 € con cargo a anualidade do ano 2009. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A CONSTRUCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL-RUGBY EN MONTEPORREIRO Na Sala de Comisións da Casa Consistorial do Excmo. Concello de Pontevedra, sendo as 12,00 h. do día trinta de decembro de 2009. REUNIDOS Dunha parte Dna. María dos Anxos Riveiro Portela, Presidenta do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, no exercicio das atribucións conferidas pola lexislación de Réxime e Administración Local e polos propios estatutos. E doutra parte o Ilmo Sr D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladoras das Bases de Réxime Local. Ambas as dúas partes actúan nas representacións expresadas e se recoñecen reciprocamente capacidade bastante para o outorgamento e formalización deste convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestión de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 4c) da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, 57 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que os artigos 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladoras das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, e 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, establecen que o Municipio para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, pode promover toda clase de actividades e prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, exercendo competencias nos termos da Lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, entre outras materias, nas de actividades ou instalacións culturais e deportivas. E o artigo 13 da Lei 11/1997, de 22 de agosto, xeral do deporte de Galicia, establece como competencia dos concellos, entre outras, fomentar e promover a actividade deportiva no seu territorio respectivo e construír instalacións deportivas de carácter comunitario. Neste senso, e convencidos da importancia da práctica da actividade física e deportiva entre a poboación para incidir positivamente na súa saúde e colaborar na mellora da calidade de vida e a educación e formación integral dos nenos/as, o Concello fai un importante esforzo para dotar ó Municipio das infraestruturas deportivas necesarias. III.- Que o Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, entidade de dereito público con personalidade xurídica propia e con autonomía económica e administrativa para a realización dos seus fins, é un organismo autónomo local do Concello de Pontevedra ó amparo das atribucións conferidas polo artigo 85 e 85.bis da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das Bases de Réxime Local. IV.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. V.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalación da infraestrutura dos campos de herba sintética, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. En base a canto antecede e considerando o establecido nos artigos 294 e 310 da Lei de Administración Local de Galicia sobre a actividade de fomento e os convenios, 111 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local, e 88 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as partes intervenientes acordan celebrar o presente convenio de cooperación para a construción dun campo de fútbol-rugby no barrio de Monteporreiro en Pontevedra, que se rexerá con suxeición as seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra é a execución do proxecto de “Construción dun Campo de fútbol-rugby no barrio de Monteporreiro en Pontevedra”. O importe ó que se refire o presente Convenio ascende a cantidade de setecentos oitenta e cinco mil trescentos oito euros con corenta e tres céntimos (785.308,43 €). O orzamento comprende todos os gastos que se derivan da execución da obra a realizar, excluídos os da redacción do proxecto, que será levado a cabo polos técnicos do Concello de Pontevedra e autorizado pola Deputación Provincial de Pontevedra mediante a súa aprobación polo órgano provincial competente. SEGUNDA.- Os investimentos necesarios para a realización das obras comprendidas neste proxecto levarase a cabo na seguinte anualidade: 2009 Instituto Municipal de Deportes (64,85 %) 509.308,43 € Deputación Provincial (35,15 %) 276.000,00 € TOTAL 785.308,43 € As cantidades a achegar pola Deputación Provincial, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 09/452.622.70, debendo ingresar as cantidades comprometidas no marco do plan de financiamento cando sexan solicitadas polo Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, Organismo Autónomo Local do Concello de Pontevedra contra a presentación das correspondentes certificacións de obra. As cantidades a achegar pola Deputación Provincial de Pontevedra, definidas na presente cláusula, son fixas na súa contía. Por tanto os posibles incrementos ou baixas que puidesen producirse no orzamento da construción derivados do procedemento de contratación ou da execución propia da obra, competen ó Instituto Municipal de Deportes. TERCEIRA.- Ó Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, Organismo Autónomo Local do Concello de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras de construción do Campo de fútbol-rugby de Monteporreiro segundo o correspondente proxecto técnico, que serán financiadas, na súa anualidade de 2009, con cargo a partida 09.452.622.70 do orzamento municipal. CUARTA.- O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, Organismo Autónomo Local do Concello de Pontevedra, obrígase a realizar as xestións pertinentes para acadar a dispoñibilidade dos terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como a obter e tramitar ante os organismos que corresponda as autorizacións que foran precisas. O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, Organismo Autónomo Local do Concello de Pontevedra deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. QUINTA.- O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, Organismo Autónomo Local de Concello de Pontevedra, como titular da instalación municipal, comprométese ó mantemento e conservación do inmoble obxecto deste convenio unha vez recepcionada a obra segundo a normativa de contratación do sector público. SEXTA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha comisión de coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación Provincial e a Presidencia do Concello de Pontevedra, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirán dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo que a require. SÉTIMA.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio, salvo denuncia expresa por calquera das partes asinantes. OITAVA.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. NOVENA.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. En proba de conformidade, as partes subscriben e asinan o presente Convenio, por duplicado exemplar e a un só efecto, no lugar e data sinalados no encabezamento, quedando un exemplar en poder de cada unha delas. A Presidenta do I.M.D. de Pontevedra, O Presidente da Deputación de Pontevedra, Asdo. María dos Anxos Riveiro Portela Asdo. Rafael Louzán Abal 7.17616.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición