ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/07/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-07-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/07/21_Ordinaria

  • Data(s) 2010-07-21 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e un de xullo do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18398.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 14 de xullo de 2010. 2.18399.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL, ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS 2010 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo á “Concesión de subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados 2010”. 3.18400.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO PSA/06/08, ANUALIDADE 2007, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 45/492 DENOMINADA “ABASTECEMENTO ÓS LUGARES DE A TORRE, OUTEIRO, ADELÁN E RÚA B DE RODEIRO, 1ª FASE” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. dous remitida polo Concello de Rodeiro correspondente ó investimento nº 45/942, denominado “Abastecemento ós lugares de A Torre, Outeiro, Adelán e Rúa B de Rodeiro, 1ª fase”, incluído no PSA/06-08, anualidade 2007, á vista dos informes dos servizos de infraestruturas e de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga por importe de trinta mil vinte e un euros con sesenta e sete céntimos (30.021,67 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar de aboo a cantidade de trinta mil vinte e un euros con sesenta e sete céntimos (30.021,67 €), con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.161.762.45.2007, como pago da subvención concedida ó Concello de Rodeiro no PSA/06-08, anualidade 2007, para a realización do investimento núm. 45/942 denominado “Abastecemento ós lugares de A Torre, Outeiro, Adelán e Rúa B de Rodeiro, 1ª fase”. 4.18401.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIARIA DIVERSA CON DESTINA ÁS VIAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2010 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 17 de marzo de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010, ata a cantidade máxima de 72.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 63 de data 6 de abril de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 23 de abril de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, DIEZ Y COMPAÑÍA, S.A.; POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A.; BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L.; COMERCIAL CUSTODIO, S.L.; ESTAMPACIONES CASADAS, S.A.; LACROIX SEÑALIZACIONES, S.A.; SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA); SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L.; API MOVILIDAD, S.A.; SEÑALIZACIONES VILLAR, S.A.; SEÑALIZACIONES REYNOBER, S.A. ; TEVASEÑAL, S.A.; IBÉRICA DE SEÑALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L. e PATRICIO CABEZAS, S.A. (PACASA). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 27 de abril de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de material de sinalización e seguridade viaria diversa con destino ás vías provinciais para o ano 2010, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2010, tras dar a coñecer a eliminación das empresas, COMERCIAL CUSTODIO, S.L.; ESTAMPACIONES CASADO, S.A.; LACROIX SEÑALIZACIONES, S.A.; SEÑALIZACIONES REYNOBER, S.A.; IBÉRICA DE SEÑALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L. e PATRICIO CABEZAS, S.A. (PACASA)., por ofertar o prazo de entrega no Sobre “B” e tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, DIEZ Y COMPAÑÍA, S.A.; POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A.; BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L.; SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA); SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L.; API MOBILIDAD, S.A.; SEÑALIZACIONES VILLAR, S.A. y TEVASEÑAL, S.A., procedeu á apertura do Sobre “C”, presentadas polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Prazo DÍAZ Y COMPAÑÍA, S.A. 1,538 Puntos 34,930 Puntos 8,083 Puntos 44.551 Puntos POSTIGO OBRAS Y SERVICIOS, S.A. 10,000 Puntos 27,299 Puntos 2,694 Puntos 39,993 Puntos BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. 3,076 Puntos Oferta algún prezo unitario por encima do tipo de licitación Oferta prazo superior ó que figura no prego. ELIMINADO COMERCIAL CUSTODIO, S.L. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. ESTAMPACIONES CASADO, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. LACROIX SEÑALIZACIONES, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. SEBAGASA 20,918 Puntos 44,973 Puntos 7,668 Puntos 73,559 Puntos SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L. 9,000 Puntos Oferta algún prezo unitario por encima do tipo de licitación 1,617 Puntos ELIMINADO API MOVILIDAD, S.A. 16,228 Puntos 50,000 Puntos 6,607 Puntos 72.835 Puntos SEÑALIZACIONES VILLAR, S.A. 10,538 Puntos Oferta algún prezo unitario por encima do tipo de licitación 8,913 Puntos ELIMINADO SEÑALIZACIONES REYNOBER, S.A. ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. TEVASEÑAL, S.A. 6,000 Puntos 49.289 Puntos 10,000 Puntos 65,289 Puntos IBÉRICA DE SEÑALIZACIÓN Y CONSERVACIÓN, S.L ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. PATRICIO CABEZAS, S.A. (PACASA) ELIMINADO Por incluír no sobre “B” o prazo de entrega. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2010 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (CIF A-36.617.942), o contrato para efectuar a subministración de materia de sinalización e seguridade vial con destino ás vías provinciais para o ano 2010, ata a cantidade máxima de 72.000,00 euros. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 2 de xullo de 2010 e que a empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 3.103,45 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 05/07/10 e número de operación 201000057393, polo que unha vez cumprimentados os t´ramites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación das subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa, Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A., (C.I.F. A-36.617.942), o contrato para efectuar a subministración de material de sinalización e seguridade viaria con destino ás vías provinciais para o ano 2010, ata a cantidade máxima de setenta e dous mil euros (72.000,00 euros), de acordo ó seguinte desagregación por prezos unitarios: SINAIS DE PERIGO TIPO P Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. Lado (Ud.) 37,51 € 6,00 € 43,51 € SINAL TRIANGULAR DE 135 CM. Lado (Ud.) 74,94 € 12,00 € 86,93 € SINAL TRIANGULAR DE 70 CM. lado (tipo TP)(Ud.) 24,09 € 3,85 € 27,94 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenón con batería (Ud.) 853,44 € 136,55 € 990,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenón con placa solar (Ud.) 1.034,48 € 165,52 € 1.200,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenón a rede eléctrica (Ud.) 853,45 € 136,55 € 990,00 € OCTOGONOS Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL STOP DE 60 CM. (Ud.) 40,80 € 6,53 € 47,33 € SINAL STOP DE 90 CM. (Ud.) 78,15 € 12,50 € 90,66 € SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (Ud.) 34,97 € 5,60 € 40,57 € SINAL CIRCULAR DE 90 CM. (Ud.) 70,41 € 11,27 € 81,68 € SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (tipo TR) (Ud.) 31,28 € 5,00 € 36,28 € SINAIS DE INDICACIÓNS XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5 Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CUADRDO DE 60 X 60 (Ud.) 41,65 € 6,66 € 48,31 € SINAL CUADRDO DE 90 X 90 (Ud.) 80,09 € 12,81 € 92,91 € SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 (Ud.) 60,77 € 9,72 € 70,49 € SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 (Ud.) 121,63 € 19,46 € 141,09 € FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVAS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN Prezo Unitario IVE TOTAL Cartel Fotoluminiscente (M2) 194,03 € 31,04 € 225,07 € FRECHA (M2) 163,79 € 26,21 € 190,00 € CARTEL (M2) 89,09 € 14,25 € 103,34 € PRACAS COMPLEMENTARIAS Prezo Unitario IVE TOTAL 60 X 20 (Ud.) 25,29 € 4,05 € 29,34 € 60 X 30 (Ud.) 31,61 € 5,06 € 36,67 € 50 X 16 (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € 40 X 20 (Ud.) 23,19 € 3,71 € 26,90 € PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL Prezo Unitario IVE TOTAL 195 X 95 (Ud.) 147,53 € 23,60 € 171,14 € 195 X 45 (Ud.) 137,93 € 22,07 € 160,00 € 160 X 40 (Ud.) 63,82 € 10,21 € 74,03 € 80 X 40 (Ud.) 34,60 € 5,54 € 40,14 € VARIOS Prezo Unitario IVE TOTAL POSTE DE 80x40x2 (ML) 6,23 € 1,00 € 7,23 € POSTE DE 100x50x3 (ML) 10,98 € 1,76 € 12,74 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  60 E TRIANGULOS DE 90 (Ud.) 16,21 € 2,59 € 18,80 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  90 E TRIANGULOS DE 1,35 (Ud.) 19,95 € 3,19 € 23,14 € TRÍPODE PREGABLE PARA TRIANGULOS DE 70 (Ud.) 16,21 € 2,59 € 18,80 € PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € VALLA CON PES (un panel) 165x20 (Ud.) 107,76 € 17,24 € 125,00 € VALLA MOVIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 (Ud.) 51,72 € 8,28 € 60,00 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 300x950 (azul-branco/vermella-branco) (Ud.) 45,02 € 7,20 € 52,22 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 400x400 (azul-branco/vermella branco) (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € DISPOSITIVO DE GUIA (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € CINTA BALIZAMENTO (ML) 0,17 € 0,03 € 0,20 € CONO PLASTICO DE 50 CM. (Ud.) 17,24 € 2,76 € 20,00 € BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA (4mts) (Ud.) 64,11 € 10,26 € 74,37 € POSTE CPN-120 (ML) 15,00 € 2,40 € 17,40 € TERMINAL COLA DE PEIXE (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € TOPE FINAL BARREIRA DOBRE ( Ud.) 22,00 € 3,52 € 25,52 € TOPE FINAL BARREIRA SIMPLE (Ud.) 21,98 € 3,52 € 25,50 € FINAL BARREIRA COLA DE PEIXE APLASTADA (Ud.) 17,11 € 2,74 € 19,85 € SEPARADOR ESTÁNDAR (Ud.) 4,36 € 0,70 € 5,06 € SEPARADOR CURTO (Ud.) 8,67 € 1,39 € 10,06 € PEZA ANGULAR (Ud.) 18,75 € 3,00 € 21,75 € CAPTADORES DUAS CARAS (Ud.) 0,78 € 0,12 € 0,90 € PROTETOR BARREIRA P/MOTOCICLISTAS (SPM) (ML) 25,00 € 4,00 € 29,00 € PLETINA UNIÓN (SUXEICIÓN) (Ud.) 8,62 € 1,38 € 10,00 € ESPELLO COMPLETO DE 60 CM. (Antivandálico) (Ud.) 77,58 € 12,41 € 90,00 € ESPELLO COMPLETO DE 80 CM. (Antivandálico) (Ud.) 103,45 € 16,55 € 120,00 € POSTE PARA ESPELLO (ML) 12,93 € 2,07 € 15,00 € TUBO PARA BARANDILLA PROTECCIÓN PONTES (50 ó 60 mm/) (ML) 3,62 € 0,58 € 4,20 € POSTE TIPO XAMON (ML) 90,00 € 14,40 € 104,40 € POSTE TIPO XAMON RECTO (ML) 73,75 € 11,80 € 85,55 € REMATE BARANDILLA DOUS/TRES TUBOS (Ud.) 50,00 € 8,00 € 58,00 € BARANDILLA TUBO RECTANGULAR: (ML) 56,25 € 9,00 € 65,25 € Pasamáns superior de perfil 80 X 40 Pasamáns inferior de perfil 60 X 30 Barrotes separación perfil 20 X 20 Perfil inferior 60 X 30 PINTURA BRANCA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) 37,11 € 5,94 € 43,05 € PINTURA AMARELA ALCIDICA(Envase de 30 Kgs) (Ud.) 38,79 € 6,21 € 45,00 € ESFERA DE VIDRIO (Kg) 0,72 € 0,11 € 0,83 € LINTERNA TIPO GARDA CIVIL E CAPUCHA (Con cargador 12/24 V.) (Ud.) 137,93 € 22,07 € 160,00 € BALIZA INTERMITENTE (Con pilas) (Ud.) 18,97 € 3,00 € 22,00 € PILAS PARA BALIZAS (Ud.) 4,31 € 0,69 € 5,00 € CONXUNTO 3 FOCO XENON de 100 ó 200 m/m. con alimentación 220 V ó 12/24 Va. (Ud.) 517,24 € 82,76 € 600,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 350X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 600X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 32,76 € 5,24 € 38,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 800X500X40 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € MODULO REDUCTOR DE VELOCIDADE 1.000X500X40 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 54,31 € 8,69 € 63,00 € 2. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo á vinculación xurídica das aplicacións orzamentarias 10/456.453.210.00; 10/456.453.210.01 e 10/456.454.210.02, do vixente orzamento provincial. 5.18402.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Cientisol, S.L. (Cienytech) A empresa Cientisol, S.L.- Cienytech (CIF B- 15.869.605), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil cincocentos euros (2.500,00 €), para responder do contrato relativo á:subministración de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/04/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900029505, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa AGV Gómez Viso, S.A. A empresa AGV Gómez Viso, S.A. (CIF A- 32.005.985), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBV, por importe de tres mil catrocentos nove euros con noventa e nove céntimos (3.409,99 €), para responder do contrato relativo á obra: Pista polideportiva cuberta, con situación en Valeixe (A Cañiza) que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/10/1990, segundo mandamento de ingreso con número de expedición 3.587, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) (CIF A- 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituida para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de trinta e catro mil seiscentos vinte e catro euros (34.624,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Proxecto modificado de beirarrúas e servizos E.P. 9303 Meaño- Dena que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/05/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600044461, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Obras y Construcciones Seixo, S.L. A empresa Obras y Construcciones Seixo, S.L. (CIF B- 36.290.963), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caja Madrid, por importe de dous mil trescentos setenta e dous euros con oitenta céntimos (2.372,80 €), para responder do contrato relativo á obra: Canalización de augas e redutores de velocidade en E.P. 0016 Porta do Sol- Castelo (Pontevedra) que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/08/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600066439, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Gabrat, S.L. A empresa Gabrat, S.L. (CIF B- 36.828.325), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil trescentos noventa e catro euros (2.394,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Substitución pavimento deportivo en pavillón polideportivo de A Guarda que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/10/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700080082, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Barreras de Seguridad, S.L. A empresa Barreras de Seguridad, S.L. (CIF B- 32.204.620), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de sete mil trescentos vinte e sete euros con cincuenta e nove céntimos (7.327,59€), para responder do contrato relativo á obra: Subministro e instalación de sistemas de seguridade de motoristas na rede provincial que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800075172, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.18403.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 511/2009 PROMOVIDO POR DNA. DOLORES SOLIÑO CAMPO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN SOBRE SANCIÓN POR INFRACCIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Dada conta que con data 4 de maio de 2010 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 30 de abril anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 511/2009, promovidos por Dona Dolores Soliño Campo contra desestimación de recurso de reposición sobre sanción de 600,00 € e reposición do medio físico ó seu estado anterior, por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que desestima dito recurso, confirmando en todos os seus extremos a resolución sancionadora de 23 de outubro de 2009, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma, acordando se dea traslado ó Servizo de Infraestruturas, ós efectos oportunos. 7.18404.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 232/2009 PROMOVIDO POR DONA ÁNGELA GARCÍA GARCÍA CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS E LESIÓNS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP 0011 XEVE-AMIL Dada conta que con data 13 de maio de 2010 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 10 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 232/2009, promovidos por Dona Ángela García García contra desestimación de reclamación patrimonial por danos e lesións en accidente de tráfico, valorados en 20.233,62 €, na estrada provincial 0011 Xeve-Amil, como consecuencia da existencia de substancia deslizante na calzada, na que desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 8.18405.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 63/2010 PROMOVIDO POR DONA MERCEDES CASTRO BLANCO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE TRÁFICO NA EP 6009 (LALÍN-BRÁNTEGA) Dada conta que con data 19 de maio de 2010 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 13 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 63/2010, promovidos por Dona Mercedes Castro Blanco contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 6009 (Lalín-Brántega), valorados en 1.025,03 €, como consecuencia de irrupción dun teixugo na estrada, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 9.18406.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 100/2010 PROMOVIDO POR D. JAVIER CAMPOS RODRIGUEZ E DONA ROSA MARÍA RODRIGUEZ MARTÍNEZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL DE ACCESO A CEÁN-NIGRÁN Dada conta que con data 4 de xuño de 2010 notifícase sentenza de data 31 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 100/10, promovidos por D. Javier Campos Rodriguez e Dona Rosa María Rodriguez Martínez contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP de Acceso a Ceán-Nigrán, valorados en 2.482,98€, como consecuencia do mal estado da estrada, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 10.18407.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 65/2010 PROMOVIDO POR D. RAMÓN CARLOS VIEIRA MAGDALENA E DONA SILVIA OUTEDA COCHÓN CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS PERSOAIS E MATERIAIS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA AVDA. DA PRAIA DE LOURIDO (POIO) Dada conta que con data 25 de xuño de 2010 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 18 de xuño anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 65/2010, promovidos por D. Ramón Carlos Vieira Magdalena e Dona Silvia OutedaCochón contra desestimación de reclamación patrimonial por danos personais e materiais en accidente de tráfico, valorados en 2.371,29 €, na Avda. da Praia de Lourido (Poio), como consecuencia do suposto mal estado da estrada, na que desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 11.18408.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 61/2010 PROMOVIDO POR D. ANDRÉS SOBRADO SEIJAS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP 6306 A GOLADA-VILA DE CRUCES Dada conta que con data 25 de xuño de 2010 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 61/2010, promovidos por D. Andrés Sobrado Seijas contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P 6306 Agolada-Vila de Cruces, como consecuencia da irrupción dun xabarín na calzada o día 30 de setembro de 2008. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade de 703,76 €, á que se engadirá os xuros legais ata a data de execución da mesma, acadando así un importe total de 751,44 €, segundo informe da Intervención de data 1 de xullo de 2010. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 61/2010, promovidos por D. Andrés Sobrado Seijas contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 6306 Agolada-Vila de Cruces, como consecuencia da irrupción dun xabarín na calzada o día 30 de setembro de 2008, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pagamento e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra a cantidade de 751,44 € (setecentos cincuenta e un euros con corenta e catro céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada nos referidos autos. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 456.453.210.00 do orzamento vixente, mediante ingreso na conta de Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais entidade Banesto número 0030-1846-42-0005001274, coa referencia do asunto 3598000085006110. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 180/09), con enderezo en Lariño Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 151,44 € (cento cincuenta e un euros con corenta e catro céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), mediante ingreso na conta número 2080.0401.68.0040106618 da entidade CAIXANOVA. 12.18409.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 96/2010 PROMOVIDO POR D. GERARDO VIEIRA FRAGA CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA Dada conta que con data 22 de xuño de 2010 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 961/2010, promovidos por D. Gerardo Vieira Fraga contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en vivenda sita no nº 21 da rúa Retinosa, da Parroquia de Coiro (t.m. Cangas), como consecuencia de obras e mala conservación da estrada, valorados en 2.776,67 €. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade reclamada, á que se engadirá os preceptivos xuros legais, acadando así un importe total de 3.097,92, segundo informe da Intervención de data 7 de xullo de 2010. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 96/2010, promovidos por D. Gerardo Vieira Fraga contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en vivenda sita no nº 21 da rúa Retinosa, Parroquia de Coiro (Cangas), como consecuencia de obras e mala conservación da estrada, valorados en 2.776,67 €, cantidade á que se engadirán os preceptivos xuros legais, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra a cantidade de 3.097,92 € (tres mil noventa e sete euros con noventa e dous céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada nos referidos autos. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 456.453.210.00 do orzamento vixente, mediante ingreso na conta de Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais entidade Banesto número 0030-1846-42-0005001274, coa referencia do asunto 3649000085009610. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 370/10), con enderezo en Lariño Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 2.497,92 € (dous mil catrocentos noventa e sete euros con noventa e dous céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), mediante ingreso na conta número 2080.0401.68.0040106618 da entidade CAIXANOVA. 13.18410.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 04/2010 PROMOVIDO POR DONA Mª CRUZ SUÁREZ FENTANES E D. LUÍS FERNÁNDEZ IGLESIAS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS E LESIÓNS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA AVDA. DE BÓS AIRES DE PONTEVEDRA Dada conta que con data 25 de xuño de 2010 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 04/2010 promovidos por Dona María Cruz Suarez Fentanes e D. Luís Fernández Iglesias contra desestimación de reclamación patrimonial por danos e lesións en accidente de tráfico na Avda. de Bós Aires de Pontevedra, o día 15 de xaneiro de 2008, como consecuencia da caída de dúas árbores na calzada, valorándose as lesións en 3.336,43€ por días de incapacidade e secuelas, e 3.155, 48 € por danos no automóbil. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ós demandantes na cantidade total de 6.491,91 €. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación e visto o documento RC da Intervención de 9 de xullo de 2010, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade. Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 04/2010 promovidos por Dona María Cruz Suarez Fentanes e D. Luis Fernández Iglesias contra desestimación de reclamación patrimonial por danos e lesións en accidente de tráfico na Avda. de Bós Aires de Pontevedra, o día 15 de xaneiro de 2008, como consecuencia da caída de dúas árbores na calzada, valorándose as lesións en 3.336,43 € por días de incapacidade e secuelas, e 3.155,48 € por danos no automóbil, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra a cantidade de 6.491,91 € (seis mil catrocentos noventa e un euros con noventa e un céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada nos referidos autos. Terceiro.- Dito pagamento farase efectivo con cargo á partida 456.453.210.00 do orzamento vixente, mediante ingreso na conta de Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais entidade Banesto número 0030-1846-42-0005001274, coa referencia do asunto 3649000085000410. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 760/08), con enderezo en Lariño Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación das cantidades seguintes: 3.336,43 € importe total da indemnización por incapacidade e secuelas de Dona Mª Cruz, e 2.555,48 €, importe correspondente ós danos no automóbil propiedade de D. Luís, unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), mediante ingreso na conta número 2080.0401.68.0040106618 da entidade CAIXANOVA. 14.18411.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA. PROCED. ABREVIADO 21/2010 PROMOVIDO POR DONA CARMEN HERMELO LEMOS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP 1102 MEIRA-FRAGA Dada conta que con data 29 de xuño de 2010 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 25 de xuño anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 21/2010, promovidos por Dona Mª Carmen Hermelo Lemos contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico, valorados en 3.000,00 €, na estrada provincial 1102 Meira-Fraga (Moaña), como consecuencia da existencia de redutores de velocidade ou badéns na estrada, na que desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 15.18412.- SENTENZA DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SECC. 2ª) . RECURSO APELACIÓN 4425/2008 PROMOVIDO POR D. JAVIER MONTEAGUDO GIL EN REPRESENTACIÓN DE SERVICIOS MEDIOAMBIENTALES DEL NOROESTE, S.L. CONTRA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA EN PROCD. ORDINARIO 369/06 SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE Dada conta que con data 7 de xullo notifícase sentenza da Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída no recurso de apelación núm. 4425/2008, promovido por D. Javier Monteagudo Gil en representación da mercantil Servicios Medioambientales del Noroeste, S.L. contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra no procedemento ordinario núm. 369/2006 sobre reclamación de cantidade por importe de 104.400,00 €, que desestima dito recurso, confirmando en todos os seus extremos a sentenza de instancia, con imposición das custas xudiciais ó apelante, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 16.18413.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCD. ORDINARIO 242/09 PROMOVIDOS POR D. JUAN JOSÉ ALLO ALLO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR LESIÓNS PRODUCIDAS EN CAÍDA NA AVDA. DAS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA) Dada conta que con data 7 de xullo de 2010 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 1 de xullo anterior, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 242/2009 promovidos por D. Juan José Allo Allo contra desestimación de reclamación patrimonial por lesións padecidas en caída na Avenida das Aceñas da Illa de Arousa, que valorou en 14.146,39 €, na que se desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma 17.18414.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.18415.- ANULACIÓN DE SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 NO PROGRAMA C/09 (INFRAESTRUTURA) A DIVERSAS ASOCIACIÓNS A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, na súa sesión do 30/09/2009, aprobou, entre outras, as subvencións que se relacionan a continuación polos importes que se indican con cargo á partida 09/451.451.789.04: ASOCIACIÓN CONCEPTO IMPORTE Parroquia de San Miguel de Pereiras (Mos) R-3600056-J Rehabilitación e conservación de dous retablos parellos do século XVII - XVIII 5.686,00 € Parroquia de Santa Mariña de Dornelas (Mos) R-3600056-J Arreglo ó acceso do cemiterio parroquial 2.750,00 € Círculo Recreativo Cultural (Porriño) G-36.026.961 Construcción baño para minusválidos e rampa de acceso 3.000,00 € Dado que estas asociacións non xustificaron a axuda concedida no prazo establecido nas bases reguladoras (31/03/2010) e que ditas asociacións solicitan axuda no mesmo programa na convocatoria de subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos, ano 2010, e tendo en conta o establecido na base 25ª.8ª.4 de execución do orzamento provincial é polo que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade proceder á anulación das referidas subvencións concedidas no ano 2009. 19.18416.- PREMIOS PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2010 De conformidade coas Bases aprobadas por esta xunta de Goberno, na súa sesión extraordinaria urxente do 18 de xullo de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ós seguintes candidatos, como consecuencia dos méritos que a continuación se transcriben, ós Premios Provincia de Pontevedra 2010: PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA (CULTURA) XOSÉ NEIRA VILAS 1.- Narrador, poeta, ensaísta e investigador da emigración galega, naceu en Gres (Vila de Cruces) en 1928. • É autor do libro máis lido e traducido da historia da literatura galega, ‘Memorias dun neno labrego’, e un dos narradores que mellor se achegaron a temas como a dureza da vida no campo e o desarraigo emigrante. • Viviu o exilio en Bos Aires e A Habana, onde desenvolveu un extraordinario labor a favor da nosa cultura e da memoria histórica. Ensaísta e investigador da emigración galega, tamén cultivou a narrativa infantil e a poesía de corte social. - Nace no seo dunha familia labrega de Gres, en Vila de Cruces. nas terras do Deza. Alí transcorre a súa nenez e adolescencia, tendo que compaxinar a escola co traballo no campo, ata ós 19 anos. - Nestes anos de grandes dificultades para acceder á cultura, vela pola súa proia formación e lee canto cae nas súas mans. - En 1949 emigra á Arxentina, onde coñece ós intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Suárez Picallo, Ramón de Valenzuela... - Funda as Mocidades Galeguistas en 1953 e, nesta época, comeza a publicar asiduamente no periódico “Adiante” e a colaborar na organización do “I Congreso da Emigración Galega” (1956). - En 1957 casa con Anisia Miranda, escritora cubana filla de galegos, coa que funda Follas novas, editorial difusora de Galicia en América. - En 1961, establécese en Cuba. Alí, compaxina a administración co periodismo literario. En 1969 pon en marcha a Sección Galega do Instituto de Literatura y Lingüística de la Academia de Ciencias de Cuba, que dirixirá durante 22 anos. - En Cuba escribe a meirande parte da súa obra literaria: “Memorias dun neno labrego”, “Cartas a Lelo” ou “Aqueles anos do Moncho”, as tres perspectivas da formación infantil no contexto da posguerra. - Outras obras reseñables son “Xente no rodicio”, “A muller de ferro”, e “Querido Tomás”, ambientadas en Galicia, e “Camiño bretemoso”, “Historias de emigrantes” e “Remuíño de sombras”, coa diáspora coma protagonista. Tamén “Tempo novo” e “De cando Suso foi carteiro” abordan desde distintos prismas o feito da emigración. - Cultivou a poesía social con “Dende lonxe” e “Inquedo latexar”. - Encargouse de traducir ó galego a Molinari, Ho Chi Minh, José Martí e Alejo Carpentier, entre outros. - A súa literatura infantil mantén os temas centrais da súa narrativa. Algúns títulos son “Espantallo amigo”, “O cabaliño de buxo”, “A marela Taravela” e “Contos vellos para rapaces novos”. - Ten desenvolvido unha destacada labor a prol da memoria histórica como investigador da emigración galega (recollida en obras como “Galegos no Golfo de México”, “A prensa galega de Cuba” ou “Guerrilleiros”). 2.- Neira Vilas é Doutor Honoris Causa pola Universidade de A Coruña e membro numerario da Real Academia Galega. Recibiu ó Premio da Crítica Española de 1978 por “Aqueles anos do Moncho” e o da Crítica Galega en 1981 por “Galegos no Golfo de México”. Fóronlle concedidas a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Celanova Casa dos Poetas. - Na actualidade colabora con diversos xornais, participa en actividades culturais e preside, en Gres, a Fundación do seu nome. 3.- O Premio recae en el pola súa labor de difusión da Cultura Galega máis aló das nosas fronteiras, pola súa constante implicación social, polos seus traballos de investigación sobre Galicia e a emigración, e pola súa defensa do idioma, de Galicia e da súa singularidade. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA (DEPORTES) CORUXO CLUB DE FÚTBOL 1.- O Coruxo F.C. nace en 1930 trala fusión co Mirambel, un equipo creado por un grupo de mariñeiros que contaba co patrocinio do Sr. Mirambel, quen lles doou as equipacións. Así comezaron a competir en 1925, xogando os seus partidos na xunqueira da praia do Vao. • Alí é, xustamente, onde hoxe se ubica o campo de fútbol do Coruxo. • Naqueles tempos as competicións as organizaban eles mesmos e se xogaban partidos contra equipos de parroquias e barrios de Vigo e os seus arredores. • A partir da fusión, o Coruxo como entidade formada por unha directiva e xa completamente organizada, comeza a nutrirse de deportistas de toda a parroquia de Coruxo e arredores (San Miguel, San Paio de Navia, San Andrés de Comesaña, etc.), e participa nunha competición de nova creación denominada “Liga do Val Miñor”. Esta competición non inscrita na Real Federación Española de Fútbol, tiña a súa propia organización independente cunha directiva e regras establecidas para o campionato. 2.- A primeira directiva a compuxeron Eduardo Costas, presidente, Víctor Italiani, vicepresidente, e Manuel Sanjuán, secretario. Esta primeira directiva é a que lle da forma e establece na xunqueira do Vao o campo de fútbol, explanando todo o terreo e estrutura necesaria para desenvolver unha práctica deportiva continuada. • A partir de 1936, coincidindo coa Guerra Civil suspéndense todas as competicións deportivas, e o club deixa de competir, aínda que nunca se disolveu a entidade como tal. Despois da guerra, en 1945, volven reunirse todos os membros da Xunta Directiva. • O equipo pon entón todos os medios necesarios para volver á competición na Liga do Val Miñor (que retornaba), e, poucos anos despois na liga de modestos de Vigo. 3.- En xuño de 2010, o Coruxo logra en A Roda (Albacete) o histórico e anhelado ascenso a 2ª división B, co que xogará por primeira vez na súa historia na categoría de bronce do fútbol español. 4.- Recibe o Premio Provincia de Pontevedra, no apartado de Deportes, por devolver o entusiasmo a unha cidade, e a un dos seus barrios máis senlleiros, Coruxo, logo de máis de 80 anos de coraxe, entrega e ilusión. Por manter vivas as esperanzas dos máis pequenos e por inscribir con letras de ouro o seu nome entre os máis grandes. JUAN JOSÉ GARCÍA COTA (1966, A Estrada) 1.- Médico da selección española absoluta de fútbol, campiona de Europa e do Mundo. Compaxina a súa labor como galeno do RC Celta de Vigo dende 2008. • Herdeiro da tradición doutro ilustre da medicina deportiva, Genaro Borrás, quen compaxinou tamén a súa labor como médico do Celta coa de responsable da selección, ata a chegada de Luis Aragonés. 2.- Nacido en 1966, ten coñecido case todos os cargos posibles dentro do fútbol e do deporte. Foi xogador do Estradense e posteriormente chegou a ser presidente do propio club. - A súa carreira como médico a iniciou no equipo de balonmán do Teucro de Pontevedra, de xeito case accidental, de aí daría o salto ó Pontevedra CF. - Estando en el club granate fichou pola selección nas categorías inferiores. En 2008, ficharía polo Real Club Celta de Vigo e, coa chegada de Vicente del Bosque, comezaría a súa andaina como médico da selección absoluta. - Na súa traxectoria polas categorías inferiores da selección coincidira con varios dos xogadores que se acaban de proclamar campións do mundo: Fernando Torres e Iniesta, entre outros, medraron ó seu carón como persoas e como futbolistas. - A súa relación coa Federación española de fútbol ven de lonxe, xa que leva 10 anos en distintas categorías da selección española. Dende os Sub-15 ata a absoluta. XUSTIFICACIÓN: Pola súa indispensable contribución ó éxito acadado pola selección española de fútbol, campiona do mundo e de Europa en só dous anos que cambiarán o rumbo da historia do fútbol, e por colaborar co seu exemplo de humildade, nobreza e compañeirismo a acadar un excelente ambiente no vestiario da mellor selección do mundo. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA (EMPRESAS) EMILIO CASTRO MONTENEGRO (PÓRTICO SA) 1.- Historia e datas de expansión de Pórtico SA: • En 1965 nace en Vigo como un proxecto detallista local do máximo nivel de calidade e prestixio. • En 1994 inicia a súa actividade maiorista, baseada na importación e venta de produtos de decoración e regalo a outras tendas de España e Portugal. Este proxecto deriva da necesidade de competir nun mercado cada vez máis global e esixente. • En 1995 abre a primeira tenda de Pórtico Básico, como unha idea xoven e desenfadada de decorar unha vivenda sen necesidade de hipotecarse de por vida. • En 1997, Pórtico abre a súa actual sede central no polígono de Arrufana, en Mos. Ten unha superficie de 50.000 metros cadrados e neles recibe máis de 5.000 contenedores de mercancías anuais e move máis de 20 millóns de unidades de artigos. • En 1998, nace a liña Milenio Cosas de Casa como un xeito novo de expoñer produtos de regalo en pequenas tendas que operan en poboacións de menos de 50.000 habitantes. • En 1998, abriu a primeira tenda de La Nave de Pórtico, un espazo comercial para expoñer coleccións de mobles en naves industriais ás aforas das grandes cidades. • En 1999, abriu a primeira tenda en Portugal e a primeira en Iberoamérica, iniciando así a expansión internacional da marca. Hoxe ten 47 tendas en Galicia; 6 en Madrid; 6 en Portugal; 13 en Venezuela; 4 en Uruguay; 3 en Chile, Costa Rica e República Dominicana; 2 en El Salvador e Honduras; e 1 en Nicaragua. 2.- Datos da empresa Pórtico SA • O seu propietario e conselleiro delegado é Emilio Castro Montenegro, un claro exemplo da internacionalización do comercio minorista galego e un home con inquedanzas e sensibilidade cultural e medioambiental (é moi aficionado á fotografía de temática de natureza). • A súa nave central no polígono de Arrufana, en Louredo-Mos, tén unha superficie de 50.000 metros cadrados. Neles recibe máis de 5.000 contenedores de mercancías anuais e move máis de 20 millóns de unidades de artigos. • O seu catálogo de produtos supera as 12.000 referencias e é renovado ó 50% cada ano. • As súas marcas comerciais son: Pórtico Interiorismo, Pórtico Básico, Milenio Cosas de Casa, La Nave de Pórtico. • Dende 1992, Pórtico multiplicou por 100 a súa cifra de negocio. Hoxe ten máis de 100 tendas propias ou asociadas no mundo. Na empresa traballan máis de 1.200 persoas cunha idade media de 30 anos, tanto en España como no resto do mundo. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA (LABOR SOCIAL) ASOCIACIÓN JUAN XXIII • Directora: María Teresa Fernández Cabaleiro • Asociación sen ánimo de lucro para a promoción e o desenvolvemento integral das persoas con discapacidade intelectual. • Na actualidade, os distintos centros da asociación atenden a 179 persoas con discapacidade intelectual, procedentes de 19 municipios, abarcando 40 Km. á redonda. • Presta servizo a unha gran diversidade de patoloxías, en diferentes graos de minusvalía. • Dispón de Centros Educativos, Ocupacionais, de Día e de Emprego. - 1968: a Asociación Juan XXIII foi constituída o 14 de xuño de 1968 grazas á iniciativa dun grupo de persoas totalmente altruístas. As actividades se iniciaron con 18 nenos repartidos en 3 aulas de Educación Especial. - Servizos:  2 Centros de Educación Especial (en Pontevedra e Marín). Dirixidos a persoas en idade escolar. Centra as súas actividades en preparar ós alumnos para que o día de mañá teñan o mellor nivel posible de desenvolvemento persoal e social.  2 Centros Ocupacionais para Adultos (en Pontevedra e Cangas). Estes centros favorecen o desenvolvemento persoal e social a través do traballo en diferentes talleres.  2 Centros de Día e de Atención Especializada (Pontevedra e Cangas). Atenden a persoas que precisan máis axuda e apoios. Nestes centros se programan actividades para mellorar a autonomía persoal e social que lles axuden a ser máis independentes. Tamén traballa a actividade física.  Servizo de Vivenda Tutelada (Pontevedra): neste servizo as persoas con discapacidade aprenden a organizar unha casa ó tempo que disfrutan de momentos de ocio con outros compañeiros. Ó mesmo tempo, isto permite dar un tempo de respiro ás familias das persoas con algunha discapacidade.  Centro de Emprego: dirixido a potenciar o emprego e a formación laboral de persoas con discapacidade. A súa finalidade é conseguir a súa inclusión plena na sociedade, a través de actividades como a xardinería, quioscos, servizos varios de mantemento e limpeza… - Outros servizos: pedagoxía, ocupacional, psicomotricidade, psicoterapia, logopedia, hidroterapia, fisioterapia, traballo social, comedor, club deportivo, transporte e fundación para o emprego. - Atención especializada: aínda que os centros acollen a persoas con moi distintas minusvalías, un dos seus obxectivos é ofrecer unha atención especializada e adaptada a cada necesidade. - Dobre obxectivo (cuantitativo e cualitativo): a asociación naceu co obxectivo de ofrecer o máximo número de persoas con minusvalía un lugar adecuado no que desenvolverse (cuantitativo); na actualidade, aínda que ese obxectivo segue vixente, faise especial fincapé na calidade do servizo (cualitativo). - Principios básicos da entidade:  A persoa ten valor por encima das súas limitacións e pode progresar cos apoios adecuados  A calidade é un compromiso ético que emana dos dereitos das persoas con discapacidade.  A satisfacción persoal dos usuarios guía todas as nosas accións.  entorno e a familia son esenciais para a inclusión social. - Subvencións/recoñecementos concedidos pola Deputación:  2007: subvención de 2.100 € para un Proxecto de Sensibilización.  2008: 1º Premio Carmen Ferro, na categoría de inserción socio-laboral de persoas con discapacidade polo proxecto “Enseñando a convivir, ayudamos a trabajar”.  2009: 4.500 € para o proxecto “CAPACITA” de Inserción á xardinería, de 196 horas de duración.  2009: asfaltado do patio do Centro de Pontevedra. XUSTIFICACIÓN: pola súa indispensable laboura na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade; polo seu traballo en pro da plena integración na sociedade destes compañeiros; polo fomento do emprego neste eido; polo seu apoio incansable e personalizado ás persoas discapacitadas; pola ardua tarefa de sensibilización cidadá sobre a potencialidade deste colectivo que leva desenvolvendo desde os albores da asociación. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA (TURISMO) RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO NA PERSOA DE DONA PALMIRA MOREIRA ALVAREZ- ALOITADORA 1.- A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha festa que ten a súa orixe no século XVI cando unha peste azotaba a comarca. Dúas irmáns ofreceron dous cabalos ó santo local, San Lourenzo, se as protexía do mal. Así foi, e deronllas ó cura, que as ceibou no monte e, co paso do tempo, fóronse multiplicando. O escritor Manuel Cabada Castro documentou ben esta historia no libro (A Rapa das Bestas de Sabucedo, historia e antropoloxía dunha tradición). 2.- É a Rapa máis singular e ancestral de Galicia, pois sigue utilizando os códigos tradicionais dende a Idade Media: os cabalos captúranse no monte, báixanse á aldea e para rapalos non se utilizan máis armas que o propio corpo e a forza do aloitador (e, dende fai poucos anos, da aloitadora). Logo, soltanse de novo, libres, no monte. • O xeito de actuar e de loitar herdouse de xeración en xeración: dous aloitadores van á cabeza e un ó rabo. Un dos que vai á cabeza é o que salta enriba da besta e cabalga sobre ela. • Hai unha épica, unha loita de igual a igual con iguais armas 3.- A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha imaxe de marca, un logotipo, un valor engadido de A Estrada e do turismo cultural, antropolóxico, de aventura, de natureza e de festa, enraizado no ser profundo de Galicia. É unha tradición histórica que hai que potenciar e poñer en valor. É un valor cultural, medioambiental, etnográfico e turístico. • A Festa ten ten declaración de Interese Turístico Internacional e cultural. O feito supón un alto interés pois o turismo de motivacións culturais move o 40% das viaxes que se efectúan no mundo. • A xente, a sociedade, os turistas, queren, cada vez máis, feitos e obxectos que os transporten á unha cultura, que transmitan unha cultura, un xeito de ser xenuíno e singular, auténtico. 4.- Palmira Moreira Alvarez, a muller homenaxeada este ano cos Premios Provincia de Pontevedra, representa ese espíritu tradicional e ancestral da Rapa das Bestas de Sabucedo. • Naceu na propia parroquia de Sabucedo (A Estrada) en 1914. • En tempos da Guerra Civil, Palmira Moreira e outras mulleres de Sabucedo, como a maioría dos homes do pobo estaban no fronte, mantiveron o rito da Rapa: foron ó monte, baixaron as bestas e as raparon no curro. Para facer a rapa, separaron os cabalos das bestas, fixeron unhas mangas de madeira (unha especie de embudo por onde se fan pasar as bestas) e raparonas unha a unha. Gracias a esas mulleres a Rapa das Bestas de Sabucedo tivo continuidade. Os aloitadores da Rapa de Sabucedo son héroes locais, estirpes que transmiten de xeración en xeración unha cultura ancestral, rural, galega….Familias enteiras de Sabucedo e do entorno teñen sona de grandes aloitadores e, ó tempo, transmiten e conservan un xeito de ser, de andar, de vivir… Palmira Moreira é unha abandeirada dese espíritu e da plena incorporación das mulleres ó ritual ancestral que supón a Rapa das Bestas de Sabucedo. 4.- Palmira Moreira foi unha pioneira, unha muller que conservou unha señeira tradición galega. No mundo rural e campesiño, do que todos procedemos, a muller foi sempre o piar fundamental. • Porque o rural galego é matriarcal e, a pesar do tempo pasado e das melloras acadadas, aínda non se lle deu o recoñecemento merecido ó esforzo que as mulleres fixeron para que a nosa sociedade minifundista e de lugares non desaparecese. Para que non desaparecese a nosa cultura, o noso sistema de valores, sempre baseado na dignidade que elas, sobre todo elas, souberon transmitir. Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos. Mulleres que traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos da terra, cruzando os montes nos chuviosos días de inverno, lavando a roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata os osos, cociñando ricas comidas co pouco que tiñan...Mulleres que traballaban fora e dentro da casa, usando a gadaña e o fouciño nas tarefas agrícolas coas mesmas máns con que acunaban os fillos con un canto de berce ó calor da lareira. Mulleres que todo o facían cantando, que o daban todo polos demais. Mulleres fortes e dignas, erguidas e dereitas. Mulleres que viron partir ós seus homes e fillos á emigración, á guerra, ós traballos. Que foron o sostén da casa e esperaron días e días e anos e anos polas cartas que traguían noticias de América, de Alemania, do mar...Mulleres que deron a súa vida polos seus seres queridos, pola súa terra, polos seus fogares... • ¡Qué sería do rural galego sen a muller labrega, nai, avoa, sempre disposta a ollar cara adiante en tódolos tempos e contra tódolos impedimentos!. Eu quero, dende aquí, facerlles chegar o meu recoñecemento e o meu recordo, a miña máis sinxela e sincera homenaxe. E agardo que algún mozo escritor escriba as que serían o xusto recoñecemento á súa abnegada e transcendental laboura. • Non se constrúe o futuro senón dende o pasado que chega ó presente. Dende ese pasado de dignidade, de traballo, de fortaleza, de amor ás cousas ben feitas e de rectitude moral, que as nosas nais, as nosas avoas que, como Palmira Moreira, souberon preservar e transmitir. 20.18417.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN XEOGRAFÍA CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado/a en Xeografía, con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 3.183069 adoptado o día 16 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta Bolsa á aspirante que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na base sexta das bases: “ BENEFICIARIA AGUIAR MARTIÑO VANESSA Así mesmo, proponse para o caso de renuncia ou incompatibilidade a: D. López Wilkes, David A dotación económica é de 1.200,00 €/mes , con efectos 1 de agosto de 2010 e por un período de seis meses, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 332.330.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute de esta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. Así mesmo, de acordo có informe emitido por Intervención de data 1 de xuño de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto non existe crédito dispoñible para o importe mencionado, existindo no obstante a nivel de vinculación xurídica, quedando retido para tal fin por medio de documento RCC, número de operación 201000045837”. 21.18418.- ADXUDICACIÓN DE TRES BOLSAS DE LICENCIADOS EN HISTORIA CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de tres Bolsas de Licenciados/as en Historia, con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 3.183069 adoptado o día 16 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas Bolsas ós aspirantes que se relacionan a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na Base Sexta das Bases: “ BENEFICIARIOS GAGO GARCÍA BRAVO JOSÉ GARCÍA GARCÍA JORGE PAVÓN GUEDE SABELA Así mesmo, propóñense suplentes, para o caso de renuncia ou incompatibilidade, pola seguinte orde: 1º.- ARCA SOMOZA SILVIA 2º.- UCHA FERNÁNDEZ ANÍBAL A dotación económica é de 1.200,00 €/mes por beneficiario, con efectos 1 de agosto de 2010 e por un período de seis meses, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 332.330.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute de esta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. Así mesmo, de acordo có informe emitido por Intervención de data 1 de xuño de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto non existe crédito dispoñible para o importe mencionado, existindo no obstante a nivel de vinculación xurídica, quedando retido para tal fin por medio de documento RCC, número de operación 201000045834”. 22.18419.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON BENIGNO PÉREZ PAZO POR DANOS EN MOTOCICLETA DA SÚA PROPIEDADE NA AVDA DE LUGO, NO CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO Dada conta que con data de rexistro de 08/06/09 (rex. núm. 022987) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Benigno Pérez Pazo, con enderezo a efecto de notificacións na Avda. Gran Vía 178-1º Esq. no Concello de Vigo, por danos na motocicleta da súa propiedade, producidos por unha caída provocada por un escalón lateral no centro da calzada, polas obras de renovación da capa de rodadura da citada estrada, na data 15/11/08 e que individualiza economicamente en 3.916,26 €. Resultando.- Que con data 09/06/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 12/06/09 co seguinte contido: “…Primero. La que denominan en el escrito de la reclamación Avda. de Lugo está incluida en la E.P. 1001 Cangas-Coiro de titularidad provincial. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de un escalón en la calzada sin señalizar”, en fechas anteriores al que es objeto del presente informe. Tercero. La carretera provincial 1001 Cangas-Coiro se encontraba en obras en la fecha del accidente (15 de noviembre de 2008), siendo las mismas ejecutadas por la empresa Pavimentos de Meaño S.L.; la presencia del escalón vendría motivada porque dicha empresa estaba renovando la capa de rodadura del vial, procediendo primero a actuar sobre uno de los carriles de circulación- cuyo asfalto en ese momento queda más elevado- y posteriormente sobre el otro, todo ello para no tener que cerrar el vial al tráfico rodado. Cuarto. No obstante lo anterior, a la vista del atestado levantado por la Policía Local de Cangas, es preciso resaltar las siguientes cuestiones: a) El tramo del vial en el que se produce el siniestro se encontraba en OBRAS con la presencia, al menos de las siguientes señales: TP-18 Obras: peligro por la proximidad de un tramo de vía en obras. TR-301- Velocidad máxima 40 Km/hora: prohibición de circular a velocidad superior, en kilómetros por hora, a la indicada en la señal. En este punto es preciso recordar que la señalización de una carretera en obras tiene por objeto modificar el comportamiento del usuario para que éste lo adapte a una situación no habitual representada por dichas obras y sus circunstancias específicas; en este sentido dispone el artículo 19 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1190, de 2 de marzo que “Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos- en el presente supuesto 40 Km/hora- y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características de la vía y su estado- en el momento del accidente en OBRAS- del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación- el atestado habla de hora nocturna, luminosidad escasa y MALA visibilidad- y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse” b) Según el relato de los hechos reflejado en el atestado, el accidente se produce “… cuando el piloto de la motocicleta rebasa a un vehículo que se encontraba parado y cuando intenta volver a su carril de circulación se encuentra con el escalón lateral, por lo que perdió el control de la motocicleta, cayendo al suelo, arrastrándose por la calzada unos 16 metros…”, relato del que se pueden extraer las siguientes conclusiones: 1. El conductor de la motocicleta realiza un adelantamiento en un tramo en obras, mala visibilidad y escasa iluminación 2. A consecuencia de la caída la motocicleta se arrastra a lo largo de 16 metros, dato que pondría de manifiesto que la velocidad a la que circulaba el relamante no era la más adecuada para un tramo de carretera en obras, con mala visibilidad y limitación de 40 Km/hora. Quinto. Por último señalar que, sin perjuicio de lo dispuesto en los párrafos anteriores, la responsabilidad de la correcta señalización de las obras correspondería a la empresa adjudicataria de las mismas, tal y como señala el artículo 57 de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo y el artículo 198 de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público. Resultando.- Que con datas 17/06/09, 18/09/09 e 30/10/09 e co fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación a mercantil PAVIMENTOS DE MEAÑO S.L. para que puidera comparecer coma interesada, contestando en escrito de data 06/09/10 co seguinte contido literal: “… La obra se encontraba en su momento durante la ejecución de pavimentación y fresado del pavimento señalizado con las señales verticales de obra de velocidad limitada a 20 km/h en el centro de Cangas, así como a 40 km/h en tramos urbanos, además de señalización vertical de carretera en obras y carretera sin pintar. Los informes de prevención presentadas por la Consultora de Prevención Darzal se señala que la carretera se encontraba señalizada correctamente. Las medidas de seguridad adoptadas cumplen la Normativa vigente, estando contempladas en el Plan de Seguridad y Prevención aprobado para la ejecución de la obra. Por lo que la Empresa adjudicataria Pavimentos de Meaño concluye: Que cumpliéndose la Normativa vigente en Señalización de obras, la obra cuenta con todas las medidas requeridas en el momento de su ejecución, estando expuesta la señalización y perfectamente visible para la circulación dentro de la obra. Siendo la zona en laque supuestamente se produce el accidente una zona urbana y teniendo una limitación de velocidad de 20 km/h, por lo que consideramos que a esa velocidad no se ocasionan daños ni caídas, siempre que se respecten las limitaciones de velocidad establecidas en ese momento. Además añadimos en relación al escalón mencionado en la reclamación que el fresado por medios mecánicos llevado a cabo en el vial era de 5 cm de espesor como se puede ver en el proyecto de la obra y como la Dirección de la obra indicó en su momento, con la consiguiente reposición de la capa de rodadura. No consideremos responsabilidad de la empresa Pavimentos de Meaño S.L., que no se respeten las limitaciones de señalización de obra expuesta en la misma, por lo que insistimos que debido a que el tramo donde supuestamente se produce el accidente, es delante del Auditorio siendo esta zona urbana, teniendo limitación de velocidad de 20 km/h durante la ejecución de la obra lo que consideramos que no se respetó en el momento del accidente.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, e isto polos seguintes argumentos: a) Estrada en obras sinalizada dabondo (véxanse informes do Servizo de Infraestruturas e empresa adxudicataria do contrato). b) Quebrantamento do condutor da motocicleta do artigo 45 do RD 1428/2003 de 21 de novembro polo que se aproba o regulamento xeral de circulación e que literalmente di: “ …Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológica, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse.” c) Coñecemento do estado da vía por parte do condutor pois e veciño de Cangas do Morrazo, exactamente o seu enderezo atópase na rúa Freixo 41, aproximadamente a un quilómetro e cincocentos metros de distancia do punto do accidente, a escasos cinco minutos. d) Non houbo máis accidentes pola mesma causa Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación 23.18420.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN PARCIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DE POIO Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Poio, de data 25 de mazo de 2010 (rexistro de entrada núm. 11917, de data 26/03/10), sobre o Plan Parcial do Parque Empresarial de Poio, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Director de Infraestruturas do Servizo de Vías e Obras, de data 16 de xullo de 2010, no que manifesta, entre outros: “1. ANTECEDENTES Con fecha 23 de marzo de 2010 tiene entrada en registro de la Diputación la “SEPARATA RELATIVA AL PLAN PARCIAL DEL PARQUE EMPRESARIAL” remitida por el Concello de Poio, al objeto de emisión de informe por parte de este Organismo. Este informe se realiza en el ámbito de competencias de la Diputación Provincial por la afección que se produce sobre la red viaria perteneciente a este Organismo. 2. DESCRIPCIÓN DE LA ACTUACIÓN Y SOLUCIÓN PROPUESTA El proyecto promovido por XESTUR PONTEVEDRA, se refiere al PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE E INDUSTRIAL Nº 1 (SUZI-1), situado en el Concello de Poio, de una superficie aproximada de 400.000 m². El ámbito del sector limita: - Al norte con carreteras municipales - Al sur con el núcleo rural de Fragamoreira y con suelo rústico. - Al este con carreteras municipales. - Al oeste con la vía de alta capacidad V.R.G. 4.8 y con suelo rústico del término municipal de Pontevedra. En el punto 3.2 apartado a) “DELIMITACIÓN DO EIDO”, el documento dice textualmente: “o eido do presente Plan Parcial comprende o eido do SUZI-1, delimitado no PXOM de POIO, cos reaxustes introducidos polo presente Plan Parcial (ver apartado 5.4.2 da presente memoria)”. Analizado el citado punto 5.4.2, entre otros reajustes, se hace referencia al que se produce en la zona que es colindante a la vía de alta capacidad por la línea de expropiación de la misma y por la parcela de una vivienda unifamiliar existente por estar afectada prácticamente la totalidad de la parcela. En los planos que se adjuntan: - 1.7 : Infraestructura de comunicaciones - 11.3: Parcelario indicativo Se observa lo siguiente: A) El reajuste es la delimitación del ámbito hace coincidir el límite oeste del mismo con la carretera provincial E.P. 0603 C-550 –MUIÑO-CAMPAÑÓ, en el tramo que le afecta. B) En la reordenación de acceso al polígono en este punto, se contempla la construcción de una glorieta de 36 m de diámetro que canalizaría todo el tráfico que desde la V.R.G. 4.8 y a través de la carretera provincial anteriormente citada, accederá al polígono a través del vial interior V-1. C) Exista 2 conexiones mas de los viales interiores del polígono (V-2 y V-10) con la red de caminos municipales que no afectan a la red provincial. D) La denominación de las carreteras E.P. 531, E.P. 310 es incorrecta, deberá ser PO 531 y PO 310. A la vista de lo anteriormente expuesto, se emite el siguiente INFORME 1.- La conexión del Parque Empresarial de Poio con el sistema viario se realiza a través de la E.P 0603 C-550, MUIÑO-CAMPAÑO que conecta con la V.R.G. 4.8 y de aquí a través de la PO-531 conecta con la AP-9. 2.- Para regular el enlace del V-1 (vial principal del parque empresarial) con la carretera provincial, se proyecta una glorieta de 36 metros de diámetro. 3.- Desde esta glorieta, el tráfico discurrirá por la E.P. 0603, a lo largo de un tramo de la misma de 190 m. hasta conectar con otra glorieta ya existente del mismo diámetro que la poyectada y desde aquí accederá de forma directa a la V.R.G. 4.8. 4.- La glorieta proyectada tiene capacidad suficiente para absorver el tráfico generado por la actividad del Parque Empresarial. 5.- El tramo de E.P. 0603 que conecta con la V.R.G. 4.8 posee en la actualidad 2 carriles de 3 m. de anchura por lo que será recomendable que este tramo (el que enlaza las 2 glorietas) tuviese al menos 9 m. de calzada (2 carriles de 3,50 m. y 2 arcenes de 1 m.). 6.- Deberá impedirse la circulación de vehículos pesados en sentido Muiño (núcleo urbano) por no tener anchura ni capacidad suficiente para soportar este tráfico. Del mismo modo y en la medida de lo posible deberá limitarse también el tráfico ligero generado por la actividad del polígono. 7.- Se informa favorablemente a los efectos de afección sobre la red provincial, la solución propuesta.” A Xunta de Goberno acorda unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Poio. 24.18421.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 20 de xullo de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 20010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201000000801 e que contén vinte e unha facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.L., por importe de 2.759,21 € e a derradeira de Planitec, S.L., por importe 3,87 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 56.937,25 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 56.937,25 € 25.18422.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BUEU PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE LAXES (BELUSO) A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte de base pretende instalar campos de herba artificial en diversos Concellos, o que mellorará e ampliará as infraestruturas deportivas da Provincia. Considerando os arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que sinala que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello e Bueu para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de Laxes en Beluso. Vistos, así mesmo, os informes emitidos polos Sres. Secretario e Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Bueu para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de Laxes, en Beluso. Facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do Convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE BUEU PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE LAXES, BELUSO No Pazo Provincial, a de 2010 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E Don Felix Juncal Novas, Alcalde-Presidenta do Concello de Bueu, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os Convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da Provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os Concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade, etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente Convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Laxes (Beluso), no Concello de Bueu. O proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. Segunda.- O importe do proxecto ascende a contía de 498.678,48 euros que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 10/922.342.652.09.2009 do orzamento provincial. Terceira.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a dirección das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira, podendo nomear o Concello un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, que non formará parte da súa dirección. Cuarta.- O Concello de Bueu comprométese as seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras comprendidas neste proxecto a cantidade de 124.000,00 euros, financiándose dita cantidade en dúas anualidades. O Concello obrígase a ingresar na Deputación, unha vez formalizado o correspondente Convenio e antes do comezo das obras a anualidade 2010, un importe de 62.000,00 euros, e a restante cantidade por importe de outros 62.000,00 euros, dentro do primeiro trimestre do ano 2011, nos prazos de pago que se sinalan na liquidación que se notifique. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. 2.- Realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente, por un Técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes. 3.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo podan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días o ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 4.- Dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste Convenio. Quinta.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores. Sexta.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial farase entrega ó Concello, mediante a formalización dunha acta de entrega. Coa finalidade de evitar o deterioro que co uso poida sufrir o terreo de xogo, o mantemento e conservación do céspede levarase a cabo, conxuntamente, entre a Deputación e o Concello. A Deputación aboará a man de obra e a maquinaria necesaria para elo, debendo o Concello os custos dos materiais de reposición necesarios, (caucho, area, bandas de marcase, equipamentos, etc.). Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente protocolo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava- O presente Convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. A vixencia do presente Convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo RDL 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do Convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Bueu, Asdo. Felix Juncal Novas” 26.18423.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DA SUBMINISTRACIÓN, INSTALACIÓN, POSTA EN MARCHA E MANTEMENTO DUN SISTEMA INTEGRAL DE SEGURIDADE PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 14 de outubro de 2009, prestou aprobación o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo provincial de Pontevedra, cun orzamento de 650.000,00 euros. O anuncio da convocatoria pública de licitación efectuouse no Diario Oficial da Unión Europea, con data 14 de outubro de 2009, publicándose, así mesmo, no Boletín Oficial do Estado e no da Provincia, este último con data 23 de outubro de dito ano. Á proposta da mesa de contratación, a Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 12 de maio de 2010, adxudicou provisionalmente este procedemento á empresa Sistemas de Seguridade A-1, S.L., por un importe de 425.600,00 euros, máis 68.096,00 euros correspondentes ó IVE. Constituída a garantía correspondente, por acordo da Xunta de Goberno de data 2 de xuño de 2010, adxudicouse definitivamente este procedemento. A empresa formalizou contrato con data 3 de xuño de 2010. O responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías pon de manifesto que na execución deste proxecto xurden unha serie de causas non previstas, que é necesario afrontar para o desenvolvemento integral do mesmo, polo que é necesario levar a cabo unha serie de actuacións que obrigan á modificación do contrato. O total destas modificacións ascende á contía de 65.128,06 euros, que supoñen o 12,96 % do prezo de adxudicación. O importe pode financiarse con cargo á aplicación 10/432.451.623.01. De conformidade co previsto no artigo 202 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do Sector Público, unha vez formalizado o contrato, só se poderán introducir modificacións do mesmo por razón de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente correspondente. Estas modificacións son obrigatorias para o contratista, sempre que non supoñan unha modificación superior ó 20% do prezo primitivo do contrato ou representen unha alteración substancial da prestación inicial, artigos 272 e 275,c. Na proposta formulada, queda posto de manifesto o interese público desta necesidade e as causas imprevistas, non supoñendo, nin pola súa contía nin polo seu contido, alteración substancial do contrato, podendo prestarse aprobación á modificación proposta existindo consignación orzamentaria para facer fronte a este gasto. Vistos estes antecedentes, e os informes dos Servizos de Contratación, Secretaría e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar aprobación á modificación do contrato do subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra, formalizado coa empresa Sistemas de Seguridade A-1, S.L. con data 3 de xuño de 2010, por un importe de 55.193,27 euros, máis 9.934,79 euros correspondentes ó 18% do IVE. A empresa adxudicataria deberá constituír garantía complementaria por un importe de 2.759,66 euros. 27.18424.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº2 DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para a construción do novo Campo de Fútbol de Pasarón e o Complexo Deportivo de A Parda, establecéndose para o Campo de fútbol o seguinte financiamento: CONSELLERÍA 270.000 € DEPUTACIÓN 4.500.000 € CONCELLO 3.750.000 € TOTAL 8.520.000 € De conformidade co establecido na cláusula terceira do convenio a Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 10 de marzo de 2006, aprobou o proxecto e o expediente para a contratación, mediante concurso por procedemento aberto, da realización das obras do Campo de Fútbol de Pasarón, sendo publicado no Diario da Comunidade Europea, no Boletín Oficial do Estado, nos da Provincia e da Comunidade Autónoma. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2006, adxudicou o concurso a empresa Oreco S.A. polo prezo de 7.237.740,00 euros. No desenvolvemento das obras xurdiron necesidades novas, como a prolongación da cuberta inicialmente prevista para cubrir totalmente a bancada e evitar así as inclemencias do tempo, o que obrigou a un cambio da sección das vigas metálicas e en consecuencia un recálculo da estrutura de formigón . Por causas imprevistas houbo que realizar diversas obras, como consecuencia da compatibilización do uso do estadio co desenvolvemento do campionato ligueiro, traslado dun centro de transformación de Unión Fenosa situado na bancada de preferencia, etc. Estas situacións imprevistas ou necesidades novas obrigaron a redacción dun proxecto modificado que ascendeu a contía de 12.980.000,12 euros, o que supuxo un incremento con respecto o tipo de licitación de 4.460.000,12 €, sendo financiado o 50% entre o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial ,subscribindo para elo unha adenda o convenio. A construción do novo estadio desenvolveuse en tres fases: a primeira foi a construción das gradas de norte e sur, a segunda a grada de tribuna e a terceira e última a de preferencia. Como consecuencia das incidencias xurdidas o prazo de construción prorrogouse ata o 15 de setembro de 2010. No desenvolvemento das obras das fases 2ª e 3ª, Tribuna e Preferencia, xurdiron, dun lado necesidades novas e doutro circunstancias non previstas que obrigan ós técnicos á redacción do modificado nº 2. A memoria xustificativa explica con todo deteñemento os motivos que obrigaron á redacción deste novo proxecto modificado, en concreto ós relativos a traslado da sala de prensa, modificación da distribución prevista nos palcos vips, melloras en vestiarios e locais anexos, reforzo nas cubertas, modificacións nos pechamentos exteriores, introdución de novos equipos para cumprir as esixencias de protección contraincendios, adecuación do terreo de xogo, etc… O importe deste proxecto modificado ascende á contía de 1.444.686,61 euros. A Lei de Contratos das Administracións Públicas, pola que se rexeu a contratación destas obras, permite no seu artigo 101 as modificacións do contrato sempre que sexan debidas a necesidades novas ou causas imprevistas. Na proposta de proxecto modificado quedan xustificadas estas necesidades novas, e as causas imprevistas que, de conformidade co previsto no artigo 59 da LRLCPA, permiten dentro das prerrogativas da Administración modificar o contrato subscrito coa construtora Oreco, S.A. Os servizos técnicos da Deputación en cumprimento do establecido no artigo 101.3 do Regulamento Xeral de Contratos da Administración Pública supervisaron o proxecto modificado. O importe do proxecto modificado ascende á contía de 1.444.686,61 euros, que supón un incremento sobre o orzamento de adxudicación do 19,96%. Para facer fronte a este gasto existe consignación na aplicación 10/340.342.65.202.2009. Os Técnicos non propoñen ampliación de prazo e a empresa mostra a conformidade co proxecto modificado. Vistos os informes de contratación e intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.-Prestar aprobación ó proxecto modificado nº 2 do campo de fútbol de Pasarón, por un importe de 1.444.686,61 euros. 2.-Adxudicar o proxecto á empresa construtora Oreco, S.A. 3.-A empresa adxudicataria deberá constituír unha garantía por importe de 57.787,46euros. 28.18425.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición