ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/09/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-09-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/09/15_Ordinaria

  • Data(s) 2010-09-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día quince de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D.Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada Dona Mª Teresa Pedrosa Silva. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18518.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 8 de setembro de 2010. 2.18519.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE AGOLADA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº1/1111 DENOMINADA “SANEAMENTO EN VAL E CARMUEGA” Dada conta da solicitude de aboamento da certificación núm. un/final remitida polo Concello de Agolada correspondente ó investimento nº 1/1111, denominado “Saneamento en Val e Carmuega”, incluído no Programa de obras de saneamento e abastecemento de augas en pequenos núcleos rurais (PSA)/06-08, anualidade 2008, á vista dos informes emitidos polos servizos de infraestruturas e da intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga por importe de corenta e sete mil cento noventa e oito euros con vinte e un céntimos (47.198,21€), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar o pagamento da cantidade de corenta e sete mil cento noventa e oito euros con vinte e un céntimos (47.198,21€), con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.161.762.45.2008 como pago da subvención concedida ó Concello de Agolada no PSA/06-08, anualidade 2008, para a realización do investimento núm. 1/1111 denominado “Saneamento en Val e Carmuega”. 3.18520.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PSA/06-08, ANUALIDADES 2007 E 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº132-33/1062 DENOMINADA “SANEAMENTO NA FREIXA” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un/final remitida polo Concello de Ponteareas correspondente ó investimento nº 132-33/1062, denominado “Saneamento na Freixa”, incluído no Programa de obras de saneamento e abastecemento de augas en pequenos núcleos rurais/06-08, PSA/06-08, anualidades 2007 e 2008, á vista dos informes emitidos polos servizos de infraestruturas e da intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga por importe de cincuenta e tres mil seiscentos vinte e sete euros con vinte e catro céntimos (53.627,24€), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar o pagamento da cantidade de cincuenta e tres mil seiscentos vinte e sete euros con vinte e catro céntimos (53.627,24€), con cargo ás aplicacións orzamentarias 10/942.161.762.45.2007 e 10/942.161.762.45.2008, como pago da subvención concedida ó Concello de Ponteareas no PSA/06-08, anualidades 2007 e 2008, para a realización do investimento núm. 132-33/1062 denominado “Saneamento na Freixa”. 4.18521.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE CRECENTE, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2010 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación solicitado polo Concello de Crecente, da Actividade nº 419 “Torneo fútbol sala Vila de Crecente”, cunha subvención de mil euros (1.000,00 €), para a actividade nº2960 “Festa do Visitante”, cun orzamento de mil tres euros (1.003,00 €) e unha subvención de mil euros (1.000,00 €), con cargo ó Programa de Acción Municipal 2010, Sección Actividades, partida 10/942.942.462.00, e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiar o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída sa súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro do 2011, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. 5.18522.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CANGAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002369, DENOMINADA “HUMANIZACIÓN DA RÚA FOMENTO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002369, denominado “Humanización da rúa Fomento” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención no que de oficio e, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cangas con CIF núm. P3600800A, a cantidade noventa e catro mil oitocentos sesenta e sete euros con trinta e seis céntimos (94.867,36 €), para a realización do investimento núm. 2009002369, denominado “Humanización da rúa Fomento”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 94.867,36 euros Polo que, a pesares da súa tramitación anticipada prevista no artigo 94.2 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.18523.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES NOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración de “Festa da Bicicleta e Marchas Populares” nos seguintes Concellos: COVELO 15/08/2010 FESTA DA BICICLETA PONTECESURES 04/09/2010 FESTA DA BICICLETA MOAÑA 12/09/2010 FESTA DA BICICLETA SILLEDA 18/09/2010 FESTA DA BICICLETA MARÍN 19/09/2010 FESTA DA BICICLETA REDONDELA 25/09/2010 FESTA DA BICICLETA 7.18524.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JESÚS PAZ DOMÍNGUEZ, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 9002 FEFIÑANES-OUBIÑA (CAMBADOS) Dada conta que con data de Rexistro 04/05/10 (nº 018551) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Jesús Paz Domínguez, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Cristino Álvarez, 1-3ª Planta da Coruña, por danos producidos no vehículo da súa propiedade, modelo Seat León, matrícula 8116 FCS, a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 9002 Fefiñanes- Oubiña o 26/02/10 e que cuantifica economicamente en 344,44 €. Resultando.- Que con data 29/06/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, que o emitiu en data 05/07/10 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 9002 Fefiñanes-Oubiña pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros siniestros provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. No obstante lo anterior sí se tuvo constancia de la presencia de un bache en el firme de la carretera provincial 9002, a la altura del punto kilométrico 3+500, ya que el mismo fue reparado por la brigada de la zona días después del accidente, una vez detectado por el servicio de vigilancia de las carreteras provinciales. El bache en cuestión, con una profundidad de entre 10-15 centímetros según informa el capataz de la zona, se habría originado a raíz de un inicial deterioro del firme provocado por el tránsito de vehículos y acentuado por las lluvias caídas esos días. Considerando.- que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que con data 16/08/10 emitiuse documento RC pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. Da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación o prexudicado, e apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Don Jesús Paz Domínguez, por danos en vehículo da súa propiedade, modelo Seat León, matrícula 8116 FCS, a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 9002 Fefiñanes- Oubiña o 26/02/10, valorados en 344,44 euros, segundo factura de reparación do vehículo que figura no expediente. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a D. Jesús Paz Domínguez a citada cantidade de 344,44 euros con cargo a partida 10/456.453.210.00 do orzamento, segundo documento RC da Intervención de data 16/08/10 e número de operación 201000069175 sometido á condición suspensiva da achega polo interesado do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, no prazo de dez días a partir da notificación de presente acordo. Terceiro.- Dar traslado a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. 8.18525.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. MANUEL PÉREZ PÉREZ, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 2602 PEINADOR-LOUREDO (MOS) Dada conta que con data de Rexistro 31/05/10 (nº 021481) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Manuel Pérez Pérez, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Arrufana, 216- Louredo no Concello de Mos, por danos producidos no vehículo da súa propiedade, modelo Volkswagen Golf, matrícula PO-4447-BK, a consecuencia da existencia dun socavo na EP- 2602 Peinador-Louredo o 28/02/10 e que cuantifica economicamente en 424,28 €. Resultando.- Que con data 15/06/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, que o emitiu en data 05/07/10 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 2602 Peinador-Louredo es de titularidad provincial. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras sí se tuvo constancia de la existencia de un socavón en la carretera provincial E.P. 2602 Peinador-Louredo, ya que a las 23:14 horas del día 28 de febrero de 2010 se recibe en la Diputación Provincial de Pontevedra una llamada del 112 – SOS Galicia alertando de dicha situación. Recibido el aviso a las 23:15, la brigada de guardia (el accidente se produce un domingo) acude a la citada carretera procediendo en ese momento a señalizar la vía y a bachear provisionalmente el socavón existente con aglomerado en frío. Al día siguiente la brigada de la zona se desplaza hasta ese tramo de vial y procede a la reparación definitiva del socavón empleando para ello aglomerado asfáltico en caliente. Tercero. En este punto es preciso analizar dos cuestiones relacionadas con el siniestro como son las características del socavón y las condiciones atmosféricas existentes ese día. En cuanto a estas últimas es preciso recordar que la Comunidad Autónoma de Galicia se vio afectada ese fin de semana por el llamado ciclón Xinthya, una ciclogénesis explosiva que trajo consigo intensas lluvias y vientos de más de 135 km/hora, situación que obligó a las distintas Administraciones Públicas a establecer dispositivos de emergencia. En lo que se refiere a la Diputación Provincial de Pontevedra las intervenciones de las brigadas de guardia en la zona sur fueron muy numerosas, tal y como acreditan los partes de incidencias que se adjuntan al presente informe. En relación a las características de los dos baches existentes en la carretera, el capataz de la zona informa que en realidad se trataba de un único bache, con una profundidad entre 10-15 centímetros, que se produjo por la gran acumulación de agua en poco espacio de tiempo en ese punto del vial; así las intensas lluvias caídas esos días provocaron la obstrucción de las tuberías salvacunetas de forma que el agua buscó salida por la zona de circulación de la carretera, provocando erosión del firme hasta originar el socavón en tan sólo unos días. Prueba de lo manifestado en el párrafo anterior es que el 23 de febrero de 2010 la brigada de la zona había recorrido el vial Peinador-Louredo sin que apreciase ninguna deficiencia en el firme, lo que pondría de manifiesto que el socavón se originó en apenas unos días debido a las intensas lluvias caídas durante la semana. Además el capataz de la zona informa que a lo largo de la carretera Peinador-Louredo sólo existía este socavón aislado, lo que también probaría que su origen fue repentino y no consecuencia de una deficiente conservación y/o mantenimiento de la citada carretera provincial ya que, de ser así, existirían más baches a lo largo del vial. Cuarto. Por último señalar que no se ha tenido constancia de otros accidentes provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, a la del siniestro objeto del presente informe. Considerando.- Que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que con data 24/08/10 emitiuse documento RC pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación o prexudicado, e apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Don Manuel Pérez Pérez, por danos en vehículo da súa propiedade, modelo Volkswagen Golf, matrícula PO- 4447-BK, a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 2602 Peinador-Louredo o 28/02/10, e cuantificados economicamente na cantidade de 424,28 €, segundo factura de reparación do vehículo que figura no expediente. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar ó aboo a D. Manuel Pérez Pérez a citada cantidade de 424,28 euros con cargo a partida 2010/456.453.21000 do orzamento, segundo documento RC da Intervención de data 24/08/10 e número de operación 201000071855 sometido á condición suspensiva da achega polo interesado do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, no prazo de dez días a partir da notificación de presente acordo. Terceiro.- Dar traslado a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. 9.18526.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ MANUEL DADÍN PIÑEIRO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 9206 A VICHONA-PORTONOVO (SANXENXO) Dada conta que con data de Rexistro 09/07/10 (nº 025914) tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Pedro Antonio López López, en nome e representación de D. José Manuel Dadín Piñeiro, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Pastor Díaz, 17, no Concello de Pontevedra, por danos producidos no vehículo da súa propiedade, marca Renault, modelo Laguna, matrícula 7335DRJ, a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 9206 A Vichona- Portonovo o 19/12/09 e que cuantifica economicamente en 472,28 €. Resultando.- Que con data 05/08/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, que o emitiu en data 20/08/10 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 9206 A Vichona- Portonovo pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros siniestros provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. No obstante lo anterior sí se tiene conocimiento del citado socavón ya que éste fue reparado por una brigada de la Diputación en la semana del 21 al 25 de diciembre de 2009, siendo sus dimensiones aproximadas de unos 50 centímetros de ancho x 1 metro de largo y 15 centímetros de profundidad, originado por un inicial deterioro del firme provocado por el agua y los vehículos que circulan por la zona. Considerando.- Que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando.- Que con data 02/09/10 emitiuse documento RC pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación o prexudicado, e apartado 1 do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a reclamación presentada por Don Pedro Antonio López López, en nome e representación de Don José Manuel Dadín Piñeiro, por danos en vehículo da súa propiedade, marca Renault, modelo Laguna, matrícula 7335DRJ, a consecuencia da existencia dun socavón na E.P. 9206 A Vichona- Portonovo o 19/12/09, valorados en 472,28 euros, segundo factura de reparación do vehículo que figura no expediente. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a D. José Manuel Dadín Piñeiro a citada cantidade de 472,28 euros con cargo a partida 2010/456.453.21000 do orzamento, segundo documento RC da Intervención de data 02/09/10 e número de operación 201000069175 sometido á condición suspensiva de achega da factura orixinal de reparación do vehículo perfectamente conformada polo taller onde se levou a cabo a mesma ó seu nome e da achega polo interesado do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, no prazo de dez días a partir da notificación de presente acordo. Terceiro.- Dar traslado a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. 10.18527.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. DANIEL QUINTAS RODRÍGUEZ POR DANOS EN MOTOCICLETA NA E.P. 5107 COVELO-PARAÑOS (O COVELO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 18/06/10 (Rex. nº023652) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Daniel Quintas Rodríguez, con enderezo a efectos de notificacións en Vigo na rúa Eduardo Chao, 2 A- 1º izq., por danos en motocicleta na E.P. 5107 Covelo-Paraños (O Covelo) o día 21 de xuño de 2009 e que cuantifica economicamente en 8.540,90 €. Resultando.- Que con data 26 de xullo de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 16 de agosto de 2010 co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que girada visita de inspección al lugar de referencia se ha comprobado que el tramo del vial en el que se produjo el accidente NO pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica (PO 261 Mondariz (PO-254)- Maceira (PO-255) a la altura del p.k 11+310, aproximadamente, según el catálogo visual de carreteras de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras).” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 11.18528.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO CARIDE FERNÁNDEZ POR DANOS EN MOTOCICLETA NA E.P. 5107 COVELO-PARAÑOS (O COVELO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 18/06/10 (rex. nº023652) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio Caride Fernández, con enderezo a efectos de notificacións en Vigo na rúa Eduardo Chao, 2 A- 1º esquerda, por danos en motocicleta na E.P. 5107 Covelo-Paraños (O Covelo) o día 21 de xuño de 2009 e que cuantifica economicamente en 19.901.17 €. Resultando.- Que con data 26 de xullo de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 16 de agosto de 2010 co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que girada visita de inspección al lugar de referencia se ha comprobado que el tramo del vial en el que se produjo el accidente NO pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica (PO 261 Mondariz (PO-254)- Maceira (PO-255) a la altura del p.k 11+310, aproximadamente, según el catálogo visual de carreteras de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras).” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 12.18529.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.18530.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CON ROZADOIRA EN BRAZO ARTICULADO PARA O CONCELLO DE BARRO” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra a través de sendos acordos adoptados nas sesións ordinarias dos días 10 de febreiro e 8 de setembro de 2010 aprobou a concesión dunha subvención ó Concello de Barro para a adquisición dun tractor con rozadoira en brazo articulado, por un importe global de 90.086,89 euros, coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio de 2009………………………………………………52.241,82 euros. Exercicio de 2010………………………………………………37.845,07 euros. Resultando que esta subvención se contabiliza no exercicio de 2009 con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, e na anualidade de 2010, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45. Resultando que no acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 10 de febreiro de 2010 recóllese que se inicie o expediente de contratación do investimento citado de conformidade co estipulado no artigo 93 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que o Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria elabora con data do 8 de setembro de 2010, un prego de prescricións técnicas para regular a adquisición do citado tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que teñen que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 10 de setembro de 2010. Resultando que con data 13 de setembro de 2010, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración dun tractor con rozadoira en brazo articulado para o Concello de Barro. Resultando que con data 15 de setembro de 2010, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración dun tractor con rozadoira en brazo articulado para o Concello de Barro, pola cantidade máxima de noventa mil oitenta e seis euros con oitenta e nove céntimos (90.086,89 €), IVE e gastos de matriculación incluída, de acordo co seguinte detalle: Prezo sen IVE 76.344,82 € IVE (18%) 13.742,07 € TOTAL 90.086,89 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto por importe de 90.086,89 euros de acordo ó seguinte detalle:  52.241,82 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009.  37.845,07 euros con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración dun tractor con rozadoira en brazo articulado para o Concello de Barro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR CON ROZADOIRA PARA O CONCELLO DE BARRO 1.- OBXECTO.- A subministración dun tractor agrícola dotado dunha rozadoira lateral hidráulico para o Concello de Barro, de conformidade co prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe do Parque de Maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45.2009, por importe de 52.241,82 euros e con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45, por importe de 37.845,07 euros. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez recibido o tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, todo iso de conformidade co que se establece no os artigos 268 e 269 da Lei 30/2007 do 30 de outubro, de contratos do Sector Público (LCSP, en adiante). 4.- LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.- A subministración do tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica efectuarase no lugar que se indique do termo municipal do Concello de Barro no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de cento vinte días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de setenta e seis mil trescentos corenta e catro euros con oitenta e dous céntimos (76.344,82 €) sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE que se estima en trece mil setecentos corenta e dous euros con sete céntimos (13.742,07 €), A) Prezo sen IVE 76.344,82 € B) IVE (18%) 13.742,07 € C) Importe total (A+B) 90.086,89 € 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles contados desde o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas por que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varia empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedidos polo órgano de contratación ó licitador que presente a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Enderezo de correo electrónico en que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro”. Presentarase cerrado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva dos bens a subministrar, especificando as características técnicas, estéticas e funcionais dos mesmos, así como a marca e modelo. 3. Declaración relativa á asistencia técnica ofertada en que se fará constar a duración do período de garantía (indicarase a diferenza entre a garantía solicitada pola Deputación de Pontevedra e a ofertada a maiores), os medios de asistencia técnica cos que conta e o compromiso expreso de poñelos a disposición do mantemento ou se é o caso reparación dos bens se resulta adxudicatario, así como o programa e condicións de mantemento. Prezo anual do mantemento, unha vez transcorrido o prazo de garantía. 4. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación das mesmas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun xeito inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. 5. Catálogos, folletos, fotografías ou vídeos relativos ós bens que se ofertan. 6. Designación de nave comercial ou local onde poidan examinarse os bens ofertados. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración dun tractor agrícola dotado de rozadoira lateral hidráulica para o Concello de Barro”. Presentarase cerrado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada os técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliaran e ponderaran seguindo criterios de valoración establecida no prego. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación Melloras sobre as características técnicas esixidas 30 puntos Asistencia técnica, garantía e mantemento 10 puntos Elementos de desgaste sen cargo 10 puntos 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global 40 puntos Prazo de entrega 10 puntos A oferta económica e o prazo de entrega puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Sen embargo, excluirase para o cómputo da devandita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á devandita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número dos restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ). • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular canto ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non sexan declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar a devandita clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalada neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cubrirse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a conseguir a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que queden clasificadas as ofertas. 15.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- O adxudicatario realizará todos os trámites e xestións necesarias para a matriculación do tractor agrícola para o Concello de Barro, así como para a obtención do permiso de circulación, sendo da súa conta todos os gastos que diso derívense, incluído o aboamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica esixido para a matriculación do mesmo. Serán tamén por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300,00 euros. 20.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase nun ano. Se durante o prazo de garantía acreditásese a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para a fin pretendida, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquela fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 275 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don......................................., maior de idade, veciño de.............................................., con domicilio en................................................titular do DNI.............................................., expedido en data................................................, actuando en nome propio ou en representación de ................................................con NIF/CIF.....................................…. e domicilio en.............................................., teléfono............................................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR AGRÍCOLA DOTADO DE ROZADOIRA LATERAL HIDRÁULICA PARA O CONCELLO DE BARRO, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: A) Prezo sen IVE euros. B) IVE (18%) euros. C) TOTAL (A+B) euros. (En letra e número) (Acompañarase como anexo a descomposición de prezos dos elementos incluídos na oferta). • Prazo de entrega: (indicar o mesmo) (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 14.18531.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA CONTRATACIÓN CONXUNTA DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA PARA TODOS OS CENTROS DA DEPUTACIÓN E DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 21 de abril de 2010, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da subministración de enerxía eléctrica para os centros da Deputación de Pontevedra e os 39 concellos da provincia que se adheriron. Ó concurso presentouse unha única oferta pola Empresa Unión Fenosa Comercial S.L., fixando unhas condicións que requiriron dunha aclaración por parte da Mesa de Contratación. A aclaración solicitada, de conformidade cos informes técnicos, foi relativa a como se desagregarán os prezos ofertados nunha facturación por tarifas e períodos horarios, así como a posibilidade de que as tarifas de último recurso quedaran excluídas do contrato. A Empresa presentou, con data 2 de agosto, unha xustificación da oferta, pero esixindo unhas cláusulas adicionais non contempladas no prego de cláusulas que rexeron a convocatoria do concurso. Por todo isto a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 18 de agosto de 2010, acordou declarar deserto o procedemento aberto, así como iniciar un procedemento negociado con base os pregos de condicións iniciais. Fundaméntase este procedemento negociado no estipulado no apdo. c) do artigo 154 da LCSP, que sinala que “pode iniciarse o procedemento negociado cando tras seguirse un procedemento aberto ou restrinxido, non se presentara ningunha oferta, ou as ofertas non sexan adecuadas, sempre que non se modifiquen substancialmente as condicións do contrato”. Ambas circunstancias concorren neste caso. Dun lado, a oferta presentada non foi adecuada ó establecer unhas condicións adicionais non previstas no prego de cláusulas administrativas iniciais. Doutro, o prego que vai rexer este procedemento negociado é substancialmente o mesmo ó manterse o tipo de licitación inicial. En efecto, no aspecto formal só se cambia a cláusula oitava do anterior prego relativa a esixencia de garantía definitiva, en virtude da exención prevista no artigo 83 da Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), ó tratarse de subministracións de bens consumibles cuxa entrega e recepción debe efectuarse antes do pago de prezo, circunstancias que concorren neste procedemento. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio se confeccionou o prego correspondente das condicións económico-administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, informado polo Secretario Xeral e fiscalizado pola Intervención Provincial. Á vista destes antecedentes e de conformidade co establecido na base 16.2) do Orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da subministración de enerxía eléctrica para todos os centros da Deputación e os concellos de: Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilanova de Arousa. 2.- Autorizar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias correspondentes ós diferentes centros da Deputación, que se sinalan a continuación: CENTRO APLICACIÓN Pazo Provincial 10/920.920.221.00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 10/232.232.221.00 Campamento “A Lanzada” 10/337.337.221.00 Sede Deputación Vigo 10/925.920.221.00 Castelo de Soutomaior 10/336.336.221.00 Parque móbil 10/928.920.221.00 Parque de maquinaria 10/456.453.221.00 Imprenta provincial 10/924.924.221.00 Estación Fitopatolóxica Areeiro 10/413.413.221.00 Finca de Mouriscade 10/411.412.221.00 Museo Provincial de Pontevedra 10/333.221.00 Turismo “Rías Baixas” 10/432.221.00 Escola de Canteiros 10/323.221.00 Oral 10/932.221.00 3.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexeran en dito procedemento negociado. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación da subministración de enerxía eléctrica, mediante a solicitude de ofertas ás empresas que estean capacitadas para a realización do obxecto do contrato, de conformidade co estipulado no artigo 162.1 da citada Lei 30/2007. Tendo coñecemento de que as empresas que a continuación se relacionan operan na materia obxecto desta contratación, dáselles traslado deste acordo, xunto cunha copia do prego de condicións económico-administrativas e técnicas, para que, no caso de estar interesadas, presenten a correspondente proposición económica para optar a adxudicación deste contrato. Empresas invitadas: -Unión Fenosa Comercial S.L. -Endesa Energía S.A.U. -Iberdrola S.A Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN CONXUNTA DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELECTRICA NOS CENTROS DA DEPUTACIÓN E DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA 1.- OBXECTO.- A subministración de enerxía eléctrica en baixa e media tensión nos centros da Deputación de Pontevedra, e nos seguintes Concellos que se adhiren ó concurso: A Lama Crecente Pazos de Borbén A Cañiza Cuntis Poio Arbo Forcarei Ponteareas As Neves Fornelos de Montes Ponte Caldelas Baiona Illa de Arousa Pontecesures Barro Lalín Ribadumia Caldas de Reis Meis Rodeiro Cambados Moaña Salvaterra de Miño Campo Lameiro Mondariz Soutomaior Cangas Moraña Valga Catoira Mos Vila de Cruces Cerdedo Oia Vilaboa Cotobade O Rosal Vilanova de Arousa Nos anexos I e II especifícanse os lugares onde prestar a subministración e o consumo estimado. Trátase dunha licitación conxunta entre a Deputación e os concellos referidos para a contratación da subministración de enerxía eléctrica, pero será individual a formalización de cada contrato, sendo responsabilidade de cada unha das administracións a execución, resolución e demais prerrogativas propias da administración. A subministración deberase efectuar de acordo coas condicións mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas que se une como anexo. 2.- FINANCIAMENTO.- O subministración de enerxía eléctrica dos centros da Deputación financiarase con cargo ás seguintes aplicacións: CENTRO APLICACIÓN Pazo Provincial 10/920.920.221.00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 10/232.232.221.00 Campamento “A Lanzada” 10/337.337.221.00 Sede Deputación en Vigo 10/925.920.221.00 Castelo de Soutomaior 10/336.336.221.00 Parque móbil 10/928.920.221.00 Parque de Maquinaría 10/456.453.221.00 Imprenta Provincial 10/924.924.221.00 Estación Fitopatolóxica Areeiro 10/413.413.221.00 Finca de Mouriscade 10/411.412.221.00 Museo Provincial de Pontevedra 10/333.221.00 Turismo “Rías Baixas” 10/432.221.00 Escola de Canteiros 10/323.221.00 ORAL 10/932.221.00 As subministracións referentes ós concellos financiaranse con cargo ás aplicacións habilitadas para tal fin nos mesmos. 3.- PAGAMENTO.- Os pagamentos das facturas aboaranse de maneira independente pola Deputación, os seus organismos dependentes, e por cada un dos concellos referidos en función do seu propio consumo. A Deputación quedará exenta de toda responsabilidade relativa ó pagamento das facturas dos Concellos, ó ser contratos independentes tal e como se indica na cláusula décimo quinta. A empresa adxudicataria emitirá mensualmente, por triplicado, á Deputación, ós centros dependentes da mesma e ós Concellos especificados, as facturas por cada punto de subministración en que se deberá facer constar: -Datos da subministración. -Período de lectura. -Consumo de enerxía activa total. -Consumo de enerxía activa por cada período de tarifa. -Consumo de enerxía reactiva total. -Potencia máxima demandada. -Potencia máxima demandada por cada período de tarifa. -Detalle e importe dos excesos de potencia e enerxía reactiva. -Importe da enerxía facturada. -IVE. -Gráfica da curva de carga horaria real. 4.- PRAZO DE DURACIÓN.- O contrato terá unha duración de dous anos a partir da data de formalización do contrato. Transcorrido o período de vixencia do contrato (2 anos), este poderase prorrogar por mutuo acordo das partes, ata un máximo de dous anos adicionais, de conformidade co que se establece no artigo 279 da Lei de contratos do sector público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O consumo estimado anual para todos os centros da Deputación é de 4.283.000 kw, cun importe de 602.316,00 €. O consumo estimado anual dos concellos adheridos é de 67.960.000 kw, cun importe de 11.553.200,00 €. En consecuencia, o prezo global do contrato non se pode establecer ó inicio do mesmo polas características especiais desta subministración, xa que está subordinado ó consumo efectivo de enerxía eléctrica por parte da Deputación e os concellos. As cantidades correspondentes á estimación de consumo, reflectidas nos anexos, servirán unicamente como refire ás empresas licitadoras, non existindo compromiso algún de consumo da devandita enerxía. O tipo de licitación establécese nos seguintes prezos máximos unitarios por kw-hora(€/Kwh) en subministracións de baixa e media tensión: Subministración en baixa tensión 0,1754 (€/Kwh). Subministración en media tensión 0,1406 (€/Kwh). Neste prezo incluiranse todos os elementos do custo da subministración eléctrica no mercado liberalizado que poidan xurdir ata no equipo de medida incluído este, así como todos os impostos que lle sexan de aplicación, e en especial estarán incluídos os seguintes conceptos: -Custo da enerxía eléctrica contratada e consumida (activa e reactiva). -Custo da potencia contratada. -Tarifas de acceso e peaxe ás redes de transporte e distribución. -Complemento en concepto de moratoria nuclear. -Composto especial sobre a electricidade. -Custos de verificación e medición. Nestes prezos que servirán de base á licitación non se incluirá o IVE. As empresas licitadoras deberán realizar unha proposta de como se desagregarían os prezos ofertados nunha facturación por tarifas e períodos horarios. Deberase admitir a posibilidade de que os concellos se poidan acoller a un ou outro sistema de facturación. A empresa aceptará que cada concello decida libremente a súa opción de incluír ou non as subministracións de tarifa de último recurso. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 7.1º.- Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 7.2º.- Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA NOS CENTROS DA DEPUTACIÓN E DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvedade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: Documentación Administrativa: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano de contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. 2.- .-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varia empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Autorización para a actividade de comercialización e estar inscritas no Rexistro Administrativo de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores directos en mercado do MITYC e licenza para operar no mercado eléctrico nacional, de acordo coa Lei 54/1997 e modificacións posteriores. b) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. c) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Documentación Técnica: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Proposta de mellora na xestión de demanda e aforro de enerxía eléctrica, incluíndo un estudo con propostas de control e eficiencia, e medidas encamiñadas a optimizar o consumo, así como o asesoramento para a obtención de subvencións que outorguen os organismos competentes. 3.- Implantacións de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións de edificios, colexios, pavillóns polideportivos, piscinas, iluminación pública, etc. 4.- Características da xestión e control da facturación, atención ó cliente e asistencia técnica personalizada para a resolución de incidencias. Valorarase a existencia dun xestor para a Deputación e os concellos participantes no contrato, así como a disposición de oficinas nos lugares onde se preste a subministración. 5.- Relación das melloras ofertadas, coa súa memoria técnica. 6.- Proposta de cómo se desagregarán os prezos ofertados nunha facturación por tarifas e períodos horarios. Nota importante: Deberase admitir a posibilidade de que os concellos se poidan acoller a un ou outro sistema de facturación. A empresa aceptará que cada concello decida libremente a súa opción de incluír ou non as subministracións de tarifa de último recurso. 8.- GARANTIA DEFINITIVA.- Non se esixe garantía definitiva, en virtude da exención prevista no artigo 83 da Lei de Contratos do Sector Público, ó tratarse de subministracións de bens consumibles cuxa entrega e recepción efectúase antes do pagamento do prezo. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe da Unidade de Mantemento da CIPF. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán os seguintes: - Menor prezo. - Proposta de mellora na xestión de demanda e aforro de enerxía eléctrica, incluíndo un estudo con propostas de control e eficiencia, e medidas encamiñadas a optimizar o consumo, así como o asesoramento para a obtención de subvencións que outorguen os organismos competentes. - Implantacións de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións de edificios, colexios, pavillóns polideportivos, piscinas, iluminación pública, etc. - Características da xestión e control da facturación, atención ó cliente e asistencia técnica personalizada para a resolución de incidencias. Valorarase a existencia dun xestor para a Deputación e os concellos participantes no contrato, así como a disposición de oficinas nos lugares onde se preste a subministración. -Melloras ofertadas. Valorarase especialmente: - A non repercusión nas facturas mensuais dos excesos de potencia e enerxía reactiva. - A instalación de equipos para a corrección do factor potencia. - A implantación de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións de iluminación publico. - Calquera outra que considere conveniente en relación coa subministración obxecto do presente contrato. 11.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas ás propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos, clasificará ás proposicións presentadas, por orde decrecente, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá a empresa que presentara a oferta economicamente máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato que lle reclame esta institución. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes a recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicárase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- O adxudicatario deberá formalizar un contrato con cada organismo dependente da Deputación e por cada un dos concellos dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte a notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título bastante para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 14.- REVISIÓN DE PREZOS.- A revisión de prezos terá lugar cando o contrato se executase, polo menos, no 20% do seu importe e transcorrese un ano dende a súa adxudicación. En consecuencia, o primeiro 20% executado e o primeiro ano de execución quedarán excluídos da revisión. O índice de referencia será o Índice de Prezos ó Consumo elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, e a revisión non poderá superar o 85% de variación experimentada polo índice adoptado. 15.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 16.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 17.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contrato deberá ser cumprido con estrita suxeición ás estipulacións contidas no prego de condicións administrativas e técnicas. A execución do contrato realizarase a risco e ventura do contratista, de conformidade co previsto no artigo 199 da LCSP. Calquera incidencia que xurda na execución do contrato, será resolta polo Organismo ou Concello afectados con quen se formalice o contrato. O contratista deberá cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo, debendo ter ó seu cargo o persoal necesario para a realización do obxecto do contrato, respecto do que ostentará, para todos os efectos, a condición de empresario. A empresa adxudicataria subscribirá o correspondente contrato de acceso á rede coa sociedade distribuidora para permitir a posta a disposición da enerxía eléctrica nas instalacións obxecto do contrato. A empresa asume a representación de cada punto de subministración ante a sociedade distribuidora, establecendo con esta os contratos e pólizas precisas para contratar o acceso á rede, e realizando cantas xestións sexan necesarias para a resolución de conflitos que se puidesen acometer. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 19.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 20.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- Ademais das obrigas xerais derivadas do réxime xurídico do presente contrato o empresario quedará obrigado ó cumprimento das disposicións vixentes en materia de lexislación laboral, seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo. O incumprimento destas obrigas por parte do contratista non implicará responsabilidade ningunha para a Deputación de Pontevedra. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá resolverse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 24.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en............................titular do DNI………………………., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa..........................................con C.I.F. número………………………………. e domicilio en………………………….., teléfono…………………………….. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Despois de ser invitado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA NOS CENTROS DA DEPUTACIÓN E DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Subministración en baixa tensión (€/Kwh) Subministración en media tensión (€/Kwh) Desagregación de prezos ofertados nunha facturación binómica: T pot, €/kw e ano Binómica con equipo de medida Con iiee, sen IVE, con €/KWh 2.0A 2.0DHA 2.1A 2.1DHA 3.0A 3.1A (Data e sinatura do propoñente)” 15.18532.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 2 DA OBRA “MELLORA CAPA DE RODAMENTO EE.PP ZONA CENTRO (D09/78)” Vista a certificación núm. 2 relativa á obra “Mellora capa rodadura EE.PP. zona Centro (D09/78)”, adxudicada no seu día a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 6 de setembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF. A-36.319.622) 10/456.453.612.02.2009 (Deputación) 243.401,18 € SUBTOTAL 243.401,18 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.933,52 € Control de calidade (3%) 5.200,14 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.248,03 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 230.019,49 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.18533.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA INSTALACIÓN DUN SISTEMA DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CON ENERXÍAS RENOVABLES NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO “ECOREDESANEASOL” A Xunta de Goberno, en sesión do 2 de xuño de 2010, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do sistema de depuración de augas residuais con enerxías renovables no marco do proxecto “Ecoredesaneasol”. O orzamento estimado foi dun importe de 1.160.000 euros. Establecéronse cinco lotes cos seguintes tipos de licitación: Lote Concello Orzamento Sen IVE 1 Mondariz 322.033,90 € 2 O Covelo 144.067,80 € 3 A Lama 165.254,24 € 4 Mos 165.254,24 € 5 Ponte Caldelas 186.440,68 € O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra, número 115, de data 18 de xuño de 2010, e no Boletín Oficial do Estado, nº165, de data 8 de xullo, ademais enviouse o anuncio ó Diario Oficial da Unión Europea o 2 de xuño de 2010. O día 29 de xullo de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do sobre “A”, cualificándose a documentación xeral, co resultado de admisión das seguintes empresas: LOTE EMPRESAS 1 MONDARIZ TESAGUA TECNOLOGÍAS, S.L.; SERCOYSA; SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES DE AGUAS, S.A (SMA); CCS CANALIZACIONES Y CCNES. SALNÉS, S.L.; ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A.; ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL, S.L. 2 O COVELO TESAGUA TECNOLOGÍAS, S.L.; SERCOYSA; SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES DE AGUAS, S.A (SMA); ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A.; ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL, S.L. 3 A LAMA TESAGUA TECNOLOGÍAS, S.L.; SERCOYSA; SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES DE AGUAS, S.A (SMA) CCS CANALIZACIONES Y CCNES. SALNÉS, S.L.; ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A.; 4 MOS TESAGUA TECNOLOGÍAS, S.L.; SERCOYSA; SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES DE AGUAS, S.A (SMA) CCS CANALIZACIONES Y CCNES. SALNÉS, S.L.; ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A.; 5 PONTE CALDELAS TESAGUA TECNOLOGÍAS, S.L.; SERCOYSA; SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES DE AGUAS, S.A (SMA) CCS CANALIZACIONES Y CCNES. SALNÉS, S.L.; ESPINA OBRAS HIDRÁULICAS, S.A.; ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL, S.L. Con data 30 de xullo de 2010 procedeuse á apertura dos Sobres “B”, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse ós servizos técnicos para a súa avaliación, os que emiten o preceptivo informe. A mesa de contratación reúnese novamente o día 6 de setembro de 2010, en acto público, dando a coñecer a puntuación obtida polos diferentes licitadores na documentación técnica, sobre a base dos criterios de adxudicación establecidos no prego económico administrativo, e que foi a seguinte: LOTE 1: CONCELLO DE MONDARIZ LICITADOR PUNTOS SOBRE “B” E OBSERVACIÓNS ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL ELIMINADA POR NON CUMPRIR COS PREGOS CCS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. ESPINA OBRAS HIDRAULICAS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PEGOS DE CONDICIÓNS. SERCOYSA 44,299 SMA ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 44,299 LOTE 2: CONCELLO DE COVELO LICITADOR PUNTOS SOBRE “B” E OBSERVACIÓNS ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL ELIMINADA POR NON CUMPRIR COS PREGOS CCS ELIMINADA ESPINA OBRAS HIDRAULICAS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. SERCOYSA 30,152 SMA 30,917 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 46,356 LOTE 3: CONCELLO DE A LAMA LICITADOR PUNTOS SOBRE “B” E OBSERVACIÓNS ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL ELIMINADA POR NON CUMPRIR COS PREGOS CCS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. ESPINA OBRAS HIDRAULICAS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. SERCOYSA ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. SMA 46,734 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. LOTE 4: CONCELLO DE MOS LICITADOR PUNTOS SOBRE “B” E OBSERVACIÓNS ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL ELIMINADA POR NON CUMPRIR COS PREGOS CCS 41,249 ESPINA OBRAS HIDRAULICAS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. SERCOYSA 30,311 SMA 30,470 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 30,311 LOTE 5: CONCELLO DE PONTE CALDELAS LICITADOR PUNTOS SOBRE “B” E OBSERVACIONES ARM IBERICA MEDIOAMBIENTAL ELIMINADA POR NON CUMPRIR COS PREGOS CCS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. ESPINA OBRAS HIDRAULICAS ELIMINADA POR NON ALCANZAR A PUNTUACIÓN MÍNIMA ESTABLECIDA NOS PREGOS DE CONDICIÓNS. SERCOYSA 30,152 SMA 30,774 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 46,349 Con posterioridade procedeuse a abrir os Sobres “C” daquelas empresas que cumpriron con todos os requisitos esixidos no prego, e que alcanzaron a puntuación de 30 puntos, aplicándose para a súa valoración a fórmula establecida, obténdose a seguinte puntuación: LOTE 1: CONCELLO DE MONDARIZ LICITADOR PUNTOS SOBRE B PUNTOS SOBRE C TOTAL SERCOYSA 44,299 50 94,299 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 44,299 42,432 86,731 LOTE 2: CONCELLO DE COVELO LICITADOR PUNTOS SOBRE B PUNTOS SOBRE C TOTAL SERCOYSA 30,152 26,786 56,938 SMA 30,917 21,291 52,208 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 46,356 50 96,356 LOTE 3: CONCELLO DE A LAMA LICITADOR PUNTOS SOBRE B PUNTOS SOBRE C TOTAL SMA 46,734 22 68,734 LOTE 4: CONCELLO DE MOS LICITADOR PUNTOS SOBRE B PUNTOS SOBRE C TOTAL CCS 41,249 9,405 50,654 SERCOYSA 30,311 34,189 64,50 SMA 30,470 23,295 53,765 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 30,311 37,672 67,983 LOTE 5: CONCELLO DE PONTE CALDELAS LICITADOR PUNTOS SOBRE B PUNTOS SOBRE C TOTAL SERCOYSA 30,152 27,606 57,758 SMA 30,774 19,365 50,139 TESAUGA TECNOLOGÍAS, S.L. 46,349 50 96,349 Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación da instalación dun sistema de depuración de augas residuais con enerxías renovables no marco do proxecto europeo “Ecoredesaneasol”, ás seguintes empresas en relación cos seguintes lotes: LOTE ADXUDICATARIO ORZAMENTO SEN IVE IVE TOTAL 1 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A (A-36.319.622) 256.435,59 € 46.158,41 € 302.594,00 € 2 TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L (B-36.885.531) 111.105,09 € 19.998,92 € 131.104,00 € 3 SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A.(A-36.888.931) 155.339,00 € 27.961,02 € 183.300,02 € 4 TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L (B-36.885.531) 143.655,51 € 25.857,99 € 169.513,50 € 5 TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L (B-36.885.531) 133.361,02 € 24.004,98 € 157.366,00 € Segundo.- Conceder ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. As empresas adxudicatarias deberán constituír as seguintes garantías definitivas na caixa da Deputación, polos seguintes importes: LOTE ADXUDICATARIO ORZAMENTO SEN IVE GARANTÍA 1 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A (A-36.319.622) 256.435,59 € 12.821,77 € 2 TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L (B-36.885.531) 111.105,09 € 5.555,25 € 3 SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A.(A-36.888.931) 155.339,00 € 7.766,95 € 4 TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L (B-36.885.531) 143.655,51 € 7.182,77 € 5 TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L (B-36.885.531) 133.361,02 € 6.668,05 € Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, as seguintes cantidades en concepto de gastos de anuncio no BOP e BOE: EMPRESAS IMPORTE SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A 242,41 € TESAGUA TECNOLOGIAS, S.L 366,85 € SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. 146,84 € O contrato pagarase con cargo ás aplicacións orzamentarias que se relacionan e nas cantidades seguintes: Aplicacións Orzamentarias Contía 10/241.161.652.02.2009 690.000,00 € 10/241.161.652.02 253.877,52 € Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 17.18534.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO DE FRAGUAS, TRABAZO, FACHO, ETC. E ACONDICIONAMENTO CAMIÑOS VARIOS (COTOBADE)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 2 de xuño de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc. e acondicionamento camiños varios (Cotobade)”, con orzamento de 213.394, 25 €, máis a cantidade de 34.143,08 € correspondentes ó IVE. Resultando que o día 14 de xullo de 2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 16 de xullo de 2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B”destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 13 de setembro de 2010, procedeu, en acto público, á apertura dos Sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida para ese fin e que figura no expediente. Á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos Sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 38,75 25,884 64,634 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 35,17 28,499 63,669 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 34,74 26,289 61,029 DAGO, S.A. 32,41 48,125 80,535 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,00 47,609 78,609 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 30,05 32,150 62,200 NAROM, S.L. EXCLUIDA.- A OBRA QUE SE CITA NA OFERTA NON SE CORRESPONDE COA DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN Resultando que pola Mesa de Contratación proponse a adxudicación da obra a DAGO, S.A. cuxa proposición logrou a máxima puntuación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Excluír a oferta formulada por NAROM, S.L. toda vez que a obra que se cita na oferta non se corresponde coa do expediente de contratación. 2.- Adxudicar provisionalmente a DAGO, S.A. a obra de “Pavimentación camiño de Fraguas, Trabazo, Facho, etc., e acondicionamento camiños varios (Cotobade)” na suma de 167.517,24 € máis 30.153,10 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses e medio, melloras valoradas en 27.950,30 € e o 2,50% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. A obra finánciase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2010 10/942.942.652.45 197.670,34 € 3.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 105,40 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 18.18535.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E BEIRARRÚAS NA RÚA FRANQUEIRA (ILLA DE AROUSA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 25 de maio de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Dotación de infraestruturas e beirarrúas na rúa Franqueira (Illa de Arousa)”, con orzamento de 510.140,03 €, máis a cantidade de 81.622,41 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 1 de xullo de 2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 5 de xullo de 2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 13 de setembro de 2010, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 35,47 26,850 62,320 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,80 10,949 44,749 XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 33,80 41,679 75,479 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. EXCLUIDA. EXCEDE DO TIPO DE LICITACIÓN NAROM, S.L. 33,02 41,920 74,940 ELSAMEX, S.A. 32,57 28,419 60,989 ANTALSIS 32,38 46,140 78,520 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 32,16 48,750 80,910 HIDROSCIVIL, S.L. 30,37 7,108 37,478 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Excluír a oferta presentada por CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L., toda vez que excede o tipo de licitación da obra. 2.- Adxudicar provisionalmente a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Dotación de infraestruturas e beirarrúas na rúa Franqueira (Illa de Arousa)”, na suma de 400.153,84 € máis 72.027,69 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de cinco meses, melloras valoradas en 2.487,50 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. A obra finánciase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 266.001,28 € 2010 2010.942.942.652.45 173.358,31 € 2011 2011.942.942.652.45 32.821,94 € 3.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 106,95 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 19.18536.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “RECOLLIDA DE PLUVIAIS NA DEPURADORA (VILAGARCÍA DE AROUSA)” Resultando que o día 4 de xuño de 2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 7 de xuño de 2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 12 de agosto de 2010, procedeu, en acto público, á apertura dos Sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida para ese fin e que figura no expediente. Resultando que á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos Sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” Total PROYECTA, ACTIVIDADES PROFESIONALES DE LA CONSTRUCCION, S.L. 31,27 50,000 81,270 MARCO, OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. 41,08 39,826 80,906 HIDROSCIVIL, S.L. 30,19 48,051 78,241 SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 30,88 41,862 72,742 NAROM 33,02 37,944 70,964 CCS 30,62 39,324 69,944 XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS 31,77 36,625 68,395 OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 31,01 32,517 63,527 RAFER 33,89 29,581 63,471 CONSTRUCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (C.O.V.S.A.) 33,38 28,286 61,666 CONSTRUCCIONES EIRIÑA 36,09 24,531 60,621 ATLÁNTICA DE CONSTRUCCIÓN Y MEDIOAMBIENTE, S.L. 30,92 29,140 60,06 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 33,19 22,192 55,382 EXCAMEL 31,96 22,936 54,896 ANTONIO FRAMIÑÁN CONSTRUCCIONES, S.L. 30,37 20,126 50,496 ALDASA 32,00 16,627 48,627 CONSTRUCCIONES VALE 31,82 9,225 41,045 CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. 30,59 30,874 61,464 Resultando que á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obra, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación a MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L., toda vez que aínda que PROYECTA, ACTIVIDADES PROFESIONALES DE LA CONSTRUCCIÓN, S.L. acada a máxima puntuación incorre en baixa temeraria. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. a obra de “Recollida de pluviais na depuradora (Vilagarcía de Arousa)”, na suma de 254.011,45 € máis 45.722, 06 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 55.084,19 € e o 4,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. A obra finánciase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2010 10/942.942.652.45 108.955,23 € 2011 11/942.942.652.45 190.778,28 € 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 103,85 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 20.18537.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “SANEAMENTO IGREXA- QUEIXEIROS (ALXÉN) (SALVATERRA DE MIÑO)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16 de xuño de 2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Saneamento Igrexa-Queixeiros (Alxén) (Salvaterra de Miño)”, con orzamento de 246.430,02 €, máis a cantidade de 39.428,80 € correspondentes ó IVE. Resultando que o día 30 de xullo de 2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 3 de agosto de 2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 13 de setembro de 2010, procedeu, en acto público, á apertura dos Sobres “C” presentados polas referidas empresas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, de acordo coa acta emitida para ese fin e que figura no expediente. Resultando que á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos Sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total EXCAVACIONES Y CONSTRUCCIONES PEREZ PORTELA, S.L. 40,170 39,450 79,620 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 35,390 48,000 83,390 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 34,970 35,974 70,944 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 34,050 32,658 66,708 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 32,770 36,104 68,874 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 32,410 44,243 76,653 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 32,180 35,042 67,222 HIDROSCIVIL, S.L. 32,030 47,238 79,268 NAROM, S.L. 31,680 45,156 76,836 CONSTRUCCIONES VARELA VILLAMOR, S.L. 30,460 23,966 54,426 HIDROMIÑO, S.L. 30,440 38,120 68,560 CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A. 30,410 30,709 61,119 CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNES, S.L. 30,400 35,896 66,296 OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L 30,350 29,909 60,259 CONSTRUCCIONES VALE, S.L. 30,27 15,509 45,779 Resultando que á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obra, a Mesa de Contratación propón a súa adxudicación a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. por ser a proposición que logrou a máxima puntuación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Saneamento en Igrexa-Queixeiros (Alxén) (Salvaterra de Miño)”, na suma de 175.285,67 € máis 31.551,42 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 26.498,03 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. A obra finánciase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2010 10/942.942.652.45 69.234,20 € 2011 11/942.942.652.45 137.602,89 € 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 106,95 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 21.18538.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de setembro de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201000001020 e que contén sesenta e seis facturas, sendo a primeira de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., por importe de 19.025,47 € e a derradeira de Telefónica de España, S.A. por importe 339,82 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 191.748,18 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 191.748,18 € 22.18539.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición