Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-11-24_Ordinaria. Acta de sesión 2010/11/24_Ordinaria
Acta de sesión 2010/11/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.539/1.2010-11-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/11/24_Ordinaria
Data(s) 2010-11-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día vinte e catro de novembro do ano dous mil dez, baixo a presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18756.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS NO PAM/06-08, ANUALIDADES 2007 E 2008 PARA A EXECUCIÓN DA OBRA NÚM. 258-214/420 DENOMINADA “ESCAVACIÓNS NO CONTORNO DO MONTE DO FACHO (DONÓN)” Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expediente relativo ó “Recoñecemento da obriga polo procedemento extraxudicial de crédito e declaración de aboo da subvención concedida ó concello de Cangas no PAM/06-08, anualidades 2007 e 2008 para a execución da obra núm. 258-214/420 denominada «Escavacións no contorno do monte do Facho (Donón)»”. 2.18757.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA COAFOR”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A COOPERATIVAS-2009 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 16/12/2009, núm. 6.17515 no que se concede unha axuda para “Melloras dos servizos ós seus socios” á “Soc. Coop. Galega Coafor”de Forcarei. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar SOC. COOP. GALEGA COAFOR (F36173599) Axudas Cooperativas da Provincia de Pontevedra 2009 37.581,68 € 18.790,84 € 37.581,68 € 18.790,84 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro técnico do Servizo de Medio Natural Rural e Mariño. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 10/410.412.789.00.2009 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións SOC. COOP. GALEGA COAFOR F36173599 Rúa Regueira, 47 36550 Forcarei 18.790,84 € Melloras dos servizos ós seus socios TOTAL 18.790,84 € 3.18758.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.18759.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “SEMANAS BRANCAS 2011” A Deputación de Pontevedra, promove a través do seu Servizo de Acción Social, nesta anualidade 2011, o programa “Semanas Brancas”, cunha dotación orzamentaria de 60.000,00 €, con cargo á aplicación 11/230.232-227.07, dirixido ós alumnos/as de 1º e 2º da E.S.O. dos Centros Públicos, Privados e Concertados da nosa provincia, incluíndo os traslados ida e volta á Estación de Esquí de Valgrande-Pajares en Asturias, os aloxamentos en réxime de pensión completa, o aluguer do material de esquí, e 10 clases impartidas por monitores da Escola Española Oficial de Esquí; por todo o cal e á vista dos informes de 11 e 18 de novembro, emitidos polo Sr. Secretario e polo Sr. Interventor, respectivamente, sobre as Bases Reguladoras de tal Programa, reformadas con arranxo ós mesmos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Programa “Semanas Brancas 2011”, cun orzamento de 60.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.232-227.07, dirixido ós alumnos/as de 1º e 2º da E.S.O. dos Centros Públicos, Privados e Concertados da nosa provincia. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DE AXUDAS “SEMANAS BRANCAS 2011” 1. OBXECTO.- A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da necesidade de ofertar programas, recursos e actividades para os mozos e mozas da provincia de Pontevedra convoca para o ano 2011, axudas destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos de diferentes idades co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, a solidariedade á par que acadar un maior enriquecemento cultural. 2. DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA.- O Programa consiste en achegar o esquí ós centros escolares da ESO, fomentando o traballo en equipo e a convivencia entre os mozos e mozas, a través dun deporte practicado no medio natural. O Programa inclúe os traslados dende os colexios ata a Estación de Valgrande-Pajares en Asturias e viceversa, en autocares con antigüidade máxima de tres anos, seguro de esquí e da viaxe, un cursiño de esquí dun total de 10 horas de duración (2 horas ó día) impartido por monitores da Escola Española Oficial de Esquí, aluguer do material, forfait para os cinco días, monitores de tempo de lecer durante as 24 horas, aloxamento en habitacións con baño ou aseo, réxime de pensión completa, visitas, actividades para as horas que non se practiquen clases de esquí (contemplaranse unha serie de actividades no caso de que as condicións metereolóxicas impidan o desenvolvemento normal da actividade). Outorgarase para mestres/as, técnicos/as ou pais/nais acompañantes, unha gratuidade por 20 alumnos/as, de 21 a 30 alumnos/as serán dúas gratuidades, de 31 a 40 alumnos/as tres gratuidades e así sucesivamente. 3. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS.- O Procedemento de concesión das subvencións inherentes ó Programa de Semanas Brancas 2011, será o Procedemento Ordinario previsto nos artigos 22 e 23 da Lei Xeral de Subvencións, e tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre as mesmas de acordo co rexistro de entrada dos mesmos, e dentro do mesmo día segundo número de Rexistro. 4. SELECCIÓN DE SOLICITUDES.- A Deputación de Pontevedra dará preferencia ás solicitudes dos Centro Educativos en función da data e o número de rexistro de entrada. Esta circunstancia terase en conta se o número de prazas supera ó total a subvencionar segundo o orzamento do Programa, que ascende a 1.200 prazas. 5. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS.- O prazo de presentación das solicitudes rematará o 31 de xaneiro de 2011. A presentación de instancias farase nos Rexistros da Deputación de Pontevedra en horario de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00 h., ou na súa delegación de Vigo en horario de 9:00 a 13:00 h. de luns a venres. • Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o art. 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. 6. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES.- a) Poderán participar todos/as alumnos/as de 1º e 2º da ESO dos Centros Educativos Públicos, Concertados e Privados pertencentes a calquera Concello da Provincia de Pontevedra. b) No caso de que non houbese ningún mestre/a, técnico/a do Concello, pai, nai o outra persoa en quen se delegue, que quixese acompañar ó grupo de escolares, estes non poderían participar na actividade, posto que non se considera conveniente que o grupo participe sen ningún adulto de referencia, a pesar de que o Programa inclúa un monitor por cada dez alumnos/as. 7. PUBLICIDADE.- En todas as medidas de difusión (carteis, dípticos, trípticos, etc.) que se elaboren deberase facer constar a colaboración da Deputación de Pontevedra, Área de Acción Social, segundo establece o art. 31 do RLXS. 8. DOCUMENTACIÓN.- A documentación a cumprimentar por cada Centro Educativo consistirá no modelo de solicitude, debidamente cuberto, que se poderá recoller na Deputación de Pontevedra, ou ben descargar da páxina web, así coma todas as autorizacións dos país, nais ou titores dos mozos e mozas participantes o cal tamén se poderá descargar da páxina web. 9. FINANCIAMENTO.- A contía consignada para a realización do Programa ascende a 60.000,00 €, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste Programa de axudas, con cargo á aplicación 11/230.232.227.07 do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen prexuízo de que sexa ampliado o crédito da mesma ó longo do ano 2011. O prezo máximo de licitación por praza ascende a 300,00 €, dos que a Deputación subvencionará con 50 euros por participante, sendo a cantidade restante a aboar polo beneficiario/a. 10. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN.- Conforme establece o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas, os listados dos escolares participantes por saída e colexio, cun prazo máximo dun mes a partir da última saída O pago das subvencións realizarase directamente no número de conta da empresa especializada en xestión de viaxes, así como tamén o pago do importe dos alumnos/as. 11. PRAZO DE VIXENCIA.- As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo o exercicio do ano 2011. 12. DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes Bases contemplarase o establecido nas Bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 5.18760.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º e 2º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2010 Á vista da solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, CIF: P-3600025E, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 187.087,50 €, para gastos de funcionamento do 1º e 2º trimestre do ano 2010, e do informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 187.087,50 € ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, para gastos de funcionamento do primeiro e segundo trimestre do ano 2010. 2. Declarar o aboo, a favor do citado Consorcio, da cantidade de 187.087,50 €, con cargo á aplicación 2010/942.134.467.01.2006. 6.18761.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO GROVE PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002771, DENOMINADA “DOTACIÓN PLUVIAIS, FECAIS E SUBMINISTRACIÓN DE AUGAS EN MONTE DA VILA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e a tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002771, denominado “Dotación pluviais, fecais e subministración de augas en Monte da Vila” e dos informes favorables do servizo de infraestruturas e do servizo de intervención no que de oficio e, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010, aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, o que supón un incremento porcentual do importe da axuda económica concedida con respecto á petición inicial do concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello do Grove con CIF núm. P-3602200B a cantidade de cento setenta e dous mil cento cincuenta euros con setenta e un céntimos (172.150,71€), para a realización do investimento núm. 2009002771, denominado “Dotación pluviais, fecais e subministración de auga en Monte da Vila”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 172.150,71 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 10/942.942.652.45.2009, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.18762.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITO NÚM. 45/2010 O Director de Infraestruturas mediante escrito de data 23 de novembro de 2010 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da aplicación orzamentaria 10/942.453.611.09 do vixente orzamento provincial, en 18.601,98 €, ó obxecto de afrontar gastos relacionados coas obras de reparación da estrada provincial Pazos de Borbén-Ponteareas, propondo a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 18.601,98 €, cuxa financiamento se efectuaría mediante a minoración do crédito da aplicación orzamentaria 10/456.453.633.01 polo citado importe. Visto o informe de Intervención, de data 23 de novembro de 2010, en que se deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as aplicacións orzamentarias 10/942.453.611.09 e 10/456.453.633.01, así como que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que na aplicación orzamentaria 10/456.453.633.01 cuxo crédito se minora na cantidade de 18.601,98 €, expediuse o correspondente documento RC, con número de operación 201000103979, por importe de 18.601,98 € e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito entre aplicacións pertencentes ó mesmo grupo de programa pero xestionados por distintos centros xestores. De conformidade co que se dispón na Base 10ª, apartado 3 b., correspondente á execución do orzamento para o exercicio de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 45/2010 por importe total de 18.601,98 €, incoado polo responsable do Centro Xestor de Infraestruturas, minorando crédito no importe e na aplicación orzamentaria que se indica e incrementando crédito polo importe e na aplicación orzamentaria que se detalla a continuación: APLICACIÓN A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 10/942.453.611.09 Plan Provincial de Cooperación, Rede Provincial (Cooperación) 18.601,98 € TOTAL............................... 18.601,98 € APLICACIÓN A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 10/456.453.633.01 Maquinaria, Instalacións e Utillaxe (Infraestruturas)…… 18.601,98 € TOTAL......................................... 18.601,98 € 8.18763.- AUTORIZACIÓN DOS CONTRATOS CON UNIÓN FENOSA COMERCIAL, S.L. PARA A SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA EN DIVERSOS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión do día 21 de abril de 2010, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de enerxía eléctrica para os Centros da Deputación de Pontevedra e Concellos da provincia adheridos (Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa e Vilanova de Arousa). O mesmo órgano, na súa sesión do 18 de agosto de 2010, acordou declarar deserto o procedemento aberto por non cumprir a única empresa presentada á licitación coas esixencias mínimas do prego de condicións. Así mesmo, acordouse iniciar un procedemento negociado para adxudicar o contrato de subministración de enerxía, que aínda non se resolveu. A empresa Unión Fenosa Comercial, S.L. comunica a próxima finalización dos contratos vixentes, e a necesidade de renovalos, facilitándonos as condicións particulares das novas ofertas de tarifas. Visto o informe do xefe de mantemento da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, de data 17 de novembro do ano en curso, onde se participa que os contratos presentados resultan beneficiosos para esta Deputación, xa que poden permitir un aforro medio do 8,13%, estimándose economicamente entre 28.000/32.000 €/ano. Visto o informe de intervención, 23 de novembro de 2010, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e o que se dispón nos artigos 34-1, f e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do Trlrfl., do 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d.l. 781/86, do 18 de abril e 61 do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar os contratos coa Unión Fenosa Comercial, S.L. para a subministración de enerxía eléctrica para diversos centros da Deputación de Pontevedra coa empresa Unión Fenosa Comercial, S.L. (CIF. B-82.207.275). As tarifas ofertadas pola empresa distribuidora son as seguintes: Subministración en baixa tensión: 0,148230 (€/Kwh) Subministración en media tensión: 0,114664 (€/Kwh) Esta Deputación de conformidade co previsto na Lei 54/1997 do Sector Eléctrico e R.d. 871/2007, está levando a cabo a licitación do pertinente contrato de subministración de enerxía eléctrica. Os contratos, autorizados mediante este acordo, terán unha duración ata o 30 de novembro de 2011, porén na súa cláusula A.5 contémplase que se se convocara un concurso para a adxudicación da subministración de enerxía eléctrica, o contrato quedará resolto no momento que se lle adxudique e se lle conceda o acceso á subministración ó novo adxudicatario. Os contratos que hai que subscribir comprenderán á subministración de enerxía eléctrica ós seguintes centros en relación coas súas aplicacións orzamentarias: CENTRO APLICACIÓN ORZAMENTARIA PAZO PROVINCIAL 10/920.920.221.00 TURISMO “RÍAS BAIXAS” 10/843.432.22100 MUSEO PROVINCIAL 10/833.333.221.00 ORAL 10/893.932.221.00 ESCOLA DE CANTEIROS 10/832.323.221.00 Así mesmo apróbase o gasto, cuxo pagamento será librado no seu día con cargo ás aplicacións orzamentarias 920.920.221.00, 843.432.221.00, 833.333.221.00, 893.932.221.00, 832.323.221.00 do vixente Orzamento Provincial e do futuro exercicio do ano 2011, dependendo do centro que realice o consumo. 9.18764.- PERMISO E AXUDA ECÓNOMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escrito de data 25 de outubro de 2010, o Xefe de Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios expón “que con data 23 de marzo de 2010 esta Deputación Provincial recibe a invitación para presentarse a convocatoria da VI “Edición do premio Progreso”, organizado pola Federación Andaluza de Municipios e Provincias e a Fundación para o desenvolvemento das vilas de Andalucía, destinado a recoñecer a iniciativa, orixinalidade e innovación dos proxectos desenvolvidos polas entidades locais. (…) Esta Deputación presentou á referida convocatoria dous proxectos realizados dende o Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios: “AQUELANDO” e “VÍAS ATLÁNTICAS”, que na data 20 de setembro de 2010 infórmannos de que o prazo de exposición pública de todos os proxectos son o 4 e 5 de novembro en Huelva, que ó final se procederá ó fallo do xurado e á entrega de premios e da necesidade de que participe un representante da Deputación Provincial de Pontevedra”. Ante a imposibilidade de que algún representante da corporación provincial poida estar presente tanto na exposición pública coma na entrega de premios, solicita autorización para realizar o devandito desprazamento, en comisión de servizos e representando a esta Deputación Provincial de Pontevedra, os días 3, 4 e 5 de novembro de 2010 a Huelva. A solicitude é informada favorablemente polo Vicepresidente D. Jose Juan Durán Hermida. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002, do 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e conceder a D.Manuel Corujo Castro, xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, o permiso solicitado e declarar de aboamento a cantidade de 774,23 €, estando analizados por conceptos tal e como a continuación se sinala: - Vehículo particular ó aeroporto de Santiago de Compostela - Data de saída: 3 de novembro de 2010, antes das 14:00 horas - Data de regreso: 5 de novembro de 2010 antes das 22:00 horas • Desprazamento: Aplicación orzamentaria: 10/241.433.231.20 Pontevedra – Santiago - Pontevedra (ida-volta): 120 x 0,19 €: 22,80 € Autoestrada: 8,80 € Aparcadoiro: 30,00 € Avión (Santiago – Sevilla – Santiago). 226,04 € Aluguer coche desprazamentos: Sevilla – Huelva – Sevilla e Hotel – Palacio de Congresos – Hotel 179,30 € TOTAL DESPRAZAMENTO 466,94 € • Dietas: Aplicación orzamentaria: 10/241.433.230.20 Dieta completa día 3 de novembro (Grupo I) 155,90 € Dieta completa día 4 de novembro (80% Res.Eventual) 124,72 € ½ manutención día 5 de novembro 26,67 € TOTAIS DIETAS 307,29 € Examinada a documentación que obra no expediente, consta que non se tramitou a solicitude con antelación suficiente polo que procede a súa validación. Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio. A xustificación dos devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó que se dispón no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 10.18765.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota