ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/12/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.539/1.2010-12-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/12/15_Ordinaria

  • Data(s) 2010-12-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día quince de decembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18807.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de decembro de 2010. 2.18808.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1) Devolución de garantías definitivas á empresa Movex Vial, S.L. A empresa Movex Vial, S.L. (CIF B- 36.684.157), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dos seguintes contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dezasete mil douscentos dezaseis euros con setenta e seis céntimos (17.216,76€), para responder do contrato relativo a “Humanización rúa República Argentina entre Urzáiz e García Barbón(Vigo)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/11/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600098947, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de dous mil novecentos setenta e dous euros con quince céntimos (2.972,15. €), para responder do contrato relativo ó “Modificado de Humanización rúa República Argentina entre Urzáiz e García Barbón (Vigo)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/10/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900086336, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A.(CIF A- 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dos seguintes contratos do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de vinte tres mil cincocentos noventa e seis euros con corenta céntimos (23.596,40€), para responder do contrato relativo á “Estrada de Enlace E. P. Arbo con E.P. Crecente (A Cañiza)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/10/2003, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200300075347, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de corenta e seis mil cincocentos cincuenta e tres euros con corenta e catro céntimos (46.553,44 €), para responder do contrato relativo ó “Ensanche e Mellora trazado E.P. Arcade–Amoedo (Pazos de Borbén), 3 ª Fase”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/08/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500078707, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de nove mil trescentos dez euros con corenta céntimos (9.310,40 €), para responder do contrato relativo ó “Modificado núm 1 de Ensanche e Mellora trazado E.P. Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª Fase”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/05/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900038519, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3) Devolución de garantías definitivas á empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. A empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.(CIF A- 36.319.622), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dos seguintes contratos do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de sete mil trescentos dezaoito euros con noventa e seis céntimos (7.318,96 €), para responder do contrato relativo á “Capa de Rodaxe E.P. 7103 Cerdedo. Castro Quireza (Cerdedo)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/08/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800073590, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de nove mil novecentos oitenta e cinco euros con setenta e oito céntimos (9.985,78 €), para responder do contrato relativo á “E.P. Cerdedo. Castro Quireza (Cerdedo)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/08/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800073588, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4) Devolución de garantías definitivas á empresa Dago, S.A. A empresa Dago, S.A.(CIF A- 36.007.847), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contratos do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de vinte sete mil douscentos vinte e oito euros con corenta céntimos (27.228,40 €), para responder do contrato relativo á “Mellora do trazado e Pavimento E.P. 2909 Arcade-Viso (Soutomaior)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 2/09/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500083540, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5) Devolución de garantías definitivas á empresa U.T.E. Tui- Rebordans Movexvial, S. L.– Hidromiño, S.L. A empresa U.T.E. Tui. Rebordans ( Movexvial, S.L. – Hidromiño, S.L., S.A. (CIF U- 27.721.000), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Caixa Geral, por importe de trece mil setecentos oitenta e seis euros con setenta e dous céntimos (13.786,72 €), para responder do contrato relativo á “Dotación de Servizos E. P. 3001 Tui – Rebordans, Marxe dereito P.K, 1+ 500 a 2+400”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800080979, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6) Devolución de garantías definitivas á empresa Setga, S.L. A empresa Setga, S.L.,(CIF B36.699.064), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa , por importe de oito mil dous centos vinte e nove euros con sesenta céntimos (8.229,60 €), para responder do contrato relativo á “iluminación pública en vías provinciais de Pontecesures, (Rúa Portorraxoi, San Luis, Sagasta y Victor García)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900010586, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7) Devolución de garantías definitivas á empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L. A empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L..(CIF U- 36.290.963), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre , por importe de seis mil trinta euros con cincuenta e un céntimos (6.030,51 €), para responder do contrato relativo á Centro Sociocultural de Feira-Cabral (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/08/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500080728, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.18809.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA RUTA DA PEDRA E DA AUGA” Dada conta do Convenio entre Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a execución da obra “Mellora e acondicionamento da Ruta da Pedra e da Auga”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar e promover o turismo cultural, e incentivar o coñecemento do patrimonio cultural, histórico, etnográfico e natural galego e, cuxo orzamento, segundo o proxecto presentado, ascende a cantidade de douscentos trinta e un mil setecentos trinta e un euros con sesenta e dous céntimos (231.731,62€). Dito convenio foi asinado con data de 15 de xullo de 2010, con carácter de urxencia e previos os correspondentes informes. O financiamento do obxecto do convenio é por conta da Consellería de Cultura con cargo a aplicación orzamentaria 2010.11.02.761A.616.0 financiada a través do TP “Axudas á mellora dos servizos turísticos” do PO FEDER Galicia. A Deputación de Pontevedra comprometese a autorizar á Xunta de Galicia a realizar ditas obras achegando as correspondentes licenzas e autorizacións. Visto o informe elaborado polo servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo para a execución da obra “Mellora e acondicionamento da ruta da pedra e da auga(Concellos de Meis e Ribadumia)”. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA E ACONDICIONAMIENTO DA RUTA DA PEDRA E DA AUGA (CONCELLOS DE RIBADUMIA E MEIS) En Santiago de Compostela. REUNIDOS Dunha parte, a Xunta de Galicia a través dos seus representantes: - D. Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura e Turismo, actuando no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, E doutra parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente que se lle confiren na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e na Lei 5/1997 do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN Primeiro.- Que a Consellería de Cultura e Turismo, segundo o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é o órgano da Xunta de Galicia ó que lle corresponde o exercicio, entre outras, das competencias en materia de ordenación, promoción, xestión e fomento do turismo. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da súa Secretaría Xeral para o Turismo ten entre os seus obxectivos básicos levar a cabo accións de potenciación e desenvolvemento do turismo polo que entre ás súas prioridades está a de contribuír á realización de actuacións que impliquen conseguir este obxectivo. Segundo.- Que a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias, con carácter exclusivo, tal e como se desprende do contido do seu Estatuto de autonomía, en materia de promoción e ordenación do turismo dentro da comunidade (artigo 27.21). Que tal e como establece a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local no seu artigo 36, as Deputacións teñen entre outras as competencias de cooperación no fomento do desenrolo económico e social, e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito, e, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia. Para lograr esta finalidade a Consellería de Cultura e Turismo, a través da súa Secretaría Xeral para o Turismo, acomete, no ámbito das súas competencias, un decidido apoio ás iniciativas das entidades provinciais. Por todo o exposto acordan asinar o presente convenio de colaboración en base ás seguintes CLÁUSULAS Primeira.- A Deputación de Pontevedra ten previstas as obras de mellora e acondicionamento da Ruta de Pedra e da Auga nas diferentes marxes do Rego Armenteira, así como nos diferentes elementos arquitectónicos e patrimoniais existentes para mellorar unha ruta fluvial que permita o aproveitamento social, económico e mediambiental deste recurso natural. Segunda.- Constitúe o obxecto do presente convenio establecer as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo-Secretaría Xeral para o Turismo -, e a Deputación de Pontevedra, co fin de promover o turismo cultural, e incentivar o coñecemento do patrimonio cultural, histórico, etnográfico e natural galego, procurando a sensibilización ambiental sobre el, libres de cargas e gravames, cos usos urbanísticos axeitados para a normal execución das obras, así como os correspondentes permisos, sen que se poida xirar contra a Xunta de Galicia, calquera grávame, taxa ou prezo derivado da execución deste convenio. Terceira.- A Xunta de Galicia, dos créditos orzamentarios da Consellería de Cultura e Turismo, achegará ó presente convenio, en concepto de financiamento, a cantidade de douscentos trinta e un mil setecentos trinta e un euros con sesenta e dous céntimos (231.731,62€) con cargo á aplicación orzamentaria 2010.11.02.761 A.616.0 dos vixentes orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia. Esta aplicación orzamentaria está financiada a través do T.P. “Axudas á mellora dos servizos turísticos”, do P.O. FEDER polo que deberá terse en conta o estipulado no Regulamento (CE) n° 1828/2006, en particular sobre as medidas de información e publicidade. Cuarta.- Este Convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa sinatura, e o seu vencemento será 30 de novembro de 2010. Sexta.- A Deputación de Pontevedra comprométese a autorizar á Xunta a que realice as obras necesarias para acadar os fins pretendidos, achegar as oportunas licencias municipais, e tramitar as autonómicas e estatais, eximindo á Consellería Cultura e Turismo do seu aboamento, así como a posta a disposición dos terreos libres de cargas impositivas. Do mesmo xeito, unha vez recibidas provisionalmente as obras e previa comunicación da Consellería de Cultura e Turismo, a Deputación de Pontevedra asume a obriga da xestión directa (sen prexuízo da colaboración con outras administracións públicas ou de entidades privadas sen ánimo de lucro), da explotación, mantemento e conservación correspondentes, realizando tamén as obras de accesibilidade do entorno. A Deputación de Pontevedra deberá manter en perfecto estado de utilización a actuación que se pretende levar a cabo e que será destinada ó seu uso xeral, dando un servizo adecuado ás visitas turísticas. Sétima.- Coa finalidade de asegurar o cumprimento do presente convenio, crearase unha comisión de seguimento de composición paritaria, que coordinará o seu desenvolvemento no caso de que xurdisen dúbidas. A súa actuación axustarase ó establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os representantes das entidades colaboradoras poderán comparecer asistidos por técnicos ou asesores, con voz pero sen voto. En todo caso, os acordos da comisión adoptaranse por unanimidade e serán executivos e vinculantes para as administracións integradas no convenio. Corresponderán á comisión de seguimento as seguintes funcións: - A interpretación do presente convenio resolvendo todas as dubidas que poida xerar a súa execución. - O seguimento da execución do convenio, sendo informada polas administracións asinantes das accións realizadas polo menos unha vez ó ano. Oitava.- O presente convenio resolverase por mutuo acordo das partes e polo incumprimento total ou parcial dalgunha das cláusulas que o regulan. Novena.- O presente documento ten a natureza dos convenios administrativos de cooperación previstos no artigo 4.1 c) da Lei de contratos do sector público e queda, polo tanto, excluído do ámbito da regulación da referida Lei, se ben se observarán os seus principios para a resolución das dúbidas e lagoas que se puidesen presentar. O presente convenio rexerase ademais do disposto nas súas cláusulas, pola Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e polas demais normas de dereito administrativo aplicable, ou no seu defecto polas derivadas do dereito privado, en particular pola Lei 4/2006 de transparencia e boas prácticas da Administración pública Galega, polo Decreto 246/1992 do 30 de xullo polo que se regulan determinadas condicións da execución das obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais ou outros entes de dereito público, e pola resolución do 8 de abril de 1991 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares. As cuestións litixiosas xurdidas da aplicación do presente convenio e non dirimidas en vía administrativa, serán resoltas pola xurisdición contencioso administrativa (art. 8.3 da Lei 30/1992), sen prexuízo da aplicación do artigo 44 da Lei 29/1988 de xurisdición contenciosa para os litixios entre administracións públicas e da Lei 7/1985 reguladora das bases do réxime local. Décima.- A Deputación de Pontevedra consinte a publicidade dos datos relevantes deste convenio, nos termos establecidos na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, así como no relativo á aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, nos seus artigos 11 e 13. No caso de cesión de datos, a entidade beneficiaria cumprirá as esixencias do artigo 12 da Lei 15/1999 de protección de datos, mediante a adopción tanto das medidas de seguridade técnicas como das organizativas. A Consellería informará na súa páxina web oficial da dita subscrición cos seguintes datos básicos: a Identificación das partes que interveñen, o importe do financiamento, a data da sinatura, a finalidade e o período de vixencia. A sinatura do convenio leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos e a referida publicidade. Lido polas partes, por si mesmas e como proba de conformidade co expresado no presente convenio, asinan e rubrican catro exemplares, no lugar e data expresados no encabezamento. Pola Xunta de Galicia O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña Pola Deputación de Pontevedra O Presidente, Rafael Louzán Abal ANEXO I O presente convenio inclúe as actuacións comprendidas dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013, no eixe 5, tema prioritario 57 e actuación coordinación e promoción do turismo. Este convenio está suxeito ó disposto no Regulamento (CE) n° 1083/2006, de 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo e ó Fondo de Cohesión (DOUE 31/07/2006), ó Regulamento (CDE) nº 1028/2006, do 8 de decembro, da Comisión, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) n° 1083/2006, e ó Regulamento (CE) n° 1080/2006 do 5 de xullo, relativo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE 31/07/2006). O beneficiario ten a obriga de prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida no exercicio das funcións de control que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ó Consello de Contas. Por tratarse de Fondos FEDER, con motivo á adecuación á normativa comunitaria, a entidade 231.731,62 euros deberá ter en conta os seguintes puntos: - Estará obrigada a cumprir as obrigacións de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) n° 1828/2006 da Comisión, de 8 de decembro de 2006 e no artigo 1, apartados 1 e 2 do Regulamento (CE) n° 846/2009 da Comisión do 1 de setembro de 2009. - De acordo co artigo 9 do Regulamento (CE) n° 1828/2006 da Comisión de 8 de decembro de 2006 e o artigo 1.2.a) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión de 1 de setembro, todas as medidas de información e publicidades establecidas, incluirán os elementos seguintes: - O emblema da Unión Europea. - Referencia ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). - Proporcionalidade entre emblemas. Este plan pode consultarse na páxina web seguinte: http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos. • Debe terse en conta a Orde EHA 524/2008, do 26 de febreiro, relativa ós gastos subvencionables polo FEDER e o Fondo de Cohesión. • Débese manter a inversión durante cinco anos, segundo o previsto no artigo 57 do Reg. (CE) 1083/2006. • Débese conservar a documentación, por un período de 3 anos a partir do peche do programa operativo, tal e como se define no artigo 89.3 do antedito regulamento e facer unha separación contable dos gastos que facilite a pista da auditoría. Infórmase que a aceptación desta axuda supón a súa publicación na lista de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Reg. (CE) 1828/2006 da Comisión. • Garantirase que o conxunto de axudas non supere o custo elixible e se evite o dobre financiamento.” 4.18810.- APROBACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA RUTA DA PEDRA E DA AUGA” Dada conta do Convenio entre Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a execución da obra “Mellora e acondicionamento da Ruta da Pedra e da Auga”, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar e promover o turismo cultural, e incentivar o coñecemento do patrimonio cultural, histórico, etnográfico e natural galego e, cuxo orzamento, segundo o proxecto presentado, ascende a cantidade de douscentos trinta e un mil setecentos trinta e un euros con sesenta e dous céntimos (231.731,62€). Dito convenio foi asinado con data de 15 de xullo de 2010, e entraba en vigor o día seguinte da súa sinatura, estando previsto o seu remate o dia 30 de novembro. Con tal motivo e tendo en conta que parte do convenio non puido executarse debido o escaso marxe de tempo previsto tanto para conseguir as autorizacións como para incoar o correspondente expediente de contratación que este xa conta cos informes de intervención e de asesoría xurídica da Xunta de Galicia. Vistos os informes previos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Aprobar a Addenda ó convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Deputación provincial de Pontevedra para a execución da obra “Mellora e acondicionamento da ruta da pedra e da auga”. Na addenda modifícase a data de vixencia do Convenio así como modifícase a aplicación orzamentaria prevista para a inversión por parte da Xunta de Galicia. Coas particularidades sinaladas respecto os aspectos orzamentarios, o texto da addenda ó convenio é o transcrito a continuación: “ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA RUTA DA PEDRA E DA AUGA (CONCELLOS DE RIBADUMIA E MEIS) En Santiago de Compostela. REUNIDOS Dunha parte, a Xunta de Galicia a través dos seus representantes: - D. Roberto Varela Fariña, Conselleiro de Cultura e Turismo, actuando no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, E doutra parte, - D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente que se lle confiren na Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e na Lei 5/1997 do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. As partes intervenientes recoñécense capacidade legal para outorgar o presente convenio, para iso: EXPOÑEN Que con data 15 de xullo do 2010 asinaron un convenio de colaboración para a mellora e acondicionamento da ruta da pedra e da auga (Concellos de Ribadumia e Meis). Que na cláusula terceira do citado convenio concretase que a Xunta de Galicia, dos créditos orzamentarios da Consellería de Cultura e Turismo, correspondentes ó exercicio económico 2010 achegará ó presente convenio, en concepto de financiamento, a cantidade de douscentos trinta e cinco mil setecentos vinte e sete euros (235.727,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 2010.47.02.761A.616.0 dos orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia. Que ante a imposibilidade de executar a obra no ano 2010 resulta conveniente imputar o gasto a unha nova aplicación orzamentaria para 2011 e prorrogar o prazo de vixencia ata 30 de setembro de 2011. Por iso, as entidades asinantes, sen renunciar ás súas competencias, acordan subscribir a presente modificación ó convenio de data 15 de xullo de 2010 nas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA: Modifícase a cláusula terceira que queda redactada da forma seguinte: A Xunta de Galicia, dos créditos orzamentarios da Consellería de Cultura e Turismo, achegará ó presente convenio, en concepto de financiamento, a cantidade de douscentos trinta e cinco mil setecentos vinte e sete euros (235.727,00€), con cargo á aplicación orzamentaria 2011.11.02.761A.616.0 dos orzamentos xerais da Comunidade autónoma de Galicia. SEGUNDA: A cláusula cuarta queda redactada da forma seguinte: “Este convenio estenderá a súa vixencia ata o 30 de setembro de 2011” Lido polas partes, por si mesmas e como proba de conformidade co expresado no presente convenio, asinan e rubrican catro exemplares, no lugar e data expresados no encabezamento. Pola Xunta de Galicia O conselleiro de Cultura e Turismo Roberto Varela Fariña Pola Deputación de Pontevedra O Presidente Rafael Louzán Abal” 5.18811.- APROBACIÓN DO ACORDO DE SOCIOS E MANUAL DE XESTIÓN DO PROXECTO VIÑAS ATLÁNTICAS LIFE+ é o instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ó medio ambiente, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2013. A base xurídica que regula o programa LIFE+ é o Regulamento (CE) nº 614/2007 do Parlamento Europeo e do Consello, de 23 de maio de 2007, publicado no Diario Oficial da Unión Europea L149 de 9 de xuño de 2007. LIFE+ cobre tanto os gastos operativos da DG de Medio Ambiente como a cofinanciamento de proxectos. De conformidade co artigo 6 do Regulamento LIFE+, polo menos o 78 % dos recursos orzamentarios de LIFE+ usarase para subvencionar actividades concretas en proxectos (= proxectos LIFE+). Durante o período 2007-2013, a Comisión Europea lanzará unha convocatoria anual de propostas de proxectos LIFE+. A contía dispoñible para o cofinanciamento de proxectos en virtude da convocatoria de propostas LIFE+ de 2009 estableceuse en 250.000.000,00 €. Nesta convocatoria (LIFE+ 2009), o prazo para que os solicitantes presenten as súas propostas ás autoridades nacionais expirou o 15 de setembro de 2009, e a Deputación provincial de Pontevedra remitiu o proxecto Viñas Atlánticas. A continuación, as autoridades nacionais remitiron todas as propostas á Comisión Europea que, á súa vez, tivo que recibilas, antes do 22 de outubro de 2009. Nese momento e ata xuño de 2010 comezou o proceso de avaliación e selección de proxectos. No marco da convocatoria do devandito programa para o ano 2009, a Deputación Provincial de Pontevedra é o beneficiario coordinador do proxecto aprobado baixo a denominación “Life Atlantic Vineyards”, cuxa finalidade é demostrar a necesidade e a viabilidade dunha xestión sustentable para a produción de viño nos viñedos da Denominación de Orixe Rías Baixas (Galicia, noroeste de España), mediante a utilización de menos produtos químicos para loitar contra as enfermidades da uva, principalmente causadas polo clima atlántico, tépedo e chuvioso, que favorece os ataques de fungos (Mildiu, Oidio, Botrytis ...). Conta como socios do mesmo as Cooperativas vitivinícolas Martix Codax, Condes de Albarei e Cooperativa Arousana. Dentro das disposicións comúns ditadas pola Comisión Europea de obrigado cumprimento para a xestión do proxecto procede aprobar un acordo de socios nos 9 meses seguintes á sinatura do acordo entre a Deputación e a Comisión (01/09/2010). Co gallo de garantir o cumprimento dos compromisos acordados redactouse un acordo de socios para asinar entre a Deputación e as diferentes cooperativas, así como un manual de xestión que forma parte integramente de dito Acordo. Tendo en conta os antecedentes e o informe do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: - O Acordo de socios do proxecto LIFE Atlantic Vineyards, cuxos representantes son: o Deputación Provincial de Pontevedra. o Bodegas Martín Codax S.A.U. o Adega Condes de Albarei, Sociedad Cooperativa Galega o Cooperativa Vitivinícola Arousana, S.C.G. - O Manual de Xestión do Proxecto. - O Acordo de subvención entre a Deputación e a Comisión europea así como as Disposicións comúns de xestión as que obriga dito acordo de subvención. 6.18812.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.18813.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN OUTORGADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 28/07/2010, A FAVOR DA ASOCIACIÓN DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO SOCIAL (APRODES), PARA UN PROXECTO DE FORMACIÓN SOCIOLABORAL DE INMIGRANTES Concedida pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 28/07/10, unha subvención de 3.432,00 € a favor da Asociación de Promoción e Desenvolvemento Social (APRODES), para o seu Proxecto de Formación Sociolaboral de Inmigrantes, dentro da convocatoria 2010 de Subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social, e solicitada o 17 de novembro pola citada Asociación, unha prórroga para a referida subvención, co fin de poder levar a cabo todas as actividades do proxecto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 15 de xaneiro, para o remate da actividade obxecto da subvención, que outorgou a Xunta de Goberno do 28/07/10, a favor da Asociación de Promoción e Desenvolvemento Social (APRODES) de Vigo, polo importe de 3.432,00 €, para o proxecto de Formación Sociolaboral de Inmigrantes. 8.18814.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DOS MUNICIPIOS DO INTERIOR DO SALNÉS: OS ROTEIROS DA AUGA II Dada conta da solicitude de pago da xustificación presentada pola Mancomunidade do Salnés (G-36.061.174), correspondente ó investimento denominado “Recuperación do patrimonio etnográfico dos municipios do interior do Salnés. Os Roteiros da Auga II”, desenvolvido mediante o convenio subscrito coa Deputación de Pontevedra, de data 9 de agosto de 2009, á vista da documentación achegada e dos informes emitidos polos servizos de infraestruturas e intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de trescentos mil euros (300.000,00 €) a favor da citada Mancomunidade. - Declarar o aboo da cantidade de trescentos mil euros (300.000,00€), como pago da subvención concedida á Mancomunidade do Salnés (G-36.061.174) para a execución do investimento “Recuperación do patrimonio etnográfico dos municipios do interior do Salnés: Os Roteiros da Auga II”, con aplicación ó estado de gastos do vixente orzamento provincial e con cargo á aplicación 2010/330.336.76350.2009. 9.18815.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MONDARIZ PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2010003323, DENOMINADA “CAMBIO DE CUBERTA NA EDIFICACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS DE MONDARIZ”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2010003323, denominado “Cambio de cuberta na edificación da praza de abastos de Mondariz”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Aprobar o cambio de aplicación do investimento núm. 2009002617 “Saneamento no Rañadoiro, Lougares”, de maneira que o novo destino sexa o investimento 2010003323 “Cambio de cuberta na edificación da Praza de abastos de Mondariz”, por un importe de 66.893,31 € imputables á anualidade 2010. 2º Resolver o expediente de contratación do investimento 2009002617 iniciado por Resolución Presidencial do 10 de novembro de 2010. 3º Conceder ó Concello de MONDARIZ a cantidade de 106.867,28 € con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa, para a realización do investimento, núm. 2010003323, denominado “Cambio de cuberta na edificación da Praza de abastos de Mondariz”, cun orzamento de 298.760,59 €, achegando a diferenza de cofinanciamento á entidade local beneficiaria, de acordo coa seguinte distribución por anualidades e por entidades cofinanciadoras: Exercicio Achega Deputación Achega concello ou outros 2009 2010 66.893,31 € cambio de aplicación investimento núm. 2009002617 106.867,28 € libre disposición 125.000,00 € 2011 TOTAL 173.760,59 € 125.000,00 € A achega provincial realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.762.00 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez se realice a oportuna modificación de crédito. Esta concesión suxeitarase ás condicións establecidas nas bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2009-2011, as bases de execución do orzamento, Lei 38/2003, xeral de subvencións, regulamento de desenvolvemento, Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais lexislación aplicable. 4º Execución propia.- De conformidade co disposto na Base Décimo Terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, que faculta ao presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, autorízase ó concello de Mondariz para executar a obra cos seus propios medios, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2011, e xustificado antes de tres meses desde o seu remate e, en todo caso, antes do 31/12/2011, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2011. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de si se cumpriron os obxectivos propostos. b. Conta xustificativa dos gastos. c. Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d. Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, si se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e. Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ao investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. 10.18816.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL OS ARANDOS DO CONCELLO DE RODEIRO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 01/09/2010 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 01/09/10 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Os Arandos con CIF: G-94.000.304, do Concello de Rodeiro, por un importe de 697,00 €, para “Adquisición de vestiario” con cargo á aplicación 10/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 09/12/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día por non dispor dos medios económicos necesarios, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.18817.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE TÉCNICO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL PARA O LABORATORIO DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Técnico Superior en saúde Ambiental e/ou Técnico Superior en Laboratorio e Diagnóstico Clínico, con destino á estación Fitopatolóxica do Areeiro, para a realización de tarefas de Diagnóstico Fitopatolóxico, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 25.18641, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta Bolsa á aspirante que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na Base Sexta das Bases: 1. PAULA E. ESCOFET CRESPO A dotación económica é de 1.000,00 €/mes, con efectos 1 de xaneiro de 2011 e por un período dun ano, a contar dende a data na que ó adxudicatario comezará o seu desempeño, e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de tres anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01 do orzamento provincial. A aceptación e disfrute de esta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do bolseiro ó citado Organismo. 12.18818.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS PARA A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Mediante escrito de data 7 de decembro de 2010, o Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro presentou a solicitude de prórroga da Bolsa de investigación da que é beneficiario D. Raul Nicolás Torres, informando que levan a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 3 de decembro de 2008, número 4.16671 acordouse a adxudicación dunha Bolsa para a realización de tarefas de investigación na sección de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con efectos 16 de decembro de 2008 e por un período dun ano. As Bases da Convocatoria, establecen que “a Bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma e poderá ser prorrogada por períodos anuais até un máximo de catro anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno”. A prórroga desta Bolsa finaliza o próximo 15 de decembro de 2010, aínda que de acordo co establecido nas Bases, é posible a súa prórroga por un novo período anual. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que son conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a Bolsa de investigación da que é beneficiario D. Raúl Nicolás Torres, con efectos 16 de decembro de 2010, e por un período dun ano. A dotación económica da Bolsa ascende a 1.200,00 €/mes, o que supón un total de 619,36 €, para o exercicio 2010, e 13.780,65 para o 2011, cantidades que se imputarán á partida 413.413.481.01, do orzamento provincial. De acordo co informe emitido por Intervención de data 13 de decembro de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto existe crédito dispoñible, quedando retido a tal fin por medio de documento RCC número de operación 201000110232. 13.18819.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. GUILLERMO GONZÁLEZ CASTRO POR DANOS MATERIAIS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 4005 AREAS-ALXÁN-CABREIRA (PONTEAREAS) Dada conta que con data de rexistro 13/10/09 tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial subscrita por D. Guillermo González Castro, con enderezo de notificacións na rúa Victoriano Pérez Vidal nº 25, 36470 Salceda de Caselas, por danos materiais sufridos coma consecuencia de accidente de tráfico provocado pola irrupción dun xabaril na E.P. 4005 Areas- Alxán- Cabreira o día 17/10/08 e que individualiza economicamente en 2.180,09 €. Resultando.- Que con data 29/10/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas que o emitiu en data 06/11/09 co seguinte contido: “… Primero.- La E.P. 4005 Areas- Alxán- Cabreira pertenece a la red provincial de carreteras. Segundo.- Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia, ni de otros ocurridos por la misma causa, en fechas próximas, anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. Tercero.- En este punto se hace preciso desvirtuar las alegaciones del reclamante cuando afirma, entre otras cuestiones, que “La Administración a la que me dirijo es responsable de los daños causados al indicado vehículo dado que el jabalí procedía de un terreno de su titularidad accediendo igualmente a una carretera de la Diputación cuyo mantenimiento, vigilancia y administración le corresponde, dado que no existe Coto/Tecor privado de caza que deba responder de ello”. Sin embargo en el escrito presentado por D. Guilermo González Castro no se tienen en cuenta los siguientes datos: Primero.- Los terrenos de los que procedía el jabalí no son de titularidad provincial sino privada; en este sentido señala el artículo 30 de la Ley 4/1994, de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia, que “La zona de dominio público está integrada por los terrenos adquiridos por título legítimo por la Administración titular de la vía para la construcción de esta y sus elementos funcionales”, dominio público que estaría formado por la zona de circulación y, en su caso, los arcenes. En consecuencia, si la irrupción del jabalí se produce desde terrenos particulares corresponde a sus propietarios mantenerlos en perfecto estado de conservación. En este sentido el artículo 9 de la Ley 9/20002, de 30 de diciembre, de Ordenación Urbanística y de Protección del Medio Rural de Galicia, establece que “Los propietarios de toda clase de terrenos, construcciones, edificios e instalaciones deberán… mantenerlos en condiciones de funcionalidad, seguridad, salubridad, ornato público y habitabilidade según su destino…”, mientras que el artículo 199 del citado texto legal dispone además que “Los Ayuntamientos ordenarán de oficio a instancia de cualquier interesado… la ejecución de las obras necesarias para conservar aquellas condiciones… y en caso de incumplimiento de la orden de ejecución de obras la Administración municipal procederá a la ejecución subsidiaria de la misma o a la ejecución forzosa mediante la imposición de multas coercitivas.” Segundo.- Hechas las comprobaciones oportunas y según se afirma en el propio escrito de reclamación, en el tramo del vial en el que se produce el siniestro no existe Tecor/Coto privado de caza. Es por ello que de acuerdo con lo dispuesto en el anexo 9.9.2 de la Orden de 28 de diciembre de 1999, por la que se aprueba la norma 8.1-IC “Señalización vertical” de la Instrucción de Carreteras, en el tramo en cuestión no es necesaria la presencia de la señal P-24 “animales sueltos” ya que según dicho anexo “La posible presencia de animales sueltos, al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales, etc, se advertirá mediante la señal P-24, complementada en su caso por un panel indicativo de la longitud afectada”, circunstancia que no concurre en este supuesto ya que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente no atraviesa ninguno de estos lugares.” Resultando.- Que con data 09/11/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas para que informe sobre si é posible identificar ó propietario do terreo e os seus lindeiros, que o emitiu en data 25/11/09 co seguinte contido: Primero.- Visitado el tramo del vial en el que se produjo el siniestro, el capataz de la brigada de la zona, D. Urbano Javier Costas Rodríguez, informa que no ha podido localizar a los propietarios de los terrenos colindantes con la carretera provincial E.P. 4005 Areas- Alxán- Cabreira. Segundo.- En cualquier caso reiterar que ninguna responsabilidad ses puede achacar a la Diputación Provincial de Pontevedra derivada del estado de conservación de la carretera vy de su señalización ya que según informa la Guardia Civil de Tráfico: a) El jabalí irrumpe en la zona de circulación desde terrenos situados en el margen izquierdo de la calzada (que no son de dominio público). b) El siniestro se produce en una recta sin que exista restricción de visibilidad. c) La señalización de peligro era innecesaria (al no existir peligro); en este punto es preciso reiterar que como quiera que en las inmediaciones del tramo del vial en el que se produce el siniestro no existe un Tecor/Coto privado de caza, no es necesaria la instalación de señales P-24 que adviertan de la presencia de “animales sueltos” en la carretera. Resultando.- Que con data 14/04/10 e 12/05/10 e con fundamento no artigo 4.2 da Lei 30/92, solicitouse informe ó Sr. Alcalde do Concello de Ponteareas para que confirmase se o citado punto quilométrico pertence ó termo municipal de Ponteareas e informase sobre a identidade do propietario do terreo do que irrompeu o xabaril e a dos seus lindeiros, informando do seguinte en data 08/11/10: “… O devandito punto kilométrico atópase dentro do municipio de Ponteareas, segundo plano que se achega… Linda pola marxe esquerda coa parcela nº 1.791 do Catrastro que, segundo dito arquivo, está a nome de D. Alfonso Pérez Coto. Por outra banda, os propietarios dos seus lindeiros, segundo o mencionada plano e catastro son D. Andrés Márquez Álvarez e Dna. María Isabel Ameijeira Trigo.” Resultando.- Que con data 12/11/10 e con fundamento no artigo 31.1, parágrafos “b” e “c” da Lei 30/92 déuselle traslado da reclamación a D. Alfonso Pérez Coto para que puidera comparecer como interesado, facendo no escrito de data 23/11/10 as seguintes alegacións: “Primero.- Efectivamente la parcela nº 1.791 del Catastro es de mi propiedad. Segundo.- La misma está dedicada a monte, sin que en la misma exista cría de animal alguno. Tercero.- De todos es conocido el incremento de jabalís en la actualidad, que entran en las propiedades, destruyéndonos toda clase de cultivos y produciendo numerosos daños. Cuarto.- Yo no tengo responsabilidad alguna sobre la entrada en mi propiedad de dicho jabalí, si efectivamente así sucedió, ya que a lo largo del día recorre multitud de ellas. Quinto.- Tal y como establece el Código Civil en su Artículo 1905: El poseedor de un animal, o el que se sirve de él, es responsable de los perjuicios que causare, aunque se le escape o extravíe. En el caso que nos ocupa, yo no soy propietario de dicho jabalí, ni tengo nada que ver en este expediente.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo pois a simple lectura do artigo 149.5 do R.d. 1.428/03 de 21 de novembro que aprobou o regulamento xeral de circulación, revela ben ás claras que é necesario acreditar a frecuencia na irrupción de fauna salvaxe: “Los tipos de señales de advertencia de peligro, con su nomenclatura y significado respectivos, son los siguientes: (…) P-24. Paso de animales en libertad. Peligro por la proximidad de un lugar donde FRECUENTEMENTE la vía puede ser atravesada por animales en libertad…” Considerando.- Que a recente sentenza 228/08, do Xulgado do Contencioso Administrativo n. º 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 204/08 eximiu á Deputación da obriga de instalación do sinal P-24 (paso de animais en liberdade) por non terse acreditado a FRECUENCIA e HABITUALIDADE no paso, deixando dito que: “...No hay dato alguno en el expediente administrativo ni informe al respecto que indique que el tramo en el que ocurrió el accidente constituye un lugar de paso habitual, y no esporádico, de animales salvajes que hiciera necesaria la señalización adecuada al respecto, en concreto con la señal P-24. Es más, tampoco hay constancia de que en dicho tramo de la carretera y en un lapso de tiempo próximo al accidente registrado, se hubiesen originado otros por similares causas, es decir, por el acceso inopinado de un jabalí a la carretera.” Na mesma liña, a recentísima sentenza 27/2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, nos autos de procedemento abreviado 432/08, con identidade de razón á que nos ocupa, eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Al no existir una obligación legal de señalizar ese tramo, y al no haberse demostrado por la parte actora que el mismo debería de ser señalizado (…), no es posible imputar la responsabilidad en la producción de los daños a la Administración aquí demandada (Diputación)…” Próxima no tempo, a sentenza 119/10, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 63/10 eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que… “…Tampoco ha quedado acreditado de la prueba practicada que el lugar en que se produjo el accidente sea un lugar de paso frecuente de animales de caza, que hiciera necesario advertir a los usuarios de la vía por medio de la señalización pertinente al respecto (P-24), no constando según la información obrante en el expediente, la existencia de ningún otro siniestro de similares características en dicho tramo de la vía.” Considerando.- Que a sentenza do TSXG dimanante dos autos 21/2004 que tivo como poñente a Seoane Pesqueira que razoa neste mesmo sentido. Considerando.- Que a detentación (como xa ten dito o T.S. ata a saciedade) dunha infraestrutura material (a estrada) non converte, no presente suposto, a Deputación nunha sorte de aseguradora universal de todos os sinistros, pois é sabido que existe un estándar medio de risco predicable de calquera actividade humana ó que non é allea a condución de vehículos a motor. Considerando.- Todo o anterior, resta atribuír o sucedido a un suposto de forza maior, caracterizada pola súa externalidade e irresistibilidade, e motivante da súa imprevisibilidade e consecuente inevitabilidade ó que é allea esta Deputación. Considerando.- Que o artigo 1902 do Código Civil establece o seguinte: “El que por acción u omisión causa daño a otro, interviniendo culpa o negligencia, está obligado a reparar el daño causado”, polo que non cabe descartar unha implícita obriga de valado na fronte da estrada que evite a irrupción de fauna salvaxe. Considerando.- Que a administración titular da estrada non está obrigada por Lei ó valado da mesma, polo que non ten responsabilidade neste tipo de accidentes. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 14.18820.- RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS PARA O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO E APROBACIÓN DUN NOVO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 27 de outubro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, por un importe global de 135.000,00 €, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 215 de data 9 de novembro de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 26 de novembro de 2010, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas e empresarios, TALLERES BAULO, S.L.; VEHÍCULOS, EQUIPAMIENTOS Y CARROCERÍAS PRIETO-PUGA, S.L. (VEICAR, S.L.); GEESINK B.V.; SOCIEDAD DE INGENIERÍA Y TRANSPORTES AUXILIARES, S.A.; INTURASA PÉREZ RUMBAO, S.A.; AUTOMOCIÓN LA JUNQUERA, S.L. e EQUIPTRANS, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2010, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, e procedeu á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que o Xefe do Parque de Maquinaria emite informe de data 9 de decembro de 2010 onde deixa constancia que unha vez examinadas as ofertas presentadas por TALLERES BAULO, S.L.; VEHÍCULOS, EQUIPAMIENTOS Y CARROCERÍAS PRIETO-PUGA, S.L. (VEICAR, S.L.); GEESINK B.V.; SOCIEDAD DE INGENIERÍA Y TRANSPORTES AUXILIARES, S.A.; INTURASA PÉREZ RUMBAO, S.A.; AUTOMOCIÓN LA JUNQUERA, S.L. e EQUIPTRANS, S.A., ningunha delas cumpre co prego de prescricións técnicas no referente a que os vehículos ofertados non dispoñen do freo “RETADE” acoplado á caixa de cambios. Resultando que a Mesa de Contratación en reunión celebrada o día 14 de decembro de 2010 e en base ó informe do Parque de Maquinaria de data 9 de decembro de 2010, acorda propor ó órgano de contratación que declare deserto o procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, motivado polo feito de que ningunha das empresas presentadas cumpre co preceptuado no prego de prescricións técnicas onde se recolle que o autobastidor do vehículo solicitado deberá de dispor como freo auxiliar dun retardador hidráulico axustado á caixa de cambios. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Declarar deserto o procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, cuxo anuncio se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 215 de data 9 de novembro de 2010, en base a que ningunha das empresas presentadas cumpre co preceptuado no prego de prescricións técnicas onde se recolle que o autobastidor do vehículo solicitado deberá de dispor como freo auxiliar dun retardador hidráulico axustado á caixa de cambios. 2. Conservar todos os actos e trámites realizados en relación á aprobación, pola Xunta de Goberno na sesión do día 27 de outubro de 2010, do expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, coa excepción do prego de prescricións técnicas de data 1 de xullo de 2010. 3. Aprobar de novo o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, pola cantidade máxima de cento trinta e cinco mil euros (135.000,00 €), IVE e gastos de matriculación incluídos, de acordo co seguinte detalle: Prezo sen IVE 114.406,78 € IVE (18 %) 20.593,22 € TOTAL 135.000,00 € 4. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas e o novo prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria con data 15 de decembro de 2010 que rexerán na contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro. 5. Autorizar o gasto por importe de 135.000,00 € de acordo ao seguinte detalle: • 30.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45, do vixente orzamento provincial. • 35.000,00 euros, con cargo á correspondente aplicación orzamentaria do orzamento provincial do exercicio de 2011. • 70.000,00 euros con cargo á achega a realizar polo Concello de Campo Lameiro durante os exercicios 2010 e 2011. 6. Iniciar de novo o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. A adxudicación deste procedemento aberto quedará condicionada á aprobación do orzamento provincial do exercicio de 2011, en canto á existencia de crédito para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato e ao ingreso das achegas a realizar polo Concello de Campo Lameiro. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS PARA O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO 1.- OBXECTO.- A subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, de conformidade co prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe do Parque de Maquinaria de la Deputación Provincial de Pontevedra. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase da seguinte forma: Exercicio Achega Deputación Pontevedra Achega Concello Campo Lameiro 2010 30.000,00 € 35.000,00 € 2011 35.000,00 € 35.000,00 € TOTAL 65.000,00 € 70.000,00 € A achega da Deputación de Pontevedra do exercicio de 2010 efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 e a achega correspondente á anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria dito exercicio quedando condicionada a adxudicación á aprobación do respectivo orzamento. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase no ano 2011, unha vez recepcionado o camión, aprobado o orzamento do exercicio 2011 e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, todo iso de conformidade co que se establece no os artigos 268 e 269 da Lei 30/2007 do 30 de outubro, de contratos do Sector Público (LCSP, en adiante). 4.- LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.- A subministración do camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, efectuarase no lugar que se indique do termo municipal do Concello de Campo Lameiro no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de cento vinte días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento catorce mil catrocentos seis euros con setenta e oito céntimos (114.406,78 €) sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE, que se estima en vinte mil cincocentos noventa e tres euros con vinte e dous céntimos (20.593,22€): A) Prezo sen IVE………………………… 114.406,78 € B) IVE (18 %) …………….……………... 20.593,22 € C) TOTAL…………………….………… 135.000,00 € 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias de que constitúana e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato derívense ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas por que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varia empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedidos polo órgano de contratación ó licitador que presente a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Enderezo de correo electrónico en que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva dos bens a subministrar, especificando as características técnicas, estéticas e funcionais dos mesmos, así como a marca e modelo. 3. Declaración relativa á asistencia técnica ofertada en que se fará constar a duración do período de garantía (indicarase a diferenza entre a garantía solicitada pola Deputación de Pontevedra e a ofertada a maiores), os medios de asistencia técnica cos que conta e o compromiso expreso de poñelos a disposición do mantemento ou se é o caso reparación dos bens se resulta adxudicatario, así como o programa e condicións de mantemento. Prezo anual do mantemento, unha vez transcorrido o prazo de garantía. 4. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación das mesmas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun xeito inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. 5. Catálogos, folletos, fotografías ou vídeos relativos ós bens que se ofertan. 6. Designación de nave comercial ou local en onde poidan examinarse os bens ofertados. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada os técnicos que se consideren oportunos, os que a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación Melloras sobre as características técnicas exigidas…………. 30 puntos Asistencia técnica, garantía e mantemento………………. 20 puntos 12.2.-Enumeración de os criterios evaluables mediante fórmulas (Sobre “C”) Os criterios evaluables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global …………………………………… 40 puntos Prazo de entrega…………………………………………….. 10 puntos • A oferta económica e o prazo de entrega puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.-OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Porén, excluirase para o cómputo dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número dos restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). n = 1: Se b1 > 25, entonces la oferta 1 (única) es temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entonces la oferta 2 es temeraria. Obsérvese que la condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sea 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i es temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular canto ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non sexan declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar dita clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalada neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de acharse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cubrirse axeitadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a conseguir a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que queden clasificadas as ofertas. 15.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que tivesen interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- O adxudicatario realizará todos os trámites e xestións necesarias para a matriculación do camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, así como para a obtención do permiso de circulación, sendo da súa conta todos os gastos que diso se deriven, incluído o aboamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica esixido para a matriculación do mesmo. Serán tamén por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300,00 €. 20.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato se fixa nun ano. Se durante o prazo de garantía acreditásese a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración que hai que reclamar do contratista a reposición de que resulten desaxeitados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista que hai que coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para a fin pretendida, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación ditos bens non serán bastantes para lograr aquela fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 275 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don...., maior de idade, veciño de................., con domicilio en ..................... titular do DNI..............., expedido en data ..........., actuando en nome propio ou en representación de.............. con NIF/CIF ……… e domicilio en..............., teléfono........... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á “Subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o concello de Campo Lameiro”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: A) Prezo sen IVE euros. B) IVE (18%) euros. C) TOTAL (A+B) euros. (En letra e número)” • Prazo de entrega: (indicar o mesmo) O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 15.18821.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “POUSADA EN ARMENTEIRA” (CONCELLO DE MEIS) NO MARCO DO PROXECTO POUSADAS COFINANCIADO POLO FEDER O proxecto “POUSADAS”, presentouse dentro das axudas FEDER do Eixo 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007 ), Eixo 5 Desenvolvemento Local e Urbano, para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). O obxectivo primordial deste proxecto cofinanciado nun 70% polo FEDER é a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor os recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos..., entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. A Xunta de Goberno, en sesión de 10 de decembro de 2010, acordou aprobar o proxecto da obra “Pousada de Armenteira” que conta cun orzamento total de 2.584.000,00€. Resultando que polo Sr. Secretario se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o disposto no artigo 185 do TRLRHL, de 5 de marzo 2004, concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 2.584.000,00 € que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.430.622.01. Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Pousada de Armenteira” (Meis) por importe de dous millóns cento oitenta e nove mil oitocentos trinta euros con cincuenta e un céntimos (2.189.830,51 €), sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE de trescentos noventa e catro mil cento sesenta e nove euros con corenta e nove céntimos (394.169,49 €). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “POUSADA EN ARMENTEIRA (MEIS) NO MARCO DO PROXECTO POUSADAS COFINANCIADO POLO FEDER. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- O proxecto “POUSADAS”, presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007 ), Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). Que o obxectivo primordial deste proxecto cofinanciado nun 70% polo FEDER é a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor os recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos..., entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. O Obxecto do contrato é a execución da obra “Pousada da Armenteira” (Meis). A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,50 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licencias, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. O dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. As ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9:00 a 13:00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A” : documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso deberá xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicada sobre o orzamento de execución material da obra, e determinada no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesmas. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentase a oferta mais vantaxosa para que dentro do prazo de 10 días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e calquera outro documento acreditativo da súa actitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos 5 días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. Ademais o adxudicatario debera colocar unha placa explicativa permanente, visible e de gran tamaño, nun prazo máximo de seis meses a partir da conclusión da operación, e colocar un cartel durante a execución da operación no enclave desta. Na placa ou cartel, indicarase: o tipo e o nome da operación, indicando que o proxecto foi cofinanciado polo Fondo Europeo de egulamento (CE) n.º 1828/2006, a seguinte inscrición: “UNIÓN EUROPEA, FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL”, e o lema “Un xeito de facer Europa”. Dita información ocupará, como mínimo, o 25 por cento da placa ou cartel. Unha vez concluída a operación, substituirase o cartel pola placa explicativa permanente. Ambos os dous modelos serán subministrados pola entidade promotora. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como basee para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de prema. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........, maior de idade, veciño de.........., con domicilio en ...........titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................ (CIF- núm. .............) e con domicilio en ................, teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra), comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “POUSADA EN ARMENTEIRA (MEIS)” NO MARCO DO PROXECTO POUSADAS COFINANCIADO POLO FEDER. CPV 45230000. A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Tipo de licitación: 2.189.830,51 euros, sen IVE IVE: 394.169,49 euros Total: 2.584.000,00 euros C) FINANCIAMENTO: Anualidade Partida Importe 2.010 10/942.430.622.01 2.584.000 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en doce meses, e a data cóntase desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Grupo C Subgrupos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7,8 e 9 Categoría E” 16.18822.- REQUIRIMENTO PARA A PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA EN RELACIÓN COA ADXUDICACIÓN DA OBRA “REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA SEDE DA SOCIEDADE CULTURAL DE CAMBADOS” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 06/10/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Reforma e acondicionamento da sede da Sociedade Cultural de Cambados”, cun orzamento de 594.891,72 €, máis a cantidade de 107.080,51 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 19/11/2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos sobres “A” achegada polos licitadores, excluíndose a oferta formulada por Contrucciones Fernandez Piñeiro e Hijos, S.L. por carecer da clasificación empresarial esixida, admitíndose as demais ofertas presentadas. Resultando que con data 22/11/2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Arquitectura para a súa valoración. Resultando que polo Arquitecto Provincial emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 29/11/2010, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Arquitecto Provincial, relativo á valoración da documentación contida nos sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de ORECO, S.A., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total ORECO, S.A. 35,33 47,550 82,880 COPCISA, S.A. 31,92 44,425 76,345 JESUS MARTINEZ ALVAREZ, S.A. 35,48 25,599 61,079 UTE AIN, S.L.-ATLANTICA DE CONSTRUCCION Y MEDIO AMBIENTE, S.L. 30,84 29,318 60,158 DICSA 33,99 15,734 49,724 CONSTRUCCIONES RAMIREZ, S.L.U. 30,05 10,673 40,723 Resultando que ORECO, S.A ofertou executar a obra de “Reforma e acondicionamento da sede da Sociedade Cultural de Cambados”, na suma de 464.015,54 € máis 83.522,80 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de catro meses e medio, melloras valoradas en 84.693,07 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, segundo o establecido no art. 135 da Lei 30/2007, de Contratos do Sector Público, requirir a ORECO, S.A., que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE. Por este mesmo Órgano adxudicarase o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación requirida. 17.18823.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO E.P. 8601 RÚA DEPUTACIÓN (PONTECESURES) A Xunta de Goberno, en sesión de 10/11/2010, adxudicou provisionalmente a obra de “Acondicionamento Rúa Deputación (Pontecesures)”, á empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “acondicionamento Rúa Deputación (Pontecesures)”, efectuada, en sesión de 10/11/2010, a favor de Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. na suma de 463.854,37 €, máis 83.493,79 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de cinco meses, melloras valoradas en 28.627,56 € e o 3,00 % do orzamento de execución material, correspondente á adxudicación da obra, para control de calidade. Así mesmo, desígnase Director de Obra ó Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas-Xefe da Zona Centro D. Alfredo Montero Vaz. 18.18824.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 9.18683 DA SESIÓN SA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 3/11/10 RELATIVO Á “SUBSTITUCIÓN DA GARANTÍA CONSTITUÍDA POLA EMPRESA ORECO, S.A., PARA RESPONDER DA EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO NOVO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Xunta de Goberno, en sesión do día 3 de novembro de 2010, adoptou o acordo de cancelar o aval bancario constituído pola empresa Oreco, S.A. por un importe de 1.447.548,00 euros, equivalente ó 20% do importe da adxudicación inicial, previa constitución dun novo por importe de 519.200,00 €, equivalente ó 4% do importe de adxudicación do proxecto modificado nº 1. A empresa Oreco, S.A. considera máis operativo, por así manifestarllo ó banco avalista, minorar o aval constituído por importe de 1.447.548,00 €, ata a cantidade de 519.200,00 €. Tendo en conta que a finalidade que se persegue é a mesma, e coa finalidade de non causar prexuízos á empresa, ó ter que constituír un aval novo antes de anular o outro, estímase que pode accederse á petición. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o acordo de referencia no sentido de que en vez de cancelar o aval bancario constituído pola empresa Oreco, S.A. por un importe de 1.447.548,00 €, previa constitución dun novo, por un importe de 519.200,00 €, pode procederse á minoración do xa constituído ata esta cantidade. 19.18825.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición