ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Preito de Juan Antonio Mariño de Lobera y Sotomayor contra Antonio Gago Lorenzo e outros sobre os bens de Quintáns

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..3.1.35.776/22

  • Título Preito de Juan Antonio Mariño de Lobera y Sotomayor contra Antonio Gago Lorenzo e outros sobre os bens de Quintáns

  • Data(s)

  • Volume e soporte 199 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido >Expediente do preito de Don Juan Antonio Mariño de Valladares Lobera y Sotomayor contra Antonio Gago Lorenzo e outros herdeiros de Juan de Landín e Andrés Doya, sobre os bens de Quintáns. Ante Antonio Gónzalez Abad Contén: -memorial de bens (páxina 6-24) -traslado da escritura de vínculo e testamento de Alonso de Balboa, sobriño do bacheler Juan de Balboa e Teresa Ares a que lle deixou o vínculo e maiorazgo. Data: 1587, 3, 28. Cambados, (páxinas 115 e ss.) -sentenza (1689, 3,18),( páxina 208 e ss.)

Área de notas

  • Nota É moi posible que a carpetiña de carta executoria, que ten como código de referencia 35.776/21, e que estaba solta, sexa deste preito

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición