ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arrendamento por dez anos dos bens da marquesa de Bóveda en Rianxo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.5.35.776/30

  • Título Arrendamento por dez anos dos bens da marquesa de Bóveda en Rianxo

  • Data(s) 1882-10-17 (Creación)

  • Volume e soporte 1 folla

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Escritura de arrendamento por dez anos dende o 1 de Novembro de 1882 a Novembro de 1892, a Feliciana Rey e as súas fillas (Manuela e Dolores Iglesias) dos bens que a marquesa viúva de Bóveda, ten no concello de Rianxo. Ante o notario Senen? Rodríguez García

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición