ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

BENEFICENCIA E COHESIÓN SOCIAL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7

  • Título BENEFICENCIA E COHESIÓN SOCIAL

  • Data(s) 1786 - 2023 (Creación) 1902 - 2023 (Produción)

  • Volume e soporte 2.326 unidades de instalación con 14.978 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de Sección contén documentos derivados das actuacións en materia benéfica da Deputación Provincial e da xestión dos centros propios ou asociados que cobren estas funcións na provincia. O termino beneficencia, no seu senso máis tradicional, engloba a asistencia para .cubri-las necesidades humanas fundamentais de subsistencia, mantenza, vestido, teito e o dereito á vida e integridade física. Naturalmente, os beneficiarios eran e son todas aquelas persoas con declarada imposibilidade de se asistir por si mesmos, e polos seus propios medios. Neste apartado da beneficencia, referímonos exclusivamente á indixencia ou pobreza de solemnidade en si mes m a, sen ter en canta a asistencia médico sanitaria que trataremos noutro apartado. Foi necesario agarda-la Lei de Beneficencia de 1822 para que a administración tomase para si a responsabilidade de atender a estes grupos sociais empobrecidos. Ata entón, estas necesidades viñéronse cubrindo gracias á vontade e xenerosidade dos grupos sociais privilexiados, creando obras pías, fundacións, etc.; institucións que habitualmente nacían ao amparo dos bos desexos “postmortem” dalgún testamentario que cedía parcial ou totalmente a súa fortuna a favor da creación de institucións de protección a orfos, menesterosos, enfermos ou, simplemente, de ensino. A pesar do disposto na Lei de 1822, as Xuntas Provinciais de Beneficencia non tiveron existencia ata a lei do 20 de xuño de 1849 que viría a clarificar e delimitar función entre os tres estamentos públicos implicados, creándose Xuntas Nacionais, Provinciais e Municipais. Esta Lei de 1849, define claramente como establecementos de natureza provincial as casas de maternidade e expósitos e as de orfos e desamparados. O regulamento de execución da Lei do 49 non tivo efectividade ata a R.O. de 14de maio de 1852, ano que xunto ó 1853 acusaría unha dura crise de subsistencia, en relación coa cal nace na cidade de Pontevedra a Casa Hospicio. Naturalmente, outra moita lexislación seguiu aparecendo, pero as dúas citadas foron definitorias e case definitivas no futuro da organización benéfica na que os cambios son máis ben terminolóxicos e de mellora xeral en instalacións. En realidade a Deputación de Pontevedra actuou con lentitude na creación das institucións encomendadas, quizais porque tivo oportunidade de se apoiar en institucións de carácter fundacional xa existentes. Agardouse ata 1872 para crear a súa propia Inclusa, ata 1878 para asimilar a Casa Hospicio e ata 1928 para responsabilizarse directamente do Hospital Provincial. A primeira reacción seria da Deputación perante os problemas de beneficencia parte de 1839, na que a Corporación decide o nomeamento dunha Comisión para a reunión de datos e novas sobre as institucións benéficas existentes na provincia para, deste xeito, poder propor un plan de arbitrios en arde ó seu mellor sostemento. Polas actuacións posteriores deducimos que o que realmente se tentaba era coñecer as posibilidades da beneficencia privada para integralas no control da administración. As institucións de carácter benéfico-privado eran, por entón, abondosas. Só na cidade de Pontevedra presentaran as súas contas a control en 1481, a Obra Pía de Orfas, a Obra Pía denominada de Educación e Mocidade, a Casa de Misericordia e o "Hospital de San Juan de Dios". Naturalmente, estas institucións amosáronse con remorsos ás teimas da Deputación de "organiza-la beneficencia provincial" e, ó parecer, ó menos nalgúns casos, sobradas razóns tiñan. Un has foron fusionadas, outras mudaron a función para a __ que foran creadas e algunhas como a da fundación do Hospitalillo de Bouzas, o depósito da cal de fondo fundacional era moi importante, intentouse convertela, antes de se instituír, nunha Caixa de aforros para a cidade de Pontevedra, e só a voz alporizada dalgún Deputado o impediu que o desaforo se fixese realidade. Non obstante, parece xusto recoñecer a importancia que tiña unha boa organización destes órganos fundacionais que, polo que se observou nalgunhas distaba moito de acadar o que debía ser unha administración eficiente, e incluso en varias del as existían razóns sobradas para a súa desaparición pola xa inútil labor que realizaban. A reticencia de ditas institucións foi case constante, ata tal punto que obrigou á Deputación a que, en 1843, publicase unha circular na que se ameazaba ás Xuntas que non enviasen os seus presupostos, coa imposición dunha multa de mil reais. Pasto que a Deputación non dispoñía de institucións propias tivo de cumprir, como labor principal, o de fiscalización das alleas, nas que se apo1ana permanentemente. Os expósitos da provincia ingresaban a través do torno da Inclusa do Hospital de Santiago, e os abandonados nas rúas, eran entregados á responsabilidade das nodrizas, que os criaban a cargo dos repartimentos que se facían nos pobos correspondentes. Os orfos de máis de seis anos ou os procedentes das Inclusas pasaban xeralmente á Casa de Caridade de Tui. No ano 1841, o Hospital Xeral de Santiago ameaza á Deputación de Pontevedra con non admitir na súa Inclusa ós nenas procedentes da provincia, o que provocaría un intento de creación dunha institución propia, que non chegou a frutificar. Unha Real Orde dese mesmo ano pide á Deputación que se dispoñan a organiza-la beneficencia provincial; a resposta da nosa Deputación en 1842é que o mellor plan de organización benéfica consiste en facer cumpri-las leis vixentes, ademais establecer na cidade de Pontevedra un ha institución, administrada con cargo á Deputación, suficiente para Inclusa, corrección e hospitalidade, e para a súa financiación utilizar os fondos dalgunhas Xuntas de fundacións xa obsoletas, e impor un recargo dun 10% sobre os presupostos municipais. Tampouco tivo éxito esta proposta, salvándose a situación grazas a que o Gran Hospital de Santiago decide admitir novamente ós incluseiros de Pontevedra, pero esta vez cunha considerable carga económica sobre a nasa Deputación. A aguda crise de 1852-53 provocaría auténticas lexións de menesterosos que arrastraban a súa miseria palas cidades, golpeándoas conciencias dos máis podentes e da propia administración. As reaccións non se fixeron agardar, a Deputación convoca ós sentimentos da súa Corporación que teima novamente na creación dunha institución ,pero os compromisos adquiridos co Hospital de Santiago, dun alto custo, e os anteriormente adquiridos na construción de estradas, fan fracasar novamente as que chamaban "nobres aspiracións". Po la contra, as clases podentes da cidade responderon con maior efectividade, e así a través da Asociación de Señoras da Beneficencia de Pontevedra dáse por instituída a Casa Hospicio da Cidade. Deste xeito a Deputación seguiu manténdoas súas relacións coa Inclusa do Hospital de Santiago ó que enviaba ós menores de seis anos, aproveitando a Casa de Caridade de Tui, e agora a de Pontevedra, para soster alí ós maiores de seis anos e ós adultos menesterosos e impedidos. · Esta situación mantívose ata 1872, no que definitivamente se crea a Inclusa provincial para os menores de seis anos, facéndose practicamente cargo do Hospicio de Pontevedra en 1878, no que albergaría ós xoves e nenas de máis de seis anos, e ó resto dos menesterosos. Só a partires de 1880 comezaron a se instalar na nosa provincia os Asilos que se farían cargo dun bo número de acollidos nos hospicios, ficando estes só para nenas e mozos ó absorberen as novas institucións ós impedidos adultos e menesterosos. Os Asilos gozarán da colaboración xenerosa da Deputación, ó menos no referido ás súas instalacións, concedendo, no ano 1883, a Vigo, a cantidade de 28.150 pesetas para a construción dun edificio-albergue. Igualmente e no mesmo ano concederá ó asilo de Caldas de Reís21 .000 pesetas o que para ámbalas dúas institucións supoñía o 50o/o do total dos gastos. Co Asilo de Tui foi algo menos xenerosa, subvencionándoo con 5.000 pesetas. Na cidade de Pontevedra as Hermanas estableceron o seu Asilo en 1885 e, ó igual canos casos anteriores, a Deputación prestoulles a colaboración. Esta xenerosidade era certamente compensada polos referidos Asilos que se facían cargo de parte das obrigacións que lle correspondían á Deputación. Dende entón desenvolvese esta asistencia que vai mudando nos seus conceptos, criterios e actuacións, pasando nos anos d´decada dos setente a unha nova concpcipon coa implementeación so Servizo de Acción Social, o concepto de asistencia social e a creación da Cidade Infantil “Principe felipe” que centralizará as actuacións dende entón. Documentalmente as institucións da Inclusa, Hospicio e Gota de Leite concibíronse como fondos propios pola súa singularidade e características.

  • Organizació

    O cadro de clasificación da 1ª División de Sección BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL inclúe a seguinte estrutura:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
    3.7.1.- BENEFICENCIA E INICIATIVA SOCIAL
    
    3.7.1.1.- Expedientes de beneficencia
    3.7.1.2.- Libro de estancias en centros benéficos
    3.7.1.3.- Expedientes de ingreso en centros benéficos
    3.7.1.4.- Expedientes xerais de iniciativa social
    3.7.1.5.- Expedientes de subvencións de iniciativa social, sociosanitaria e xuventude
    3.7.1.6.- Expedientes nominativos de iniciativa social, sociosanitaria e xuventude
    3.7.1.7.- Expedientes de Programas sociais
    
    3.7.1.7.1.- Expedientes do programa Ti Tamén Contas
    3.7.1.7.2.- Expedientes do Programa de Saúde e Benestar
    3.7.1.7.3.- Expedientes do Programa de Balnearios
    3.7.1.7.4.- Expedientes do Programa Semanas Brancas
    3.7.1.7.5.- Expedientes do Programa Coñece a Túa Provincia
    3.7.1.7.6.- Expedientes do Programa Pensa en Ti
    3.7.1.7.7.- Expedientes do Programa Actívate
    3.7.1.7.8.- Expedientes do Programa Depoaventura
    3.7.1.7.9.- Cursos de formación de inmigrantes
    3.7.1.7.10.- Expedientes dos Premios Xuventude
    3.7.1.7.11.- Expedientes do Programa Depo en Marcha
    3.7.1.7.12.- Expedientes do Programa Depo Termal
    3.7.1.7.13.- Expedientes do Programa Tecendo Lazos
    3.7.1.7.14.- Expedientes do Programa En Ruta coa Depo
    3.7.1.7.15.- Expedientes do Programa Depo Ruarte
    3.7.1.7.16.- Proxecto: "Depo-Emprega"
    3.7.1.7.17.- Expedientes do Programa Conectadas
    3.7.1.7.18.- Expedientes do Programa Depoemprende
    
    
    3.7.1.8.- Expedientes de asistencia a concellos
    
    3.7.1.8.1.- Expedientes do Programa de Teleasistencia
    3.7.1.8.2.- Expedientes do Programa de Emerxencia Social
    3.7.1.8.3.- Expedientes de axudas para cofinanciamento de Servizos Sociais
    
    3.7.1.9.- Expedientes de adopcións
    
    3.7.2.- CENTRO PRÍNCIPE FELIPE. TRABALLO SOCIAL.
    
    3.7.2.1.- Centro Infantil. Maternais.
    3.7.2.1.1.- Centro de día
    3.7.2.1.2.- Internamento
    
    3.7.2.2.- Escola Fogar
    3.7.2.2.1.- Centro de día
    3.7.2.2.2.- Internamento
    
    3.7.2.3.- Centro Agarimo
    3.7.2.3.1.- Centro de día
    3.7.2.3.2.- Internamento
    
    
    3.7.3.- CENTRO PRÍNCIPE FELIPE. ADMINISTRACIÓN
    3.7.3.1.- Expedientes de dirección do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.1.1.- Rexistro de entrada
    3.7.3.1.2.- Correspondencia cos Servizos da Deputación
    3.7.3.1.3.- Correspondencia interna do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.1.4.- Informes. Xestión do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.1.5.- Memorias
    3.7.3.1.6.- Vivendas do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.1.7.- Partes de vixilancia e portería
    3.7.3.1.8.- Expedientes de patrimonio do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.2.- Expedientes de actividades do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.2.1.- Expedientes de uso de instalacións do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.2.2.- Expedientes de uso de instalacións do Centro da Lanzada
    3.7.3.2.3.- Campamentos da Lanzada
    
    3.7.3.3.- Expedientes de persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.1.- Expedientes persoais do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.2.- Expedientes de selección de persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.3- Altas e baixas. Accidentes laborais. Xustificantes Médicos do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.4.- Nóminas e retribucións do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.5.- Licenzas, permisos e vacacións do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.6.- Representación sindical do persoal do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.3.7.- Control de horarios do persoal do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.4.- Expedientes de contratación do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.4.1.- Expedientes de contratación de obras do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.4.2.- Expedientes de contratación de subministracións do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.4.3.- Expedientes de contratación de servizos do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.5.- Expedientes de contabilidade do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.5.1.- Expedientes de control de gastos do Centro Príncipe Felipe
    3.7.3.5.2.- Expedientes de control de ingresos do Centro Príncipe Felipe
    
    3.7.3.6.- Expedientes de actividades educativas e asistenciais da Infancia. Centro de Día
    3.7.3.7.- Expedientes da Gardaría

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Cohesión Social e Xuventude (Tema) Deputación de Pontevedra. Centro Príncipe Felipe (Tema) (Creador) (Creador)

Área de control da descrición