ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.514
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escrituras de arrendamento dadas pola Casa de Quintáns das fincas que arrendara Esteban de Cores

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.5.35.779/42

  • Título Escrituras de arrendamento dadas pola Casa de Quintáns das fincas que arrendara Esteban de Cores

  • Data(s)

  • Volume e soporte 18 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de varias copias de escrituras de arrendamento: -Arrendamento a José Mª Fandiño, Antonio Noya e José Antonio Señoráns, veciños todos de San Xoán de Leiro, de tódolos bens que foron de Esteban Cores en pago da débeda de 5 anos en cánon anual de 50 ferrados de millo, que este lle debía a Sr. Marqués de Bóveda, señor de Quintáns. Data: 1858 outubro, 17. Vilanova de Arousa. Ante: José Cándido Gimenez. -Arrendamento a viuva de José Mª Fandiño, Rosa Estevez, dada en Fefiñáns o 19 de setembro de 1863. -Arrendamento dado por Don Joaquín Pimentel en nome da súa muller Dona Rosa Losada y Miranda, propietaria da Casa de Quintáns, a Antonio Noya Doval, Rosa Estevez Rodriguez ,viuva, Manuel Castro Chaves e Juan Paz Afonsín, de varias fincas que pertencían a Esteban Cores.Dada en Cambados o 25 de setembro de 1873. Ante: Pedro Sánchez López. -Arrendamento dado pola sra. Marquesa viuva de Bóveda a Juan Paz, Manuel Castro Chaves, Ramón Fandiño e Rita Señoráns Cardalda, de tódolos bens que foron de Esteban Cores, veciño de San Xoán de Leiro. Dada en Quintáns o 17 de novembro de 1878.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición