Fondos
ES.GA.36021.AXP.GON.. ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE GONDOMAR
ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE GONDOMAR
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36021.AXP.GON.
Título ARQUIVO DO XULGADO DE PAZ DE GONDOMAR
Data(s) 1870-2001 (Creación) 1870-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Volume e soporte 110 unidades de instalación con 1.192 agrupaciós documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Xulgado de paz de Gondomar(1870-) Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Gondomar no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estrutura do partido xudicial de Vigo, no que se mantén ó longo de todo este tempo. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, integrándose no xulgado comarcal de Nigrán dende o ano 1945 ata o 1953.
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Gondomar
Historia arquivística O arquivo do xulgado sitúase na primeira planta dun local propio ocupando unha superficie de 45 m2 e nun local de 8 m2. Nela dispón dunha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 15 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por María Herminia Martínez Pereira e Carmen Pérez Larrán.
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1928, criminal dende 1916 e gobernativa dende 1877, ou de eleccións dende 1963. Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudos de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. REXISTRO CIVIL 1.1. CORRESPONDENCIA 1953-2000 9 1.2. NACEMENTOS 1870-2001 128 1.3. MATRIMONIOS 1871-2001 65 1.4. DEFUNCIÓNS 1871-2001 83 1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS 1945-2000 4 1.6. CONSELLO DE FAMILIA 1.7. NACIONALIDADE 1968-1999 1 2. XULGADO 2.1. ADMINISTRACIÓN 1930-2001 18 2.2. ASUNTOS CIVÍS 1928-1999 11 2.3. ASUNTOS CRIMINAIS 1916-1998 18 2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS 1877-2000 22 2.5. ELECCIÓNS 1963-2001 4 2.6. COMUNIDADES DE MONTES 1983-1989 2
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reprodución libre a solicitude do interesado, coa excepción da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes...)
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ámbito superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Gondomar, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Xulgado de paz España Galicia Pontevedra Gondomar
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Gondomar
Nome dos puntos de acceso Xulgado de paz de Gondomar (Tema) (Creador)