Fondos
NACEMENTOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36049.AXP.SALC..1.2
Título NACEMENTOS
Data(s) 1871-2001 (Creación) 1871-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Volume e soporte 60 Libros, 10 unidades de instalación con 107 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo xulgado de paz de Salceda de Caselas
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación do Rexistro Civil relacionada co control dos nacementos no territorio no que ten incidencia e xurisdición. A inscrición do nacemento supón a entrada dunha persoa no Rexistro Civil, cun folio específico que recollerá os datos do nacemento ou adopción, as modificacións da súa capacidade, o concurso, quebra, suspensión de pagamentos, a falecemento, a vecindade, modificacións da nacionalidade, así como as incidencias do matrimonio, representación legal ou defunción. A inscrición e obrigatoria para o pai e nai, parente máis próximo ou cabeza de familia da casa ou establecemento onde tivera lugar o nacemento. Nela constan os datos do nacido, nome e apelidos, sexo, hora de nacemento, dia e lugar, datos do pai e nai, e avós paternos e maternos e do matrimonio destes. Destaca polo súa importancia fedataria e testemuñal os libros de rexistro de nacementos, dende 1870 ata a actualidade, xunto con outros de similar pretensión os libros de actas de nacemento os libros de bautizados. Todos eles acostuman a dispor de índices alfabéticos e unha ordenación cronolóxica. Ademais como resultado das interrelacións cos cidadáns, consérvanse copias das certificacións, partidas ou declaracións de nacemento, requiridas en moitos trámites administrativos, así como os expedientes de emenda e subsanación de erros ou de inscrición dos nacementos fóra de prazo, tendo en conta da súa obrigatoriedade.
Organizació
Esta 1ª división de sección, NACEMENTOS, está organizada nas seguintes series documentais: 1.- REXISTRO CIVIL 1.2.- NACEMENTOS 1.2.1.- Libro rexistro de nacementos 1.2.2.- Libro de actas de nacementos 1.2.3.- Libro rexistro de bautizados 1.2.4.- Certificacións e declaracións de nacementos 1.2.5.- Expedientes de emenda de erros e inscrición de nacementos fóra de prazo 1.2.6.- Índice de nacementos 1.2.7.- Índice de persoas inscritas no rexistro civil fóra de prazo
Ãrea de notas
Nota