Fondos
CAIXA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36022.AM.GRO..4.3.1
Título CAIXA
Data(s) 1851-2007 (Creación) 1851-00-00 - 2001-00-00 (Produción)
Volume e soporte 31 unidades de instalación con 55 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Grove(1836-) Dentro da comarca do Salnés e configurado pola península do mesmo nome atópase o concello do Grove, cunha superficie total de 22 quilómetros cadrados e integrado por dúas parroquias: San Martiño e San Vicente do Grove, nas que se asentan algo máis de dez mil habitantes. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no ano 1836 coa denominación inicial de Groves ou Grobes, pronto substituída pola actual; mantén sempre ó longo dos anos a mesma estructura territorial e a mesma superficie, pertencendo dende a súa creación ó partido xudicial de Cambados. O territorio do concello pertencía en etapas anteriores á xurisdicción da Lanzada, con señorío eclesiástico exercido polo arcebispo de Santiago.
Institución arquivística Arquivo municipal do Grove
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ªdivisión de sección, CAIXA, está composta polas seguintes series documentais: 4.3.1.1.- Actas de arqueo Tramitáronse sen interrupción dende o ano 1845, aínda que desde a Instrución de Contabilidade de 1990 teñen a consideración como de contabilidade auxiliar. O libro de actas de arqueo existe dende 1845 ata a actualidade. Entre 1852 e 1991 leváronse dous tipos de libros de arqueos un diario por Depositaria e outro ordinario e extraordinario por Intervención. A partir de 1991 é un libro de contabilidade auxiliar para arqueos mensuais e extraordinarios. 4.3.1.2.- Libro de caixa Libro auxiliar destinado a consignar todas as entradas ou saídas de diñeiro xa sexa en metálico ou valores, procedentes de calquera presuposto das Corporacións Locais. 4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances Libro principal de contabilidade destinado a recoller anualmente o inventario, é dicir, o reconto sistematizado de tódolos bens, dereitos e cargas que constitúen o patrimonio, debidamente valorados. Incluirá o balance de situación do exercicio, o cadro de financiamento e os balances de comprobación. 4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais 4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos 4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos, Documento a cargo dos depositarios, dende a Instrución de 1952, aparece nos concello de maior tamaño e complexidade administrativa, é utilizado para a exención de certos dereitos e taxas ou arbitrios, abrindo as necesarias contas para cada un deles e consignando no campo “debe” ou ”cargo” as entradas e no campo “haber” ou “data” as saídas, a fin de coñecer en todo momentos as existencias. Desaparece en 1990. 4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría Certificacións e informes concretos emitidos polo Tesoureiro municipal dentro da súa actividade e área competencial, na maior parte dos casos para formar parte doutras dilixencias ou expedientes, quedando a copia do mesmo. 4.3.1.8.- Partes de caixa Xustificantes de movementos nos fondos da caixa municipal.
Organizació
Esta 2ªdivisión de sección, CAIXA, está composta polas seguintes series documentais: 4.- FACENDA: 4.3.- TESOURARÍA 4.3.1.- CAIXA: 4.3.1.1.- Actas de arqueo 4.3.1.2.- Libro de caixa 4.3.1.3.- Libro de inventarios e balances 4.3.1.4.- Libro de entrada e saída de caudais 4.3.1.5.- Libro de distribución de fondos 4.3.1.6.- Libro auxiliar de efectos 4.3.1.7.- Certificacións e informes de Tesouraría 4.3.1.8.- Partes de caixa.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Grove (Tema) (Creador)