Fondos
4. Proxecto "Aquelando 3"
Proxecto "Aquelando 3"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.4
Título Proxecto "Aquelando 3"
Data(s) 2011 - 2018 (Produción)
Volume e soporte 107 unidades de instalación con 194 expedientes ou adrupacións documentais
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os obxectivos que se pretende conseguir coas actividades do proxecto son: -Ofrecer unha oportunidade de práctica laboral acompañada da correspondente formación aos/as demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo, pola súa pertenza a colectivos en situación ou risco de exclusión social no mercado laboral, a través de itinerarios de inserción. -Sensibilizar aos sectores socio-económicos da provincia de Pontevedra en relación ao novo xacemento de emprego de atención a persoas con especiais dificultades, establecendo redes de cooperación entre entidades da provincia de Pontevedra, asegurando a participación e cooperación entre o maior número de interlocutores institucionais, económicos e sociais posibles -Establecer redes de intercambio de experiencias entre os distintos proxectos do Programa Operativo "Adaptabilidad e Emprego" do Fondo Social Europeo aprobados na provincia e potenciando o intercambio de experiencias, coñecementos e boas prácticas. -Favorecer a participación das mulleres aplicando medidas de igualdade de oportunidades en todas as accións do proxecto, tendo en conta o fomento da non discriminación. -Impulsar o desenvolvemento de accións tendentes a analizar o potencial local para desenvolver o fomento do emprego en sectores innovadores ou pouco desenvolvidos. -Elaborar estudos estratéxicos de prospección de necesidades potenciais en materia de formación para o emprego que contribúan á adopción de estratexias integradoras dentro do ámbito local, tentando así alcanzar unha integración e calidade do emprego maiores, fomentando o intercambio metodolóxico e de boas prácticas dos resultados obtidos. -Impulsar o desenvolvemento das Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación, a través da impartición de accións formativas na modalidade on-line, grazas á creación da plataforma informática Net-Aquelando. -Favorecer a mobilidade xeográfica en Europa a través de accións formativas tendentes á adquisición de coñecementos que permitan este obxectivo. O Proxecto Aquelando3 establece catro posibles itinerarios de inserción sociolaboral, co fin de facilitar a incorporación das persoas beneficiarias ao mercado de traballo, cubrindo as necesidades de formación e prácticas profesionais detectadas, contribuíndo así significativamente a diminuír a elevada taxa de desemprego existente na provincia de Pontevedra. Estes itinerarios están compostos de diferentes actividades, sendo unha das máis importantes a realización de cursos de diversas temáticas. Debido a que a totalidade destes cursos van encamiñados á obtención do certificado de profesionalidade correspondente, de acordo aos artigos 10 e 11 do RD 395/2007 de 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, o alumnado participante será, en primeiro lugar, preseleccionado polo Servizo Público de Emprego, realizando a selección final o equipo de orientación de aQuelando3. A selección de persoas beneficiarias do resto de actividades incluídas nos itinerarios será realizada directamente polo equipo de orientación do proxecto. Para esta captación de usuarios/as divulgarase o proxecto a través de diferentes medios: notas de prensa, anuncios publicitarios, entrevistas en radio, prensa escrita, contacto e información aos servizos sociais dos concellos, centros de información á muller e á mocidade, ONGs, asociacións de mulleres, de emigrantes, de ex toxicómanos/as. Unha vez captado un amplo número de persoas interesadas en participar, realizarase a cada unha delas unha entrevista personalizada de diagnóstico da situación. A través destas entrevistas determinaranse os/as beneficiarios/as que participarán na acción impartida, tendo en conta o seu perfil profesional, necesidades formativas e motivación cara ao emprego. O equipo de orientación recollerá a información de cada unha das persoas interesadas na base de datos creada para tal fin, na que se recollen os seguintes datos: datos persoais, formación, experiencia laboral, habilidades persoais para o desempeño? En base a estes datos construirase o ?Itinerario Individualizado de Inserción? para cada un dos/as usuarios/as. Nos itinerarios establecidos inclúense actividades de formación, tanto teórica como práctica. Co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar das persoas usuarias, a formación teórica dos itinerarios 1, 3 e 4 impartirase en horario de 9:00 a 14:00, mentres a realización diaria das prácticas é variable, pero esixindo un mínimo de 5 horas diarias, salvo casos excepcionalmente justificados. As accións innovadoras no campo do emprego son: a formación en liña e a mobilidade xeográfica. Estímase que o tema da formación en liña afecte ás 150 persoas que realicen o itinerario 2 e que a mobilidade xeográfica afecte a 45 persoas que cursen os 3 cursos de Financiamento de empresas.
Ãrea de notas
Nota