Fondos
Proxecto "Mercader"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.33
Título Proxecto "Mercader"
Data(s) 2008-2009 (Creación) 2008-2009 (Produción)
Volume e soporte 1 unidade de instalación.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Valoración, selección e eliminación O proxecto "Red de cooperación transfronteriza de ciudades por el pequeño comercio, el turismo y el patrimonio de los cascos históricos-MERCADER", integrase dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 2007-2013 (POCTEP). O obxectivo era a creación dunha rede de cooperación transfronteiriza entre cidades da provincia de Pontevedra e maila Rexión de Vale do Minho, cuio nexo de unión sexa o pequeno comercio das zonas monumentais, o turismo e o patrimonio. Crearíanse ferramentas de análise do sector comercial, desenvolverianse plans de calidade e melloras de xestión, accións para xeneralizar o uso das NTIC, para sensibilizar ás administracións locais para a mellora urbanística e comercial das zonas monumentais. A actividade 1 estaría enfocada á detección de necesidades do sector comercio e incluiría a posta en marcha dun observatorio do comercio, para detectar a problemática existente no sector e as necesidades que aparecen no mesmo, así como integraría a información recollida nunha plataforma que sirva de soporte á difusión de resultados e intercambio de información. Realizarianse enquisas ós establecementos comerciais e a consumidores, paneis de expertose grupos de traballo. Incluiría un portal web e un boletín electrónico. Tamén fariase un Sistema estratéxico de CRM, como mecanismo software de autoanálise das empresas para cos seus clientes e as suas relacións. Por medio da actividade 2 porianse en marcha plans formativos, incluindo asesoría e consultoría a pymes,e un programa de desenrolo xerencial para xestores de centros comerciais abertos e un plan de formación para comerciais, que incluía visitas a centros históricos comerciais. Por medio da acción 3 realizaríanse accións de mellora en centro comerciais históricos, con tareas relacionadas co equipamiento urbano así como ca revitalización e conservación dos mesmos nas cidades obxeto do proxecto. Ademais pretendiase a sensibilización e apoio ó cuidado medioambiental nesas zonas monumentais e realizar unha serie de melloras co fin de conservar e revitalizar os cascos históricos. Por medio da actividade 4 poñeríase en marcha un programa de dinamización comercial na rede de cidades, que incluise a creación dun selo comercial así como un programa que incluise a organización de feiras gastronómicas, ludotecas, recoller testimonios sobre a orixe do comercio na fronteira, así como puntos de información e promoción da rede. O papel de Diputación a parte das accións de xestión e coordinación como Xefe de Fila sería o sistema de apoio. Encargariase da xestión estratéxica, da posta en marcha dun Observatorio do Comercio como parte daactividade de detección de necesidades do sector na zona transfronteiriza, así como de accións de mellora nos centros históricos comerciais, como a compra de mobiliario urbán e accións relacionadas co medio ambiente, así como a elaboración dun Plan de Accesibilidade. Como parte da actividade Programa de Dinamización Comercial da Red de Cidades encargaríase da creación dun selo comercial. Xefe de Fila: Deputación de Pontevedra. Socios: Fundación Caixanova. Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP): Uniao empresarial do Vale do Minho. Proxecto DENEGADO.
Ãrea de notas
Nota