Fondos
11. Proxecto "Natureza Viva"
-
36.523/7. Notificación da retirada de axuda FEDER ao proxecto NAVI
Proxecto "Natureza Viva"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.11
Título Proxecto "Natureza Viva"
Data(s) 2004-2008 (Creación)
Volume e soporte 2 unidades de instalación.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O proxecto Natureza Viva (NAVI) é un proxecto transfronteirizo de ordenación dos usos do monte periurbano nos municipios de Vigo e Vilanova de Cerveira.
Entre os seus obxectivos atopanse:
- A elaboración de instrumentos de planificación co fin de promover o uso sustentable de ambos espazos.
- A valoración, promoción e conservación do medio ambiente e dos recursos patrimoniais e naturais.
- Elaboración dun diagnóstico da situación das dúas zonas.
- Promoción e difusión.
Xefe de fila: Xunta de Galicia: Consellaría de medio rural. Dirección xeral de montes e industrias forestais.
Socios:
Deputación Provincial de Pontevedra.
Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira.
Concello de Vigo.
Mancomunidade de Montes de Vigo.
Zona xeográfica de intervención:
Vigo e Vilanova de Cerveira, situadas a 37 km de distancia.
Afecta a espazos forestais que rodean estos núcleos de poboación.
Vigo: 1.800 ha de montes veciñais da Mancomunidade de Vigo.
Vilanova: 2.116 ha de monte baldío de Serra de Gábea.
Fases do proxecto:
Fase 1: Organización e difusión.
Fase 2: Elaboración de estudos básicos.
Fase 3: Planificación e estudos complementarios.
Fase 4: Redacción de proxectos de intervención no medio e elaboración de memoria.
Presuposto total do proxecto: 690.800 €.
Ãrea de notas
Nota