Fondos
Proxecto "Compás"
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.14
Título Proxecto "Compás"
Data(s) 2001-2005 (Creación)
Volume e soporte 3 unidades de instalación.
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Compás é un proxecto que se enmarca dentro da iniciativa EQUAL do Fondo Social Europeo, adicada esta a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos/as. O proxecto Compás vai dirixido a persoas desempregadas, residentes nos concellos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que teñan dificultades para incorporarse ou reincorporarse ó mercado de traballo. Obxectivos: Deseñar e desenvolver ferramentas e recursos concretos que melloren a ocupabilidade das persoas usuarias, dentro dun proceso integral de emprego. Aplicándose neste senso a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres de xeito transversal e permanente, a introducción das novas tecnoloxías da información e a avaliación continua de calidade en todo o proceso. Promotores: Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo (MAIV): Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Vigo. Caixanova. Comisións Obreiras (CC.OO) Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP) Confederación Intersindical Galega (CIG) Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Unión Xeral de Traballadores (UGT)
Ãrea de notas
Nota