ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.792
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Proxecto "Nautiminho"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.41

  • Título Proxecto "Nautiminho"

  • Data(s) 2010 (Creación)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O proxecto NAUTIMINHO preséntase na 2ª convocatoria de proxectos cofinanciados polo FEDER dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal 2007-2013 (POCTEP).
    O proxecto NAUTIMINHO ten como obxectivo principal: reforzar a competitividade e a capacidade de innovación e o desenvolvemento dos territorios que conforman o ámbito de intervención do proxecto (España- Portugal), onde se atopa a provincia de Pontevedra.
    Outros obxectivos do proxecto son:
    Promover accións de dinamización náutico-deportiva que se dirixan á consolidación no mercado turístico peninsular e internacional do espazo transfronteirizo Sur de Galicia- Norte de Portugal como destino turístico referente de calidade unidos á naútica e ó deporte con actividade durante todo o ano.
    Creación dunha marca transfronteiriza chamada "Nauti-Minho", creada e promovida por entidades xa de Galicia, xa do Norte de Portugal para a potenciación conxunta do turismo naútico recreativo e deportivo como recurso para a dinamización das economías locais e creación de emprego relacionado cos sectores turístico e deportivo en ámbolos lados da fronteira.
    Mellorar e ampliar as infraestructuras e equipamentos existentes nas zonas relacionadas ca náutica recreativa e deportiva. Potenciación das actuais infraestructuras de comunicación existentes ou en desuso (roteiros de sendeirismo, ecovías, comunicación ferroviaria, etc.)
    Beneficiario principal: Portos de Galicia.
    Socios: O.A. Turismo Rías Baixas.
    CIM- Comunidade Intermunicipal Minho-Lima.
    Concello de Crecente.
    Camara Municipal de Valença
    Asociación Agan
    Camara Municipal de Monçao
    Camara Municipal de Melgaço.

    Proxecto posiblemente denegado.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición