ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Gallaecia Itinere"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.43

  • Título Proxecto "Gallaecia Itinere"

  • Data(s) 2008-2009 (Creación) 2008 - 2009-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 1 unidade de instalación.

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O proxecto GALLAECIA ITINERE preséntase dentro da convocatoria de cooperación territorial do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal para o periodo 2007-2013. (POCTEP). O obxectivo xeral do proxecto é a creación dun novo recurso turístico-cultural enfocado a dar a coñecer as orixes e evolución da actual área transfronteiriza España-Portugal dende a perspectiva territorial, social e económica con especial atención á época romana, na que se contitúe a Gallaecia. Os obxectivos específicos do proxecto son: Creación dun percorrido turístico común transfronteirizo pola fachada atlántica da eurorrexión relacionado de foma directa co patrimonio cultural e arqueolóxico de ámbolos dous países. Promoción do patrimonio arqueolóxico a través de diferente material multimeda, aplicacións de novas tecnoloxías, xogos didácticos,e organización dunha exposición itinerante sobre as orixes da área transfronteiriza España-Portugal. Emprego das novas TIC'S para dar a coñecer aos cidadáns e fomentar as visitas aos lugares de interese relacionados coas orixes da constitución da Gallaecia en época romana, a súa evolución e a importancia para constituirse no que actualmente constitúe a rexión transfonteiriza España-Portugal. Realización de actuacións arqueolóxicas en diferentes puntos do roteiro que permitan obter novos datos sobre a constitución da Gallaecia e a influencia que tivo o imperio romano nela. Desestacionalización da oferta turística nas zonas costeras da eurorrexión donde existe unha importante dependencia do período estival para a economía destas zonas. Complementariadade dos recursos turísticos relacionados co patrimonio e culturais das zonas de actuación que permita diversificar a oferta. Desenvolvemento sostible das zonas de actuación. Socios do proxecto: Xefe de fila: Deputación de Pontevedra. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Mancomunidade do Salnés. Cámara Municipal de Braga. Cámara Municipal de Vila de Conde. Cámara Municipal de Povoa de Varzim. Cámara Municipal de Barcelos. Cámara Municipal de Esposende. Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Cámara Municipal de Monçao. Cámara Municipal de Caminha. Proxecto DENEGADO.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición