ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Proxecto "Saneasol"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.14.53

  • Título Proxecto "Saneasol"

  • Data(s) 2008 (Creación)

  • Volume e soporte 1 Unidade de instalación

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O proxecto SANEASOL preséntase dentro do Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal para o período 2007-2013 cunha axuda FEDER. O obxectivo xeral do proxecto era a depuración de augas residuais de núcleos de poboación de ambos lados da fronteira licalizados na conca fluvial compartida do río Miño, con subministración eléctrica a través de enerxía solar fotovoltaica e reutilización da auga depurada para a loita contraincendios forestais. Os obxectivos específicos do proxecto eran: 1- Saneamento e depuración de pequenos núcleos de poboación de concellos localizados na bacía fluvial do río Miño. 2- Protección e conservación dos recursos naturais do territorio transfronteirizo, en especial a mellora da calidade de augas dos ríos pertencentes á bacía fluvial do río Miño e novas solucións para a protección e a loita contra os incendios forestais. 3-Sensibilización medioambiental e transferencia de boas prácticas en materia de depuración de augas e utilización de enerxías renovables. Socios do proxecto: Deputación de Pontevedra (xefe de fila). Cámara Municipal de Monçao. Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira. Cámara Municipal de Valença. Cámara Municipal de Melgaço. Cámara Municipal de Paredes de Coura. Proxecto DENEGADO.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición