Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Área de identificación
Identificador ES.GA.36038. AHPPO
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Área de contacto
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Enderezo Enderezo (rúa) Paseo de Colón, nº 4 Localidade Pontevedra Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36002
Carmen Luisa Corgo Solleiro
Enderezo Enderezo (rúa) Paseo de Colón, nº 4 Localidade Pontevedra Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36002
Área de descrición
Historia O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia. Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura. Custodia cerca de 9 km de documentos. O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación da mesma. Ten a súa sede na chamada Casa dos Fonseca, no Paseo de Colón. Se considera o ano de 1934 o da súa fundación, cando o catro de agosto ingresa o primeiro protocolo notarial a consecuencia do Decreto do Ministerio de Instrución Pública de Belas Artes, do 12 de novembro de 1931. Os pasos necesarios para o seu nacemento levounos a cabo o arquiveiro da Delegación de Facenda e director da Biblioteca Pública, D. Enrique Fernández-Villamil y Alegre, e xa en febreiro de 1932 tivo lugar a primeira sesión do Padroado fundacional. Desde o local inicial cedido pola Delegación de Facenda, en 1940 procédese ao seu traslado ao Instituto Nacional de Ensino Medio por mor das súas limitacións. A súa maior amplitude permitiu a incorporación de case todos os protocolos centenarios da provincia, algúns fondos particulares e o do arquivo municipal de Tui. No ano 1960 foi trasladado a súa sede actual.
Contexto xeográfico e cultural Comunidade Autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra A división territorial do Estado que se estableceu mediante real decreto en 1833 delimitou, entre outras, a provincia de Pontevedra e fixou a vila de Pontevedra como a súa cabeza. A que fora o burgo Ponte Veteri desde o século XII púxose á fronte dun extenso territorio tradicionalmente moi dinámico tanto desde o punto de vista social coma económico. De feito, non foi casualidade que dous anos máis tarde, en 1835, se lle concedese o título de cidade. Así, pola súa orixe, o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra está vinculado aos organismos públicos establecidos na provincia de Pontevedra. Dos fondos documentais que testemuñan a súa actividade foron recollidos, nun primeiro momento, os dos distritos notariais da provincia, para despois ir incorporando os fondos de órganos xudiciais, os das administracións central e autonómica delegadas, así como os depósitos de fondos municipais, asociacións e colexios profesionais e arquivos privados. Destacan, tamén, as coleccións de documentos en pergameo e a documentación fotográfica e iconográfica de mapas, planos, debuxos e gravados. Cronoloxicamente, os seus fondos documentais abarcan desde o século XV ata o século XX, pero existen documentos soltos datados no século XIV.
Atribucións / fontes legais Os arquivos históricos provinciais teñen a súa orixe no Decreto do 12 de novembro de 1931, dos ministerios de Xustiza e de Instrución Pública e Belas Artes, sobre o réxime e denominación dos arquivos históricos de protocolos, que dispón que os protocolos notariais de máis de cen anos que non estivesen nos arquivos das capitais do colexio notarial formen o fondo inicial dos arquivos históricos provinciais de cada capital de provincia. En posteriores disposicións, amplíanse as competencias dos arquivos provinciais para reunir a documentación xudicial, dos rexistros da propiedade, das delegacións de Facenda etc. e adquiren o seu perfil máis nidio co Decreto 914/1969, do 8 de maio, de creación do Arquivo Xeral da Administración Civil, polo que se establece que toda a documentación producida por organismos da Administración central e institucional na provincia se envíe aos arquivos histórico provinciais. Ese perfil servirá de referente para a creación posterior do sistema arquivístico territorial da Comunidade Autónoma galega. De acordo coa nova organización territorial do Estado español e coa correspondente transferencia da xestión dos arquivos de titularidade estatal á Comunidade Autónoma de Galicia no ano 1989, na actualidade, o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra é o encargado de recibir, custodiar e servir a documentación producida polos órganos das administracións periféricas do Estado e autonómica na provincia, así como a xudicial. Así mesmo, poden ingresar mediante compra, doazón ou depósito fondos privados e coleccións documentais.
Estrutura administrativa Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Pontevedra e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos e Museos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura.
Xestión de documentos e política de ingresos Polo seu carácter de arquivo intermedio e histórico, recibe as seguintes transferencias documentais: · Tribunais e xulgados do seu ámbito territorial: provincias, de partido, locais e especiais. · Fondos documentais da fe pública. · Administración periférica do Estado de ámbito provincial. · Administración periférica da Comunidade Autónoma de Galicia na provincia de Pontevedra. O arquivo promove o incremento do patrimonio documental galego a través de compras, depósitos e donacións de documentos maioritariamente de carácter privado.
Edificio(s) Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra Paseo de Colón, 4, 36002 Pontevedra Superficie (m2): 1961.18 Capacidad (m. lineales): 11000 Cadro de clasificación do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra está instalado na antiga Casa de Cultura, no número 4 do Paseo de Colón. O edificio, antes Pazo dos Fonseca, foi construído no 1910 e adquirido en 1955 polo Ministerio de Educación Nacional para albergar o Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública provincial. Foi adaptado para esta función polo arquitecto Argenti e o arquivo, ubicado ata entón no edificio do Instituto de Ensino Medio de Pontevedra, trasladouse aos novos locais en 1960. É unha construción sobria e elegante, rodeada dun pequeno xardín pechado por unha cancela. Accédese por unha escalinata ampla flanqueada por dúas palmeiras e dúas esfinxes de pedra. A fachada é de perpiaño labrado neoclásico, cun pórtico de oito columnas que sosteñen un frontón no que se abre unha fiestra semicircular. No alto, a cada lado do frontón, hai dous grifóns alados. Consta de dúas plantas e ático, aos que se xuntan pola parte de atrás os depósitos. Unha vez trasladada a biblioteca a un novo edificio, o arquivo ocupa todo o espazo. Polo incremento do volume documental xerado nos últimos anos, especialmente por mor dos documentos producidos pola Administración autonómica, foi necesario ampliar a capacidade do depósito e alugar dous locais moi próximos á sede que se equiparon con andeis metálicos e coas medidas de seguridade pertinentes.
Fondos Consultables en consultables en GALICIANA. Arquivo Dixital de Galicia Pola normativa que o regula, o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra recibe as transferencias documentais dos órganos xudiciais da provincia, Audiencia e xulgados, así como os protocolos notariais de máis de cen anos de antigüidade. Desde a súa creación, recibiu os fondos da Real Intendencia de Galicia (Catastro de Ensenada), fondos de ámbito provincial de carácter rexistral, xudicial e da Administración central periférica, no contexto de diversas disposicións legais, en especial do Decreto 914/1969, do 8 de maio: contadorías de hipotecas, tribunais laborais da provincia, delegación de Facenda, delegación provincial de Educación, Goberno Civil, delegación provincial da organización sindical etc. Na actualidade, remiten regularmente os seus fondos documentais ao arquivo mediante transferencia os órganos da Administración xeral do Estado e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia na provincia. Outras formas de ingreso de fondos son as doazóns e depósitos en réxime de comodato. Pola modalidade de comodato, tivo entrada no arquivo o fondo documental do Colexio de Arquitectos de Vigo. O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra conta coa existencia de diversos fondos, entre os que encontramos os seguintes: Fondo Audiencia Provincial de Pontevedra Fondo Maxistratura de Traballo Nº 1 de Pontevedra Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Cambados Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Redondela Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Tui Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 1 de Vigo Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 2 de Vigo Fondo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 3 de Vigo Fondo Maxistratura de Traballo Nº 1 de Vigo Fondo Xulgado de Distrito de Cambados Fondo Xulgado de Distrito da Guarda Fondo Xulgado de Distrito de Sanxenxo Fondo Xulgado de Distrito de Tui Fondo Xulgado de Distrito Nº 1 de Vigo Fondo Xulgado de Distrito Nº 2 de Vigo Fondo Protocolos Notariais Fondo Contadurías de Hipotecas Fondo Instituto de Reformas e Desenvolvemento Agrícola (IRYDA) Fondo Delegación Provincial de Abastecementos e Transportes Fondo Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística (INE) Fondo Instituto de Pontevedra Fondo Instituto de Psicoloxía e Psicotecnia Fondo Goberno Civil de Pontevedra Fondo Delegación Provincial do Ministerio de Facenda de Pontevedra Fondo Delegación do Ministerio de Facenda de Vigo Fondos Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da Provincia de Pontevedra Fondo Delegación Provincial do Ministerio de Industria Fondos Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo e Delegación Local de Vigo Fondo Xunta de Protección de Menores Fondo Xunta de Protección á Muller Fondo Xefatura Provincial do Movemento Fondo Delegación Provincial de Auxilio Social / INAS Fondo Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes Fondo Delegación Provincial da Sección Feminina Fondo Xefatura Provincial de Estradas Fondo Sanidade Exterior de Vigo Fondo Delegación Provincial do Ministerio de Traballo Fondo Delegación Provincial da Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración Fondo Concello de Pontevedra Fondo Hospital de San Juan de Dios Fondo Delegación Provincial da Organización Sindical (AISS) Fondo Cámaras Agrarias Locais Fondo Cámaras Oficiais da Propiedade Urbana de Pontevedra e Vigo Fondo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación Vigo Fondo Familia Baeza Buceta Fondo Familia Bugallal Fondo Familia Llauger Fondo Rafael Picó Cañeque Fondo Congregación de Nosa Señora da Concepción e da Misericordia Fondo Hospital de Pobres de Redondela Fondo Instituto Antirrábico Cobián Areal
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Cadros de clasificación, inventarios e outros intrumentos, consultables en GALICIANA. Arquivo Dixital de Galicia Archivo Histórico Provincial de Pontevedra: Guía del Investigador / por Pedro López Gómez ; con la colaboración de María Dolores Barahona Riber. Pontevedra: Ministerio de Educación y Ciencia, 1977.
Área de acceso
Horarios de apertura Inverno Luns a venres: 8:30 h a 20:30 h. Verán (21 de xuño ao 21 de setembro) Luns a venres: 8:30 h a 19:30 h.
Condicións e requisitos para o uso e o acceso O acceso á documentación é libre, coas restricións que impoñen a lexislación vixente e o estado de conservación dos documentos. O arquivo expide a Tarxeta Nacional de Investigador ou autorización temporal para a consulta. A sala de consulta dispón de 20 postos para investigadores.
Accesibilidade
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación O arquivo conta cos servizos a seguir: Biblioteca Auxiliar Especializada en arquivística, fontes documentais, historia, esencialmente local e provincial, e Ciencias Auxiliares da Historia. Conta con máis de 3.000 monografías e 300 títulos de revistas. Reprografía: Pódense solicitar fotocopias, así como copias compulsadas e certificadas, suxeitas ás taxas e prezos públicos fixados pola Xunta de Galicia. Lectura de microfilmes: O AHPPO dispón de lectores-reproductores de micofilmes e microfichas.
Servizos de reprodución Reprografía: Pódense solicitar fotocopias, así como copias compulsadas e certificadas, suxeitas ás taxas e prezos públicos fixados pola Xunta de Galicia.
Espazos públicos