![](/documents/885401/885583/provincia_imagenes.jpg/27f68bb4-1ff4-4c9d-9544-7170d3a90d42?t=1622024799729)
AUDIOVISUAIS
O noso patrimonio cultural inmaterial conforma a nosa identidade, que nos define e nos diferencia como pobo. Boa parte deste importante patrimonio está recollido en diferentes tipos de materiais audiovisuais, tanto editados coma inéditos.
No ano 2003 o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación impulsou unha iniciativa para a recompilación, conservación e difusión do patrimonio audiovisual galego co gallo da aprobación da Convención para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial da UNESCO. En 2015, debido á importancia da colección reunida, Audiovisuais funciona como sección propia na estrutura do Servizo.
Conservamos, por unha banda, a documentación en formato audiovisual xerada pola Deputación e os seus organismos no transcurso das súas actividades, o que garante a correcta xestión administrativa e lles facilita a súa consulta á cidadanía e ás administracións; pola outra, como institución cultural e da memoria, localizamos, xestionamos e difundimos o patrimonio audiovisual relacionado directa ou indirectamente coa provincia.
![](/documents/885401/885583/provincia_imagenes.jpg/27f68bb4-1ff4-4c9d-9544-7170d3a90d42?t=1622024799729)
![](/documents/885401/885583/edicions_musicales.jpg/46d23072-605f-486f-ba61-15fdce983b7d?t=1622024789157)