Rexistros actuais: 1.640.206 
  Obxectos dixitais dispoñibles: 505.523 
 Regreso á Illa de San Simón
 
 Editorial Deputación de Pontevedra, 2021
 ISBN: 978-84-84-57-501-6 
 76 p.
  Il. col.; 
 Regreso á Illa de San Simón foi coordinada polo debuxante Kiko Da Silva e contén o traballo de 13 autores e autoras formadas na escola do Garaxe Hermético que crearon varias historias situadas na illa da ría de Vigo dende 1936 a 1943. Esta publicación pretende aproveitar un formato atractivo como é a banda deseñada para chegar a un público mozo que normalmente non ten moita relación coa memoria, e que non participa en actos como congresos, encontros ou charlas.
 
 