ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Presentación Editorial FIM. Unha historia do Intercéltico


15 de xullo de 2024 Editorial
FIM

O vindeiro domingo 21 de xullo asistiremos á presentación editorial de FIM. Unha historia do Intercéltico, unha das últimas publicacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

A historia do Festival Intercéltico do Morrazo comeza en 1985, por iniciativa dunha Asociación Cultural da vila de Moaña, e leva xa un longo percorrido, tanto que estamos a presenciar a súa XL Edición, cunha traxectoria que alimenta a extensa contribución á riqueza cultural galega.

Trátase dunha publicación da man de Anna R. Figueiredo que xorde da necesidade de preservar o legado inmaterial da cultura desta terra do Morrazo nun documento escrito que deixe memoria do camiño que comezou coa Asociación Semente Nova ata hoxe, cando xa falamos do Festival Intercéltico do Morrazo con toda a proxección internacional que ten conseguido.

Fotos